Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Martes, 24 de agosto de 2021 Páx. 42405

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego e Igualdade

ORDE do 5 de agosto de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras polas que se rexerán as accións formativas do Plan de formación no Xacobeo na Comunidade Autónoma de Galicia para o período 2021-2022 e se procede á súa primeira convocatoria para os exercicios 2021 e 2022 (código de procedemento TR303B).

A presente orde, pola que se establecen as bases reguladoras do procedemento TR303B para o período 2021-2022, ten por obxecto concretar os principios xerais contidos na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no relativo aos criterios que rexerán a concesión de axudas para impartir as accións formativas do Plan de formación no Xacobeo da Comunidade Autónoma de Galicia.

Ao abeiro das bases reguladoras establecidas na presente orde aprobaranse, de ser o caso, as sucesivas convocatorias para o período 2021-2022.

A Lei 30/2015, do 9 de setembro, pola que se regula o Sistema de formación profesional para o emprego no ámbito laboral, regula a planificación e o financiamento do sistema de formación profesional para o emprego no ámbito laboral, a programación e execución das accións formativas, o control, o seguimento e o réxime sancionador, así como o sistema de información, a avaliación, a calidade e a gobernanza do sistema.

A Lei 30/2015 estableceu un marco normativo que trata de consolidar no sistema produtivo unha cultura de formación profesional favorecedora da formación de emprego estable e de calidade. Esta lei ten entre os seus obxectivos garantir o exercicio do dereito á formación das persoas traballadoras, ocupadas e desempregadas, e contribuír de maneira efectiva á formación nas empresas de feito que melloren a súa competitividade.

As bases reguladoras e a primeira convocatoria que se regulan nesta norma adaptan os seus contidos ao actual marco regulador da formación para o emprego establecido pola Lei 30/2015, ao Real decreto 694/2017, do 3 de xullo, polo que se desenvolve a Lei 30/2015, do 9 de setembro, pola que se regula o Sistema de formación profesional para o emprego no ámbito laboral, e á Orde TMS/368/2019, do 28 de marzo, pola que se desenvolve o Real decreto 694/2017, do 3 de xullo, polo que se desenvolve a Lei 30/2015, do 9 de setembro, pola que se regula o Sistema de formación profesional para o emprego no ámbito laboral, en relación coa oferta formativa das administracións competentes e o seu financiamento, e se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións públicas destinadas ao seu financiamento.

A Comunidade Autónoma de Galicia asume as funcións e servizos transferidos pola Administración do Estado en materia de formación profesional ocupacional mediante o Decreto 69/1993, do 10 de marzo.

O Decreto 215/2020, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Emprego e Igualdade, atribúe á Dirección Xeral de Formación e Colocación as competencias relativas á formación profesional para o emprego.

A Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, establece no seu artigo 5.2. que a concesión de axudas e subvencións se axustará aos principios de publicidade, transparencia, concorrencia, obxectividade, igualdade e non discriminación, aos cales se axusta esta disposición. Tamén será de aplicación o Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

A Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, regula os requisitos de concesión e xustificación das subvencións concedidas na Administración do Estado, incluíndo aqueles de carácter básico que son de aplicación na normativa desta comunidade autónoma e, en consecuencia, nesta orde.

A entrada en vigor do Acordo do Consello da Xunta, do 12 de marzo de 2020, polo que se adoptan medidas preventivas en materia de saúde pública na Comunidade Autónoma de Galicia, como consecuencia da evolución da epidemia do coronavirus COVID-19, a situación excepcional creada pola pandemia e as sucesivas medidas adoptadas pola Xunta de Galicia e o Goberno de España requiren a adopción de novas medidas que se adapten á actual situación laboral, faciliten o normal desenvolvemento das accións formativas e potencien a recuperación dos sectores económicos afectados no marco dun escenario incerto.

Neste senso, un dos sectores especialmente afectados pola crise sobrevida a consecuencia da COVID-19, nun ano Xacobeo que debeu ser de consolidación e crecemento, foi o da hostalaría e o turismo.

Desde a Idade Media persoas de toda orixe e condición caracterizadas pola fala de linguas diversas, costumes propios e tradicións de seu, camiñaron cara a Santiago de Compostela abrindo novas rutas que uniron Galicia co resto de Europa. Ao longo destas rutas naceu unha gran parte do patrimonio cultural e da idiosincracia de Galicia, unha historia de intercambio, progreso, encontro intercultural e dinamización socioeconómica que cómpre perpetuar.

Na actualidade, a celebración cada certo número de anos dos denominados anos xacobeos incrementa o número de persoas que, por motivos diferentes, deciden achegarse a Galicia e visitar como turistas a Comunidade Autónoma galega.

O actual ano Xacobeo terá lugar, como consecuencia da ampliación do período inicialmente previsto por mor da pandemia, nos anos 2021 e 2022, e a afluencia de turistas e peregrinos que percorrerán os distintos camiños que levan a Santiago ou visiten Galicia prevese masiva, con estimacións que incrementan o número de visitantes previstos segundo o escenario sanitario se estabiliza e diminúe ou desaparece o risco de contaxios. Espérase, por tanto, que a capacidade de convocatoria do actual período Xacobeo supoña un foco de atracción que impactará directamente no emprego, con especial incidencia no sector da hostalaría e turismo.

Máis aló do impacto do propio Camiño, Galicia xa é de por si un destino demandado e recoñecido pola súa natureza, patrimonio, paisaxe e gastronomía. Son atributos que nos recoñecen e visibilizan.

O sector turístico configúrase como un sector con forza e potencialidade que, non obstante, debe competir con outros destinos e que, como consecuencia, debe adaptarse ás novas tendencias dos mercados.

O Sistema de formación profesional para o emprego no ámbito laboral non pode ser alleo ao evento, á súa potencialidade e proxección, e debe contribuír a facilitar aos sectores económicos implicados, ás persoas traballadoras, prioritariamente ocupadas pero tamén desempregadas, os coñecementos e habilidades necesarias para atender os requirimentos de calidade, servizo e competitividade das empresas e, pola súa vez, satisfacer as aspiracións de promoción profesional e desenvolvemento persoal das persoas traballadoras, capacitándoas para o desempeño do seu labor profesional e para o acceso ou mellora no emprego.

Aínda que existen en vigor diferentes liñas de axuda polas que se subvencionan as accións formativas do Plan formativo para o emprego da Comunidade Autónoma de Galicia, considérase que, con motivo da efeméride do Xacobeo 2021-2022, cómpre establecer unha liña particular e específica que potencie a formación das persoas traballadoras que vaian desenvolver a súa actividade especialmente no sector da hostalaría e turismo.

Esta liña de axudas incorpora tamén accións formativas dirixidas a actividades complementarias e de apoio ao sector, tales como a alfabetización informática, a comunicación en linguas estranxeiras e/ou a manipulación de alimentos.

Son, por tanto, obxectivos desta orde os de mellorar a empregabilidade e reducir o desemprego dos profesionais do sector turístico, mellorar a cualificación e capacitación profesional das persoas traballadoras, apoiar a economía local e fixar poboación no medio rural, e profesionalizar e mellorar a calidade do servizo e da oferta turística posibilitando como resultado o incremento da demanda.

A concesión e xustificación da subvención realizarase a través do réxime de módulos previsto nos artigos 3 e 4 da Orde TMS/368/2019. Para os efectos de aplicar o dito réxime de módulos, fixáronse os módulos económicos específicos para as distintas especialidades formativas incluídas no Catálogo de especialidades formativas a ofertar na convocatoria.

Os módulos específicos de cada especialidade formativa establecéronse conforme criterios obxectivos en atención aos valores medios de mercado dos distintos compoñentes dos custos directos e indirectos da actividade formativa, en función da especialidade formativa e da modalidade de impartición.

Consecuentemente con todo o anterior, logo de consultar ao Consello Galego de Formación Profesional Continua e o Consello Galego de Relacións Laborais, en exercicio das facultades que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

CAPÍTULO I

Disposicións xerais

Artigo 1. Obxecto e ámbito de aplicación

1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e as condicións polas que se rexerán, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, tanto as convocatorias públicas como a execución das accións formativas do Plan de formación no Xacobeo Comunidade Autónoma de Galicia dirixidas prioritariamente a persoas traballadoras ocupadas e xestionadas pola Consellería de Emprego e Igualdade (procedemento TR303B).

Tamén poderán participar nas referidas accións formativas reguladas por esta orde aqueles colectivos que, para tales efectos, se determinan no artigo 27.

2. As bases reguladoras terán vixencia temporal para o período 2021-2022.

Así mesmo, coa publicación desta orde realízase a súa primeira convocatoria para o período 2021-2022.

Artigo 2. Finalidade e principios que rexen a concesión das subvencións

1. As subvenciones que se concedan ao abeiro do disposto nesta orde de bases reguladoras e primeira convocatoria terán como finalidade o financiamento de programas de formación destinados prioritariamente á cualificación profesional, no ámbito sectorial da hostalaría e o turismo, das persoas traballadoras ocupadas, e estarán orientados á adquisición e mellora de competencias profesionais relacionadas cos requirimentos de produtividade e competitividade das empresas do sector que teñan os seus centros de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia.

2. A concesión das subvencións realizarase en réxime de concorrencia competitiva nos termos establecidos no artigo 19.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, respectando os principios de obxectividade, igualdade, transparencia e publicidade, e de acordo co establecido no artigo 4 da Orde TMS/368/2019, do 28 de marzo, pola que se desenvolve o Real decreto 694/2017, do 3 de xullo.

Artigo 3. Financiamento

Cada convocatoria determinará o importe total do crédito que se destinará a subvencións, con indicación das anualidades en que se distribuirá, as aplicacións orzamentarias ás cales se imputará, así como o financiamento e as reservas de crédito que, se for o caso, se establezan para determinadas accións formativas.

Artigo 4. Programas de formación

1. Poderán subvencionarse aqueles programas de formación constituídos por accións formativas dirixidas á adquisición de competencias técnicas profesionais específicas relacionadas cos sectores do ámbito da hostalaría e turismo.

Cada convocatoria especificará as accións formativas que, de ser o caso, se consideren prioritarias, e poderá establecer un número límite de grupos por acción formativa que se financien por centro e/ou entidade de formación.

2. Cada centro ou entidade de formación só poderá formular unha solicitude, e incluirá nela, dentro da súa capacidade real de execución e con respecto aos límites e requisitos que se determinan nas bases reguladoras e na correspondente convocatoria, todas e cada unha das accións formativas do programa para o que solicita subvención.

3. Poderán ser obxecto de financiamento as accións formativas que se correspondan coas especialidades formativas que se determinen no anexo I de cada convocatoria, así como os módulos transversais e complementarios que se impartan asociados a estas.

4. Cada programa de formación deberá incluír na solicitude un mínimo de dúas accións formativas diferentes ou dous grupos formativos dunha mesma acción formativa.

Artigo 5. Entidades beneficiarias

1. Poderán obter a condición de beneficiarias das subvencións a que se refiren estas bases as entidades que, na data de entrada en vigor da correspondente convocatoria, sexan titulares de centros ou entidades de formación acreditados e/ou inscritos para impartir formación profesional para o emprego no ámbito laboral da Comunidade Autónoma de Galicia naquelas especialidades formativas para as cales soliciten subvención, xa sexa na modalidade presencial, de teleformación ou mixta.

As entidades solicitantes deberán estar acreditadas ou inscritas para impartir a especialidade na modalidade de teleformación no Rexistro de Centros e Entidades de Formación da Comunidade Autónoma de Galicia ou, de ser o caso, que a formación se imparta total ou parcialmente na modalidade de teleformación, no Rexistro Estatal de Entidades de Formación, regulado na Orde TMS/369/2019, do 1 de abril.

Igualmente, poderán ser beneficiarios os centros e entidades de formación que tivesen achegado, na data de entrada en vigor da convocatoria, a declaración responsable sobre o cumprimento dos requisitos exixidos para a súa inscrición no rexistro para impartir especialidades formativas non conducentes á obtención de certificados de profesionalidade, consonte o disposto no artigo 15 da Lei 30/2015, do 9 de setembro, pola que se regula o Sistema de formación profesional para o emprego no ámbito laboral, así como, de ser o caso, a acreditación do pagamento da correspondente taxa.

As entidades deberán dispor, no ámbito territorial de Galicia, das instalacións debidamente acreditadas e/ou inscritas que permitan a impartición das actividades presenciais das accións formativas solicitadas.

De ser o caso, os centros presenciais vencellados a entidades acreditadas e/ou inscritas para impartir especialidades formativas na modalidade de teleformación deberán estar localizados na Comunidade Autónoma de Galicia e homologados na correspondente especialidade na data de entrada en vigor da convocatoria.

As entidades beneficiarias poderán facer uso da aula virtual, nos termos establecidos nesta orde.

2. O incumprimento por parte da entidade solicitante do requisito de inscrición e/ou acreditación para algunha das especialidades formativas incluídas na solicitude dará lugar á exclusión das ditas accións formativas do programa formativo.

3. Non poderán obter a condición de entidades beneficiarias das subvencións previstas nesta orde aquelas nas cales concorran algunhas das circunstancias establecidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 6.7 da Orde TMS/368/2019, do 28 de marzo.

A xustificación polas entidades solicitantes de non estar incursas en ningunha das anteditas circunstancias realizarase mediante unha declaración responsable incluída no modelo de solicitude definido no anexo II de cada convocatoria, cuxo contido deberá respectar o que establece o artigo 69 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, así como referirse á capacidade suficiente, en termos económicos, técnicos, de recursos humanos, materiais e organizativos, e de aulas, talleres e instalacións en xeral, para asumir a xestión da totalidade dos cursos que solicita, que dispón da documentación que acredita tal cumprimento e que a porá á disposición da Administración cando lle sexa requirida, ademais de que se compromete a manter os ditos requisitos durante todo o período de tempo inherente ao recoñecemento de tal dereito.

4. Coa finalidade de garantir o cumprimento das exixencias deste artigo poderán realizarse comprobacións por mostra estatística durante calquera das fases do procedemento por parte do persoal técnico da Consellería de Emprego e Igualdade, das cales poderán derivar, de ser o caso, as consecuencias sinaladas no artigo 7 para os supostos de falseamento do contido das declaracións responsables.

De ser o caso, estas actuacións de comprobación poderán ser efectuadas por outra entidade, pública ou privada, se así se lle encomenda a través do instrumento xurídico correspondente.

CAPÍTULO II

Inicio do procedemento. Presentación e tramitación
das solicitudes de subvención

Artigo 6. Forma e lugar de presentación das solicitudes

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario electrónico normalizado dispoñible na aplicación SIFO, anexo II, accesible a través da sede electrónica da Xunta de Galicia no enderezo https://sede.xunta.gal ou no enderezo directo https://emprego.xunta.es/sifo-solicitudes

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude ou a documentación presencialmente, requiriráselle para que a emende mediante a súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

No suposto de que a solicitude non cumpra os requisitos sinalados nas bases reguladoras e/ou a correspondente convocatoria, ou a documentación presentada conteña erros ou sexa insuficiente, requirirase a persoa solicitante para que, nun prazo de 10 días hábiles, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fixer, se considerará desistida da súa solicitude, logo de resolución que así o declare.

Caso de que o requirimento afecte só algunha das accións formativas do programa de formación, excluiranse del unicamente tales accións, continuándose a tramitación da solicitude.

2. As solicitudes dirixiranse a Dirección Xeral de Formación e Colocación da Consellería de Emprego e Igualdade.

Cada solicitude presentada por un centro ou entidade de formación corresponderase cun único programa de formación e incluirá, dentro da súa capacidade real de execución e con respecto aos límites e requisitos que se determinan nas bases reguladoras e na correspondente convocatoria, todas e cada unha das accións formativas e grupos do programa para os que solicita subvención.

Para os posibles efectos de desempates ou para o suposto de superación, de ser o caso, do límite do importe de subvención máxima que se vai conceder a un mesmo número de censo, as accións formativas para as que se solicita subvención deberán ir ordenadas en función da prioridade de impartición que lles outorgue a entidade solicitante, de xeito que os centros que se consideren prioritarios figuren en primeiro lugar na solicitude e, dentro de cada centro, as accións formativas se ordenen tamén segundo criterio de maior a menor priorización.

Para cada número de censo poderanse solicitar, como máximo, o número de grupos por especialidade formativa que, de ser o caso, se determinen na correspondente convocatoria, en que tamén poderán indicarse excepcións ao dito límite.

Non poderán formularse solicitudes de subvencións para impartir accións formativas que teñan previsto comezar nunha data anterior ao prazo ou data que para cada convocatoria se estableza.

3. A solicitude deberá presentarse acompañada da documentación complementaria relacionada no artigo 8 desta orde.

Artigo 7. Declaracións responsables que forman parte da solicitude

1. Forma parte da solicitude a declaración responsable que se contén nela e na cal se farán constar os aspectos seguintes:

a) Que, en relación con outras axudas concedidas ou solicitadas:

• Non se solicitou nin se concedeu ningunha outra axuda para este mesmo proxecto e conceptos para os que se solicita esta subvención.

• De se solicitar e/ou conceder outras axudas para este mesmo proxecto e conceptos para os que se solicita esta subvención, deberán relacionarse estas.

b) Que todos os datos contidos na solicitude e nos documentos que se xuntan son certos.

c) Que non está incursa en ningunha das circunstancias previstas no punto 2 do artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

d) Que non está incursa en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 6.7 da Orde TMS/368/2019, do 28 de marzo.

e) Que está ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións, conforme o artigo 10.2.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o artigo 9 do Regulamento de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

f) Que os lugares e modalidades de impartición das accións formativas serán aqueles para os que están inscritas ou acreditadas para tal fin, nos termos do artigo 15 da Lei 30/2015, do 9 de setembro, e do artigo 6 da Orde TMS/368/2019, do 28 de marzo, pola que se regula o Sistema de formación profesional para o emprego no ámbito laboral, e que son aptos e cumpren e manterán as condicións e requisitos que exixe a normativa aplicable á correspondente especialidade formativa, nomeadamente, a obriga de impartir a formación nos espazos e cos medios formativos acreditados e/ou inscritos para tal fin, así como a de manter as exixencias técnico-pedagóxicas, de instalacións, equipamento e medios humanos e tecnolóxicos tidos en conta para a acreditación ou inscrición da especialidade.

g) Que coñece as estipulacións da presente orde, que cumpre cos requisitos sinalados nela e que se compromete a destinar o importe da axuda ao obxecto da subvención indicada.

h) Que naqueles supostos en que nunha aula estea previsto impartir máis dunha especialidade, as ditas especialidades poden impartirse cos mesmos medios.

i) Que a entidade conta con capacidade suficiente, en termos económicos, técnicos, de recursos humanos, materiais e organizativos, así como, de ser o caso, de aulas, talleres e instalacións en xeral, para asumir na súa totalidade a execución completa das accións formativas que solicita.

j) Que a entidade dispón da documentación que acredita o cumprimento dos anteriores aspectos e que a porá á disposición da Administración cando lle sexa requirida, ademais de que se compromete a manter os ditos requisitos durante todo o período de tempo inherente ao recoñecemento de tal dereito.

k) Que, de ser o caso e de acordo co disposto no artigo 21.11.a) da presente orde, as pegadas dixitais do alumnado e persoal docente rexistradas pola propia entidade formadora para o seguimento e control das actividades formativas presenciais se corresponden coas das persoas que din ser.

l) Que, para os efectos de que se teña en conta na aplicación do criterio de avaliación previsto no artigo 15.1.e), a porcentaxe que representa o número de horas das persoas formadoras do propio cadro de persoal da entidade solicitante previsto para a realización da actividade docente, respecto do total de horas de docencia previsto para o conxunto do programa de formación proposto, é o que se reflicte no anexo II.

2. A presentación dunha declaración responsable que falsee ou oculte circunstancias que impidan ou limiten a concesión da subvención ou o seu pagamento, así como que alteren a puntuación obtida na baremación, terá a consideración dunha infracción moi grave nos termos do artigo 56 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, coas posibles consecuencias sancionadoras que se recollen na dita norma e no texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Artigo 8. Documentación complementaria

1. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

A documentación complementaria, tanto a presentada na solicitude como noutras fases do procedemento, achegarase electronicamente mediante a presentación do documento orixinal de se tratar dun documento dixital ou da imaxe electrónica do documento orixinal, de se tratar dun documento en papel. Neste último caso, a imaxe electrónica adaptarase ao previsto no Real decreto 4/2010, do 8 de xaneiro, polo que se regula o Esquema nacional de interoperabilidade no ámbito da Administración electrónica, e na Resolución do 19 de xullo de 2011, da Secretaría de Estado para a Función Pública, pola que se aproba a Norma técnica de interoperabilidade de dixitalización de documentos.

