Segundo o contemplado no artigo 1 do Decreto 137/2024, de 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático esta consellería é o órgano da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia ao que lle corresponden as competencias e funcións en materia de ambiente, a conservación do patrimonio natural, a ordenación do litoral e promoción da paisaxe, a protección das augas, a loita contra o cambio climático e prevención da contaminación e as competencias na materia de instalacións de produción de enerxía a partir de fontes renovables, conforme o establecido no Estatuto de autonomía para Galicia e nos termos sinalados na Constitución española e no Decreto 49/2024, do 24 de abril, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia, co nivel de desenvolvemento que se indica neste Decreto para cada un dos órganos integrantes deste departamento.
En particular, segundo o artigo 12 do referido Decreto, a Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade exerce as competencias e funcións en materia de avaliación e control da incidencia que sobre o ambiente provoque a actividade humana, o fomento de sistemas e estratexias de corrección da dita incidencia, a avaliación dos efectos de determinados plans e programas no ambiente, a xestión dos residuos, de acordo cos principios de desenvolvemento sostible e da economía circular, así como en materia de responsabilidade ambiental e sancionadora que por razón da materia lle corresponda.
Inclúense aquí:
a) A elaboración dos anteproxectos de orzamentos da dirección xeral, a súa execución, seguimento e coordinación.
b) As funcións inherentes á xestión económica execución, seguimento, control e xestión dos orzamentos, da execución dos contratos administrativos e resto de actividades de fomento no ámbito da súa competencia por razón da materia.
c) A xestión dos expedientes de contratación menores de competencia da dirección xeral por razón da materia.
d) O seguimento e control dos convenios e protocolos de colaboración.
e) En xeral, prestarlle asistencia, así como desenvolver calquera outra función que, por razón da súa competencia, lle poida encomendar a persoa titular da dirección xeral.
A planificación en materia de prevención e xestión de residuos municipais en Galicia establece as bases para impulsar a xestión dos residuos cara a un escenario sustentable e acorde coa xerarquía de residuos marcada pola normativa, facendo especial fincapé na prevención, reutilización e valorización dos residuos, establecendo metas e obxectivos de acordo coa normativa vixente.
Así, a situación actual en materia de xestión de residuos municipais, recollida no Plan sectorial de xestión de residuos municipais de Galicia 2030 aprobado o 12 de agosto de 2024, permite extraer conclusións e establecer prioridades de actuación encamiñadas cara ao cumprimento destes obxectivos. Entre eles, destacan o establecemento de medidas de prevención na xeración de residuos, o incremento progresivo da cantidade de residuos destinados á preparación para a reutilización e reciclaxe, a mellora da recollida separada en todo o territorio galego, incluíndo a incorporación de novas fraccións de residuos, o aumento da rede de puntos limpos de Galicia considerando as diferentes modalidades para dar cobertura á totalidade da poboación, e melloras nas infraestruturas existentes co fin de mellorar a recuperación de materiais e reducir a cantidade de residuos con destino a vertedoiro.
En concreto, os novos obxectivos de preparación para a reutilización e reciclado dos residuos domésticos municipais quedaron fixados para tres novos horizontes temporais: obxectivo do 55 % en 2025, 60 % en 2030 e 65 % en 2035; que se continúan coa senda marcada xa vixente do 50 % en 2020. Estes residuos ademais teñen unha restrición máxima de vertido do 10 % do total dos residuos municipais xerados en 2035. A estes obxectivos hai que engadir os de reciclado de envases e residuos de envases, globais e por materiais, fixados para 2025 e 2030.
Polo que atinxe ao obxecto e finalidade da presente orde, estas axudas contribúen ao cumprimento da normativa comunitaria neste contexto e, en particular:
• Fomentan as primeiras opcións da xerarquía de residuos.
• Favorecen a separación dos residuos de características especiais, a través dunha axeitada clasificación, que facilitará as operacións de recuperación, reutilización e reciclado dos materiais.
• Favorecen a redución do depósito en vertedoiro, coas medidas relativas á preparación para a reutilización e reciclado dos materiais recuperables.
• Reducen as emisións de gases de efecto invernadoiro, contribuíndo a loita contra o cambio climático.
Contribúen ao alongamento da vida útil dalgúns produtos e ao incremento da dispoñibilidade de materias primas secundarias para os procesos industriais, reducindo o consumo de materias primas virxes, en definitiva, a facer un uso más eficiente dos recursos dispoñibles.
Ademais da contribución en materia de xestión de residuos, de uso eficiente de recursos e da loita contra o cambio climático, súmanse outros beneficios asociados á xeración de emprego como consecuencia da promoción de actividades de recollida, preparación para a reutilización e reciclado.
Seguindo o principio de xerarquía de residuos, a prevención é a mellor opción de xestión, seguida nesta orde, da preparación para a reutilización, do reciclado, doutras formas de valorización (incluída a enerxética) e por último da eliminación (o depósito en vertedoiro, entre outras).
En consecuencia, tendo en conta as competencias asumidas por este departamento, a presente convocatoria vai destinada a apoiar ás empresas na procura de respostas aos retos e oportunidades asociadas á innovación ambiental, a fomentar a realización por parte das empresas de actuacións e investimentos encamiñados, con carácter prioritario, á prevención, protección, mellora e coñecemento ambiental, prestando a súa colaboración económica aos proxectos realizados polo sector empresarial galego en materia de xestión dos recursos e dos residuos.
Cómpre sinalar que con data do 20 de xuño de 2022 aprobáronse, na Conferencia Sectorial de Medio Ambiente, as bases reguladoras das subvencións que deben convocar as Comunidades Autónomas e o reparto propiamente dito das axudas previstas para o Plan de apoio á implementación da normativa de residuos, Programa de Economía Circular e PIMA residuos.
O obxectivo, polo tanto, é lograr que se cree unha nova cultura empresarial que aposte por unha tecnoloxía eficiente, que utilice procesos eco-eficientes baseados na excelencia operacional e o uso de tecnoloxías limpas. Ademais deberán aproveitar os avances en innovación que se están a xerar coa industria 4.0 (fabricación aditiva, monitorización de procesos, incorporación de Tecnoloxías Facilitadoras Esenciais [TFE], materiais avanzados, etc.) para establecer procesos de recollida e xestión de residuos que garantan a redución de emisións de gases de efecto invernadoiro e a redución da contaminación ao medio ambiente (auga, solo e aire).
Esta orde encádrase no marco do Mecanismo de recuperación e resiliencia, dentro do eixe/compoñente 12: política industrial de España 2030, medida/investimento I3: Plan de apoio á implementación da normativa de residuos e ao fomento da economía circular (residuos e economía circular), submedida 001: residuos e economía circular, modalidade de financiamento 4620-MRR, do Plan estatal de recuperación, transformación e resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e no cumprimento da normativa autonómica, estatal e da Unión Europea que regula este tipo de investimentos, e quedan suxeitas, en todo caso, ao cumprimento, execución e realización dos obxectivos fixados no devandito plan.
O investimento é coherente co obxectivo CID 187 y 188, tal e como se define no anexo da Proposta de Decisión de Execución do Consello relativa á aprobación da avaliación do plan de recuperación e resiliencia de España [SWD(2021) 147 final].
As actuacións asegurarán o cumprimento do compromiso de etiquetado verde (non contan con etiquetado dixital) da inversión C12.I3, encadrándose no seguinte campo de intervención de acordo co Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, de 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia: «042: Xestión de residuos domésticos: medidas de prevención, minimización, separación, reutilización e reciclado» cunha contribución aos obxectivos climáticos nun 40 % e aos medioambientais nun 100 %.
Neste marco resultan de aplicación o Real decreto lei 36/2020, do 30 de decembro, polo que se aproban medidas urxentes para a modernización da Administración Pública e para a execución do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, así como o Regulamento (UE) 2020/2094 do Consello, do 14 de decembro do 2020, polo que se establece un Instrumento de Recuperación da Unión Europea para apoiar a recuperación tras a crise da COVID-19 e regulado segundo o Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021 polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia. Resultando tamén de aplicación a Lei 9/2021, de 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, así como a Orde HFP/1030/2021, de 29 de setembro pola que se configura o sistema de xestión do Plan de recuperación, transformación e resiliencia e a Orde HFP/1031/2021, de 29 de setembro, pola que se establece o procedemento e formato da información a proporcionar polas Entidades do sector público estatal, autonómico e localpara o seguimento do cumprimento dos fitos e obxectivos e de execución orzamentaria e contable das medidas dos compoñentes do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.
Estarán sometidas á plena aplicación dos mecanismos de xestión e control que se establezan para o Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE e á normativa da Unión Europea aplicable á xestión, seguimento e control que se estableza para o Plan de reconstrución, transformación e resiliencia, así como as específicas relativas á información e publicidade, verificación e demais impostas pola normativa da Unión Europea, cuxa aplicación será de obrigado cumprimento.
Así mesmo, todas as actuacións que se executen dentro do marco do Plan nacional de recuperación, transformación e resiliencia (PRTR) deben cumprir o principio de «non causar prexuízo significativo» aos seguintes obxectivos medioambientais recollidos no artigo 17 do Regulamento 2020/852 do Parlamento e do Consello, de 18 de xuño, de 2020, relativo ao establecemento dun marco para facilitar investimentos sostibles (principio DNSH):
a) A mitigación do cambio climático.
b) A adaptación ao cambio climático.
c) O uso sostible e a protección dos recursos hídricos e mariños.
d) A economía circular.
e) A prevención e control da contaminación.
f) A protección e recuperación da biodiversidade e os ecosistemas.
O financiamento máximo outorgado para as actuacións reguladas nesta orden non excederá o 90 % do custo total subvencionable para a Liña 1, para a liña 2 o 60 %, liña 3 o 50 %. A porcentaxe restante será compatible co financiamento que os beneficiarios poidan recibir doutras administracións, nos temos do artigo 27. O financiamento achegado non é compatible cos Proxectos Clima, promovidos a través do Fondo de Carbono para unha Economía Sustentable (FES-CO2), sendo compatible o financiamento con outras axudas, subvencións, ingresos ou recursos para a mesma finalidade procedentes de calquera outro fondo europeo, tales como Feder, REACT-UE, FSE, Feader, Horizonte Europa, etc. sempre e cando dita axuda non cubra o mesmo custo.
En virtude do anterior, no uso das atribucións que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,
DISPONO:
Artigo 1. Obxecto
1. Esta orde ten por obxecto regular a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas a pequenas e medianas empresas, autónomos, asociacións e fundacións da Comunidade Autónoma de Galicia para a construción e ampliación de instalacións de preparación para a reutilización (en diante PxR) de residuos domésticos recollidos separadamente (RAEE, téxtiles, etc.) e construción de instalacións de reciclado de residuos téxtiles ao tempo que se fai pública a súa convocatoria por anticipado de gasto para o ano 2025 (código de procedemento MT975V).
Artigo 2. Persoas beneficiarias
1. Con carácter xeral, poderán ser persoas beneficiarias destas axudas, pequenas e medianas empresas (pemes), segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, de 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado da UE (Regulamento xeral de exención por categorías), calquera que fora súa forma xurídica, que, cumprindo o establecido neste artigo, desenvolvan ou materialicen o proxecto ou actuación obxecto da subvención no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.
2. Considerarase empresa, aos efectos das presentes bases reguladoras e segundo o artigo 1 do anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014, toda entidade, independentemente da súa forma xurídica, que exerza unha actividade económica incluídas as asociacións e fundacións sen ánimo de lucro. Inclúense nesta definición, en particular, os autónomos, comunidades de bens e calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda que carecendo de personalidade xurídica, leven a cabo actividade empresarial.
