DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Luns, 13 de xaneiro de 2025 Páx. 2046

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 27 de decembro de 2024 pola que se da publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras de préstamos directos para o financiamento empresarial en Galicia para o ano 2025, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG408B).

O Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (en diante, Igape), na súa reunión do 2 de decembro de 2024 acordou aprobar as bases reguladoras dos préstamos directos para o financiamento empresarial en Galicia, e facultou á persoa titular da Dirección Xeral do Igape para a súa convocatoria, aprobación de créditos e publicación no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude, e de conformidade coas facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Primeiro. Publicación e convocatoria das bases reguladoras

Publicar as bases reguladoras dos préstamos directos do Igape para o financiamento empresarial en Galicia, e convocar os ditos préstamos para o ano 2025 en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG408B).

Segundo. Tramitación anticipada

Esta convocatoria tramítase de conformidade co disposto no artigo 25 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (en diante, Decreto 11/2009), no cal se establece a tramitación anticipada de expedientes de gasto, condicionando a concesión destas operacións á existencia de crédito adecuado e suficiente no momento do acordo de concesión.

Terceiro. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará a computarse 5 días hábiles a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ás 9.00 horas e rematará cando se produza a primeira das seguintes circunstancias:

a) Que conforme as solicitudes recibidas, se esgote o crédito orzamentario, o que será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web do Igape, co fin de pechar anticipadamente o prazo de presentación de solicitudes.

b) O 1 de decembro de 2025, ás 14.00 horas.

Cuarto. Dotación orzamentaria

Os créditos dispoñibles para concesión nesta convocatoria aboaranse con cargo á seguinte aplicación orzamentaria e polos seguintes importes e distribución plurianual, previa existencia de crédito adecuado e suficiente:

Partida orzamentaria

Ano 2025

Ano 2026

Total

09.A1-741A-8310

33.000.000 €

17.000.000 €

50.000.000 €

A persoa titular da Dirección Xeral do Igape poderá ampliar os créditos, logo de declaración da súa dispoñibilidade, como consecuencia das circunstancias establecidas no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, mediante resolución publicada para o efecto.

Quinto. Prazos de duración do procedemento e para solicitar a disposición dos préstamos

O prazo máximo para resolver e notificar o acordo de concesión/denegación será de tres meses desde a data de presentación da solicitude e, transcorrido este, poderase entender desestimada por silencio administrativo a solicitude de concesión.

A persoa beneficiaria deberá presentar a solicitude de disposición antes do prazo establecido no acordo de concesión, sen que nunca poida exceder do 30 de novembro de 2026.

Sexto. Axuda implícita

As modalidades de préstamo que se habiliten conforme ao anexo I das bases reguladoras poderán incorporar, se é o caso, unha axuda implícita polo aforro de carga financeira para a persoa beneficiaria respecto a un préstamo que se podería obter no mercado. Para estes casos:

a) De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, transmitirase á Base de datos nacional de subvencións a información requirida por esta, o texto da convocatoria para a súa publicación na citada base e o seu extracto no Diario Oficial de Galicia. A cesión de datos de carácter persoal que debe efectuarse á Intervención Xeral da Administración do Estado para os efectos de publicar as subvencións concedidas na Base de Datos Nacional de Subvencións, non requirirá o consentimento da persoa beneficiaria.

b) Os requisitos das letras c), e), f), i), k), m) e n) do artigo 20.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (en diante, Lei 9/2007), indícanse nas bases anexas a esta resolución.

Santiago de Compostela, 27 de decembro de 2024

Covadonga Toca Carús
Directora xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

Bases reguladoras de préstamos directos para o
financiamento empresarial en Galicia

O Igape é o instrumento básico de acción da Xunta de Galicia para impulsar o desenvolvemento competitivo do sistema produtivo galego, planeando e executando as actuacións do goberno autónomo para o apoio aos investimentos considerados estratéxicos no ámbito de Galicia.

O Decreto 133/2002, do 11 de abril (DOG nº 78, do 23 de abril), modificado polos Decretos 174/2007, do 6 de setembro (DOG nº 186, do 25 de setembro) e 45/2009, do 12 de febreiro (DOG nº 48, do 10 de marzo de 2009) e 155/2019, do 28 de novembro (DOG nº 234, do 10 de decembro de 2019), habilita ao Igape para conceder, no ámbito das súas funcións, préstamos ou créditos a favor de empresas de acordo cos requisitos e características establecidos nos programas que, con carácter xeral, para ese efecto aprobe.

Historicamente, o Igape puxo en marcha diversos programas de préstamos, con recursos do Banco Europeo de Investimentos, con fondos estruturais europeos, e con cargo aos seus orzamentos, tanto mediante liñas específicas para emprendedores, sector audiovisual, sector auxiliar do naval, Industria 4.0 e innovación, como con liñas horizontais para facilitar o investimento e o financiamento de circulante para o crecemento, demostrándose que estes programas constitúen unha ferramenta eficaz para favorecer o acceso ao crédito das empresas galegas, ao complementar o mercado bancario con produtos de financiamento público axeitados para as súas actuacións.

Mediante Resolucións do 2 de xullo de 2019, do 20 de decembro de 2019, do 23 de abril de 2021, do 5 de abril de 2022, do 3 de xaneiro de 2023, e 22 de decembro de 2023 publicáronse as bases reguladoras de préstamos directos do Igape para o financiamento empresarial de Galicia das convocatorias 2019, 2020, 2021, 2022, 2023 e 2024 respectivamente, para cubrir aquelas necesidades financeiras para a implantación e desenvolvemento de determinados proxectos empresariais de interese para Galicia, que queden fóra do ámbito de aplicación doutros programas de financiamento postos en marcha polo Igape.

Considérase oportuno manter esta liña de financiamento aberta a solicitudes para o ano 2025, por considerar que cumpre co obxectivo de contribuír e impulsar o financiamento de proxectos estratéxicos, mellora de competitividade, desenvolvemento tecnolóxico e innovación, reforzo de circulante e outras actuacións de interese para o tecido empresarial da Comunidade Autónoma.

Así mesmo, mantense a axuda implícita nas operacións de préstamo de ata os 5 puntos porcentuais en todas as liñas, limitado polas axudas de minimis, e redúcese o tipo mínimo ata o 0 %. Na actual conxuntura de tipos de xuro, introdúcese a posibilidade que as empresas poidan optar entre tipos de xuro fixo ou variable.

Realízanse diversos axustes para mellorar as liñas de financiamento do anexo I respecto ás anteriores bases reguladoras, adaptándoas ao actual contexto e demanda das empresas galegas, e engádense dúas novas liñas: Préstamos para proxectos de desenvolvemento tecnolóxico e innovación e os Préstamos para a concentración de empresas, estes últimos destinados a financiar a adquisición de unidades produtivas, gastos de traslado de unidades produtivas a Galicia para favorecer a concentración de actividades, a sucesión e a absorción de empresas.

Flexibilízase a xustificación da aplicación dos fondos dos préstamos ás finalidades previstas, permitindo que o gasto e/ou investimento financiable sexa afrontado con financiamento ponte de terceiros ou detraído da tesourería da empresa, e que o préstamo sexa utilizado para a reposición destes fondos. Deste xeito, considéranse xustificadas as actuacións sempre que se acredite que os gastos, investimentos e pagos se realicen dentro dos prazos establecidos, sen que sexa necesaria a aplicación directa dos fondos do préstamo ao pagamento dos acredores.

Naqueles tipos de actuación nas que a operación de préstamo que non cubran a totalidade das necesidades, para a parte non financiada con cargo a aquel introdúcese a posibilidade de admitir fórmulas de pago aprazado con provedores, así como operacións de arrendamento financeiro, sendo tamén admisible que os provedores tomen garantías como reservas de dominio ou mantemento da titularidade nos casos de arrendamento financeiro.

Con todo o anterior, no anexo I contémplanse as seguintes modalidades:

1. Préstamos para investimentos estratéxicos.

2. Préstamos para a concentración de empresas.

3. Préstamos para proxectos de desenvolvemento tecnolóxico e innovación.

4. Préstamos para financiar capital circulante na industria manufactureira, enmarcados nun proceso de reestruturación de débedas, e para as empresas do sector da pesca, acuicultura, así coma a transformación e comercialización dos produtos destes sectores.

5. Préstamos para financiar a implantación de empresas galegas no exterior.

6. Préstamos para financiar a operativa da industria auxiliar naval.

7. Préstamos para financiar a operativa de centros tecnolóxicos, asociacións empresariais, fundacións e entidades que desenvolvan actividades económicas, actividades de I+D ou presten servizos de interese para o tecido empresarial galego.

A convocatoria desta liña de préstamos será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia mediante resolución da persoa titular da Dirección Xeral do Igape. A convocatoria incluirá o procedemento de tramitación, o prazo de presentación de solicitudes e os créditos asignados.

Estas bases outorgaranse en réxime de concorrencia non competitiva ao abeiro do disposto no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (en diante, Lei 9/2007).

Na súa consecuencia, serán financiables todas as actuacións empresariais que cumpran os requisitos establecidos nestas bases reguladoras, sen necesidade de establecer comparacións entre elas nin unha orde de prelación, tendo en conta, ademais, a oportunidade de que a tramitación dos expedientes sexa rápida e con prazos de solicitude abertos, pola dificultade para as potenciais persoas beneficiarias de planificar as accións a financiar e a urxencia da súa implementación, a medida que xorden as necesidades.

En coherencia co anterior, o Consello de Dirección do Igape, na súa reunión de data 2 de decembro de 2024, acordou aprobar as bases reguladoras dos préstamos directos do Igape para o financiamento empresarial, establecendo varias modalidades de préstamos e de acordo cos seguintes artigos.

Artigo 1. Persoas beneficiarias

1. Poderán ser persoas beneficiarias dos préstamos regulados nestas bases aquelas empresas que cumpran os seguintes requisitos:

a) Realicen unha iniciativa empresarial nun centro de traballo localizado na Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Cumpran as condicións establecidas especificamente para a correspondente modalidade de préstamo, conforme aos requisitos que se detallan no anexo I.

2. Para as modalidades de préstamo especificamente indicadas no anexo I, poderán ser tamén persoas beneficiarias as persoas físicas, as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, agrupacións de interese económico, as sociedades civís e comunidades de bens que cumpran os requisitos do anterior número 1. Cando non teñan personalidade xurídica, deberán facerse constar expresamente, tanto na solicitude como no acordo de concesión, os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe das axudas que se van a aplicar por cada un deles, que terán igualmente a consideración de persoas beneficiarias. En calquera caso, deberá nomearse un representante ou apoderado único con poder suficiente para cumprir as obrigas que como beneficiaria correspondan á agrupación. Non poderá disolverse a agrupación ata que transcorra o prazo de prescrición de catro anos previsto nos arts. 35 e 63 da Lei 9/2007.

3. Non poderán ter a condición de persoas beneficiarias dos préstamos:

a) As empresas suxeitas a unha orde de recuperación de axudas, consecuencia dunha decisión da Comisión Europea.

b) As empresas inmersas nun procedemento de insolvencia, ou que reúnan os requisitos para someterse a un procedemento de quebra ou insolvencia por petición dos seus acredores. En particular, entenderanse nesta situación ao atoparse declarados en concurso, salvo que neste adquirise a eficacia un convenio, ou cando concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 2.4 do Real decreto lexislativo 1/2020, do 5 de maio, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei concursal. Tamén se encadrarán neste suposto aquelas empresas que estean en proceso de negociación cos seus acredores ao abeiro do Libro Segundo do devandito Real decreto lexislativo 1/2020, salvo que adquirise eficacia un plan de reestruturación.

c) Para as modalidades de préstamo que teñan axuda implícita, as empresas nas que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007, ou incumpran as obrigas do artigo 11 da citada Lei.

d) Para préstamos que inclúan subvencións implícitas ao tipo de xuro de importe superior a 30.000 €, as empresas que incumpran os prazos de pago previstos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais, e as súas posteriores modificacións, cando as persoas solicitantes sexan unicamente suxeitos incluídos no ámbito de aplicación da citada Lei 3/2004.

Artigo 2. Características das actuacións que se van financiar

1. O Igape poderá financiar actuacións empresariais vinculadas a unha actividade económica, viables, que cumpran ademais os requisitos específicos establecidos no anexo I para cada modalidade de préstamo.

Serán financiables os investimentos e gastos que cumpran os requisitos destas bases, realizados e pagados unha vez presentada a solicitude, e dentro do prazo concedido para a execución da actuación.

2. As actuacións financiables deberán estar vinculadas aos sectores establecidos como financiables, que serán os sinalados no anexo I para cada unha das modalidades de préstamo, independentemente de calquera outra que, ademais, desempeñe o solicitante.

Artigo 3. Conceptos financiables

1. Sen prexuízo das limitacións establecidas no anexo I para cada unha das modalidades de préstamo, poderán ser financiados os seguintes conceptos:

a) Bens tanxibles cuxo uso previsto pola persoa beneficiaria sexa a produción ou subministro de bens ou servizos, ou ben para fins administrativos: terreos e bens naturais, construcións, instalacións técnicas, maquinaria, útiles, outras instalacións, mobiliario, equipamentos para proceso de información e elementos de transporte, así como outro inmobilizado material necesario para o desenvolvemento da actividade. Exclúense os investimentos inmobiliarios, entendendo como tales os activos inmobles que se adquiran ou constrúan para obter rendas, plusvalías ou ambas.

b) Bens intanxibles adquiridos a terceiros, tales como investigación, desenvolvemento, concesións administrativas, propiedade industrial ou intelectual, dereitos de traspaso e aplicacións informáticas.

c) Gastos de desenvolvemento tecnolóxico e innovación referidos a un proxecto concreto, que incluirán: custos de investigación contractual e custos de consultoría ou outros servizos externos necesarios para o desenvolvemento do proxecto, gastos de persoal dedicado ao desenvolvemento do proxecto (investigadores, desenvolvedores técnicos e demais persoal auxiliar), e materiais e consumibles necesarios para o desenvolvemento do proxecto.

d) Capital de explotación, entendendo como tal o incremento permanente de capital corrente necesario para a actividade, que deberá cumprir os seguintes dous requisitos:

1º. A contía financiable por este concepto será determinada polo Igape en base a solicitude da titular, aos estados financeiros históricos e as previsións de actividade.

2º. Os fondos obtidos do produto financeiro con esta finalidade, serán aplicados ao pagamento a provedores e acredores dos seguintes conceptos de gasto corrente do exercicio:

i) Compras de mercadorías, materias primas e outros aprovisionamentos, mediante transferencia ou pago de efectos.

ii) Prestación de servizos: arrendamentos e canons, reparacións e conservación, servizos de profesionais independentes, transportes, publicidade, propaganda e relacións públicas, subministracións e outros servizos relacionados coa actividade.

iii) Gastos de persoal: soldos e salarios, indemnizacións, seguros sociais e outros gastos sociais.

iv) Gastos financeiros asociados á operativa da conta específica, se é o caso.

v) Primas de seguros, en cobertura de riscos asociados á actividade empresarial.

vi) Cando así se contemple expresamente no acordo de concesión, os fondos do préstamo desembolsado poderán destinarse a constituír un depósito nunha entidade financeira en euros, peñorado a favor dun terceiro, como fianza ou contragarantía dun aval ou liña de avais que este terceiro emita, en garantía do cumprimento, por parte da persoa beneficiaria, de compromisos, continxencias ou obrigas de carácter técnico ou financeiro relacionados coa actuación ou coa actividade corrente da persoa beneficiaria. Nestes supostos:

vi.1) O acordo de concesión determinará expresamente a porcentaxe de cobertura máxima desta contragarantía líquida sobre o nominal dos avais que se emitan, computándose, se é o caso, a parte do risco non cuberta por esta garantía peñoraticia para o 25 % de contribución financeira exenta de apoio público requirida no anexo I.

vi.2) O acordo de concesión determinará tamén a tipoloxía de compromisos, continxencias ou obrigas a garantir cos avais que se emitan, os requisitos dos terceiros ante os que se avala, e os requisitos dos avalistas beneficiados do peñoramento do depósito.

vi.3) Sen prexuízo de que se poida instrumentar unha liña de avais revolving por un prazo máximo determinado, unha vez vencidas as obrigas garantidas co peñoramento do depósito, o seu importe líquido deberá ser transferido ao Igape nun prazo máximo de 15 días hábiles. Estes fondos serán aplicados á amortización anticipada do préstamo ou, se é o caso, ao pagamento de débedas vencidas.

e) Investimentos financeiros consistentes na compra de accións ou participacións, enmarcados nun plan de concentración ou sucesión de empresas.

f) Adquisición de unidades produtivas en funcionamento, coa incorporación de activos en uso, fondo de comercio e, se é o caso, de pasivos.

g) Investimentos financeiros en sucursais, filiais e/ou sociedades nas que se conte ou pretenda acadar unha participación significativa no capital, domiciliadas en determinados países, realizados en base a un plan de expansión internacional. Os fondos do préstamo, deberán ser aplicados na sucursal, filial ou entidade destino a algunha/s das finalidades relacionadas nos puntos anteriores.

h) Gastos de traslado de unidades produtivas con destino a centros de traballo ubicados en Galicia, xa sexa creando novos centros de traballo ou ampliando novos existentes para a concentración de actividades.

i) Salvo nos conceptos recollidos no punto d) anterior, exclúese o IVE cando sexa recuperable.

