Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Xoves, 3 de agosto de 2017 Páx. 36676

III. Outras disposicións

Instituto Enerxético de Galicia

RESOLUCIÓN do 31 de xullo de 2017 pola que se amplían e redistribúen os créditos orzamentarios por grupos de beneficiarios e tecnoloxía, recollidos na Resolución do 14 de marzo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para a creación, mellora e ampliación de pequenas infraestruturas para proxectos de enerxías renovables, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, para o ano 2017.

Mediante a Resolución do 14 de marzo de 2017 que foi publicada no Diario Oficial de Galicia número 58, do 23 de marzo, establecéronse as bases reguladoras e convocáronse subvencións para a creación, mellora e ampliación de pequenas infraestruturas para proxectos de enerxías renovables, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, para a anualidade 2017.

Tal e como consta na parte expositiva da citada resolución o financiamento desta convocatoria faise con cargo aos orzamentos do Instituto Enerxético de Galicia para o ano 2017, sendo a procedencia dos fondos de diversa natureza: fondos da Comunidade Autónoma, fondos comunitarios derivados do programa operativo Feader Galicia 2014-2020 e fondos dos orzamentos xerais do Estado.

No transcurso do procedemento administrativo de concesión das axudas, cando xa rematou o prazo de presentación de solicitudes (24.4.2017), en algún dos epígrafes o número de solicitantes é inferior ao agardado, mentres que noutros o volume de axuda solicitada superou a dispoñibilidade orzamentaria, cómpre facer unha redistribución de fondos entre os distintos epígrafes e ampliar o crédito orzamentario para así poder atender todas as solicitudes.

O artigo 2.3 das bases reguladora relativo ao financiamento prevé unha dotación inicial de 1.380.000 € e no parágrafo segundo dese mesmo artigo establecese a posibilidade de ampliar o crédito como consecuencia da existencia dunha maior dispoñibilidade orzamentaria derivada dalgunha das circunstancias previstas no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño , de subvencións de Galicia, logo da aprobación da modificación orzamentaria que proceda.

O artigo 31 do Decreto 11/2009, establece que cando a contía total máxima das subvencións convocadas se distribúa entre distintos créditos orzamentarios, a alteración da dita distribución non precisará de nova convocatoria pero si das modificacións que procedan no expediente de gasto e da publicación nos mesmos medios que a convocatoria.

Por todo o anterior, e dado que nas aplicacións orzamentarias correspondentes existe crédito dispoñible e coa finalidade de incrementar a eficacia administrativa e a eficiencia na asignación de recursos públicos, maximizando o impulso das enerxías renovables atendendo a totalidade das solicitudes en cada un dos epígrafes da convocatoria.

RESOLVO:

Primeiro. Ampliar a dotación de fondos inicialmente prevista nesta convocatoria na contía de 972.000,00 €, polo que o importe total asignado para estas axudas tras esta ampliación ascende a 2.352.000,00 €.

Segundo. Ampliados os fondos destinados ás subvencións para a creación, mellora e ampliación de pequenas infraestruturas para proxectos de enerxías renovables, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do PDR Galicia 2014-2020, estes redistribúense en función do volume de solicitudes do seguinte xeito:

Medida 7.2. Creación, mellora e expansión de infraestruturas a pequena escala, incluíndo enerxía renovable e aforro enerxético

Aplicación

orzamentaria

Dotación orzamentaria

Importe inicial

Modificación

Importe final (€)

Xeotérmia:

Axudas a concellos

Axudas a empresas

Axudas a persoas físicas e institucións sen ánimo de lucro

780.000,00

-63.000,00

717.000,00

09.A2.733A.760.2

09.A2.733A.770.2

09.A2.733A.782.0

100.000,00

-50.000,00

50.000,00

280.000,00

-185.000,00

95.000,00

400.000,00

172.000,00

572.000,00

Aerotérmia e Solar Térmica:

600.000,00

1.035.000,00

1.635.000,00

Axudas a Administración xeral da Comunidade Autónoma

09.A2.733A.714.1

50.000,00

-50.000,00

0,00

Axudas a concellos

09.A2.733A.760.3

100.000,00

140.000,00

240.000,00

Axudas a empresas

09.A2.733A.770.3

250.000,00

-20.000,00

230.000,00

Axudas a persoas físicas e institucións sen ánimo de lucro

09.A2.733A.782.1

200.000,00

965.000,00

1.165.000,00

Total

1.380.000,00

972.000,00

2.352.000,00

Terceiro. A presente modificación, unha vez publicada no Diario Oficial de Galicia, non implicará apertura de prazo para presentar novas solicitudes.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2017

Ángel Bernardo Tahoces
Director do Instituto Enerxético de Galicia