3. Cando se trate de agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica e sempre que se axuste ao sinalado no apartado 2 deste artigo, poidan desenvolver o proxecto, actividade ou comportamento para o que se solicita a axuda deberase facer constar expresamente tanto na solicitude como na resolución de concesión, os compromisos de execución asumidos por cada un dos integrantes da agrupación, así como o importe de subvención que se vai aplicar por cada un deles, que terán igualmente a condición de persoa beneficiaria. Deberá nomearse un representante ou apoderado único da agrupación con poderes bastantes para cumprir coas obrigas propias dos beneficiarios dunha subvención. Non poderá disolverse a agrupación ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 39 e 65 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, así como nos artigos 35 e 63 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
4. Unha empresa non pode concorrer á convocatoria de maneira simultánea para a mesma actuación de maneira individual e a través dunha agrupación na que se integre. De darse o caso inadmitirase a solicitude que, de conformidade coa data de presentación, fose posterior no tempo. En cambio, si será posible que unha mesma empresa concorra a esta convocatoria de maneira simultánea para as diferentes liñas subvencionables as que se refire o artigo 3, para o que deberá presentar unha solicitude para cada unha das liñas subvencionables, de ser o caso.
5. Non poderán ter a condición de persoa beneficiaria:
a) As entidades ou empresas en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 13.2 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e no artigo 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
b) As entidades ou empresas que entren dentro da categoría de empresas en crise ao abeiro da definición do artigo 2.18 do Regulamento xeral de exención (Regulamento UE nº 651/2014).
c) As entidades ou empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión da Comisión que teña declarado unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.
d) No caso de que a subvención supere os 30.000 euros e a persoa solicitante estea incluída no ámbito de aplicación subxectivo da Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade en operacións comerciais, e cumpra os requisitos establecidos no artigo 258 do Real decreto lexislativo 1/2010, do 2 de xullo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de sociedades de capital para os efectos de presentación da conta de perdas e ganancias abreviada, non poderán ter a condición de beneficiaria as empresas que incumpran os prazos de pagamento previstos na mencionada lei. Deberá achegarse declaración responsable de que se atopa ao corrente no cumprimento dos prazos de pago establecidos no artigo 4 de dita Lei 3/2004, de 29 de decembro (anexo I).
Artigo 3. Actuacións subvencionables
1. Ao abeiro desta orde de axudas serán subvencionables os conceptos que se citan de seguido para cada liña de axuda.
a) Liña 1: Proxectos de nova construción de instalacións de PxR de residuos domésticos recollidos separadamente (RAEE, téxtiles, etc.) así como a ampliación de instalacións existentes para incluír liñas de PxR de residuos domésticos recollidos separadamente (RAEE, téxtiles, etc.) para asociacións e fundacións.
Estas axudas teñen como fin mellorar a cantidade de residuos preparados para a súa reutilización procedentes de residuos domésticos recollidos separadamente (RAEE, téxtiles, etc.). Para este obxecto, financiaranse tanto a construción de novas instalacións como ampliación de instalacións xa existentes para incluír liñas de PxR para residuos recollidos separadamente (RAEE, téxtiles, etc.) dentro do territorio da Comunidade Autónoma.
Os conceptos subvencionables dentro de este tipo de proxectos son os que se recollen a continuación:
1º. A construción da instalación dedicada á PxR, incluíndo zona de almacenaxe e superficie destinada á venda dos produtos recuperados. O financiamento limitarase aos conceptos mínimos para un adecuado funcionamento da instalación, e o proxecto cumprirá con todos os requisitos que a normativa sectorial poida impoñer a estas instalacións. Non se inclúen instalacións auxiliares, como oficinas ou almacéns para maquinaria.
2º. Os elementos de almacenamento axeitado tanto para os residuos recibidos como para os produtos recuperados, como gaiolas, andeis ou armarios.
3º. A maquinaria e ferramentas necesarias para desenvolver os traballos de preparación para a reutilización. Non se inclúe neste concepto material funxible ou outro tipo de maquinaria e ferramentas que non sexan necesarias para o desenvolvemento da actividade.
4º. Formación para os traballadores da instalación.
5º. Campaña de comunicación, unha vez terminada a instalación e dirixida a concienciar á poboación próxima da entrega de residuos para a súa preparación para a reutilización.
6º. A adquisición de Software e hardware para o control e a rastrexabilidade tanto dos residuos recibidos e xerados, como dos produtos recuperados.
7º. Servizos complementarios á execución da obra, tales como honorarios de redacción de proxecto, dirección de obra e coordinación de seguridade e saúde.
b) Liña 2: Proxectos de nova construción de instalacións de PxR de residuos domésticos recollidos separadamente (RAEE, téxtiles, etc.) e a ampliación de instalacións existentes para incluír liñas de PxR de residuos domésticos recollidos separadamente (RAEE, téxtiles, etc.) para pemes e autónomos.
Estas axudas teñen como fin mellorar a cantidade de residuos preparados para a súa reutilización procedentes de residuos domésticos recollidos separadamente (RAEE, téxtiles, etc.). Para este obxecto, financiaranse tanto a construción de novas instalacións como ampliación de instalacións xa existentes para incluír liñas de PxR para residuos recollidos separadamente (RAEE, téxtiles, etc.) dentro do territorio da Comunidade Autónoma.
Os conceptos subvencionables dentro de este tipo de proxectos son os que se recollen a continuación:
1º. A construción da instalación dedicada á PxR, incluíndo zona de almacenaxe e superficie destinada á venda dos produtos recuperados. O financiamento limitarase aos conceptos mínimos para un adecuado funcionamento da instalación, e o proxecto cumprirá con todos os requisitos que a normativa sectorial poida impoñer a estas instalacións. Non se inclúen instalacións auxiliares, como oficinas ou almacéns para maquinaria.
2º. Os elementos de almacenamento adecuado tanto para os residuos recibidos como para os produtos recuperados, como gaiolas, andeis ou armarios.
3º. A maquinaria e ferramentas necesarias para desenvolver os traballos de preparación para a reutilización. Non se inclúe neste concepto material funxible ou outro tipo de maquinaria e ferramentas que non sexan necesarias para o desenvolvemento da actividade.
4º. Formación para os traballadores da instalación.
5º. Campaña de comunicación, unha vez terminada a instalación e dirixida a concienciar á poboación próxima da entrega de residuos para a súa preparación para a reutilización.
6º. A adquisición de Software e hardware para o control e a rastrexabilidade tanto dos residuos recibidos e xerados, como dos produtos recuperados.
7º. Servizos complementarios á execución da obra, tales como honorarios de redacción de proxecto, dirección de obra e coordinación de seguridade e saúde.
c) Liña 3: Proxectos de nova construción de instalacións de reciclado de residuos téxtiles de orixe municipal recollidos separadamente (roupa, calzado, accesorios de vestimenta, roupa do fogar e similares) para pemes e autónomos.
Estas axudas estarán destinadas á construción de instalacións que permitan un tratamento diferenciado dos residuos téxtiles (roupa, calzado, accesorios de vestimenta, roupa do fogar e similares) recollidos separadamente, de maneira que este fluxo de residuos poida contribuír á consecución dos obxectivos comunitarios de preparación para a reutilización e reciclado dentro do territorio da Comunidade Autónoma.
Non se financiará a construción de instalacións que teñan por obxecto outros tratamentos distintos da reciclaxe dos residuos téxtiles.
Os conceptos subvencionables dentro de este tipo de proxectos son os que se recollen a continuación:
1º. A construción da instalación (incluída adecuación do terreo) dedicada á reciclaxe dos residuos téxtiles, incluíndo as zonas de almacenamento. Non se inclúen as instalacións auxiliares (como oficinas, almacéns para maquinaria, etc.).
2º. A maquinaria e ferramentas estritamente necesarias para o proceso de reciclaxe, incluíndo aquela necesaria para a clasificación dos residuos téxtiles, o seu tratamento mecánico ( bobinado, corte, etc.) ou tratamento fisicoquímico (incluídos procesos térmicos). Non se inclúe neste concepto o material funxible ou outro tipo de maquinaria e ferramentas que non sexan estritamente necesarias para a reciclaxe dos residuos téxtiles.
3º. Instalacións ou elementos para o almacenamento tanto dos residuos téxtiles obxecto de tratamento como dos materiais obtidos tras o proceso de reciclaxe.
4º. A adquisición de Software e hardware para o control e a rastrexabilidade tanto dos residuos recibidos e xerados, como dos produtos recuperados.
5º. Servizos complementarios á execución da obra, tales como honorarios de redacción de proxecto, dirección de obra e coordinación de seguridade e saúde.
Artigo 4. Requisitos
Os proxectos que se presenten para optar á presente convocatoria deberán observar os seguintes requisitos:
a) Deberá xustificar que ten presentada a correspondente solicitude de autorización ou, no seu caso, modificación da autorización, como xestor de residuos perigosos e/ou non perigosos ante o órgano competente da Comunidade Autónoma de Galicia na fase de solicitude. A solicitude como xestor de valorización de residuos perigosos e/ou non perigosos, deberá incluír, nos casos en que así o exixa a Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, o documento correspondente para iniciar o trámite.
b) Para os efectos da presente convocatoria, teñen a consideración de residuos especiais de competencia municipal aqueles residuos que carecen de sistemas ordinarios de recollida pero que son susceptibles de recuperación ou necesitan recollerse separadamente debido as súas especiais características (aceites vexetais usados, téxtiles, voluminosos, etc.).
c) Será obrigatorio que, na fase de xustificación final da axuda, a instalación conte coa autorización pertinente para levar a cabo a actividade.
d) No caso de que o proxecto, ou determinados conceptos, afecten a fluxos de residuos cubertos pola responsabilidade ampliada do produtor, non será financiable a parte atribuíble á responsabilidade ampliada do produtor.
e) Para as liñas 1 e 2 deberá detallar na memoria de solicitude os tipos de residuos que prepararán para a reutilización, os tratamentos de cada un deses residuos, así como as condicións de venda, que incluirán a correspondente garantía postventa e a súa declaración como produto novo naqueles casos que sexa necesario.
f) Será obrigatorio que as persoas beneficiarias acrediten que non se atopan en crise.
Artigo 5. Gastos subvencionables
1. Con carácter xeral, e de acordo co establecido no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, considéranse gastos subvencionables aqueles que de forma indubidable respondan á natureza da actividade subvencionable e cumpran o establecido no artigo 17 do Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento europeo e do Consello, de 12 de febreiro, de 2021, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia (en diante, Mecanismo).
2. En particular, non serán gastos subvencionables os seguintes:
a) Os gastos non xustificados correctamente ou que non sexan obxecto de subvención, así como os gastos non imputables ao investimento.
b) O imposto sobre o valor engadido así como calquera outro imposto de natureza similar que sexa recuperable. Tampouco se subvencionarán os impostos persoais ou sobre a renda.
c) Os gastos financeiros derivados do investimento.
d) Os investimentos realizados mediante contrato de arrendamento financeiro ou leasing.
e) Os gastos de persoal.
f) Os premios ou agasallos non relacionados coa actuación e/ou innecesarios.
g) Os custos asociados aos servizos de recollida e o tratamento dos residuos municipais.
h) Respecto dos bens de equipo de segunda man, non serán subvencionables excepto os que cumpran os requisitos seguintes:
1º. Que conste unha declaración do vendedor sobre a orixe dos bens e sobre que os mesmos non teñen sido obxecto de ningunha subvención nacional ou comunitaria.
