Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Xoves, 6 de agosto de 2020 Páx. 31292

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 29 de xullo de 2020, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se resolven as subvencións previstas na Resolución do 19 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a promoción da igualdade, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, con cargo ao programa operativo Fondo Social Europeo Galicia 2014-2020, e polo Pacto de Estado contra a violencia de xénero, e se procede á súa convocatoria no ano 2020.

Mediante a Resolución do 19 de decembro de 2019 establecéronse as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a promoción da igualdade, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e polo Pacto de Estado contra a violencia de xénero, para o ano 2020.

a) Programa de fomento da conciliación da vida persoal, laboral e familiar (procedemento SI435B).

b) Programa de promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e tratamento da violencia de xénero (procedemento SI435A).

c) Programa de apoio aos centros de información ás mulleres (procedemento SI427B).

d) Programa de sensibilización, información e difusión sobre igualdade e prevención da violencia contra as mulleres (procedemento SI435C), financiado con fondos procedentes do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

No Diario Oficial de Galicia número 137, do 10 de xullo de 2020, publicouse a Resolución do 1 de xullo de 2020, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se resolven as subvencións previstas na Resolución do 19 de decembro de 2019, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a promoción da igualdade, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e polo Pacto de Estado contra a violencia de xénero, e se procede á súa convocatoria no ano 2020. No anexo II da Resolución do 1 de xullo do 2020 figuraban as 47 solicitudes do programa de fomento da conciliación que, cumprindo os requisitos para seren beneficiarias das axudas, non se incluíron na proposta de concesión por terse esgotado o crédito dispoñible, para seren atendidas, de ser o caso, a través do crédito que quede sen comprometer por producirse algunha renuncia, por modificación nos proxectos inicialmente presentados ou por un incremento do crédito orzamentario dispoñible destinado a estas subvencións.

Mediante a Resolución do 21 de xullo de 2020, da Secretaría Xeral da Igualdade (DOG núm. 148, do 24 de xullo) ampliouse por segunda vez a dotación orzamentaria da Resolución do 19 de decembro de 2019, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a promoción da igualdade, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e polo Pacto de Estado contra a violencia de xénero, e se procede á súa convocatoria no ano 2020. Incrementouse a dotación do Programa de conciliación da vida familiar, laboral e persoal (SI435B) en 205.298,61 euros con cargo a aplicación orzamentaria 05.11.312G.460.1, código do proxecto 2016 00018 (procedemento SI435B), consignada no estado de gastos dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2020, e incrementouse a dotación do Programa de promoción da igualdade e de prevención da violencia de xénero (SI435A), por un importe de 46.161,38 euros con cargo á aplicación orzamentaria 05.11.313B.460.0 e proxecto de gasto 2015 00144 (procedemento SI435A), consignada no estado de gastos dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2020.

Segundo o artigo 17.3 das bases reguladoras, e de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as resolucións destas subvencións serán obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia, a cal producirá os mesmos efectos da notificación.

Unha vez rematada a fase de instrución das solicitudes recibidas na Secretaría Xeral da Igualdade, avaliadas as solicitudes pola comisión de valoración prevista no artigo 15 das bases reguladoras, vista a proposta de resolución formulada polo órgano instrutor e tendo en conta as dispoñibilidades orzamentarias,

RESOLVO:

Primeiro. Conceder, logo da ampliación do crédito destinado a estas axudas, as subvencións para o financiamento dos programas das entidades locais que se indican no anexo I, como consecuencia da aplicación dos criterios e pautas de valoración establecidos no artigo 16 das bases reguladoras, pola contía e para o desenvolvemento da actuación que figuran no anexo I, por un importe total de 259.557,48 euros, distribuídos nas aplicacións orzamentarias que se indican:

Procedemento

Aplicación

Código de proxecto

Importe

SI435B

05.11.312G.460.1

2016 00018

206.775,00 €

SI435A

05.11.313B.460.0

2015 00144

52.782,48 €

Recórdaselles ás entidades beneficiarias que, de acordo co establecido no artigo 21.2 das bases reguladoras, se realizará un primeiro pagamento do 75 % da contía da subvención concedida, en concepto de pagamento anticipado, que se fará efectivo unha vez que se realice a notificación da resolución.

O 25 % restante, ou a parte que corresponda, librarase logo da xustificación por parte das entidades beneficiarias do cumprimento da finalidade para a cal se concedeu a subvención e demais condicións exixidas nesta resolución.

