DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Venres, 10 de xaneiro de 2025 Páx. 1297

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

ORDE do 17 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas dirixidas ao sector da acuicultura para investimentos produtivos e creación de empresas, investimentos para a neutralidade climática e servizos de asesoramento, cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA), e se procede á súa convocatoria para o ano 2025, tramitado como expediente anticipado de gasto (código de procedemento PE205F).

O Regulamento (UE) 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021, polo que se establecen as disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), ao Fondo Social Europeo Plus (FSE+), ao Fondo de Cohesión, ao Fondo de Transición Xusta e ao Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA), así como as normas financeiras para os ditos fondos e para o Fondo de Asilo, Migración e Integración, o Fondo de Seguridade Interior e o Instrumento de Apoio Financeiro á Xestión de Fronteiras e a Política de Visados; e o Regulamento (UE) 2021/1139 do Parlamento Europeo e do Consello, do 7 de xullo de 2021, polo que se establece o Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA), e polo que se modifica o Regulamento (UE) 2017/1004 (en diante, Regulamento FEMPA), constitúen o marco de financiamento comunitario para o período 2021-2027.

O Regulamento FEMPA establece as medidas financeiras da Unión Europea para a aplicación da política pesqueira común (PPC), a política marítima da Unión Europea e os compromisos internacionais da Unión Europea no ámbito da gobernanza dos océanos. Este financiamento constitúe un instrumento fundamental para a pesca sustentable e a conservación dos recursos biolóxicos mariños, para a seguridade alimentaria, mediante a subministración de peixe e marisco, para o crecemento dunha economía azul sustentable e para uns mares e océanos sans, protexidos, seguros, limpos e xestionados de maneira sustentable.

Para iso, establece unha serie de prioridades co obxecto de contribuír á aplicación da PPC e da política marítima da Unión Europea. Concretamente, recolle como prioridade 2 «Fomentar as actividades sustentables de acuicultura, así como a transformación e a comercialización de produtos da pesca e a acuicultura, contribuíndo así á seguridade alimentaria na Unión».

O capítulo III do título II do Regulamento FEMPA recolle o apoio financeiro para dar cumprimento á referida prioridade 2, contribuíndo con iso ao logro de obxectivos específicos tales como promover actividades acuícolas sustentables, especialmente reforzando a competitividade da produción acuícola, garantindo, ao mesmo tempo, que as actividades sexan medioambientalmente sustentables a longo prazo, motivo polo que se poderá prestar apoio á promoción das actividades de acuicultura que sexan coherentes cos obxectivos da contribución de España ás directrices de desenvolvemento sustentabe da acuicultura mariña e continental da UE (2021-2030) e coa Estratexia Galega de Acuicultura (ESGA).

A ESGA é o documento de articulación que rexerá a planificación e a xestión da actividade acuícola cun horizonte situado no ano 2030 e establece as liñas de acción no territorio galego que se pretenden desenvolver na acuicultura, en consonancia coas disposicións do Plan estratéxico plurianual da acuicultura española.

Estas axudas recollidas entre os obxectivos específicos definidos no Regulamento FEMPA foron incluídas no programa operativo para España para o período 2021-2027, aprobado pola Decisión de execución da Comisión CCI2021ES14MFPR001, do 29 de novembro de 2022.

Ante este novo marco comunitario, cómpre publicar as bases reguladoras que establezan o procedemento para a concesión de determinadas axudas ao abeiro da normativa antes citada e, ao mesmo tempo, realizar a convocatoria destas axudas para o ano 2025, coa finalidade de apoiar o sector pesqueiro, no seu sentido máis amplo, con medidas que contribuirán a facelo máis competitivo e respectuoso co seu contorno.

O artigo 1.1 da Orde do 11 de febreiro de 1998 (DOG núm. 33, do 19 de febreiro) sobre tramitación anticipada de expedientes de gasto, modificada pola Orde do 27 de novembro de 2000 (DOG núm. 231, do 29 de novembro) e pola Orde do 25 de outubro de 2001 (DOG núm. 209, do 29 de outubro), establece que os expedientes de gasto relativos a subvencións se poderán iniciar sempre que as necesidades que se teñan que satisfacer poidan ser razoablemente previstas anticipadamente no exercicio inmediatamente anterior ao dos orzamentos con cargo aos que se vaian imputar os correspondentes gastos, sempre que exista crédito adecuado e suficiente no proxecto de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma aprobado polo Consello da Xunta de Galicia que corresponda ao exercicio orzamentario no que se vai materializar a contraprestación.

O artigo 3.3 estende expresamente esta posibilidade de tramitación anticipada aos expedientes relativos a bases reguladoras ou convocatorias de axudas derivadas da aplicación de regulamentos comunitarios con financiamento procedente de fondos europeos, sempre que exista regulación das axudas pola Unión Europea ou de ámbito estatal ditada no seu desenvolvemento ou transposición, e existan compromisos de financiamento destinados á aplicación das correspondentes medidas.

Por todo isto, e de acordo co disposto no artigo 27.15 do Estatuto de autonomía de Galicia, e no uso das competencias que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e demais normativa de aplicación,

DISPOÑO:

Artigo 1. Obxecto

Esta orde, con código de procedemento PE205F, ten por obxecto establecer as bases reguladoras e proceder á convocatoria para o ano 2025, para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas destinadas a promover actividades acuícolas sustentables, reforzando a competitividade da produción acuícola e garantindo ao mesmo tempo que as actividades sexan medioambientalmente sustentables a longo prazo.

1. Modalidade A: axudas destinadas á realización das actuacións que a continuación se detallan, que teñen por obxecto fomentar a competitividade e a sustentabilidade do sector da acuicultura e impulsar o espírito empresarial:

a) Investimentos para unha acuicultura economicamente viable, competitiva e atractiva.

b) Mellora e construción das infraestruturas dependentes das explotacións acuícolas e asociadas directamente ás súas instalacións.

c) Protección das instalacións fronte a adversidades climáticas, alteracións da contorna e auga, escapes, depredadores, etc.

d) A creación de empresas acuícolas por parte de novas persoas acuicultoras para impulsar o espírito empresarial e favorecer a substitución xeracional.

2. Modalidade B: axudas destinadas a contribuír á neutralidade climática mediante a redución da pegada de carbono, o incremento da eficiencia enerxética e a reconversión a fontes de enerxía renovables.

3. Modalidade C: axudas destinadas a mellorar o rendemento, a competitividade e a sustentabilidade das explotacións acuícolas a través dos servizos de asesoramento de carácter técnico, científico, tecnolóxico, xurídico ou económico ás explotacións.

Artigo 2. Marco normativo

Para o non establecido nestas bases, aplicarase o previsto nas seguintes normas:

– Regulamento (UE) 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021, polo que se establecen as disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo Plus, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo de Transición Xusta e ao Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura, así como as normas financeiras para os ditos fondos e para o Fondo de Asilo, Migración e Integración, o Fondo de Seguridade Interior e o Instrumento de Apoio Financeiro á Xestión de Fronteiras e á Política de Visados.

– Regulamento (UE) 2021/1139 do Parlamento Europeo e do Consello, do 7 de xullo de 2021, polo que se establece o Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura, e polo que se modifica o Regulamento (UE) 2017/1004.

– Programa FEMPA para España, aprobado pola Decisión da Comisión (CCI 2021ES14MFPR001) o 29 de novembro de 2022.

– Regulamento (UE, Euratom) 2018/1046 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xullo de 2018, sobre as normas financeiras aplicables ao orzamento xeral da Unión Europea, polo que se modifican os regulamentos (UE) 1296/2013, (UE) 1301/2013, (UE) 1303/2013, (UE) 1304/2013, (UE) 1309/2013, (UE) 1316/2013, (UE) 223/2014, e (UE) 283/2014, e a Decisión 541/2014/UE, e polo que se derroga o Regulamento (UE, Euratom) 966/2012.

– Texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, coas súas posteriores modificacións.

– Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

– Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

– Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

– Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

– Calquera outra norma da Unión Europea, normativa nacional ou autonómica vixente que poida resultar de aplicación.

Artigo 3. Crédito orzamentario

1. O período de elixibilidade do actual programa operativo (2021-2027) abrangue desde o 1 de xaneiro de 2021 ata o 31 de decembro de 2029, segundo dispón o artigo 63 punto 2 do Regulamento (UE) 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021, polo que se establecen disposicións comúns relativas aos fondos EIE.

2. O importe fixado nesta convocatoria, así como as aplicacións ás que se impute, poderase ampliar no caso de que exista crédito dispoñible derivado dunha xeración, ampliación ou incorporación de crédito, de remanentes doutras convocatorias ou en calquera dos casos e coas condicións establecidas no número 2 do artigo 30 do Regulamento da Lei de subvencións de Galicia (Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro), sen que iso dea lugar á apertura dun novo prazo de presentación de solicitudes, salvo indicación expresa en contrario na orde que se publique para o efecto, respectando o disposto nos artigos 31 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e 30 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei de subvencións de Galicia.

3. En todo caso, o incremento do crédito queda condicionado á declaración de dispoñibilidade do crédito como consecuencia das circunstancias antes sinaladas e, se for o caso, logo de aprobación da modificación orzamentaria que proceda.

4. A distribución de fondos establecida para cada anualidade en cada unha das aplicacións orzamentarias poderá axustarse, tras a análise das solicitudes presentadas, sen incrementar o crédito total.

5. As axudas mencionadas contan co financiamento do FEMPA nun 70 % e do Estado membro (CA de Galicia) nun 30 %.

6. Esta convocatoria tramítase polo procedemento anticipado de gasto. A concesión das axudas estará sometida á condición suspensiva de existencia de crédito adecuado e suficiente no momento da resolución.

7. Poderanse adquirir compromisos de carácter plurianual de acordo co artigo 58 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

8. As axudas concederanse con cargo ás aplicacións orzamentarias que figuran no cadro que se insire, dotadas no proxecto do orzamento de gastos da Consellería do Mar para o ano 2025. Os importes máximos das subvencións que se concedan no dito exercicio orzamentario ascenderán ás seguintes contías:

Aplicación orzamentaria

Proxecto

Modalidade de axuda

Ano 2025

Ano 2026

Ano 2027

Total

16.02.723A.770.4

2023 00190

A

16.243.714,00 €

25.000.000,00 €

20.000.000,00 €

61.243.714,00 €

16.02.723A.771.0

2024 00151

B

1.785.727,00 €

1.250.000,00 €

1.250.000,00 €

4.285.727,00 €

16.02.723A.771.3

2024 00156

C

171.433,00 €

0,00 €

0,00 €

171.433,00 €

Artigo 4. Persoas beneficiarias

Poderán ser persoas beneficiarias das subvencións, sen prexuízo de reuniren os demais requisitos establecidos nestas bases:

1. Modalidade A: investimentos produtivos e creación de empresas.

a) As persoas físicas ou xurídicas, titulares de establecementos que se dedican á realización de actividades de acuicultura en calquera ou todas as súas fases de explotación, cría, cultivo ou reprodución, situados nas zonas terrestre, marítimo-terrestre ou marítima, que teñan as súas instalacións na Comunidade Autónoma de Galicia e non teñan carácter experimental.

b) No caso de que a axuda se solicite para a modernización de barcos auxiliares de acuicultura, poderán ser persoas beneficiarias da axuda tanto as persoas propietarias da embarcación como as persoas armadoras, sempre e cando, en ambos os dous casos, todas elas sexan titulares de establecementos de acuicultura e asemade a embarcación teña o seu porto base na Comunidade Autónoma de Galicia na data de publicación desta orde.

No suposto de solicitudes presentadas pola/s persoa/s armadora/s, a/as persoa/s propietaria/s da embarcación tamén debe/n cumprir o requisito de ser titular/es de establecementos de acuicultura.

c) As persoas físicas ou xurídicas que inicien as súas actividades no sector, sempre que:

– Sexan titulares de establecementos que se dedican á realización de actividades de acuicultura en calquera ou todas as súas fases de explotación, cría, cultivo ou reprodución, situados nas zonas terrestre, marítimo-terrestre ou marítima, que teñan as súas instalacións na Comunidade Autónoma de Galicia e non teñan carácter experimental.

– Conten coas competencias e cualificacións profesionais adecuadas.

– Creen por primeira vez na Comunidade Autónoma de Galicia unha microempresa ou pequena empresa acuícola como titulares desta.

– Presenten un plan empresarial para o desenvolvemento das súas actividades acuícolas.

Para os efectos desta orde considérase nova empresa aquela que obtivese o título habilitante durante un periodo inferior a 3 anos contados desde a data de publicación desta orde.