2º. O prezo non poderá ser superior ao valor de mercado e deberá ser inferior ao custo dos bens novos similares, acreditándose estes extremos mediante certificación de taxador independente.
i) Os custos de alugamentos e pagamento de servizos a terceiros.
j) No caso de que o proxecto, ou determinados conceptos deste, afecten fluxos de residuos cubertos pola responsabilidade ampliada do produtor, non será financiable a parte atribuíble á responsabilidade ampliada do produtor.
k) Aqueles gastos que figuren no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, como non subvencionables.
3. No caso de ser preciso, as persoas solicitantes poderán subcontratar a totalidade das actuacións subvencionables, de conformidade co disposto no artigo 27 da Lei 9/2007. Deberase identificar ao contratista e subcontratista, segundo o disposto no artigo 8 da Orde HFP/1030/2021, de 29 de setembro, pola que se configura o sistema de xestión do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.
En ningún caso poderán subcontratarse actividades que, aumentado o custe da actividade obxecto da subvención, non aporte valor engadido ao contido da mesma.
En ningún caso poderá subcontratarse con aquelas persoas ou entidades nas que concorra algunha das prohibicións previstas no artigo 29.7 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, así como no artigo 27.7 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e nos seus regulamentos de desenvolvemento.
As entidades subcontratadas deberán comprometerse a cumprir cos estándares máis exixentes en relación coas normas xurídicas, éticas e morais, adoptando as medidas necesarias para previr e detectar a fraude, a corrupción e os conflitos de interese, así como a respectar os principios de economía circular e evitar impactos negativos significativos no medio ambiente («DNSH» polas súas siglas en inglés do no significant harm) na execución das actuacións levadas a cabo no marco de Plan de recuperación, transformación e resiliencia, así como a non incorrer en dobre financiamento e que, no seu caso, non lle conste risco de incompatibilidade co réxime de axudas de Estado. Este cumprimento acreditarase mediante declaración da subcontratación, no momento da xustificación (artigo 22 desta norma), segundo o modelo incluído como anexo VI nesta orde.
Será de aplicación a normativa vixente en materia de contratación pública.
A estes efectos, o cumprimento nestes termos acreditarase mediante declaración da subcontratación correspondente, no momento da xustificación (artigo 25.3 desta norma), segundo o modelo incluído como anexo VI nesta orde.
4. A persoa beneficiaria deberá solicitar como mínimo tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación do compromiso para a prestación do servizo ou a entrega do ben, salvo que polas especiais características dos gastos subvencionables non exista no mercado suficiente número de entidades que o subministren ou presten.
Artigo 6. Crédito e contía das axudas
1. As axudas convocadas ao abeiro desta orde financiaranse con cargo ás aplicacións orzamentarias 06.03.541D.781.0 (código de proxecto 2023 00228) e 06.03.541D.770.0 (código de proxecto 2023 00228 e 2025 00023) correspondentes aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025 procedentes do Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, cun importe total de tres millóns douscentos mil euros ( 3.200.000,00 €), coa seguinte distribución:
|
Liñas de axudas |
Aplicación orzamentaria |
Código de proxecto |
Ano 2025 |
|
Liña 1 PxR Asociacións e fundacións |
06.03.541D.781.0 |
2023 00228 |
200.000,00 € |
|
Liña 2PxR Empresas e autónomos |
06.03.541D.770.0 |
2023 00228 |
1.500.000,00 € |
|
Liña 3 Valorización Téxtiles |
06.03.541D.770.0 |
2025 00023 |
1.200.000,00 € |
|
2023 00228 |
300.000,00 € |
||
|
Totais |
3.200.000,00 € |
||
2. Para o caso de que nalgunha das liñas as solicitudes beneficiarias non resultasen suficientes para esgotar os fondos dispoñibles, o crédito sobrante poderá destinarse á cobertura de solicitudes das outras liñas, sendo prioritarias as solicitudes correspondentes a liña 3, en segundo lugar as da liña 2, e en terceiro lugar as da liña 1.
3. O financiamento máximo outorgado para as diferentes liñas reguladas nesta orde de axudas serán os seguintes:
a) Liña 1. O financiamento máximo outorgado para as actuacións reguladas nesta liña non excederá o 90 % do custo subvencionable. A porcentaxe restante será asumida pola persoa beneficiaria e será compatible co financiamento que esta poida recibir doutras administracións, sempre e cando non supere o custo total do proxecto que se vai a financiar. O importe máximo da subvención será de 200.000 €.
b) Liña 2. O financiamento máximo outorgado para as actuacións reguladas nesta liña non excederá o 60 % do custo subvencionable. A porcentaxe restante será asumida persoa beneficiaria e será compatible co financiamento que esta poida recibir doutras administracións, sempre e cando non supere o custo total do proxecto que se vai a financiar. O importe máximo da subvención será de 200.000 €.
As axudas establecidas nas liñas 1 e 2 están sometidas ao réxime de minimis nos termos establecidos no artigo 3 do Regulamento (UE) nº 2023/2831 da Comisión, de 13 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis,(DOUE 15.12.2023 Serie L) en virtude do cal o importe total das axudas de minimis concedidas por un Estado membro a unha única empresa non excederá dos 300.000 euros durante calquera período dos tres anos previos. Este límite máximo aplícase a todo o conxunto de axudas recibidas en concepto de minimis pola empresa, independentemente da forma en que se outorguen ou do obxectivo perseguido.
En virtude do anterior, as entidades deberán declarar, no momento de presentar a solicitude, o conxunto de axudas recibidas pola empresa en concepto de minimis durante os tres anos previos.
c) Liña 3. O financiamento máximo outorgado para as actuacións reguladas nestas liñas non excederá o 50 % do custo subvencionable. A porcentaxe restante será asumida pola persoa beneficiaria. Esta axuda será compatible co financiamento que esta poida recibir doutras administracións, sen que se poida superar a intensidade máxima permitida polo Regulamento 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014 polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado.
De conformidade co artigo 47.7 do citado Regulamento, o solicitante da axuda deberá demostrar, mediante a presentación dunha solicitude responsable, que sin a axuda non realizaría a inversión.
Para os efectos do cumprimento do efecto incentivador, esixido polo artigo 6 do Regulamento(UE) nº 651/2014, da Comisión, de 17 de xuño de 2014, as axudas da liña 3 concederanse unicamente a proxectos de investimento iniciados con posterioridade á presentación da solicitude de axuda.
O importe máximo da subvención será de 800.000 €.
As axudas concedidas dentro da liña de axudas 3 establecidas nesta orde están sometidas ao disposto no Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, concretamente no seu artigo 47, onde se indica que as axudas ao investimento que permitan ás empresas ir máis alá das normas da Unión en materia de protección ambiental ou incrementar o nivel de protección ambiental en ausencia de normas da Unión, serán compatibles co mercado interior a teor do artigo 107, punto 3 do Tratado.
Neste sentido non se concederán axudas para os investimentos que se realicen coa finalidade de cumprir as normas da Unión xa adoptadas e estean en vigor.
Porén, as actuacións que se financian ao abeiro desta liña de axudas establecen obxectivos específicos na preparación para a reutilización e reciclaxe de residuos municipais superiores aos recollidos na normativa vixente.
Así a través destas bases se establecen obxectivos moi ambiciosos fixando de forma escalada varios anos límite para cumprir diversos obxectivos, entre outros en 2025, aumentarase a preparación para a reutilización e a reciclaxe de residuos municipais ata un mínimo do 55 % en peso. Se prevé 2030, aumentarase a preparación para a reutilización e a reciclaxe de residuos municipais ata un mínimo do 60 % en peso. No 2035, aumentarase a preparación para a reutilización e a reciclaxe de residuos municipais ata un mínimo do 65 % en peso.
Todo o anterior tendo en conta que, xa no marco da Estratexia 2020, a Folla de ruta cara a unha Europa eficiente no uso dos recursos (COM(2011) 571 final) deseñouse un marco estratéxico que establece as condicións para promover, entre outras cuestións, o incremento da reutilización, a reciclaxe e a substitución de materiais, así como para o aforro de recursos, con este fin, fixa como obxectivo que «en 2020, os residuos xestionaranse como recursos». Para iso, a Comisión Europea estableceu, entre outras as seguintes actuacións; estimular o mercado de materiais secundarios e a demanda de materiais reciclados ofrecendo incentivos económicos e desenvolvendo criterios para determinar cando un residuo deixa de selo.
4. De acordo co previsto no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, excepcionalmente poderase ampliar a contía máxima dos créditos dispoñibles cando o aumento veña derivado dunha xeración, ampliación ou incorporación de crédito; cando existan remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo ou no suposto previsto no artigo 25.3 do regulamento.
O incremento do crédito queda condicionado á declaración de dispoñibilidade como consecuencia das circunstancias sinaladas e, de ser o caso, logo de aprobación da modificación orzamentaria que proceda.
Esta ampliación publicarase nos mesmos medios que a convocatoria, sen que implique a apertura de prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio de novo cómputo de prazo para resolver.
Unha vez esgotadas as contías máximas fixadas nestas bases, no punto 1 deste artigo, así como, de ser o caso, as ampliacións de crédito efectuadas, e de conformidade co disposto no artigo 31 da Lei 9/2007 e do artigo 32 do seu Regulamento, publicarase o esgotamento das contías no Diario Oficial de Galicia e na páxina web http://sirga.xunta.gal/, e acordarase a inadmisión das solicitudes posteriores.
En aplicación do disposto nos artigos 67.1 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, e dado que a súa execución se prevé exclusivamente en anualidades posteriores ao presente exercicio, a súa eficacia queda sometida á condición suspensiva da existencia de crédito axeitado e suficiente para financiar as obrigas derivadas deste, de conformidade co establecido na Orde da Consellería de Economía e Facenda, do 11 de febreiro de 1998 sobre tramitación anticipada de expedientes de gasto, modificada polas Ordes da Consellería de Economía e Facenda do 27 de novembro de 2000 e do 25 de outubro de 2001.
Artigo 7. Solicitude e prazos
1. O prazo de presentación de solicitudes será dun (1) mes, a contar dende o día seguinte á publicación da convocatoria no DOG. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o último día do mes.
En todo caso, non se admitirán a trámite e se ditará resolución de inadmisión e arquivo daquelas solicitudes que se presenten fora do prazo establecido neste artigo.
2. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado, (anexo I), dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, http://sede.xunta.gal (Código de procedemento MT975V).
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
3. As solicitudes subscribiranas directamente os interesados ou a persoa que acredite a súa representación por calquera medio válido en dereito. A presentación da solicitude implica o coñecemento e a aceptación destas bases reguladoras.
4. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
5. As persoas solicitantes que cumpran os requisitos para ser beneficiarias de acordo co establecido nos artigos precedentes poderán concorrer a esta convocatoria ao abeiro das diferentes liñas subvencionables recollidas nestas bases reguladoras, e deberán presentar unha solicitude por cada liña, tendo en conta as contías máximas de axuda establecidas no artigo 6 destas bases reguladoras.
6. Para o caso de dificultades técnicas ou no caso de requirir máis información, a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático pon a disposición dos interesados o seguinte enderezo do correo electrónico: fondos-mrr@xunta.gal. Para os casos concretos de dúbidas nas solicitudes iniciais terán o seguinte número de teléfono a disposición dos solicitantes: 981541734.
