Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 4 de xullo de 2018 Páx. 32004

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ORDE do 26 de xuño de 2018 pola que se procede á segunda convocatoria das subvencións para o financiamento das accións formativas con compromiso de contratación en unidades formativas das empresas (código de procedemento TR301P).

A través da Orde do 31 de decembro de 2017 (Diario Oficial de Galicia do 5 de febreiro de 2018), a Consellería de Economía, Emprego e Industria estableceu as bases reguladoras e convocou axudas para o financiamento das accións formativas con compromiso de contratación en unidades formativas das empresas, e na dita orde preveuse a realización de múltiples convocatorias.

Esta segunda convocatoria axústase aos principios de obxectividade, concorrencia e publicidade na concesión das axudas e subvencións, así como ao establecido na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Consecuentemente con todo o anterior, no exercicio das facultades que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

CAPÍTULO I

Disposicións xerais

Artigo 1. Obxecto da convocatoria

1. Esta orde ten por obxecto proceder á segunda convocatoria de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva e no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, para o financiamento das accións formativas para o emprego con compromiso de contratación en unidades formativas nas empresas e da actividade laboral asociada, dirixidas ás persoas traballadoras desempregadas, a través do programa de financiamento de accións formativas con compromiso de contratación inmediata (TR301P).

As bases reguladoras desta convocatoria son as que constan na devandita Orde do 31 de decembro de 2017 coas especificacións que se establecen nesta orde.

Artigo 2. Orzamentos

1. As axudas recollidas nesta orde de convocatoria financiaranse con cargo ás seguintes aplicacións orzamentarias, que figuran nos estados de gastos dos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o exercicio de 2018:

Aplicación

Código proxecto

Importe anualidade 2018

Importe anualidade 2019

09.41.323A.471.0

2013 00545

200.000 €

1.600.000 €

2. O crédito excedente desta convocatoria poderase, incorporar ao crédito asignado a convocatorias futuras.

Estes créditos poderán ser obxecto de modificacións como consecuencia da asignación ou da redistribución de fondos para o financiamento dos programas de fomento do emprego, coas limitacións que estableza a Conferencia Sectorial de Emprego e Asuntos Laborais.

Poderase ampliar a contía máxima dos créditos dispoñibles para esta convocatoria. O incremento de crédito estará condicionado á declaración de dispoñibilidade do crédito como consecuencia dunha xeración, ampliación, incorporación de crédito ou da existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo.

Artigo 3. Solicitudes e prazo

As solicitudes axustaranse ao establecido nas bases reguladoras.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, que se contará desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

Artigo 4. Data de inicio e fin das accións formativas. Prazos de xustificación

1. A data de comezo das accións formativas figurará na solicitude e non poderá ser anterior á data resultado de engadir tres meses á data de finalización do prazo límite de presentación de solicitudes.

2. O remate das accións formativas terá como data límite o 30 de setembro de 2019 e, en todo caso, respectará os prazos de xustificación establecidos no artigo 33 da Orde do 31 de decembro de 2017.

Excepcionalmente, por causas xustificadas que xurdan despois da data de resolución, e sempre logo de autorización da Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral, as accións formativas poderán rematar, como máximo, o 30 de outubro de 2019.

Disposición adicional única. Información básica sobre protección de datos persoais

Os datos persoais recadados neste procedemento serán tratados na súa condición de responsable pola Xunta de Galicia, Consellería de Economía, Emprego e Industria, coas finalidades de levar a cabo a tramitación administrativa que derive da xestión deste procedemento e a actualización da información e contidos da carpeta cidadá.

O tratamento dos datos basease no cumprimento dunha misión de interese público ou no exercicio de poderes públicos, conforme a normativa recollida na ficha do procedemento incluída na Guía de procedementos e servizos, no propio formulario anexo e nas referencias recollidas en https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos. Con todo, determinados tratamentos poderanse fundamentar no consentimento das persoas interesadas, e esta circunstancia reflectirase no dito formulario.

Os datos serán comunicados ás administracións públicas no exercicio das súas competencias, cando sexa necesario para a tramitación e resolución dos seus procedementos ou para que os cidadáns poidan acceder de forma integral á información relativa a unha materia con finalidade estatística e dun eficaz tratamento tecnolóxico da información.

As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercer outros dereitos ou retirar o seu consentimento, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou presencialmente nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, segundo se explicita na información adicional recollida en https://www.xunta.gal/proteccion-datos-persoais.

Disposición derradeira primeira. Desenvolvemento da orde

Facúltase a persoa titular da Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral para que dite, no ámbito da súa competencia, as resolucións e instrucións necesarias para o desenvolvemento e cumprimento desta orde.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2018

Francisco José Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego e Industria

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file