2. Modalidade B: neutralidade climática.

As persoas físicas ou xurídicas, titulares de establecementos que se dedican á realización de actividades de acuicultura en calquera ou todas as súas fases de explotación, cría, cultivo ou reprodución, situados nas zonas terrestre, marítimo-terrestre ou marítima, que teñan as súas instalacións na Comunidade Autónoma de Galicia e non teñan carácter experimental.

3. Modalidade C: servizos de asesoramento.

a) As persoas físicas ou xurídicas, titulares de establecementos que se dedican á realización de actividades de acuicultura en calquera ou todas as súas fases de explotación, cría, cultivo ou reprodución, situados nas zonas terrestre, marítimo-terrestre ou marítima, que teñan as súas instalacións na Comunidade Autónoma de Galicia e non teñan carácter experimental.

b) Entidades asociativas do sector acuícola.

Os servizos deberán ser prestados por organismos científicos ou técnicos, así como por entidades públicas ou privadas que presten asesoramento técnico, científico, tecnolóxico, xurídico ou económico e que conten coas competencias necesarias recoñecidas.

4. Non obstante o indicado nos parágrafos anteriores, no caso de que o establecemento de acuicultura sexa unha piscifactoría continental, poderán ser beneficiarias das 3 modalidades as persoas titulares do establecemento ou as persoas que o explotan.

Para os efectos desta orde, considéranse piscifactorías continentais os centros de acuicultura en augas continentais que abranguen todo tipo de instalacións nas que se manteñen vivas especies que habitan ou poidan habitar nas augas continentais, así como os seus ovos ou gametos, con fins de produción, comercialización ou consumo, e nas que se faga uso de augas continentais.

Artigo 5. Requisitos das persoas beneficiarias

As persoas beneficiarias das axudas reguladas nesta orde estarán suxeitas aos seguintes requisitos:

a) Non ter pendente de pagamento ningunha obriga por reintegro de subvencións.

b) Non concorrer en ningunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

c) Non encontrarse nalgún dos supostos establecidos no punto 1, letras a), b) e c), e o punto 3 do artigo 11 do Regulamento (UE) 2021/1139 do Parlamento Europeo e do Consello, do 7 de xullo de 2021:

– Ter cometido infraccións graves de acordo co artigo 42 do Regulamento (CE) 1005/2008 do Consello ou ao artigo 90 do Regulamento (CE) 1224/2009, ou de acordo con outros actos lexislativos adoptados polo Parlamento Europeo no marco da PPC.

– Estar ou ter estado nos últimos 24 meses involucrada na explotación, xestión ou propiedade dos buques incluídos na lista comunitaria dos buques INDNR (pesca ilegal non declarada e non regulamentada), ou na explotación, xestión ou propiedade de buques que estean ou estivesen nos últimos 12 meses enarborando o pavillón de países considerados terceiros países non cooperantes ao abeiro do Regulamento (CE) 1005/2008 do Consello, do 29 de setembro de 2008, polo que se establece un sistema comunitario para previr, desalentar e eliminar a pesca ilegal, non declarada e non regulamentada.

– Ter cometido algún dos delitos medioambientais establecidos nos artigos 3 e 4 da Directiva 2008/99/CE do Parlamento Europeo e do Consello. Con carácter xeral, serán inadmisibles as solicitudes presentadas por un operador que cometese un dos delitos recollidos no artigo 3 durante un período de 12 ou 24 meses en función de se foi cometido por neglixencia grave ou con dolo. No caso de delitos recollidos no artigo 4 da citada directiva, o período de inadmisibilidade será, con carácter xeral, de 24 meses.

– No marco do FEMP ou FEMPA, ter sido declarada culpable de cometer fraude, tal e como se define no artigo 3 da Directiva (UE) 2017/1371.

d) No suposto de novas construcións de bateas, ter unha produción declarada no ano 2024 que supere o 50 % da media da produción da súa especie, do polígono no que se encontra fondeada, segundo un informe emitido polo Servizo de Análise e de Rexistros, tendo en conta as bateas que forman a estrutura ou unidade de produción desa especie do solicitante no dito polígono.

Para tal efecto, cómpre que o solicitante teña efectuadas as preceptivas declaracións no ano 2024.

Quedan exceptuadas deste requisito as axudas para a creación de empresas acuícolas por parte de novas persoas acuicultoras.

e) Estar en posesión dun seguro de responsabilidade civil do establecemento que garanta posibles danos a terceiros e, no caso de que a axuda se solicite para a modernización dun barco auxiliar de acuicultura, deberá estar en posesión, ademais, do seguro de responsabilidade civil da embarcación.

f) Estar en posesión das preceptivas concesións, autorizacións, permisos ou licenzas para levar a cabo os investimentos previstos ou ter presentadas as solicitudes destas. En todo caso, os documentos presentados para a solicitude da subvención deberán ser copias dos presentados para a obtención dos permisos.

As actividades que teñan como obxecto da axuda un proxecto normativamente suxeito á previa avaliación de impacto ambiental ordinaria ou simplificada (artigo 7 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, e artigo 33 da Lei 9/2013, do 19 de decembro, de emprendemento e da competitividade económica de Galicia), deberán contar, no prazo de xustificación do pagamento da última anualidade, coa declaración de impacto ambiental ou o informe de impacto ambiental, así como coa autorización do seu órgano substantivo, incorporando as súas determinacións e condicións.

g) Acreditar, con anterioridade a ditarse a proposta de resolución de concesión, que está ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias, fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

h) Ter capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir as condicións da axuda.

i) Para subvencións de importe superior a 30.000,00 euros, as persoas físicas e xurídicas, distintas das entidades de dereito público, con ánimo de lucro, suxeitas á Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais, deberán acreditar e cumprir, nos termos dispostos neste punto, os prazos de pagamento que se establecen na citada lei para obter a condición de persoa beneficiaria. Calquera financiamento que permita a cobranza anticipada da empresa provedora considerarase válida para os efectos do cumprimento deste punto, a condición de que o seu custo sexa por conta do cliente e se faga sen posibilidade de recurso ao provedor, no caso de falta de pagamento.

A acreditación do nivel de cumprimento establecido realizarase polos seguintes medios de proba:

a) As persoas físicas e xurídicas que, de acordo coa normativa contable, poden presentar unha conta de perdas e ganancias abreviada, mediante unha certificación subscrita pola persoa física ou, no caso de persoas xurídicas, polo órgano de Administración ou equivalente, con poder de representación suficiente, na que afirmen alcanzar o nivel de cumprimento dos prazos de pagamento previstos na citada Lei 3/2004, do 29 de decembro.

Poderán tamén acreditar a dita circunstancia por algún dos medios de proba previstos na letra b) seguinte e con suxeición á súa regulación.

b) As persoas xurídicas que, de acordo coa normativa contable, non poden presentar unha conta de perdas e ganancias abreviada, mediante:

1º. Certificación emitida por auditor rexistrado no Rexistro Oficial de Auditores de Contas que conteña unha transcrición desagregada da información en materia de pagamentos, descrita na memoria das últimas contas anuais auditadas, cando delas se desprenda que se alcanza o nivel de cumprimento dos prazos de pagamento establecidos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, determinado neste punto, con base na información requirida pola disposición adicional terceira da Lei 15/2010, do 5 de xullo, de modificación da Lei 3/2004, do 29 de decembro.

Esta certificación será válida ata que resulten auditadas as contas anuais do exercicio seguinte.

2º. No caso de que non sexa posible emitir o certificado ao que se refire o número anterior, presentarase o Informe de Procedementos Acordados, elaborado por un auditor rexistrado no Rexistro Oficial de Auditores de Contas que, con base na revisión dunha mostra representativa das facturas pendentes de pagamento a provedores da sociedade a unha data de referencia, conclúa sen a detección de excepcións ao cumprimento dos prazos de pagamento da Lei 3/2004, do 29 de decembro, ou no caso de que se detectasen, estas non impidan alcanzar o nivel de cumprimento requirido no último parágrafo deste punto.

Os informes de procedementos acordados ou as certificacións deberán realizarse segundo o establecido no artigo 215 do Real decreto lei 5/2023, do 28 de xuño, polo que se modifica o Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

Para os efectos da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, entenderase cumprido o requisito exixido neste punto cando o nivel de cumprimento dos prazos de pagamento previstos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, sexa igual ou superior á porcentaxe prevista na disposición derradeira sexta, letra d), punto segundo, da Lei 18/2022, do 28 de setembro, de creación e crecemento de empresas.

j) No caso de que as persoas titulares do establecemento de acuicultura ou as propietarias da embarcación auxiliar obxecto da axuda sexan unha pluralidade de persoas, incluídos os matrimonios casados en réxime de gananciais, poderán ser persoas beneficiarias das 3 modalidades de axuda, cada unha delas na porcentaxe declarada no anexo correspondente (anexo IV. Pluralidade de persoas solicitantes). Aquelas persoas que declaren un 0 % de participación no anexo IV deberán cumprir os requisitos sinalados nas letras a), b), c) e g).

k) No suposto de solicitudes presentadas por persoas armadoras de embarcacións auxiliares de acuicultura, que sexan unha pluraridade de solicitantes, cada unha delas deberá declarar no anexo IV a súa porcentaxe de participación que, en ningún caso, poderá ser do 0 %.

As posibles persoas beneficiarias, ao formalizar a súa solicitude, someteranse voluntariamente ao cumprimento das condicións que se establezan para as axudas en materia de acuicultura, tanto para o pagamento das subvencións, como para a concesión e demais requisitos exixibles pola normativa vixente que sexa de aplicación.

Artigo 6. Obrigas das persoas beneficiarias

As persoas beneficiarias destas axudas están obrigadas a:

a) Executar as actuacións obxecto da subvención dentro do prazo conferido para o efecto, e con cumprimento das condicións establecidas na respectiva resolución de concesión e demais normativa de aplicación.

b) Axustar o custo de adquisición dos investimentos ou dos servizos subvencionables ao valor de mercado.

c) No caso de axudas concedidas a bens inscritibles nun rexistro público, deberá facerse constar na escritura e no rexistro público correspondente o importe da subvención concedida e o período durante o que os bens subvencionados quedan adscritos ao fin concreto recollido na subvención.

d) No caso de axudas concedidas para a construción de embarcacións auxiliares de acuicultura: inscribir a embarcación no Rexistro de Buques de Galicia e no Rexistro de Bens Mobles, sección de Buques, exclusivamente a nome da/s persoa/s beneficiaria/s.

e) Se o investimento solicitado na subvención é a construción ou modernización dun establecemento de acuicultura, deberanse cumprir obrigatoriamente as condicións sinaladas nas correspondentes autorizacións para levar a cabo os investimentos.

f) No caso de investimentos en infraestruturas ou investimentos produtivos, a persoa beneficiaria deberá, durante os cinco anos seguintes á data do pagamento final da axuda:

– Non cesar nin transferir a actividade produtiva fóra da Comunidade Autónoma de Galicia.

– Non cambiar a propiedade de ningún elemento da infraestrutura, de forma que lle proporcione unha vantaxe indebida.

– Non producir cambios substanciais que afecten a natureza, os obxectivos ou as condicións de execución da operación, de modo que se menoscaben os seus obxectivos orixinais.

A Consellería do Mar solicitará o reintegro da axuda de forma proporcional ao período durante o cal se incumpriran os requisitos, segundo o disposto no artigo 65 do Regulamento (UE) 2021/1060.

g) Someterse ás actuacións de comprobación que efectuará o órgano concedente ou calquera outra comprobación e control financeiro que poidan realizar os órganos de control competentes, tanto nacionais coma comunitarios, e achegar canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

h) Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos durante un prazo de cinco anos a partir do 31 de decembro do ano da data contable do último pagamento ás persoas beneficiarias, para os efectos de comprobación e control. Cando proceda, deberá dispoñer dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos exixidos na lexislación aplicable ás persoas beneficiarias.

i) Manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable apropiado en relación con todas as transaccións relacionadas coa subvención que permita seguir a pista de auditoría.

j) Comunicarlle á Consellería do Mar a obtención doutras subvencións e axudas para a mesma finalidade, procedentes de calquera Administración ou ente, tanto públicos como privados.

k) Comunicarlle á Consellería do Mar calquera circunstancia que poida afectar substancialmente a execución dos fins para os que foi concedida a axuda.

l) Dar a adecuada publicidade ao carácter público do financiamento do investimento realizado, con expresa mención á participación do FEMPA:

1. Cando as persoas beneficiarias dispoñan dun sitio web e de contas en medios sociais, farán unha breve descrición da operación, de maneira proporcionada en relación co nivel da axuda, cos seus obxectivos e resultados, e destacarán a axuda financeira da Unión Europea.