2. Os bens obxecto de financiamento co préstamo deberán ser adquiridos en propiedade a terceiros pola persoa beneficiaria. Para a parte do proxecto non financiada con cargo ao préstamo, poderán ser admisibles fórmulas de pago aprazado con provedores con ou sen reserva de dominio, así como operacións de arrendamento financeiro, aínda que non se execute opción de compra na data de finalización do prazo de execución do proxecto.

3. Non obstante o previsto no anterior apartado 2, tamén poderá ser financiada a obra civil en inmobles sobre os que exista un dereito de superficie ou unha concesión administrativa, e/ou estean alugados, limitándose en caso de aluguer a obras de reforma de inmobles xa construídos. No caso de dereito de superficie ou aluguer, as persoas titulares dos inmobles non poderán estar vinculadas á persoa beneficiaria, a non ser que estas presten o seu aval solidario na operación de préstamo.

4. Os gastos financiables deberán ser contratados e pagados directamente entre a persoa beneficiaria do préstamo e o provedor, agás os gastos de desenvolvemento e innovación, que poderán ser realizados con medios e por persoal da propia persoa beneficiaria. No caso de operacións nas que se contemple expresamente que os recursos financeiros poden ser aplicados en sucursais, filiais ou participadas da persoa titular do préstamo, estas entidades terán a consideración de persoas beneficiarias para estes efectos.

5. Con carácter xeral, os provedores non poderán estar asociados nin vinculados coa persoa solicitante ou cos seus órganos directivos ou xestores, entendéndose que existe vinculación cando se dean as circunstancias previstas no artigo 27.7 da Lei 9/2007 de subvencións de Galicia e o artigo 43.2 do Decreto que desenvolve a citada lei; así mesmo, tomarase en consideración a definición de empresas asociadas ou de empresas vinculadas establecida nos apartados 2 e 3 respectivamente, do artigo 3 do anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014.

6. En caso de bens usados, poderán ser financiados sempre que se acredite mediante certificado de taxador independente, que o prezo non supera o valor de mercado e que é inferior ao custo de bens novos similares. Os investimentos previstos nos puntos e), f) e g) anteriores, non se consideran bens usados a estes efectos.

Artigo 4. Características dos préstamos

1. As características específicas de cada modalidade de préstamo, serán as detalladas no anexo I.

2. Importe do financiamento: os importes mínimos e máximos do financiamento e a porcentaxe de gasto financiable, serán os establecidos no anexo I para cada unha das modalidades de préstamo. O importe nominal da operación de financiamento non superará en ningún caso a suma dos conceptos da actuación financiable pendentes de pago na data de presentación da solicitude. O Igape poderá conceder, de forma motivada, un préstamo de importe inferior ao solicitado en función das características do proxecto (magnitude en relación á estrutura previa, proporción de financiamento público e privado, proxeccións económicas da actividade, e nivel de cobertura das garantías aportadas).

3. Reembolso: os préstamos serán reembolsables nos prazos e coas carencias sinalados no anexo I. Nos préstamos bilaterais, unha vez finalizado o período de carencia, o reintegro do préstamo realizarase en cotas trimestrais con vencemento o último día de cada trimestre natural, xunto coa cantidade destinada ao pago de xuros, con cotas de xuros ordinarios máis amortización, unha vez finalizada a carencia. O plan de amortización será calculado polo Igape e incorporarase ao contrato de préstamo.

Nos préstamos sindicados, o plan de amortización será coincidente co pactado entre os restantes partícipes no sindicato bancario e a persoa beneficiaria.

A persoa beneficiaria terá a facultade de proceder ao reembolso total ou parcial da operación financeira.

Os pagamentos da persoa beneficiaria ao Igape en concepto de amortización e custo das operacións financeiras, serán realizados mediante transferencia bancaria á conta designada no contrato, ou ben mediante domiciliación na conta que a persoa beneficiaria designe, para o que a titular deberá presentar, debidamente cuberto o formulario orde de domiciliación de débito directo SEPA que se incorpora no anexo VII.5. As liquidacións periódicas dos importes a ingresar ou a cargar na conta de domiciliación, serán calculadas polo Igape e comunicadas á titular, a título informativo, ao enderezo de correo electrónico sinalado no contrato de financiamento. A non recepción desta comunicación non eximirá á titular da obriga de pago nos prazos establecidos. O pagamento da liquidación fóra de prazo de vencemento supoñerá a devindicación de xuros moratorios conforme ao pactado no contrato de financiamento.

4. No caso de producirse o incumprimento total ou parcial das condicións do contrato de financiamento, o Igape poderá dalo por vencido, e requirirá o reembolso total ou parcial, segundo corresponda, do capital vivo e dos xuros devindicados, sen prexuízo da obrigación de reintegro da subvención implícita á que puidera dar lugar o expediente de incumprimento conforme ao artigo 20 destas bases.

5. Garantías: o Igape poderá tomar as garantías de cumprimento adecuadas segundo as características de cada operación. Con carácter xeral, todos os préstamos deberán contar con garantías adecuadas. Poderá ser motivo de denegación do préstamo non achegar suficientes garantías para cubrir un nivel cualitativamente razoable de perda en caso de impago, naqueles casos nos que de forma motivada o Comité de Riscos previsto no artigo 12.5 ou o Consello de Dirección do Igape así o acorde.

6. Con carácter xeral, os préstamos do Igape serán contratos bilaterais entre a persoa beneficiaria e o Igape. Non obstante, para as modalidades do anexo I que o recollan expresamente, poderán formalizarse contratos de préstamo sindicado nos que participen entidades financeiras que cofinancien a actuación, compartindo riscos e garantías, sempre e cando así se autorice no acordo de concesión. Nestes supostos, o Igape non actuará en ningún caso como entidade axente do sindicato bancario.

7. Tipo de xuro ordinario: A titular poderá optar entre tipo de xuro fixo ou variable. Para o caso de préstamos a tipo de xuro fixo, o tipo de xuro nominal anual será determinado no momento da concesión como resultado de restar ao tipo de mercado determinado conforme ao establecido no anexo II das bases reguladoras, unha bonificación, se é o caso, de ata un máximo de 5 puntos porcentuais. En ningún caso o tipo de xuro fixo resultante será inferior ao 0 %. Para os casos de préstamos a tipo de xuro variable, determinarase tamén conforme ao establecido no anexo II, modificándose en función das variacións do tipo de referencia durante a vixencia do préstamo. Restarase os 5 puntos de bonificación máxima ao resultado de sumar o tipo de referencia mailo diferencial, sen que o tipo aplicable no período sexa inferior ao 0 % en ningún momento da vixencia da operación.

Para os casos de préstamo sindicado, a bonificación do tipo de xuro sinalada no punto anterior, aplicarase unicamente sobre o tramo desembolsado polo Igape, e será descontado pola entidade bancaria axente das cantidades a reintegrar ao Igape.

O capital disposto e non amortizado do préstamo, devindicará diariamente, a contar desde a disposición dos fondos e ata que transcorra o prazo de vixencia do préstamo, un xuro nominal fixo que liquidarase e pagarase con periodicidade trimestral e con carácter vencido, o último día de cada trimestre natural, xunto coa cantidade destinada a amortización de principal salvo no período de carencia.

Para os préstamos bilaterais, os xuros ordinarios liquidaranse trimestralmente, coincidindo co último día do trimestre natural. Para cada unha das disposicións e nos períodos de liquidación inferiores ao trimestre natural, a remuneración de xuros será por días naturais, base 360, conforme á seguinte fórmula:

(C ×R ×T)/36000

Onde «C» = Capital, «R» = tipo de xuro nominal anual a pagar trimestralmente expresado en puntos porcentuais, e «T» = número de días naturais comprendidos entre a data de disposición e o último día do trimestre natural.

Para préstamos a tipo variable, aplicarase a anterior fórmula en todos os períodos da vixencia da operación. Nos préstamos a tipo fixo, nos períodos trimestrais completos de xuros, o importe absoluto dos xuros devindicados calcularase aplicando a seguinte fórmula:

(C x R)/400

Nos préstamos sindicados, o sistema de cálculo de xuros e a súa periodicidade de liquidación será coincidente co pactado entre os restantes partícipes no sindicato bancario e a persoa beneficiaria.

8. Tipo de xuro de demora: nos préstamos bilaterais, sen prexuízo do dereito de resolución do préstamo, en caso de atraso no pago dalgunha das sumas debidas en virtude deste contrato, o prestameiro incorrerá de pleno dereito en demora sen necesidade de requirimento previo e virá obrigado a pagar sobre a suma vencida o tipo de xuro ordinario do período máis 4 puntos porcentuais anuais. Os ditos xuros liquidaranse coincidindo co seguinte vencemento trimestral de xuros. En préstamos sindicados, o tipo de xuro moratorio e a súa forma de liquidación será o pactado entre os restantes partícipes no sindicato bancario e a persoa beneficiaria.

9. Dereito privado: os contratos mediante os que se formalicen as operacións someteranse ao dereito privado, aínda cando a débeda a favor do Igape por razón destas operacións terá a cualificación de crédito de dereito público.

Artigo 5. Custo do financiamento, consideración de axuda de estado e compatibilidade

1. Con carácter xeral, as operacións financeiras concedidas ao abeiro destas bases inclúen unha axuda implícita, materializada na redución no tipo de xuro de mercado determinado coa metodoloxía descrita no anexo III, calculando o valor actual neto da diferencia das cotas a pagar do préstamo a tipo de mercado e o préstamo a tipo reducido.

Esta axuda implícita terá consideración de axuda de minimis e cumprirá co establecido no Regulamento (UE) nº 2023/2831 da Comisión, do 13 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE L, do 15 de decembro); no Regulamento (CE) nº 717/2014 da Comisión, do 27 de xuño de 2014, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da UE ás axudas de minimis no sector da pesca e da acuicultura (DOUE L 190, do 28 de xuño) e no Regulamento 1408/2013, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis no sector agrícola (DOUE L 352, do 24 de decembro), ou nas normas que os modifiquen ou substitúan.

Os puntos porcentuais de redución do tipo de xuro serán 5, agás nos casos nos que a axuda implícita sumada ás outras axudas amparadas na normativa minimis que foran percibidas pola titular durante tres exercicios consecutivos supere o límite aplicable na citada normativa. Nestes supostos, poderán reducirse os puntos porcentuais de bonificación para axustar a axuda implícita ao límite dispoñible. Unha vez descontada a subvención, o tipo de xuro nominal pagadoiro trimestralmente resultante para a persoa beneficiaria non poderá ser inferior a 0 puntos porcentuais.

A solicitude expresa da titular e con carácter previo á formalización do préstamo, poderá renunciar á axuda implícita. Neste suposto, e no caso de que o préstamo xa estivese concedido, poderase aprobar esta renuncia por resolución da persoa titular da Dirección Xeral do Igape.

A persoa beneficiaria aceptará a contía de axuda implícita determinada cando instrumente a operación, obrigándose a reintegrar a vantaxe financeira da que gozase indebidamente no caso de incumprimento das condicións da axuda.

2. Os préstamos recollidos nestas bases reguladoras serán compatibles con calquera outra axuda.

Para os casos nos que se considere axuda implícita, serán compatibles con outras a condición de que o importe conxunto non supere os límites máximos de intensidade da axuda resultantes da normativa de aplicación. Ao estar a axuda implícita suxeita ao réxime de minimis, deberase garantir que de recibir a persoa beneficiaria outras axudas baixo o réxime de minimis non se supera o límite de 300.000 euros nos tres anos previos á concesión do préstamo. Para as empresas do sector da pesca as axudas de minimis totais que se concedan a unha mesma empresa non poderán superar 40.000 euros nos tres anos previos á concesión do préstamo. Para as empresas do sector agrícola o límite de minimis non pode ser superior a 50.000 euros nos tres anos previos á concesión do préstamo.

A obtención doutras axudas ou subvencións deberá comunicarse ao Igape tan pronto como se coñeza e, en todo caso, no momento en que se presente documentación xustificativa da actuación realizada. En todo caso, antes de conceder o préstamo, solicitarase da empresa unha declaración escrita ou en soporte electrónico, sobre calquera axuda de minimis recibida nos tres anos anteriores á solicitude de axuda. O incumprimento do disposto neste artigo considerarase unha alteración das condicións tidas en conta para a concesión da axuda e poderá dar lugar a un procedemento de reintegro.

Artigo 6. Criterios de selección das actuacións a financiar

1. As actuacións que cumpran as condicións necesarias serán avaliadas conforme aos seguintes criterios:

a) Baremación específica da actuación para a modalidade de préstamo solicitada: valoraranse as solicitudes conforme aos criterios específicos de avaliación previstos, se é o caso, no anexo I para cada modalidade.

b) Cualificación do risco de crédito: conforme á metodoloxía de avaliación descrita no anexo IV, cualificarase a solicitante e a súa actuación que se vai financiar nunha das seguintes cinco categorías: «Excelente (AAA-A)», «Boa (BBB)», «Satisfactoria (BB)», «Deficiente (B)», ou «Mala/dificultades (CC)».

c) Cualificación da garantía, conforme aos criterios descritos no anexo V, cualificaranse as garantías para constituír a favor do Igape nun dos tres niveles de colateralización: «Alta», «Normal» e «Baixa».

2. Para as puntuacións e cualificacións detalladas nas letras a) e b) do apartado 1 anterior, establécense uns limiares mínimos de aprobación, recollidos nos citados anexos I e IV respectivamente. Se unha solicitude non acada os devanditos limiares mínimos será denegada.

3. O procedemento de concesión destas axudas tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva.

As solicitudes resolveranse atendendo á súa prelación temporal ata o esgotamento do crédito, do cal se dará a correspondente publicidade.

Para os efectos da determinación da prelación temporal, a data para ter en conta será a data e hora de presentación da solicitude. No caso de presentación de achegas ou de que a solicitude requira emenda, terase en conta a data e hora en que a persoa solicitante presente correctamente toda a documentación e a información requirida. No caso de que máis dunha solicitude teña a mesma data de presentación, prevalecerá a solicitude cuxa data e hora de presentación fose anterior segundo conste no Rexistro Electrónico Xeral e, en último caso, prevalecerá aquela á cal o sistema lle asignase automaticamente o número de entrada máis baixo.

Artigo 7. Forma e lugar de presentación de solicitudes

Para presentar a solicitude, a persoa solicitante deberá cubrir previamente un formulario electrónico descritivo das circunstancias da persoa solicitante e do proxecto para o que solicita a subvención, a través da aplicación establecida no enderezo da internet https://www.igape.gal/gl/oficinavirtual. Deberá cubrir necesariamente todos os campos establecidos como obrigatorios.

2. A solicitude presentarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo VII.1) que se obterá de xeito obrigatorio na aplicación informática https://www.igape.gal/gl/oficinavirtual, accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.

3. Para poder presentar a solicitude por medios electrónicos, as persoas solicitantes deberán reunir os seguintes requisitos:

a) Será necesario que a persoa asinante da solicitude teña a representación legal da persoa solicitante. Esta representación deberá ser individual ou solidaria, de xeito que coa súa sinatura abonde para acreditar a vontade da persoa solicitante.

b) A oficina virtual do Igape acepta todos os certificados validados pola plataforma @firma da Administración Xeral do Estado, que son os que figuran nesta relación: http://administracionelectronica.gob.es/PAe/aFirma-Anexo-PSC

c) A presentación ante o Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia admite a sinatura da solicitude por parte dunha única persoa solicitante. No caso de que deba ser asinada por máis dunha persoa solicitante (por exemplo solicitudes con dous asinantes, representación mancomunada, etc.), deberá necesariamente anexar un documento en que se deixe constancia de que todas as persoas asinantes autorizan a unha delas para presentar a solicitude. Este documento deberá ser asinado electronicamente por cada unha das persoas autorizantes.

