No Diario Oficial de Galicia, número 93, do 14 de maio, publícase a Orde do 26 de abril de 2024 pola que se establecen as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a posta en marcha de casas niño durante os anos 2024, 2025, 2026 e 2027, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS403C).
De conformidade co artigo 17 da dita orde, a resolución dos expedientes de axuda, logo da fiscalización da proposta, corresponde á persoa titular da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica que resolverá por delegación da persoa titular da Consellería de Política Social e Igualdade.
Unha vez finalizado o procedemento de conformidade coas bases, con data do 19 de agosto de 2024 o órgano competente para resolver emite a resolución que finaliza o procedemento de concesión de subvencións.
Así mesmo, o artigo 18 da mesma orde, establece que se publicarán no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os actos administrativos de requirimento de emenda de documentación, así como a correspondente resolución.
Polo exposto,
RESOLVO:
Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 19 de agosto de 2024, ditada no procedemento BS403C, de concesión de axudas para a posta en marcha de casas niño durante os anos 2024, 2025, 2026 e 2027 que se xunta á presente resolución no anexo.
Segundo. Comunicar que a Resolución do 19 de agosto de 2024, que finaliza este procedemento, esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da dita resolución no Diario Oficial de Galicia ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 19 de agosto de 2024
Jacobo Rey Sastre
Director xeral de Familia, Infancia e
Dinamización Demográfica
ANEXO
Resolución do 19 de agosto de 2024 ditada no procedemento BS403C de concesión de axudas para a posta en marcha de casas niño durante os anos 2024, 2025, 2026 e 2027.
Finalizado o procedemento de conformidade coas bases, despois de que o órgano instrutor realizara todas as actuacións necesarias para a determinación e comprobación dos datos das solicitudes presentadas, e pasara os expedientes completos para a súa valoración á Comisión de Valoración, unha vez que esta informou emítese, por parte do dito órgano instrutor, a proposta de resolución.
Vista a proposta de resolución da Subdirección Xeral de Demografía e Conciliación de conformidade co disposto no artigo 14.1 da Orde do 26 de abril de 2024 pola que se establecen as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a posta en marcha de casas niño durante os anos 2024, 2025, 2026 e 2027.
RESOLVO:
Primeiro. Conceder ás persoas que se relacionan no anexo I as axudas convocadas na dita orde de convocatoria con cargo ás aplicacións orzamentarias 13.02.312B.470.0 e 13.02.312B.770.0.
As axudas concedidas condicionaranse ao cumprimento de todas as obrigas establecidas na Orde do 26 de abril de 2024 pola que se establecen as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a posta en marcha de casas niño durante os anos 2024, 2025, 2026 e 2027, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS403C).
A xustificación da subvención realizarase de acordo co establecido no artigo 22 da orde de convocatoria.
O pagamento da subvención realizarase de acordo co establecido no artigo 23 da Orde do 26 de abril de 2024.
As persoas beneficiarias disporán dun prazo de 2 meses, ampliable a tres no caso de cooperativas de traballo asociado, contados a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia para achegar a documentación prevista nas letras m) a p) do artigo 11.1, no caso de que non fose achegada coa solicitude, así como para acreditar o acondicionamento do inmoble de acordo co establecido no artigo 4.1.c) da Orde do 26 de abril de 2024.
Segundo. Dar por desistidas e desestimar as solicitudes das persoas relacionadas no anexo II polas causas que se detallan.
Terceiro. Esta resolución, que finaliza o procedemento, esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte da publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela,19 de agosto de 2024. A conselleira de Política Social e Igualdade. P.D. (artigo 17 da Orde do 26 de abril de 2024; DOG núm. 93, do 14 de maio). Jacobo Rey Sastre. Director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica
ANEXO I
Axudas concedidas
|
Número de expediente |
Solicitante |
NIF |
Nome casa niño |
Concello |
Provincia |
Puntuación |
Axuda investimento |
Axuda prima anos, 2024, 2025, 2026 e 2027 |
|
BS403C/2024-1 |
Sonia Calvín López |
***8395** |
Fedellos |
Baleira |
Lugo |
97,50 |
15.000 € |
78.533,32 € |
|
BS403C/2024-4 |
Ana Rodríguez González |
***3736** |
Cativos |
Padrenda |
Ourense |
132,50 |
15.000 € |
78.533,32 € |
|
BS403C/2024-6 |
Miriam Díaz Díaz |
***5716** |
Ledicia |
Rábade |
Lugo |
72,50 |
15.000 € |
78.533,32 € |
|
BS403C/2024-9 |
Nerea Santín Fernández |
***4061** |
Pequerrechiños |
Pedrafita do Cebreiro |
Lugo |
72,50 |
15.000 € |
78.533,32 € |
|
BS403C/2024-10 |
Alejandra Grela Vázquez |
***2694** |
Abebos |
Paderne |
A Coruña |
97,50 |
15.000 € |
78.533,32 € |
|
BS403C/2024-11 |
Ana Rodríguez González |
***9801** |
Morriña |
Entrimo |
Ourense |
72,50 |
15.000 € |
78.533,32 € |
ANEXO II
Solicitudes desistidas e desestimadas
|
Número de expediente |
Solicitante |
NIF |
Concello |
Provincia |
Causa |
|
BS403C/2024-2 |
Alba Prieto Rolán |
***2928** |
Castrelo do Val |
Ourense |
Non acadar o concello o número de nenos/as necesarios para a posta en marcha da terceira casa niño. Artigo 14 da Orde do 26 de abril de 2024 |
|
BS403C/2024-3 |
Tania Prieto Domínguez |
***3042** |
Vilardevós |
Ourense |
Non acadar o concello o número de nenos/as necesarios para a posta en marcha da terceira casa niño. Artigo 14 da Orde do 26 de abril de 2024 |
|
BS403C/2024-5 |
Noemi Sánchez Casado |
***9545** |
Dozón |
Pontevedra |
Desistencia por non achegar toda a documentación requirida. Artigo 10.3 da Orde do 26 de abril de 2024 |
|
BS403C/2024-7 |
María del Carmen Pérez Sande |
***4999** |
Portomarín |
Lugo |
Non acadar o concello o número de nenos/as necesarios para a posta en marcha da terceira casa niño. Artigo 14 da Orde de 26 de abril de 2024 |
|
BS403C/2024-8 |
María Barrio Díaz |
***7830** |
Pedrafita do Cebreiro |
Lugo |
Desistencia por non achegar toda a documentación requirida. Artigo 10.3 da Orde do 26 de abril de 2024 |