2. En documentos e materiais de comunicación relacionados coa execución da operación, destinados ao público ou aos participantes, proporcionarán unha declaración que destaque a axuda da Unión Europea de maneira visible.

3. Exhibirán placas ou valos publicitarios resistentes, nun lugar ben visible para o público, nas que figure o emblema da Unión Europea, tan pronto como comece a execución física de operacións que impliquen investimentos físicos ou se instalen os equipos que se adquiriron, con respecto a operacións cuxo custo total sexa superior a 100.000,00 €.

4. Para as operacións que non se inclúan no punto 3, exhibirán, nun lugar ben visible para o público, polo menos un cartel de tamaño mínimo A3 ou unha pantalla electrónica equivalente con información sobre a operación onde se destaque a axuda dos Fondos; nos casos nos que a persoa beneficiaria sexa unha persoa física, a devandita persoa beneficiaria asegurará, na medida do posible, a dispoñibilidade de información adecuada onde se destaque a axuda dos fondos, nun lugar visible para o público ou mediante unha pantalla electrónica.

5. Para as operacións de importancia estratéxica e as operacións cuxo custo total sexa superior a 10.000.000,00 €, organizarase unha actividade ou acto de comunicación, segundo conveña, e farase participar á comisión e á autoridade de xestión responsable no seu momento oportuno.

En calquera actuación incluirase, así mesmo, o logotipo da Xunta de Galicia.

A utilización do emblema da Unión Europea realizarase conforme o disposto no artigo 47 e no anexo IX do Regulamento (UE) 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021.

O incumprimento das obrigas da persoa beneficiaria, ademais da mala utilización do emblema da UE, sen a adopción de medidas correctoras, fará que se poida cancelar ata un máximo do 3 % da axuda do FEMPA á operación.

m) Non incorrer, durante o periodo comprendido entre a presentación da solicitude da axuda e os cinco anos seguintes á data do pagamento final desta, nalgunha das situacións ás que fai referencia o artigo 11.1 do Regulamento (UE) 2021/1139 do Parlamento Europeo e do Consello, do 7 de xullo.

Se calquera das situacións ás que se fai referencia no punto 1 do artigo 11 do Regulamento FEMPA se produce durante o período comprendido entre a presentación da solicitude de axuda e os cinco anos seguintes á data do pagamento final, a/s persoa/s beneficiaria/s deberán reintegrar total ou parcialmente o importe da axuda, de conformidade co establecido no artigo 44 do devandito Regulamento e no artigo 103 do Regulamento (UE) 2021/1060.

n) Se o investimento comporta a xeración de residuos, deberanse cumprir as condicións sinaladas, para cada tipo de residuo, na normativa sectorial.

ñ) Respectar a Carta dos dereitos fundamentais da Unión Europea. Ter en conta a promoción e a igualdade entre mulleres e homes e a non discriminación. Evitar calquera discriminación por razón de xénero, orixe racial ou étnica, relixión ou conviccións, discapacidade, idade ou orientación sexual, e ter en conta a accesibilidade para as persoas con discapacidade, de ser o caso.

Unha vez realizado o pagamento da axuda, a Subdirección Xeral de Acuicultura requirirá a persoa ou persoas beneficiarias a correspondente documentación para os efectos de comprobación do cumprimento dos requisitos establecidos nas letras c), d) e i).

Artigo 7. Investimento máximo subvencionable e intensidade da axuda

1. As axudas reguladas nesta orde teñen carácter de subvencións de capital e non constitúen axudas de Estado.

2. Modalidades A e B: a contía máxima da axuda será o 50 % do gasto total subvencionable para as operacións executadas por pemes e do 40 % no caso de grandes empresas, ata un límite máximo de 25.000.000,00 € de axuda por beneficiario.

No caso de solicitudes para a construción de barcos auxiliares de acuicultura, a contía máxima do gasto subvencionable da operación será de 300.000,00 €. Este importe será incrementado en 25.000,00 € por cada establecemento de acuicultura do que sexa/n titular/es a/s persoa/s solicitante/s, ata o límite máximo de 600.000,00 € de custo subvencionable por embarcación.

3. Modalidade C: a contía máxima da axuda será o 50 % do gasto total subvencionable da operación.

4. Para os efectos indicados terase en conta a definición de peme da Recomendación 2003/361/CE da Comisión, do 6 de maio de 2003, segundo sexan microempresas, pequenas e medianas empresas (pemes), as empresas con menos de 250 empregados e cun volume de negocios anual igual ou inferior a 50 millóns de euros ou un balance xeral anual igual ou inferior a 43 millóns de euros.

As empresas deberán cumprir os criterios de independencia, segundo o indicado na mencionada recomendación. Así mesmo, para o cálculo dos efectivos (número de persoas ocupadas) e dos importes financeiros, terase en conta o indicado nesta.

5. O importe do gasto total subvencionable será o que se obteña da valoración dos custos do proxecto con criterios técnico-económicos, obxectivos e homoxéneos, de acordo cos informes técnicos emitidos.

Artigo 8. Compatibilidade das axudas

Os gastos cofinanciados por esta orde serán compatibles con outras liñas de axudas, sempre que a suma de todas elas non supere o límite da intensidade máxima de axuda pública prevista no artigo 41 do Regulamento FEMPA.

Non obstante, a obtención concorrente de axudas outorgadas para a mesma finalidade polas administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, cando o importe total das subvencións percibidas por cada persoa beneficiaria supere os límites que se indican no punto anterior, dará lugar á redución proporcional que corresponda no importe das subvencións, ata axustarse a ese límite na última subvención que se vaia conceder.

Artigo 9. Certificación de non inicio

1. Con carácter xeral, as actuacións para as que se solicita axuda non poderán estar iniciadas antes de que se acredite, unha vez presentada a solicitude, o non inicio destas por parte dos servizos da Consellería do Mar.

2. Non precisarán da certificación a que fai referencia o punto anterior os investimentos que se refiren a instalacións de equipamentos que non requiran a autorización para a súa instalación, sempre que o investimento declarado pola persoa interesada sexa igual ou inferior a 6.000,00 €.

Nestes supostos o non inicio das actuacións acreditarase mediante declaración responsable (anexo II) de que os investimentos non foron iniciados. No caso de que estas actuacións se refiran a investimentos que requiran obras, precisarán da certificación de non inicio realizada polos servizos da Consellería do Mar.

3. No caso de proxectos técnicos ou servizos de asesoramento de carácter técnico, científico, tecnolóxico, xurídico ou económico ás explotacións acuícolas, o non inicio acreditarase mediante a factura, que poderá ser de data de ata tres meses antes da presentación da solicitude, salvo no caso das certificacións de non inicio anticipadas, que terá que ser de data posterior á certificación destas.

4. Se for necesario iniciar as actuacións antes do inicio da data de presentación de solicitudes da convocatoria anual correspondente, de forma excepcional poderase facer unha certificación de non inicio antes de que estas comecen, nos seguintes termos:

A solicitude dirixirase ao departamento territorial da Consellería do Mar de cada provincia e xuntaráselle:

a) Memoria descritiva dos aspectos económicos e técnicos do investimento que inclúa a xustificación da excepcionalidade para acometer os investimentos.

b) Facturas pro forma e catálogos que permitan facer unha valoración dos investimentos que se van realizar e relación destes, planos e tres ofertas alternativas. As tres ofertas alternativas serán necesarias cando o importe do gasto unitario supere a contía de 40.000,00 € no caso de execución de obras ou de 15.000,00 € no caso de subministración de bens ou prestación de servizos, salvo que polas especiais características dos gastos subvencionables non exista no mercado suficiente número de entidades que os subministren ou presten. A elección entre as ofertas presentadas realizarase de conformidade con criterios de eficiencia e economía, e deberá xustificarse expresamente nunha memoria a elección cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa.

c) Xustificación do pagamento das taxas para a realización da certificación de non inicio (30.17.08).

O departamento territorial correspondente tramitará a devandita solicitude logo de informe da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica.

Esta certificación de non inicio formará parte do expediente administrativo da solicitude posterior, e quedará incluída no mesmo procedemento administrativo.

5. Para esta convocatoria poderanse admitir certificacións de non inicio realizadas con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2021, sempre e cando os investimentos non estean finalizados nin completamente pagados antes de que se acredite, unha vez presentada a solicitude, a non finalización destes por parte dos servizos da Consellería do Mar.

6. A realización da certificación de non inicio en ningún caso implica dereito nin mérito para a concesión da axuda.

Artigo 10. Proxectos obxecto de subvención e gastos subvencionables

1. Modalidade A. Investimentos produtivos e creación de empresas.

a) Entre os investimentos para unha acuicultura viable, competitiva e atractiva apoiaranse:

1. Investimentos produtivos na acuicultura e/ou modernización dos centros acuícolas que sexan innovadores, reduzan o seu impacto ambiental, aumenten a resiliencia ao cambio climático e melloren a eficiencia enerxética, entre outras.

2. Investimentos que favorezan a automatización e dixitalización de procesos.

3. Investimentos para optimizar os procesos, os recursos e os residuos a través da economía circular.

4. Investimentos para mellorar a calidade do produto acuícola ou para incrementar o seu valor.

5. Investimentos para diversificar a produción acuícola e as especies cultivadas.

6. Investimentos co obxecto de mellorar as condicións de traballo e de seguridade dos/das traballadores/as do sector acuícola.

7. Investimentos co obxecto de diversificar os ingresos das empresas acuícolas mediante o desenvolvemento de actividades complementarias como acuiturismo e restaurantes, e o desenvolvemento de valores socioculturais, educativos e de recuperación de lugares emblemáticos e de valor cultural como casas de salga, muíños de mareas, etc.; estas actividades complementarias deberán estar vinculadas á actividade acuícola e/ou aos valores ambientais das zonas litorais.

b) Para a mellora e construción de infraestruturas dependentes das explotacións acuícolas e asociadas ás instalacións acuícolas, apoiaranse:

1. Adquisición ou modernización dos barcos auxiliares para a explotación da acuicultura, sempre que non se utilice para o aproveitamento dos recursos mariños acuáticos salvaxes e cando a modernización implique unha mellora das condicións de traballo e seguridade das persoas traballadoras.

2. Investimentos en infraestruturas asociadas á instalación acuícola ou espazos portuarios para a provisión, a limpeza e a organización do material necesario para o desenvolvemento e o control do cultivo.

3. Investimentos en ferramentas e infraestruturas que faciliten o acceso a recursos (acceso á internet, auga ou luz).

c) Investimentos que teñan por obxecto a protección das instalacións fronte a adversidades climáticas, alteracións do contorno e auga, escapes, depredadores, etc.

d) Construción de novas instalacións acuícolas, sexan realizadas por empresas existentes (aumento de produción e/ou modernización) ou por novas empresas.

2. Modalidade B. Neutralidade climática.

a) Investimentos que contribúan á neutralidade climática mediante a redución da pegada de carbono, a reconversión das empresas acuícolas incrementando a eficiencia enerxética ou fomentando a reconversión das empresas acuícolas a fontes de enerxía renovables.

b) Investimentos en sistemas e/ou modelos de acuicultura que contribúan á mitigación e á adaptación ao cambio climático como sumidoiro de carbono ou especies climáticamente neutras tales como moluscos, algas, fanerógamas e outros.

c) A adaptación das instalacións, os procesos e as tecnoloxías das empresas acuícolas existentes para contribuír á neutralidade climática.

3. Modalidade C. Servizos de asesoramento.

Será subvencionable a obtención de servizos de asesoramento de carácter técnico, científico, xurídico, ambiental ou económico, sempre que a súa prestación teña algunha das seguintes finalidades:

a) As necesidades en materia de autorización e de xestión para permitir ás explotacións acuícolas cumprir coa normativa da Unión Europea e a lexislación nacional.

b) A elaboración de estudos e informes recollidos na normativa de aplicación para a posta en marcha da actividade e para o seu seguimento (estudos de avaliación de impacto ambiental aos que se refire a Directiva 2011/92/CE, do Parlamento Europeo e do Consello; o cumprimento dos requisitos e medidas establecidas para o seguimento ambiental e outros).

c) As normas sobre saúde e seguridade laboral baseadas na normativa da Unión Europea e nacional.

d) A comercialización e as estratexias empresariais.

e) As necesidades en materia de requirimentos administrativos en canto aos espazos e dominios onde se sitúe a explotación.

f) O apoio técnico para mellorar a competitividade das instalacións e a súa sustentabilidade ambiental mediante estudos, memorias técnicas ou proxectos.

