DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Luns, 31 de marzo de 2025 Páx. 19693

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social e Igualdade

RESOLUCIÓN do 20 de marzo de 2025, da Dirección Xeral de Promoción da Igualdade, pola que se procede á publicación do requirimento de emenda de documentación das solicitudes presentadas ao abeiro da Orde do 3 de xaneiro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a promoción da igualdade, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, cofinanciadas parcialmente pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (códigos de procedemento SI436A, SI435A e SI427B).

missing image file

No Diario Oficial de Galicia número 25, do 6 de febreiro de 2025, publicouse a Orde do 3 de xaneiro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a promoción da igualdade, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, cofinanciadas parcialmente pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (códigos de procedemento SI436A, SI435A e SI427B).

A través da dita orde convócanse as subvencións destinadas ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a promoción da igualdade a través dos seguintes programas: a) Programa do Plan Corresponsables no ámbito local (SI436A); b) Programa de promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e tratamento da violencia de xénero (SI435A); c) Programa de apoio aos centros de información á muller (SI427B).

O prazo e a forma de presentación das solicitudes están regulados no artigo 10 da Orde do 3 de xaneiro de 2025. Así mesmo, no artigo 11 determínase a documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento.

Unha vez revisadas as solicitudes presentadas ao abeiro da dita orde de convocatoria pola unidade administrativa tramitadora e encargada da instrución dos procedementos, identificáronse aquelas que non reúnen a documentación necesaria, ben por non tela presentado, ben por conteren erros, ou ben por non ser suficiente para a determinación do cumprimento dos requisitos exixidos, polo que se emitiu o requirimento da correspondente emenda no prazo de dez días hábiles desde a súa notificación, ao abeiro do disposto no artigo 14.1.

O parágrafo segundo do dito artigo 14.1 da Orde do 3 de xaneiro de 2025 dispón que, por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva, de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o requirimento de emenda das solicitudes publicarase no Diario Oficial de Galicia, a cal producirá os mesmos efectos da notificación.

Polo exposto,

RESOLVO:

1. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do requirimento de emenda das solicitudes presentadas ao abeiro da Orde do 3 de xaneiro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a promoción da igualdade, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, cofinanciadas parcialmente pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (códigos de procedemento SI436A, SI435A e SI427B), emitido o 19 de marzo de 2025, por non estaren debidamente cubertas e/ou non achegar a documentación preceptiva exixida segundo o establecido nas bases reguladoras e que figura no anexo desta resolución (anexo: requirimento de emenda de documentación-SI436A 2025, SI435A 2025 e SI427B 2025).

2. Facer indicación expresa a todas as entidades solicitantes que figuran no anexo desta resolución de que son requiridas para que, no prazo de dez (10) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos conforme se establece nesta resolución, coa advertencia de que, de non o facer, se considerará que desisten da súa solicitude, de acordo co previsto no artigo 20.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de que se dite a oportuna resolución, ao abeiro do artigo 21 da dita lei.

3. Informar as persoas interesadas de que, de acordo co establecido no artigo 10 das bases reguladoras, a presentación da documentación requirida debe ser realizada electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Na sede electrónica da Xunta de Galicia están dispoñibles os modelos normalizados dos anexos relativos a estes procedementos:

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=SI436A&ano=2025&numpub=1&lang=gl para o procedemento SI436A.

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=SI435A&ano=2025&numpub=1&lang=gl para o procedemento SI435A.

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=SI427B&ano=2025&numpub=1&lang=gl para o procedemento SI427B.

4. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de emenda de documentación das solicitudes, poderán dirixirse á Dirección Xeral de Promoción da Igualdade a través dos teléfonos indicados no artigo 27 da convocatoria (procedemento SI436A: 981 54 16 18, 881 99 91 63, 881 99 55 34 e 881 99 55 36; procedemento SI435A: 981 54 73 97 e 981 54 53 53, procedemento SI427B: 981 54 53 56 e 981 54 53 57), ou presencialmente.

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2025

María Quintiana Pérez
Directora xeral de Promoción da Igualdade

ANEXO

Requirimento de emenda de documentación
(SI436A 2025, SI435A 2025 e SI427B 2025)

Asunto: requirimento de emenda de solicitudes relacionadas a continuación por non estaren debidamente cubertas e/ou non achegaren a documentación preceptiva exixida segundo o establecido nas bases reguladoras.