2. As imaxes electrónicas aplicarán os formatos establecidos para ficheiros de imaxe na Norma técnica de interoperabilidade do catálogo de estándares; o nivel de resolución mínimo para imaxes electrónicas será de 200 píxeles por polgada, tanto para as imaxes obtidas en branco e negro, cor ou gradación de grises; a imaxe electrónica será fiel ao documento orixe (respectará a xeometría do documento orixe, en tamaños e proporcións, non conterá caracteres ou gráficos que non figurasen no documento de orixe e a súa xeración realizarase por un medio fotoeléctrico).

As imaxes electrónicas que acheguen as entidades interesadas ao procedemento administrativo terán eficacia, exclusivamente, no ámbito da actividade das administracións públicas.

As imaxes electrónicas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Para estes efectos, a entidade interesada deberá conservar o documento orixinal por un prazo de 5 anos desde a presentación da imaxe electrónica.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior.

A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

4. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recabados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

5. As entidades interesadas deberán achegar coa solicitude, anexo II, a seguinte documentación:

a) Acreditación da capacidade legal suficiente para asinar a solicitude (escritura notarial de poderes ou calquera outro medio válido en dereito).

b) Ficha da acción formativa, anexo III.

c) Copia da documentación de constitución da entidade solicitante ou dos estatutos sociais debidamente legalizados.

d) Acreditación documental de dispor dun sistema de calidade vixente e certificado por entidades acreditadas, norma ISO 9001 ou certificado de calidade e excelencia EFQM, na entidade e/ou no correspondente centro de formación na data límite de presentación das solicitudes, relativo á súa actividade de formación profesional para o emprego.

e) Naquelas accións formativas en que estea previsto o uso de aula virtual como medio complementario e adicional para desenvolver o proceso formativo, memoria explicativa detallada que acredite, de acordo co disposto no artigo 25 da presente orde, a viabilidade de impartir mediante aula virtual aqueles contidos do programa formativo que estea previsto realizar utilizando este medio.

A memoria deberá indicar expresamente que contidos se impartirán mediante aula virtual, a súa duración e datas de realización, así como o calendario de sesións presenciais e de exames para realizar.

f) Acreditación documental, de acordo co disposto no artigo 15.1.g), de que a entidade solicitante dispón, de ser o caso, dun plan de igualdade de xénero en vigor e inscrito no correspondente rexistro.

g) Programa de formación que conterá, como mínimo, a seguinte información e documentación:

• Obxectivos, contidos, metodoloxía e modalidades de impartición, as cales deberán estar autorizadas pola correspondente normativa reguladora e/ou programa formativo.

• Accións formativas que se van impartir con indicación da familia profesional a que corresponda a especialidade.

• Número do alumnado previsto por acción formativa.

• Colectivos destinatarios da formación.

• Custo estimado das accións formativas.

• Anualidade prevista, total ou parcial, con indicación, de ser o caso, do número de horas imputadas a cada anualidade, para a realización das actividades formativas.

• Lugar, instalacións e medios previstos para impartir as accións formativas.

• Para os efectos de seguimento e control das actividades da acción formativa, naqueles cursos que se van impartir nas modalidades de teleformación ou mixta, deberanse proporcionar as claves e credenciais de acceso á correspondente plataforma web cos perfís de administrador/a, de titor/a-formador/a e de alumno/a.

• Para os supostos de accións formativas que se impartirán na modalidade de teleformación, memoria técnica acreditativa de que a tecnoloxía e/ou aplicación informática que se utilizará para verificar e acreditar a asistencia do persoal docente e titor, así como do alumnado, garante a correcta identificación das persoas e permite efectuar o seguimento do número de horas de conexión, a realización de exercicios prácticos e a realización e superación, de ser o caso, dos controis periódicos.

Artigo 9. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña a súa consulta:

a) DNI ou NIE da persoa representante.

b) NIF da entidade solicitante.

c) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa AEAT.

d) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

e) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa Atriga.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os correspondentes documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 10. Trámites posteriores á presentación da solicitude e documentación complementaria

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban efectuar trala tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente a través da aplicación informática SIFO, debendo adecuarse a presentación de documentación derivada das notificacións practicadas pola Administración ao disposto no artigo 12.6 da presente orde.

Artigo 11. Prazo de presentación de solicitudes

Cada convocatoria determinará o prazo de presentación de solicitudes, que non poderá ser inferior a un mes.

Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

Artigo 12. Réxime das notificacións

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas practicaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificacións electrónicas de Galicia, Notifica.gal.

Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude.

Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico.

En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderán, de oficio, crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar o cumprimento polas persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

4. As notificacións entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido, e rexeitadas cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non for posible por problemas técnicos, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico practicarán a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

6. A presentación de documentación derivada das notificacións practicadas será realizada exclusivamente mediante o programa informático SIFO ou, de ser o caso, a través do programa de notificación xenérico do aplicativo FORMAN, https://emprego.xunta.es/forman, que disporá dun punto único para efectuar todos os envíos de documentación á Administración.

Unicamente no caso de que non fose posible, por problemas técnicos acreditados que imposibiliten a presentación de documentación polos medios establecidos no parágrafo anterior, o interesado podería realizar a súa presentación por medio dos trámites comúns da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), a través do procedemento PR004A.

Artigo 13. Transparencia e bo goberno

1. Deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, a que se atopen vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei.

CAPÍTULO III

Instrución e resolución do procedemento

Artigo 14. Procedemento

1. O órgano instrutor do procedemento é a Subdirección Xeral de Formación para o Emprego.

2. O procedemento que se seguirá na tramitación e instrución dos expedientes será o establecido no artigo 21 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, coas concrecións que se establecen na presente orde.

3. Rematado o prazo de presentación, procederase ao estudo e revisión das solicitudes recibidas.

Unha vez analizada a documentación achegada polas entidades solicitantes, os expedientes que cumpran os requisitos para a obtención da subvención remitiraos o órgano instrutor, xunto cun informe sobre o proceso de tramitación e instrución das solicitudes, á Comisión de Valoración, coa finalidade de que poida proceder ao seu estudo e cualificación aplicando os criterios de avaliación técnica establecidos no artigo 15 desta orde.

A Comisión de Avaliación, atendendo aos criterios de valoración técnica, emitirá unha acta en que se concrete a prelación das solicitudes como resultado da puntuación obtida no proceso de avaliación, así como a proposta de entidades beneficiarias da subvención.

Esta proposta incluirá a contía da axuda que lles corresponde e os anexos coas puntuacións obtidas polas accións formativas que cumpran cos requisitos para ser avaliadas.

4. A Comisión de Avaliación estará composta pola persoa titular da Subdirección Xeral de Formación para o Emprego, que a presidirá, e serán vogais dúas persoas técnicas da Dirección Xeral de Formación e Colocación, unha das cales actuará como secretario ou secretaria.

A Comisión poderá incorporar persoas asesoras e técnicas expertas na materia que se trate que non terán a condición de membros da comisión.

Se, por calquera causa, no momento en que a Comisión de Valoración teña que reunirse, algunha das persoas que a compoñen non pode asistir, será substituída pola persoa que, para tales efectos, designe a persoa titular da Dirección Xeral de Formación e Colocación.

5. No suposto de opoñerse á consulta ou, de ser o caso, de non prestar o consentimento expreso a que se refire o artigo 9 desta orde, as entidades deberán acreditar, tanto antes de ditarse a resolución de concesión como de proceder ao cobramento das subvencións, que están ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e da Seguridade Social e que non teñen pendente de pagamento ningunha débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

No caso das entidades recollidas no artigo 11 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, esta obriga poderá ser substituída pola declaración responsable da persoa solicitante de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

6. Á vista dos expedientes, logo da súa baremación e dos informes preceptivos que se emitan, o órgano instrutor formulará un informe coa proposta de resolución.

7. A proposta xerarase en función da puntuación obtida como consecuencia do proceso de avaliación.

Esta proposta de resolución irá acompañada de anexo en que figurarán as anualidades, totais ou parciais, de ser o caso, con indicación do orzamento imputado a cada anualidade, para a realización das actividades formativas, e segundo información achegada pola persoa solicitante.

8. Á vista da proposta de resolución, o órgano competente, de acordo co disposto no artigo 17 da presente orde, ditará as resolucións correspondentes.

9. De se produciren dispoñibilidades de crédito como consecuencia da asignación ou da redistribución de fondos para o financiamento dos programas de formación para o emprego, nos supostos e nas condicións previstas nos artigos 30 e 31 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de subvencións de Galicia, ou como consecuencia de posibles minoracións, renuncias ou modificacións nas subvencións concedidas, o órgano instrutor poderá realizar novas propostas de concesión de proxectos continuando coa orde de prelación fixada pola Comisión de Valoración ata esgotar o novo crédito.

Artigo 15. Criterios de avaliación

1. A avaliación das solicitudes realizarase de acordo cos seguintes criterios:

a) Polo impacto directo da formación que se vai impartir no ámbito do sector da hostalaría e turismo, e de acordo cos niveis de prioridade definidos para cada acción formativa na columna «Prioridade» do anexo I, ata 30 puntos.

• Nivel 3, prioridade alta: 30 puntos.

• Nivel 2, prioridade media: 20 puntos.

• Nivel 1, prioridade simple: 10 puntos.

A determinación da puntuación será o resultado de aplicar a seguinte formula:

∑ (Nº grupos Nivel 3 * 30 puntos + Nº grupos Nivel 2 * 20 puntos + Nº grupos Nivel 1 * 10 puntos ) / Nº total de grupos

b) Pola inclusión de especialidades formativas propostas polas organizacións sindicais e empresariais en función das necesidades formativas que, resultado da súa función de prospección, detectaron no tecido produtivo galego, recollidas na columna «Organizacións» do anexo I: ata 30 puntos.

A determinación da puntuación será o resultado de aplicar a seguinte formula:

(Nº grupos AFP / Nº grupos AF) * 30 puntos

Onde o acrónimo «AFP» referencia unha acción formativa proposta polas organizacións sindicais e empresariais e incluída na columna «Axentes sociais» do anexo I; e o código «AF» referencia calquera acción formativa solicitada.

c) Polo grao de ruralidade das zonas onde se localicen as instalacións do centro en que se realizará a execución da parte presencial do programa da acción formativa: ata 10 puntos.

O grao de ruralidade das zonas de Galicia será o definido polo Instituto Galego de Estatística en atención á densidade de poboación segundo a clasificación en ZPP, ZIP ou ZDP do grao de urbanización atendendo ao GU 2016.

A puntuación distribuirase segundo a urbanización, do seguinte xeito:

• As entidades que teñan os centros en zonas densamente poboadas (ZDP) definidas como conxunto contiguo de áreas locais (AL) de densidade de poboación superior 500 hab./km² e unha poboación total para a zona de, polo menos, 50.000 habitantes: 0 puntos.

Esta mesma puntuación asignarase a aquelas accións formativas que se impartan na modalidade de teleformación.

• As entidades que teñan os centros en zonas intermedias (ZIP) definidas como o conxunto de áreas locais (AL) que non pertencen a unha zona densamente poboada onde cada unha conta cunha densidade de poboación superior a 100 hab./km² e/ou ben a poboación total da zona é superior a 50.000 habitantes ou ben é adxacente a unha zona densamente poboada: 5 puntos.

• As entidades que teñan os centros en zonas pouco poboadas (ZPP) definidas como grupos de áreas locais (AL) que non pertencen a zonas densamente poboadas ou zonas intermedias: 10 puntos.

Esta información pode ser consultada na seguinte páxina web do Instituto Galego de Estatística: http://www.ige.eu/web/mostrar_paxina.jsp?paxina=003003001&idioma=gl

A determinación da puntuación será o resultado de aplicar a seguinte fórmula:

∑ (Nº grupos zonas ZDP ou teleformación * 0 puntos + Nº grupos zonas ZIP * 5 puntos + Nº grupos zonas ZPP * 10 puntos ) / Nº total de grupos

d) Pola capacidade acreditada da entidade para desenvolver a formación que solicita valorarase a situación da entidade de formación e/ou de cada un dos seus centros, na data límite de presentación da solicitude, con respecto á implantación dun sistema ou modelo de calidade, vixente e certificado por entidades certificadoras acreditadas, para a xestión da actividade de formación profesional para o emprego, Norma ISO 9001 ou certificado de calidade e excelencia EFQM, con ata 5 puntos.

A puntuación distribuirase do seguinte xeito:

• A entidade e a totalidade dos centros para os cales solicita subvención acreditan ter implantado un sistema ou modelo de calidade vixente na xestión/actividade da formación profesional para o emprego: 5 puntos.

• A entidade e máis do 50 % dos centros para os cales solicita subvención acreditan ter implantado un sistema ou modelo de calidade vixente na xestión/actividade da formación profesional para o emprego: 3 puntos.

• A entidade e entre o 30 % e o 50 % dos centros para os cales solicita subvención acreditan ter implantado un sistema ou modelo de calidade vixente na xestión/actividade da formación profesional para o emprego: 2 puntos.

• A entidade acredita ter implantado un sistema ou modelo de calidade vixente na xestión/actividade da formación profesional para o emprego: 1 punto.

e) Pola porcentaxe que represente o número de horas das persoas formadoras do propio cadro de persoal da entidade solicitante, previstos para a realización da actividade docente, respecto do total de horas de docencia previstas para o conxunto do programa de formación proposto: ata 5 puntos.

f) Pola diversificación das accións formativas que configuran o programa formativo con obxecto de evitar a concentración da formación e primar a variedade da oferta formativa, ata 6 puntos:

• Cinco ou máis accións formativas diferentes: 6 puntos.

• Tres ou máis accións formativas diferentes: 3 puntos.

g) Por dispor a entidade solicitante dun plan de igualdade de xénero en vigor e inscrito no correspondente rexistro, ou por acreditar documentalmente telo presentado para a súa inscrición no rexistro na data límite de presentación da solicitude: 3 puntos.

h) Polo compromiso adquirido de participación de persoas con discapacidade física, psíquica ou sensorial, recoñecida por organismo competente, nas accións formativas do programa de formación: ata 10 puntos.

A determinación da puntuación será o resultado de aplicar a seguinte fórmula:

(Nº grupos AFD / Nº grupos AF) * 10 puntos

Onde o acrónimo «AFD» referencia unha acción formativa en que o 100 % das persoas participantes na actividade sexan persoas con discapacidade física, psíquica ou sensorial recoñecida polo organismo competente, e o código «AF» referencia calquera acción formativa solicitada.

i) Polo compromiso da entidade ou centro a colaborar na xestión das subvencións en concepto de bolsas e axudas a que ten dereito o alumnado desempregado que participe nas súas accións formativas (procedemento TR301V): 3 puntos.

Este compromiso concrétase nas seguintes epígrafes:

• Informar adecuadamente o alumnado, en tempo e forma, dos dereitos que teñen en canto á percepción de bolsas e axudas por asistir á actividade formativa, así como dos prazos para presentar a solicitude e da documentación necesaria.

• Formular a solicitude de subvención en concepto de bolsa e axuda en representación da persoa interesada, e remitir a documentación complementaria necesaria por medios electrónicos.

• Elixir a opción de notificación por vía electrónica, así como colaborar coa Administración na contestación aos requirimentos de corrección das solicitudes e, de ser o caso, actualizar dilixentemente e antes dos límites establecidos a información para a tramitación e xestión das bolsas e axudas na aplicación informática SIFO.

O compromiso de colaboración da xestión de bolsas e axudas deberá presentarse segundo o modelo que figura no anexo II, modelo de solicitude, de cada convocatoria.

Esta colaboración non substitúe as obrigas que nesta materia, segundo a normativa estatal e a correspondente convocatoria de bolsas e axudas de aplicación, teñen os centros e entidades de formación.

2. O emprego da lingua galega na realización das accións formativas utilizarase como primeiro criterio de selección no caso de empate.

O compromiso do emprego da lingua galega deberá referirse, nas modalidades presencial ou mixta, á súa utilización polas persoas docentes na impartición das accións formativas. Para o suposto da modalidade de teleformación, este compromiso estará referido ao idioma en que estean redactados os contidos virtuais.

Para o caso de que persista o empate, terán preferencia as solicitudes que teñan mellor puntuación de entre os criterios de avaliación técnica descritos anteriormente e na orde establecida para eles.

Finalmente, no suposto de continuar o empate aplicarase, como criterio de selección definitivo, a data e hora de presentación da solicitude.

3. As sucesivas convocatorias publicadas ao abeiro do disposto nesta orde de bases reguladoras poderán establecer puntuacións negativas, ata un máximo de -15 puntos, como consecuencia de renuncias expresas ou tácitas, fóra dos supostos permitidos no artigo 17.4, para impartir accións formativas concedidas no marco da convocatoria previa.

A propia convocatoria poderá graduar a penalización en función de se a renuncia é expresa ou tácita, e do número de accións formativas e grupos a que se renuncia en relación co total de accións formativas e grupos concedidos.

4. A presentación dunha declaración responsable que falsee as condicións avaliables para a concesión da subvención ou oculte as circunstancias que a impedisen ou limitasen terá os efectos recollidos no último parágrafo do artigo 7.2 desta orde.

As circunstancias avaliables acreditadas mediante as declaracións responsables a que se fai mención neste artigo serán obxecto de especial seguimento e control por parte do persoal técnico da Consellería de Emprego e Igualdade. De ser o caso, estas actuacións de seguimento e control poderán ser realizadas por outra entidade, pública ou privada, se así se lle encomenda a través do instrumento xurídico correspondente.

Artigo 16. Determinación da subvención

1. O anexo I de cada convocatoria incluirá os módulos económicos específicos establecidos como límite máximo para solicitar para cada especialidade formativa, de acordo co disposto no artigo 3.1 da orde TMS/368/2019, do 28 de marzo.

Para os efectos do previsto nesta orde, enténdese por módulo económico o custo por participante e hora de formación que poderá ser obxecto de financiamento público.

2. A contía da subvención que se concederá por cada acción formativa calcularase en función do número de participantes previstos, do número de horas do programa formativo, e dos módulos económicos específicos solicitados por participante e hora de formación recollidos, para cada especialidade e en función da modalidade de impartición, no anexo I.

Na formación que se impartirá na modalidade mixta aplicaranse os módulos correspondentes en función do número de horas de cada tipo de modalidade formativa.

A valoración económica dos módulos transversais será a mesma que a dos módulos da acción formativa en que se inclúan e de acordo coa modalidade de impartición en que se realicen.

3. Poderán ser obxecto de subvención aquelas solicitudes que obtivesen, a consecuencia da aplicación das epigrafes de valoración técnica descritas no artigo 15, unha puntuación mínima de 25 puntos.

4. Un mesmo número de censo non poderá ser beneficiario dunha subvención que supere o 4 % do crédito orzamentario global da convocatoria.

Este límite porcentual non será de aplicación cando a subvención concedida ás solicitudes presentadas non esgote o orzamento previsto da convocatoria.

5. Realizada a acción formativa, a liquidación da subvención realizarase en función das persoas participantes que rematasen a formación, nos termos recollidos no capítulo VI desta orde.

En ningún caso a liquidación poderá superar a contía da subvención inicialmente concedida.

Artigo 17. Resolución

1. A resolución dos expedientes de axudas corresponderalle, unha vez fiscalizada a proposta pola Intervención competente, á persoa titular da Dirección Xeral de Formación e Colocación, por delegación da persoa titular da consellería.

2. O prazo para resolver e notificar será de tres meses. O dito prazo computarase desde a data de finalización do prazo de presentación de solicitudes de subvencións indicado na convocatoria.

Transcorrido o devandito prazo sen que se dite resolución expresa, entenderase desestimada a solicitude, de acordo co establecido no artigo 23.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e co disposto no artigo 25 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

3. A resolución dos expedientes comunicarase á Comisión Galega de Formación Profesional Continua.

4. Notificada a resolución definitiva polo órgano competente, a entidade proposta como beneficiaria disporá dun prazo de dez días hábiles para a súa aceptación, a través da aplicación informática SIFO; transcorrido este sen que se producise manifestación expresa, entenderase, de acordo co disposto no artigo 21.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, tacitamente aceptada.

A aceptación da concesión da subvención implica que a entidade interesada recoñece que conta con capacidade suficiente, en termos económicos, técnicos, de recursos humanos, materiais e organizativos, para asumir na súa totalidade a execución completa dos accións formativas concedidas, así como que se compromete a dispor deles ao longo de todo o período de execución da actividade subvencionable.