Os servizos deberán ser prestados por organismos científicos ou técnicos, así como por entidades públicas ou privadas que presten asesoramento técnico, científico, tecnolóxico, xurídico ou económico e que conten coas competencias necesarias recoñecidas.

4. Tamén será subvencionable nas tres modalidades o gasto derivado da elaboración da certificación ou Informe de Procedementos Acordados dun auditor inscrito no Rexistro Oficial de Auditores de Contas (ROAC), no caso de subvencións de importe superior a 30.000,00 €, nas que non sexa posible presentar conta de perdas e ganancias abreviada.

Asemade, no caso de solicitudes correspondentes á modalidade A e á modalidade B tamén serán subvencionables os custos que resulten dos proxectos e asesoramentos necesarios para acometer o investimento produtivo ou a creación de empresas obxecto de financiamento (estudos de impacto ambiental, informes técnicos, ambientais, xurídicos, etc.).

5. Os investimentos para os que se solicite axuda non poderán estar iniciados nin pagados antes de que se acredite o non inicio destes, nos termos indicados no artigo 9 desta orde.

No caso de que o solicitante conte cunha certificación de non inicio anticipada, os investimentos non poderán estar finalizados nin completamente pagados antes de que se acredite, unha vez presentada a solicitude, a non finalización destes por parte dos servizos da Consellería do Mar.

6. Para a anualidade de 2025 só se admitirán aqueles gastos que fosen efectivamente pagados dentro do período comprendido entre a data de realización da visita de comprobación para a emisión da certificación de non inicio ou certificación de non inicio anticipada, de ser o caso, e a data límite de xustificación da primeira anualidade establecida na resolución de concesión da axuda ou na súa modificación, de ser o caso.

Para a anualidade 2026 admitiranse os gastos efectivamente pagados dentro do período comprendido entre a data de realización da visita de comprobación para a emisión da certificación de non inicio ou certificación de non inicio anticipada, de ser o caso, e a data límite de xustificación da segunda anualidade.

Para a anualidade 2027 admitiranse os gastos efectivamente pagados dentro do período comprendido entre a data de realización da visita de comprobación para a emisión da certificación de non inicio ou certificación de non inicio anticipada, de ser o caso, e a data límite de xustificación da terceira anualidade.

7. En todo caso, deberá respectarse que o gasto sexa aboado nos prazos de pagamento previstos na normativa sectorial que lle sexa de aplicación ou, na súa falta, nos establecidos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais, en cumprimento do establecido no artigo 31.2 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

8. A elixibilidade das operacións basearase no documento Criterios de Selección para a concesión das axudas no marco do Programa Nacional do FEMPA, que a Autoridade de Xestión do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura someteu á aprobación do Comité de Seguimento.

9. Os gastos subvencionables realmente efectuados pola persoa beneficiaria axustaranse aos seguintes criterios:

a) Que se efectuasen ao longo da duración da acción ou do programa de traballo, con excepción dos custos relativos a informes finais e certificados de auditoría.

b) Que se consignasen no orzamento estimado total da acción ou do programa de traballo.

c) Que sexan necesarios para a execución da acción ou do programa de traballo obxecto da subvención.

d) Que sexan identificables e verificables, en particular que consten na contabilidade da persoa beneficiaria, e se determinaran de acordo coas normas contables aplicables do país no que a persoa beneficiaria estea establecida, e de conformidade coas prácticas contables habituais en materia de gastos.

e) Que cumpran o disposto na lexislación fiscal e social aplicable.

f) Que sexan razoables e xustificados, e cumpran co principio de boa xestión financeira, en especial no referente á economía e á eficiencia.

Artigo 11. Gastos non subvencionables

1. En todo caso, non serán subvencionables os seguintes gastos:

a) Os gastos orixinados por unha mera reposición, salvo que a nova adquisición corresponda a investimentos distintos dos anteriores, ben pola tecnoloxía utilizada ou polo seu rendemento.

b) Os gastos orixinados polas obras que supoñan a substitución de elementos deteriorados, obras de mantemento e reparación.

c) A adquisición de terreos por un custo superior ao 10 % do total do gasto subvencionable da operación de que se trate, sempre que exista unha relación directa entre a compra e os obxectivos da operación; no caso de zonas abandonadas e daquelas cun pasado industrial que comprendan edificios, este límite aumentará ata o 15 %.

d) A compra de edificios ou locais, se estes foron subvencionados nos últimos 10 anos.

e) A transferencia da propiedade dunha empresa.

f) Investimentos relativos ao comercio polo miúdo excepto cando formen parte integrante das explotacións acuícolas.

g) Os gastos de compra de reprodutores e xuvenís das especies que se vaian criar.

h) Os gastos derivados dos trámites administrativos para a constitución dunha nova empresa.

i) As obras non vinculadas co proxecto de investimento: vivendas, comedores, obras de embelecemento, equipos de recreo e similares.

j) A urbanización que non estea relacionada coa actividade do proxecto.

k) O mobiliario de oficina, de salas de conferencias e de catas, consumibles e equipamento informático ou similar.

l) Elementos de transporte que non estean directamente relacionados coa operación.

m) Palés e semellantes.

n) Os gastos de alugamento de equipamentos e os investimentos financiados mediante arrendamento financeiro (leasing). Para seren subvencionables estes investimentos, deberá ser exercida a opción de compra unha vez finalizado o período do leasing. En todo caso, cómpre a achega dun compromiso de adquisición do ben xunto coa solicitude.

ñ) Outros custos relacionados co contrato de arrendamento financeiro, tales como impostos, marxe do arrendador, custos de refinanciamento, gastos xerais ou seguros non serán subvencionables. Os investimentos aprobados inicialmente como compra non poderán ser imputados como gastos de leasing ou viceversa, salvo que o dito cambio sexa solicitado e aprobado polo órgano concedente.

o) As compras de materiais e equipos usados.

p) A adquisición de elementos e todo tipo de bens que non sexan pagados por transferencia bancaria ou aqueles pagados mediante préstamos de entidades provedoras.

q) As achegas de granulados.

r) O imposto sobre o valor engadido (IVE), cando sexa recuperable.

s) Outros impostos recuperables.

t) As actividades de sanidade animal de vixilancia, destinadas a demostrar que se está libre de enfermidade, nin os gastos fixos como os custos dos servizos veterinarios oficiais.

u) A repoboación directa, a menos que estea expresamente prevista como medida de reintrodución ou outras medidas de conservación por un acto xurídico da Unión Europea ou en caso de repoboación experimental.

v) Os gastos de persoal.

w) Os gastos correntes.

x) Os gastos por desprazamento.

y) Os gastos que ten que satisfacer a persoa solicitante ante os organismos pertinentes para a autorización, realización e legalización dos investimentos solicitados.

z) Os xuros de débeda.

aa) Calquera gasto que, de acordo coa normativa aplicable, resulte ser non subvencionable.

Artigo 12. Prazo de presentación da solicitude

O prazo de presentación das solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte á publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento, non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

Artigo 13. Forma de presentación de solicitudes

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.

Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

No caso de que se soliciten axudas para investimentos en varios establecementos de acuicultura e/ou barcos auxiliares de acuicultura, deberán presentar unha solicitude por cada establecemento ou barco auxiliar.

Artigo 14. Documentación complementaria

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

– Anexo II. Declaración responsable de non inicio, de ser o caso.

– Anexo III. Formulario do investimento.

– Anexo IV. Pluralidade de persoas solicitantes, de ser o caso.

– Anexo V. Relación de ofertas solicitadas e elixidas, de ser o caso.

– Anexo VI.1. Declaración relativa á condición de peme (só cando a persoa solicitante é unha persoa física ou unha pluralidade de persoas físicas).

– Anexo VI.2. Declaración relativa á condición de peme (só no caso de persoas xurídicas, comunidades de bens ou agrupacións ou entidades sen personalidade xurídica).

– Anexo VI.3. Declaración de persoa física partícipe na persoa xurídica (só para as persoas físicas relacionadas no punto 2 do anexo VI.2 que cumpran o requisito específico).

– Anexo VII. Acordo de realización de investimentos (só no caso de axudas para modernización de embarcacións auxiliares solicitadas pola persoa ou persoas armadoras).

– Anexo VIII. Declaración responsable de aplicación da normativa en materia de accesibilidade para persoas con discapacidade (só no caso de solicitudes da modalidade A).

– Anexo IX. Nomeamento de representante para os efectos de presentación da solicitude, de ser o caso.

2. Asemade, segundo proceda, presentarase a seguinte documentación complementaria:

2.1. Documentación xurídico administrativa da entidade solicitante:

2.1.1. Para persoas xurídicas:

a) Certificación rexistral dos estatutos sociais e da constitución, así como dos representantes legais e apoderados da persoa xurídica, emitida con posterioridade á data de publicación desta orde.

b) Copia auténtica do poder de representación do representante legal da entidade solicitante, no caso de que tal poder non figure na certificación rexistral.

c) Informe de riscos, expedido pola Central de Información de Riscos do Banco de España con posterioridade á data de publicación desta orde, asinado electronicamente ou debidamente asinado e selado.

d) Certificación do Rexistro Mercantil das contas anuais individuais depositadas do exercicio económico 2023, emitida con posterioridade á data de publicación desta orde, e incluír informe de auditoría do exercicio económico 2023, de ser o caso.

No caso de non ter a obriga de depositar as contas nun rexistro, debe presentar as contas anuais do exercicio económico 2023 aprobadas pola asemblea xeral correspondente, e incluír o informe de auditoría do exercicio económico 2023, de ser o caso.

e) Imposto de sociedades do exercicio económico 2023 no que conste o seu envío telemático ou a súa presentación, só no caso de que a persoa solicitante declare que é unha micro, pequena ou mediana empresa.

f) Liquidacións trimestrais ou mensuais do IVE do exercicio económico 2024, nas que conste o seu envío telemático ou a súa presentación, de ser o caso.

g) Certificación do Rexistro Mercantil, ou do rexistro que corresponda, das contas anuais consolidadas do exercicio 2023, tanto se foron depositadas pola persoa solicitante como aquelas contas nas que a persoa solicitante estea incluída, emitida con posterioridade á data de publicación desta orde, e incluír o informe de auditoría do exercicio 2023, de ser o caso.

h) Certificado da declaración censual de alta en obrigas tributarias, emitido con posterioridade á data de publicación desta orde.

i) Certificado acreditativo de carecer de antecedentes penais, obtido a través do Rexistro Central de Penados e Rebeldes do Ministerio da Presidencia, Xustiza e Relacións coas Cortes, que deberá conter a totalidade de antecedentes penais non cancelados, para os efectos de verificar que non foi declarada culpable de cometer fraude no marco do FEMP ou FEMPA.

j) Certificado acreditativo de non ter cometido ningún dos delitos establecidos nos artigos 3 e 4 da Directiva 2008/99/CE, obtido a través do Rexistro Central de Penados e Rebeldes do Ministerio da Presidencia, Xustiza e Relacións coas Cortes.

k) No caso de solicitudes presentadas por novas empresas (empresas que obtivesen o título habilitante durante os 3 anos anteriores á publicación desta orde), asemade deberán presentar:

– Plan empresarial para o desenvolvemento das súas actividades acuícolas.

– Escritura de constitución da sociedade inscrita no Rexistro Mercantil.

2.1.2. Para persoas físicas:

a) Liquidacións trimestrais ou mensuais do IVE do exercicio económico 2024, nas que conste o seu envío telemático ou a súa presentación, de ser o caso.

b) Declaración da renda dos exercicios 2022 e 2023, na que conste o seu envío telemático ou a súa presentación.

c) Certificado da declaración censual de alta en obrigas tributarias, emitido con posterioridade á data de publicación desta orde.

d) Informe de riscos, expedido pola Central de Información de Riscos do Banco de España con posterioridade á data de publicación desta orde, asinado electronicamente ou debidamente asinado e selado.

e) No caso de solicitudes presentadas por novas empresas (empresas que obtivesen o título habilitante durante os 3 anos anteriores á publicación desta orde), asemade deberán presentar:

– Plan empresarial para o desenvolvemento das súas actividades acuícolas.

– Informe de vida laboral da persoa solicitante, emitido con posterioridade á data de publicación desta orde.