Unha vez asinado o formulario de solicitude, mediante certificación dixital da persoa presentadora, e transferido este ao Igape, procederase á anotación dunha entrada no Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia.

No momento da presentación o rexistro expedirá, empregando as características da aplicación telemática, un recibo no que quedará constancia do feito da presentación.

As persoas solicitantes poderán obter en todo momento un xustificante da presentación na oficina virtual do Igape (https://www.igape.gal/gl/oficinavirtual).

Artigo 8. Documentación complementaria

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) A documentación específica sinalada no anexo I para cada modalidade de préstamo.

b) Informe detallado da Central de Información de Riscos do Banco de España (CIR) correspondente ao último período dispoñible, consistente nun arquivo en formato PDF asinado electronicamente que o solicitante deberá obter da Oficina Virtual do Banco de España (actualmente no enderezo da internet https://sedeelectronica.bde.es).

c) En caso de persoas xurídicas:

1º. Escritura/acta de constitución e dos estatutos debidamente inscritos no rexistro competente e as súas modificacións posteriores.

2º. Poder do representante que presenta a solicitude, inscrito, se é o caso, no rexistro competente.

3º. Contas anuais, auditadas, se é o caso, correspondentes ao último exercicio pechado.

4º. Balance e conta de resultados recentes, asinados polos administradores.

d) No caso de persoas físicas ou comunidades de bens: copias das declaracións de IVE: resumo anual do exercicio anterior e liquidacións periódicas do exercicio corrente.

e) Se é o caso, anteproxecto ou proxecto técnico elaborado para a obtención da correspondente licenza urbanística no caso de proxectos que inclúan gastos de obra civil e cando sexa preceptiva a dita licenza (construción ou reforma de nave, oficinas, locais comerciais, etc.). Exceptúase da necesidade de presentación de anteproxecto ou proxecto técnico a execución de obras ou instalacións menores.

f) Relación detallada dos investimentos e/ou gastos que se van realizar, distinguindo entre bens novos e usados.

g) Acreditación da dispoñibilidade do inmoble afecto ao proxecto de investimento (copia do contrato de aluguer, concesión, superficie ou adquisición, segundo proceda).

h) Se é o caso, acreditación da capacidade de financiamento da parte da actuación non cuberta co préstamo solicitado. Esta acreditación poderá consistir:

– Nunha certificación bancaria da dispoñibilidade líquida (que terá que indicar expresamente que o saldo dispoñible non está peñorado nin suxeito a limitacións de dispoñibilidade) e/ou unha comunicación do financiador indicando importe, prazo, carencia e garantías que se van tomar;

– Nun compromiso firme do financiamento que van achegar os socios, no que figure a natureza, importe e prazos.

i) Complementariamente, o Igape poderá solicitar a achega, con carácter facultativo, daqueloutra documentación xustificativa para os efectos de valoración do risco.

De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán solicitados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitárselle novamente á persoa interesada a súa achega.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica.

Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

Artigo 9. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas Administracións públicas agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI/NIE da persoa solicitante.

b) DNI/NIE da persoa representante.

c) NIF da entidade solicitante.

d) NIF da entidade representante.

e) Imposto de Actividades Económicas (IAE). 

f) Certificado de estar ao día nas obrigacións tributarias coa AEAT.

g) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

h) Certificado de estar ao día no pagamento coa Consellería de Facenda e Administración Pública.

i) Certificado de renda (IRPF) no caso de persoas físicas ou comunidades de bens.

j) Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.

k) Consulta de concesións pola regra de minimis.

l) Consulta de concesións doutras subvencións e axudas.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente (anexo VII.1) e achegar os documentos.

Cando así o esixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 10. Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser realizados electronicamente accedendo ao enderezo da internet https://www.igape.gal/gl/oficinavirtual

Artigo 11. Órganos competentes

A competencia para a instrución do procedemento de concesión correspóndelle á Área de Financiamento do Igape.

A persoa titular da Dirección da Área de Financiamento é a competente para resolver os arquivos, as desistencias e as renuncias de dereitos nos expedientes obxecto de tramitación segundo estas bases e nos casos previstos na lexislación vixente, por delegación do Consello de Dirección do Igape. O Comité de Riscos previsto no artigo 12.5 elevará proposta de resolución, favorable ou desfavorable, ao Consello de Dirección do lgape, que será o órgano competente para resolver.

Artigo 12. Instrución dos procedementos, resolución e notificacións

1. De conformidade co establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, se a solicitude ou o formulario non reúnen algunha da documentación ou informacións esixidas, requirirase á persoa interesada para que, nun prazo de dez días hábiles, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos. Neste requirimento farase indicación expresa de que, se así non o fixer, se terá por desistido na súa petición, despois da correspondente resolución. Este requirimento de corrección tamén se fará se das certificacións obtidas de conformidade co artigo 9 destas bases resulta que o solicitante non se atopa ao día no pagamento das súas obrigacións tributarias e sociais co Estado e coa Administración da Comunidade Autónoma.

2. As solicitudes de préstamo serán avaliadas polos servizos dos órganos instrutores, en función dos datos declarados na solicitude de préstamo, no formulario e na documentación presentada, sen prexuízo de que para a cualificación do risco de crédito poida solicitarse información da solvencia da solicitante e dos seus avalistas, para o que se poderán consultar as informacións dos rexistros mercantís e da propiedade, Central de Información de Riscos do Banco de España, así como bases de datos, mesmo privadas, que recompilen datos de morosidade, incidencias xudiciais ou outros. Tamén se poderá obter información do cumprimento e historial crediticio das entidades financeiras que participen no financiamento da actuación, así como das sociedades de garantía recíproca.

3. Para subvencións implícitas de importe superior a 30.000 €, as persoas beneficiarias deben cumprir coa normativa en materia de prazos a provedores, o que se acreditará polos seguintes medios de proba:

1º. As persoas físicas e xurídicas que, de acordo coa normativa contable poidan presentar conta de perdas e ganancias abreviada, mediante certificación subscrita pola persoa física ou, no caso de persoas xurídicas, polo órgano de administración ou equivalente, con poder de representación suficiente, na que afirmen alcanzar o nivel de cumprimento dos prazos de pago previstos na citada Lei 3/2004, do 29 de decembro. Poderán tamén acreditar a dita circunstancia por algún dos medios de proba previstos no punto 2º e con suxeición á súa regulación.

2º. As persoas xurídicas que, de acordo coa normativa contable non poidan presentar conta de perdas e ganancias abreviada, mediante:

i. Certificación emitida por auditor rexistrado no Rexistro Oficial de Auditores de Contas que conteña unha transcrición desagregada da información en materia de pagos descrita na memoria das últimas contas anuais auditadas, cando delas se desprenda que se alcanza o nivel de cumprimento dos prazos de pago establecidos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, determinado neste apartado, en base á información requirida pola disposición adicional terceira da Lei 15/2010, do 5 de xullo, de modificación da Lei 3/2004, do 29 de decembro.

Esta certificación será válida ata que resulten auditadas as contas anuais do exercicio seguinte.

ii. No caso de que non sexa posible emitir a certificación de auditor á que se refire o número anterior, «Informe de Procedementos Acordados» elaborado por un auditor rexistrado no Rexistro Oficial de Auditores de Contas, que, en base á revisión dunha mostra representativa das facturas pendentes de pago a provedores da sociedade a unha data de referencia, conclúa sen a detección de excepcións ao cumprimento dos prazos de pago da Lei 3/2004, do 29 de decembro, ou no caso de que se detectasen, estas non impidan alcanzar o nivel de cumprimento requirido no apartado segundo da letra d) da disposición final sexta da Lei 18/2022, do 28 de setembro, de creación e crecemento de empresas.

4. Os servizos técnicos do órgano instrutor emitirán informe co seguinte contido:

a) Descrición do solicitante e da actuación.

b) Comprobacións do cumprimento dos requisitos da persoa beneficiaria e de elixibilidade da actuación .

c) Determinación do importe da actuación financiable e da contía do préstamo proposto.

d) Baremación específica da actuación consonte os criterios do anexo I.

e) Cualificación do risco de crédito consonte a metodoloxía do anexo IV.

f) Valoración das garantías conforme aos criterios do anexo V.

g) Cálculo da subvención bruta equivalente implícita na operación financeira proposta conforme ao anexo III, se é o caso.

Se é o caso, anexaranse os informes doutros organismos sectoriais e os sinalados no anexo I para cada modalidade de préstamo.

5. Comité de Riscos: Estará formado por un número impar de membros, e incluirá representantes do Igape, de Xesgalicia e das correspondentes consellerías sectoriais. Ademais poderá solicitar a presenza como asesor/a de outro persoal representante de calquera Administración pública, que non participará nas votacións.

O Comité de Riscos supervisará e validará as valoracións incluídas nos informes técnicos contemplados no apartado 4 anterior, podendo acordar axustes cualitativos na puntuación sempre que sexan motivados.

O Comité de Riscos acordará elevar a proposta de resolución favorable ou desfavorable ou, alternativamente, poderá pospoñer a decisión se considera necesario ampliar a información para unha mellor avaliación. Nese caso considerarase o expediente incompleto para os efectos da orde de resolución prevista no artigo 6.3.

6. O Consello de Dirección do Igape será o órgano que adoptará a decisión de concesión ou denegación da solicitude, e poderá acordar tamén a realización de actuacións complementarias indispensables para resolver o procedemento, incluída a ampliación de información para unha mellor avaliación e a petición de informes complementarios. Nestes casos, considerarase o expediente incompleto para os efectos da orde de resolución prevista no artigo 6.3. No caso de adoptar un acordo diferente ao proposto polo Comité de Riscos, este deberá ser motivado.

7. No acordo de concesión de préstamo farase constar, entre outros datos, a identificación da prestameira, o importe da actuación financiable e non financiable, con descrición dos conceptos de gasto financiable, o importe do préstamo, o tipo de xuro aprobado, o seu prazo de vixencia e de carencia, se é o caso, a subvención bruta equivalente calculada con base na diferenza entre os xuros aprobados e os xuros de mercado, os prazos de execución da actuación, de formalización e de disposición, a descrición das garantías para constituír a favor do Igape, así como outras obrigacións e compromisos que se poidan requirir á prestameira, e os demais requisitos previstos na normativa comunitaria.

No acordo denegatorio do préstamo farase constar o motivo da denegación.

8. As notificacións das resolucións e actos administrativos do procedemento que non sexan obxecto de publicación practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas practicaranse a través do Sistema de notificacións electrónicas de Galicia-Notifica.gal. Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta a disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

De conformidade co artigo 47 da Lei /2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderán de oficio crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar o cumprimento polas persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

As notificacións por medios electrónicos entenderanse practicadas no momento no que se produza o acceso ao seu contido. Entenderase rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta a disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

Se o envío da notificación electrónica non é posible por problemas técnicos, practicarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

9. O prazo máximo para resolver e notificar o acordo será o establecido na resolución de convocatoria. Se transcorrese o prazo máximo para resolver sen que recaia acordo expreso, as persoas interesadas poderán entender desestimadas as súas solicitudes por silencio administrativo. O citado prazo poderá ser suspendido nos supostos establecidos no artigo 22 da Lei 39/2015.

Artigo 13. Réxime de recursos

Os acordos adoptados ao abeiro destas bases poñerán fin á vía administrativa e contra eles poderán interpoñerse os seguintes recursos, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Potestativamente, recurso previo de reposición:

– Ante a persoa titular da Dirección da Área de Financiamento no caso de recursos de reposición contra as resolucións de arquivo.

– Ante o Consello de Dirección do Igape no caso de recursos de reposición contra os acordos de concesión ou denegación do préstamo.

En ambos os casos, o prazo para interpoñer o recurso será dun mes desde o día seguinte ao da notificación da resolución ou acordo, ou en calquera momento a partir do día seguinte a aquel no que, de acordo co establecido nestas bases reguladoras, se produza o acto presunto.

b) Recurso contencioso-administrativo, ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación do acordo, ou no prazo de seis meses contados a partir do día seguinte a aquel no que se produza o acto presunto.

Artigo 14. Formalización das operacións financeiras

As persoas beneficiarias deberán instar a formalización dos contratos de financiamento nos prazos establecidos no acordo de concesión.

A solicitude de formalización por parte da persoa beneficiaria deberá de presentarse obrigatoriamente por medios electrónicos, mediante o formulario normalizado que figura como anexo VII.2, a través do enderezo da internet https://www.igape.gal/gl/oficinavirtual

Unha vez transcorridos os prazos sinalados sen formalización, decaerá a concesión e arquivarase o expediente, salvo xustificación de razóns que motiven a concesión dunha prórroga do devandito prazo.

Serán por conta da prestameira os gastos asociados á formalización da operación e inscrición, se é o caso, de garantías constituídas (notario, rexistrador), así como o custo de liquidación de todos os tributos que dita operación devindique, e de cancelación das garantías unha vez amortizado o risco.

Artigo 15. Disposición dos fondos

1. O prazo máximo para solicitar a disposición dos fondos do préstamo e o número máximo de disposicións será o establecido no acordo de concesión. En todo caso este prazo non superará o período de carencia na amortización do préstamo, nin o establecido na Resolución da convocatoria.

2. O desembolso das operacións financeiras realizarase a solicitude da persoa beneficiaria. A solicitude deberá presentarse obrigatoriamente por vía electrónica, conforme ao modelo do anexo VII.3, que se obterá de xeito obrigatorio na aplicación informática https://www.igape.gal/gl/oficinavirtual, accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, e deberá acreditar os requisitos e achegar a documentación sinalados a seguir, así como aqueloutros que, se é o caso, se establezan no acordo individual de concesión:

a) Previsión de aplicación do préstamo, con indicación aproximada de importes e de datas de utilización de aplicación ás finalidades previstas.

b) En actuacións xa iniciadas, e sempre para a segunda e posteriores disposicións, será necesario acreditar documentalmente a realización e pagamento dos investimentos e/ou gastos executados mediante facturas, xustificantes de pagamento e extractos bancarios.

c) Con carácter xeral, a parte da actuación financiada con fondos propios ou con outros fondos alleos será executada e pagada con anterioridade á utilización do préstamo ou simultaneamente. En caso de pago simultáneo, a prestameira deberá acreditar, mediante certificación bancaria, a dispoñibilidade líquida ou financiamento concedido en firme para o pagamento da parte non financiada co préstamo.

d) Conforme ao disposto na vixente Lei de orzamentos xerais da Comunidade, a prestameira deberá acreditar que se atopa ao corrente do pago das obrigacións de reembolso de calquera outro préstamo concedido anteriormente con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma, mediante certificación do órgano competente, ou cando non se poida acreditar doutra maneira, mediante unha declaración responsable da prestameira.

No caso de que gasto e/ou investimento financiable sexa afrontado antes da disposición con financiamento ponte de terceiros ou detraendo da tesourería da empresa, o préstamo poderá ser utilizado para a reposición destes fondos. Para que o financiamento ponte de terceiros sexa susceptible de reposición con cargo ao préstamo, deberá figurar formalizado con un prazo de vencemento final igual ou inferior a un ano contado dende a data de disposición do mesmo.

Non será necesario acreditar os requisitos e achegar a documentación establecidos nos apartados a), b) e c) cando o reembolso do importe total dun tramo ou disposición do préstamo figure avalado integramente mediante aval bancario ou de sociedade de garantía recíproca, ou cando se trate dun préstamo sindicado conforme ao previsto no artigo 4.6 das bases, en cuxo caso o desembolso farase a través da entidade de crédito axente.

Os avais bancarios ou de sociedade de garantía recíproca achegados pola persoa beneficiaria en garantía da execución e correcta xustificación ante o Igape dos investimentos ou gastos aprobados no acordo de concesión serán liberados unha vez conste xustificado o proxecto ou actuación conforme ao establecido no artigo 19 das bases.

3. Con carácter previo ou simultáneo ao desembolso da primeira disposición dos fondos, a titular deberá presentar ante o Igape a primeira copia da escritura ou póliza de préstamo debidamente liquidada, e será requisito que as garantías que, se é o caso, se establezan no acordo de concesión estean debidamente inscritas nos rexistros que correspondan. En caso de préstamos sindicados previstos no artigo 4.6., a primeira copia da escritura será entregada á entidade axente.