No suposto de que as entidades beneficiarias decidan renunciar, parcial ou totalmente, de xeito sobrevido con posterioridade á súa aceptación a través do aplicativo SIFO, só se considerarán causas xustificadas a imposibilidade de atopar alumnado suficiente para comezar o curso, por imposibilidade de contratar persoal docente que cumpra os requisitos exixidos para impartir a especialidade ou por circunstancias de gravidade e excepcionalidade acreditada, e estarán obrigadas a comunicar a súa renuncia no prazo de cinco días hábiles desde que se produza a circunstancia causante a través do formulario «renuncia á acción formativa» no aplicativo SIFO.

No caso de non producirse unha renuncia expresa, se a acción formativa non dá comezo na data de comezo prevista, ben inicialmente ou ben nas sucesivas solicitudes de cambio aceptadas pola Administración, transcorridos cinco días hábiles desde que se debese ter iniciado, entenderase feita unha renuncia tácita, polo que o órgano xestor poderá iniciar a tramitación de dita renuncia.

Se a renuncia foi tramitada de oficio por renuncia tácita consecuencia de que o curso non comezase na data prevista ou, no caso de ser sobrevida, se esta non se motiva adecuadamente, poderá dar lugar a unha minoración da puntuación en sucesivas convocatorias, especialmente naqueles casos en que se produza por ter solicitado cursos por riba da capacidade da entidade ou centro de formación.

A Dirección Xeral de Formación e Colocación deberá ditar resolución expresa sobre a renuncia, nos termos preceptuados pola Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

5. A resolución da concesión de subvención fixará expresamente a contía total concedida e a puntuación técnica obtida, así como a prohibición de subcontratación, e incorporará o correspondente programa de formación e as condicións, as obrigas e as determinacións accesorias a que deba estar suxeita a entidade beneficiaria.

Calquera modificación posterior referida á modificación de horas que afecte a repartición de orzamento entre diferentes anualidades deberá ser autorizada pola persoa titular da Dirección Xeral de Formación e Colocación e estará suxeita á dispoñibilidade de crédito.

6. Unha vez ditada a resolución de concesión, a entidade beneficiaria poderá solicitar a súa modificación. Esta modificación deberá fundamentarse en circunstancias sobrevidas tras a resolución e durante o prazo de execución da actividade subvencionada para cada entidade beneficiaria e formalizarse con carácter inmediato ao seu acaecemento e, en todo caso, antes da finalización do citado prazo de execución.

O órgano competente para resolver deberá ditar resolución en que acepte ou denegue a modificación proposta no prazo de dous meses desde a data en que a solicitude teña entrada no rexistro do órgano competente para a súa tramitación. Unha vez transcorrido este prazo sen notificarse resolución expresa, a solicitude entenderase desestimada.

As resolucións poderán retrotraer os seus efectos, como máximo, ao momento da presentación da solicitude de modificación.

7. Ao abeiro do artigo 25 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, cando o importe da subvención na proposta de resolución sexa inferior á solicitude presentada, poderase instar da entidade beneficiaria a reformulación da súa solicitude para axustar os compromisos e as condicións á subvención outorgada.

Posteriormente, as entidades poderán facer, como máximo, dúas reconfiguracións do programa, tendo en conta que a primeira, de ser o caso, deberá facerse, como mínimo, un mes despois da notificación da resolución e a última deberá facerse, como máis tarde, cando falten dous meses para o remate do prazo de execución das accións formativas do programa.

8. Non se poderá realizar ningunha reconfiguración que, unha vez realizado un novo cálculo de avaliación técnica, poida diminuír a puntuación asignada ao programa de formación, por debaixo da que resultou necesaria para obter a subvención.

9. A priorización das accións formativas derivadas da reconfiguración do programa executarase ata o importe concedido.

Calquera modificación desa priorización deberá ser autorizada pola persoa titular da Dirección Xeral de Formación e Colocación, tendo en conta que cando se solicite modificar parcialmente o número do alumnado previsto nalgunha acción formativa, xa iniciada no momento da solicitude de reconfiguración, o número do alumnado previsto nunca poderá ser inferior ao número do alumnado xa iniciado.

Artigo 18. Recursos

As resolucións ditadas póñenlle fin á vía administrativa, e contra elas poderá interpoñerse, potestativamente, recurso de reposición ante o órgano que ditou o acto, no prazo dun mes desde a súa notificación, se o acto for expreso, ou en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto, se o acto non for expreso, de conformidade co que preceptúan os artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou, directamente, recurso contencioso-administrativo ante o órgano xurisdicional competente, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Artigo 19. Publicidade das subvencións

1. De acordo co establecido no artigo 14, letra ñ), da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as entidades beneficiarias quedan informadas da existencia do Rexistro Público de Subvencións e dos aspectos previstos na Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.

2. Así mesmo, e tal como se recolle no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, os órganos administrativos concedentes procederán a publicar no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas, indicando a convocatoria, o programa e crédito orzamentario a que se imputan, a persoa beneficiaria, a cantidade concedida e a finalidade ou as finalidades da subvención.

3. Igualmente, publicaranse na páxina web oficial da Consellería nos termos previstos no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos das persoas beneficiarias e da súa publicación na citada páxina web.

CAPÍTULO IV

Obrigas, dereitos e deberes

Artigo 20. Información e documentación para a xestión da execución das accións formativas

1. Os datos correspondentes á xestión das accións formativas deberán introducirse en liña a través da aplicación informática SIFO que a Dirección Xeral de Formación e Colocación pon á disposición das entidades e centros de formación.

2. Como mínimo cinco días hábiles antes do inicio de cada grupo deberá incorporarse a SIFO a seguinte información:

a) Programa completo, agás naquelas especialidades que teñen programación modular.

b) A relación nominal do alumnado seleccionado con indicación do seu DNI.

c) Os instrumentos de avaliación válidos e fiables que se van aplicar, cun sistema de puntuación e corrección obxectivo.

d) A relación de persoal docente, con especificación do seu DNI, que vai impartir a acción formativa coa relación dos contidos e/ou módulos que impartirá cada un deles, facendo constar a súa formación metodolóxica e a documentación acreditativa da súa formación e experiencia cando esta non estea en poder da Consellería de Emprego e Igualdade.

e) A identificación, con especificación do DNI, do persoal de preparación de clases e titorías para o reforzo formativo e a impartición da docencia.

f) A identificación do persoal, con especificación do seu DNI, que asuma as tarefas de administración e dirección estritamente necesarias para a preparación, xestión e execución da acción formativa.

g) As datas de inicio e remate do grupo, así como o horario de impartición.

h) A planificación temporal da acción formativa que, no caso de especialidades de estrutura modular, deberá detallarse para cada un dos módulos do curso, incluídos os transversais, indicando, así mesmo, a previsión de visitas didácticas que se van realizar ao longo do curso.

i) O seguro de accidentes das persoas participantes.

j) Indicación expresa e coincidente co manifestado na solicitude e ficha de curso (anexos II e III), sobre que contidos e/ou módulos que compoñen a acción formativa se van impartir en presencial, teleformación ou, de ser o caso, a través de aula virtual, con información da súa duración, datas de realización e calendario de sesións presenciais.

k) As chaves de acceso á correspondente plataforma informática, de ser o caso, para os efectos de seguimento e control do desenvolvemento do curso.

As chaves de acceso á plataforma de teleformación deberán permitir a conexión con perfil de persoa administradora, titora-formadora e/ou alumnado.

3. O día de inicio de cada grupo introducirase no sistema informático SIFO a certificación xustificativa do comezo do actividade formativa e, de ser o caso, das modificacións producidas respecto dos datos sinalados no punto 2 deste artigo.

4. No momento da incorporación do alumnado á acción formativa requiriráselle a seguinte documentación que se incluirá no aplicativo SIFO:

a) DNI.

b) Ficha individual.

Para os efectos de posibles notificacións, envío de diplomas ou remisión de certificados emitidos á solicitude da persoa interesada, a ficha individual deberá incluír o enderezo de correo electrónico das persoas participantes na actividade formativa.

c) Autorización asinada para a utilización dos seus datos persoais para o control e seguimento da acción formativa no marco da normativa de protección de datos. A autorización deberá conter a declaración responsable da persoa traballadora de que os documentos que achega son auténticos.

d) Documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos de acceso para realizar a formación correspondente.

e) Documentación acreditativa necesaria para a exención dun módulo formativo ou dun módulo transversal, de ser o caso.

f) Documento informativo sobre dereitos e deberes para entregar ao alumnado debidamente asinado polas persoas participantes.

Así mesmo, de acordo co disposto no artigo 31, deberá comunicarse nun prazo de tres días hábiles desde que sexan efectivas, as baixas de persoas alumnas e as datas en que estas se produzan.

5. Mensualmente, achegarase a seguinte información:

a) Nas actividades de carácter presencial, e de terse producido incidencias no sistema de control biométrico de asistencia debidamente acreditadas perante o equipo de soporte informático, partes diarios e mensuais de asistencia no modelo xerado pola aplicación SIFO asinados polo alumnado participante e polo persoal formador ao inicio e ao final de cada xornada, así como da persoa responsable da entidade beneficiaria. Nos ditos partes deberanse identificar as persoas participantes e expresar as horas realizadas diariamente por cada unha delas, reflectindo expresamente o número de horas de ausencia.

b) Comunicación das incidencias producidas, de ser o caso.

6. No prazo dun mes desde o remate de cada grupo de formación, deberase:

a) Completar calquera información relativa ao remate da acción formativa no aplicativo SIFO.

b) No caso de accións formativas para impartir na modalidade de teleformación ou na modalidade mixta: informe dos controis de teleformación realizados, comunicando os seguintes datos referidos a cada control de aprendizaxe:

• Código que permita identificar a proba e os resultados acadados polas persoas participantes na plataforma de teleformación empregada para a execución da acción formativa.

• Indicativo de se a persoa participante realizou ou non a proba. En caso afirmativo, consignarase a data e hora en que se desenvolveu o control de aprendizaxe, o tempo empregado para o seu desenvolvemento e o resultado obtido, con indicación da cualificación como superado ou non superado.

• Así mesmo, para os efectos de emisión de diplomas, deberán darse de alta en SIFO os resultados individuais obtidos polo alumnado nos diferentes controis e probas de avaliación da acción formativa.

7. A non comunicación da información ou achega da documentación requirida nos prazos establecidos implicará a aplicación, de ser o caso, das minoracións recollidas no artigo 40 desta orde.

8. Toda persoa que fose validada como formadora por unha unidade administrativa dunha Administración pública competente en materia de formación profesional para o emprego para impartir unha determinada especialidade formativa entenderase que cumpre cos requisitos para impartila, na modalidade para a que foi validada, en todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia e durante o período que se determine en cada unha das convocatorias.

As persoas responsables da titorización-formación que impartan formación na modalidade de teleformación deberán acreditar o cumprimento dos requisitos de formación requiridos para cada especialidade e posuír experiencia verificable nesta modalidade, e desempeñarán, como mínimo, as funcións establecidas no artigo 17.2 da Orde TMS/368/2019.

Para acreditar a experiencia na modalidade de teleformación e na utilización das tecnoloxías da información e comunicación, exixiranse, cando menos, 60 horas de impartición nesta modalidade.

9. As persoas docentes encargadas da impartición do módulo de Formación sobre igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e corresponsabilidade familiar e doméstica establecido no artigo 32 da orde deberán acreditar 150 horas de formación en materia de xénero ou de experiencia profesional ou docente en materia de xénero, e seranlles de aplicación os mesmos criterios de equiparación da acreditación que se establecen no punto anterior para as persoas docentes que impartan módulos dos certificados de profesionalidade.

Artigo 21. Obrigas das entidades na execución das accións formativas do programa de formación

As entidades poderán executar as accións formativas do programa formativo no período comprendido entre a data de aceptación da resolución de concesión da subvención e a data límite que para cada convocatoria se determine.

Ademais das obrigas establecidas na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e das establecidas, con carácter xeral, para todos os centros e entidades de formación no artigo 7 do Decreto 106/2011, do 19 de maio, e sen prexuízo das determinadas na Lei 30/2015, do 9 de setembro, no Real decreto 694/2017, do 3 de xullo, e no artigo 9 da Orde TMS/368/2019, do 28 de marzo, as entidades beneficiarias estarán obrigadas a cumprir as seguintes condicións:

1. Realizar a execución do programa de formación tendo en conta que a subvención outorgada terá o carácter de importe máximo e destinarase á realización das accións formativas obxecto do programa.

2. Comunicar á Dirección Xeral de Formación e Colocación a obtención de subvencións ou axudas para esta mesma finalidade procedentes de calquera outra Administración ou ente público.

3. Executar o programa formativo subvencionado sen subcontratar con terceiros a súa execución. Para estes efectos, a contratación pola entidade beneficiaria de persoal docente para a impartición da formación non se considerará subcontratación.

Por contratación de persoal docente enténdese exclusivamente a contratación de persoas físicas.

4. Expor no taboleiro de anuncios do centro e, de ser o caso, na súa páxina web, o programa completo do curso, os dereitos e deberes do alumnado e dos centros e entidades de formación, así como a relación do persoal docente, as datas e modalidade de impartición e o horario do curso.

No anuncio deberá facerse constar necesariamente o carácter público do financiamento da actividade subvencionada, incluíndose nel o emblema da Xunta de Galicia e o dos organismos que a financian.

5. Informar o alumnado do alcance e obxectivos da formación.

Asemade, deberán ser informadas as persoas participantes dos requisitos necesarios para poder participar na actividade formativa e, naqueles casos en que a realización da formación teña lugar mediante a modalidade de teleformación ou mixta, ou a través de aula virtual, dos medios técnicos necesarios e adecuados para poder asistir con aproveitamento á actividade.

Da comunicación ás persoas asistentes da dita información deberá quedar constancia mediante escrito asinado polo alumnado que se incorporará ao expediente electrónico recollido en SIFO.

6. Realizar a actividade formativa que fundamenta a concesión da subvención, de acordo coas condicións e requisitos formais e materiais que se establezan na orde de bases e na correspondente convocatoria, así como coas condicións de aprobación que serviron de base para determinar a avaliación técnica e a subvención concedida.

Non poderá comezar ningunha acción formativa que non conte coa validación previa do persoal técnico da unidade administrativa competente, a través da aplicación informática SIFO.

7. Respectar o carácter gratuíto da formación para o alumnado.

8. Informar as persoas participantes en situación de desemprego das axudas e bolsas que poidan solicitar á Dirección Xeral de Formación e Colocación e facilitarlles apoio para a cobertura telemática da solicitude normalizada a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, remitindo, de ser o caso, á Dirección Xeral de Formación e Colocación nos dez primeiros días de cada mes a correspondente documentación da solicitude xunto coas xustificacións correspondentes.

9. Aboar mensualmente a remuneración do persoal formador a través de transferencia bancaria.

Non exime desta obriga o feito de que o centro ou entidade impartidora non percibise os anticipos previstos nesta orde.

10. Someterse ás actuacións de supervisión, seguimento e control que, en calquera momento, poidan acordar os servizos competentes da Consellería de Emprego e Igualdade, tanto no relativo ao desenvolvemento das accións formativas como á súa xestión e tramitación administrativa.

11. As entidades deberán dispor dun sistema de control biométrico para o seguimento e control do alumnado e do persoal docente compatible co sistema establecido polo Servizo Público de Emprego de Galicia.

En función da modalidade en que teña lugar a realización da acción formativa, presencial ou teleformación, e de se a especialidade formativa está dirixida ou non á obtención dun certificado de profesionalidade, serán de aplicación os seguintes criterios:

a) Na modalidade presencial e na parte presencial da modalidade de teleformación ou mixta, o control de asistencia realizarase mediante control biométrico e controis de asistencia que deberán asinar diariamente ao inicio e ao finalizar a actividade (de ser a acción formativa en horario de mañá ou de tarde), e catro veces ao día, de impartirse a acción formativa en xornada partida: ao inicio e ao fin da xornada de mañá e ao inicio e ao remate da xornada de tarde.

Tanto o conxunto do alumnado como o persoal docente estarán obrigados a efectuar o referido control de presenza, de entrada e saída diaria, mediante o control biométrico e, simultaneamente e con carácter subsidiario, mediante partes de asistencia.

Para os efectos de poder efectuar o devandito control de asistencia, o alumnado participante, tanto o ocupado como o desempregado, e o persoal docente poderán rexistrar a súa pegada dixital na propia entidade formadora con carácter previo á data de inicio ou de incorporación á acción formativa.

A correspondencia entre as impresións dixitais e a persoa que identifican acreditarase mediante declaración responsable, cuxo contido deberá respectar o disposto no artigo 69 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Esta declaración responsable deberase presentar a través da aplicación SIFO. A presentación dunha declaración responsable que falsee as condicións requiridas para a concesión da subvención ou oculte as circunstancias que a impedisen ou limitasen terá os efectos recollidos no artigo 7.2 da presente orde.

b) Nos cursos que se impartirán na modalidade teleformación ou na parte de teleformación da modalidade mixta, e naqueles casos en que a formación presencial se desenvolva mediante aula virtual, o control de asistencia deberá efectuarse a través dos instrumentos previstos na Orde TMS/368/2019, do 28 de marzo, pola que se desenvolve o Real decreto 694/2017, do 3 de xullo, polo que se desenvolve a Lei 30/2015, de 9 de setembro, pola que se regula o Sistema de formación profesional para o emprego no ámbito laboral, en relación coa oferta formativa das administracións competentes e o seu financiamento, e se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións públicas destinadas ao seu financiamento, e na Orde TMS/369/2019, do 28 de marzo, pola que se regula o Rexistro Estatal de Entidades de Formación do sistema de formación profesional para o emprego no ámbito laboral, así como os procesos comúns de acreditación e inscrición das entidades de formación para impartir especialidades formativas incluídas no Catálogo de especialidades formativas no marco do Sistema de formación profesional para o emprego no ámbito laboral.

As entidades deberán dispor da tecnoloxía necesaria para verificar e acreditar a participación ou asistencia do alumnado e do persoal docente, segundo o caso, mediante o uso de control biométrico, DNI electrónico, sinatura dixital ou calquera outro método que garanta a identificación correcta e inequívoca das persoas participantes.

Na modalidade de teleformación será admisible unha declaración responsable, que se presentará a través da aplicación SIFO, en que se determine a correspondencia entre o código de usuario e a persoa alumna e permita o adecuado seguimento e control da participación do alumnado e persoas titoras-formadoras na acción formativa, o número de horas de conexión, a realización de exercicios prácticos e a superación dos controis periódicos.

Na formación presencial desenvolvida mediante aula virtual, esta deberá impartirse obrigatoriamente a través do campus virtual que, para estes efectos, a Consellería de Emprego e Igualdade porá á disposición das entidades de formación.

Os datos de asistencia do alumnado na formación presencial desenvolvida mediante aula virtual deberán ser mecanizados pola entidade beneficiaria na aplicación COBIPE, no prazo improrrogable de 3 días hábiles desde a impartición da sesión a que se refiran.

Asemade, a través do sistema informático SIFO e no momento de solicitar a liquidación, deberán incluír os xustificantes e/ou partes de asistencia para os efectos do oportuno control por parte da unidade administrativa competente.

12. Contratar un seguro de accidentes para o alumnado, para o caso das accións formativas que se impartirán na modalidade presencial, así como para a parte presencial da modalidade de teleformación e/ou mixta, que cubra tanto os riscos que poidan ter durante o desenvolvemento do curso como os do traxecto en concepto de desprazamento ao lugar de impartición das clases teóricas, prácticas, visitas didácticas, titorías e probas presenciais.

A súa duración abranguerá o período do curso, incluíndo expresamente as prácticas en empresas cando estas se realicen, sen que poida admitirse restrición nin exclusión ningunha por razón do medio de transporte utilizado. Non se admitirán pólizas con franquías.

O seguro deberá ter a seguinte cobertura mínima:

a) No caso de morte: 60.000 €.

b) No caso de invalidez permanente: 60.000 €.

c) Asistencia médico farmacéutica: durante un ano a partir do sinistro.

13. Contratar unha póliza de responsabilidade civil para facer fronte aos riscos que poidan derivar para os bens e as persoas cando se realicen prácticas en empresas ou outras actividades relacionadas co curso. Non se admitirán pólizas con franquías.

14. Poñer á disposición do alumnado os materiais didácticos que se precisen para a axeitada realización da formación, así como os equipamentos necesarios tanto para a realización das prácticas como para a súa protección e seguridade, do que deberá quedar constancia documental, que se incorporará ao expediente electrónico de SIFO, asinado por cada un/unha dos/das alumnos/as.

15. Comunicar á Dirección Xeral de Formación e Colocación calquera circunstancia ou eventualidade que poida afectar substancialmente a execución dos cursos programados. Esta comunicación deberá realizarse no prazo de dous días hábiles desde que se teña coñecemento de que se vai producir ou dun día hábil desde que se produza.