2.1.3. Se a solicitude corresponde a unha pluralidade de persoas poderá ser formulada nunha única solicitude e as actuacións efectuaranse co representante ou coa persoa interesada que expresamente sinalen no anexo IV e, no seu defecto, coa que figure en primeiro termo. A conta bancaria sinalada no anexo I deberá estar exclusivamente a nome de todas as persoas solicitantes que indiquen no anexo IV unha porcentaxe de participación superior ao 0 %:

a) Liquidacións trimestrais ou mensuais do IVE do exercicio económico 2024, nas que conste o seu envío telemático ou a súa presentación, de ser o caso, de cada persoa solicitante.

b) Declaración da renda dos exercicios 2022 e 2023, na que conste o seu envío telemático ou a súa presentación, de cada persoa solicitante.

c) Certificado da declaración censual de alta en obrigas tributarias, emitido con posterioridade á data de publicación desta orde, de cada persoa solicitante.

d) Informe de riscos, expedido pola Central de Información de Riscos do Banco de España con posterioridade á data de publicación desta orde, asinado electronicamente ou debidamente asinado e selado, de cada persoa solicitante.

e) No caso de solicitudes presentadas por novas empresas (empresas que obtivesen o título habilitante durante os 3 anos anteriores á publicación desta orde), asemade deberán presentar:

– Plan empresarial para o desenvolvemento das súas actividades acuícolas.

– Informe de vida laboral de cada persoa solicitante, emitido con posterioridade á data de publicación desta orde.

2.2. Plan de financiamento do proxecto:

a) Informe no que se indique a forma na que se vai financiar o proxecto, especificando, para cada anualidade, o importe que se realizará con recursos propios, alleos ou con ambos os tipos de financiamento. Segundo o tipo de financiamento elixido, deberá especificar se financia a través de conta corrente, de aforro, de prazos, de ampliación de capital, de préstamo bancario, de póliza de crédito, de préstamo formalizado con socios ou outro tipo de financiamento. Tamén deberá indicar a entidade bancaria e o importe destinado a financiar o proxecto.

b) Documentación xustificativa do tipo de financiamento:

• Recursos propios:

– Certificados bancarios emitidos con posterioridade á data de publicación desta orde, nun modelo oficial da entidade, debidamente asinados e selados ou asinados electronicamente, das contas da persoa solicitante onde consten o/os titular/es destas, o tipo de conta (corrente, aforro, a prazos, etc. As contas de crédito considéranse recursos alleos) e os fondos dispoñibles para realizar o investimento. No caso de que o tipo de conta non sexa unha conta corrente ou conta de aforro, deberá indicar a dispoñibilidade desta ou, en caso contrario, o prazo de vencemento.

Non se admitirá a dispoñibilidade de fondos propios en contas bancarias nas que figure como titular algunha persoa que non teña a condición de solicitante.

No caso de pluralidade de persoas solicitantes, non se admitirá a dispoñibilidade de fondos propios en contas bancarias nas que figure como titular algunha persoa que non teña unha participación declarada no anexo IV superior ao 0 %.

– Ampliación de capital: escritura notarial de ampliación de capital en diñeiro, a súa correspondente inscrición no Rexistro Mercantil e o/os certificado/s bancario/s do/dos desembolso/s deste, emitido/s con posterioridade á data de publicación desta orde.

– Noutros casos, achegar a documentación financeira correspondente.

• Recursos alleos:

– Préstamos formalizados con entidades de crédito: póliza de préstamo vixente debidamente intervida por notario.

Non se admitirán préstamos nos que figure como prestameira algunha persoa que non teña a condición de solicitante.

No caso de pluralidade de persoas solicitantes, non se admitirán préstamos nos que figure como prestameira algunha persoa que non teña unha participación declarada no anexo IV superior ao 0 %.

– Pólizas de crédito formalizadas con entidades de crédito: póliza de crédito vixente (última renovación), debidamente intervida por notario, e certificado bancario emitido con posterioridade á data de publicación desta orde, nun modelo oficial da entidade, debidamente asinado e selado ou asinado electronicamente, onde identifique o número da póliza de crédito a que fai referencia, o límite da póliza, o importe dispoñible e disposto.

Non se admitirán pólizas de crédito nas que figure como titular algunha persoa que non teña a condición de solicitante.

No caso de pluralidade de persoas solicitantes, non se admitirán pólizas de crédito nas que figure como titular algunha persoa que non teña unha participación declarada no anexo IV superior ao 0 %.

– Préstamos formalizados con socios: contrato de préstamo entre socios, debidamente asinado por prestamista e prestameiro, certificado/s bancario/s do/dos desembolso/s deste emitido/s con posterioridade á data de publicación desta orde, e a liquidación definitiva do imposto correspondente no organismo competente, de ser o caso.

– Noutros casos, achegar a documentación financeira correspondente (non se admitirán préstamos de entidades provedoras).

2.3. Facturas ou, no seu defecto, facturas pro forma ou orzamento detallado de gastos previstos para a realización de cada unha das actividades ou adquisicións para as que se solicita subvención.

Cando o importe do gasto subvencionable supere a contía de 40.000,00 €, no caso de execución de obras, ou de 15.000,00 €, no caso de subministración de bens ou prestación de servizos, a persoa beneficiaria deberá achegar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores. Neste suposto, a presentación da solicitude deberá incluír o anexo V desta orde. A elección entre as ofertas presentadas realizarase de conformidade con criterios de eficiencia e economía e deberá xustificarse expresamente nunha memoria a elección cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa.

2.4. No caso de solicitudes dirixidas á realización de investimentos que teñan por obxecto diversificar os ingresos das empresas acuícolas mediante o desenvolvemento de actividades complementarias, deberán presentar un plan empresarial para o desenvolvemento das súas novas actividades.

2.5. No caso de solicitudes correspondentes á modalidade B, deberán presentar un informe técnico que xustifique a contribución á neutralidade climática: o incremento da eficiencia enerxética, a utilización de fontes de enerxías renovables, os sistemas e modelos de produción e o cultivo de especies neutras ou que actúan como sumidoiro de carbono.

2.6. No caso de solicitudes presentadas por persoas que exploten unha piscifactoría continental sen ser titulares desta, deberán presentar un contrato de alugueiro ou de cesión de uso da instalación elevado a escritura pública notarial.

2.7. Póliza vixente do seguro de responsabilidade do establecemento que garanta posibles danos a terceiros e xustificante bancario do seu pagamento.

2.8. No caso de que a axuda se solicite para a modernización de barco auxiliar de acuicultura, deberá presentarse:

– Folla de asento da embarcación emitida con posterioridade á data de publicación desta orde.

– No suposto de solicitudes presentadas pola/s persoa/s armadora/s, se na folla de asento figura como armadora da embarcación unha comunidade de bens integrada por unha pluralidade de persoas solicitantes, documento de constitución da comunidade de bens e, de ser o caso, as súas modificacións posteriores.

– Póliza vixente do seguro de responsabilidade civil da embarcación e xustificante bancario do seu pagamento.

– Certificación do Rexistro de Bens Mobles, sección de Buques, acreditativa da propiedade do buque e o estado de cargas ou gravames deste, emitida con posterioridade á data de publicación desta orde.

– Copia da solicitude de actualización da embarcación no Rexistro de Buques de Galicia, no caso de que a dita información non estea actualizada.

2.9. No caso de que a axuda se solicite para a execución de obra civil ou instalacións, presentaranse as facturas pro forma ou os orzamentos da empresa construtora ou instaladora, desagregadas por unidades de obra.

2.10. No caso de que a axuda se solicite para investimentos en maquinaria, deberá achegarse o catálogo do provedor e detallarse a marca e o modelo, sempre que sexa posible.

2.11. Se a realización do investimento require planos ou proxecto técnico, este deberá achegarse e estar asinado por técnico competente.

2.12. Se a realización do investimento contribúe á eficiencia enerxética, ten efectos positivos na mitigación do cambio climático e na neutralidade climática, informe técnico que xustifique as melloras obtidas en función da tipoloxía do proxecto (porcentaxe de aforro de consumo de enerxía, porcentaxe de redución de enerxía non renovable, porcentaxe de redución de emisións de gases de efecto invernadoiro e captación de CO2 ou gases de efecto invernadoiro (fanerógamas), comparando a situación anterior e posterior á realización da actuación.

2.13. Se a realización do investimento require unha autorización, unha concesión, uns permisos ou unhas licenzas para levar a cabo os investimentos previstos, deberá achegar o documento que acredita estar en posesión dela ou solicitude de tela presentado.

Exceptúanse do indicado no parágrafo anterior as actividades que teñan como obxecto da axuda un proxecto normativamente suxeito á previa avaliación de impacto ambiental ordinaria ou simplificada. Neste caso, a comprobación de que o proxecto conta coa correspondente autorización será realizada polo órgano xestor.

2.14. Certificación bancaria acreditativa de que a titularidade da conta corrente sinalada no anexo I corresponde unicamente á persoa solicitante ou, no caso de pluralidade, exclusivamente a todas as persoas solicitantes que indiquen no anexo IV unha porcentaxe de participación superior ao 0 %.

2.15. Para subvencións de importe superior a 30.000,00 €, as persoas xurídicas que, de acordo coa normativa contable, non poden presentar conta de perdas e ganancias abreviada, suxeitas á Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais, co fin de compobar o requisito establecido no artigo 5.i) desta orde:

– Certificación ou Informe de Procedementos Acordados, emitida/o por auditor rexistrado no Rexistro Oficial de Auditores de Contas.

2.16. Factura da certificación ou do «Informe de Procedementos Acordados» do auditor mencionado no punto anterior. Se o gasto unitario da factura supera os 15.000,00 €, deberá achegar, como mínimo, dúas ofertas máis de diferentes provedores. A elección realizarase de conformidade con criterios de eficiencia e economía e a elección deberá xustificarse expresamente nunha memoria cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa.

3. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán solicitados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

4. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela na que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

5. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

6. No caso de que algún dos documentos que se vaian presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos ou tivese un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

7. Para os efectos de presentación da solicitude, as persoas interesadas poderán actuar por medio de representantes; a acreditación da representación deberá realizarse mediante a presentación da correspondente autorización e aceptación utilizando o anexo IX desta orde.

Artigo 15. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI/NIE de cada persoa solicitante.

b) NIF da entidade solicitante.

c) DNI/NIE da persoa representante legal da persoa xurídica.

d) DNI/NIE da persoa representante autorizada para os efectos da presentación da solicitude.

e) NIF da entidade representante autorizada para os efectos da presentación da solicitude.

f) Consulta de estar ao día, cada persoa solicitante, no cumprimento das súas obrigas coa Axencia Estatal de Administración Tributaria.

g) Consulta de estar ao día, cada persoa solicitante, no cumprimento das súas obrigas coa Tesouraría Xeral da Seguridade Social.

h) Consulta de estar ao día, cada persoa solicitante, no cumprimento das súas obrigas coa Axencia Tributaria de Galicia (Atriga).

i) Consulta de estar ao día no pagamento, cada persoa solicitante, das obrigas por reintegro de subvencións, emitida pola Consellería de Facenda e Administración Pública (Atriga).

j) Informe sobre sancións graves das persoas solicitantes de axudas cofinanciadas co FEMPA, de conformidade co artigo 11.1.a) do Regulamento FEMPA, emitido polo Servizo Técnico Xurídico da Consellería do Mar, con respecto a cada persoa solicitante.

k) Consulta de non estar en concurso de acredores (artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia), obtida a través do Rexistro Público Concursal do Ministerio da Presidencia, Xustiza e Relacións coas Cortes, con respecto a cada persoa solicitante.

l) Informe acreditativo de non ter cometido infracción grave da política pesqueira común, do Regulamento (UE) 1005/2008 do Consello, polo que se establece un sistema contra a pesca ilegal, non declarada e non regulamentada, e do Regulamento (UE) 1224/2009 do Consello, polo que se establece un réxime comunitario de control, emitido polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, con respecto a cada persoa solicitante.

m) No caso de persoas físicas ou pluralidade de persoas físicas, consulta de inexistencia de antecedentes penais, obtida a través da plataforma de interoperabilidade do Rexistro Central de Penados e Rebeldes do Ministerio da Presidencia, Xustiza e Relacións coas Cortes, que deberá conter a totalidade de antecedentes penais non cancelados, para os efectos de verificar que non ten sido declarada culpable de cometer fraude no marco do FEMP ou FEMPA. Se da información anterior non se entendese acreditada a ausencia de antecedentes penais, solicitarase á persoa interesada que achegue certificado que acredite a totalidade de antecedentes penais ou a ausencia deles.

n) Consulta de non ter sido declarada culpable de cometer fraude, no marco do FEMP ou FEMPA, obtida a través da plataforma de interoperabilidade da Base de datos nacional de subvencións, con respecto a cada persoa solicitante.