4. Transcorrido o prazo máximo de disposición sen que se dispoña da totalidade dos fondos, salvo xustificación por razóns que motiven a concesión dunha prórroga do devandito prazo, o importe da operación financeira quedará fixado no importe efectivamente disposto. Neste suposto o Igape emitirá resolución en que anule o compromiso pola parte non disposta e, se é o caso, axustarase o importe da subvención bruta equivalente implícita no produto ao importe efectivamente utilizado.

5. Os fondos obtidos da operación financeira deberán ser aplicados exclusivamente ao pagamento dos conceptos de gasto financiables aprobados no acordo de concesión.

Artigo 16. Período de execución da actuación

1. O período de execución da actuación iniciarase e finalizará nas datas que se indiquen no acordo de concesión.

2. Todos os xustificantes da realización e pagamento dos conceptos financiables deberán estar datados nese período, así como calquera outra condición establecida no acordo de concesión, salvo que expresamente se estableza outro prazo. Exceptúanse aqueles gastos cuxos pagamentos deban efectuarse nun momento posterior por axustárense aos calendarios de recadación, como os ingresos a conta do IRPF ou cotas por seguros sociais liquidables con posterioridade á data de execución.

Artigo 17. Modificación do acordo de concesión

1. Unha vez ditado o acordo de concesión, observarase o establecido no artigo 35 do Decreto 11/2009 e admitiranse, dentro dos límites xerais establecidos nestas bases, modificacións relativas á contía dos conceptos financiables sempre que se manteñan os límites e porcentaxes máximos de operación financeira previstos nestas bases, ao plan de financiamento, á localización, ás garantías, á composición do capital (no caso de sociedades mercantís), a cambios de titularidade, a operacións de fusión ou escisión e a variacións entre partidas ou de conceptos de gasto.

2. A persoa beneficiaria deberá solicitar a modificación mediante a presentación da súa instancia dirixida ao Consello de Dirección do Igape.

O acto polo que se acorde a modificación do acordo será ditado polo órgano concedente, unha vez instruído o correspondente expediente no cal se dará audiencia ás persoas interesadas. Con todo, poderá prescindirse deste trámite de audiencia cando non figuren no procedemento nin se teñan en conta na resolución outros feitos, alegacións ou probas que as aducidas pola persoa interesada.

3. O Igape poderá rectificar, de oficio, o acordo cando dos elementos que figuren nel se deduza a existencia dun erro material, de feito ou aritmético.

4. Os prazos para a formalización e disposición dos fondos das operacións, así como os prazos de execución das actuacións poderán ser modificados, previa solicitude das persoas interesadas, por resolución da persoa titular da Dirección Xeral do Igape despois do informe da Área de Financiamento nos casos nos que se acredite que o atraso non é por causa imputable á persoa beneficiaria.

Artigo 18. Obrigas das persoas beneficiarias

1. Son obrigacións das prestameiras:

a) Xustificar ante o Igape o cumprimento dos requisitos e condicións do préstamo, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determine a concesión da operación financeira.

b) Executar o proxecto ou actuación que fundamenta a concesión do préstamo no prazo establecido no acordo de concesión.

c) Someterse ás actuacións de comprobación que efectúe o Igape, así como a calquera outra actuación, sexa de comprobación e/ou de control financeiro, que poidan realizar os órganos de control competentes, en particular a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas. Para tal fin, deberá dispoñer dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos esixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable á persoa beneficiaria en cada caso, así como a documentación xustificativa da realización e aboamento dos gastos e investimentos financiables, coa finalidade de garantir o adecuado exercicio das facultades de comprobación e control, durante, polo menos, 4 anos desde a concesión do préstamo.

d) Comunicar ao Igape a solicitude e/ou obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades financiadas, así como a modificación das circunstancias que fundamentaran a concesión do préstamo. Esta comunicación deberá efectuarse no momento en que se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos. En ningún caso o importe da axuda poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións ou axudas doutras administracións públicas, supere os límites máximos de intensidade da axuda que sexan de aplicación.

e) No caso de que non poida realizarse a actuación para a cal se concedeu o préstamo, comunicar a renuncia ao expediente solicitado no momento en que se produza a certeza da non execución.

f) Proceder ao reintegro anticipado da operación financeira e, se é o caso, da subvención bruta equivalente implícita, total ou parcialmente, no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión ou nos supostos previstos no título II da Lei 9/2007.

Artigo 19. Xustificación da actuación

1. A aplicación da operación financeira ao pagamento dos gastos financiables do proxecto acreditarase documentalmente ante o Igape nun prazo máximo de catro meses desde a finalización do prazo de execución indicado no acordo de concesión. Dentro do mesmo prazo, deberá xustificarse tamén a execución e pago dos gastos financiados coas restantes fontes, distintas á operación do Igape.

2. Para presentar a documentación xustificativa, a persoa beneficiaria deberá cubrir previamente o formulario electrónico de xustificación a través da aplicación establecida no enderezo da internet https://www.igape.gal/gl/oficinavirtual. Deberán cubrirse necesariamente todos os campos establecidos como obrigatorios. O dito formulario conterá os requisitos establecidos no artigo 48 do Decreto 11/2009 para a presentación da conta xustificativa, incluíndo unha relación detallada dos outros ingresos ou subvencións que financiasen a actividade financiada.

A xustificación presentarase mediante o formulario normalizado que a título informativo figura como anexo VII.4 a estas bases, e que se obterá de xeito obrigatorio na aplicación informática https://www.igape.gal/gl/oficinavirtual, accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

3. Unha vez xerada a solicitude de xustificación na aplicación informática, a persoa beneficiaria deberá presentala obrigatoriamente por vía electrónica.

4. No caso de que a solicitude de xustificación non se presentase en prazo ou a xustificación fose incorrecta, requirirase a persoa beneficiaria para que corrixa os erros ou defectos observados no prazo de 10 días hábiles. A falta de presentación da xustificación no prazo improrrogable establecido comportará a resolución e vencemento anticipado do préstamo e, se é o caso, a perda da axuda implícita na súa concesión, con obriga de reintegro do préstamo pendente e da subvención implícita equivalente, segundo o disposto no artigo 45.2 do Decreto 11/2009. A presentación da xustificación neste prazo adicional non eximirá á persoa beneficiaria das sancións que, conforme á lei, puideran corresponder. A xustificación cumprirá os requisitos establecidos nos artigos 28 e 30 da Lei 9/2007.

5. Xunto coa solicitude de xustificación a persoa beneficiaria presentará a seguinte documentación:

a) Documentos acreditativos da actuación financiable consistentes en facturas ou documentos de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico mercantil ou con eficacia administrativa, segundo o establecido no artigo 28.3 da Lei 9/2007 e no artigo 48 do Decreto 11/2009. As facturas deberán conter suficiente información que permita relacionalas cos conceptos xustificados.

No caso de obra civil de inmobles arrendados e/ou en réxime de concesión administrativa e/ou dereito de superficie, deberá achegarse o contrato de arrendamento/concesión/superficie.

b) A documentación acreditativa do pagamento, por algún dos seguintes medios:

1º. Xustificante de transferencia bancaria, certificación bancaria ou extracto bancario, ou xustificante electrónico de transferencia bancaria. Nestes documentos deberán quedar claramente identificados o receptor e o emisor do pagamento. En ningún caso se admitirán os pagamentos xustificados mediante recibo do provedor, nin os pagamentos por caixa ou en efectivo.

2º. Informe de auditor de contas inscrito como exercente no Rexistro Oficial de Auditores de Contas, que deberá manifestarse sobre o período de realización (facturación) e pago dos investimentos e/ou gastos alegados, así como sobre a existencia ou non de abonos ou devolucións posteriores que poidan supoñer unha redución no valor patrimonial dos bens alegados como financiables no expediente.

No caso de que o xustificante de pagamento inclúa varias facturas, deberá achegarse unha relación das mesmas, asinada polo representante legal.

As facturas en moeda estranxeira deben presentarse con copia dos documentos bancarios de cargo nos cales conste o cambio empregado.

c) No caso de que a actuación financiada inclúa obra civil, deberá constar a licenza municipal que sexa requirida ou, no caso de obras menores, a comunicación previa prevista no artigo 24 da Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia (en diante, Lei 9/2013).

d) Comunicación previa do inicio da actividade ou da apertura do establecemento prevista no artigo 24 da Lei 9/2013, no caso de proxectos de creación dun novo establecemento.

e) Para a xustificación do capital de explotación, deberán achegar extracto da conta bancaria de aboamento xunto á xustificación documental dos destinos dos fondos, isto é: facturas de provedores e acredores, nóminas e xustificantes dos importes correspondentes ás retencións e ingresos á conta do imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF) e dos gastos da Seguridade Social, recibos de primas de seguros e, en todos os casos, xustificantes bancarios de pagamento segundo o establecido na anterior letra b).

No suposto regulado no punto vi) do artigo 3.1.d) 2º: extracto bancario da conta na que se depositaron os fondos do préstamo, certificado do peñoramento emitido pola entidade bancaria na que se constituíu o depósito, indicando a data de constitución e vencemento, e a relación de avais emitidos coa garantía do dito depósito, especificando a data, importe, terceiro ante quen se avala e concepto do aval.

f) No caso de que gasto e/ou investimento financiable fose afrontado antes da disposición con financiamento ponte de terceiros, copia da póliza de préstamo/crédito ou contrato de financiamento.

g) A documentación específica establecida no anexo I para a respectiva liña de préstamo.

O Igape poderá solicitar as aclaracións pertinentes á documentación presentada e/ou, se é o caso, os informes doutras entidades públicas.

A persoa beneficiaria deberá presentar a documentación xustificativa obrigatoriamente por vía electrónica. A persoa beneficiaria responsabilizarase da veracidade dos documentos que presente. A achega das copias dixitalizadas implica a autorización para que a Administración acceda e trate a información persoal contida en tales documentos. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

6. Nos casos nos que así se indique no anexo I para a respectiva modalidade, a presentación da documentación relacionada no punto 5 anterior substituirase pola presentación dun informe de revisión de auditor independente, inscrito no Rexistro Oficial de Auditores de Contas - ROAC como exercente, emitido de acordo cos procedementos e modelo de informe establecidos no anexo VI das presentes bases reguladoras.

7. Advírtese que calquera discrepancia entre a documentación xustificativa e as declaracións da solicitude de préstamo poderá ser motivo de inicio de expediente de incumprimento que poderá supoñer a resolución e vencemento anticipado, total ou parcial, do préstamo con obriga de reintegro do préstamo pendente e, se é o caso, a perda ou modificación da axuda implícita na concesión do préstamo con obriga de reintegro da subvención implícita equivalente.

8. O Igape poderá aceptar variacións nos diversos conceptos de gasto aprobados, coa dobre condición de que a oscilación, en máis ou menos, non supere o 20 % de cada concepto e que, no seu conxunto, non se reduza o importe total da actuación financiable, nin se desvirtúen as características da mesma nin as condicións que fosen tidas en conta para resolver a concesión.

Artigo 20. Incumprimento de condicións de concesión dos préstamos

1. A falta de xustificación do cumprimento da actuación, das condicións impostas no acordo de concesión, e/ou das obrigas contidas na normativa aplicable, dará lugar á declaración de incumprimento de condicións de concesión do préstamo e, se é o caso, á obrigación de devolver total ou parcialmente a subvención implicitamente percibida en forma de redución de custo financeiro, xunto aos xuros de mora correspondentes.

2. O incumprimento considerarase total, con obriga de devolver totalmente, se é o caso, a subvención implicitamente percibida en forma de redución de custo financeiro, xunto aos xuros de mora correspondentes, sen prexuízo do expediente sancionador que puidera proceder, nos seguintes casos:

a) Obter o préstamo sen reunir as condicións requiridas.

b) Non xustificar ante o Igape o cumprimento dos requisitos e condicións do préstamo, ou a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou goce do préstamo.

c) Non permitir someterse ás actuacións de comprobación que efectúe o Igape, así como calquera outra actuación, sexa de comprobación ou de control financeiro, que poidan realizar os órganos de control competentes, en concreto a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas, e o Consello de Contas, achegando canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

d) Cando, como consecuencia do incumprimento, o importe financiable quede por baixo do mínimo establecido no anexo I para a respectiva modalidade de préstamo.

e) Nos casos obriga de mantemento de emprego establecidos no anexo I, non manter durante toda a vixencia do préstamo, un numero igual ou superior de postos de traballo nos centros de traballo situados en Galicia aos que tiña no momento de presentación da solicitude, salvo que o período no que se incumpra este requisito non supere 6 meses consecutivos. A estes efectos, considéranse os centros de traballo situados Galicia no seu conxunto.

3. Incumprimento parcial: sempre que se cumpran os requisitos ou condicións esenciais tomadas en conta na concesión, o Igape poderá apreciar un incumprimento parcial, debendo resolver sobre o seu alcance, aplicando a mesma ponderación que tivese a condición incumprida no acordo de concesión e, se é o caso, establecendo a correspondente obriga de reintegro.

En caso de condicións referentes á contía ou conceptos da actuación financiable, o alcance do incumprimento determinarase proporcionalmente ao gasto deixado de practicar ou aplicado a conceptos distintos dos considerados financiables, debendo se é o caso reintegrarse a subvención implicitamente percibida en forma de redución de custo financeiro na devandita proporción. Con carácter xeral, se o incumprimento superase o 50 % da actuación financiable, entenderase que o devandito incumprimento é total, debendo reintegrarse, se é o caso, a totalidade da subvención implicitamente percibida en forma de redución do custo financeiro, e os seus xuros de mora. O importe do préstamo reducirase proporcionalmente ao grao de incumprimento, agás no caso de que o incumprimento supere o 50 %, no que se rescindirá integramente.

4. O importe da axuda implicitamente percibida determinarase pola diferenza dos custos financeiros soportados pola titular e aqueles que deberían corresponder nas condicións de mercado consideradas para o cálculo da subvención bruta equivalente, contías que se considerarán percibidas pola persoa beneficiaria ás datas das cotas vencidas.

5. Devolución voluntaria da subvención implícita: de acordo co establecido no artigo 64 do Decreto 11/2009, as persoas beneficiarias poderán realizar, sen requirimento previo da Administración, a devolución total ou parcial da subvención implícita concedida, mediante o seu ingreso na conta ES83 2080 0388 2731 1000 0584 en concepto de devolución voluntaria da subvención. En todo caso, a persoa beneficiaria deberá presentar ante o órgano concedente copia xustificativa da devolución voluntaria realizada, na cal conste a data do ingreso, o seu importe e o número do expediente e denominación da subvención concedida.

Artigo 21. Amortización anticipada obrigatoria e resolución do contrato de financiamento

1. O Igape poderá resolver o contrato de financiamento, declarando vencido anticipadamente o seu crédito cando concorra algunha das seguintes circunstancias:

a) A falta de pagamento pola prestameira de principal e xuros do préstamo por importe equivalente a tres cotas.

b) A inexistencia, inexactitude substancial ou falsidade de información facilitada pola prestameira na solicitude de préstamo que tivese sido determinante para a súa aprobación.

c) Cando sexa declarado o incumprimento de condicións e, se é o caso, a perda do dereito á subvención implicitamente percibida nos supostos recollidos no artigo 20 das presentes bases.

2. A prestameira quedará obrigada ao pago das obrigacións procedentes do contrato no termo de cinco días naturais contados desde a data da notificación da resolución. Se a prestameira incumprise a obrigación de pago no prazo antes sinalado, poderá o Igape, desde o día seguinte, sen máis aviso nin dilixencia e en calquera tempo, reclamar xudicialmente o importe que ao seu favor acredite polo contrato, tanto por capital, como por xuros, gastos e tributos, así como executar as garantías pactadas, tendo en conta que desde o momento da notificación todas as débedas quedan vencidas e son esixibles.

3. O Igape poderá modificar o calendario de amortización do préstamo, declarando vencido anticipadamente parte do principal cando se produza o incumprimento parcial de condicións e, se é o caso, a perda parcial do dereito á subvención. O importe do préstamo reducirase proporcionalmente ao grao de incumprimento.

Artigo 22. Fiscalización e control

As persoas beneficiarias destas operacións financeiras someteranse ás actuacións de control que realice o Instituto Galego de Promoción Económica para o seguimento das actuacións aprobadas e ás de control financeiro que correspondan á Intervención xeral da Comunidade Autónoma, así como ás actuacións de comprobación previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas.