16. Solicitar á Dirección Xeral de Formación e Colocación, cun mínimo de cinco días hábiles de antelación, autorización para realizar calquera modificación no desenvolvemento das accións formativas.

17. Comunicar á Dirección Xeral de Formación e Colocación, con quince días hábiles de antelación ao día en que vaian ter lugar, a realización de viaxes ou visitas de carácter didáctico.

Estas actividades só poderán denegarse mediante resolución motivada cando o seu contido non supoña unha achega formativa para o alumnado ou reitere actividades xa realizadas.

18. Facilitar toda a información que lles sexa requirida pola Dirección Xeral de Formación e Colocación, pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, polo Tribunal de Contas ou polo Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas, así como someterse a todas as actuacións de comprobación e control previstas no artigo 11.c) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

19. Dispor de libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable á entidade beneficiaria en cada caso, coa identificación en conta separada ou epígrafe específico da súa contabilidade de todos os ingresos e gastos de execución das accións formativas, coa referencia común en todos eles á formación para o emprego.

20. Dispor de follas de reclamación á disposición de todas as persoas e usuarias, en aplicación do disposto na Lei 2/2012, do 28 de marzo, galega de protección xeral das persoas consumidoras e usuarias.

21. Realizar polo menos dous cuestionarios sobre a valoración da acción formativa por parte do alumnado, que se fará durante o primeiro cuarto do curso e ao remate deste.

Para esta finalidade, a Dirección Xeral de Formación e Colocación poderá implementar un sistema telemático para a realización das enquisas de avaliación e captura de resultados.

22. Subscribir, con carácter previo á percepción do financiamento público, un compromiso verificable de calidade na xestión, transparencia e eficiencia na utilización de recursos públicos. Este compromiso estará referido ao seguimento da impartición e asistencia de todas as persoas que participan na acción, á súa satisfacción co desenvolvemento da acción formativa, aos seus contidos, aos seus resultados, á calidade do profesorado e ás modalidades de impartición.

23. Cumprir as obrigas de información e comunicación establecidas nesta orde.

24. Verificar que no momento do comezo da acción formativa a especialidade segue en alta no Catálogo de especialidades formativas no marco do Sistema de formación profesional para o emprego no ámbito laboral e que o programa de alta non difire do programa autorizado.

Non serán subvencionadas as accións formativas que no momento do seu inicio non estivesen de alta no Catálogo de especialidades formativas.

25. Verificar o cumprimento dos requisitos de acceso a cumprir polo alumnado.

No proceso de liquidación da subvención, non serán obxecto de cómputo na determinación do importe que se vai liquidar aqueles/as alumnos/as que non cumpran os requisitos exixidos para o acceso á acción formativa.

En ningún caso, nin a Dirección Xeral de Formación e Colocación nin a Consellería de Emprego e Igualdade adquirirán ningunha responsabilidade respecto daquelas persoas que puidesen participar na formación sen reunir os requisitos de acceso exixidos para as especialidades formativas, especialmente certificados de profesionalidade, de que se trate, ou se a formación se impartise sen cumprir os requisitos exixibles de conformidade coa normativa aplicable e o Catálogo de especialidades formativas no marco do sistema de formación profesional para o emprego no ámbito laboral.

Neste sentido, non se expedirán diplomas nin certificados de ningún tipo ás persoas alumnas que participen na formación sen reunir os referidos requisitos, nin se asumirá ningún tipo de responsabilidade económica derivada da súa participación, o que inclúe que non terán dereito a percibir ningún tipo de bolsas e axudas e que non estarán cubertos polos seguros financiados con cargo a esta orde.

As entidades beneficiarias deberán comunicar por escrito os termos deste punto, coas especificidades aplicables á correspondente especialidade formativa, a todas as persoas que participen no proceso de selección do alumnado, con constancia asinada que acredite a recepción e comprensión deste comunicado.

26. A entidade beneficiaria deberá colaborar, nos termos establecidos no artigo 15.1.i) desta orde, na xestión das subvencións en concepto de bolsas e axudas do alumnado que participe nas accións formativas correspondentes.

Artigo 22. Especificacións de control de asistencia por razóns de saúde

1. As entidades beneficiarias que impartan accións formativas subvencionadas no marco desta orde de bases poderán aplicar, de ser o caso, por razóns de saúde e para os efectos de cumprir coas disposicións que limiten a capacidade como consecuencia da situación e evolución da COVID-19, o establecido neste artigo en materia de controis de asistencia e de horarios.

2. Na modalidade de impartición presencial, así como na parte presencial da modalidade de teleformación ou mixta, poderase seguir empregando o control biométrico de asistencia para persoal docente e alumnado mediante impresión dixital sempre que se garanta a seguridade e hixiene suficiente a través do uso de xeles ou composicións hidroalcólicas e a limpeza dos dispositivos de control conforme as disposicións sanitarias vixentes, pero tamén se poderá substituír total ou parcialmente, para todos os efectos, a través de tarxeta de fichaxe, DNI electrónico ou sinatura electrónica mediante a captura de sinatura dixitalizada con datos biométricos e por outros métodos que permitan reflectir e ter constancia da hora e dos minutos de entrada e saída.

Se a entidade acredita suficientemente que non pode pór en funcionamento algún dos ditos sistemas de control de asistencia con anterioridade ao comezo ou continuación da acción formativa (por desabastecemento do mercado da tecnoloxía necesaria, acreditado documentalmente mediante a certificación de, cando menos, 3 empresas provedoras; por negativa, acreditada documentalmente, a empregar calquera dos anteriores métodos por parte do 75 % do alumnado; ou por imposibilidade de que a Administración competente verifique os datos biométricos), poderá solicitarlle á Dirección Xeral de Formación e Colocación autorización para que o control de asistencia se limite á sinatura manual do parte de asistencias, con indicación exacta de hora e minutos de entrada e saída.

Cando a Dirección Xeral de Formación e Colocación autorice este método de control, a entidade beneficiaria deberá presentar, a través da aplicación SIFO e no momento da solicitude de liquidación, as declaracións responsables individualizadas, asinadas por cada unha das persoas participantes, en que ratifiquen a súa asistencia a todas e cada unha das sesións e nos horarios reflectidos nos partes de asistencia, que deberán anexarse á dita declaración.

Os datos de calquera dos métodos de control de asistencia a que se refire este número deberán ser mecanizados pola empresa ou entidade beneficiaria na aplicación COBIPE, no prazo improrrogable de 3 días hábiles desde a impartición da sesión a que se refiran. Asemade, a través do sistema informático SIFO, e no momento de solicitar a liquidación, deberán incluír os partes de asistencia e as declaracións responsables escaneadas ou facilitar os medios de acceso ás aplicacións correspondentes, para o correspondente control por parte da unidade administrativa.

O incumprimento dalgunha destas obrigas de mecanización en prazo e inclusión de documentación na aplicación suporá que se perderá o dereito a percibir a liquidación correspondente á sesión non mecanizada.

Artigo 23. Dereitos e deberes do alumnado

1. A formación será gratuíta para todo o alumnado participante nas accións formativas realizadas ao abeiro desta orde.

2. O alumnado desempregado que cumpra os requisitos establecidos pola correspondente normativa reguladora terá dereito a percibir as axudas ou bolsas que estableza a Consellería de Emprego e Igualdade para as persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas de formación profesional para o emprego (procedemento TR301V).

3. Dentro da programación de formación profesional para o emprego financiada con fondos públicos, o alumnado que resulte seleccionado para un curso non poderá asistir en ningún caso a outro simultaneamente.

Tampouco poderá causar baixa nun curso financiado dentro desta programación para acceder a outra acción formativa financiada con fondos públicos, salvo autorización expresa previa da persoa titular da Dirección Xeral de Formación e Colocación e por causas excepcionais debidamente xustificadas.

As entidades beneficiarias informarán a todo o alumnado desta incompatibilidade antes do comezo de cada acción formativa a través dun medio que permita acreditar e deixar constancia de tal comunicación.

4. O alumnado participante terá a obriga de:

• Asistir e de seguir con aproveitamento os cursos.

• Rexistrar a súa asistencia e seguimento da acción formativa mediante o uso daqueles sistemas de control autorizados para as distintas modalidades de impartición e establecidos nos artigos 21 e 22 desta orde e que, para tales efectos, aplique a entidade formadora.

• Facilitar, segundo o disposto nos artigos 20 e 21 desta orde, e nos prazos que nela se establecen, a documentación que lle ten que ser requirida pola entidade de formación.

• Responder ao formulario da enquisa de avaliación da calidade da acción formativa que se lle remitirá por vía telemática ao remate da actividade formativa, ou, de ser o caso, que se lle entregará en soporte de papel para a súa cobertura.

5. Serán causa de exclusión:

a) Incumprimentos de asistencia na modalidade presencial:

I. Incorrer nun número de faltas de asistencia superior ao 25 % das horas lectivas, sexa xustificada ou non.

II. Incorrer en sete incumprimentos horarios nun mes, sen xustificación.

Entenderase por incumprimento horario cando, sen causa xustificada, a suma dos minutos de atraso na hora de entrada, da saída con antelación e das ausencias durante parte das horas lectivas sexa superior a 15 minutos por cada día lectivo.

A xustificación dos incumprimentos horarios deberá facerse mediante documentos ou calquera outro medio que acredite de modo fidedigno o motivo. As persoas alumnas disporán dun prazo de tres días hábiles para presentar os xustificantes na entidade de formación. Unha vez transcorrido este prazo sen que os presentasen, a falta será considerada como sen xustificar.

III. A impartición da formación mediante aula virtual entenderase como formación presencial.

b) Incumprimentos de seguimento na modalidade mixta:

I. Incorrer nun número de faltas de asistencia superior ao 25 % das horas lectivas presenciais, sexan xustificadas ou non, ou non realizar as probas e avaliacións da acción formativa ou incorrer en incumprimento reiterado na súa realización efectuándoas fóra do prazo establecido para o efecto, sempre e cando o dito incumprimento supere o 25 % do número de controis programados.

c) Incumprimentos de seguimento na modalidade de teleformación:

I. Non realizar as probas e avaliacións da acción formativa ou incorrer en incumprimento reiterado na súa realización efectuándoas fóra do prazo establecido para o efecto, sempre e cando o dito incumprimento supere o 25 % do número de controis programados ou, de ser o caso, incorrer nun número de faltas de asistencia, sexan xustificadas ou non, superior ao 25 % das horas lectivas presenciais.

d) Causas disciplinarias:

I. Atentar contra os dereitos das persoas alumnas, do persoal docente ou da entidade formadora.

II. A falta de aproveitamento da acción formativa ou mostrar un comportamento indebido que dificulte o seu normal desenvolvemento.

III. Negarse a efectuar os controis biométricos de asistencia ou os que procedan, segundo a modalidade de impartición.

IV. Non entregar a documentación necesaria para dar cumprimento á normativa aplicable requirida pola entidade formadora ou a unidade administrativa correspondente.

V. Non cumprir nin respectar as medidas de seguridade e saúde establecidas polas autoridades competentes para facer fronte á COVID-19, así como as debidas normas de hixiene e salubridade.

O procedemento que se seguirá para dilucidar se procede a exclusión será o seguinte:

• O proceso iniciarase mediante solicitude debidamente motivada presentada pola entidade formadora.

• No prazo de 5 días hábiles desde a presentación da solicitude, a persoa proposta para exclusión será obxecto de audiencia polo órgano instrutor, a Subdirección Xeral de Formación para o Emprego, logo da cal esta unidade formulará a súa proposta de resolución.

• A resolución corresponderá á persoa titular da Dirección Xeral de Formación e Colocación

• Durante a tramitación do procedemento a persoa alumna que o motiva poderá ser suspendida de asistencia á acción formativa ata a notificación da resolución definitiva, contra a cal, que non pon fin á vía administrativa, poderán interpoñer recurso de alzada as persoas interesadas.

CAPÍTULO V

Execución dos programas de formación

Artigo 24. Accións formativas

1. Para os efectos desta norma enténdese por acción formativa a dirixida á adquisición e mellora das competencias e cualificacións profesionais das persoas traballadoras, que se poderá estruturar en varios módulos formativos con obxectivos, contidos e duración propios.

A acción formativa está constituída polo contido específico das especialidades formativas incluídas no Catálogo de especialidades formativas no marco do sistema de formación profesional para o emprego no ámbito laboral, e polos módulos transversais a que se refire esta orde.

Para estes efectos, poderán ser obxecto de financiamento aquelas especialidades formativas que se determinen no anexo I de cada convocatoria, así como os módulos transversais e complementarios que se impartan asociados a estas.

Unha acción formativa poderá impartirse a un ou varios grupos, segundo o número de veces que se repita tal acción.

2. As accións formativas poderán impartirse en calquera das modalidades de formación e de acordo cos criterios previstos no artigo 25.

3. A execución do programa de formación será realizada pola entidade beneficiaria, non estando permitido subcontratar con terceiros a súa execución. Para estes efectos, a subvención outorgada terá o carácter de importe máximo e destinarase á realización das accións formativas obxecto do programa.

Durante a execución do programa de formación non se poderán incluír accións formativas non aprobadas, nin modificar a súa duración ou modalidade.

4. A participación da persoa traballadora en accións formativas de formación para o emprego a impartir na modalidade presencial ou na parte presencial da modalidade mixta non será superior a 8 horas diarias e 25 semanais, e non está permitida a súa realización en horario nocturno.

Para os efectos desta orde enténdese como horario nocturno o período de tempo comprendido entre as 22.00 e as 6.00 horas.

Con carácter excepcional e logo de solicitude da entidade beneficiaria debidamente xustificada mediante memoria explicativa, a Dirección Xeral de Formación e Colocación poderá autorizar a realización de accións formativas que total ou parcialmente se impartan dentro do horario nocturno establecido no anterior parágrafo.

Esta restrición horaria por día e semana tamén será de aplicación a aqueles contidos da especialidade formativa que se impartan mediante aula virtual.

5. As convocatorias que se realicen ao abeiro das presentes bases reguladoras establecerán o intervalo de datas autorizado para o comezo e remate das accións formativas.

Artigo 25. Modalidades de impartición

1. A formación profesional para o emprego obxecto de financiamento por esta orde poderá efectuarse, de acordo co que para tal efecto estableza e autorice o correspondente programa formativo da especialidade que se vai impartir, nas modalidades presencial, mixta ou de teleformación.

2. Cando a formación se desenvolva total ou parcialmente na modalidade de teleformación, as entidades beneficiarias deberán estar acreditadas ou inscritas para impartir a especialidade na modalidade de teleformación no Rexistro de Centros e Entidades de Formación da Comunidade Autónoma de Galicia ou, de ser o caso, no Rexistro Estatal de Entidades de Formación, regulado na Orde TMS/369/2019, do 1 de abril.

As sesións de formación e avaliación presencial deberán realizarse en centros presenciais localizados na Comunidade Autónoma de Galicia e acreditados ou inscritos pola Administración pública competente para impartir a correspondente especialidade formativa de formación profesional para o emprego no ámbito laboral da Comunidade Autónoma.

De ser o caso, os contidos presenciais das modalidade de teleformación ou mixta de cada acción formativa impartiranse nun único centro presencial que, para os efectos de cumprir os requisitos de capacidade, poderá desagregarse en varios grupos.

A impartición deberá contar cunha metodoloxía apropiada para esta modalidade, complementada con asistencia titorial, e realizarse a través dunha plataforma virtual de aprendizaxe que posibilite a interactividade do alumnado, persoal de titoría e recursos, e que garanta a xestión dos contidos, un proceso de aprendizaxe sistematizado para as persoas participantes, o seu seguimento continuo e a avaliación de todo o proceso.

3. Considerarase modalidade de teleformación cando a parte presencial da especialidade formativa sexa igual ou inferior ao 20 % da súa duración total.

4. Na solicitude deberá especificarse expresamente a modalidade pola que se opta e, de ser mixta ou de teleformación, indicarase o número de horas presenciais e o número de horas de teleformación, así como a porcentaxe que representan cada unha delas sobre o total de horas de acordo co programa formativo ou o real decreto que a regule.

As horas de aprendizaxe presencial calcularanse sobre as horas de formación excluídas, para estes efectos, as de prácticas profesionais en centros de traballo.

5. As entidades beneficiarias poderán facer uso da aula virtual como medio complementario e adicional para desenvolver o proceso formativo utilizando o campus virtual que, para estes efectos, a Consellería de Emprego e Igualdade porá á disposición das entidades de formación, sen que a impartición da totalidade dunha especialidade formativa do Catálogo de especialidades formativas poida realizarse a través de aula virtual.

De acordo co establecido na disposición adicional cuarta da Orde TMS/369/2019, do 28 de marzo, considérase aula virtual a contorna de aprendizaxe onde a persoa titora-formadora e o alumnado interactúan, de forma concorrente e en tempo real, a través dun sistema de comunicación telemático de carácter síncrono.

A impartición da formación mediante aula virtual estruturarase e organizarase de modo que se garanta en todo momento que existe conectividade sincronizada entre as persoas formadoras e o alumnado participante, así como bidireccionalidade nas comunicacións.

Non poderá utilizarse un aula virtual para realizar aquelas sesións que precisen presenza física do alumnado e/ou requiran a utilización de espazos, instalacións ou equipamentos para a adquisición de destrezas prácticas.

Así mesmo, na modalidade presencial ou na parte presencial da modalidade mixta, os exames finais e as probas de aptitude de carácter oficial non poderán realizarse a través de aula virtual.

Para os efectos de garantir o cumprimento do disposto nesta epígrafe poderase, na fase de instrución da solicitude, requirir ás entidades de formación toda aquela información e/ou documentación acreditativa da viabilidade de impartir mediante aula virtual a totalidade ou parte dos contidos solicitados. Caso de que a información e/ou documentación solicitada non se achegue ou se achegue parcialmente, se presente fóra de prazo, ou non acredite a viabilidade de impartir a formación mediante aula virtual, esta deberá efectuarse, logo de notificación á entidade interesada, presencialmente.

6. Se unha vez concedida e aceptada unha solicitude de subvención, a entidade desexa modificar a impartición presencial de determinados contidos da acción formativa para realizalos a través de aula virtual, deberá solicitalo á Subdirección Xeral de Formación para o Emprego cun mínimo de dez días hábiles de antelación en relación coa data proposta para o comezo da impartición da formación por este medio virtual, e necesitará en todo caso a autorización previa do persoal técnico da dita unidade.

A solicitude deberá incluír unha memoria detallada da petición, con indicación expresa dos contidos que se impartirán mediante aula virtual, a súa duración e datas de realización, e o calendario de sesións presenciais e de exames que se van realizar.

Caso de que a acción formativa estea iniciada no momento de realizar a solicitude, ou xa se realizase a selección do alumnado que vai participar nela, deberá presentarse a documentación acreditativa de que todas e cada unha das persoas alumnas da acción formativa foron debidamente informadas das consecuencias de participar mediante aula virtual, incluída, de ser o caso, a perda do dereito para beneficiarse de determinadas bolsas e axudas, e que mostran o seu acordo expreso ao cambio.

7. Poderase autorizar, excepcionalmente e logo de petición da entidade de formación, o seguimento da acción formativa mediante aula virtual para aquel alumnado que non poida asistir á actividade por causas sobrevidas consecuencia da COVID-19.

A autorización deberá ser individual para cada persoa alumna, abranguerá o tempo indispensable necesario para garantir o respecto ás medidas de seguridade e saúde establecidas polas autoridades competentes, e estará suxeita ao cumprimento dos requisitos establecidos nos puntos 5 e 6 deste artigo.

8. En todas as modalidades de impartición deberanse incluír as evidencias necesarias para comprobar que o alumnado recibe a formación impartida. Para estes efectos, deberá programarse un control por cada módulo formativo.

Na formación mixta deberán realizarse os controis exixidos para cada unha das modalidades que a compoñan.

No mesmo control non se poderán avaliar contidos correspondentes a módulos distintos.

En particular, na modalidade de teleformación e na teleformación incluída na formación mixta programarase un control periódico de aprendizaxe cada 15 horas de formación ou fracción, entendendo como fracción cada unidade inferior ou igual a 15 horas.

Artigo 26. Funcións das persoas titoras que impartan formación na modalidade de teleformación

1. Para garantir o seguimento e calidade da formación na modalidade de teleformación, a persoa titora deberá dedicar un mínimo 10 horas semanais por cada 30 persoas alumnas na planificación da acción formativa. Para estes efectos, a plataforma de formación deberá levar rexistro de actividade das titorías realizadas e as consultas formuladas e respondidas, con indicación de accesos e horas de conexión.

Na formación que se impartirá na modalidade de teleformación deberá haber, como mínimo, unha persoa titora por cada 80 participantes.