Artigo 8. Documentación complementaria
1. As persoas interesadas deberán presentar a documentación xeral e técnica que se indica a seguir:
a) As empresas que non se atopen obrigadas por lei a inscribirse no Rexistro Mercantil ou calquera outro rexistro público presentarán a documentación acreditativa da constitución e da representación correspondente.
b) Copia do documento que acredite a existencia dun centro de traballo en Galicia ou a realización dalgunha actividade empresarial xustificable dentro do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.
c) Acreditación emitida polo representante da empresa en que se indique a cualificación como empresa autónoma, ou ben se indiquen as empresas asociadas ou vinculadas, incluíndo os datos de participación respectivos.
d) Declaración, por parte da persoa solicitante, do compromiso en relación coa execución de actuacións do Plan de recuperación, transformación e resiliencia (PRTR) no senso do artigo 8, apartado 2.e), da Orden HFP/1030/2021, do 29 de setembro, do Ministerio de Facenda e Función Pública, pola que se configura o sistema de xestión do Plan de recuperación, transformación y resiliencia (anexo II). Dentro da que se contén a referencia expresa ao domicilio fiscal da persoa física ou xurídica.
e) Acreditación destinada a especificar calquera outra axuda solicitada ou concedida para o mesmo proxecto, das distintas administracións públicas competentes, así como ás sometidas á norma comunitaria de minimis recibidas no periodo dos tres anos previos para as liña 1 e 2.
f) Cando se trate de agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica e sempre que se axuste ao sinalado no artigo 2 destas bases, deben presentar os Estatutos de constitución da agrupación ou, no seu caso, os de asociación, así como o anexo de pluralidade de solicitantes (anexo VII).
g) Memoria técnica do proxecto para o cal solicita a subvención que deberá conter unha descrición clara das actividades que se van a desenvolver, tanto desde o punto de vista técnico como económico, así como os datos e información requirida atendendo ao tipo de actuación ou actuacións para as que se solicita a axuda e segundo o que se sinala a seguir.
1º. Tipoloxía e nome do proxecto.
2º. Breve descrición do proxecto presentado, en que se inclúan polo menos as capacidades que se van tratar ou aumentar e os residuos que se van tratar.
3º. Identificación e datos de contacto do responsable técnico.
4º. Introdución e diagnose da situación actual na materia do proxecto dentro do ámbito de actuación.
5º. Obxectivos do proxecto e descrición detallada das súas actuacións (materiais necesarios, tipo e cantidade) poboación atendida e sectores ou axentes implicados. Será preciso neste punto a referencia ás melloras ou beneficios ambientais que se procuran co proxecto.
6º. Indicadores e medidas de seguimento e resultados esperados (residuos recollidos en quilogramos, por tipoloxía de residuos).
7º. Estimación das gases de efecto invernadoiro evitadas e das toneladas de residuos que contribuirán ao cumprimento dos obxectivos nesta materia.
8º. Programación temporal (cronograma) para o desenvolvemento do proxecto en correspondencia coas previsións de gastos incluídas no orzamento que se remita e tendo en conta o recollido nestas bases reguladoras.
9º. O plan de actuación deseñado deberá incluír unha xustificación pormenorizada dos materiais, actuacións e recursos propostos de conformidade cos gastos subvencionables ao abeiro desta orde. Detallaranse as campañas de comunicación previstas, así como os seus custos estimados nas solicitudes correspondentes á liña 1 e 2.
10º. Orzamento resumido e detallado das actuacións que se van a solicitar (tendo en conta que o IVE non é subvencionable) os conceptos polos que se concorre na convocatoria chegando á desagregación a nivel de importes unitarios, de ser o caso, e tendo en conta o establecido nestas bases reguladoras en relación co período subvencionable e os prazos para a xustificación.
Toda a documentación técnica debe ser presentada nun único documento, que se titule do seguinte xeito «Memoria_técnica».
h) Documentación acreditativa que xustifique o cumprimento dos requisitos establecidos no artigo 4.
i) Documentación que considere oportuna para os efectos do establecido no artigo 15 desta orde, co fin de que a comisión de avaliación poida avaliar o cumprimento ou non dos criterios fixados para a valoración e relación das solicitudes presentadas ou declaración responsable, de ser o caso, que permita deixar constancia do seu cumprimento.
j) Solicitude de autorización ou, no seu caso, modificación da autorización, como xestor de residuos perigosos e/ou non perigosos ante o órgano competente da Comunidade Autónoma de Galicia na fase de solicitude. A solicitude como xestor de valorización de residuos perigosos e/ou non perigosos, deberá incluír, nos casos en que así o exixa a Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, o documento correspondente para iniciar o trámite.
k) Acreditación da nova capacidade da instalación (capacidade máxima e normal) obxecto da axuda.
l) No caso de solicitudes relativas á liña 1 deberán presentar o anexo I.A debidamente cuberto.
m) No caso de solicitudes relativas á liña 2 deberán presentar o anexo I.B debidamente cuberto.
n) No caso de solicitudes relativas á liña 3 deberán presentar o anexo I.C debidamente cuberto.
o) Documentación acreditativa da representación. A representación poderá acreditar por calquera medio válido en dereito que deixe constancia fidedigna da súa existencia e en todo caso segundo o recollido no artigo 5 da Lei 39/2015 de 1 de outubro do Procedemento Administrativo Común das administracións públicas e no artigo 32 do Real decreto 203/2021, de 30 de marzo, polo que aproba o Regulamento de actuación e funcionamento do sector público por medios electrónicos.
2. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recollidos electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta as plataformas de intercambio de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se pode obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.
3. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. Se algunha das persoas interesada presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar, de maneira motivada, o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
5. No caso de que algún dos documentos que se van a presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación desde de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Artigo 9. Comprobación de datos
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas Administracións públicas agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) DNI ou NIE da persoa solicitante.
b) DNI ou NIE da persoa representante.
c) NIF da persoa solicitante.
d) Alta no imposto de actividades económicas (IAE) da persoa solicitante.
e) Certificado de estar ao día nas obrigas tributarias coa AEAT.
f) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.
g) Certificado de estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da comunidade autónoma.
h) Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.
i) Consulta de concesións de subvencións e axudas.
j) Para as axudas das liñas 1 e 2, consulta de axudas concedidas baixo a regra de minimis.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Artigo 10. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar trala presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Artigo 11. Procedemento de concesión
O procedemento que se empregará para a concesión das axudas será o concorrencia competitiva contemplado no artigo 19, apartado 1º da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.
Artigo 12. Órganos competentes
1. A Subdirección Xeral de Residuos e Economía Circular da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático será o órgano competente para a instrución do procedemento, revisando as solicitudes recibidas e a documentación presentada.
2. A Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade será o órgano competente para a resolver o procedemento por delegación da persoa titular da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, en virtude do recollido na Disposición derradeira primeira da presente orde.
Artigo 13. Instrución
1. A instrución do procedemento corresponde á Subdirección Xeral de Residuos e Economía Circular da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, que revisará toda as solicitudes recibidas e a documentación presentada.
2. No caso de estar incompleta, ter erros ou non presentar toda a necesaria, o defecto nas solicitudes seralles notificado ás persoas interesadas, e de conformidade co previsto no artigo 20.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, daráselles un prazo máximo e improrrogable de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da recepción do requirimento, para emendar os erros ou omisións, con indicación de que, de non facelo así, se considerará que desisten da súa petición, previa resolución que deberá ditarse nos termos do artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Este requirimento de emenda tamén se efectuará si, das certificacións obtidas de conformidade co artigo 9 destas bases reguladoras, resulta que a persoa solicitante non está ao corrente nas súas obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e coa Administración da Comunidade Autónoma, tendo que achegar nestes casos o solicitante as correspondentes certificacións ou documentos.
3. Sen prexuízo do disposto no punto anterior, en calquera fase do procedemento anterior á proposta de resolución poderáselle requirir á persoa solicitante que achegue a información e/ou a documentación complementaria que se considere conveniente para a correcta definición, avaliación e comprobación da solicitude presentada.
4. Tales requirimentos de emenda, así como calquera tipo de notificación, realizaranse a través de medios electrónicos, de conformidade co establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, de maneira que, cando existindo constancia da posta á disposición da notificación, transcorresen 10 días naturais sen que se acceda ao seu contido, entenderase que a notificación foi rexeitada, salvo que de oficio ou por instancia do destinatario se comprobe a imposibilidade técnica ou material do acceso.
5. Unha vez revisadas as solicitudes e feitas as emendas, os expedientes administrativos que reúnan todos os requisitos e a documentación necesaria serán remitidos, xunto co correspondente informe do órgano instrutor, á comisión encargada da súa valoración. Aqueles que non cumpran coas exixencias contidas nestas bases ou na normativa de aplicación, ou que non conteñan a documentación necesaria, serán obxecto de resolución de inadmisión a trámite ou de denegación, dependendo da circunstancia que concorra en cada caso.
6. Por outra parte, de conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, transmitirase á Base de datos nacional de subvencións a información requirida por esta, o texto da convocatoria para a súa publicación na citada base e o seu extracto no Diario Oficial de Galicia.
Artigo 14. Comisión de avaliación
1. As solicitudes completas xunto coa documentación requirida serán postas á disposición dunha comisión de avaliación para a súa valoración e informe, o cal incluirá unha relación coa puntuación que corresponde a cada unha das solicitudes segundo os criterios establecidos no artigo 15 desta orde.
2. A comisión de avaliación estará presidida pola persoa titular da Subdirección Xeral de Residuos e Economía Circular, ou persoa en que delegue, e integrada por dous funcionarios da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade. Unha persoa funcionaria da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade exercerá de persoa secretaria da comisión.
3. A referida comisión realizará a valoración técnica dos expedientes admitidos ou non denegados e emitirá un informe (tendo en conta os criterios sinalados no artigo 15 en que identificarán, de xeito individualizado, a puntuación obtida por cada un dos solicitantes que acadaron a fase de avaliación, mediante unha relación ordenada de todas as solicitudes que cumpren coas condicións, tanto administrativas como técnicas, establecidas nas bases reguladoras. No informe constará a relación das entidades coas correspondente puntuacións obtida segundo os criterios de valoración.
4. Este informe será remitida ao órgano instrutor, que elaborará a proposta de resolución en base a puntuación obtida por cada un dos solicitantes na fase de valoración técnica, que será elevada á persoa titular da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, ou persoa en que delegue, para a súa resolución.
Consonte o establecido no artigo 3 da Orde HFP/55/2023, do 24 de xaneiro, relativa á análise sistemática do risco de conflito de interese nos procedementos que executan o Plan de recuperación, transformación e resiliencia, as persoas que formen parte do órgano competente para a concesión e os membros dos órganos colexiados de valoración de solicitudes, de ser o caso, nas fases de valoración de solicitudes y resolución de concesión, deberán asinar electrónicamente unha Declaración de Ausencia de Conflito de interese (DACI), co contido mínimo indicado no anexo I da devandita orde.
No caso de que concorra conflito de intereses, aplicarase o procedemento establecido no artigo 6 da dita orde.
Consonte ao establecido no artigo 6.4 da Orde HFP/1030/2021, de 29 de setembro pola que se configura o sistema de xestión do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, as persoas que interveñan no proceso de selección das persoa beneficiarias ou nos procesos de verificación do cumprimento das condicións, manifestarán, de forma expresa, a ausencia ou non de conflito de intereses a través dunha Declaración de Ausencia de Conflito de Intereses (DACI), de acordo co modelo establecido na devandita orde.