Artigo 23. Transparencia e bo goberno

1. Respecto dos préstamos con axuda implícita por ter un tipo de xuro inferior ao de mercado, deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (en diante, Lei 1/2016) , e no artigo 15 da Lei 9/2007.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, a que se atopen vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada Lei.

Artigo 24. Remisión normativa

Para todo o non previsto nestas bases aplicarase o previsto na seguinte normativa:

a) Decreto 133/2002, do 11 de abril (DOG nº 78, do 23 de abril), modificado polos Decretos 174/2007, do 6 de setembro (DOG nº 186, do 25 de setembro) e 45/2009, do 12 de febreiro (DOG nº 48, do 10 de marzo do 2009) e 155/2019, do 28 de novembro (DOG nº 234, do 10 de decembro de 2019), que habilita ao Igape para conceder, no ámbito das súas funcións, préstamos ou créditos a favor de empresas.

b) Comunicación da Comisión relativa á revisión do método de fixación dos tipos de referencia e de actualización 2008/C 14/02 (DOCE 19 de xaneiro).

c) Respecto das modalidades de préstamo que teñan axuda implícita aplicarase o establecido no Regulamento (UE) nº 2023/2831 da Comisión, do 13 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE L, do 15 de decembro); no Regulamento (CE) nº 717/2014 da Comisión, do 27 de xuño de 2014, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da UE ás axudas de minimis no sector da pesca e da acuicultura (DOUE L 190, do 28 de xuño); no Regulamento 1408/2013, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis no sector agrícola (DOUE L 352, do 24 de decembro), ou nas normas que os modifiquen ou substitúan.

d) En canto ao cómputo de prazos, aplicarase o disposto no artigo 30 da Lei 39/2015.

ANEXO I

Modalidades de préstamos

1. Préstamos para investimentos estratéxicos.

A) Obxecto.

Financiar actuacións consistentes en proxectos de novos investimentos, intervencións de ampliación da capacidade produtiva e/ou mellora de instalacións existentes.

B) Requisitos específicos das persoas beneficiarias.

Os establecidos no artigo 1 das presentes bases reguladoras, incluíndo persoas físicas, agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, agrupacións de interese económico, sociedades civís e comunidades de bens que cumpran os requisitos do citado artigo, e se inclúan nalgún dos seguintes sectores de actividade:

CNAE

Descrición

01

Agricultura, gandería, caza e servizos relacionados coas mesmas

03

Pesca e acuicultura

05 a 09

Industrias extractivas

10 a 33

Industrias manufactureiras

35 a 39

Fornecemento de enerxía e auga, e xestión de residuos e descontaminación

42 a 43

Construción de redes e construción especializada

46

Comercio por xunto e intermediarios, salvo vehículos de motor e motocicletas

49 a 53

Transporte e almacenamento

55 a 56

Hostalaría

58 a 63

Información e comunicacións

69 a 75

Actividades profesionais, científicas e técnicas

77.3

Aluguer de maquinaria, equipamentos e bens tanxibles

79

Axencias de viaxes, operadores turísticos, servizos de reservas e actividades relacionadas con estes.

80 a 82

Actividades de seguranza e investigación e outras actividades auxiliares das empresas

87 a 88

Asistencia en establecementos residenciais e servizos sociais sen aloxamento

90 a 93

Actividades artísticas, recreativas e de entretemento

O anterior requisito relativo ao sector de actividade non será esixible cando se trate de investimentos a levar a cabo en instalacións derrubadas ou danadas por incendios fortuítos ou inclemencias meteorolóxicas extraordinariamente adversas, que cumpran os requisitos para a bonificación do tipo de xuro establecida no parágrafo segundo do apartado D.4.a) seguinte.

C) Requisitos específicos da actuación a financiar.

C.1) Importe.

A actuación deberá presentar un custo financiable en activos fixos igual ou superior a 1.000.000 € máis impostos.

Este límite non se aplicará aos “proxectos industriais estratéxicos” ou proxectos incluídos no Plan de Impulso e Aceleración de Proxectos Industriais, ou proxectos que formen parte dun proxecto global que conte con algunha das declaracións anteriores, así como aqueles considerados de especial interese social e/ou económico para Galicia polo Consello de Dirección do Igape, nin aos proxectos levados a cabo en instalacións derrubadas ou danadas por incendios fortuítos ou inclemencias meteorolóxicas extraordinariamente adversas que cumpran os requisitos para a bonificación do tipo de xuro establecida no parágrafo segundo do apartado D.4.a) seguinte.

C.2) Gasto financiable.

Serán financiables os conceptos sinalados no artigo 3.1, letras a) Bens tanxibles, b) Bens Intanxibles, e d) Capital de Explotación.

O investimento en capital de explotación non poderá superar o 50 % do gasto financiable total.

C.3) Financiamento adicional.

A solicitante deberá acreditar capacidade para financiar a parte do proxecto non cuberta polo préstamo. Polo menos un 25 % do volume de financiamento previsto para a actuación deberá estar exento de apoio público.

D) Condicións do produto financeiro.

D.1) O préstamo poderá ser bilateral entre o Igape e a persoa beneficiaria, ou sindicado con unha ou varias entidades de crédito.

D.2) Importe mínimo e máximo.

O importe mínimo do préstamo ou da participación do Igape no sindicato bancario será de 500.000 € e un límite máximo de 5.000.000 €. Non se aplicarán os límites de importe anteriores nos casos de “proxectos industriais estratéxicos” ou proxectos incluídos no Plan de Impulso e Aceleración de Proxectos Industriais, ou proxectos que formen parte dun proxecto global que conte con algunha das declaracións anteriores, así como aqueles considerados de especial interese social e/ou económico para Galicia polo Consello de Dirección do Igape.

O importe mínimo anterior non será de aplicación nos proxectos referidos no segundo parágrafo da letra C.1) anterior.

En ningún caso superará o 50 % do custo do proxecto financiable.

D.3) Prazos de amortización e de carencia.

Axustados ao plan económico-financeiro, cun máximo de 12 anos, podendo incluír carencia na amortización de principal. Excepcionalmente poderán ter unha duración de 15 anos, cando polas características do proxecto e polo plan de financiamento se demostre a necesidade deste maior prazo de reembolso e se refiran entre outros a “proxectos industriais estratéxicos” ou proxectos incluídos no Plan de Impulso e Aceleración de Proxectos Industriais, ou proxectos que formen parte dun proxecto global que conte con algunha das declaracións anteriores, así como aqueles considerados de especial interese social e/ou económico para Galicia polo Consello de Dirección do Igape.

E) Documentación específica a presentar coa solicitude.

Ademais da documentación sinalada no artigo 8, deberá presentarse xunto á solicitude:

– Memoria da actuación, que desenvolverá o seguinte contido:

a) Antecedentes da empresa e dos seus promotores: historial, principais fitos na evolución da empresa, capacidades básicas (estratéxicas, capacitación da xerencia, organizativas e de control), capacidade técnica da entidade (recursos humanos, técnicos, materiais, colaboracións, cooperacións, certificacións de calidade e ambientais), capacidade tecnolóxica da entidade (recursos humanos, técnicos e económicos, patentes, I+D+i), capacidade económica da entidade (análise dos estados financeiros, solvencia dos promotores, política de financiamento e rendibilidade).

b) Descrición dos aprovisionamentos, do proceso produtivo e do comercial. Orixe dos aprovisionamentos, principais provedores, mercado actual (tamaño, características, competencia, etc.) e potencial. Análise comercial do produto.

c) Descrición da actuación: obxectivos (fins inmediatos e fins últimos ou estratéxicos para a entidade), orixe e xustificación (necesidade, oportunidade e adecuación da actuación respecto da entidade), descrición técnica (contido, metodoloxía, fases, etc.), necesidades de medios técnicos (descrición detallada e valorada dos novos investimentos).

d) Análise económica da actuación (previsións económicas, estrutura do financiamento, rendibilidade e previsións de tesourería para un horizonte temporal 5 anos), con descrición das hipóteses que sustentan ditas previsións (existencia de contratos, pedidos, cartas de intencións, etc.). Necesidades de persoal e de subcontratacións externas. Para empresas en funcionamento, as previsións económicas deberán estar referidas ao conxunto da empresa, mostrando separadamente o impacto do actuación. As previsións económicas deberán seguir, na medida do posible, os modelos de conta de perdas e ganancias, balance e estado de fluxos de efectivo recollidos no Plan Xeral de Contabilidade en vigor.

e) No caso de investimentos levados a cabo en instalacións derrubadas ou danadas por incendios fortuítos ou inclemencias meteorolóxicas extraordinariamente adversas, deberá presentarse informe pericial de danos de perito independente.

F) Criterios específicos de avaliación.

Non se establecen criterios específicos de avaliación. Concederanse todas as solicitudes que superen os limiares de cualificación do risco e cumpran os requisitos das bases reguladoras, ata o esgotamento do orzamento.

G) Xustificación.

Para os efectos do previsto no artigo 19 das bases reguladoras, para a xustificación das actuacións financiadas mediante esta modalidade de préstamos, será preceptiva a presentación do informe de auditor independente establecido no número 6 do referido artigo.

2. Préstamos para a concentración de empresas

A ) Obxecto.

Apoiar financeiramente a concentración e sucesión de empresas, a adquisición de unidades produtivas, o traslado de unidades produtivas a Galicia para favorecer a concentración de actividades, e a absorción de empresas para mellorar a competitividade.

B) Requisitos específicos das persoas beneficiarias.

Poderán ser persoas beneficiarias as persoas físicas ou xurídicas que desenvolvan actividades económicas con centros de traballo en Galicia, ou sexan partícipes de sociedades mercantís con centros de traballo en Galicia.

C) Requisitos específicos da actuación a financiar.

C.1) Características das actuacións.

As persoas beneficiarias deberán presentar un proxecto que demostre que a actuación suporá unha mellora competitiva, ou que permita a continuidade de empresas ou unidades produtivas, mediante:

– Adquisición de participacións ou accións de sociedades con centros de traballo en Galicia, co obxecto de proceder a unha operación societaria de fusión ou nun proceso de sucesión de empresa.

– Adquisición de unidades produtivas ubicadas en Galicia.

– Traslado de unidades produtivas propiedade da titular a centros de traballo ubicados en Galicia.

– Toma de participación en clientes da titular mediante capitalización de débedas, co obxecto de desenvolver a capacidade comercial e/ou a integración vertical das actividades.

C.2) Importe.

As actuacións a desenvolver en Galicia deberán presentar un custo financiable igual ou superior a 100.000 € máis impostos.

C.3) Gasto financiable.

Poderán ser financiados os conceptos de gasto sinalados no artigo 3, puntos a), b), d), e), f) e h) . Para o caso de toma de participación en clientes da titular mediante capitalización de débedas, os fondos do préstamo poderán ser utilizados para a reposición do capital circulante, considerándose como custo financiable a estes efectos o valor contable do crédito capitalizado sen ter en conta os posibles deterioros. Nos casos de financiamento de investimentos financeiros, o acordo de concesión pode establecer condicionantes de fusión.

D) Condicións do produto financeiro.

D.1) Importes mínimo e máximo.

O importe mínimo do préstamo será de 50.000 € e o máximo de 5.000.000 €. En ningún caso superará o 50 % do custo da actuación financiable.

D.2) Prazos de amortización e de carencia.

Axustados ao plan económico-financeiro, cun máximo de 12 anos, podendo incluír carencia na amortización de principal de ata un máximo de 4 anos.

E) Documentación específica a presentar coa solicitude.

Ademais da documentación sinalada no artigo 8, deberá presentarse xunto á solicitude:

– Memoria da actuación, que desenvolverá o seguinte contido:

a) Antecedentes da entidade: historial, partícipes, principais fitos na evolución da entidade, capacidades básicas (estratéxicas, capacitación da xerencia, organizativas e de control), capacidade técnica da entidade (recursos humanos, técnicos, materiais, colaboracións, cooperacións, certificacións de calidade e ambientais), capacidade tecnolóxica da entidade (recursos humanos, técnicos e económicos, patentes, I+D+i), capacidade económica da entidade (análise dos estados financeiros, solvencia dos promotores, política de financiamento e rendibilidade).

b) Descrición da actuación: obxectivos (fins inmediatos e fins últimos ou estratéxicos para a entidade), orixe e xustificación (necesidade, oportunidade e adecuación da actuación respecto da entidade), descrición técnica (contido, metodoloxía, fases, etc.), necesidades de medios técnicos (descrición detallada e valorada dos novos investimentos e/ou gastos).

c) Análise económica da actuación (previsións económicas, estrutura do financiamento, rendibilidade e previsións de tesourería para un horizonte temporal 5 anos), con descrición das hipóteses que sustentan ditas previsións (existencia de contratos, pedidos, cartas de intencións, etc.). Necesidades de persoal e de subcontratacións externas. Para empresas en funcionamento, as previsións económicas deberán estar referidas ao conxunto da empresa, mostrando separadamente o impacto do actuación. As previsións económicas deberán seguir, na medida do posible, os modelos de conta de perdas e ganancias, balance e estado de fluxos de efectivo recollidos no Plan Xeral de Contabilidade en vigor.

d) Se é o caso, informes da vida laboral necesarios para a comprobación do mantemento e creación do emprego.

F) Requisitos de mantemento de emprego.

O acordo de concesión do préstamo poderá establecer requisitos específicos de mantemento de postos de traballo en Galicia, cuxo incumprimento suporá a amortización anticipada do préstamo e reintegro da axuda implícita, se é o caso.

G) Criterios específicos de avaliación.

Considérase que todos os proxectos co obxecto descrito no punto A) deste anexo son de interese para Galicia polo seu impacto e a súa importancia social, polo que non se establecen criterios específicos de avaliación, que poidan supoñer a denegación dos préstamos que superen os limiares de cualificación de risco de crédito establecidos no anexo IV.

3. Préstamos para proxectos de desenvolvemento tecnolóxico e innovación

A ) Obxecto.

Apoiar financeiramente proxectos de desenvolvemento tecnolóxico e innovación das empresas en Galicia.

B) Requisitos específicos das persoas beneficiarias.

Sociedades mercantís con centros de traballo en Galicia, nos cales se pretenda desenvolver maioritariamente un proxecto concreto de desenvolvemento tecnolóxico e innovación.

C) Requisitos específicos da actuación a financiar.

C.1) Proxectos financiables

Os proxectos de desenvolvemento e innovación deberán ser realizados maioritariamente en centros de traballo situados en Galicia. Terán consideración de proxectos financiables os que se atopen nalgún dos seguintes TRL (Technology Readliness Levels) referidos ao nivel de madurez dunha tecnoloxía:

– TRL5: validación de compoñentes e/ou disposición destes nunha contorna relevante.

– TRL6: modelo de sistema ou subsistema ou demostración de prototipo en contorna relevante.

– TRL7: demostración de sistema ou prototipo nunha contorna real.

– TRL8: sistema completo e certificado a través de probas e demostracións.

Poderán ser financiados proxectos de desenvolvemento de produtos TIC, sempre que non sexan desenvolvidos en exclusiva e a medida para un cliente único nin para uso propio interno exclusivo.

C.2) Importe.

As actuacións deberán presentar un custo financiable igual ou superior a 100.000 € máis impostos.

C.3) Gasto financiable.

a) Activos fixos materiais necesarios para o desenvolvemento do proxecto, tales como bens de equipamento, instalacións técnicas, equipamentos para procesos de información ou datos, instrumental, útiles, moldes etc.

b) Activos intanxibles, tales como patentes adquiridas ou obtidas por licenza de fontes externas a prezos de mercado, licenzas, coñecementos técnicos ou outros dereitos de propiedade intelectual, así como software específico necesario para o proxecto.

c) Outros gastos en desenvolvemento e innovación, que incluirán:

– Custos de investigación contractual e custos de consultoría ou outros servizos externos necesarios para o desenvolvemento do proxecto.

– Materiais e consumibles necesarios para o desenvolvemento do proxecto.