2. Como mínimo, serán funcións das persoas titoras, as seguintes:

• Orientar e guiar o alumnado na realización das actividades, o uso dos materiais e a utilización das ferramentas da plataforma virtual de aprendizaxe.

• Fomentar a participación do alumnado propoñendo actividades e debates, e organizando tarefas individuais e en equipo.

• Realizar o seguimento e valoración das actividades realizadas polas persoas participantes, resolvendo dúbidas e solucionando problemas e incidencias axustándose á planificación prevista.

• Avaliar o alumnado de acordo cos criterios establecidos, así como participar na organización e desenvolvemento das probas de avaliación.

• Participar en todas aquelas actividades que impliquen coordinación co resto do equipo responsable da organización, xestión e desenvolvemento das accións formativas.

Artigo 27. Persoas destinatarias da formación e definición de persoa alumna

1. As accións formativas obxecto de financiamento dirixiranse prioritariamente ás persoas traballadoras ocupadas.

A consideración de persoa traballadora ocupada virá determinada pola situación laboral en que se atope na data de comezo da formación.

Terán a consideración de persoas traballadoras ocupadas tanto as persoas traballadoras ou socias da empresas da economía social que acheguen actividade económica como as persoas traballadoras autónomas.

Será requisito necesario para a participación dos colectivos de traballadores/as relacionados/as neste punto 1 que o seu centro de traballo, ou o domicilio fiscal no caso das persoas autónomas, se localice na Comunidade Autónoma de Galicia.

2. Para os efectos desta orde, terán a consideración de persoas traballadoras ocupadas as que resulten afectadas por medidas temporais de suspensión de contrato como consecuencia da aplicación dun expediente de regulación temporal de emprego (ERTE), ou dun expediente de regulación de emprego (ERE), motivadas por causas económicas, técnicas, organizativas, de produción ou de forza maior.

Neste senso, será de aplicación o disposto na Orde TES/1109/2020, do 25 de novembro, pola que se modifica a Orde TMS/368/2019, do 28 de marzo, que inclúe unha nova disposición adicional sétima relativa á participación das persoas afectadas por expedientes de regulación temporal de emprego en accións de formación profesional para o emprego en que, de acordo co establecido na disposición adicional terceira do Real decreto lei 30/2020, do 29 de setembro, de medidas sociais en defensa do emprego, así como no artigo 47.4 do texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, as persoas traballadoras afectadas por expedientes de regulación temporal de emprego, suspensións dos contratos de traballo ou as reducións de xornada, por causas económicas, técnicas, organizativas ou de produción ou derivadas de forza maior, poderán participar na oferta formativa para persoas traballadoras ocupadas en calquera programa de formación, con independencia do tipo e ámbito sectorial del.

As persoas traballadoras a que se fai referencia neste punto non terán a consideración de desempregadas para os efectos do límite de participación destas, previsto no artigo 5.1.b), parágrafo segundo, do Real decreto 694/2017, do 3 de xullo, ao manter vixente a súa relación laboral coa empresa, aínda que se atopen en situación de suspensión de contrato de traballo ou de redución de xornada.

Así mesmo, de acordo co disposto no punto 1 da disposición adicional terceira do Real decreto lei 30/2020, do 28 de setembro, as persoas traballadoras que se encontren en situación de suspensión de contrato ou de redución de xornada como consecuencia dun expediente de regulación temporal de emprego dos referidos na dita norma terán a consideración de colectivo prioritario para o acceso ás iniciativas de formación do sistema de formación profesional para o emprego no ámbito laboral.

3. En virtude do disposto no punto 4 do artigo 18 da Orde TMS/368/2019, do 28 de marzo, poderán participar nas referidas accións formativas as persoas traballadoras desempregadas, ata un límite do 30 % do número de participantes de cada programa.

A consideración de persoa desempregada virá determinada pola súa inscrición como demandante no Servizo Público de Emprego de Galicia e a súa situación laboral como non ocupada, na data da súa incorporación á acción formativa.

Non será precisa a inscrición como demandante de emprego cando unha norma específica así o determine e, en particular, no suposto de persoas mozas inscritas no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil.

Se durante o desenvolvemento dun curso algunha persoa alumna desempregada pasa á situación laboral de ocupada, poderá continuar asistindo á acción formativa sempre que para o seguimento das actividades presenciais haxa compatibilidade entre o horario formativo e o laboral, de maneira que lle permita cumprir os requisitos de asistencia e, independentemente da modalidade de impartición, rematar con aproveitamento o curso.

Será requisito necesario para a participación do colectivo de persoas traballadoras relacionado neste punto 3 que o seu enderezo de intermediación se localice na Comunidade Autónoma de Galicia.

Así mesmo, poderán participar nas accións formativas as persoas demandantes de servizos previos ao emprego, nos termos que establezan os instrumentos de coordinación do Sistema nacional de emprego.

As persoas traballadoras desempregadas poderán ser beneficiarias das bolsas e axudas dirixidas ás persoas deste colectivo que participen en accións formativas de formación profesional para o emprego.

4. Terán a condición de persoas alumnas as que cumpran os requisitos de acceso á acción formativa correspondente e fosen seleccionadas a través dun procedemento realizado de conformidade ao establecido na presente orde.

Artigo 28. Convocatorias públicas para a selección de alumnado

Dentro das actividades de difusión e promoción das accións formativas para a selección do alumnado as entidades beneficiarias poderán realizar convocatorias públicas naqueles medios e canles que consideren convenientes.

Nestes anuncios deberá facerse constar necesariamente o carácter público do financiamento da actividade subvencionada, e incluirase neles o emblema da Xunta de Galicia e o dos organismos que financian a formación.

Así mesmo, deberá especificarse claramente a institución ou centro ofertante, as vacantes existentes, a acción formativa de que se trata, as súas datas de inicio e fin, o perfil requirido do alumnado, a modalidade de impartición, o enderezo e teléfono do lugar de realización das probas de selección, así como a data e a hora en que estas terán lugar.

Artigo 29. Selección do alumnado

1. A selección do alumnado participante nas accións formativas será realizada pola entidade beneficiaria entre as persoas traballadoras que soliciten a súa participación en cada acción formativa e que pertenzan aos colectivos a que se refire esta orde.

As solicitudes de participación custodiaranas as entidades beneficiarias das subvencións e estarán á disposición dos órganos de seguimento e control da Administración.

2. As entidades priorizarán nos correspondentes procesos de selección:

• Os colectivos que, para estes efectos, figuran relacionados no artigo 27 desta orde.

• As persoas que exerzan o seu dereito de elección de centro a través da páxina web https://emprego.xunta.gal/portal/index.php/gl/buscador-formacion.html, con preinscrición directa ante a entidade ou centro de formación correspondente, ou por outros medios que determine a Dirección Xeral de Formación e Colocación a través da correspondente instrución ou circular.

3. Cando inicien unha acción formativa persoas que non cumpren os requisitos exixibles, deberá procederse á súa inmediata baixa como alumnas da acción formativa correspondente.

4. As persoas que realizasen unha acción formativa e teñan dereito a diploma non poderán volver realizar a mesma acción formativa. No caso de detectarse esta circunstancia, deberán ser dadas de baixa.

Exceptúanse do anterior aqueles supostos en que exista normativa específica que obrigue á reciclaxe formativa dun determinado colectivo e así o acredite a entidade ou centro de formación.

As persoas candidatas a asistir á formación deberán ser informadas do disposto neste punto no momento de realización do proceso de selección, e deberá quedar constancia documental de que recibiron esta información.

5. A entidade beneficiaria deberá dar a coñecer as accións formativas correspondentes entre as empresas e as persoas traballadoras do ámbito a que dirixe o seu programa formativo, co fin de que poidan exercer o seu dereito á formación, nos termos da Orde TMS/368/2018, do 28 de marzo, e sen prexuízo da participación das organizacións empresariais e sindicais máis representativas no correspondente ámbito de actuación e sector na difusión das accións formativas, de acordo co establecido no artigo 10.2 da Lei 30/2015, do 9 de setembro.

Artigo 30. Selección de persoas traballadoras desempregadas

1. As entidades beneficiarias que se acollan ao seu dereito de selección directa do alumnado desempregado deberán remitir a acta de selección á oficina de emprego competente, para que poida validala no que se refire a este colectivo.

A validación da acta polas oficinas de emprego, no prazo máximo de 5 días naturais desde a recepción do documento, será requisito previo imprescindible para que poida comezar a acción formativa.

2. Cando as entidades beneficiarias non apliquen o procedemento de selección directa do alumnado deberán seguir, ante as oficinas de emprego correspondentes, o procedemento que se estableza para estes supostos na orde vixente que regule o Plan de formación para o emprego das persoas traballadoras desempregadas de Galicia (procedemento TR301K).

Artigo 31. Capacidade das instalacións, incorporacións e suspensións

1. Sen prexuízo do que determinen as autoridades en materia sanitaria e de prevención de riscos laborais, nos casos en que as instalacións cumpran os requisitos que posibiliten esta capacidade as accións formativas presenciais ou mixtas organizaranse en grupos cun mínimo de 8 e cun máximo de 25 participantes.

Na formación que se impartirá na modalidade de teleformación deberá haber, como mínimo, unha persoa titora por cada 80 participantes.

Para a regulación da capacidade nas actividades presenciais serán de aplicación os límites establecidos para a modalidade presencial.

2. En ningún caso o número de alumnas e alumnos participantes nunha acción formativa poderá ser superior ao do alumnado orzado.

3. As entidades beneficiarias poderán incorporar alumnado dentro do primeiro cuarto de duración da acción formativa. Para estes efectos, poderanse incluír como suplentes na relación de persoas participantes ata un 20 % máis dos previstos, que poderán cubrir posibles baixas ao inicio da acción formativa e estarán identificados na comunicación de maneira diferenciada.

Cada nova alta ou baixa de alumnado que se produza na acción formativa deberá ser actualizada no sistema informático SIFO no prazo de tres días hábiles desde que esta teña lugar. Se a dita alta ou baixa corresponde a participantes desempregados deberá, así mesmo, comunicarse á oficina de emprego correspondente no prazo máximo de 3 días hábiles desde que esta se produza.

Artigo 32. Módulo formativo transversal

1. De conformidade co establecido no artigo 26 do Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma en materia de igualdade, impartirase un módulo formativo sobre igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e sobre corresponsabilidade familiar e doméstica, cunha duración de cinco horas nas accións formativas de duración menor ou igual a cincuenta horas (FCOXXX21), e de dez horas naquelas outras cunha duración superior a cincuenta horas (FCOXXX22).

2. A documentación de referencia dos devanditos módulos poderase consultar na epígrafe de módulos transversais da páxina web:

https://empregoeigualdade.xunta.gal/formacion/modulos-transversais

3. O alumnado que estea en posesión dun diploma oficial que acredite formación en materia de igualdade de duración igual ou superior ás horas destes módulos, ou que xa teña cursado o módulo que correspondese á duración da acción formativa en que estea participando non poderá realizalo de novo.

Informarase a todo o alumnado desta circunstancia de xeito que quede constancia, ademais de que, nestes supostos, non terá dereito a percibir bolsas e axudas por este concepto. As entidades e centros de formación tampouco terán dereito a que se lles financie na parte proporcional ao alumnado en que concorran estas circunstancias.

4. Para favorecer o cumprimento da obriga establecida no artigo 26 do Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade, a impartición do módulo formativo sobre igualdade de oportunidades entre homes e mulleres e sobre corresponsabilidade familiar e doméstica poderá impartirse en calquera momento e axustado ás necesidades das distintas accións formativas.

Artigo 33. Seguimento e control das accións formativas

1. Para verificar o cumprimento do disposto nesta orde, as xefaturas territoriais da Consellería de Emprego e Igualdade aplicarán un sistema de seguimento e control, que poderá implicar, entre outras actuacións, visitas presenciais para aqueles cursos que se desenvolvan total ou parcialmente na modalidade presencial.

De ser o caso, as citadas actuacións de seguimento e control poderán se realizadas por outra unidade administrativa ou por unha entidade, pública ou privada, se así se lle encomenda a través do instrumento xurídico correspondente.

2. Nas accións formativas que se impartirán na modalidade de teleformación ou na parte de teleformación da modalidade mixta, o seguimento poderá implicar o acceso á correspondente plataforma informática para verificar a evolución do desenvolvemento da actividade formativa a través do uso de chaves de acceso con perfil de administrador/a, titor/a-formador/a ou alumno/a, que, para tales efectos, deberá facilitar a entidade beneficiaria.

Se así se determina este seguimento poderá complementarse con chamadas telefónicas de mostraxe que realizarán ás persoas participantes na actividade e, de ser o caso, visitas de seguimento ás sesións presenciais.

3. Cando a acción formativa se desenvolva a través de aula virtual, poderán efectuarse conexións durante o tempo de impartición da formación por parte dos órganos de control para os efectos de realizar aquelas actuacións de seguimento que procedan.

4. As entidades impartidoras deberán pór á disposición das xefaturas territoriais ou, de ser o caso, da unidade administrativa ou da entidade pública ou privada que corresponda, xunto co resto da documentación exixida nesta orde e utilizando, para tales efectos, o aplicativo informático SIFO, a folla de control de asistencia debidamente asinada polas persoas técnicas de seguimento que efectúen visitas presenciais para comprobar o normal desenvolvemento da actividade.

No caso de que non coincida a folla de control de asistencia que conste en poder das persoas técnicas coa remitida posteriormente polas entidades, presumirase a veracidade da primeira.

5. As persoas encargadas do seguimento e control verificarán a realización da actividade e realizarán as comprobacións encamiñadas a garantir a correcta realización do proxecto ou acción obxecto da axuda, de maneira que a entidade beneficiaria deberá colaborar con estas actuacións de xeito dilixente e achegando, para tal efecto, canta documentación sexa requirida.

6. Posibilitarase á entidade beneficiaria a posibilidade de asinar o informe ou acta durante a visita de control, para acreditar a súa presenza, así como de engadir as observacións que considere oportunas.

7. Cando nunha acción formativa, ou nun ou máis grupos dunha acción formativa, se detecte a existencia de irregularidades ou deficiencias que non poidan ser emendadas no prazo concedido para o efecto, e que impidan o normal desenvolvemento da actividade ou incidan negativamente na súa calidade docente, poderá procederse á súa cancelación logo de resolución motivada do órgano competente para a súa concesión.

Artigo 34. Diplomas

1. Rematada a acción formativa, dados de alta en SIFO os resultados individuais obtidos polo alumnado nos diferentes controis e probas de avaliación da acción formativa, e logo de solicitude da entidade autorizada, a Dirección Xeral de Formación e Colocación emitirá os correspondentes diplomas de acordo cos criterios establecidos nesta orde.

2. Para ter dereito a diploma o alumnado deberá cumprir os requisitos de acceso exixidos para asistir á acción formativa e rematar con aproveitamento o curso cumprindo as seguintes condicións:

a) Modalidade presencial: asistir e superar o 75 % da especialidade formativa impartida na acción formativa.

b) Modalidade mixta: ademais de cumprirse os criterios anteriores en relación coas horas presenciais, deberá realizar en prazo e superar con aproveitamento, de acordo cos criterios de avaliación establecidos e cuantificados para cada actividade, a totalidade dos controis programados para a parte específica das horas impartidas por teleformación así como, de ser o caso, o exame final de avaliación presencial.

No caso de que o número de sesións presenciais sexa menor de catro, a porcentaxe de asistencia obrigada reducirase ao 66 % se hai tres sesións, ou ao 50 % se hai dúas. En todo caso, nunha acción formativa mixta o alumnado deberá asistir, polo menos, a unha sesión presencial.

c) Modalidade de teleformación: realizar en prazo e superar con aproveitamento, de acordo cos criterios de avaliación establecidos e cuantificados para cada actividade, a totalidade dos controis programados para a parte específica das horas impartidas por teleformación así como, de ser o caso, o exame final de avaliación presencial.

Para os efectos do dereito a diploma, as porcentaxes do aproveitamento non precisarán computar, para o seu cálculo, as horas dos módulos transversais e/ou complementarios.

3. A Dirección Xeral de Formación e Colocación determinará o modelo do diploma que se entregará no cal, en todo caso, deberá constar:

a) Nome, apelidos e DNI da alumna ou alumno.

b) A denominación da acción formativa.

c) As horas de impartición con especificación das horas presenciais e/ou de teleformación.

d) O lugar e as datas de realización.

e) O programa da acción formativa.

f) Os logotipos da Consellería da Xunta de Galicia e dos organismos que financien as accións formativas.

g) Os módulos de formación transversal impartidos, con indicación da súa duración en horas, no caso de terse realizado.

4. O alumnado que non teña dereito a diploma recibirá, se a solicita, unha certificación polas horas e módulos que superase.

5. Tanto a emisión dos diplomas como, de ser o caso, a expedición de certificados polas horas e módulos realizados efectuarase en soporte electrónico.

Artigo 35. Avaliación da calidade das accións formativas

1. En cumprimento do establecido na Lei 30/2015, do 9 de setembro, o Real decreto 694/2017, do 3 de xullo, a Orde TMS/368/2019, do 28 de marzo, as entidades beneficiarias responsables da execución dos programas de formación realizarán e presentarán coa xustificación da subvención, e a través do aplicativo SIFO, un informe final de avaliación da formación que executen.

2. Así mesmo, deberán facer un seguimento continuo que permita a identificación de áreas de mellora e a elaboración de plans de mellora, detectando debilidades que poidan ser emendadas dentro do período de realización do curso. As actuacións levadas a cabo para tal fin quedarán reflectidas na memoria final.

En todas estas intervencións deberá quedar constancia, de ser o caso, da mostra representativa sobre a que se realizaron as actuacións.

3. As entidades de formación deberán realizar o seguimento da participación do alumnado, da súa aprendizaxe e avaliación. Da dita actividade darán conta na memoria final de avaliación que incluirá, obrigatoriamente, información dos seguintes criterios e indicadores básicos:

• Número total de cuestionarios de avaliación de satisfacción de calidade cubertos polo alumnado en cada programa de formación e porcentaxe respecto ao número total de persoas participantes.

• Número total de cuestionarios de avaliación de satisfacción de calidade cubertos polo alumnado en cada acción formativa, e porcentaxe respecto do total de persoas participantes finalizadas en cada acción.

• Resultados da avaliación da aprendizaxe do alumnado de cada programa de formación, desagregados por acción formativa: número e porcentaxe de aptos e non aptos sobre o total de persoas participantes formadas.

• Resultados doutras actuacións de avaliación desenvolvidas no programa de formación.

4. De conformidade co establecido nos artigos 24 e 25 da Orde TMS/368/2019, do 28 de marzo, a Consellería de Emprego e Igualdade velará pola calidade da formación profesional para o emprego e as entidades e centros de formación colaborarán na avaliación da formación que executen, seguindo as instrucións que, para tal fin, poderá ditar a Dirección Xeral de Formación e Colocación, nas cales concretará os criterios e posibles indicadores da avaliación e o tamaño da mostra representativa para avaliar os grupos de formación.

Artigo 36. Módulos de formación práctica. Disposicións comúns

1. As prácticas incluídas no programa formativo poderán desenvolverse en empresas, consonte o artigo 19 da Orde TMS/368/2019, do 28 de marzo, logo de subscrición dun acordo entre a empresa e a entidade de formación que deberá ser posto en coñecemento da persoa que realiza as prácticas, e de acordo cos requisitos do programa e respectando a súa duración.

Poderanse realizar en calquera especialidade e a súa externalización terá carácter voluntario para as entidades impartidoras e obrigatorio para o alumnado no caso de que a entidade opte pola súa realización.

2. Con dez días hábiles de antelación á data prevista para a realización das prácticas, o centro impartidor presentará a correspondente comunicación á Dirección Xeral de Formación e Colocación, a través do aplicativo SIFO, e deberá xuntar a seguinte documentación:

a) Convenio ou acordo subscrito coa empresa ou empresas en que realizará o módulo de prácticas profesionais non laborais en empresas.

b) Sistema de titorías para o seu seguimento e avaliación.

c) Datas, lugar de realización, horario e duración.

d) Documento que acredite a vixencia do seguro de accidentes do alumnado que cubra os riscos da acción formativa. Deberá incluír os riscos do traxecto ao lugar de realización das prácticas e contraerase estritamente durante o período de duración das prácticas.

e) Documento que acredite a contratación por parte da entidade impartidora dunha póliza de responsabilidade civil para facer fronte aos riscos que para os bens e as persoas poidan derivar da realización das prácticas en empresas. Non se admitirán pólizas con franquías.

f) Declaración responsable da persoa representante legal en que se indique:

• Que se dispón de comunicación previa ou licenza municipal de apertura da actividade de que se trate ou, na súa falta, que faga constar a idoneidade dos locais de impartición onde se van desenvolver as prácticas no caso de empresas, ou calquera outro documento acreditativo da idoneidade dos locais para a realización das prácticas.