ñ) Consulta de non estar nin ter estado, cada persoa solicitante, nos últimos 24 meses, involucrada na explotación, xestión ou propiedade dos buques incluídos na lista comunitaria dos buques INDNR, ou na explotación, xestión ou propiedade de buques que estean ou estivesen nos últimos 12 meses enarborando o pavillón de países considerados terceiros países non cooperantes, obtida do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.

o) No caso de persoas físicas ou pluralidade de persoas físicas, consulta de non ter cometido ningún dos delitos sinalados nos artigos 3 e 4 da Directiva 2008/99/CE, obtida a través da plataforma de interoperabilidade do Rexistro Central de Penados e Rebeldes do Ministerio da Presidencia, Xustiza e Relacións coas Cortes. Se da información anterior non se entendese acreditada a ausencia de delitos, solicitarase á persoa interesada que achegue un certificado que acredite a totalidade de antecedentes penais ou a ausencia deles.

p) Consulta de non ter cometido ningún dos delitos sinalados nos artigos 3 e 4 da Directiva 2008/99/CE, obtida a través da plataforma de interoperabilidade da Base de datos nacional de subvencións, con respecto a cada persoa solicitante.

q) Consulta de resolucións de concesión doutras axudas para o mesmo proxecto, concedidas pola Xunta de Galicia, de ser o caso, e con respecto a cada persoa solicitante.

r) Consulta de concesións de subvencións e axudas, con respecto a cada persoa solicitante.

s) Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas, con respecto a cada persoa solicitante.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro habilitado do formulario correspondente (anexo I, anexo IV, ou anexo IX) e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 16. Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 17. Tramitación das solicitudes

A tramitación das solicitudes realizarase por fases; no caso de que unha solicitude non supere unha das fases implicará que a súa tramitación finalizará sen que poida pasar á fase seguinte; neste caso, o órgano competente emitirá a correspondente resolución.

A) Fase de admisión de solicitudes.

1. Os servizos de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica dos departamentos territoriais da Consellería do Mar analizarán os expedientes e requirirán a emenda da documentación necesaria, de ser o caso.

2. Se a solicitude non reúne algún dos requisitos exixidos nestas bases reguladoras ou na correspondente convocatoria, requirirase a persoa interesada para que, nun prazo de dez días hábiles, emende a deficiencia ou remita os documentos preceptivos.

Neste requirimento farase indicación expresa de que, se así non o fixer, se dará por desistido da súa solicitude.

Este requirimento de emenda tamén se fará se das certificacións obtidas de conformidade co artigo 15 resulta que a persoa solicitante non está ao día no pagamento das súas obrigas tributarias co Estado, coa Comunidade Autónoma de Galicia e coa Seguridade Social.

A documentación requirida para a emenda da solicitude deberá ser presentada por medios electrónicos accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

3. Sen prexuízo do sinalado no número anterior, poderá requirirse a persoa solicitante para que achegue cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para a tramitación e a resolución do procedemento.

4. Finalizado o prazo de presentación de solicitudes, a persoa solicitante non poderá modificar a súa solicitude de axuda aumentando os importes parciais nin o total dos investimentos solicitados nin incluíndo novos conceptos para os que solicita a axuda.

Non se considerarán aumento do importe total do investimento as diferenzas ou erros materiais que se puidesen producir na documentación presentada.

5. Os expedientes serán remitidos polos departamentos territoriais da Consellería do Mar, xunto cun informe ao respecto, ao Servizo de Planificación e Xestión da Acuicultura, que continuará coa tramitación segundo o establecido nesta orde.

6. Para os expedientes que non cumpran as exixencias contidas nestas bases ou na normativa de aplicación, ou que non conteñan a documentación necesaria, o órgano instrutor emitirá un informe desfavorable previo á proposta de resolución de non admisión ou de desistencia, segundo sexa o caso, na que se indicarán as causas que a motivan.

7. Sempre que se teñan en conta para a resolución das axudas aspectos distintos aos aducidos polas persoas interesadas, daráselles a estas un trámite de audiencia con carácter previo á selección dos expedientes pola comisión regulada no artigo 18 desta orde.

8. O Servizo de Planificación e Xestión da Acuicultura continuará coa tramitación establecida nos seguintes artigos, con respecto ás solicitudes que reunisen todos os requisitos e a documentación necesaria.

B) Fase de avaliación das solicitudes.

Os proxectos que se financien deberán axustarse ao programa operativo do FEMPA e seren técnica e economicamente viables.

Para a baremación das solicitudes utilizaranse as catro categorías de criterios de selección que se sinalan a continuación, e que se aplicarán para establecer a orde de prelación e a selección dos proxectos:

1. Criterios de selección xerais (30 %).

A aplicación dos criterios xerais de avaliación ten carácter obrigatorio e servirá para determinar se un proxecto é Apto/Non apto para ser cofinanciado co FEMPA.

As solicitudes de axuda con puntuación menor ou igual a 4 puntos non serán subvencionables por non alcanzar os criterios mínimos, e consideraranse non aptas para seren cofinanciadas co FEMPA.

Este punto terá un valor do 30 % do total dos criterios de selección. A puntuación máxima posible para este criterio será de 10 puntos, atendendo aos seguintes aspectos:

1.1. Contribución á estratexia, ao DAFO e ao tipo de actividade do Programa (0-6 puntos): unha solicitude debe obter un mínimo de 1 punto en cada un dos seguintes subcriterios. A puntuación mínima para que un proxecto sexa financiable será de 3 puntos e a máxima de 6.

a) Adecuación á estratexia (0-2 puntos): neste punto comprobarase se o proxecto está previsto na estratexia, de acordo coas liñas descritas no punto 1 do Programa do FEMPA, mediante a súa inclusión na «Lista de operacións de importancia estratéxica» (apéndice 3, Programa FEMPA):

O proxecto non se axusta á estratexia

0 puntos-excluído

O proxecto axústase á estratexia

1 punto

O proxecto está incluído no Programa nacional de datos básicos do sector pesqueiro (PNDB)

2 puntos

b) Adecuación ao DAFO (0-2 puntos): neste punto revisarase se o proxecto achega, contribúe ou recolle algún dos aspectos do DAFO do tipo de actividade do Programa FEMPA. No caso de que se nomee de maneira expresa unha necesidade do DAFO, poderase outorgar a máxima puntuación.

O proxecto non se axusta ao DAFO

0 puntos-excluído

O proxecto axústase ao DAFO, pero non se nomea nel

1 punto

O proxecto noméase expresamente no DAFO

2 puntos

c) Adecuación ao tipo de actividade (0-2 puntos): comprobarase que o proxecto estea recollido no tipo de actividade no programa operativo, concretamente: investimentos produtivos e creación de empresas na acuicultura, investimentos para a neutralidade climática na acuicultura e servizos de asesoramento específico para as explotacións acuícolas.

O proxecto non se axusta aos tipos de actividade

0 puntos-excluído

O proxecto axústase a algún tipo de actividade

1 punto

A actividade noméase expresamente no programa operativo

2 puntos

1.2. Contribución aos indicadores de resultado (0-2 puntos): neste punto valorarase a achega do proxecto aos indicadores de resultado correspondentes e predefinidos no programa operativo. Para que un proxecto sexa financiado non poderá ter, neste subcriterio, unha puntuación de 0.

a) Modalidades A e B:

– Outorgaranse 0,5 puntos por cada indicador de resultado do tipo de actividade:

▪ CR 01 Nova capacidade de produción.

▪ CR 02 Produción acuícola mantida.

– Outorgarase 1 punto adicional se responde a un ou máis dos indicadores de resultado diferentes aos do tipo de actividade:

▪ CR 08 beneficiarios.

▪ CR 10 Intervencións que contribúen ao bo estado medioambiental, en particular, á recuperación e á conservación da natureza, á protección de ecosistemas, á biodiversidade, á saúde e ao benestar animal.

▪ CR 17 Entidades que melloran a eficiencia dos recursos na produción e/ou na transformación.

b) Modalidade C:

– Outorgarase 1 punto se responde ao indicador de resultado do tipo de actividade:

▪ CR 21 Conxuntos de datos e asesoramento prestado.

– Outorgarase 1 punto adicional se responde a un ou máis dos indicadores de resultado diferentes aos do tipo de actividade:

▪ CR 08 Beneficiarios.

▪ CR 10 Intervencións que contribúen ao bo estado medioambiental, en particular, á recuperación e á conservación da natureza, á protección de ecosistemas, á biodiversidade, á saúde e ao benestar animal.

▪ CR 13 Colaboración entre partes interesadas.

▪ CR 17 Entidades que melloran a eficiencia dos recursos na produción e/ou na transformación.

O proxecto non responde a ningún indicador de resultado correspondente ao tipo de actividade

0 puntos-excluído

O proxecto responde a algún indicador de resultado correspondente ao tipo de actividade

1 punto se responde ao 100 % dos indicadores, se responde de maneira parcial asignarase a puntuación de xeito proporcional

O proxecto responde a outros indicadores de resultado do obxectivo específico, diferentes aos do tipo de actividade

1 punto adicional

O proxecto está incluído no Programa nacional de datos básicos do sector pesqueiro (PNDB)

2 puntos

1.3. Contribución a plans e programas (0-2 puntos): neste punto avalíase o grado de adecuación do proxecto a plans, políticas e compromisos nacionais e internacionais, así como aqueles plans ou programas autonómicos, rexionais e/ou locais relacionados. Para que un proxecto sexa financiado non poderá ter, neste subcriterio, unha puntuación de 0.

O proxecto non se relaciona con outros plans ou programas

0 puntos-excluído

O proxecto relaciónase cun plan ou programa

1 punto

O proxecto relaciónase con máis dun plan ou programa

2 puntos

2. Criterios horizontais ambientais e sociais (20 %).

Este punto terá un valor do 20 % do total dos criterios de selección. A puntuación máxima posible para estes criterios será de 4 puntos, atendendo aos seguintes aspectos:

2.1. Aspectos ambientais (0-2 puntos):

a) Criterios horizontais ambientais (máximo 1 punto):

– Eficiencia enerxética, efectos positivos na mitigación do cambio climático e na neutralidade climática: máximo 0,40 puntos. Poderanse cuantificar coas seguintes variables:

▪ Porcentaxe de aforro de consumo de enerxía (AE): máximo 0,10 puntos. A puntuación obtida será:

◦ AE menor a 42 %: 0 puntos.

◦ AE igual ou maior a 48,8 %: 0,10 puntos.

◦ Valores de AE intermedios: 0,05 puntos.

▪ Porcentaxe de redución de enerxía non renovable (REnNR): máximo 0,10 puntos. A puntuación obtida será:

◦ REnNR menor a 48 %: 0 puntos.

◦ REnNR igual ou maior a 58 %: 0,10 puntos.

◦ Valores intermedios de REnNR: 0,05 puntos.

▪ Porcentaxe de redución de emisións de gases de efecto invernadoiro (REmEI): máximo 0,10 puntos. A puntuación obtida será:

◦ REmEI menor a 48 %: 0 puntos.

◦ REmEI igual ou maior de 58 %: 0,10 puntos.

◦ Valores intermedios de REmEI: 0,05 puntos.

▪ Captación de CO2 ou gases de efecto invernadoiro (fanerógamas): 0,10 puntos.

– Valor natural como zona de cría de peixes e moluscos: máximo 0,6 puntos. Para a aplicación deste criterio considérase que a produción se realiza aproveitando directamente un recurso natural.

▪ Adquisición ou modernización dos barcos auxiliares: 0 puntos.

▪ Establecementos en terra firme con aproveitamento da auga con bombeo: 0,15 puntos.

▪ Establecementos en terra firme con aproveitamento da auga sen bombeo: 0,3 puntos.

▪ Bateas e parques de cultivo: 0,6 puntos.

O proxecto non contribúe a ningún criterio ambiental

0 puntos

O proxecto contribúe cando menos a un criterio ambiental

Máximo 1 punto

O proxecto está expresamente mencionado nalgún plan, norma ou estratexias indicadas nos criterios ambientais (Marcos de acción prioritaria-MAP, plans de xestión da Red Natura 2000 ou doutros espazos naturais protexidos, plans de conservación de especies protexidas, plans de control e erradicación de especies exóticas, relacionados coas estratexias mariñas, etc.)

2 puntos

2.2. Aspectos sociais (0-2 puntos):

a) Criterios horizontais sociais (0-2 puntos):

– Implicación do proxecto con outras actividades da zona.

