DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Martes, 3 de setembro de 2024 Páx. 49376

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 14 de agosto de 2024, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se publica o acordo sobre o deslindamento parcial realizado entre as comunidades de montes veciñais en man común de Ribadelouro e Rebordáns (concello de Tui), ao respecto da estrema común dos seus montes (expediente DC22096).

Para os efectos previstos no artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, dáse publicidade do acordo adoptado polo Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, o 26 de xuño de 2024, en relación co deslindamento parcial entre as comunidades de montes veciñais en man común de Ribadelouro e Rebordáns (concello de Tui), ao respecto da estrema común dos seus montes (expediente DC22096).

Feitos.

Primeiro. O 29.9.2022, o presidente da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común (en diante, CMVMC) de Ribadelouro presentou no rexistro electrónico da Xunta de Galicia, co núm. de entrada 2022/2392203, solicitude de deslindamento entre a CMVMC de Ribadelouro (Tui) e a CMVMC de Rebordáns (Tui).

Os montes veciñais en man común (en diante, MVMC) afectados por este deslindamento son:

– MVMC de Ribadelouro (ID monte: 3183) da CMVMC de Ribadelouro.

– MVMC de Rebordáns (ID monte: 3182) da CMVMC de Rebordáns.

Segundo. Consta no expediente a seguinte documentación do deslindamento, consonte o artigo 53 da Lei 7/2012:

• Acta do apeo do deslindamento o 6.6.2022.

• Acta de conciliación X53 Conciliación 0000360/2022 entre as comunidades no Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1, o 27.10.2022.

• Certificado do secretario da CMVMC de Ribadelouro, coa conformidade do presidente do 11.9.2022, da aprobación na asemblea do 11.9.2022.

• Certificado do secretario da CMVMC de Rebordáns, coa conformidade do presidente do 4.9.2022, da aprobación na asemblea do 4.9.2022.

• Memoria descritiva co plano de deslindamento e cartografía en formato dixital no Datum ETRS89/UTM zona 29N EPSG: 25829, asinado o 26.8.2022 pola enxeñeira técnica forestal colexiada núm. 1300 do COETF de Galicia. As emendas realizadas producen a modificación desta.

• Informe de validación gráfica catastral con CSV: BY94G01GBKE1K83A (para a comunicación da alteración catastral consonte o artigo 55.3 da Lei 7/2012), que polo principio de colaboración entre administracións, deberá verificar a Xerencia Territorial do Catastro.

Terceiro. A liña de deslindamento proposta ten unha lonxitude de 2594 metros e está composta polos seguintes puntos:

Punto 5.

x: 528.538,17

y: 4.659.582,78

Punto 6.

x: 528.334,83

y: 4.659.616,17

Punto 7.

x: 527.938,77

y: 4.659.744,89

Punto 8.

x: 527.806,13

y: 4.659.735,22

Punto 9.

x: 527.707,22

y: 4.659.833,54

Punto 10.

x: 527.579,62

y: 4.659.871,62

Punto 11.

x: 527.470,27

y: 4.659.925,76

Punto 12.

x: 527.284,33

y: 4.660.034,68

Punto 13.

x: 527.183,40

y: 4.660.077,85

Punto 14.

x: 526.835,88

y: 4.660.295,21

Punto 15.

x: 526.522,44

y: 4.660.210,13

No traballo de gabinete establécense 3 puntos secundarios:

Punto a.

x: 528.905,02

y: 4.659.460,45

Punto b1.

x: 526.585,34

y: 4.660.227,20

Punto b2.

x: 526.583,05

y: 4.660.226,59

O punto establécese para respectar a titularidade catastral particular. Entre o punto b1 e punto b2 respéctase o dominio público hidráulico, polo que neste tramo non existe estrema entre ambos os dous montes (o deslindamento realizarase coa Administración competente).

O deslindamento está formado por 2 tramos:

Tramo 1: punto a-punto b1.

Tramo 2: punto b-punto 15.

Revisada a cartografía das resolucións de clasificación de ambos os MVMC, detéctase que existe estrema entre ambos e considérase que non afecta terceiros propietarios.

O deslindamento establécese con base nos montes de utilidade pública (MUP núm. 521 e MUP núm. 519).

A liña de deslindamento respecta a liña do Instituto Xeográfico Nacional entre os concellos de Tui e O Porriño.

A liña de deslindamento produce modificacións na cartografía dos esbozos de clasificación das seguintes comunidades:

– CMVMC de Ribadelouro: o expediente de revisión de esbozo RE22052 xa recolle o deslindamento actual.

– CMVMC de Rebordáns: achega uns pequenos axustes para pechar o punto a e o punto 15 do deslindamento co resto do esbozo do seu MVMVC.

O Servizo de Montes considera que a solicitude se axusta ao establecido no artigo 53, polo que propón a aprobación do deslindamento segundo a liña presentada.

Consideracións legais e técnicas.

Primeira. A presente resolución dítase de conformidade co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Segunda. O artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, recolle o procedemento que hai que seguir no deslindamento entre montes veciñais en man común e establece que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, logo do exame da documentación presentada, ditará resolución que será publicada no Diario Oficial de Galicia e notificada ás comunidades interesadas.

De acordo cos feitos e consideracións legais e técnicas expostos, o Xurado, por unanimidade dos seus membros,

ACORDA:

Aprobar o deslindamento parcial realizado entre a CMVMC de Ribadelouro e a CMVMC de Rebordáns, ambas as dúas no concello de Tui, respecto da súa estrema común, nos termos indicados no feito terceiro.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición con carácter potestativo perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra no prazo dun mes, ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da presente notificación, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Pontevedra, 14 de agosto de 2024

Antonio Crespo Iglesias
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra