DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Luns, 27 de xaneiro de 2025 Páx. 7422

III. Outras disposicións

Axencia Instituto Enerxético de Galicia

EXTRACTO da Resolución do 27 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncian as convocatorias para o ano 2025 de subvencións para proxectos singulares de mellora da sustentabilidade enerxética en empresas do sector industrial da provincia da Coruña, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa do Fondo de Transición Xusta de España 2021-2027 (código de procedemento administrativo IN421J).

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto das convocatorias cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Entidades beneficiarias

1. Poderán acceder á condición de entidades beneficiarias das presentes subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nas bases, as empresas legalmente constituídas que acrediten a existencia dun centro de traballo ou a realización dalgunha actividade empresarial xustificable dentro do territorio da provincia da Coruña, sempre que o centro de traballo sobre o que se actúe estea localizado na provincia da Coruña, e cuxa actividade teña un CNAE que comece pola división da 07 a 39, salvo os sectores excluídos polo Regulamento 651/2014, do 17 de xuño, xeral de exención por categorías; e segundo o seguinte cadro de beneficiarios en función da liña de axuda pola que se opte:

Denominación da liña

Beneficiarias

Proxectos de aforro e eficiencia enerxética en pemes

Pemes

Proxectos de aforro e eficiencia enerxética en pemes ou grandes empresas que reduzan as emisións de GEI en polo menos un 30 %

Pemes e grandes empresas

2. As empresas deberán cumprir co criterio de autonomía e cos demais requisitos que se establecen no anexo I do Regulamento UE 651/2014, do 17 de xuño, xeral de exención por categorías.

3. Os requisitos para obter a condición de entidades beneficiarias deberanse cumprir, como moi tarde, na data límite de remate do prazo de presentación de solicitudes.

Segundo. Obxecto

Apoiar grandes proxectos tractores de descarbonización e renovación industrial. Apoiarase o desenvolvemento de proxectos singulares que xustifiquen a redución do consumo enerxético e de emisión recollidos no seguinte cadro, en función da liña da convocatoria pola que se opte:

Denominación da liña

Proxectos subvencionables

Proxectos de aforro e eficiencia enerxética en pemes (PA)

Proxectos que xustifiquen rateos de aforro enerxético superiores a 0,05 kWh/€ de aforro enerxético de enerxía por euro de investimento elixible.

Proxectos de aforro e eficiencia enerxética en pemes ou grandes empresas que reduzan as emisións de GEI en polo menos un 30 % (PAD)

Proxectos que xustifiquen rateos de aforro enerxético superiores a 0,01 kWh/€ de aforro enerxético de enerxía por euro de investimento elixible e que ademais reduzan polo menos un 30 % as emisións de GEI.

Terceiro. Bases reguladoras e convocatoria

Resolución do 27 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncian as convocatorias para o ano 2025 de subvencións para proxectos singulares de mellora da sustentabilidade enerxética en empresas do sector industrial da provincia da Coruña, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa do Fondo de Transición Xusta de España 2021-2027 (código de procedemento administrativo IN421J).

Cuarto. Financiamento

1. As subvencións que se concedan imputaranse aos orzamentos do Inega coa repartición plurianual por proxecto recollida na seguinte táboa. O importe total asignado a estas convocatorias ascende a 12.500.000 €.

O crédito máximo segundo a tipoloxía do proxecto será o seguinte:

Convocatoria 2025.1:

Liña de axuda

Aplicación orzamentaria

Código de proxecto

Orzamento 2025

Orzamento 2026

Orzamento 2027

Total

Proxectos de aforro e eficiencia enerxética en pemes (PA)

09.A3.733A.770.2

2023 000006

250.000

500.000

500.000

1.250.000

Proxectos de aforro e eficiencia enerxética en pemes ou grandes empresas que reduzan as emisións de GEI en polo menos un 30 % (PAD)

09.A3.733A.770.2

2023 000007

500.000

2.000.000

2.500.000

5.000.000

Total

750.000

2.500.000

3.000.000

6.250.000

Convocatoria 2025.2:

Liña de axuda

Aplicación orzamentaria

Código de proxecto

Orzamento 2025

Orzamento 2026

Orzamento 2027

Total

Proxectos de aforro e eficiencia enerxética en pemes (PA)

09.A3.733A.770.2

2023 000006

250.000

500.000

500.000

1.250.000

Proxectos de aforro e eficiencia enerxética en pemes ou grandes empresas que reduzan as emisións de GEI en polo menos un 30 % (PAD)

09.A3.733A.770.2

2023 000007

500.000

2.000.000

2.500.000

5.000.000

Total

750.000

2.500.000

3.000.000

6.250.000

Total 2

1.500.000

5.000.000

6.000.000

12.500.000

Quinto. Contía da axuda

1. Intensidade da axuda:

Denominación da liña

Intensidade da axuda

Proxectos de aforro e eficiencia enerxética en pemes (PA)

45 % do custo subvencionable para medianas empresas, e o 55 % para pequenas empresas

Proxectos de aforro e eficiencia enerxética en pemes ou grandes empresas que reduzan as emisións de GEI en polo menos un 30 % (PAD)

45 % do custo subvencionable para grandes empresas, o 55 % para medianas empresas e o 65 % para pequenas empresas.

No caso de grandes empresas, establécese un rateo máximo de axuda pública por emprego creado de 80.000 €, polo que a contía da subvención será a menor das seguintes:

a) O 45 % do custo subvencionable.

b) A contía resultante de multiplicar 80.000 € por cada posto de traballo creado polo proxecto.

2. A contía máxima da axuda por proxecto será de 3.000.000 €.

3. A axuda máxima por entidade beneficiaria no conxunto da convocatoria será de 5.000.000 de euros, salvo no caso de que non houbese solicitudes alternativas.

4. En ningún caso o custo de adquisición dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor do mercado.

Sexto. Forma e prazo de presentación de solicitudes

1. As solicitudes (anexo I) subscribiranse por persoa que acredite a representación da entidade solicitante por calquera medio válido en dereito.

2. Os prazos de presentación de solicitudes serán os seguintes:

a) Convocatoria 2025.1: tres meses contados desde o oitavo (8º) día natural seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, ás 9.00 horas. Se o remate do prazo coincide en día inhábil, prorrogarase ata o seguinte día hábil.

b) Convocatoria 2025.2: desde o 15 de maio de 2025 ás 9.00 horas ata o 15 de setembro de 2025 ás 23.59 horas.

3. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, e na páxina web do Inega. Para o acceso á aplicación de presentación das solicitudes será necesario o número do NIF e o contrasinal determinado polas persoas interesadas.

Sétimo. Prazo para a execución e xustificación da instalación

O prazo de execución iniciarase unha vez presentada a solicitude de axuda e finalizará na data establecida na resolución de concesión, sen que nunca poida exceder o 15 de setembro de 2027. A data establecida na resolución de concesión como data límite para a execución do proxecto será a que facilite a entidade solicitante no anexo I (solicitude), na epígrafe da data estimada de finalización do proxecto.

Dentro da data limite de execución deberá presentarse a solicitude de pagamento e a documentación xustificativa do investimento.

Santiago de Compostela, 27 de decembro de 2024

Pablo Fernández Vila
Director do Instituto Enerxético de Galicia