O proxecto non contribúe ao criterio

0 puntos

O proxecto contribúe ao criterio

2 puntos

3. Criterios de viabilidade técnica e económicos (20 %).

Este punto terá un valor do 20 % do total dos criterios de selección. A puntuación máxima posible para estes criterios será de 4 puntos, atendendo aos seguintes aspectos:

3.1. Criterios de viabilidade técnica (0-2 puntos):

a) Concreción de obxectivos do proxecto: a través deste criterio de selección avaliarase a contribución do proxecto ao logro dos obxectivos do programa operativo detallados no artigo 10 desta orde, para cada modalidade de axuda.

b) Vida útil estimada dos resultados do proxecto: a vida útil establécese tendo en conta o período máximo de amortización fixado na Táboa de amortización 2023-Orde HFP/1172/2022, do 29 de novembro.

Descrición

Coeficiente lineal máximo

Período máximo

Puntuación

Útiles, ferramentas, equipos para o tratamento da información e sistemas e programas informáticos

40 %

5 anos

0

Elementos de transporte e resto de inmobilizado material

25 %

8 anos

0,09

Inmobilizado intanxible

15 %

10 anos

0,14

Batea

10 %

12 anos

0,20

Barco auxiliar

10 %

25 anos

0,57

Edificios e outras construcións

5 %

40 anos

1

No caso de investimentos incluídos en varios grupos, outorgarase a do grupo con puntuación máis alta.

O proxecto non contribúe a ningún criterio

0 puntos

Contribución do proxecto a un criterio

Máximo 1 punto

Contribución do proxecto a dous criterios

Máximo 2 puntos

3.2. Criterios económicos (0-2 puntos):

a) Financiamento propio do proxecto (FPP): mide a porcentaxe dos fondos propios que se aplican ao investimento que non proveñen nin de axudas públicas nin de financiamento alleo.

missing image file

Inferior ao 15 %

0 puntos

Do 15 % ao 30 %

0,50 puntos

Máis do 30 % e menos do 50 %

1 punto

Do 50 % en diante

2 puntos

4. Criterios específicos do tipo de actividade (30 %).

Este punto terá un valor do 30 % do total dos criterios de selección. A puntuación máxima posible para este criterio será de 4 puntos, atendendo aos seguintes aspectos:

4.1. Natureza dos investimentos (0-2 puntos):

a) Modalidade A: promoveranse investimentos para unha acuicultura viable, competitiva e atractiva, así como a creación de empresas acuícolas. Apoiaranse especialmente:

– Os investimentos produtivos na acuicultura e/ou modernización dos centros acuícolas que sexan innovadores, reduzan o impacto ambiental, aumenten a resiliencia ao cambio climático e melloren a eficiencia enerxética.

– Os investimentos co obxecto de mellorar as condicións de traballo e da seguridade dos traballadores do sector acuícola.

– A creación de empresas acuícolas por parte de novos acuicultores/as para impulsar o espírito empresarial e favorecer o relevo xeracional.

O proxecto non contribúe a ningún criterio

0 puntos

O proxecto contribúe a un criterio

1 punto

O proxecto contribúe a dous ou máis criterios

2 puntos

b) Modalidade B: apoiarase especialmente a adaptación das instalacións e os procesos e as tecnoloxías das empresas acuícolas existentes para contribuír á neutralidade climática.

O proxecto non contribúe ao criterio

0 puntos

O proxecto contribúe ao criterio

2 puntos

c) Modalidade C: promoverase a mellora do rendemento, da competitividade e da sustentabilidade das explotacións acuícolas a través dos servizos de asesoramento. Apoiaranse especialmente os servizos de asesoramento de carácter técnico, científico, tecnolóxico, xurídico ou económico ás explotacións, prestados por organismos científicos ou técnicos, así como por entidades públicas ou privadas.

O proxecto non contribúe ao criterio

0 puntos

O proxecto contribúe ao criterio

2 puntos

4.2. Acuicultura tradicional (0-2 puntos): promoverase a acuicultura que se desenvolva en zona marítima e marítima-terrestre, realizada directamente nos artefactos flotantes e nos parques de cultivos, e dedicada á produción de moluscos bivalvos.

Actividades non dedicadas á produción de moluscos

0 puntos

Actividades dedicadas á produción de moluscos

2 puntos

Para calcular a puntuación final dunha operación utilizarase a seguinte fórmula:

Puntuación final

missing image file

No caso de empate na valoración, terán prioridade os proxectos que promovan a acuicultura tradicional, seguidos dos que obteñan unha maior puntuación no criterio de viabilidade técnica: concreción de obxectivos do proxecto. De persistir o empate, terán preferencia as persoas solicitantes que non recibisen axudas concedidas pola Consellería do Mar, cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP). No caso de continuar o empate, terán prioridade as persoas solicitantes que recibisen menor importe nas axudas concedidas pola Consellería do Mar, cofinanciadas co FEMP.

C) Fase de selección.

1. Unha vez finalizada a fase anterior, a comisión de selección formulará a proposta de resolución de concesión das axudas.

2. Na proposta que formule a comisión de selección figurarán, de maneira individualizada, os solicitantes propostos para obteren a subvención, e indicarase, se procede, a avaliación que lles corresponde segundo os criterios fixados nesta orde. Relacionaranse os expedientes seleccionados ordenadamente de acordo coa puntuación obtida ata esgotar as dispoñibilidades orzamentarias. Así mesmo, indicarase a proposta do importe de subvención para cada un deles.

3. A Comisión de Selección, de ser o caso, establecerá unha lista de reserva con aquelas solicitudes que, reunindo os requisitos establecidos nesta orde, non acaden a puntuación necesaria para seren seleccionadas por falta de crédito. Nesta lista de reserva indicaranse os expedientes seleccionados ordenadamente, de acordo coa puntuación obtida.

4. O/a presidente/a da Comisión de Selección elevará proposta de resolución ao órgano concedente, que ditará as correspondentes resolucións de concesión.

Artigo 18. Comisión de Selección

1. Os expedientes serán seleccionados pola Comisión de Selección constituída na Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica. A selección realizarase tendo en conta os informes específicos que consten en cada expediente, emitidos polo órgano instrutor e polos expertos técnicos.

2. A Comisión de Selección estará formada polos seguintes membros:

a) Presidente/a: subdirector/a xeral de Acuicultura.

b) Vogais: dous funcionarios adscritos á Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica designados polo presidente. O/a xefe/a de servizo de Planificación e Xestión da Acuicultura actuará como secretario.

c) Os/as xefes/as do Servizo de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica da Consellería do Mar en cada un dos departamentos territoriais, para o caso de que tramitasen parte dos expedientes das axudas reguladas nesta orde.

3. En caso de imposibilidade de asistir a algunha das sesións, os membros do órgano colexiado poderán ser substituídos pola persoa que designe o presidente. O órgano colexiado precisará, polo menos, da maioría simple dos membros para a realización da selección.

4. As reunións da Comisión de Selección poderán celebrarse tanto de forma presencial como a distancia, nos termos establecidos pola normativa vixente que sexa de aplicación.

5. A Comisión poderá propoñer que o órgano instrutor requira a documentación complementaria necesaria para a correcta valoración da solicitude de que se trate.

6. A Comisión de Selección poderá traballar asistida dos asesores que xulgue conveniente, así como solicitar informes a expertos técnicos externos na materia.

7. A Comisión de Selección reunirase nunha sesión única para a elaboración da proposta de concesión ao órgano concedente, salvo no caso de que a suma dos investimentos subvencionables dos expedientes propostos non supere o crédito existente para as axudas, caso no que poderá realizar cantas sesións considere necesarias, emitindo propostas parciais de concesión en cada unha das sesións.

Artigo 19. Resolución e aceptación

1. A resolución das solicitudes correspóndelle á persoa titular da Consellería do Mar, que poderá delegar a dita competencia na persoa titular da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica. No caso de concesións que superen a contía de 3.000.000,00 € por persoa beneficiaria será necesaria a autorización do Consello da Xunta. Esta autorización non implicará a aprobación do gasto, que lle corresponderá, en todo caso, ao órgano competente para ditar a resolución de concesión da subvención.

2. O prazo máximo para ditar e notificar a resolución da axuda será de seis meses contados desde a data de publicación desta orde de convocatoria de axudas no Diario Oficial de Galicia, que, en todo caso, recaerá dentro do exercicio orzamentario 2025. Transcorrido o prazo sen resolución expresa, as persoas interesadas poderán entender desestimadas as súas solicitudes, de conformidade co disposto no artigo 25 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

3. Unha vez notificada a devandita resolución, a persoa interesada terá un prazo de dez días hábiles a partir do día seguinte ao da súa notificación para a aceptación desta. Transcorrido este prazo sen producirse manifestación expresa, entenderase tacitamente aceptada a axuda.

4. A resolución de concesión indicará, entre outros aspectos, os compromisos asumidos polas persoas beneficiarias; os créditos orzamentarios aos que se imputa o gasto; a contía da subvención individualizada e a porcentaxe do financiamento do FEMPA; o prazo e a forma de xustificación por parte da persoa beneficiaria do cumprimento da finalidade para a que se percibe a subvención.

Artigo 20. Notificacións

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común das administracións públicas.

2. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas practicaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal. Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderán, de oficio, crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar o cumprimento polas persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

4. As notificacións entenderanse practicadas no momento no que se produza o acceso ao seu contido, e entenderase rexeitada cando transcorresen dez (10) días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non fose posible por problemas técnicos, a Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia practicará a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Artigo 21. Recursos

1. Contra a resolución expresa que se dite, que pon fin á vía administrativa, cabe interpor recurso potestativo de reposición perante a persoa titular da Consellería do Mar, no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, ou recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación.

2. Se transcorrido o prazo para resolver establecido no artigo 19, non lle é notificada a resolución á persoa interesada, entenderase desestimada por silencio administrativo e caberá interpor recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Consellería do Mar, en calquera momento, ou recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de seis (6) meses, contados en ambos os dous casos, a partir do día seguinte ao que se produza o acto presunto.

3. Sen prexuízo do anterior, as persoas interesadas poderán exercer calquera outro recurso que consideren oportuno.

Artigo 22. Modificación de resolución

1. Unha vez recaída a resolución de concesión, e antes da presentación da xustificación de cobramento, toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención ou a obtención concorrente de subvencións e axudas concedidas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á súa modificación.

2. A autorización para a modificación dos termos nos que foi concedida a axuda quedará condicionada aos seguintes requisitos:

a) Que o proxecto modificado non poida dar lugar a unha nova análise da solicitude.

b) Que a actividade, conduta ou modificación do proxecto estea comprendida dentro da finalidade destas bases reguladoras e da convocatoria oportuna.

c) Que a modificación non cause prexuízo a terceiros.

d) Que os novos elementos e circunstancias que motiven a modificación, de teren concorrido na concesión inicial, non supuxesen a denegación da subvención.

e) Que o proxecto modificado, no caso de que fose presentado co resto das solicitudes, resultase seleccionado na concesión inicial, seguindo os criterios de selección fixados.

3. As modificacións deberá solicitalas a persoa beneficiaria, por escrito, con anterioridade á súa realización, nun prazo non inferior a dous meses antes da data límite de xustificación do investimento e requirirán resolución expresa da Consellería do Mar. No seu escrito, a persoa beneficiaria deberá deixar constancia, debidamente motivada, das razóns que aconsellan a modificación proposta.

4. Non se admitirán nin aprobarán modificacións que supoñan unha execución total inferior ao 60 % do investimento inicialmente aprobado e, en ningún caso, suporán un incremento da subvención concedida.

5. Non obstante o indicado nos parágrafos anteriores, poderanse autorizar modificacións que se orixinen por causas de forza maior ou situacións sobrevidas suficientemente xustificadas, que, en todo caso, deberán ser apreciadas polo órgano concedente e debidamente motivadas.

6. Non se admitirá a subrogación dun novo propietario na condición de solicitante ou persoa beneficiaria das axudas, agás nos casos de enfermidade que dificulte ou imposibilite a realización desta actividade, sucesión mortis causa, adquisición da propiedade como consecuencia de procesos de disolución e liquidación de persoas xurídicas, operacións de fusión ou escisión parcial ou total de sociedades ou naqueloutros casos nos que, a xuízo do órgano competente para a concesión das axudas, a transmisión da propiedade do investimento subvencionado e a subrogación do novo propietario na posición do solicitante ou persoa beneficiaria non desvirtúe a finalidade das axudas. En calquera caso, a nova persoa beneficiaria deberá cumprir os requisitos desta orde e asumir as obrigas derivadas da concesión.

7. As modificacións nos prazos de xustificación dos investimentos terán a consideración de alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, polo tanto, deberán tramitarse de acordo co establecido neste artigo.