Así mesmo, de acordo co establecido no artigo 20.1 da convocatoria, a data límite para a presentación da documentación xustificativa da actuación subvencionada necesaria para proceder ao pagamento da subvención é a seguinte:

a) Programa de fomento da conciliación (SI435B) e Programa de promoción da igualdade e de prevención da violencia de xénero (SI435A): o prazo para presentar a xustificación das medidas subvencionadas ao abeiro destes programas finaliza o 9 de outubro de 2020.

Dentro do dito prazo, as entidades beneficiarias deberán presentar a documentación común e a específica correspondente á actuación subvencionada relacionada no artigo 20.3 da convocatoria. De acordo co establecido no artigo 12.6 das bases reguladoras, a presentación da documentación deberase realizar electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Os datos do perfil, dos indicadores de produtividade e de resultado das persoas participantes achegaranse a través da aplicación informática Participa 1420.

Segundo. Informar as entidades beneficiarias que figuran no anexo I desta resolución do seguinte:

a) As subvencións concedidas ao abeiro dos programas recollidos nas letras a), b) e c) do artigo 1.1 das bases reguladoras están cofinanciadas polo FSE nunha porcentaxe do 80 % no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020. No caso do programa de fomento da conciliación, no obxectivo temático 8 «Promover a sustentabilidade e a calidade no emprego e favorecer a mobilidade laboral», prioridade de investimento 8.4 «A igualdade entre homes e mulleres en todos os ámbitos, incluídos o acceso ao emprego, a progresión na carreira profesional, a conciliación da vida laboral e a vida privada e a promoción de igual remuneración por igual traballo», obxectivo especifico 8.4.2 «(Re)integrar e manter no mercado laboral as persoas con dependentes ao seu cargo, a través de medidas de conciliación da vida persoal e laboral, e fomentar a igualdade de xénero no ámbito formativo, educativo e laboral»; e no caso do programa de apoio aos CIM, no obxectivo temático 9 «Promover a inclusión social, loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación», prioridade de investimento 9.3 «A loita contra toda forma de discriminación e o fomento da igualdade de oportunidades», obxectivo específico 9.3.1 «Aumentar a integración sociolaboral das persoas pertencentes aos colectivos máis vulnerables, a través de actuacións que fomenten a igualdade de xénero e a conciliación da vida persoal e laboral, e evitar, pola súa vez, a discriminación múltiple».

b) A aceptación da subvención comunitaria implicará a súa aparición na lista pública de operacións cos nomes dos ou das beneficiarias, no suposto de seren entidades xurídicas, así como a outra información recollida no anexo XII do Regulamento (UE) 1303/2013, modificado polo Regulamento (UE, Euratom) 2018/1046, en relación co artigo 115.2 da mesma norma xurídica.

c) Estas axudas son incompatibles con outras axudas públicas para a mesma actuación ou actividade nos termos establecidos no artigo 3 da convocatoria.

d) As entidades beneficiarias deberán cumprir, en todo caso, os requisitos e obrigas exixidos nos artigos 10 e 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e na demais normativa europea de aplicación, así como coas condicións e obrigas establecidas no artigo 22 das bases reguladoras e demais que resulten exixibles segundo a normativa de aplicación.

e) Nos artigos 6.7, 8.7 e 24 das bases reguladoras establécense os criterios de gradación dos posibles incumprimentos que determinan, de ser o caso, a perda do dereito ao cobramento da subvención, á minoración da subvención inicialmente concedida ou, de ser o caso, o reintegro total ou parcial da axuda percibida.

Terceiro. Esta resolución esgota a vía administrativa e contra ela poderá interporse recurso potestativo de reposición ante a Secretaría Xeral da Igualdade, no prazo dun (1) mes, contado desde o día seguinte ao desta publicación, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous (2) meses contados a partir do día seguinte ao desta publicación.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de xullo de 2020

A secretaria xeral da Igualdade
P.D. (Resolución do 8.6.2020; DOG núm. 111, do 9 de xuño)
Natalia Prieto Viso
Directora xeral de Avaliación e Reforma Administrativa

ANEXO I

Concesións

a) Programa de fomento da conciliación da vida persoal, laboral e familiar (SI435B).