– Gastos de persoal dedicado ao desenvolvemento do proxecto (investigadores, desenvolvedores técnicos e demais persoal auxiliar). Serán financiables na medida na que se incorrese neles efectivamente e se xustifiquen mediante os correspondentes documentos acreditativos do gasto e do pagamento. Os custos de persoal correspondentes a individuos que traballan a tempo parcial na operación poderán calcularse como unha porcentaxe fixa dos custos salariais brutos reais, en consonancia cunha porcentaxe fixa de tempo traballado na operación ao mes, sen a obriga de establecer un sistema independente de rexistro de tempo de traballo. Neste último caso, cando non se estableza un rexistro independente de tempo, o empregador emitirá un documento para os empregados no que se establecerá esta porcentaxe fixa que debe dedicar o traballador á operación. Só serán financiables os gastos do persoal que, estando relacionado coa operación, sexan necesarios para a súa execución.

Considéranse custos de persoal financiables os custos brutos de emprego do persoal da persoa beneficiaria. Estes gastos inclúen:

i. Os soldos e salarios fixados nun contrato de traballo, nunha decisión de nomeamento (acordo laboral) ou na lei, que teñan relación coas responsabilidades especificadas na descrición do posto de traballo correspondente;

ii. e outros gastos soportados directamente polo empregador como cotizacións sociais, así como outras prestacións en favor dos traballadores que sexan obrigatorias en virtude de lei ou convenio ou habituais atendendo aos usos do sector e sempre que non sexan recuperables.

Os custos das viaxes, indemnizacións ou dietas non teñen natureza de gastos de persoal.

Admitiranse os custos do desenvolvemento do proxecto realizado polos socios e/ou administradores da solicitante, debidamente xustificados mediante as correspondentes nóminas e cunha declaración responsable da porcentaxe de dedicación aos traballos realizados para o proxecto. Con independencia da porcentaxe de dedicación declarada, o gasto subvencionable por este concepto non superará o que corresponda ao 30 % de dedicación.

Cos requisitos e límites establecidos no parágrafo anterior, admitirase neste concepto a acreditación de servizos de profesionais independentes facturados por persoas vinculadas á solicitante cando se trate de autónomos societarios segundo o previsto no apartado 2 do artigo 305 do Real decreto lexislativo 8/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei Xeral da Seguridade Social. Nestes casos, para os efectos da acreditación do previsto no apartado 5 do artigo 3 das presentes bases reguladoras, a contía da base de cálculo do gasto, sobre a que se aplicará a porcentaxe de dedicación, non poderá exceder os custos máximos anuais por grupo de cotización que se establecen a continuación:

Grupo de cotización

Titulación/categoría profesional

Total anual

(Soldo bruto + Seguridade Social a cargo da empresa)

1

Enxeñeiros/licenciados/persoal de alta dirección

45.000 €

2

Enxeñeiros técnicos, peritos e axudantes titulados/diplomados

39.375 €

3

Xefes administrativos e de taller (técnicos especialistas)

31.500 €

D) Condicións do produto financeiro.

D.1) Importes mínimo e máximo.

O importe mínimo do préstamo será de 75.000 € e o máximo de 1.500.000 €. En ningún caso superará o 75 % do custo da actuación financiable.

D.2) Prazos de amortización e de carencia.

Axustados ao plan económico-financeiro e á vida útil dos bens adquiridos, cun máximo de 12 anos, podendo incluír carencia na amortización de principal axustada ao período necesario para o desenvolvemento e posta no mercado do proxecto a desenvolver, con un máximo de 4 anos.

E) Documentación específica a presentar coa solicitude.

Ademais da documentación sinalada no artigo 8, deberá presentarse xunto á solicitude:

– Memoria da actuación, que desenvolverá o seguinte contido:

a) Antecedentes da entidade: historial, partícipes, principais fitos na evolución da entidade, capacidades básicas (estratéxicas, capacitación da xerencia, organizativas e de control), capacidade técnica da entidade (recursos humanos, técnicos, materiais, colaboracións, cooperacións, certificacións de calidade e ambientais), capacidade tecnolóxica da entidade (recursos humanos, técnicos e económicos, patentes, I+D+i), capacidade económica da entidade (análise dos estados financeiros, solvencia dos promotores, política de financiamento e rendibilidade).

b) Descrición da actuación: obxectivos (fins inmediatos e fins últimos ou estratéxicos para a entidade), orixe e xustificación (necesidade, oportunidade e adecuación da actuación respecto da entidade), descrición técnica (contido, metodoloxía, fases, etc.), necesidades de medios técnicos (descrición detallada e valorada dos novos investimentos e/ou gastos).

c) Análise económica da actuación (previsións económicas, estrutura do financiamento, rendibilidade e previsións de tesourería para un horizonte temporal 5 anos), con descrición das hipóteses que sustentan ditas previsións (existencia de contratos, pedidos, cartas de intencións, etc.). Necesidades de persoal e de subcontratacións externas. Para empresas en funcionamento, as previsións económicas deberán estar referidas ao conxunto da empresa, mostrando separadamente o impacto do actuación. As previsións económicas deberán seguir, na medida do posible, os modelos de conta de perdas e ganancias, balance e estado de fluxos de efectivo recollidos no Plan Xeral de Contabilidade en vigor.

F) Criterios específicos de avaliación.

Considérase que todos os proxectos co obxecto descrito no punto A) deste anexo son de interese para Galicia polo seu impacto e a súa importancia social, polo que non se establecen criterios específicos de avaliación, que poidan supoñer a denegación dos préstamos que superen os limiares de cualificación de risco de crédito establecidos no anexo IV.

G) Xustificación.

Para os efectos do previsto no artigo 19 das bases reguladoras, para a xustificación das actuacións financiadas mediante esta modalidade de préstamos, cando o importe do préstamo supere os 300.000€, será preceptiva a presentación do informe de auditor independente establecido no número 6 do referido artigo.

4. Préstamos para financiar circulante na industria manufactureira, enmarcados nun proceso de reestruturación de débedas, e para a empresas do sector da pesca, acuicultura, e transformación e comercialización dos produtos destes sectores.

A) Obxecto.

Apoiar financeiramente empresas da industria manufactureira financiando capital circulante naquelas situacións nas que se manifeste a necesidade de afrontar coas entidades financeiras a prestamización de operacións de circulante, reestruturación de pasivos, negociación de carencias, etc. para acomodar as obrigas de reembolso dos pasivos aos fluxos de efectivo xerados polas operacións da empresa.

Apoiar financeiramente a empresas do sector da pesca, acuicultura, así como da transformación e comercialización de produtos destes sectores, mediante a concesión de préstamos para financiar capital circulante, cando acrediten a necesidade de incrementar o seu fondo de maniobra e a capacidade de reembolsar o seu endebedamento mediante un plan financeiro.

Os préstamos desta modalidade aportarán nova liquidez complementaria, sen aplicarse a cancelar débedas bancarias preexistentes.

B) Requisitos específicos das persoas beneficiarias.

Os establecidos no artigo 1 destas bases reguladoras, incluíndo persoas físicas, agrupacións, sociedades civís e comunidades de bens que cumpran os requisitos do citado artigo, e que veñan desenvolvendo durante máis de 3 anos algunha das actividades comprendidas nos CNAE 03, 05 a 09, 10 a 33, 4638 e 4723 e ademais acrediten, mediante unha memoria explicativa a necesidade de financiamento de capital circulante estrutural.

Con excepción das empresas do sector da pesca, acuicultura, así como da transformación e comercialización de produtos destes sectores, a memoria deberá xustificar adicionalmente a necesidade dunha reestruturación de pasivos bancarios, que terá que ser realizada previamente ou simultaneamente coa formalización do préstamo, o cal aportará a liquidez necesaria para dotar a empresa do capital circulante apropiado para desenvolver a actividade. No caso de que a reestruturación financeira fose realizada previamente, esta será admisible sempre que fose instrumentada despois do 1 de xaneiro de 2025.

No caso de que a operación se enmarque nun plan de reestruturación previsto no Libro Segundo do Texto Refundido la Lei Concursal, o plan deberá estar aprobado con anterioridade á resolución da solicitude de préstamo, e ser homologado xudicialmente.

C) Requisitos específicos dos conceptos que se van financiar.

Os conceptos que se van financiar co préstamo serán os previstos no número 1 do artigo 3 das bases reguladoras, liña d) capital de explotación.

A contía financiable será calculada pola solicitante de forma razoada na memoria que deberá presentar xunto á solicitude, en base ás necesidades financeiras estimadas para a operativa empresarial. O Igape poderá reducir o importe solicitado no caso de non considerar a dita contía suficientemente motivada, en base ao análise dos estados financeiros da solicitante.

D) Condicións do produto financeiro.

D.1) Importes mínimo e máximo.

O importe mínimo do préstamo será de 300.000 € e o máximo de 1.000.000 €, e deberá ser aplicado exclusivamente ao pago dos conceptos indicados no punto C) anterior.

D.2) Prazos de amortización e de carencia.

O prazo de devolución dos préstamos será como máximo de 8 anos, incluíndo como máximo 2 de carencia na amortización de principal.

E) Documentación específica que se deberá presentar coa solicitude.

Ademais da documentación sinalada no artigo 8, deberá presentarse xunto á solicitude:

– Declaración do imposto de sociedades do último exercicio fiscal para o que rematase o período voluntario de presentación.

– Memoria da actuación, que desenvolverá o seguinte contido:

a) Antecedentes da empresa e dos seus promotores: historial, principais fitos na evolución da empresa, capacidades básicas (estratéxicas, capacitación da xerencia, organizativas e de control), capacidade técnica da entidade (recursos humanos, técnicos, materiais, colaboracións, cooperacións, certificacións de calidade e ambientais), capacidade tecnolóxica da entidade (recursos humanos, técnicos e económicos, patentes I+D+i), capacidade económica da entidade (análise dos estados financeiros, solvencia dos promotores, política de financiamento e rendibilidade).

b) Descrición dos aprovisionamentos, do proceso produtivo e do comercial. Orixe dos aprovisionamentos, principais provedores, mercado actual (tamaño, características, competencia, etc.) e potencial. Análise comercial do produto.

c) Xustificación da necesidade do financiamento, análise detallada do endebedamento especificando vencementos, necesidade de afrontar coas entidades financeiras a prestamización de operacións de circulante, reestruturación de pasivos, negociación de carencias, etc. para acomodar as obrigas de reembolso dos pasivos aos fluxos de efectivo xerados polas operacións da empresa. Acreditación dos refinanciamentos realizados con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2025 se é o caso.

d) Cuantificación das necesidades financeiras para a operativa empresarial. Causas xustificadas da necesidade de financiar a operativa da empresa. No caso de considerar o financiamento de investimentos, xustificar razoadamente que o seu obxecto é a mellora competitiva, a través da produtividade, da redución da dependencia de determinadas materias primas ou provedores e/ou mellora da eficiencia enerxética.

e) Análise económica da actuación (previsións económicas, estrutura do financiamento, rendibilidade e previsións de tesourería para un horizonte temporal 5 anos), con descrición das hipóteses que sustentan ditas previsións (existencia de contratos, pedidos, cartas de intencións, etc.). Necesidades de persoal e de subcontratacións externas. Para empresas en funcionamento, as previsións económicas deberán estar referidas ao conxunto da empresa, mostrando separadamente o impacto do actuación. As previsións económicas deberán seguir, na medida do posible, os modelos de conta de perdas e ganancias, balance e estado de fluxos de efectivo recollidos no Plan Xeral de Contabilidade en vigor.

f) Cadro de persoal, traballadores nos centros de traballo en Galicia, describindo funcións. Expectativas de mantemento de emprego. Relación de expedientes de regulación de emprego en vigor e presentados nos últimos 12 meses, que describan o seu contido e o número de traballadores afectados.

– Declaracións de IVE presentadas no exercicio corrente.

F) Criterios específicos de avaliación.

Considérase que todos os proxectos co obxecto descrito no punto A) deste anexo son de interese para Galicia polo seu impacto no sector industrial e a súa importancia social, polo que non se establecen criterios específicos de avaliación, que poidan supoñer a denegación dos préstamos que superen os limiares de cualificación de risco de crédito establecidos no anexo IV.

5. Préstamos para financiar a implantación de empresas galegas no exterior.

A) Obxecto.

Apoiar financeiramente a empresas con centros de traballo maioritariamente situados en Galicia, que realicen investimentos nalgún dos seguintes países sempre que non teñan a consideración de xurisdicións non cooperativas: Alemaña, Francia, Reino Unido, Bélxica, Irlanda, Países Baixos, Austria, Suíza, Dinamarca, Suecia, Finlandia, Noruega, Polonia, Hungría, República Checa, Estonia, Letonia, Lituania, Serbia e Montenegro, Ucraína, Eslovaquia, Croacia, Italia, Grecia, Canadá, Estados Unidos de América, México, Costa Rica, Cuba, República Dominicana, Porto Rico, El Salvador, Guatemala, Honduras, Nicaragua, Chile, Paraguai, Ecuador, Colombia, Brasil, Uruguai, Perú, Arxentina, Bolivia, Marrocos, Arxílea, Exipto, Túnez, Libia, Mauritania, Cabo Verde, Nixeria, Senegal, Quenia, Tanzania, Angola, Mozambique, Zambia, Sudáfrica, Namibia, Israel, Emiratos Árabes Unidos, Irán, Catar, Arabia Saudí, Omán, Turquía, Kazaxistán, Usbequistán, Asia Oriental, China, Xapón, Corea do Sur, Singapur, Tailandia, Indonesia, Filipinas, Malaisia, India (incluído Sikkim), Paquistán, Australia, e Nova Zelandia.

A actuación deberá encadrarse no marco dun plan de expansión internacional da empresa que non implique un deslocalizamento das actividades produtivas, nin unha redución das actividades en Galicia.

Os investimentos poderán realizarse en establecementos permanentes, sucursais, filiais, ou sociedades domiciliadas no país destino, nas que se conte ou se proxecte acadar unha participación significativa, entendendo por tal aquela superior ao 30 %, en sociedades no país destino.

B) Requisitos específicos das persoas beneficiarias.

Os establecidos no artigo 1 destas bases reguladoras, incluíndo persoas físicas, agrupacións, sociedades civís e comunidades de bens que cumpran os requisitos do citado artigo.

C) Requisitos específicos dos conceptos que se van financiar.

Os conceptos que se van financiar co préstamo serán os previstos no número 1 do artigo 3 das bases reguladoras, alíneas a), b), d) e e), situados no estranxeiro, e/ou en Galicia para dar soporte á expansión exterior.

A contía financiable será calculada pola solicitante de forma razoada na memoria que deberá presentar xunto á solicitude. O Igape poderá reducir o importe solicitado no caso de non considerar a dita contía suficientemente motivada, en base ao análise dos estados financeiros da solicitante.

D) Condicións do produto financeiro.

D.1) Importes mínimo e máximo.

O importe mínimo do préstamo será de 300.000 € e o máximo de 5.000.000 €, e deberá ser aplicado exclusivamente ao pago dos conceptos indicados no punto C) anterior.

D.2) Prazos de amortización e de carencia.

O prazo de devolución dos préstamos será de ata 12 anos, incluíndo ata 2 de carencia na amortización de principal.

E) Documentación específica que se deberá presentar coa solicitude.

Ademais da documentación sinalada no artigo 8, deberá presentarse xunto á solicitude:

– Declaración do imposto de sociedades do último exercicio fiscal para o que rematase o período voluntario de presentación.

– Memoria da actuación, que desenvolverá o seguinte contido:

a) Antecedentes da empresa e dos seus promotores: historial, principais fitos na evolución da empresa, capacidades básicas (estratéxicas, capacitación da xerencia, organizativas e de control), capacidade técnica da entidade (recursos humanos, técnicos, materiais, colaboracións, cooperacións, certificacións de calidade e ambientais), capacidade tecnolóxica da entidade (recursos humanos, técnicos e económicos, patentes I+D+i), capacidade económica da entidade (análise dos estados financeiros, solvencia dos promotores, política de financiamento e rendibilidade).

b) Descrición dos aprovisionamentos, do proceso produtivo e do comercial. Orixe dos aprovisionamentos, principais provedores, mercado actual (tamaño, características, competencia, etc.) e potencial. Análise comercial do produto.

c) Plan de internacionalización, detallando a súa oportunidade, análise dos mercados obxectivo, plan de apertura de establecementos permanentes, sucursais ou filiais.

d) Cuantificación das necesidades financeiras.

e) Análise económica da actuación (previsións económicas, estrutura do financiamento, rendibilidade e previsións de tesourería para un horizonte temporal 5 anos), con descrición das hipóteses que sustentan ditas previsións (existencia de contratos, pedidos, cartas de intencións, etc.). Necesidades de persoal e de subcontratacións externas. Para empresas en funcionamento, as previsións económicas deberán estar referidas ao conxunto da empresa, mostrando separadamente o impacto do actuación. As previsións económicas deberán seguir, na medida do posible, os modelos de conta de perdas e ganancias, balance e estado de fluxos de efectivo recollidos no Plan Xeral de Contabilidade en vigor.

f) Cadro de persoal, traballadores nos centros de traballo en Galicia, describindo funcións. Expectativas de mantemento de emprego. Relación de expedientes de regulación de emprego en vigor e presentados nos últimos 12 meses, que describan o seu o contido e o número de traballadores afectados. Informes da vida laboral necesarios para a comprobación do mantemento do emprego.