No caso de que concorra conflito de intereses, a persoa afectada concretará as solicitudes sobre as que recae o dito conflito, debendo absterse de intervir na súa selección coa fin de mitigar os riscos de materialización deste conflito.
Artigo 15. Criterios de valoración
1. A comisión de avaliación, a que se refire o artigo 14 desta orde, valorará as solicitudes presentadas aplicando os criterios e puntuacións que de seguido se sinalan para cada un dos grupos de actuacións subvencionables contemplados:
a) Liña 1:
1º. Capacidade máxima de tratamento (toneladas anuais) ata 30 puntos.
2º. Os proxectos que conten para o seu desenvolvemento coa implicación de centros especiais de emprego e/ou entidades de economía social obterán 10 puntos.
3º. Relevancia ambiental do proxecto, ata 30 puntos distribuídos da seguinte maneira:
– Ratio cantidade de residuos a tratar /investimento (toneladas/euro) aos que aplica o proxecto: ata 1 puntos.
– Cantidade de gases de efecto invernadoiro evitadas (t CO2 -eq): ata 15 puntos.
4º. A coherencia, calidade e claridade da memoria do proxecto (diagnose, obxectivos, indicadores, resultados previstos, continuidade no tempo), ata 30 puntos distribuídos da seguinte maneira:
– A calidade do proxecto valorarase en función do grao de detalle técnico e descritivo da memoria, en cada un dos seus parágrafos (diagnose, obxectivos, indicadores, resultados previstos, continuidade no tempo); ata 10 puntos.
– A coherencia do proxecto valorarase en función do resultado e conclusións da diagnose, da súa viabilidade económica e ambiental, do seu alcance e seguimento e da planificación de obxectivos en liña cos establecidos na normativa vixente; ata 10 puntos.
– A claridade do proxecto valorarase en función do nivel de coñecemento, explicación e xustificación das actuacións proxectadas para acadar os beneficios ambientais esperados; ata 10 puntos.
b) Liña 2:
1º. Capacidade máxima de tratamento (toneladas anuais) ata 30 puntos.
2º. Os proxectos que conten para o seu desenvolvemento coa implicación de centros especiais de emprego e/ou entidades de economía social obterán 10 puntos.
3º. Relevancia ambiental do proxecto, ata 30 puntos distribuídos da seguinte maneira:
– Ratio cantidade de residuos a tratar /investimento (toneladas/euro) aos que aplica o proxecto: ata 15 puntos.
– Cantidade de gases de efecto invernadoiro evitadas (t CO2 -eq): ata 15 puntos.
4º. A coherencia, calidade e claridade da memoria do proxecto (diagnose, obxectivos, indicadores, resultados previstos, continuidade no tempo), ata 30 puntos distribuídos da seguinte maneira:
– A calidade do proxecto valorarase en función do grao de detalle técnico e descritivo da memoria, en cada un dos seus parágrafos (diagnose, obxectivos, indicadores, resultados previstos, continuidade no tempo); ata 10 puntos.
– A coherencia do proxecto valorarase en función do resultado e conclusións da diagnose, da súa viabilidade económica e ambiental, do seu alcance e seguimento e da planificación de obxectivos en liña cos establecidos na normativa vixente; ata 10 puntos.
– A claridade do proxecto valorarase en función do nivel de coñecemento, explicación e xustificación das actuacións proxectadas para acadar os beneficios ambientais esperados; ata 10 puntos.
c) Liña 3:
1º. Capacidade máxima de tratamento (toneladas anuais) ata 30 puntos.
2º. Os proxectos que conten para o seu desenvolvemento coa implicación de centros especiais de emprego e/ou entidades de economía social obterán 10 puntos.
3º. Relevancia ambiental do proxecto, ata 30 puntos distribuídos da seguinte maneira:
– Ratio cantidade de residuos a tratar /investimento (toneladas/euro) aos que aplica o proxecto: ata 15 puntos.
– Cantidade de gases de efecto invernadoiro evitadas (t CO2 -eq): ata 15 puntos.
4º. A coherencia, calidade e claridade da memoria do proxecto (diagnose, obxectivos, indicadores, resultados previstos, continuidade no tempo), ata 30 puntos distribuídos da seguinte maneira:
– A calidade do proxecto valorarase en función do grao de detalle técnico e descritivo da memoria, en cada un dos seus parágrafos (diagnose, obxectivos, indicadores, resultados previstos, continuidade no tempo); ata 10 puntos.
– A coherencia do proxecto valorarase en función do resultado e conclusións da diagnose, da súa viabilidade económica e ambiental, do seu alcance e seguimento e da planificación de obxectivos en liña cos establecidos na normativa vixente; ata 10 puntos.
– A claridade do proxecto valorarase en función do nivel de coñecemento, explicación e xustificación das actuacións proxectadas para acadar os beneficios ambientais esperados; ata 10 puntos.
2. A puntuación resultante será a suma da aplicación dos baremos indicados. Co obxectivo de acadar un nivel mínimo de calidade dos proxectos de investimento subvencionados, establécese un nivel mínimo de puntuación de 30 puntos, sobre os 100 que como máximo se poderían acadar, para poder optar á subvención. Aquelas solicitudes que non acaden esa puntuación mínima serán rexeitadas.
3. No caso de empate na baremación decidirase a favor do proxecto que obtivese máis puntos na valoración do criterio establecido no primeiro lugar e así de xeito sucesivo co resto dos criterios contemplados no caso de manterse o empate. De persistir o empate, atenderase á data de presentación da solicitude e, de ser idéntica, ao maior importe do orzamento total da actuación.
Artigo 16. Resolución de concesión
1. O órgano instrutor elevará as correspondentes propostas de concesión ao órgano competente para resolver.
2. Na resolución figurarán os seguintes aspectos:
a) A relación de persoas beneficiarias.
b) A relación de empresas que non acadaron a condición de persoas beneficiarias.
c) O importe dos gastos considerables subvencionables sobre os que se fai o cálculo da contía ou porcentaxe de axuda resultante.
d) A contía da axuda.
e) Que a axuda está cofinanciada con cargo aos fondos do Mecanismo de recuperación e resiliencia da Unión Europea, establecido polo Regulamento (UE) 2020/2094 do Consello, do 14 de decembro de 2020, polo que se establece o Instrumento de Recuperación da Unión Europea para apoiar a recuperación tras a crise da COVID-19, e regulado segundo o Regulamento 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello do 12 de febreiro de 2021 polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia. Resultando de aplicación o Real decreto lei 36/2020, do 30 de decembro, polo que se aproban medidas urxentes para a modernización da Administración Pública e para a execución do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, así como a súa normativa comunitaria, estatal e autonómica de desenvolvemento. Dito financiamento queda legalmente vinculado á realización das actuacións subvencionadas.
f) Prazo para a execución do servizo.
g) As obrigas que corresponden a persoa beneficiaria, os requisitos específicos relativos ao proxecto subvencionable, o plan financeiro e o calendario de execución, así como os demais requisitos previstos na normativa aplicable.
h) Para as entidades beneficiarias das axudas das liñas 1 e 2, informarase sobre o seu carácter de minimis, facendo unha referencia expresa ao Regulamento (UE) 2023/2831 da Comisión, do 13 de decembro de 2023, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de Funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE 15.12.2023 Serie L).
3. O prazo máximo para resolver será de cinco meses desde a publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
Transcorrido o prazo para resolver sen que o interesado recibise comunicación expresa, poderá entender as súas pretensións desestimadas por silencio administrativo, conforme prevé o artigo 23.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, sen prexuízo da obriga legal de resolver expresamente conforme o disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
4. Publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro de procedemento administrativo común das administracións públicas, a resolución de concesión. Así mesmo, as resolucións de concesión serán igualmente obxecto de publicidade a través da páxina web https://sirga.xunta.gal/
5. De conformidade co Real decreto 130/2019, do 8 de marzo, polo que se regula a Base de datos nacional de subvencións e a publicidade das subvencións e demais axudas públicas, as subvencións concedidas serán incorporadas á Base de datos nacional de subvencións, con posibilidade de acceso da administración e dos órganos mencionados no artigo 22 do MRR á información contida no Rexistro de Titularidades Reais creado pola Orde JUS/319/2018, ou o acceso a outras bases de datos da Administración que podan subministrar ditos datos sobre titularidades reais, así coma de cesión de información entre estes sistemas e o sistema de fondos europeos, segundo as previsións recollidas na normativa europea e nacional aplicable.
Artigo 17. Notificación
1. As notificacións de actos administrativos, distintos da resolución de concesión, practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
2. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas practicaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do sistema de notificacións electrónicas de Galicia-Notifica.gal. Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta a disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.
3. De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de Notificación Electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderán de oficio crear o indicado enderezo, aos efectos de asegurar o cumprimento polas persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.
4. As notificacións entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido, entendéndose rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.
Artigo 18. Recursos
As resolucións ditadas ao abeiro destas bases porán fin á vía administrativa e contra elas poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que as ditou, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, ou ben impugnala ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses se a resolución fose expresa, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas, e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.
Artigo 19. Modificación da resolución de concesión
1. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, a obtención concorrente doutras achegas fóra dos casos permitidos nas normas reguladoras, poderán dar lugar á modificación da resolución de concesión, de acordo co artigo 17.4 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
2. O órgano competente para a concesión destas axudas poderá acordar a modificación da resolución a instancia da persoa beneficiaria, sempre que se cumpran os límites e os requisitos recollidos no artigo 35 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Artigo 20. Aceptación e renuncia
1. Transcorridos dez (10) días hábiles desde a súa notificación sen que a persoa beneficiaria comunicase expresamente a súa renuncia á subvención, entenderase que a acepta, e desde ese momento adquirirá a condición de persoa beneficiaria.
Transcorrido o prazo sen que se produza manifestación expresa, entenderase tacitamente aceptada a subvención.
2. A Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, poderá comprobar, cando o considere conveniente, a execución dos proxectos subvencionados.
3. A renuncia á subvención regularase de acordo co establecido no artigo 94 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
No caso de que se comunicase a renuncia, ditarase a correspondente resolución que se notificará ao interesado por medios electrónicos.
Artigo 21. Obrigas das persoas beneficiarias
Sen prexuízo das obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as persoas beneficiarias das axudas concedidas ao abeiro desta orde quedarán obrigadas a:
1. Cumprir o obxectivo, executar o proxecto, realizar a actividade ou adoptar o comportamento que fundamenta a concesión das subvencións.
2. Cumprir a normativa comunitaria, estatal e autonómica de aplicación, en particular, a normativa en materia de subvencións e contratación pública, cando proceda.
3. Xustificar ante o órgano concedente o cumprimento dos requisitos e das condicións, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou o gozo da subvención.