Data do requirimento: 19 de marzo de 2025.

Efectos: no prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, cómpre emendar o erro ou achegar os documentos preceptivos que figuran na relación, coa advertencia de que, de non o facer, se considerará que desisten da súa solicitude, de acordo co previsto no artigo 20.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de que se dite a oportuna resolución ao abeiro do artigo 21 da dita lei.

Órgano instrutor: Subdirección Xeral de Promoción da Igualdade.

Relación de solicitudes suxeitas a emenda de documentación:

a) Programa do Plan Corresponsables no ámbito local (SI436A).

Nº de expediente

Entidade local
(por orde alfabética)

Documentación requirida

SI436A-2025-00000091

Concello da Baña

Ampliación do número de contratados e días en que desenvolven as accións de formación e sensibilización en corresponsabilidade.

SI436A-2025-00000009

Concello da Bola

1. Anexo I: asinado polo/a alcalde/esa coa cantidade que consta no anexo II.

2. Anexo II: asinado pola persoa secretaria do Concello.

SI436A-2025-00000235

Concello da Pobra de Trives

Anexo I: coa nova cantidade solicitada asinado polo/a alcalde/esa.

SI436A-2025-00000135

Concello das Pontes de García Rodríguez

Anexo I: asinado polo/a alcalde/esa. (A representación do Concello só pode delegarse nos membros da Comisión de Goberno ou nos/nas tenentes da alcaldía, non no persoal do Concello).

SI436A-2025-00000169

Concello de Antas de Ulla

Anexo II: asinado pola persoa secretaria do Concello.

SI436A-2025-00000202

Concello de Aranga

En caso de reverter as taxas, o importe dos anexos I, II e IV debe coincidir.

SI436A-2025-00000184

Concello de Baiona

Anexo IV: está sen cubrir.

SI436A-2025-00000093

Concello de Bande

O importe dos anexos I, II e IV debe coincidir.

SI436A-2025-00000066

Concello de Brión

Anexo I: asinado polo/a alcalde/esa. (A representación do Concello só pode delegarse nos membros da Comisión de Goberno ou nos/nas tenentes da alcaldía, non no persoal do Concello).

SI436A-2025-00000167

Concello de Cabanas

Anexo I: asinado polo/a alcalde/esa.

SI436A-2025-00000227

Concello de Caldas de Reis

O importe dos anexos I, II e IV debe coincidir.

SI436A-2025-00000181

Concello de Cariño

O importe dos anexos I, II e IV debe coincidir.

SI436A-2025-00000220

Concello de Carral

1. Anexo II: asinado pola persoa secretaria do Concello.

2. En caso de reverter as taxas, o importe dos anexos I, II e IV debe coincidir.

SI436A-2025-00000230

Concello de Cervo

Anexo IV: no punto 2.2. deberase indicar se nas accións de formación e sensibilización se facilita a formación en liña ou non.

SI436A-2025-00000046

Concello de Corcubión

En caso de reverter as taxas, o importe dos anexos I, II e IV debe coincidir.

SI436A-2025-00000133

Concello de Cortegada

Anexo II: asinado pola persoa secretaria do Concello.

SI436A-2025-00000226

Concello de Cualedro

O importe dos anexos I, II e IV debe coincidir.

SI436A-2025-00000164

Concello de Dumbría

Anexo IV: os puntos 2.1. e 3.6. deberanse cubrir dentro do período subvencionable.

SI436A-2025-00000161

Concello de Folgoso do Courel

Anexo IV: o punto 3.6. está incompleto (deberanse especificar actividade desenvolvida, período, xornada, número de persoas contratadas e importe).

SI436A-2025-00000087

Concello de Friol

Anexo I: deberase cubrir a cantidade solicitada.

SI436A-2025-00000075

Concello de Gondomar

En caso de reverter as taxas, o importe dos anexos I, II e IV debe coincidir.

SI436A-2025-00000158

Concello de Guitiriz

1. Anexo I.1. (continuación): as taxas, deberanse cubrir no cadro das taxas, e non no das axudas.

2. Anexo II: asinado pola persoa secretaria do Concello.

3. Anexo IV: deberase cubrir o punto 3.2.2.

SI436A-2025-00000040

Concello de Irixoa

En caso de reverter as taxas, o importe dos anexos I, II e IV debe coincidir.