• Que a empresa en que se realizarán as prácticas cumpre coa normativa de prevención de riscos laborais.

3. A entidade beneficiaria deberá introducir no SIFO os datos relativos ao alumnado que desenvolva o módulo de prácticas.

4. As empresas onde teñan lugar as prácticas deberán reunir os requisitos establecidos no programa da especialidade da cal se van realizar as prácticas.

5. O módulo de formación práctica non implica relación laboral coa empresa nin supón compensación económica ás persoas participantes pola súa formación práctica, salvo no previsto sobre bolsas e axudas para persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas de formación profesional para o emprego.

6. No caso de persoas traballadoras ocupadas, cando o módulo de formación práctica en centros de traballo poida realizarse na mesma empresa da persoa traballadora e non teña relación co posto de traballo que desempeña, non formará parte do horario laboral, salvo que se estableza no ámbito da negociación colectiva.

7. A duración das prácticas non pode exceder en ningún caso a duración da parte práctica que se fixa no programa formativo e non poderán rematar con posterioridade á finalización da actividade formativa.

8. Antes do comezo das prácticas a entidade beneficiaria da subvención porá en coñecemento da Inspección de traballo unha relación do alumnado que vai realizar as prácticas, e o/os nome/s da/das empresa/as en que realizarán as prácticas, localidades, datas e horario de realización.

9. As empresas en que se realicen as prácticas comunicarán aos representantes legais das persoas traballadoras na empresa unha relación do alumnado que vai realizar as prácticas, as datas e o horario de realización.

10. Unha vez comunicadas as prácticas, os centros e entidades deberán comunicar ao órgano competente calquera incidencia que se produza no seu desenvolvemento.

CAPÍTULO VI

Pagamento, xustificación e reintegros

Artigo 37. Pagamento da subvención

1. Ditada e notificada a resolución de concesión, e unha vez comprobado que a entidade beneficiaria se atopa ao día das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e que non é debedora por resolución de procedencia de reintegro, as entidades, unha vez conste a aceptación tácita ou expresa da subvención, poderán solicitar o pagamento dun anticipo con carácter previo ao inicio da actividade por importe do 25 % da subvención concedida.

2. A solicitude da entidade beneficiaria e unha vez acreditado o inicio da actividade formativa procederase ao pagamento dun segundo anticipo do 35 % da subvención concedida.

Entenderase iniciada unha actividade formativa unha vez que se produza, tras a correspondente validación previa do persoal técnico a que se refire o artigo 21.6 desta orde, a comunicación á Dirección Xeral de Formación e Colocación do inicio da execución do primeiro grupo formativo das accións formativas aprobadas.

3. No caso de non existir a solicitude de anticipo do 25 % previa ao comezo da actividade, unha vez acreditado o inicio do primeiro grupo formativo poderase solicitar, de maneira conxunta, un anticipo de ata o máximo do 60 % do importe concedido para a acción formativa.

4. Os anticipos deberán solicitarse a través do aplicativo informático SIFO.

5. Nos termos do artigo 12.2 da Orde TMS/368/2019, do 28 de marzo, pola que se desenvolve o Real decreto 694/2017, do 3 de xullo, polo que se desenvolve a Lei 30/2015, do 9 de setembro, a contía do importe dos referidos anticipos calcularase sobre a base do importe concedido para o total do programa formativo, entendido este como o conxunto das accións formativas obxecto da subvención.

6. Nos termos do artigo 63 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, os anticipos non poderán superar a anualidade prevista en cada exercicio orzamentario e, polo tanto, o pagamento poderá ser dividido en dúas anualidades para respectar este límite, para o cal se adoptarán as correspondentes medidas de xestión orzamentaria que permitan a percepción do importe total do anticipo ou suma de anticipos a que se teña dereito.

7. Os pagamentos dos anticipos faranse efectivos, en atención ao disposto no artigo 12.2 da Orde TMS/368/2019, do 28 de marzo, no prazo máximo de tres meses contados, segundo o caso, desde a data da aceptación da subvención ou desde a presentación pola entidade beneficiaria da documentación requirida para formular a solicitude de anticipo.

8. Conforme o previsto no artigo 65.4 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as institucións sen ánimo de lucro están exoneradas de constituír garantía para a realización dos anticipos.

Así mesmo, en aplicación do artigo 67.4 do antedito Decreto 11/2009, as entidades con ánimo de lucro quedan eximidas da obriga de constituír garantías para a realización dos anticipos.

9. Os gastos realizados con cargo aos anticipos deberán referirse á anualidade orzamentaria para a que foron concedidos e deberán xustificarse dentro do prazo que se sinale na correspondente convocatoria que, en calquera caso, non poderán sinalar, para tal efecto, unha data posterior ao 31 de marzo do ano natural seguinte á anualidade orzamentaria con cargo á cal fosen outorgados.

10. O resto do importe concedido farase efectivo, unha vez finalizado o programa formativo subvencionado e xustificados os gastos efectuados por anualidade orzamentaria.

Para o cálculo do importe aboable terase en consideración a xustificación presentada.

O prazo para realizar o pagamento a que se refire este punto será de seis meses, computable desde a data de presentación da correspondente solicitude, acompañada da documentación acreditativa requirida.

Artigo 38. Xustificación da subvención

1. As entidades beneficiarias quedarán obrigadas a xustificar a realización da actividade formativa subvencionada, o destino dos fondos recibidos e o cumprimento das condicións establecidas na resolución de concesión da subvención.

2. A xustificación dos gastos subvencionables deberá realizarse dentro do prazo dun mes desde o remate da última acción formativa do programa de formación.

A dita xustificación deberá realizarse a través da aplicación informática SIFO.

3. O órgano competente para a tramitación da documentación xustificativa das subvencións e a súa comprobación técnico-económica será o Servizo de Xestión Administrativa da Formación para o Emprego.

4. Para os efectos desta comprobación, a entidade de formación deberá presentar a seguinte documentación:

I. Memoria de actuación xustificativa do cumprimento das condicións impostas na concesión da subvención, asinada pola persoa responsable da entidade beneficiaria, con indicación das actividades realizadas, o programa completo da formación impartida con detalle da planificación temporal e do profesorado que o impartiu, os resultados obtidos e as competencias adquiridas polo alumnado ao remate da formación.

A memoria incluirá a certificación de finalización do programa de formación, a certificación de execución de cada acción formativa e, de ser o caso, dos diferentes grupos en que se imparte, con indicación dos distintos colectivos participantes axustados aos topes porcentuais e demais criterios establecidos nesta orde.

Así mesmo, deberá incluír a relación das actuacións de avaliación e seguimento do alumnado desenvolvidas, con indicación das probas e controis realizados, e a acta asinada das avaliacións efectuadas cos resultados obtidos.

Ademais da achega documental da acta, os resultados das probas e controis de aprendizaxe deberán estar mecanizados no aplicativo SIFO.

Igualmente, formará parte desta memoria a documentación que a seguir se relaciona:

• Cuestionarios realizados polo alumnado durante a realización da actividade formativa.

• Informe de avaliación e control da calidade da acción formativa e documentación relativa ás actuacións de avaliación e control da calidade da formación levadas a cabo no que se refire o artigo 35 da presente orde.

II. Memoria económica xustificativa do custo das actividades formativas, asinada pola persoa responsable da entidade beneficiaria, que incluirá, como mínimo, os seguintes puntos:

a) Cadro resumo por cada persoa alumna que inclúa o número de horas lectivas efectivamente realizadas, o número de horas relativas ás faltas de asistencia debidamente xustificadas e o número de horas relativas ás faltas de asistencia sen xustificar e dentro dos límites establecidos no artigo 23, co cálculo do importe que corresponda en aplicación dos módulos económicos establecidos e os criterios previstos nesta orde.

Na información deberá identificarse o alumnado segundo a categoría de participante, formado e aprobado, definida de acordo co seguinte criterio:

• Alumnado participante. Persoas alumnas que inician a acción formativa. Incluiranse nesta epígrafe aquelas persoas que se incorporen á acción formativa con posterioridade ao seu inicio e de conformidade co disposto no artigo 31 desta orde.

• Alumnado formado. Persoas participantes que cumpriron cos requisitos de asistencia.

• Alumnado aprobado. Persoas participantes que superan a acción formativa coa consideración de aptas.

Documentación explicativa dos abandonos producidos. No caso de abandono por colocación, deberá achegarse a documentación xustificativa da colocación.

No caso de que fose concedida unha subvención complementaria para custos derivados da adaptación da acción formativa para a participación de persoas con discapacidade, deberá engadirse o cálculo correspondente ao financiamento adicional recoñecido.

b) No caso de opoñerse á consulta por parte da Consellería de Emprego e Igualdade ou no suposto de non prestar o consentimento a que se refire o artigo 9 desta orde, deberán presentar certificado de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social, e que non teñen pendente de pagamento ningunha débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, e de que están ao día no pagamento de obrigas por reintegro de acordo co disposto no artigo 9 do Decreto 11/2009, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.

A obriga de achegar un certificado de cumprimento das obrigas sinaladas no parágrafo anterior poderá substituírse, para os casos que se recollen no artigo 11 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, por unha declaración responsable da entidade de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

c) Declaración complementaria do conxunto de todas as axudas solicitadas (aprobadas, concedidas ou pendentes de resolución) para a mesma acción formativa ás distintas administracións públicas competentes ou a calquera dos seus organismos, entes ou sociedades, así como doutros ingresos que financiasen a actividade subvencionada, con indicación do seu importe e procedencia.

d) Na modalidade presencial ou na parte presencial da modalidade de teleformación ou mixta, caso de terse producido incidencias no sistema de control biométrico de asistencia debidamente acreditadas perante o equipo de soporte, partes diarios de asistencia no modelo xerado pola aplicación SIFO asinados polo alumnado participante e o persoal formador ao inicio e ao final de cada xornada, así como da persoa responsable da entidade beneficiaria. Nos ditos partes deberanse identificar de maneira veraz as persoas participantes e expresar as horas realizadas diariamente por cada unha delas, reflectindo expresamente o número de horas e minutos de ausencia.

e) Nos cursos que se impartan na modalidade de teleformación ou na parte de teleformación da modalidade mixta, e naqueles casos en que a formación se desenvolva mediante aula virtual, documentación acreditativa da participación do alumnado e do persoal docente de acordo co disposto no artigo 21 da presente orde.

f) Relación nominal do cadro de persoal vinculado á docencia que participou na acción formativa: persoas formadoras, persoas titoras-formadoras internas e externas, así como o persoal que, non tendo o carácter de persoa formadora ou titora-formadora da acción formativa, realizou tarefas relacionadas directamente co seguimento do proceso de aprendizaxe, asesoramento e orientación ao alumnado.

g) Inventario do material entregado ao alumnado que inclúa a sinatura de recepción individualizada.

5. Se, como resultado da comprobación técnico-económica da documentación, a unidade administrativa competente comproba que o importe liquidable da acción formativa foi inferior á subvención concedida, aboarase unicamente o importe efectivamente xustificado.

6. Transcorrido o prazo establecido para a xustificación sen que esta se presentase ante a Dirección Xeral de Formación e Colocación, requirirase a entidade beneficiaria para que a presente no prazo improrrogable de dez días hábiles. A falla de presentación da xustificación, transcorrido este novo prazo, dará lugar ao inicio do procedemento de reintegro.

A devandita dirección xeral, logo de solicitude da entidade beneficiaria, poderá autorizar unha ampliación do prazo establecido para a presentación da xustificación, que non poderá exceder a metade deste e sempre que non se prexudiquen dereitos de terceiros.

7. No caso de concesión de anticipos, os gastos realizados con cargo a eles deberán referirse á anualidade orzamentaria para a que foron concedidos.

8. Unha vez examinada e comprobada a documentación presentada, ditarase a resolución de liquidación final que será notificada ás entidades beneficiarias.

No caso de que a liquidación practicada sexa inferior á cantidade anticipada, tramitarase o correspondente expediente de reintegro, de conformidade co disposto no artigo 40 desta orde.

9. As entidades beneficiarias estarán obrigadas a conservar, durante un prazo de 4 anos contados desde a liquidación final da subvención, os xustificantes da realización da actividade que fundamenta a súa concesión e a aplicación dos fondos recibidos.

10. A aplicación da xustificación a través dos módulos económicos non exime as entidades beneficiarias do deber de cumprir a lexislación vixente en materia financeira, fiscal, contable e laboral, especialmente no referente á contabilidade dos gastos, aboamento de salarios ao persoal, ingresos das cotizacións á Seguridade Social, facturación e subcontratación.

Artigo 39. Liquidación da subvención

1. A liquidación das axudas realizarase en función das persoas participantes que realizasen as accións formativas e, atendendo á modalidade de impartición, das horas lectivas ou dos controis periódicos realizados, e segundo os módulos económicos establecidos.

En ningún caso a liquidación resultante poderá superar a contía da subvención inicialmente concedida.

Para determinar o número de horas computables, unicamente se terán en conta as efectivamente realizadas polo alumnado e que consten debidamente acreditadas a través dos diferentes medios de control de asistencia admitidos establecidos nesta orde. No caso de existir discrepancia entre as acreditacións achegadas, utilizarase para a determinación do custo o número de horas que resulte inferior.

Na modalidade presencial ou na parte presencial das modalidades de teleformación ou mixta, á suma das horas computables indicadas no parágrafo anterior sumaranse as faltas de asistencia xustificadas ata un máximo do 25 % do total de horas da acción formativa.

Para estes efectos, consideraranse xustificadas as seguintes causas:

• Enfermidade ou accidente acreditados.

• Consulta médica propia ou de familiares ata o primeiro grao ou persoas ao seu cargo.

• Nacemento de fillo ou filla.

• Falecemento, accidente ou enfermidade grave dun familiar ata o segundo grao. Ata 2 días hábiles na mesma localidade e 3 días hábiles en distinta localidade.

• Asistencia a exames finais e outras probas de aptitude, de carácter oficial.

• Citación administrativa ou xudicial.

• Permiso por violencia de xénero.

• As actividades vinculadas coa conciliación familiar por coidado de filllos/as e/ou persoas acollidas menores de 12 anos ou de familiares dependentes ata o segundo grao ao cargo da persoa alumna, sempre que resulte acreditada debidamente tanto a causa como o vínculo familiar nos termos da normativa aplicable.

• Entrevista de traballo, polo tempo indispensable para a súa realización.

A xustificación das ausencias deberá facerse mediante documentos ou calquera outro medio que acredite, de modo fidedigno, o motivo.

Para os efectos de cómputo do referido 25 % do total de horas da acción formativa teranse en conta para o cálculo da subvención as faltas de asistencia sen xustificar que se produzan dentro dos límites establecidos no artigo 23.5.

2. Nas accións presenciais, para os efectos de determinar a subvención unha vez executada a formación, considerarase que unha persoa rematou a formación cando asistise, ao menos, ao 75 % da impartición da acción formativa.

Nas accións formativas impartidas mediante a modalidade de teleformación considerarase que remataron a acción formativa aquelas persoas que realizasen, cando menos, o 75 % dos controis periódicos de seguimento da súa aprendizaxe que se establezan na guía didáctica ou no proxecto formativo e con independencia das horas de conexión e que, de ser o caso, asistisen a todas as sesións presenciais obrigatorias.

Para acadar as ditas porcentaxes non se terán en conta as horas relativas aos módulos transversais, ben serán computables para o cálculo do custo subvencionable.

No suposto de persoas traballadoras desempregadas, considerarase que remataron a acción formativa quen tivese que abandonala por ter atopado emprego. Así mesmo, terán esta consideración aquelas persoas participantes que causasen baixa por enfermidade ou accidente acreditado, sempre que en calquera dos supostos relacionados realizasen un mínimo do 10 % da actividade formativa.

3. Para os efectos da determinación do módulo económico que se aplicará, a impartición da formación que se realice mediante aula virtual terá a consideración de presencial.

4. No caso de accións formativas que teñan un mínimo dunha persoa alumna con certificación de discapacidade e logo de solicitude expresa da entidade beneficiaria, poderase incrementar o importe da subvención inicialmente aprobado, sempre que se xustifique axeitadamente e que se destine exclusivamente á contratación do apoio necesario para a axeitada participación na acción formativa das persoas con discapacidade.

A memoria explicativa das necesidades que hai que cubrir deberá presentarse unha vez realizada a selección do alumnado e no prazo máximo de 15 días naturais desde a incorporación á acción formativa da persoa con discapacidade.

Para o financiamento destes custos adicionais ditarase unha resolución complementaria co importe total dos gastos autorizados polos conceptos de persoal de apoio e adaptación curricular ou do material didáctico. O importe adicional calcularase en función do custo unitario por cada hora lectiva da acción formativa en que deba participar a persoa ou persoas con discapacidade, independentemente do número de persoas alumnas con discapacidade.

Para os custos adicionais de adaptación da acción formativa á participación do alumnado con discapacidade, cada convocatoria establecerá un custo unitario por hora lectiva.

5. De se producir abandonos que dean lugar a baixas non computables nin xustificadas, con posterioridade á impartición do 25 % das horas de formación, poderase admitir unha desviación do 15 % con respecto ao número de participantes que comezasen as accións formativas, excluídos/as aqueles/as que incumprisen os requisitos e condicións da convocatoria, nos termos sinalados polo artigo 10.3 da Orde TMS/368/2019, do 28 de marzo.

6. Para os efectos do cálculo da liquidación non se terán en conta aquelas persoas participantes que tivesen que abandonar a formación por incumprimento das condicións da convocatoria ou por non cumprir os requisitos exixidos para poder participar na acción formativa.

7. O cálculo da liquidación realizarase multiplicando o módulo económico da especialidade aplicable segundo a modalidade de impartición, presencial ou teleformación, polo número de persoas alumnas que remataron a formación e polas horas de formación computables de cada persoa alumna.

Na modalidade mixta a liquidación realizarase nos termos establecidos no parágrafo anterior aplicando o módulo económico correspondente á modalidade presencial e de teleformación na parte correspondente a cada unha delas.

8. Consonte o previsto no artigo 17 da Lei de subvencións de Galicia, o importe das subvencións en ningún caso poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións, axudas, ingresos ou recursos, supere o custo da actividade subvencionada.

Segundo o previsto no artigo 29 da devandita lei e no artigo 42 do seu regulamento, na xestión da subvención deberase ter en conta que se consideran gastos subvencionables os realizados no prazo establecido polas convocatorias e considerarase gasto realizado o que foi efectivamente pagado con anterioridade á finalización do período de xustificación.

As subvencións previstas nesta orde son incompatibles coa percepción doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma acción formativa procedentes de calquera persoa, Administración ou entes públicos ou privados, estatais, da Unión Europea ou de organismos internacionais.

9. No momento da liquidación garantirase a percepción dun mínimo do 70 % do importe inicialmente concedido por cada acción formativa executada, se esta remata cun número de persoas alumnas equivalente, cando menos, ao 50 % do número de prazas inicialmente programadas.

Artigo 40. Incumprimento de obrigas e reintegro

1. O incumprimento das obrigas establecidas na presente orde e demais normas aplicables, así como das condicións que se establecesen na correspondente resolución de concesión dará lugar á perda total ou parcial do dereito ao cobramento da subvención ou, logo do oportuno procedemento de reintegro, á obriga de devolver total ou parcialmente a subvención percibida e os xuros de demora correspondentes.

2. De conformidade co artigo 14.1.n) da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, e co artigo 15 da Orde TMS/368/2019, o importe da perda do dereito ao cobramento da subvención ou do reintegro determinarase de acordo cos seguintes criterios de gradación dos posibles incumprimentos das condicións impostas con motivo da concesión das subvencións:

I. Supostos de incumprimento total:

a) Polo incumprimento das condicións exixidas á entidade beneficiaria para a concesión da subvención: perda ou reintegro do 100 % sobre o gasto subvencionado.

b) Polo feito de non realizar a actividade obxecto de subvención ou incumprir os fins que a fundamentan: perda ou reintegro do 100 % sobre o gasto subvencionado.

c) Polo incumprimento das obrigas de presentación de documentación exixida para a xustificación da acción formativa: no caso de que non se presente ningunha documentación, procederase á perda ou ao reintegro do 100 % da subvención.

d) Polo incumprimento da obriga de comunicar a obtención doutras axudas ou subvencións para a mesma finalidade: reintegro total da axuda percibida, máis os xuros de demora, sen prexuízo da incoación de expediente sancionador e demais responsabilidades en que poida incorrer a beneficiaria.

e) Igualmente, considerarase que concorre o incumprimento total se a realización da actividade subvencionada non acada o 25 % dos seus obxectivos, medidos co indicador do número de horas de formación multiplicado polo número de alumnas/os finalizadas/os.