4. Destinar os fondos percibidos ao obxecto concreto para o cal foron concedidos e realizar as actuacións que integran o proxecto subvencionado, segundo o estipulado no artigo 41 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
5. Someterse ás actuacións de comprobación e control que deba efectuar o órgano concedente a través da intervención delegada, ou a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, a Intervención Xeral da Administración Xeral do Estado, o Tribunal de Contas, o Consello de Contas, así como ás medidas de control e auditoría recollidas no Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, de 12 de febreiro de 2021 polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia e o Regulamento (UE, Euratom) 2018/1046 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xullo de 2018, sobre as normas financeiras aplicables ao presuposto xeral da Unión. En particular deberán autorizar á Comisión, á OLAF, ao Tribunal de Contas Europeo, e cando proceda, á Fiscalía europea a exercitar os dereitos que recoñece o artigo 129, apartado 1, do referido Regulamento Financeiro, e a impoñer obrigas similares a todos os perceptores finais de fondos. Esta declaración prestarase marcando o correspondente apartado do anexo I. A estes efectos posibilitarase o acceso da Administración e de cantos órganos se contemplan no artigo 22 do devandito Regulamento Regulamento (UE) 2021/241 á información contida no Rexistro de Titularidades Reais, creado pola Orde JUS/319/2018, ou o acceso a outras bases de datos da Administración que poidan subministrar os ditos datos sobre os titulares reais.
Así mesmo, autorizarase a cesión da información entre estes sistemas e o Sistema de Fondos Europeos segundo as previsións contidas na normativa europea e nacional aplicable.
6. Asumir a aplicación de medidas antifraude eficaces e proporcionadas no seu ámbito de xestión, así como a obriga de comunicar ao órgano xestor os casos de sospeitas de fraude («bandeiras vermellas»). Asegurar a adopción de medidas dirixidas a previr, detectar, comunicar e corrixir o fraude, a corrupción e previr o conflito de interese e a dobre financiamento.
7. Comunicarlle ao órgano concedente a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, así como a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da subvención. Esta comunicación deberá efectuarse no momento en que se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.
8. Manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable axeitado en relación con todas as transaccións relacionadas cos gastos subvencionables, sen prexuízo das normas xerais da contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os conceptos financiados con cargo á subvención e a obriga do mantemento da documentación soporte. O aporte da información realizarase nos termos que estableza o Ministerio de Facenda de conformidade coa normativa nacional e da Unión Europea. Mantendo os requisitos de pista de auditoría de conformidade co antedito artigo 22 do Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, de 12 de febreiro de 2021 polo que se establece o Mecanismo.
9. Dispor de capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir os obxectivos do proxecto para o que se solicita a axuda.
10. Manter o investimento de que se trate para a finalidade e co carácter solicitado por un período mínimo de oito anos a contar desde a emisión da correspondente autorización, de acordo co artigo 29.4 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
11. Custodiar e conservar a documentación da actividade financiada polo Mecanismo de recuperación e resiliencia de conformidade co artigo 132 do Regulamento (UE, Euratom) 2018/1046 do Parlamento Europeo e do Consello, de 18 de xullo de 2018, sobre as normas financeiras aplicables ao presuposto xeral da Unión, durante un período de cinco anos a partir do pago do saldo ou, a falta de dito pago, da operación. Este período será de tres anos se o financiamento é dun importe inferior ou igual a 60.000 euros.
12. Cumprir os requisitos establecidos no artigo 15, número 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, polo que toda actividade, investimento ou material (incluído o que se difunda de maneira electrónica ou empregando medios audiovisuais) que se realice contando con financiamento obtido a partir destas axudas deberá cumprir os requisitos de comunicación do financiamento público do proxecto, de conformidade co establecido no anexo III destas bases así mesmo, deben cumprir coas obrigas de información e publicidade que as autoridades competentes establezan relativas ao financiamento do Mecanismo de recuperación e resiliencia. En particular nas medidas de información e comunicación das actuacións que desenvolvan as inversións (carteis informativos, placas, publicacións impresas e electrónicas, material audiovisual, páxinas web, anuncios, insercións en prensa, certificados, etc., onde se fará mención da orixe deste e velarase por darlle visibilidade, cando proceda, mediante o emblema da Unión e unha declaración de financiamento adecuada que indique «financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU» tal como se reflicte no artigo 34 do Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, de 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia. Todos os carteis e placas deberán colocarse nun lugar ben visible de acceso ao público.
13. Facilitar a recollida de indicadores de resultado cuantitativos e cualitativos tras a execución do proxecto subvencionable, e nun prazo de entre seis meses e tres anos despois da finalización e facilitar a información que permita ao órgano concedente medir a contribución da actividade subvencionada ao correspondente indicador establecido sobre o rendemento do Mecanismo de recuperación e resiliencia, consonte ao artigo 30 do Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, e establecido co número 187 e 188, en relación coa Medida C12.I3, no anexo da Proposta de Decisión de Execución do Consello relativa á aprobación da avaliación do Plan de recuperación e resiliencia de España [SWD(2021) 147 final]. Así como facilitar a información que permita ao órgano concedente medir a contribución da actividade subvencionada ao correspondente indicador.
a) As persoas beneficiarias están obrigada a subministrar toda a información necesaria para que este órgano xestor poida dar cumprimento á obrigas previstas no título I da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno. As consecuencias do incumprimento desta obriga serías as establecidas no artigo 4 da devandita lei.
b) As demais obrigas que resulten do artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
14. Subministrar toda a información necesaria para que a Consellería poida dar cumprimento ás obrigas previstas no título I da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno.
15. Dispoñer das licenzas, permisos e/ou autorizacións administrativas exixidas pola normativa para o exercicio da súa actividade así como, de ser o caso, para o desenvolvemento do proxecto subvencionable.
16. Cumprir cos criterios de definición de PEME, para pequenas e medianas empresas segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) 2023/2015 da comisión do 23 de xuño de 2023 polo que se modifica o Regulamento (UE) nº 651/2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado, e o Regulamento (UE) 2022/2473, polo que se declaran determinadas categorías de axuda ás empresas dedicadas á produción, transformación e comercialización de produtos da pesca e da acuicultura compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado, así como para as grandes empresas.
17. Non superar, en ningún caso, o valor de mercado no custo de adquisición dos investimentos ou nos gastos subvencionables.
18. Someterse ás disposicións comunitarias sobre o Mecanismo de recuperación e resiliencia e ás actuacións da autoridade de control ou das entidades que actúen baixo a súa coordinación ou responsabilidade. En particular no relativo a:
• Obriga de asegurarse da regularidade do gasto subxacente e da adopción de medidas dirixidas a previr, detectar, comunicar e corrixir a fraude e a corrupción, previr o conflito de interese e o dobre financiamento. A tal efecto establecerase un sistema eficaz e eficiente e recuperaranse os importes aboados baixo erro ou empregados de maneira incorrecta, no senso do artigo 22 do Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, de 12 de febreiro de 2021 polo que se establece o Mecanismo e á Orde HFP/1030/2021, de 29 de setembro pola que se configura o sistema de xestión do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.
• Debe terse en conta o cumprimento da normativa sobre Axudas de Estado, con especial referencia aos supostos nos que vaian participar varias administracións públicas, nos que se debe ter especial coidado coas regras de acumulación de axudas e as de incompatibilidade entre axudas comunitarias, así como coas intensidades máximas, procurando que as categorías de axudas, na medida do posible, non sexan concorrentes senón complementarias e que os gastos elixibles non sexan os mesmos.
• Contribución á fiabilidade do sistema, en xeral, e do sistema de seguimento de indicadores do cumprimento de fitos e obxectivos e de seguimento do custo estimado, en particular.
• Requisitos de pista de auditoría de conformidade co antedito artigo 22 do Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, de 12 de febreiro de 2021 polo que se establece o Mecanismo.
• Obrigacións de comunicación sobre o financiamento das medidas incluídas nestas bases xa que se incluíron no Plan para a recuperación e resiliencia.
• Subministro de información dos datos sobre o perceptor final dos fondos, cando non sexa o mesmo, así coma dos contratistas e subcontratistas no caso de que o perceptor final sexa un poder adxudicador.
19. Asumir calquera outra obriga comunitaria ou nacional que resulte de aplicación por razón do financiamento do Mecanismo de recuperación e resiliencia, así como da Orde HFP/1030/2021, de 29 de setembro pola que se configura o sistema de xestión do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.
20. Respectar o principio de «non causar un prexuízo significativo» na execución das actuacións subvencionadas no sentido do artigo 17 do Regulamento (UE) nº 2020/852 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xuño de 2020, relativo ao establecemento dun marco para facilitar os investimentos sustentables e polo que se modifica o Regulamento (UE) nº 2019/2088.
Artigo 22. Etiquetado verde
Os proxectos financiables deberán ser compatibles co etiquetado verde, de acordo co previsto no Plan de recuperación, transformación e resiliencia, aprobado polo Consello de Ministros, do 27 de abril de 2021, e no Regulamento (UE) nº 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia, en todas as fases do seu deseño e execución.
Artigo 23. Período subvencionable
1. O período subvencionable será, con carácter xeral, o comprendido entre o 1 de marzo de 2020 e o 30 de novembro de 2025,ambos incluídos, para as liñas 1 e 2, e entre a data da solicitude da axuda e o 30 de novembro de 2025 para a liña 3, tendo en conta as datas límite para a súa xustificación segundo o sinalado neste mesmo artigo.
2. Os gastos subvencionables deberán estar realizados e efectivamente pagados con anterioridade ao 30 de novembro de 2025.
Artigo 24. Prazo de execución
A data límite para xustificar cada anualidade do proxecto e presentar a documentación xustificativa dos investimentos será o 30 de novembro de 2025.
Artigo 25. Xustificación da subvención
1. As persoas beneficiarias das axudas quedan obrigados a acreditar, no prazo máximo ao que se refire o artigo anterior, a realización dos proxectos subvencionados e a xustificar a totalidade do orzamento en virtude do establecido na resolución de concesión que lle foi notificada. En caso de non xustificarse a totalidade do orzamento do proxecto, a subvención será minorada na mesma proporción. En calquera caso, a persoa beneficiaria deberá xustificar unha porcentaxe mínima do 50 % do importe concedido; de non acadarse ese mínimo, enténdese que non se lograron os obxectivos propostos na solicitude, e polo tanto, determinarase a perda do dereito ao cobramento da subvención concedida.
2. A solicitude do pagamento efectuarase pola persoa beneficiaria a través de medios electrónicos mediante a presentación do anexo IV, que se xunta a título informativo, que estará accesible na carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
3. Con esta solicitude acompañarase da documentación xustificativa do investimento requirida. A Administración poderá, solicitar a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada, segundo o disposto no artigo 28.5 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
4. Tal e como dispón o artigo 46 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei de subvencións de Galicia, cando o órgano administrativo competente para a comprobación da subvención aprecie a existencia de defectos emendables nas xustificacións presentadas polas persoas beneficiarias, porao no seu coñecemento e concederalles un prazo de dez (10) días para a súa corrección. Os requirimentos de emenda serán notificados segundo o establecido nestas bases reguladoras.
Este requirimento de emenda tamén se efectuará si, das certificacións obtidas resulta que a persoa solicitante non está ao corrente nas súas obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e coa Administración da Comunidade Autónoma, así como a verificación do DNI do solicitante (persoa física) e do representante da persoa xurídica e o NIF do solicitante (persoa xurídica), ou cando como resultado da comprobación se obteña un resultado negativo na comprobación de causas de inhabilitación para recibir subvencións ou axudas, tendo neste caso o solicitante que achegar as correspondentes certificacións ou documentos.
No suposto de que transcorrese o prazo establecido para a xustificación sen terse presentado documentación, requirirase igualmente a persoa beneficiaria para que no prazo improrrogable de dez (10) días hábiles a presente. A falta de presentación da xustificación no prazo establecido neste parágrafo comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia. A presentación da xustificación no prazo adicional establecido neste parágrafo non eximirá a persoa beneficiaria das sancións que, conforme a lei, correspondan.