– Declaracións de IVE presentadas no exercicio corrente.

F) Requisitos de mantemento de emprego.

O acordo de concesión do préstamo poderá establecer requisitos específicos de mantemento de postos de traballo en Galicia.

G) Criterios específicos de avaliación.

Considérase que todos os proxectos co obxecto descrito no punto A) deste anexo son de interese para Galicia polo seu impacto e a súa importancia social, polo que non se establecen criterios específicos de avaliación, que poidan supoñer a denegación dos préstamos que superen os limiares de cualificación de risco de crédito establecidos no anexo IV.

H) Xustificación.

Para os efectos do previsto no artigo 19 das bases reguladoras, para a xustificación dos actuacións financiadas mediante esta modalidade de préstamos, será preceptiva a presentación do informe de auditor independente establecido no número 6 do referido artigo. O traballo do auditor poderá basearse no traballo de auditores independentes do país no que se financie a implantación.

Durante a vixencia do préstamo, o Igape poderá comprobar o cumprimento dos requisitos de mantemento de emprego nos centros de traballo de Galicia.

6. Préstamos para financiar a operativa da industria auxiliar naval.

A) Obxecto.

Apoiar financeiramente a empresas que desenvolven actividades no sector da industria auxiliar da construción naval, para permitirlles financiar a longo prazo pagos operativos, dispoñer dun fondo de manobra suficiente e/ou dispoñer de garantías pignoraticias para acceder aos avais técnicos e financeiros necesarios para a súa actividade na subministración de bens e servizos para proxectos concretos de construción naval, a desenvolver en Galicia.

B) Requisitos específicos das persoas beneficiarias.

Os establecidos no artigo 1 destas bases reguladoras, incluíndo persoas físicas, agrupacións, sociedades civís e comunidades de bens que cumpran os requisitos do citado artigo, e que subministren bens ou servizos a empresas do sector da construción naval (CNAE 301).

C) Requisitos específicos dos conceptos que se van financiar.

Os conceptos que se van financiar co préstamo serán os previstos na letra d) do número 1 do artigo 3 das bases reguladoras.

A contía financiable será calculada pola solicitante de forma razoada na memoria que deberá presentar xunto á solicitude, en base ás necesidades financeiras estimadas para afrontar os contratos de subministro de bens e servizos cos estaleiros, en proxectos concretos de construción naval a desenvolver en Galicia. O importe do préstamo non poderá superar o 75 % do importe pendente de cobro dos ditos contratos á data de solicitude. O Igape poderá reducir o importe solicitado no caso de non considerar a dita contía suficientemente motivada, en base ao análise dos estados financeiros da solicitante.

D) Condicións do produto financeiro.

D.1) Importes mínimo e máximo.

O importe mínimo do préstamo será de 300.000 € e o máximo de 1.000.000 €, e deberá ser aplicado exclusivamente ao pago dos conceptos indicados no punto C) anterior.

D.2) Prazos de amortización e de carencia.

O prazo de devolución dos préstamos será como máximo de 6 anos, incluíndo como máximo 2 de carencia na amortización de principal.

E) Documentación específica que se deberá presentar coa solicitude.

Ademais da documentación sinalada no artigo 8, deberá presentarse xunto á solicitude:

– Memoria da actuación, que desenvolverá o seguinte contido:

a) Antecedentes da empresa e dos seus promotores: historial, principais fitos na evolución da empresa, capacidades básicas (estratéxicas, capacitación da xerencia, organizativas e de control), capacidade técnica da entidade (recursos humanos, técnicos, materiais, colaboracións, cooperacións, certificacións de calidade e ambientais), capacidade tecnolóxica da entidade (recursos humanos, técnicos e económicos, patentes I+D+i), capacidade económica da entidade (análise dos estados financeiros, solvencia dos promotores, política de financiamento e rendibilidade).

b) Descrición dos aprovisionamentos, do proceso produtivo e do comercial. Orixe dos aprovisionamentos, principais provedores, mercado actual (tamaño, características, competencia, etc.) e potencial. Análise comercial do produto. Describir expresamente os bens e servicios subministrados a empresas do sector da construción naval, traxectoria neste sector, historial de quebrantos causados procesos concursais de clientes deste sector.

c) Cuantificación das necesidades financeiras para a operativa empresarial. Causas xustificadas da necesidade de financiar a operativa da empresa. Contratos con estaleiros para o desenvolvemento de proxectos de construción naval a desenvolver en Galicia, con determinación das necesidades específicas de financiamento para afrontalos.

d) Cadro de persoal, traballadores nos centros de traballo en Galicia, describindo funcións. Expectativas de mantemento de emprego. Relación de expedientes de regulación de emprego en vigor e presentados nos últimos 12 meses, describindo o contido dos mesmos e o número de traballadores afectados.

e) Análise económica da actuación (previsións económicas, estrutura do financiamento, rendibilidade e previsións de tesourería para un horizonte temporal 5 anos), con descrición das hipóteses que sustentan ditas previsións (existencia de contratos, pedidos, cartas de intencións, etc.). Necesidades de persoal e de subcontratacións externas. Para empresas en funcionamento, as previsións económicas deberán estar referidas ao conxunto da empresa, mostrando separadamente o impacto do actuación. As previsións económicas deberán seguir, na medida do posible, os modelos de conta de perdas e ganancias, balance e estado de fluxos de efectivo recollidos no Plan Xeral de Contabilidade en vigor.

F) Criterios específicos de avaliación.

Considérase que todos os proxectos co obxecto descrito no punto A) deste anexo son de interese para Galicia polo seu impacto no sector industrial e a súa importancia social, polo que non se establecen criterios específicos de avaliación, que poidan supoñer a denegación dos préstamos que superen os limiares de cualificación de risco de crédito establecidos no anexo IV.

7. Préstamos para financiar a operativa de centros tecnolóxicos, asociacións empresariais, fundacións e entidades que desenvolvan actividades económicas, actividades de I+D ou presten servizos de interese para o tecido empresarial galego.

A ) Obxecto.

Financiamento de actuacións a desenvolver por centros tecnolóxicos, asociacións empresariais fundacións e entidades que desenvolvan ou proxecten desenvolver actividades económicas, de investigación e desenvolvemento ou presten servizos de interese para o tecido empresarial galego.

B) Requisitos específicos das persoas beneficiarias.

Ademais dos establecidos no artigo 1 das bases reguladoras, deberán ser entidades vinculadas a sectores produtivos de Galicia ou actuacións a desenvolver na Comunidade Autónoma.

A titular poderá ceder a actuación a unha agrupación de interese económico cando estea xustificado por motivos de optimización fiscal respecto á deducións por investimentos en I+D e transferencia de bases impoñibles negativas, que facilite o financiamento da actuación, sempre que os gastos a financiar sexan realizados e sufragados pola persoa beneficiaria, ou os depósitos a peñorar afiancen avais en garantía de obrigas ou continxencias da mesma.

C) Requisitos específicos da actuación a financiar.

C.1) Importe.

As actuacións a desenvolver en Galicia deberán presentar un custo financiable igual ou superior a 100.000 € máis impostos.

C.2) Gasto financiable.

Serán financiables os conceptos sinalados no artigo 3 das presentes bases reguladoras.

C.3) Financiamento adicional.

A solicitante deberá acreditar capacidade para financiar a parte do proxecto non cuberta polo préstamo. Polo menos un 25 % do volume de financiamento previsto para a actuación deberá estar exento de apoio público.

D) Condicións do produto financeiro.

D.1) Importes mínimo e máximo.

O importe mínimo do préstamo será de 75.000 € e o máximo de 1.500.000 €. En ningún caso superará o 75 % do custo da actuación financiable.

D.2) Prazos de amortización e de carencia.

Axustados ao plan económico-financeiro e á vida útil dos bens adquiridos, cun máximo de 12 anos, podendo incluír carencia na amortización de principal.

E) Documentación específica a presentar coa solicitude.

Ademais da documentación sinalada no artigo 8, deberá presentarse xunto á solicitude:

– Memoria da actuación, que desenvolverá o seguinte contido:

a) Antecedentes da entidade: historial, partícipes, principais fitos na evolución da entidade, capacidades básicas (estratéxicas, capacitación da xerencia, organizativas e de control), capacidade técnica da entidade (recursos humanos, técnicos, materiais, colaboracións, cooperacións, certificacións de calidade e ambientais), capacidade tecnolóxica da entidade (recursos humanos, técnicos e económicos, patentes, I+D+i), capacidade económica da entidade (análise dos estados financeiros, solvencia dos promotores, política de financiamento e rendibilidade).

b) Descrición da actuación: obxectivos (fins inmediatos e fins últimos ou estratéxicos para a entidade), orixe e xustificación (necesidade, oportunidade e adecuación da actuación respecto da entidade), descrición técnica (contido, metodoloxía, fases, etc.), necesidades de medios técnicos (descrición detallada e valorada dos novos investimentos e/ou gastos).

c) Análise económica da actuación (previsións económicas, estrutura do financiamento, rendibilidade e previsións de tesourería para un horizonte temporal 5 anos), con descrición das hipóteses que sustentan ditas previsións (existencia de contratos, pedidos, cartas de intencións, etc.). Necesidades de persoal e de subcontratacións externas. Para empresas en funcionamento, as previsións económicas deberán estar referidas ao conxunto da empresa, mostrando separadamente o impacto do actuación. As previsións económicas deberán seguir, na medida do posible, os modelos de conta de perdas e ganancias, balance e estado de fluxos de efectivo recollidos no Plan Xeral de Contabilidade en vigor.

d) Se é o caso, informes da vida laboral necesarios para a comprobación do mantemento e creación do emprego.

F) Criterios específicos de avaliación.

Sen prexuízo do cumprimento do limiar da cualificación do risco de crédito, para a súa aprobación deberá obter unha puntuación mínima de 50 puntos, resultante de sumar as puntuacións obtidas nos seguintes criterios:

F1) Sector de actividade: Puntuarase con 40 puntos cando o resultado previsto da actuación teña un aproveitamento por parte de industrias ou sectores empresariais conexos á actividades industriais. Puntuarase con 30 puntos cando o resultado previsto da actuación teña un aproveitamento por outros sectores, e con 10 puntos adicionais cando exista informe favorable de interese para o sector en Galicia emitido pola correspondente Consellería sectorial, ou polo carácter innovador segundo informe da Área de Innovación do Igape. Estes informes serán solicitados polo Igape na tramitación do expediente.

F2) Presencia de grupos empresariais ou empresas tractoras de recoñecida solvencia, que guíen a actuación cara a liñas con alto potencial industrial e faciliten a chegada ao mercado: máximo de 40 puntos.

F3) A actuación inclúe investimentos en equipamento científico-tecnolóxico, e figuran detallados os sistemas de xestión que permitan o uso compartido: máximo de 20 puntos.

F4) A actuación inclúe tecnoloxías relacionadas coa fábrica do futuro e o concepto Industria 4.0: 10 puntos por cada ámbito, cun máximo de 40.

F5) Emprego vinculado: máximo 20 puntos, calculado segundo a fórmula: (nº medio de empregados do último exercicio da entidade + expectativas de creación de emprego na entidade) / préstamo en miles de € x 100.

G) Xustificación.

Para os efectos do previsto no artigo 19 das bases reguladoras, para a xustificación dos actuacións financiadas mediante esta modalidade de préstamos, cando o importe do préstamo supere os 300.000€, será preceptiva a presentación do informe de auditor independente establecido no número 6 do referido artigo.

ANEXO II

Determinación do tipo de xuro de mercado

Naquelas actuacións que cumpran as condicións necesarias, o órgano instrutor realizará un estudo e cualificación de risco coa metodoloxía descrita no anexo IV, do que resultarán encadrados nunha das categorías «Excelente (AAA-A)», «Boa (BBB)», «Satisfactoria (BB)», «Deficiente (B)», ou «Mala/dificultades (CC)». Conforme aos criterios descritos no anexo V, cualificaranse as garantías para constituír a favor do Igape en tres niveles de colateralización: «Alta», «Normal» e «Baixa».

Con base nestas categorías, determinarase o tipo de xuro de mercado que correspondería a cada unha das operacións de préstamo, determinado conforme ao seguinte método:

a) Tipo Base: Determinarase en base á media do Euribor a 1 ano rexistrado en setembro, outubro e novembro do ano anterior. O tipo base fixado deste xeito entrará en vigor a partir de xaneiro do ano seguinte. Ademais, para ter en conta variacións significativas farase unha actualización cada vez que o tipo medio calculado sobre os tres meses anteriores desvíese en máis dun 10 % do tipo en vigor. O novo tipo base entrará en vigor o primeiro día do segundo mes seguinte aos meses utilizados para o cálculo. Este tipo de referencia publícase pola Comisión Europea na ligazón seguinte:

https://competition-policy.ec.europa.eu/state-aid/legislation/reference-discount-rates-and-recovery-interest-rates/reference-and-discount-rates_en

b) Marxes: Determinaranse para cada operación en base á súa cualificación de risco e ás garantías da operación con arranxo á seguinte táboa:

Colateralización

Cualificación

Alta

Normal

Baixa

Excelente (AAA-A)

0,60 %

0,75 %

1,00 %

Boa (BBB)

0,75 %

1,00 %

2,20 %

Satisfactoria (BB)

1,00 %

2,20 %

4,00 %

Para os prestameiros que non teñan un historial crediticio ou unha cualificación baseada unicamente nun enfoque de balance de situación, tales como determinadas empresas constituídas cun obxectivo específico, ou as empresas de nova creación, a marxe será polo menos de 4 puntos porcentuais. En caso de sociedades integradas en Grupos, a marxe aplicable a unha empresa nunca podería ser inferior ao que sería aplicable á empresa matriz.

ANEXO III

Determinación da axuda implícita

– Determinación da subvención implícita en préstamos.

Para os préstamos que inclúan axuda implícita, esta equivalerá ao aforro de carga financeira respecto dun préstamo alternativo que poderían obter no mercado en aplicación da Comunicación 2008/C14/02 da Comisión, ou do tipo superior se é o caso pactado no préstamo sindicado. Os puntos porcentuais de bonificación implícitos e a subvención bruta equivalente recolleranse no acordo de concesión.

As axudas implícitas dos préstamos terán a consideración de axudas de minimis e cumprirán co establecido no Regulamento (UE) nº 2023/2831 da Comisión, do 13 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE L, do 15 de decembro), no Regulamento (UE) nº 1408/2013 das axudas de minimis no sector agrícola e Regulamento (UE) 2019/316 que o modifica, ou no Regulamento (UE) nº 717/2014 das axudas de minimis no sector da pesca e da acuicultura.

Os puntos porcentuais de subvención determinaranse pola diferenza entre o tipo de xuros de mercado así determinado e o aplicable en cada liña de préstamo.

A subvención bruta equivalente implícita no préstamo calcularase con arranxo á fórmula financeira do valor actual neto:

missing image file

Onde:

SBE= subvención bruta equivalente implícita no préstamo.

t = cada un dos períodos de liquidación de xuros ou amortización da operación de préstamo.

n = períodos de liquidación de xuros e/ou amortización de préstamo.

Vt = Diferencia entre os fluxos de efectivo dunha operación a tipo de mercado determinado conforme aos criterios anteriormente expostos e os da operación de préstamo concedida.

k = Taxa de actualización, que conforme á Comunicación 2008/C14/02 da Comisión será o resultado de engadir ao Tipo Base un diferencial fixo de 100 puntos básicos.