Para estes efectos, incluiranse tamén as horas de ausencia que resulten computables por falta xustificada ou por colocación.

II. Supostos de incumprimento parcial:

a) Procederá o reintegro do 2 % da axuda percibida no caso de incumprimento da obriga de comunicar ao órgano que concede a subvención a solicitude doutras axudas ou subvencións. para a mesma finalidade.

b) O incumprimento das obrigas en materia de publicidade, información e comunicación establecidas nesta orde e pola normativa aplicable dará lugar á perda ou reintegro do 2 % sobre o total do gasto subvencionado.

c) No caso de impartir formación a alumnos ou alumnas que non cumpren os requisitos necesarios para o acceso á formación, minorarase a subvención na parte correspondente ao dito alumnado.

d) De ser o caso, o incumprimento do compromiso adquirido de participación nas accións formativas do programa de formación, de persoas con discapacidade física, psíquica ou sensorial recoñecida por organismo competente, dará lugar á perda ou reintegro do 2 % sobre o total do gasto subvencionado para a acción formativa en que non se respecte o dito compromiso e por cada persoa participante que non cumpra co requisito de discapacidade.

e) No suposto de demoras ou falta de presentación en prazo da documentación exixida no artigo 20, aplicarase unha minoración gradual en virtude do grao de incumprimento que non poderá superar o 5 %.

f) No suposto de incumprimento das obrigas establecidas no artigo 21 aplicarase, naqueles supostos non regulados expresamente nos anteriores puntos do artigo 40, unha minoración gradual en virtude do grao de incumprimento que non poderá superar o 10 %,

Artigo 41. Infraccións e sancións

1. Conforme o previsto no artigo 19 da Lei 30/2015, do 9 de setembro, polo que se regula o Sistema de formación profesional para o emprego no ámbito laboral, o réxime de infraccións e sancións aplicables no ámbito da formación profesional para o emprego será o regulado polo texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

No non previsto no réxime de infraccións e sancións establecido no parágrafo anterior, observarase o contido da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. As infraccións poderán ser cualificadas como leves, graves ou moi graves e levarán aparelladas as sancións que en cada caso corresponda de acordo coa normativa vixente.

3. As sancións impostas polas infraccións graves e moi graves en materia de formación profesional para o emprego que dean lugar a que a subvención sexa declarada indebida polo órgano concedente, unha vez firmes, incluíranse na Base de datos nacional de subvencións (BDNS).

4. A obriga de reintegro establecida no artigo 40 desta orde entenderase sen prexuízo do previsto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, se concorresen as accións e omisións tipificadas na antedita lei.

Artigo 42. Devolución voluntaria das subvencións

1. A acreditación de ter ingresado o importe correspondente á diferenza entre a cantidade xustificada e a recibida en concepto de anticipo, de ser o caso, terá a consideración de devolución voluntaria, de acordo co establecido no artigo 90 do Regulamento da Lei xeral de subvencións.

2. De acordo co establecido no artigo 64 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, as persoas ou entidades beneficiarias poderán realizar, sen o requirimento previo da Administración, a devolución total ou parcial da subvención concedida, mediante o seu ingreso na conta IBAN ES82 2080 0300 8731 1006 3172 en concepto de devolución voluntaria da subvención.

O importe da devolución incluirá os xuros de demora, de acordo co previsto no artigo 34 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, até o momento en que se produciu a devolución efectiva por parte da beneficiaria.

O ingreso realizarase segundo o disposto na normativa reguladora do procedemento de recadación.

3. En todo caso, a persoa ou entidade beneficiaria deberá presentar ante o órgano concedente copia xustificativa da devolución voluntaria realizada, en que conste a data do ingreso, o seu importe e o número do expediente e denominación da subvención concedida.

CAPÍTULO VII

Primeira convocatoria

Artigo 43. Financiamento

1. Destínase a esta primeira convocatoria un crédito por importe total de 4.000.000,00 €, distribuído en dúas anualidades, que se imputarán con cargo ás aplicacións 11.05.323B.471.0 e 11.05.323B.481.0, ou aquelas que as substitúan de conformidade coa normativa orzamentaria aplicable, con código de proxecto 2013 00493.

Aplicación orzamentaria

Anualidade 2021

Anualidade 2022

Importe total

11.05.323B.471.0

1.500.000,00 €

1.500.000,00 €

3.000.000,00 €

11.05.323B.481.0

500.000,00 €

500.000,00 €

1.000.000,00 €

Total

2.000.000,00 €

2.000.000,00 €

4.000.000,00 €

2. Os créditos orzamentarios a que se refire este artigo poderán ser obxecto de modificacións como consecuencia da asignación ou da redistribución de fondos para o financiamento dos programas de formación para o emprego.

Poderá ampliarse a contía máxima dos créditos dispoñibles para esta convocatoria. O incremento de crédito estará condicionado á declaración de dispoñibilidade do crédito como consecuencia dunha xeración, ampliación, incorporación de crédito ou da existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo.

Calquera modificación ou ampliación dos créditos dispoñibles estará condicionada ao cumprimento dos supostos e ás condicións previstas nos artigos 30 e 31 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de subvencións de Galicia.

3. O módulo económico aplicable a esta convocatoria de subvencións é o que figura, para cada especialidade formativa e modalidade de impartición, no anexo I.

4. Para os custos adicionais de adaptación da acción formativa á participación do alumnado con discapacidade establécese un custo unitario de 16 € por hora lectiva.

Artigo 44. Solicitudes e prazos de presentación da primeira convocatoria

1. A presentación das solicitudes deberá axustarse ao disposto nos artigos 7, 8 e 9 da presente orde.

2. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día da entrada en vigor da orde.

Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

Artigo 45. Límite de edicións

Para cada número de censo poderanse solicitar, como máximo, tres grupos dunha mesma especialidade formativa.

Artigo 46. Prazos de realización das accións formativas da primeira convocatoria

As accións formativas correspondentes á presente convocatoria non poderán comezar antes do 1 de novembro de 2021, polo que non se admitirá ningunha solicitude que formule datas anteriores.

A data límite para o remate das accións formativas que se desenvolvan exclusivamente durante a anualidade 2021 será o 20 de decembro de 2021.

Para cursos que se desenvolvan durante as anualidades 2021 e 2022 ou, exclusivamente, durante a anualidade 2022, a data límite para o remate das accións formativas será o 30 de setembro de 2022.

Non poderá inciarse ningunha acción formativa sen a validación previa, a través da aplicación informática SIFO, do cumprimento de requisitos e condicións por parte de persoal técnico da unidade administrativa competente.

Artigo 47. Prazos de xustificación das accións formativas da primeira convocatoria

1. Consonte o disposto no artigo 38 desta orde, a xustificación das accións formativas deberá realizarse dentro do prazo dun mes desde o remate da última acción formativa do programa de formación e de acordo cos seguinte límites:

a) Nas accións formativas que rematen ata o 20 de decembro de 2021, a data límite para a presentación da xustificación final dos cursos será o 30 de decembro de 2021.

b) Nas accións formativas que rematen despois do 20 de decembro de 2021, a data límite para a presentación da xustificación final dos cursos será o 31 de outubro de 2022.

No caso das accións formativas que rematen despois do 20 de decembro de 2021 deberá facerse unha xustificación parcial da actividade realizada ata o 31 de decembro de 2021.

A data límite para a presentación desta xustificación parcial dos cursos será o 31 de marzo de 2022.

2. Se a documentación presentada é insuficiente para considerar correctamente xustificada a subvención concedida, a Dirección Xeral de Formación e Colocación porá en coñecemento da entidade beneficiaria afectada as insuficiencias detectadas para a súa emenda no prazo de 10 días hábiles.

3. No caso de concesión de anticipos, os gastos realizados con cargo a eles deberán referirse á anualidade orzamentaria para a cal foron concedidos e deberán xustificarse antes do 1 de abril de 2022, para o caso de anticipos concedidos con cargo a 2021, e antes do 31 de outubro de 2022, para o caso de anticipos concedidos con cargo a 2022.

Artigo 48. Anexos

Son anexos desta orde os seguintes:

• Anexo I: especialidades formativas que se poden impartir ao abeiro desta orde co importe dos módulos económicos por hora e alumno/a correspondentes a cada unha delas segundo a súa modalidade de impartición. Así mesmo, incluirá información relativa ás epígrafes de baremo 1.a) e 1.b) recollidas no artigo 15 desta orde, referido a criterios de valoración.

• Anexo II: modelo de solicitude.

• Anexo III: ficha do curso.

Disposición adicional primeira. Resolucións adicionais

Poderán ditarse resolucións adicionais cando existan fondos provenientes de renuncias de subvencións inicialmente concedidas, da asignación ou redistribución de fondos ou de incrementos das cantidades asignadas á comunidade autónoma pola Administración do Estado.

Neste caso, agás que se acuda a unha convocatoria complementaria, non poderán terse en conta outras solicitudes nin outras inscricións/acreditacións distintas ás tidas en conta para a resolución inicial e as novas concesións de subvencións outorgaranse de acordo coa prelación determinada pola puntuación obtida.

Disposición adicional segunda. Modificación da resolución en caso de alteración das condicións

Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, estatais, da Unión Europea, ou internacionais, poderá dar lugar á modificación ou revogación da resolución de concesión e o reintegro da subvención percibida.

Disposición adicional terceira. Delegación de atribucións

Apróbase a delegación de atribucións da persoa titular da Consellería de Emprego e Igualdade na persoa titular da Dirección Xeral de Formación e Colocación, para tramitar e resolver os expedientes de redistribución dos créditos necesarios para o financiamento desta orde, para resolver a concesión, denegación, modificación e reintegro das subvencións, así como para a autorización, disposición, recoñecemento da obriga e proposta de pagamento ou outras incidencias das subvencións reguladas nesta orde.

Disposición adicional cuarta. Normativa de aplicación supletoria

En todo o non disposto nesta orde será de aplicación o establecido na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007; na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, no que sexa de aplicación, e no Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, que a desenvolve.

Será igualmente de aplicación o establecido na Lei 30/2015, do 9 de setembro, pola que se regula o Sistema de formación profesional para o emprego no ámbito laboral, e no Real decreto 694/2017, do 3 de xullo, que a desenvolve. Ademais, resultarán de aplicación a Orde TMS/368/2019, do 28 de marzo, pola que se desenvolve o Real decreto 694/2017, do 3 de xullo, polo que se desenvolve a Lei 30/2015, do 9 de setembro, pola que se regula o Sistema de formación profesional para o emprego no ámbito laboral, en relación coa oferta formativa das administracións competentes e o seu financiamento, e se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións públicas destinadas ao seu financiamento así como o resto da normativa regulamentaria que desenvolve as ditas normas.

Disposición adicional quinta. Información sobre a xestión de subvencións

1. En cumprimento do disposto no artigo 20 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, o texto de cada convocatoria pública efectuada no marco destas bases e a información requirida no ordinal oitavo do devandito artigo será comunicado á Base de datos nacional de subvencións (BDNS), nos termos do Real decreto 130/2019, do 8 de marzo, polo que se regula a Base de datos nacional de subvencións e a publicidade das subvencións e demais axudas públicas.

A BDNS dará traslado ao Diario Oficial de Galicia do extracto da correspondente convocatoria para a súa publicación.

2. De acordo co establecido no artigo 14.ñ) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as entidades beneficiarias quedan informadas da existencia do Rexistro Público de Subvencións e dos aspectos previstos na Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.

Disposición derradeira primeira. Autorización para ditar resolucións e instrucións

Autorízase a persoa titular da Dirección Xeral de Formación e Colocación para ditar, no ámbito das súas competencias, as resolucións e instrucións necesarias para o desenvolvemento e execución desta disposición.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día hábil seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de agosto de 2021

María Jesús Lorenzana Somoza
Conselleira de Emprego e Igualdade

ANEXO I

Relación de especialidades formativas

Listaxe ordenada por código de especialidade.

Código especialidade

Denominación

Duración total

Horas presenciais

Horas teleformac.

Módulo presencial

Módulo teleformac.

Prioridade

Axentes sociais

ADGD06

O poder da resiliencia para afrontar situacións adversas

30

30

30

8,64 €

4,95 €

1

ADGD08

Análise da rendibilidade nos establecementos hostaleiros

30

0

30

4,95 €

3

ADGD049PO

Control de métodos e tempos nos sistemas produtivos

60

60

60

8,64

4,95 €

3

X

ADGD087PO

Emprender en restauración

100

100

100

8,14 €

4,95 €

2

ADGD09

Resiliencia. Aplicación do modelo de resiliencia ao sector turístico

20

4

16

8,64 €

4,95 €

1

ADGD10

Comunicación e traballo en equipo en hostalaría

6

6

0

8,64 €

3

ADGD162PO

Inglés empresarial

60

60

60

8,41 €

4,95 €

3

X

ADGD268PO

Tratamento e xestión das queixas e reclamacións

20

20

20

8,48 €

4,95 €

3

ADGG031PO

Xestión informatizada das vendas

40

40

0

8,55 €

2

ADGX01

Inglés: xestión comercial

200

200

200

7,60 €

4,95 €

3

AFDP01

Emerxencias e primeiros auxilios en hostalaría

8

8

0

9,31 €

3

AFDP02

Protocolo de evacuación e primeiros auxilios en autobuses

24

24

24

9,31 €

4,95 €

3

COML010PO

Política e xestión informatizada de stocks

40

40

40

8,43

4,95 €

3

X

COML023PO

Xestión loxística

150

150

150

8,35 €

4,95 €

3

X

COML031PO

Xestión de frotas e rutas: optimización

10

10

10

8,28 €

4,95 €

2

COMM004PO

Estratexias de servizos: calidade e orientación ao cliente

100

100

100

8,15 €

4,95 €

3

X

COMM009PO

Preparación da asistencia a eventos internacionais

60

60

60

8,20 €

4,95 €

1

COMM031PO

Márketing en liña: deseño e promoción de sitios web

30

30

30

8,33 €

4,95 €

3

COMM08

Márketing dixital para o posicionamento do produto turístico propio das axencias de viaxes

4

4

0

8,65 €

3

COMM09

Estratexia de comunicación de márketing en tempos de coronavirus

15

4

11

8,65 €

4,95 €

2

COMM10

Chinés básico en actividades de venda e turismo

280

280

0

7,00 €

3

COMM11

Ferramentas de difusión e márketing-difusión de medidas adoptadas ante a COVID-19

25

0

25

4,95 €

1

COMM12

Técnicas de fidelización do viaxeiro: márketing e transformación dixital

30

30

30

8,65 €

4,95 €

3

COMM127PO

Organización de eventos e protocolo

65

25

40

7,68 €

4,95 €

2

COMM13

Formación de skills para relacionarse en liña cos clientes no sector aviación

23

17

6

8,65 €

4,95 €

1

COMT007PO

Xestión da calidade de servizo no sector da hostalaría

40

40

40

8,43 €

4,95 €

3

X

COMT037PO

Fidelización e retención de clientes

24

24

0

8,45 €

2

COMT066PO

Comercio na internet. Optimización de recursos

90

90

90

8,25 €

4,95 €

2

X

COMT081PO

Sistemas de reserva en liña: property management system

50

50

50

8,37 €

4,95 €

3

COMT098PO

CRM como ferramenta de telemárketing

65

20

45

8,69 €

4,95 €

1

COMT11

Xestión de incidencias do viaxeiro. Fidelización do cliente

30

30

30

8,51 €

4,95 €

3

COMT12

Adaptación e mellora das capacidades de venda e a reputación en liña no sector

50

50

50

8,51 €

4,95 €

1

COMT127PO

Atención ao cliente con discapacidade no transporte de viaxeiros

15

15

15

8,14 €

4,95 €

3

COMT128PO

Transporte internacional: novidades en comercio exterior e xestión alfandegueira

16

16

16

8,12 €

4,95 €

1

COMT13

Retos para as empresas: nova interacción co cliente e dixitalización da xestión

12

12

12

8,51 €

4,95 €

3

FCOE001PO

Alemán A1 (marco común europeo)

100

100

100

8,27 €

4,95 €

3

X

FCOE002PO

Alemán A2 (marco común europeo)

100

100

100

8,53 €

4,95 €

3

X

FCOE003PO

Alemán elemental aplicado ao departamento de pisos

80

80

80

8,59 €

4,95 €

3

FCOE004PO

Chinés A1 (marco común europeo)

100

100

100

8,53 €

4,95 €

3

X

FCOE005PO

Francés A1 (marco común europeo)

100

100

100

8,53 €

4,95 €

3

X

FCOE006PO

Francés A2 (marco común europeo)

100

100

100

8,53 €

4,95 €

3

X

FCOE007PO

Francés elemental aplicado ao departamento de pisos

80

80

80

8,59 €

4,95 €

3

FCOE009PO

Inglés profesional para o turismo

60

60

60

8,21 €

4,95 €

3

X

FCOE01

Inglés elemental para o departamento de pisos

40

40

0

8,49 €

3

FCOE010PO

Italiano A1 (marco común europeo)

100

100

100

8,53 €

4,95 €

3

X

FCOE011PO

Portugués A1 (marco común europeo)

100

100

100

8,53 €

4,95 €

3

X

FCOE02

Atención ao cliente en inglés no servizo de restauración

40

40

0

8,49 €

3

X

FCOE03

Información gastronómica e documental en inglés

30

30

0

8,49 €

3

FCOE04

Inglés aeronáutico

20

8

12

8,49 €

4,95 €

3

FCOE05

Alemán para o turismo-transporte aéreo

90

46

44

8,49 €

4,95 €

3

FCOM01

Manipulador de alimentos

10

10

0

8,18 €

3

X

FCOV011PO

Regulamento europeo de protección de datos

10

0

10

4,95 €

1

FCOV05

Comunicación en linguas estranxeiras (inglés) N2

180

180

180

7,26 €

4,95 €

3

X

FCOV06

Comunicación en linguas estranxeiras (inglés) N3

180

180

180

7,26 €

4,95 €

3

X

FCOV07

Comunicación en linguas estranxeiras (francés) N2

180

180

180

7,13 €

4,95 €

3

X

FCOV08

Comunicación en linguas estranxeiras (francés) N3

180

180

180

7,13 €

4,95 €

3

X

FCOV09

Comunicación en linguas estranxeiras (alemán) N2

180

180

180

7,26 €

4,95 €

3

X

FCOV10

Comunicación en linguas estranxeiras (alemán) N3

180

180

180

7,26 €

4,95 €

3

X

FCOV22

Comunicación en lingua castelá N2

120

120

120

6,80 €

4,95 €

3

X

FMEM006PO

Mecánica fundamental

45

45

45

9,27 €

4,95 €

1

FMEM009PO

Fundamentos de robótica

50

50

50

8,73 €

4,95 €

1

HOTA002PO

Implantación marca Q de calidade

60

60

60

9,07 €

4,95 €

3

X

HOTA003PO

Optimización da xestión de hoteis

25

25

25

8,99 €

4,95 €

3

HOTA004PO

O protocolo en hostalaría

25

25

25

9,12 €

4,95 €

3

HOTA005PO

Recepción e atención ao cliente en establecementos de aloxamento

65

65

65

8,95 €

4,95 €

3

HOTA008PO

Técnicas e procedementos de limpeza en aloxamentos

30

30

0

8,30 €

3

HOTA01

Transmisión de confianza e seguridade sanitaria: a recepción e atención ao cliente

20

0

20

4,95 €

3

HOTA02

Innovación nas técnicas e procedementos de limpeza en aloxamentos derivadas da COVID-19

30

0

30

4,95 €

3

HOTA03

Mobiliario e decoración en empresas de actividades de aloxamento

15

15

0

9,09 €

3

HOTA04

Servizo de recepción, atención ao cliente, facturación e caixa

18

18

0

9,09 €

3

HOTA05

Xestión de reservas

18

18

0

9,09 €

3

HOTA06

Técnicas de venda up selling

12

12

0

9,09 €

3

HOTA07

Revenue management. Nivel de recepción

9

9

0

9,09 €

3

HOTA08

Equipamentos, maquinaria, útiles, ferramentas e produtos utilizados na limpeza. Departamento de pisos

15

15

0

9,09 €

3

HOTA09

Operacións de limpeza en apartamentos turísticos

12

12

0

9,09 €

3

HOTA11

Operacións de lenzaría e lavandaría en pisos

9

9

0

9,09 €

3

HOTA12

Técnicas de limpeza e operacións de posta a punto. Departamento de pisos

20

20

0

9,09 €

3

HOTA13

Plans de continxencia en aloxamentos e hostalaría en relación coa COVID-19

25

0

25

4,95 €

3

HOTA14

Confianza e seguridade nos establecementos de restauración: a recepción e atención ao cliente