5. O órgano instrutor comprobará de oficio que a instalación conte coa autorización pertinente para levar a cabo a actividade, segundo o previsto no artigo 4 desta orde.
Artigo 26. Documentación xustificativa do investimento
A conta xustificativa con entrega de xustificantes de gastos, de conformidade co establecido no artigo 48 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, conterá a seguinte documentación:
1. Solicitude de aboamento efectuada pola persoa beneficiaria conforme ao modelo que se facilita no anexo IV.
2. Memoria de actuacións xustificativa do cumprimento das condicións impostas na concesión da subvención, que, de conformidade co contido requirido en fase de solicitude, identifique, entre outras cuestións, as actividades realizadas e dos resultados obtidos en relación cos indicadores de seguimento e avaliación propostos, incluíndo unha estimación dos gases do efecto invernadoiro evitadas e das toneladas de residuos que contribuirán ao cumprimento dos obxectivos nesta materia e as toneladas de residuos municipais preparadas para a reutilización ou reciclaxe.
Esta memoria, xunto coa solicitude de pagamento, achegarase calquera outro material informativo (fotografías, publicacións, recensións en web, etc.) que se considere de interese.
3. Memoria económica xustificativa das actividades realizadas, que conterá:
a) Unha relación clasificada dos gastos e investimentos da actividade, con identificación do acredor e do documento, o seu importe e a data de emisión. No caso de que a subvención se outorgue segundo un orzamento, indicaranse as desviacións producidas.
b) Tanto os xustificantes de gasto como os dos pagamentos deberán ter data comprendida dentro do período de subvencionable previsto no artigo 23 destas bases. A persoa beneficiaria deberá xustificar que o gasto foi aboado dentro dos prazos de pago previstos na Lei 3/2004 de morosidade nas operacións comerciais.
c) Facturas ou documentos de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico mercantil ou con eficacia administrativa incorporados na relación a que se fai referencia no parágrafo anterior. Os gastos aparecerán desagregados por conceptos ou unidades de obra.
A expedición das facturas e o seu contido axustarase ao disposto no Real decreto 1619/2012, do 30 de novembro, polo que se aproba o Regulamento polo que se regulan as obrigas de facturación.
Cando a persoa beneficiaria non dispoña de facturas electrónicas para a xustificación da subvención, deberá achegar unha copia auténtica electrónica dos documentos orixinais en papel, de acordo cos procedementos que establece a normativa vixente.
d) Xustificantes bancarios dos aboamentos efectuados (transferencia bancaria, certificación bancaria ou extracto bancario do ingreso efectivo polo portelo) en que deberán constar ademais do emisor e receptor do pagamento, o número de factura obxecto do pagamento, así como a data en que se tivesen efectuado a cal deberá estar comprendida entre a data de inicio e a data límite da xustificación.
Non se admitirán os pagamentos en efectivo, así como os xustificantes obtidos a través da internet se non están validados pola entidade bancaria ou dispoñen de códigos para a súa verificación por terceiros na sede electrónica da dita entidade bancaria.
e) No caso de adquisición de bens de equipo de segunda man certificado de taxador independente debidamente acreditado e declaración do vendedor en que conste a orixe dos bens e que estes non teñen sido obxecto de ningunha subvención nacional ou comunitaria.
f) Relación detallada doutros ingresos ou subvencións que financiasen a actividade subvencionada con indicación do importe e a súa procedencia.
No momento da xustificación da execución do proxecto e, en calquera caso, antes do pagamento, o peticionario debe presentar unha declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para o mesmo proxecto, das distintas administracións públicas competentes ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades.
g) Xustificación por parte da persoa beneficiaria de ter solicitado como mínimo tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación do compromiso para a prestación do servizo ou a entrega do ben, salvo que polas especiais características dos gastos subvencionables non exista no mercado suficiente número de entidades que o subministren ou presten.
h) Acreditación do cumprimento por parte das entidades contratadas cos estándares máis exixentes en relación co cumprimento das normas xurídicas, éticas e morais, adoptando as medidas necesarias para previr e detectar a fraude, a corrupción e os conflitos de interese, así como as respectas os principios de economía circular e evitar impactos negativos significativos no medio ambiente («DNSH» polas súas siglas en inglés do no significant harm) na execución das actuacións levadas a cabo no marco de dito Plan, así como a non incorrer en dobre financiamento e que, no seu caso, non lle conste risco de incompatibilidade co réxime de axudas de Estado. A estes efectos, o cumprimento nestes termos acreditarase segundo o modelo de declaración de compromiso, para as subcontratas, en relación coa execución de actuacións do Plan de recuperación, transformación e resiliencia (PRTR) (anexo VI) das presentes bases reguladoras.
i) No caso de agrupación, documento asinado por todos os participantes que conformen a agrupación beneficiaria da axuda no cal se recollan expresamente todos os termos dos extremos requiridos nas presentes bases para as solicitudes presentadas de forma conxunta.
4. Documentación acreditativa de ter realizada a publicidade axeitada (fotografías dos carteis informativos, publicidade a través de páxina web, exemplares da documentación escrita, etc.) que xustifique ter dado cumprimento ás obrigas establecidas en materia de información e comunicación, sobre o apoio procedente dos fondos do Mecanismo de recuperación e resiliencia tal como reflicte o artigo 34 do Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, de 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia e segundo o que se establece no anexo III que acompaña ás presentes bases reguladoras.
Artigo 27. Pagamento da axuda
1. O pagamento das axudas efectuarase con cargo ao exercicio orzamentario, unha vez efectuado o investimento ou realizado o gasto ou a actividade subvencionable e logo da presentación por parte da persoa beneficiaria da solicitude de aboamento e da xustificación requirida nestas bases reguladoras.
2. Poderá anticiparse ata o 50 % do importe concedido, de acordo co establecido no artigo 31.6 da Lei 9/2007, de 13 de xuño de subvencións de Galicia, no artigo 63, do Decreto 11/2009 e nesta convocatoria, que se fará efectivo, por solicitude da persoa beneficiaria, unha vez realizada a notificación da subvención e logo da aceptación desta.
Para acollerse á modalidade de pagamento anticipado as persoas beneficiarias deber solicitalo expresamente no prazo de 10 días hábiles a partir do seguinte ao da notificación da resolución de concesión, mediante a presentación da correspondente solicitude de pagamento anticipado, empregando o modelo que se incorpora como anexo V.
As persoas beneficiarias que queiran acollerse á modalidade de pagamento anticipado, deberán constituír garantías nos termos establecidos no artigo 67 e seguintes do decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba el Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia., salvo nos supostos previstos no artigo 65.4 do mesmo decreto.
3. De non presentar a solicitude de pagamento anticipado enténdese que a persoa solicitante renuncia ao anticipo. Neste caso o pagamento das axudas efectuarase unha vez efectuado o investimento ou realizado o gasto ou actividade e logo da presentación por parte da persoa beneficiaria, no prazo establecido, da documentación xustificativa a que se refire o artigo anterior.
4. Recibida a documentación xustificativa da subvención, os órganos competentes da Consellería concedente, antes de proceder ao seu pagamento final, poderán realizar as actuacións de comprobación oportunas para verificar a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinaron a concesión da subvención, de acordo co establecido no artigo 30 da Lei 9/2007, así como o cumprimento do principio de «non causar prexuízo significativo» ao medio ambiente na execución das actuacións subvencionadas no senso do artigo 17 do Regulamento (UE) 2020/852 do Parlamento Europeo e do Consello, de 18 de xuño de 2020, relativo ao establecemento dun marco para facilitar as inversións sostibles e polo que se modifica o Regulamento (UE) 2019/2088.
Os órganos competentes da Consellería concedente poderán solicitar a persoa beneficiaria as aclaracións ou informes relativos á xustificación do investimento que consideren convenientes, advertíndolle de que a falta de presentación da xustificación no prazo concedido para o efecto poderá comportar a perda do dereito á subvención e a exixencia do reintegro no caso de ter recibido cantidades en concepto de anticipo, e demais responsabilidades establecidas na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
5. Cando o custo xustificado da actividade ou investimento fose inferior ao que figura na resolución de concesión, manterase a axuda pero diminuirase proporcionalmente o seu importe, sempre que coa parte realmente executada se poida entender cumprida a finalidade da subvención.
6. O pagamento realizarase logo de verificación do órgano concedente do cumprimento da obriga de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da comunidade autónoma.
Artigo 28. Perda do dereito ao cobramento da subvención e procedemento de reintegro
1. Producirase a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención no suposto de falta de xustificación do cumprimento do proxecto, das condicións impostas na resolución de concesión, das obrigas contidas nestas bases reguladoras ou na demais normativa aplicable, así como nos supostos previstos no artigo 33 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, o que dará lugar a devolver total ou parcialmente a subvención percibida, así como os xuros de mora correspondentes.
2. O procedemento para declarar a procedencia da perda do dereito de cobramento da subvención e para facer efectiva a devolución a que se refire o punto anterior será o establecido no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
3. Incumprimento dos proxectos:
a) Incumprimento total: se a persoa beneficiaria xustifica conceptos subvencionables aprobados que representen menos do 50 % do importe total do importe concedido entenderase que non acadou os obxectivos propostos na solicitude e, polo tanto, perderá o dereito de cobramento da subvención.
Así mesmo, o non cumprimento do compromiso en relación coa execución de actuacións do Plan de recuperación, transformación e resiliencia (PRTR), no sentido do artigo 8, punto 2.e), da Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro, do Ministerio de Facenda e Función Pública, pola que se configura o sistema de xestión do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, dará lugar á devolución total da subvención percibida, así como os xuros de demora correspondentes.
b) Incumprimento parcial: sempre que se cumpran os requisitos ou condicións esenciais tomadas en conta na concesión das axudas, e a xustificación sexa igual ou superior ao 50 %, poderá apreciarse un incumprimento parcial, debendo resolver sobre o seu alcance aplicando a mesma ponderación que tivese a condición incumprida na resolución de concesión.
Sen prexuízo doutros supostos que poidan concorrer, no caso de condicións referentes á contía ou concepto da base subvencionable, o alcance do incumprimento determinarase proporcionalmente ao gasto deixado de realizar ou aplicado a un concepto distinto do considerado subvencionable; deberanse, se é o caso, reintegrar as cantidades percibidas na dita proporción.
4. Incorrerase en causa de non pagamento ou reintegro das axudas no caso de non manter as condicións establecidas nestas bases de conformidade coa gradación seguinte:
a) Suporá a perda dun 2 % da subvención concedida non manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable axeitado en relación con todas as transaccións relacionadas e os investimentos subvencionables, sen prexuízo das normas xerais da contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os conceptos financiados con fondos do Mecanismo de recuperación e resiliencia da Unión Europea.
b) Suporá a perda dun 2 % da subvención concedida non dar publicidade ao financiamento dos investimentos que sexan obxecto de subvención, de acordo co establecido nestas bases.
c) Suporá a perda dun 5 % non comunicar ao órgano concedente desta axudas a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, así como a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da subvención, unha vez recalculada e descontado o exceso obtido sobre os topes máximos legalmente establecidos.
5. No caso de condicións que constitúan obrigas que a persoa beneficiaria deba acreditar en fase de xustificación, tales como obrigas de publicidade ou comunicación doutras axudas, estas deberán xustificarse en todo caso para poder proceder ao pagamento da subvención polo que a graduación fixada no punto anterior só resultará aplicable para supostos de reintegro, no caso que se detecte en controis posteriores ao pagamento algún incumprimento relativo ás ditas obrigas.