ANEXO IV

Metodoloxía de cualificación do risco de crédito

A cualificación de risco será o resultado de valorar os factores de risco relacionados na seguinte táboa:

Rango de valores

Limiar mínimo

Experiencia previa e traxectoria empresa/promotores

0-15

0

Antecedentes empresa/promotores en Igape/Xesgalicia

0-2

1

Calidade da xestión operativa

0-10

0

Capacitación técnica xeral

0-15

5

Risco de produto

0-9

3

Risco de mercado

0-9

3

Capacidade financeira

0-20

5

Risco por complexidade técnica

0-5

1

Viabilidade económica e financeira da actuación

0-15

5

Factores atenuantes do risco

Cualificación do risco

0-100

50

1. Asignarase unha puntuación a cada criterio de avaliación no rango de valores indicado.

2. A puntuación asignada a cada criterio de avaliación será produto de conxugar determinados cocientes e valoracións obxectivas coas consideracións cualitativas que sexan acordadas no Comité de Riscos previsto no artigo 12.5, e contribuirán á cualificación total do risco, que no seu conxunto estará normalizada entre 0 e 100 puntos. Os aspectos que serán obxecto de valoración en cada criterio serán os seguintes:

Experiencia previa e traxectoria empresa/promotores (0/15)

Puntos positivos

Anos de actividades da empresa.

Anos de actividades dos socios/promotores noutros proxectos diferentes.

Puntos negativos

Constancia de incidencias xudiciais relevantes que poidan implicar continxencias futuras.

Historial de procesos de insolvencia.

Antecedentes empresa/promotores en Igape/Xesgalicia (0/2)

Puntos positivos

Experiencia positiva de cumprimento co Igape e coas sociedades e fondos xestionados por Xesgalicia.

Inexistencia de riscos vivos co Igape e coas sociedades e fondos xestionados por Xesgalicia.

Inexistencia de débedas vencidas co Igape e coas sociedades e fondos xestionados por Xesgalicia.

Puntos negativos

Historial de incumprimento.

Existencia de débedas impagadas.

Calidade de xestión operativa (0/10)

Puntos positivos

Dispoñer de información contable fiable. Contas anuais auditadas sen incidencias.

Utilizar sistemas de información ERP ou contemplar a súa implantación no proxecto.

Achegar organigrama con distribución coherente de funcións e responsabilidades.

Retribución media ao persoal adecuada.

Inexistencia de antecedentes de conflitividade laboral.

Xerencia e administradores/consello de administración cualificado, achegando currículo.

Capacitación técnica xeral (0/15)

Puntos positivos

Instalacións produtivas con capacidade apropiada ou investimentos previstos para adquirila.

Experiencia en implantación de proxectos de contía similar nos últimos 5 anos.

Experiencia no produto/servizo.

Dispoñer de persoal cualificado en persoal.

Dispoñer de sistemas de xestión de calidade.

Dispoñer de certificados ambientais.

Puntos negativos

Apréciase posible obsolescencia tecnolóxica.

Apréciase capacidade excesivamente dimensionada.

Detéctanse posibles problemas de licenza ou deficiencias técnicas nas actuais instalacións.

Risco de produto (0/9)

Puntos positivos

Posición adecuada no ciclo de vida do produto/servizo.

Independencia de provedores (existencia de provedores alternativos).

Grao de novidade do produto / razoablemente existirá boa demanda.

Competitividade en prezo.

Competitividade en calidade.

Facilidade de diversificación do produto e adaptación ao mercado.

Puntos negativos

Identifícanse riscos de cambios regulamentarios en relación ao produto.

O produto non está contrastado tecnicamente.

Posibilidade razoable de caída en desuso dos produtos a curto prazo.

Existencia de produtos alternativos altamente competitivos.

Risco de mercado (0/9)

Puntos positivos

Dispoñer de cota de mercado histórica.

Grao de diversificación da carteira de clientes.

Vendas predicibles (existencia de contratos, boa demanda...).

Existencia dun plan de márketing.

Diversificación xeográfica e tamaño de mercado amplo.

Dispoñer de rede comercial adecuada.

Existencia de barreiras de entrada identificadas que fosen superadas.

Puntos negativos

Mercado maduro ou altamente competitivo.

Barreiras de entrada que afecten o proxecto.

Inestabilidade nos prezos.

Dependencia de intermediarios.

Capacidade financeira (0/20)

Puntos positivos

Empresas con mínimo de 2 anos de estados financeiros con actividade

Cociente Fondos propios/Pasivo total.

Cociente Endebedamento financeiro/EBITDA.

Rotacións de circulante coherentes / fondo de manobra apropiado.

Tendencia positiva a nivel de vendas e de cash flow.

Gastos financeiros contidos.

Resultado do exercicio/Fondos propios.

Magnitude do proxecto en relación á estrutura previa.

Empresas sen un mínimo de 2 anos de estados financeiros con actividade

Cociente débeda total/ fondos propios.

Financiamento a conceder/fondos propios.

Financiamento a conceder/débeda total.

Puntos negativos

Existencia de saldos relevantes con socios ou administradores, excepto achegas acreditadas a capitalizar.

Cociente Fondos propios/Pasivo total inferior a limiar.

Existencia de empresas vinculadas que dificulten a análise.

Adiamentos de débedas con administracións.

Risco por complexidade técnica (0/5)

Puntos positivos

Cualificación técnica suficiente (non se aprecia ausencia de capacidade para levar a cabo o proxecto).

O proceso carece de complexidade técnica.

Experiencia exitosa en proxectos de similares.

Puntos negativos

Requírese especial cualificación pendente de adquirir.

Non está suficientemente contrastada a tecnoloxía necesaria.

Non está contrastado suficientemente o proceso industrial.

Viabilidade económica e financeira dá actuación (0/15)

Puntos positivos

Grao de razoabilidade das hipóteses que sustentan as previsións.

A memoria inclúe conta de resultados previsional cun grao de detalle suficiente.

A memoria inclúe estado de fluxos de efectivo previsional ou plan de tesourería claro e con detalle suficiente.

Achéganse balances de situación previsionais.

Cash flow previsional suficiente para o servizo da débeda.

Achéganse datos suficientes para o cálculo da TIR, e esta polo menos duplica o custo medio do financiamento.

Puntos negativos

As previsións económicas non gardan coherencia cos datos históricos ou son excesivamente optimistas.

Non se valoran as necesidades de circulante e o seu financiamento.

Incoherencia entre os prazos do financiamento e a vida útil dos bens financiados.

Non se analiza adecuadamente o impacto do proxecto.

Para solicitantes persoas físicas (autónomos) ou entidades sen obriga de dispoñer de contabilidade ou formular contas anuais, o criterio de capacidade financeira puntuarase de 0 a 20 puntos, conforme ao seguinte cadro:

Rango de valores

Rendas

0-8

Valor patrimonial neto

0-8

Magnitude do préstamo

0-4

Factores atenuantes do risco

 

Cualificación o risco

0-20

Os aspectos que serán obxecto de avaliación serán os seguintes

Rendas (0/8)

Factores a considerar

Estabilidade dos ingresos

Diversificación dos ingresos

Valor patrimonial neto (0/8)

Factores a considerar

Tipo de bens patrimoniais dispoñibles

Prazo de devolución das restantes débedas / rendas

Magnitude do préstamo (0/4)

Factores a considerar

Relación ingresos/préstamo solicitado

Relación préstamo/ idade do titular

Relación patrimonio neto/préstamo

3. O incumprimento dalgún dos limiares mínimos indicados levará unha puntuación total de cero puntos, e supoñerá a denegación da solicitude presentada.

4. A puntuación total obtida polo proxecto ou actuación deberá alcanzar polo menos o valor de 50 puntos. Toda puntuación inferior a este mínimo supoñerá a desestimación da solicitude presentada.

5. A puntuación do risco así obtida, dará lugar a unha clasificación en cinco categorías, con arranxo á seguinte táboa:

Cualificación do risco

Puntuación

Excelente (AAA-A)

86-100

Boa (BBB)

66-85

Satisfactoria (BB)

50-65

Deficiente (B)

25-49

Mala/dificultades (CC)

0-24

ANEXO V

Criterios de valoración das garantías

O nivel de garantías ofrecidas valorarase en base a unha estimación da porcentaxe de perda en caso de falta de pagamento, con arranxo á seguinte táboa:

Colateralización

Puntos

Perda en caso de falta de pagamento

Alta

71-100

< 30 %

Normal

41-70

Entre 30 % e 60 %

Baixa

0-40

> 60 %

A perda en caso de falta de pagamento será estimada conforme aos seguintes criterios:

1. Garantía persoal societaria: Puntuarase a garantía persoal dunha sociedade, tanto na súa condición de titular como pola súa condición de terceiro fiador, aplicando a seguinte fórmula:

Puntos = 5 × (patrimonio neto conforme aos seus últimos estados financeiros)/(importe operación garantida)

A puntuación máxima por este tipo de garantías societarias será de 41 puntos.

2. Garantía persoal de persoas físicas: Puntuarase a garantía persoal dunha persoa física, tanto na súa condición de titular como pola súa condición de terceiro fiador, aplicando unha puntuación fixa de 10 puntos polo compromiso persoal adquirido, independentemente do seu patrimonio ou ingresos.

Adicionalmente, poderá asignarse unha puntuación superior se se acredita un patrimonio inmobiliario adicional á vivenda habitual, libre de cargas e cunha valoración baseada en taxacións independentes.

A puntuación máxima por este tipo de garantías será de 41 puntos.

3. Garantías consistentes en hipotecas en primeiro rango sobre inmobles: Considerarase o valor segundo taxación por sociedade homologada polo Banco de España.

Puntos = 80 × (valor de taxación)/(importe operación garantida)

4. Garantías consistentes en hipotecas ou peza sen desprazamento sobre bens mobles: Considerarase o valor de taxación segundo informe pericial independente.

Puntos = 60 × (valor de peritación)/(importe operación garantida)

5. Garantías consistentes en avais bancarios, de sociedade de garantía recíproca ou pignoración activos financeiros líquidos ou dereitos de crédito: Considerarase o seu valor nominal.

Puntos = (límite do aval) /(importe operación garantida) × 100

Para unha mesma operación poderán tomarse garantías de distinto tipo, acumulándose as puntuacións que correspondan.

ANEXO VI

Procedementos que o auditor deberá aplicar para a revisión
da xustificación dos préstamos do Igape

Para emitir o informe, o auditor deberá comprobar a adecuación da xustificación da actuación realizada pola persoa beneficiaria financiado co préstamo concedido, mediante a realización dos seguintes procedementos:

1. Procedementos de carácter xeral.

a) Comprensión das obrigas impostas á persoa beneficiaria. O auditor analizará a normativa reguladora dos préstamos, así como a convocatoria, a resolución ou acordo de concesión, o contrato de préstamo asinado, e canta documentación estableza as obrigas impostas á persoa beneficiaria do préstamo e ao auditor respecto da revisión a realizar.

b) Solicitude da xustificación da actuación financiada co préstamo. O auditor deberá requirir a xustificación dos gastos e investimentos da actuación financiada e asegurarse que contén todos os elementos sinalados nas bases reguladoras dos préstamos e na convocatoria.

c) Informe de auditoría e comunicación co auditor de contas. Cando a persoa beneficiaria fose auditada por un auditor distinto ao nomeado para revisar a xustificación do préstamo, obterá o informe de auditoría co obxecto de coñecer se existe algunha salvidade no dito informe que puidese condicionar o seu traballo de revisión.

2. Procedementos específicos relativos á xustificación da actuación financiada co préstamo concedido:

a) Revisión dos gastos e/ou investimentos da actuación financiada. Esta revisión abarcará a totalidade dos gastos incorridos na realización da actuación financiada, e consistirá en comprobar os seguintes aspectos:

i. Que a documentación xustificativa da actuación financiada está soportada nunha relación clasificada dos gastos e investimentos, con identificación do concepto ao que corresponde, do acredor, do documento –factura ou documento admisible segundo a normativa do préstamo concedido–, data de emisión, concepto de gasto / investimento, o seu importe (base impoñible, IVE se é o caso, e importe total), documento(s) de pagamento, data(s) de pagamento e importe pagado. No caso de considerarse necesario, incluirase un campo de observacións.

ii. Que a entidade dispón dos documentos orixinais acreditativos dos gastos xustificados e do seu pagamento e que os ditos documentos foron reflexados nos rexistros contables.

iii. Que os gastos e/ou investimentos que integran a relación cumpren os requisitos para ter a consideración de gasto financiable, conforme ao establecido nas bases reguladoras.

iv. Que se teñen clasificado correctamente, de acordo co contido das bases reguladoras, os gastos e/ou investimentos executados, polos conceptos para os que se aprobou o préstamo e, no caso de variacións, que se cumpren as porcentaxes límite de variación establecidas nas bases reguladoras.

v. Que se produce a necesaria coherencia entre os gastos e investimentos xustificados e a natureza da actuación financiada.

b) Solicitude á persoa beneficiaria dunha declaración relativa ao financiamento da actividade financiada. O auditor solicitará da persoa beneficiaria unha declaración contendo a relación detallada doutros recursos ou subvencións que teñan financiado a actuación financiada, con indicación do seu importe e procedencia. Sobre a base desta información e das condicións impostas á persoa beneficiaria para a percepción do préstamo obxecto de revisión, o auditor analizará a concorrencia de subvencións, axudas, ingresos e outros recursos para a mesma finalidade, procedente de calquera administración ou ente público ou privado, para efectos de comprobar o cumprimento da obriga de achegar para a actuación unha contribución financeira exenta de calquera apoio público de, polo menos, un 25 % dos custos financiables.

c) Revisión do certificado de taxación de bens inmobles. No caso de que o préstamo fose destinado á adquisición de inmobles, o auditor revisará o certificado do taxador independente conforme ao previsto no artigo 28.7 da Lei 9/2007.

d) Outros procedementos. Ademais, o auditor deberá levar a cabo aqueles outros procedementos adicionais que considere oportuno para a comprobación da correcta xustificación da actuación financiada co préstamo concedido.

Modelo de informe de revisión da xustificación de préstamos do Igape

Ao Instituto Galego de Promoción Económica - Igape.

1. Para os fins previstos nas bases reguladoras dos préstamos convocados por (indíquese a resolución do Igape que dá publicidade ao acordo de aprobación das bases reguladoras e a convocatoria, así como a referencia do DOG no que se publicou), fomos (fun) designados (designado) por (identificación da entidade que realizou a designación) para revisar a xustificación da actuación financiada co préstamo outorgado mediante (indicación da Resolución ou Acordo no que se aprobase a concesión do préstamo), e formalizado o (data de formalización) mediante (indicar escritura/póliza/contrato e Notario ante o que se outorgou ou que interveu, co número do protocolo) e destinada a (breve descrición da actividade financiada).

Unha copia da xustificación da actuación financiada co préstamo, selada por nós (min) para efectos de identificación, acompáñase como anexo ao presente informe. A preparación e presentación da citada conta xustificativa é responsabilidade de (identificación da entidade beneficiaria), concretándose a nosa (miña) responsabilidade na realización do traballo que se menciona no número 2 deste informe.

2. O noso (meu) traballo realizouse seguindo o disposto nas bases reguladoras referidas no parágrafo 1 anterior, nas que fíxanse os procedementos que deben aplicarse e o alcance dos mesmos, e consistiu nas comprobacións que, de xeito resumido, se relacionan a seguir:

(mencionaranse as comprobacións realizadas sobre a base do previsto nas bases reguladoras)

a. …

b. …

Dado que este traballo, pola súa natureza, non ten a natureza de auditoría de contas nin atópase sometido á Lei 22/2015, do 22 de xullo, de Auditoría de Contas, non expresamos (expreso) unha opinión de auditoría nos termos previstos na citada normativa.

3. A persoa beneficiaria puxo á nosa (miña) disposición canta información lle foi requirida para a realización do noso (meu) traballo co alcance establecido no parágrafo anterior.

4. (Elixir un dos seguintes parágrafos en función de si o resultado da revisión é favorable ou se teñen detectado feitos ou circunstancias que poderían supoñer incumprimento, respectivamente. No caso de incumprimentos cuantificables, deberanse indicar o importe e a porcentaxe de incumprimento):

Como resultado do traballo realizado, informámolos (infórmoo) que non observamos (observei) feitos ou circunstancias que puideran supoñer incumprimentos da normativa aplicable ou das condicións impostas no contrato de préstamo a (identificación da entidade beneficiaria) para a xustificación do préstamo ao que se refire o parágrafo 1 anterior.

Como resultado do traballo realizado, a continuación, informámolo (infórmoo) de aqueles feitos ou circunstancias que poidan supoñer incumprimentos da normativa aplicable ou das condicións impostas no contrato de préstamo a (identificación da entidade beneficiaria) para a xustificación do préstamo ao que se refire o parágrafo 1 anterior:

a. …

b. …

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file