Nº de

expediente

Entidade

NIF

Nome da medida

Gasto

elixible

Puntos

Importe de

concesión segundo puntuación

SI435B 2020/08

Concello da Estrada

P3601700B

Espazo concilia A Estrada

28.878,00

34,00

12.000,00

SI435B 2020/93

Concello de Vilar de Barrio

P3209000C

Vilar de Barrio concilia

16.800,00

33,00

12.000,00

SI435B 2020/107

Concello de Vimianzo

P1509300H

Ludoteca municipal

16.800,00

33,00

12.000,00

SI435B 2020/123

Concello de Ribadumia

P3604600A

Fogar de maiores

14.000,00

33,00

11.200,00

SI435B 2020/50

Concello de Petín

P3206100D

Diverpetín

6.192,40

32,00

4.953,92

SI435B 2020/39

Concello de Melide

P1504700D

Conciliando: campamento de verán

10.300,00

32,00

8.240,00

SI435B 2020/49

Concello de Boiro

P1501100J

Campamentos urbanos

17.800,00

32,00

12.000,00

SI435B 2020/58

Concello de Moaña

P3602900G

Programa Ven e xoga

6.791,40

32,00

5.433,12

SI435B 2020/59

Concello de Viveiro

P2706700H

Programa Respira

13.951,00

32,00

11.160,80

SI435B 2020/99

Concello de Betanzos

P1500900D

Betanzos concilia

14.331,00

32,00

11.464,80

SI435B 2020/126

Concello das Pontes de García Rodríguez

P1507100D

Campamentos urbanos

16.974,70

32,00

12.000,00

SI435B 2020/136

Concello de Sarria

P2705700I

Tempo libre da infancia. Verán

56.000,00

32,00

12.000,00

SI435B 2020/139

Concello de Tui

P3605500B

Igual é +

16.716,73

32,00

12.000,00

SI435B 2020/113

Concello de Ponte Caldelas

P3604300H

Ponte Caldelas concilia

10.921,74

31,00

8.737,39

SI435B 2020/67

Concello de Castro de Rei

P2701000H

Concilia Castro de Rei

16.841,89

31,00

12.000,00

SI435B 2020/109

Concello de Rianxo

P1507300J

Medida de conciliación do Concello de Rianxo

33.262,40

31,00

12.000,00

SI435B 2020/27

Concello de Vilanova de Arousa

P3606100J

Sempre xove

16.800,00

30,00

12.000,00

SI435B 2020/48

Concello do Vicedo

P2706400E

Ludoteca verán

4.900,00

28,00

3.920,00

SI435B 2020/24

Concello de Cangas

P3600800A

Programa Enredos

12.081,21

28,00

9.664,97

SI435B 2020/40

Concello de Cambre

P1501700G

Concilia Cambre

31.000,00

28,00

12.000,00

Total

206.775,00

(*) Custos directos de persoal máis un 40 % e menos os ingresos, de ser o caso.

b) Programa de promoción da igualdade e de prevención e tratamento da violencia de xénero (SI435A).

Nº de

expediente

Entidade

NIF

Actuación

Gasto

elixible*

Total puntos

Importe concedido segundo puntuación

SI435A 2020/29

Concello de Mos

P3603300I

Programa de fortalecemento para o cambio en mulleres en situación de vulnerabilidade

9.520,00

28,00

7.616,00

SI435A 2020/12

Concello de Monforte de Lemos

P2703100D

Programa de educación sexual integral para mulleres.

2.520,00

27,50

2.016,00

SI435A 2020/1

Concello de Gondomar

P3602100D

Promoción da igualdade e loita contra a violencia de xénero. Formación en liña

5.712,00

26,50

4.569,60

SI435A 2020/21

Concello de Petín

P3206100D

RE-Encontros: Nós mesmas

3.049,20

26,00

2.439,36

SI435A 2020/24

Concello de Pazos de Borbén

P3603700J

Programa Namórate de ti

12.171,60

25,50

8.000,00

SI435A 2020/41

Concello de Ames

P15002001

Programa integral para vítimas de violencia de xénero e mulleres vulnerables

13.720,00

25,00

8.000,00

SI435A 2020/65

Concello de Ramirás

P3206900G

Ramirás é muller

9.940,00

23,00

7.952,00

SI435A 2020/50

Concello de Ponte Caldelas

P3604300H

Autocoñecemento para o bo trato

3.568,60

23,00

2.854,88

SI435A 2020/45

Concello da Laracha

P1504200E

Obradoiro movemente

2.918,30

22,50

2.334,64

SI435A 2020/63

Concello de Pontevedra

P3603800H

Promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero

13.636,70

19,00

7.000,00