20

0

20

4,95 €

3

HOTA15

Tecnoloxías que apoian a sustentabilidade en aloxamentos turísticos na era pos COVID

25

0

25

4,95 €

3

HOTR001PO

Análise sensorial dos viños

35

35

35

9,35 €

4,95 €

3

X

HOTR002PO

Aprovisionamento de materias primas na cociña

80

80

80

9,45 €

4,95 €

3

X

HOTR003PO

Elaboracións básicas da cociña

40

30

10

9,62 €

4,95 €

3

HOTR004PO

Servizos básicos da barra na restauración

40

15

25

9,58 €

4,95 €

3

HOTR005PO

Servizos básicos da sala na restauración

40

15

25

9,70 €

4,95 €

3

HOTR006PO

Aplicación dos fundamentos básicos na cociña

60

60

60

9,55 €

4,95 €

3

HOTR009PO

Cociña colectiva

40

30

10

9,64 €

4,95 €

3

HOTR011PO

Cociña da pasta, arroces, legume e hortalizas

100

100

100

9,29 €

4,95 €

3

X

HOTR015PO

Cociña internacional

30

30

30

9,39 €

4,95 €

3

X

HOTR017PO

Cociña mediterránea

40

40

40

9,72 €

4,95 €

3

X

HOTR020PO

Cociña para celíacos

35

35

35

9,14 €

4,95 €

3

X

HOTR021PO

Cociña sa

35

35

35

9,21 €

4,95 €

3

HOTR023PO

Coctalaría

50

20

30

9,63 €

4,95 €

3

HOTR024PO

Corte e cata do xamón

30

30

0

9,32 €

3

X

HOTR025PO

Creación de cartas e menús

30

30

30

9,54 €

4,95 €

3

X

HOTR026PO

Decoración e exposición de pratos

40

12

28

9,59 €

4,95 €

3

HOTR027PO

Degustación das bebidas

30

30

0

9,37 €

3

HOTR028PO

Utilización culinaria do arroz

35

35

35

9,41 €

4,95 €

3

X

HOTR029PO

O servizo de comidas nos centros sanitarios e sociosanitarios

100

100

100

9,15 €

4,95 €

3

HOTR03

Elaboracións sinxelas de cociña, pratos combinados, tapas, petiscos e canapés

20

20

0

9,38 €

3

X

HOTR032PO

Elaboración de pratos combinados

60

60

60

8,97 €

4,95 €

3

X

HOTR033PO

Elaboracións básicas para pastelaría-repostaría

100

100

100

9,66 €

4,95 €

3

X

HOTR036PO

Técnicas en enoloxía. Licores e augardentes

75

15

60

8,95 €

4,95 €

3

HOTR037PO

Esculpido das froitas e verduras

12

12

0

9,45 €

3

HOTR04

Guarnicións e presentacións culinarias

10

10

0

9,38 €

3

HOTR040PO

Xestión da restauración

100

100

100

8,96 €

4,95 €

3

X

HOTR041PO

Xestión do bar-cafetaría

60

60

60

9,07 €

4,95 €

3

HOTR042PO

Xestión na restauración: deseño no proceso de servizo

100

100

100

9,32 €

4,95 €

3

HOTR043PO

Inglés. Restauración

110

110

110

8,81 €

4,95 €

3

X

HOTR044PO

Introdución á xestión económico-financeira do restaurante

35

35

35

8,98 €

4,95 €

3

HOTR046PO

A cociña da carne, aves e caza: análise das técnicas culinarias

70

70

70

8,96 €

4,95 €

3

X

HOTR048PO

Innovación na cociña

35

35

35

8,92 €

4,95 €

3

X

HOTR05

Técnicas culinarias: elaboracións básicas de múltiples aplicacións: salsas, fondos, farsas, guarnicións

14

14

0

9,38 €

3

HOTR050PO

Loxística no bar: aprovisionamento e almacenaxe de alimentos e bebidas

35

35

35

9,23 €

4,95 €

3

HOTR051PO

Loxística na cociña: aprovisionamento de materias primas

75

75

75

9,28 €

4,95 €

3

X

HOTR052PO

Habilidades e competencias na xestión do servizo da sala na restauración

50

15

35

9,59 €

4,95 €

3

HOTR053PO

Ofertas gastronómicas: deseño e comercialización

120

120

120

9,27 €

4,95 €

3

HOTR054PO

Pastelaría: sobremesas para restauración

20

20

0

9,21 €

3

X

HOTR055PO

Planificación de menús e dietas especiais

20

20

20

9,41 €

4,95 €

3

X

HOTR056PO

Preelaboración e conservación dos alimentos

40

40

40

9,52 €

4,95 €

3

X

HOTR057PO

Preparación dos aperitivos

40

15

25

9,59 €

4,95 €

3

HOTR058PO

Preparación do bufete

40

15

25

9,59 €

4,95 €

3

HOTR059PO

Evolución das tecnoloxías e técnicas culinarias

80

80

80

9,22 €

4,95 €

3

HOTR06

Preparacións culinarias a base de carnes

12

12

0

9,38 €

3

HOTR060PO

Produtos da pastelaría e repostaría

40

15

25

9,97 €

4,95 €

3

HOTR061PO

Habilidades e competencias na dirección da cociña

25

25

25

9,27 €

4,95 €

3

HOTR062PO

Salsas frías e quentes

40

15

25

9,54 €

4,95 €

3

HOTR063PO

Servizo de cátering

30

30

30

9,66 €

4,95 €

3

HOTR064PO

Servizo en restaurante e bares

35

35

35

9,23 €

4,95 €

3

HOTR065PO

Servizo especializado en viños

90

12

78

8,75 €

4,95 €

3

HOTR066PO

Restauración organizada: análise de resultados financeiros e propostas de melloras

36

20

16

9,87 €

4,95 €

3

HOTR067PO

Supervisión das tarefas da cociña da restauración organizada

55

35

20

9,91 €

4,95 €

3

HOTR068PO

Aplicación do procedemento e normativa da empresa na restauración organizada en cadea

26

20

6

9,87 €

4,95 €

3

HOTR07

Preparacións culinarias a base de peixes e mariscos

12

12

0

9,38 €

3

HOTR076PO

Cociña básica

80

50

30

8,23 €

4,95 €

3

HOTR077PO

Cociña para restauración colectiva I

70

40

30

8,31 €

4,95 €

3

HOTR078PO

Cociña creativa e de autor

75

75

75

9,09 €

4,95 €

3

X

HOTR079PO

Técnicas culinarias para peixes, crustáceos e moluscos

80

80

80

8,74 €

4,95 €

3

X

HOTR08

Preparacións culinarias a base de aves, caza e refugallos

12

12

0

9,38 €

3

HOTR080PO

Receitas e técnicas da cociña en miniatura

50

25

25

8,75 €

4,95 €

2

HOTR081PO

Cociña italiana

65

65

65

8,57 €

4,95 €

3

X

HOTR082PO

Cociña molecular: fundamentos sobre as técnicas utilizadas

50

25

25

8,77 €

4,95 €

2

HOTR083PO

Cociña vexetariana

50

50

50

8,97 €

4,95 €

3

X

HOTR09

Preparacións culinarias a base de legumes secos

6

6

0

9,38 €

2

HOTR11

Preparacións culinarias a base de ovos

12

12

0

9,38 €

3

HOTR12

Preparacións culinarias a base de arroces

12

12

0

9,38 €

3

HOTR13

Preparacións culinarias a base de hortalizas

12

12

0

9,38 €

3

HOTR14

Deseño, planificación e elaboración de menús para a poboación infantil

20

20

0

9,38 €

2

HOTR15

Deseño, planificación e elaboración de menús para a poboación adulta

20

20

0

9,38 €

2

HOTR16

Servizo de comidas en barra e sala

12

12

0

9,38 €

2

HOTR17

Servizo de bebidas en barra e sala

12

12

0

9,38 €

2

HOTR18

Elaboracións gastronómicas á vista do cliente. Pratos minuto

15

15

0

9,38 €

3

HOTR19

Desespiñado e trinchado dos peixes e mariscos

8

8

0

9,38 €

2

HOTR21

Trinchado das carnes e aves

8

8

0

9,38 €

2

HOTR22

Peladura e cortado das froitas vista ao cliente

6

6

0

9,38 €

2

HOTR23

Escanciador

6

6

0

9,38 €

2

HOTR24

Prevención de riscos psicosociais derivados da atención ao cliente en crise sanitaria

20

6

14

9,38 €

4,95 €

3

HOTR25

Medidas preventivas na repartición e recollida dos pedidos nas actividades da restauración

15

15

0

9,38 €

3

HOTR26

Servizos básicos de barra e sala na restauración

20

20

0

9,38 €

2

HOTR27

Preparación e presentación das bebidas

10

10

0

9,38 €

2

HOTR28

Deseño das ofertas gastronómicas: menús, cartas, banquetes e outras

20

20

20

9,38 €

4,95 €

2

HOTR29

Operacións básicas de aprovisionamento e conservación culinarias

8

8

0

9,38 €

3

HOTR31

Limpeza e mantemento das instalacións e equipamentos na cociña

15

15

0

9,38 €

3

HOTR32

Aprovisionamento na restauración

10

10

0

9,38 €

3

HOTR33

Preparación para o servizo nas cociñas

20

20

0

9,38 €

3

HOTR34

Preservizo na restauración

12

12

0

9,38 €

3

HOTR35

Novas técnicas de limpeza e desinfección na restauración

20

0

20

4,95 €

3

HOTR36

Elaboracións de base e métodos de cociñado. Salsas e fondos

14

14

0

9,38 €

2

HOTR37

Atención ao cliente en restauración

15

15

0

9,38 €

3

HOTR38

Boas prácticas ambientais na hostalaría

6

6

6

9,38 €

4,95 €

2

HOTR39

Oportunidades e debilidades da hostalaría ante a COVID-19

20

0

20

4,95 €

3

HOTR41

Terminoloxía específica do restaurante en inglés

20

20

0

9,38 €

3

HOTR42

Estratexias para manter o negocio (optimizar espazo)

15

4

11

9,38 €

4,95 €

3

HOTR43

Comunicación ao cliente da información sobre alérxenos

6

6

0

9,38 €

2

HOTR44

Procedementos da sala na restauración-protección global fronte á COVID-19

35

0

35

4,95 €

3

HOTR45

Cociña tradicional española

40

9

31

9,38 €

4,95 €

3

HOTR46

A cociña de tempada

30

7

23

9,38 €

4,95 €

3

HOTR47

Bufete. Unha nova perspectiva

30

7

23

9,38 €

4,95 €

3

HOTT001PO

Amadeus

75

75

75

9,14 €

4,95 €

2

HOTT002PO

Animación turística

50

50

50

9,13 €

4,95 €

3

X

HOTT003PO

Comercialización dos produtos turísticos

50

50

50

9,56 €

4,95 €

3

X

HOTT006PO

Promoción e venda dos servizos turísticos

35

35

35

9,46 €

4,95 €

3

HOTT007PO

Protocolo nos eventos turísticos

40

40

40

9,24 €

4,95 €

2

HOTT008PO

Reservas aéreas

30

30

30

9,46 €

4,95 €

3

HOTT009PO

Reservas de coches transaccional

30

30

30

9,46 €

4,95 €

3

HOTT01

Accións básicas fronte á COVID-19 na hostalaría e turismo

55

55

55

9,32 €

4,95 €

3

HOTT010PO

Reservas de hoteis transaccional

30

30

30

9,46 €

4,95 €

3

HOTT02

Tecnoloxías que apoian a economía circular nos aloxamentos turísticos na era pos COVID

20

0

20

4,95 €

3

HOTT03

Protocolo de protección e seguridade na organización dos eventos

30

0

30

4,95 €

3

HOTT04

Peche de operacións de venda no sector das axencias de viaxes

8

8

8

9,32 €

4,95 €

3

HOTT05

Plataformas en liña de alugueiro de vehículos

8

4

4

9,32 €

4,95 €

1

HOTT06

Xestión multicanle nas axencias de viaxes

8

8

0

9,32 €

3

HOTU001PO

Ecoturismo

60

60

60

9,26 €

4,95 €

3

X

IFCT128PO

Big data

40

40

40

8,69 €

4,95 €

3

X

IFCT133PO

Ciberseguridade

25

25

25

9,77 €

4,95 €

3

IFCT135PO

Ciberseguridade para usuarios

10

0

10

4,95 €

3

IFCT38

Community manager, ferramentas, analítica e informes

100

100

0

9,81 €

3

X

IFCT39

Posicionamento web e márketing dixital nos buscadores

100

100

0

9,81 €

3

X

IFCT45

Competencias dixitais básicas

60

60

60

7,97 €

4,95 €

3

X

IFCT46

Competencias dixitais avanzadas

60

60

60

8,36 €

4,95 €

3

X

IFCT85

Tecnoloxías para a comercialización e a xestión do cliente na era pos COVID

50

0

50

4,95 €

3

X

IMAI008PO

Fontanaría

60

60

0

9,23 €

1

IMAR008PO

Mantedor da climatización

100

0

100

4,95 €

1

INAD012PO

Envasado, acondicionado e embalaxe dos produtos alimentarios

50

50

50

9,46 €

4,95 €

3

INAD02

Hixiene e seguridade alimentaria contra a COVID-19 en empresas de restauración e turismo

15

4

11

9,74 €

4,95 €

3

INAD03

Análise dos puntos críticos

33

8

25

9,74 €

4,95 €

3

INAD030PO

Manipulación en cru e conservación dos alimentos

125

0

125

4,95 €

3

INAD037PO

Preelaboración e conservación culinaria das carnes, aves e caza

100

25

75

10,13 €

4,95 €

3

INAD038PO

Preelaboración e conservación dos vexetais e cogomelos

100

25

75

10,13 €

4,95 €

3

INAD052PO

Manipulación de alimentos de alto risco

25

0

25

4,95 €

3

INAF001PO

Elaboración de bolaría e pastelaría artesanal

30

30

9,52 €

3

X

INAF020PO

Pastelaría

30

30

30

9,52 €

4,95 €

3

X

INAJ002PO

Preelaboración e conservación dos peixes, crustáceos e moluscos

100

25

75

10,23 €

4,95 €

3

MAPN034PO

Tránsito dos pasaxeiros no sector portuario

30

30

0

9,00 €

1

SANP003PO

Alerxias e intolerancias alimentarias

50

50

50

9,31 €

4,95 €

3

X

SANP01

Deseño, planificación e elaboración de menús para a terceira idade e características asociadas

25

25

0

9,27 €

3

SANP010PO

Deseño dos menús infantís

20

20

20

9,31 €

4,95 €

3

X

SANP017PO

Menús para dietas especiais

12

12

12

9,06 €

4,95 €

3

SANP02

Deseño, planificación e elaboración dos menús para poboación hospitalaria

35

35

0

9,27 €

1

SANP020PO

Nutrición e dietética

110

110

110

8,75 €

4,95 €

3

X

SANP034PO

Saúde, nutrición e dietética

50

50

50

9,20 €

4,95 €

3

X

SANP038PO

Xestión de alérxenos no sector da restauración

50

50

50

8,99 €

4,95 €

3

X

SANT035PO

Desfibriladores externos

20

20

0

9,31 €

3

X

SEAD01

Ergonomía para o departamento de pisos

8

8

0

9,57 €

1

SEAD02

Prevención de riscos laborais e ergonomía na hostalaría

8

8

0

9,57 €

3

SEAD03

Prevención pola COVID-19 na manipulación manual de cargas

10

3

7

9,57 €

4,95 €

1

SEAD04

Prevención de riscos laborais no teletraballo. Axencias de viaxe

12

3

9

9,57 €

4,95 €

1

SEAD040PO

Control de accesos

20

20

0

9,24 €

1

SEAD228PO

Renovación, control e prevención da lexionela

30

30

30

9,29 €

4,95 €

3

SEAD237PO

Seguridade nas instalacións aeroportuarias

20

10

10

10,22 €

4,95 €

1

SEAG03

Concienciación na sustentabilidade-sector aviación

6

6

6

9,25 €

4,95 €

1

SEAG040PO

Mantemento básico de limpeza en instalacións

50

40

10

9,25

4,95 €

3

X

SSCE01

Inglés A1

150

150

150

6,91 €

4,95 €

3

X

SSCE02

Inglés A2

150

150

150

6,91 €

4,95 €

3

X

SSCE03

Inglés B1

240

240

240

6,88 €

4,95 €

3

X

SSCE04

Inglés B2

240

240

240

6,88 €

4,95 €

3

X

SSCE042PO

Intervención para reducir a accidentalidade viaria

20

20

20

8,66 €

4,95 €

1

SSCE05

Inglés C1

240

240

240

6,89 €

4,95 €

3

X

SSCE08

Alemán B1

240

240

240

7,30 €

4,95 €

3

X

SSCE09

Alemán B2

240

240

240

7,46 €

4,95 €

3

X

SSCE10

Alemán C1

240

240

240

7,30 €

4,95 €

3

X

SSCI01

Limpeza e desinfección para o transporte público por estrada

15

0

15

4,95 €

1

SSCI02

Protocolos da desinfección dos vehículos

26

3

23

8,48 €

4,95 €

1

TMVG011PO

Mecánica para condutores de vehículos de mercancías

30

30

0

9,69 €

1

TMVG015PO

Mantemento dos vehículos híbridos

40

40

0

9,28 €

1

TMVI008PO

Certificado de aptitude profesional (CAP) para condutores-renovación

35

35

0

9,01 €

2

TMVI009PO

Cualificación inicial dos condutores para o transporte de viaxeiros (CAP)

140

140

0

9,39 €

2

TMVI011PO

Condución dos remolques e semirremolques

130

130

0

9,49 €

2

TMVI013PO

Condución eficiente

40

40

0

10,58 €

2

TMVI014PO

Condución nas situacións de emerxencia

40

40

0

10,66 €

2

TMVI017PO

Fundamento da condución segura

50

50

0

9,35 €

2

TMVI018PO

Prevención dos accidentes na condución

40

40

40

9,24 €

4,95 €

3

TMVI026PO

Formación continua obrigatoria para condutores_CAP (certificado de aptitude profesional)

35

35

0

8,83 €

3

TMVI033PO

Tacógrafo dixital

30

30

30

9,37 €

4,95 €

1

TMVI037PO

Transporte dos viaxeiros con características especiais

30

30

30

9,36 €

4,95 €

3

TMVI038PO

Transporte dos viaxeiros: documentación

30

30

30

9,78 €

4,95 €

1

TMVI039PO

Uso e manexo do GPS

20

20

20

9,29 €

4,95 €

2

TMVI04

Medidas de reactivación e renovación do sector do transporte

12

12

12

9,47 €

4,95 €

2

TMVI040PO

Prevención de riscos laborais na condución

25

25

0

9,56 €

1

TMVI05

Adecuación dos procesos de traballo no transporte tras a crise sanitaria COVID-19

20

20

20

9,47 €

4,95 €

1

TMVI06

Mobilidade intelixente para un futuro pos COVID-19

20

20

20

9,47 €

4,95 €

2

TMVI062PO

Atención e información aos viaxeiros do autobús ou autocar

30

30

30

8,61 €

4,95 €

2

TMVI063PO

Contrato de transporte de viaxeiros por estrada

30

30

30

8,61 €

4,95 €

1

TMVI064PO

Efectos e consecuencias do consumo de drogas e alcol na condución

20

20

20

8,81 €

4,95 €

1

TMVI065PO

Protocolo de actuación para condutores ante un accidente de tráfico

20

20

20

8,81 €

4,95 €

3

TMVI066PO

Tecnoloxías asociadas ao transporte de viaxeiros

20

20

20

8,81 €

4,95 €

2

TMVI069PO

Procedementos xerais sobre seguridade viaria

40

40

40

8,49 €

4,95 €

2

TMVI07

Calidade, protección e seguridade dos servizos

30

30

30

9,47 €

4,95 €

2

TMVI08

Recepción e pautas do comportamento co cliente

8

0

8

4,95 €

3

TMVL004PO

Prevención de avarías nos vehículos para o transporte dos viaxeiros

20

20

0

8,81 €

1

TMVO03

Drons. Manexo, fotografía, medicións e avisos

16

6

10

9,43 €

4,95 €

1

TMVO05

Excelencia na atención ao cliente en tempos da COVID e pos COVID. Sector aviación

6

3

3

9,43 €

4,95 €

2

TMVO07

Estatística do transporte aéreo

16

16

0

9,43 €

1

TMVO09

Meteoroloxía no transporte aéreo

26

6

20

9,43 €

4,95 €

1

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file