XuntaEu

XuntaEu é a aplicación móbil que dá acceso aos principais servizos de administración dixital da Xunta de Galicia.

Compartir
  • whatsapp

XuntaEu é unha app pensada para axudarche a relacionarte coa administración electrónica da Xunta de Galicia. Permite, entre outros servizos, xestionar o teu usuario de Chave365 (cambiar clave de acceso, renovala, modificar o teléfono móbil ou dárse de baixa), consultar expedientes e presentacións igual que na sede electrónica, consultar as túas notificacións electrónicas, outorgar apoderamentos etc. Tamén se pode empregar para comprobar a validez dos documentos asinados electronicamente (CVE) ou consultar os teus certificados ou tarxetas para que os teñas sempre a man. 

XuntaEu tamén che axudará a manter os teus datos actualizados e seguros e avisarate de novidades, citas previas...

Para acceder a XuntaEu é necesario dispoñer de Chave365 ou DNIe.

Descarga
Departamento: A Presidencia da Xunta; C. de Facenda e Administración Pública