Artigo 29. Transparencia e bo goberno
1. Deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, á que se atopen vinculadas, previo requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por esta das obrigas previstas na citada lei.
Artigo 30. Rexistro Público de Subvencións e Base de datos nacional de subvencións
1. A concesión das axudas reguladas nesta orde, será obxecto de inscrición no Rexistro Publico de Axudas, Subvencións, Convenios e de Sancións dependente da Consellería de facenda e Administración Pública, co fin da ordenación e coñecemento da actividade subvencionable de Galicia. As entidades terán en calquera momento, o dereito de acceso, rectificación, cancelación e oposición dos seus datos que figuren no Rexistro Público de Subvencións, de conformidade co establecido na Lei orgánica 3 /2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.
De conformidade co Real decreto 130/2019, as subvencións concedidas serán incorporadas á Base de datos nacional de subvencións, con posibilidade de acceso da administración e dos órganos mencionados no artigo 22 do MRR á información contida no Rexistro de Titularidades Reais creado pola Orde JUS/319/2018, ou o acceso a outras bases de datos da Administración que podan subministrar ditos datos sobre titularidades reais, así coma de cesión de información entre estes sistemas e o sistema de fondos europeos, segundo as previsións recollidas na normativa europea e nacional aplicable.
Asemade, de conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) y 20.8.a) da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións, transmitiranse á Base de datos nacional de subvencións a información requirida por esta, o texto da convocatoria para a súa publicación na citada base e o seu extracto no Diario Oficial de Galicia.
Con respecto ás axudas das liñas 1 e 2, concedidas ao abeiro do réxime de minimis, a entidade outorgante das axudas deberá consignar a información sinalada no artigo 6.1 do Regulamento (UE) 2023/2831 na Base de datos nacional de subvencións no prazo de 20 días hábiles a partir da concesión da axuda.
Artigo 31. Fiscalización e control
As persoas beneficiarias destas subvencións someteranse ás actuacións de control que realice a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático para o seguimento dos proxectos aprobados e do efectivo cumprimento das obrigas e compromisos do beneficiario fixados no artigo 21, e ás de control e auditoría recollidas no Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, de 12 de febreiro de 2021 polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia e o Regulamento (UE, Euratrom) 2018/1046 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xullo de 2018, sobre as normas financeiras aplicables ao presuposto xeral da Unión. En particular deberán autorizar á Comisión, á OLAF, ao Tribunal de Contas Europeo, e cando proceda, á Fiscalía europea a exercitar os dereitos que recoñece o artigo 129, apartado 1, do referido Regulamento financeiro e asumir a aplicación de medidas antifraude eficaces e proporcionais. Calquera persoa que teña coñecemento de feitos que poidan ser constitutivos de fraude ou irregularidade en relación con proxectos ou operacións financiados total ou parcialmente con cargo a fondos procedentes da Unión Europea no marco desta convocatoria poderá poñer os ditos feitos en coñecemento do Servizo Nacional de Coordinación Antifraude da Intervención Xeral da Administración do Estado, por medios electrónicos a través da canle habilitada para o efecto.
Artigo 32. Comprobación de subvencións
1. A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático comprobará a axeitada xustificación da subvención, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou o desfrute da subvención.
2. Nas subvencións de capital superiores a 60.000 euros, no seu cómputo individual, destinadas a investimentos en activos tanxibles, será de aplicación o establecido no artigo 60.2 do Decreto 11/2009.
3. Para todo o non previsto nos puntos anteriores será aplicable o disposto no artigo 30 da Lei 9/2007 e nos artigos 57 e seguintes do seu regulamento.
Artigo 33. Compatibilidade das axudas
1. Estas axudas son compatibles con outras axudas ou subvencións públicas destinadas á mesma finalidade, procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, nacional, da Unión Europea ou organismo internacional, sempre que o importe total das axudas percibidas non supere o 100 % do investimento subvencionable do proxecto, coa excepción dos Proxectos Clima, promovidos a través do Fondo de Carbono para unha Economía Sustentable (FES-CO2), e no caso de axudas correspondentes á liña 3 se atenderá ao disposto no artigo 6.3 c).
Asemade, as axudas reguladas nesta orde si serán compatibles con axudas, subvencións, ingresos ou recursos para a mesma finalidade procedentes de calquera outro fondo europeo, tales como Feder, REACT-UE, FSE, Horizonte Europa, etc.
2. As axudas que se concedan ao abeiro das liñas 1 e 2 desta orde terán a consideración de axudas de minimis e réxense polo establecido no Regulamento (UE) nº 2023/2831 da Comisión, de 13 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis, A axuda total concedida baixo este concepto de minimis por calquera Administración Pública a unha mesma persoa beneficiaria non poderá exceder de 300.000 euros nun período de tres anos.
As axudas concedidas dentro da liña 3 establecidas nesta orde estarían sometidas ao disposto no Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado.
3. Non obstante, e de acordo co establecido no artigo 9 do Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, de 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia, a axuda concedida no marco deste Mecanismo sumarase á proporcionada con relación a outros programas e instrumentos da Unión. As reformas e os proxectos de inversión poderán recibir axuda doutros programas e instrumentos da Unión sempre que dita axuda non cubra o mesmo custo.
4. A obtención doutras axudas ou subvencións deberá comunicarse á Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade tan axiña como se coñeza e, en todo caso, no momento en que se presente documentación xustificativa da execución do servizo.
Así mesmo, antes de conceder a axuda, solicitarase da empresa unha declaración escrita ou en soporte electrónico sobre calquera axuda recibida para este mesmo proxecto, así como, se fora o caso, das axudas recibidas en réxime de mínimis nos tres anos previos para o suposto das axudas das liñas 1 e 2. O incumprimento do disposto neste artigo poderá dar lugar, se fora o caso, ao inicio dun procedemento de reintegro.
5. En todo caso, antes de conceder a axuda e no momento da xustificación, solicitarase á persoa solicitante ou beneficiaria unha declaración sobre calquera axuda recibida para este mesmo proxecto.
6. O incumprimento do disposto neste artigo poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión nos termos previstos nestas bases reguladoras ou, de ser o caso, á iniciación do procedemento para declarar a procedencia da perda do dereito ao cobramento da subvención ou para o seu reintegro.
Artigo 34. Infraccións e sancións
O réxime de infraccións e sancións aplicable ao establecido nesta Orde é o previsto no título IV da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Artigo 35. Medidas antifraude
A detección de feitos, que puideran ter sido constitutivos de fraude ou irregularidade en relación con proxectos ou operacións financiados total ou parcialmente con cargo a fondos procedentes da Unión Europea no marco da presente convocatoria, serán comunicados ao Servizo Nacional de Coordinación Antifraude (SNCA) da Intervención Xeral da Administración do Estado, por medios electrónicos a través da canle habilitada para ao efecto: http://www.conselleriadefacenda.es/es/areas-tematicas/Indarra-Unificación/periodo-comunitario-2014-2020/medidas-antifraude/snca-olaf
Nos termos establecidos na Comunicación 1/2017 do SNCA, do 6 de abril, sobre a forma na que poden proceder as persoas que teñan coñecemento de feitos que poidan ser constitutivos de fraude ou irregularidade en relación con proxectos ou operacións financiados total ou parcialmente con cargo a fondos procedentes da Unión Europea. A detección de irregularidades pode implicar a aplicación de correccións financeiras e a solicitude de devolución dos importes percibidos indebidamente, tal como se establece no Regulamento(UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, de 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo e na Orde HFP/1030/2021, de 29 de setembro pola que se configura o sistema de xestión do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.
Artigo 36. Análise sistemática do risco de conflito de interese nos procedementos de concesión de subvencións que executan o PRTR
O presente procedemento de concesión de subvencións está suxeito a análise sistemática e automatizada do risco de conflito de interese prevista na disposición adicional centésima décima segunda da Lei 31/2022, de 23 de decembro, e na Orde HFP/55/2023, de 24 de xaneiro, relativa á análise sistemática do risco de conflito de interese nos procedementos que executan o Plan de recuperación, transformación e resiliencia.
De acordo co establecido no artigo 7 da Orde HFP/55/2023, de 24 de xaneiro, o órgano de concesión da subvención poderá solicitar aos solicitantes de axudas a información da súa titularidade real cando a AEAT non dispoña desa información e así o indicase mediante a correspondente bandeira negra, tendo en conta a análise realizada a través de Minerva. Este suposto non implicará a suspensión automática do procedemento en curso, pero a dita información deberá aportarse ao órgano de concesión da subvención no prazo de 5 días hábiles desde que se formule a solicitude de información. A falta desta información no prazo sinalado será motivo de exclusión do procedemento.
Os datos, unha vez recibidos, serán adecuadamente custodiados de acordo co Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, de 27 de abril de 2016 (Regulamento xeral de protección de datos), e coa Lei orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais. A través do Minerva, o responsable de operación levará a cabo un novo control «ex ante» do risco de conflito de interese, indicando, en lugar do solicitante de axudas, os titulares reais recuperados polo órganos de concesión da subvención.
Artigo 37. Réxime de concesión e normativa aplicable
1. Respecto de todo o non previsto nesta orde observarase o disposto nas seguintes normas, entre outras de procedente aplicación:
a) Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
b) Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento.
c) Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
d) Decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o seu regulamento.
e) Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
f) Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia. Plan de recuperación, transformación e resiliencia de España.
g) Real decreto 36/2020, de 30 de decembro, polo que se aproban as medidas urxentes para a modernización da Administración Pública e para a execución do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.
h) Lei 9/2021, de 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.
i) Regulamento (UE) 2020/2094 do Consello, de 14 de decembro de 2020, polo que se establece un Instrumento de Recuperación da Unión Europea para apoiar a recuperación tras a crise da COVID-19.
j) Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, de 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia.
k) Orde HFP/1030/2021, de 29 de setembro pola que se configura o sistema de xestión do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.
l) Orde HFP/1031/2021, de 29 de setembro, pola que se establece o procedemento e formato da información a proporcionar polas Entidades do sector público estatal, autonómico e localpara o seguimento do cumprimento dos fitos e obxectivos e de execución orzamentaria e contable das medidas dos compoñentes do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.
m) Orde HFP/55/2023, de 24 de xaneiro, relativa á análise sistemática do risco de conflito de interese nos procedementos que executan o Plan de recuperación, transformación e resiliencia.
n) Lei 31/2022, do 23 de decembro, de orzamentos xerais do estado para o ano 2023 (Disposición centésima décima segunda).
o) Regulamento (UE) nº 2023/2831 da Comisión, de 13 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis.
p) Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado.
q) Normativa comunitaria de desenvolvemento dos citados regulamentos. Así como resto de normas da Unión Europea sobre a materia e estatais de desenvolvemento ou transposición das mesmas.
Disposición derradeira primeira
Autorízase expresamente á persoa titular da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade para actuar por delegación da persoa titular da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático para resolver a concesión, denegación, modificación ou outras incidencias das subvencións previstas nesta orde.
Así mesmo, deléganse na persoa titular da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade as facultades relativas aos procedementos de reintegro sinaladas no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Disposición derradeira segunda
Facúltase á persoa titular da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade para ditar, no ámbito das súas competencias, as instrucións e resolucións precisas para a execución desta orde.
Disposición derradeira terceira
Esta orde terá efectos o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 17 de decembro de 2024
Ángeles Vázquez Mejuto
Conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático
