Enoturismo en Galicia

Unha app para pasear entre viñedos.

O Ribeiro, Rías Baixas, Ribeira Sacra, Valdeorras e Monterrei son as cinco denominacións de orixe galegas que amparan algúns dos mellores viños da escena internacional. Con esta aplicación móbil facilítase a visita aos seus viñedos e ás súas adegas a través da xeolocalización. Ademais, para mellorar a experiencia enoturística, ofrécese información sobre a súa historia e sobre outros puntos de interese, coma establecementos hostaleiros, tendas artesanais, museos ou oficinas de turismo existentes nestas rutas vinícolas.

Descarga
Departamento: Axencia de Turismo de Galicia