Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Venres, 17 de xaneiro de 2020 Páx. 2279

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

EXTRACTO da Orde do 17 de decembro de 2019 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para o investimento na mellora das infraestruturas e do equipamento dos centros de protección de menores dependentes de entidades de iniciativa social e se convocan para o ano 2020, cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia (2014-2020) (código de procedemento BS413A).

BDNS (Identif.): 491355.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Entidades beneficiarias

1. Poderán optar a estas axudas as entidades privadas de iniciativa social sen ánimo de lucro titulares dun ou máis centros de protección de menores que desenvolvan a súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia.

2. Todos os centros citados para os que se solicitan a axuda deben cumprir os requisitos establecidos no Decreto 254/2011, do 23 de decembro, polo que se regula o sistema de rexistro, autorización, acreditación e a inspección dos servizos sociais en Galicia, no Decreto 329/2005, do 28 de xullo, polo que se regulan os centros de menores e os centros de atención á infancia, no Decreto 192/2015, do 29 de outubro, polo que se define a carteira de servizos sociais de familia, infancia e adolescencia, así como na normativa de desenvolvemento.

3. Non se poderá obter a condición de entidade beneficiaria destas subvencións cando concorra algunha das circunstancias ou prohibicións sinaladas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

4. Todos os requisitos e condicións exixidos deberán cumprirse na data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes.

Segundo. Obxecto

Aprobar as bases reguladoras polas que se rexerá a concesión de axudas económicas ás entidades de iniciativa social que presten o servizo de acollemento residencial e/ou atención de día a menores baixo a protección da Xunta de Galicia a través da realización das obras menores e da compra do equipamento precisos, na consideración de que a mellora de infraestruturas e do mobiliario e recursos educativos utilizados son un factor básico de impulso da calidade da atención prestada. Así mesmo, convócase esta axuda para o ano 2020.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 17 de decembro de 2019 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para o investimento na mellora das infraestruturas e do equipamento dos centros de protección de menores dependentes de entidades de iniciativa social e se convocan para o ano 2020, cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia (2014-2020) (código de procedemento BS413A).

Cuarto. Importe

Financiarase ata o 100 % do investimento subvencionable e unha contía mínima por cada centro de 10.000 euros para as actuacións destinadas á realización de obras menores e mínima de 5.000 euros e máxima de 10.000 para as destinadas á adquisición e mellora do equipamento e mais á integración das novas tecnoloxías na aula.

Ás subvencións obxecto desta convocatoria destínase un orzamento total de seiscentos vinte e cinco mil euros (625.000 €), que se imputarán ás aplicacións orzamentarias 13.02.313C.781.0 e 13.02.313C.781.1.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo finaliza o último do mes.

Santiago de Compostela, 17 de decembro de 2019

Fabiola García Martínez
Conselleira de Política Social