8. O acto polo que se acorde a modificación da resolución de concesión ou, de ser o caso, a súa denegación, será ditado polo órgano concedente, unha vez instruído o correspondente expediente, no que se dará audiencia á persoa interesada. Non obstante, poderase prescindir deste trámite de audiencia cando non figuren no procedemento, nin se teñan en conta na resolución, outros feitos, alegacións ou probas que as aducidas pola persoa interesada.

Artigo 23. Certificacións de fin de obra

1. A realización do investimento (modalidades A e B) xustificarase mediante a oportuna certificación de fin de obra/investimento dos servizos da Consellería do Mar, que se entenderá solicitada coa propia presentación do expediente para o pagamento.

2. Exceptúanse dos puntos anteriores aqueles investimentos nos que o importe da subvención concedida sexa inferior a 9.000,00 €. Neste caso, a realización do investimento xustificarase coas facturas e a certificación bancaria dos pagamentos correspondentes ás ditas facturas, así como cunha declaración responsable da persoa interesada de que o dito investimento foi realizado segundo a resolución de concesión.

A consellería poderá, en calquera momento, realizar as comprobacións que considere oportunas para verificar a efectiva e correcta realización dos investimentos antes mencionados.

3. A realización dos servizos de asesoramento (modalidade C) xustificarase coa presentación do correspondente proxecto.

Artigo 24. Xustificación dos investimentos

1. A xustificación do cumprimento das condicións impostas e da consecución dos obxectivos previstos no acto de concesión da subvención realizarase de acordo coas bases da convocatoria de axudas e a resolución de concesión. Os formularios en formato electrónico estarán dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

2. Con carácter xeral, o prazo para xustificación material e documental dos investimentos será o 15 de outubro de 2025 para a primeira anualidade, o 30 de setembro de 2026 para a segunda e 30 de xuño de 2027 para a terceira, salvo que a resolución individual de concesión da axuda sinale un prazo distinto.

3. Transcorrido o prazo indicado sen que a persoa beneficiaria presente a documentación xustificativa, procederase segundo o artigo 45 do Regulamento da Lei de subvencións de Galicia.

4. A xustificación dos investimentos deberá ser presentada por medios electrónicos accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

5. As solicitudes de pagamento presentaranse acompañadas da seguinte documentación:

a) Relación de xustificantes, seguindo o modelo incluído no anexo X, na que virán relacionados e clasificados os gastos e os investimentos da actividade, con identificación do provedor, o número da factura, o seu importe, a data de emisión e a data de pagamento.

b) Facturas detalladas ao máximo posible e, cando menos, co mesmo nivel de desagregación dos investimentos que figuren na resolución de outorgamento da axuda.

No caso de que as persoas beneficiarias sexan unha pluralidade de persoas, as facturas deben estar emitidas a nome de cada unha das persoas beneficiarias pola porcentaxe de axuda concedida que lles corresponda, segundo o indicado na resolución de concesión.

c) Certificacións bancarias correspondentes aos pagamentos efectuados, que deberán identificar as facturas pagadas e os seus importes ou permitir seguir a pista de auditoría nos termos establecidos no artigo 6.i) desta orde. Só se admitirán pagamentos realizados por transferencia bancaria.

Os pagamentos deben estar realizados desde unha conta bancaria da que sexa titular ou titulares exclusivamente a persoa ou persoas beneficiarias.

No caso de que as persoas beneficiarias sexan unha pluralidade de persoas, os pagamentos deben estar realizados a nome de cada unha das persoas beneficiarias e pola porcentaxe de axuda concedida que lles corresponda, segundo o indicado na resolución de concesión.

d) Relación das diferenzas existentes entre os gastos aprobados e os realizados (anexo XI).

e) Declaración responsable doutras axudas solicitadas ou concedidas, ou que se pretendan solicitar a calquera outra Administración pública, destinadas a subvencionar total ou parcialmente o proxecto para o que se solicita a subvención (deberá achegarse a resolución da axuda, de ser o caso), e compromiso dos requisitos de admisibilidade (anexo XII).

f) Declaración responsable de fin de obra, de ser o caso (anexo XIII).

g) Documentos de autorizacións, concesións, permisos ou licenzas, para levar a cabo os investimentos previstos no caso de non presentalos coa solicitude de subvención.

h) Se o investimento solicitado é a construción dunha batea e o cambio de sistema é con desmantelamento da batea antiga, deberase presentar un certificado do xestor autorizado que procedeu á valorización ou eliminación dos residuos. No certificado indicaranse detalladamente as características do artefacto desmantelado, a cantidade xerada de residuo de cada tipo e o seu destino. No caso de que o cambio de sistema non se realice con desmantelamento, deberase presentar un certificado de taxador independente debidamente acreditado e inscrito no correspondente rexistro oficial, respecto do valor da batea vella. Este valor descontaríase do importe da axuda que percibirá a persoa beneficiaria.

i) No caso de que o proxecto sexa a obtención de servizos de asesoramento de carácter técnico, científico, xurídico, ambiental ou económico (modalidade C), unha copia do correspondente proxecto e unha memoria descritiva dos resultados do servizo realizado.

j) Documentación xustificativa (documentación gráfica, fotografías ou calquera outro soporte probatorio) do cumprimento das obrigas de publicidade previstas no artigo 6.l) desta orde.

k) Calquera outra que se indique na resolución de concesión.

Artigo 25. Pagamento

1. Para o pagamento da axuda é imprescindible o cumprimento dos seguintes requisitos:

a) Que o investimento obxecto da axuda e a súa xustificación estea realizado de conformidade coa resolución de concesión, integramente rematado e totalmente pagado. A acreditación da realización do investimento realizarase coa certificación de fin de obra, regulada no artigo 23 desta orde.

En todo caso, deberá respectarse que o gasto sexa aboado nos prazos de pagamento previstos na normativa sectorial que lle sexa de aplicación ou, na súa falta, nos establecidos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais, en cumprimento do establecido no artigo 31.2 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

b) Que as persoas beneficiarias estean ao día das súas obrigas tributarias e da Seguridade Social e que non teñan pendente de pagamento ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia. Igualmente a persoa beneficiaria non terá pendente de pagamento ningunha obriga por reintegro de subvencións.

2. As solicitudes de pagamento presentaranse por medios electrónicos accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

3. No caso de que o investimento fose xustificado por menor contía que a considerada como elixible inicialmente ou o modificado pola correspondente resolución de modificación, minorarase a axuda na mesma proporción, sempre que esta minoración na xustificación da axuda non afecte aspectos fundamentais do proxecto e non supoña unha execución deficiente deste. En calquera caso, unha xustificación inferior ao 60 % do investimento inicialmente concedido ou do modificado pola correspondente resolución de modificación, implicará a perda ao dereito de cobramento da axuda.

4. No suposto de falta de xustificación documental ou material, a persoa beneficiaria perderá o dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, segundo os casos.

Artigo 26. Garantías

1. No caso de axudas con varias anualidades, será necesario para o pagamento de cada unha delas, excepto a última, a presentación dunha garantía en forma de aval bancario do 110 % da cantidade que hai que pagar, segundo o previsto nos artigos 62 e 67 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. Estes avais deberán presentarse ante a Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Facenda e Administración Pública da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o previsto no capítulo II do título IV do Decreto 11/2009.

3. Unha vez comprobada a realización da actividade ou proxecto para o que se concedeu a subvención, as garantías serán liberadas.

4. Quedan exoneradas da constitución de garantía as persoas beneficiaras das subvencións concedidas das que os pagamentos non superen os 18.000,00 €, segundo o previsto no artigo 65.4.i) do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 27. Cesión ou transmisión das axudas

1. A cesión ou transmisión das axudas outorgadas ao abeiro desta orde non terán validez cando non sexan previamente autorizadas polo órgano que as concedeu.

2. A transmisión dos bens obxecto das accións subvencionadas, dentro dos cinco anos seguintes á data da resolución de pagamento da axuda, deberá ser previamente posta no coñecemento da autoridade que a outorgou, para a súa autorización. No documento público da transmisión, o novo propietario deberá subrogarse en todas as obrigas contraídas polo transmitinte e, en particular, deixar constancia do importe da axuda concedida, así como non efectuar ningunha modificación fundamental.

Dentro dos tres (3) meses seguintes á data da transmisión, o transmitente remitirá á Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica unha copia do documento público de transmisión.

3. O incumprimento das obrigas establecidas neste artigo será causa de reintegro da axuda de forma proporcional ao período durante o que se incumprisen os requisitos, segundo o disposto no artigo 65 do Regulamento (UE) 2021/1060.

Artigo 28. Verificación posterior ao pagamento da axuda

Os servizos da Consellería do Mar realizarán os controis oportunos para verificar que a acción subvencionada non teña, nos cinco anos seguintes á data de resolución de pagamento da axuda, unha modificación fundamental das establecidas no artigo artigo 65 do Regulamento (UE) 2021/1060.

Artigo 29. Incumprimento e reintegro das axudas

1. Se a persoa beneficiaria incumpre calquera dos requisitos establecidos nestas bases e demais normas aplicables, así como as condicións e obrigas que, de ser o caso, se establezan na resolución de concesión da axuda, poderanse anular os beneficios concedidos coa obriga de reintegro da axuda ou subvención.

2. Procederá o reintegro total ou parcial da subvención concedida, así como os xuros de demora correspondentes desde o momento do pagamento da subvención e ata a data en que se acorde a procedencia do reintegro, nos supostos establecidos no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e 74 a 76 do seu regulamento.

3. Ademais, será tamén causa de reintegro, de acordo coas directrices comunitarias para o exame das axudas estatais no sector da pesca e da acuicultura (2008/C84/06), a comisión de infracción ao dereito comunitario pola persoa beneficiaria e, en especial, ás normas da política pesqueira común durante o período cuberto pola subvención. O reembolso das axudas será proporcional á gravidade da infracción cometida.

4. Sen prexuízo da obriga de reintegro, se como consecuencia dunha comprobación posterior ou de calquera outra verificación, se constata falsidade nas declaracións mencionadas nesta orde, serán de aplicación as infraccións e sancións establecidas na Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.

5. Para este procedemento de reintegro terase en conta o establecido no capítulo II do título II da Lei de subvencións de Galicia.

Artigo 30. Infraccións e sancións

Sen prexuízo do establecido nos artigos anteriores, ás persoas beneficiarias das axudas reguladas nestas bases seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto no título IV da Lei de subvencións de Galicia.

Artigo 31. Transparencia e bo goberno

1. Deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrarlle á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da devandita lei, á que se atopen vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei.

Artigo 32. Servizo Nacional de Coordinación Antifraude

Calquera persoa que teña coñecemento de feitos que puidesen ser constitutivos de fraude ou irregularidade en relación con proxectos ou operacións financiados total ou parcialmente con cargo a fondos procedentes da Unión Europea no marco desta convocatoria, poderá poñer os ditos feitos en coñecemento do Servizo Nacional de Coordinación Antifraude da Intervención Xeral da Administración do Estado, polos medios electrónicos a través da canle habilitada para o efecto polo dito servizo no enderezo web http://www.igae.pap.minhafp.gob.es/sitios/igae/es-ES/Paginas/denan.aspx, e nos termos establecidos na Comunicación 1/2017, do 6 de abril, que se pode consultar no enderezo web http://www.igae.pap.minhafp.gob.es/sitios/igae/es-ES/snca/Documents/ComunicacionSNCA06-04-2017Canaldenuncias.pdf

Artigo 33. Publicidade

1. En aplicación do establecido no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, serán obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia as axudas concedidas, expresando a convocatoria, o programa e o crédito orzamentario ao que se imputan, a persoa beneficiaria, a cantidade concedida e a finalidade da subvención, coas excepcións previstas no dito artigo, de ser o caso. A aceptación da axuda supón a inclusión da operación e os seus datos na lista de operacións previstas no artigo 49.3 do Regulamento (UE) 2021/1060.

2. Así mesmo, serán igualmente obxecto de publicidade a través da páxina web da Consellería do Mar (http://mar.xunta.gal/), a relación de persoas beneficiarias e o importe das axudas concedidas.

3. Por outra parte, de conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, transmitirase á Base de datos nacional de subvencións a información requirida por esta, o texto da convocatoria para a súa publicación na citada base e o seu extracto no Diario Oficial de Galicia.

Disposición adicional primeira

Delégase no director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica a resolución destas axudas.

Disposición adicional segunda

Facúltase a persoa titular da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica para ditar as resolucións necesarias para o desenvolvemento e aplicación desta orde.

Disposición derradeira

Esta orde producirá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de decembro de 2024

Alfonso Villares Bermúdez
Conselleiro do Mar

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file