Mediante a Resolución da Secretaría Xeral da Igualdade, do 31 de xullo de 2017, establecéronse as bases reguladoras e convocáronse as axudas do programa Emega para o fomento do emprendemento feminino en Galicia (DOG núm. 148, do 4 de agosto).
O artigo 22 da Resolución do 31 de xullo de 2017 establece que para a xustificación das axudas concedidas, as beneficiarias presentarán, con data límite do 1 de decembro de 2017, a documentación que se indica no número 2 do mesmo artigo. Tendo en conta o volume de solicitudes presentadas e o longo proceso de tramitación, e co fin de optimizar os procesos de xestión e tendo en conta que non se causa prexuízo a terceiras persoas, procede modificar o dito artigo 22, ampliando o prazo ata unha data que permita a mellor xustificación por parte das beneficiarias.
Por todo o exposto, no uso das atribucións que me foron conferidas,
DISPOÑO:
Artigo único
Modifícase o punto 1 do artigo 22 (prazo e xustificación da subvención) da Resolución do 31 de xullo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas do programa Emega para o fomento do emprendemento feminino en Galicia, cofinanciadas polo FSE no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria no ano 2017, que queda redactado como segue:
«As beneficiarias deberán presentar a documentación xustificativa da subvención concedida coa data límite do 29 de decembro de 2017».
Disposición derradeira
Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 3 de outubro de 2017
Susana López Abella
Secretaria xeral da Igualdade