SI436A-2025-00000233

Concello de Lourenzá

Anexo IV: deberanse cubrir na súa totalidade os puntos 2.2., 3.2.2 e 3.2.3.

SI436A-2025-00000224

Concello de Lousame

Anexo I: asinado polo/a alcalde/esa.

SI436A-2025-00000201

Concello de Mesía

Anexo IV: no punto 3.6. falta por especificar o número de traballadores que realizan as actividades de «Conciliación períodos vacacionais», «Encontros familiares» e «Actividades puntuais».

SI436A-2025-00000045

Concello de Moeche

Anexo IV: no punto 3.6 falta por incluír o persoal do campamento de Nadal.

SI436A-2025-00000120

Concello de Mondariz-Balneario

Anexo I: asinado polo/a alcalde/esa. (A representación do Concello só pode delegarse nos membros da Comisión de Goberno ou nos/nas tenentes da alcaldía, non no persoal do Concello).

SI436A-2025-00000231

Concello de Mos

1. Anexo II: asinado pola persoa secretaria do Concello.

2. Anexo IV: punto 3.6. incompleto (deberase cubrir o importe correspondente a cada liña).

SI436A-2025-00000034

Concello de Mugardos

1. En caso de reverter as taxas, o importe dos anexos I, II e IV debe coincidir.

2. Acreditación de que remitiu as contas do exercicio 2023 ao Consello de Contas de Galicia.

SI436A-2025-00000218

Concello de Neda

Anexo IV: o punto 3.6. está incompleto (deberanse especificar actividade desenvolvida, período, xornada, número de persoas contratadas e importe).

SI436A-2025-00000142

Concello de Oia

En caso de reverter as taxas, o importe dos anexos I, II e IV debe coincidir.

SI436A-2025-00000160

Concello de Oroso

Anexos I e IV: asinados polo/a alcalde/esa.

SI436A-2025-00000148

Concello de Ortigueira

Anexo IV: o punto 3.6. está incompleto (deberanse especificar actividade desenvolvida, período, xornada e número de persoas contratadas).

SI436A-2025-00000228

Concello de Outes

Anexo I: deberase indicar correctamente a medida solicitada.

SI436A-2025-00000036

Concello de Pantón

Anexo IV: deberanse cubrir o punto 3.2.2. (número de menores) e o punto 3.3. (persoa responsable e número de teléfono).

SI436A-2025-00000192

Concello de Ponteareas

Anexo IV: aclaración do 3.6. (contratación externa). Falta o número de traballadores e a actividade que realizan. As actividades descritas no punto 3.5. (Medios persoais) non se corresponden co horario dos traballadores do cadro de contratación externa.

SI436A-2025-00000132

Concello de Portas

En caso de reverter as taxas, o importe dos anexos I, II e IV debe coincidir.

SI436A-2025-00000212

Concello de Portomarín

Acreditación de que remitiu as contas do exercicio 2023 ao Consello de Contas de Galicia.

SI436A-2025-00000173

Concello de Redondela

Anexo IV: o importe debe coincidir coa cantidade solicitada no anexo I (no punto 3.6. non consta o persoal das accións de formación e sensibilización).

SI436A-2025-00000073

Concello de Ribadavia

As medidas solicitadas e os seus importes deben coincidir nos anexos I e II.

SI436A-2025-00000042

Concello de Ribas de Sil

O importe dos anexos I, II e IV debe coincidir.

SI436A-2025-00000203

Concello de San Cristovo de Cea

Anexo IV: debe aclarar cantas traballadoras contratadas son colectivo vulnerable.

SI436A-2025-00000110

Concello de Touro

1. En caso de reverter as taxas, o importe dos anexos I, II e IV debe coincidir.

2. Deberase presentar o anexo IV normalizado.

SI436A-2025-00000143

Concello de Trazo

1. Anexo I: asinado polo/a alcalde/esa.

2. En caso de reverter as taxas, o importe dos anexos I, II e IV debe coincidir.

SI436A-2025-00000081

Concello de Valdoviño

O importe dos anexos I, II e IV debe coincidir, xa que o imposto de valor engadido non susceptible de recuperación ou compensación se considera subvencionable.

SI436A-2025-00000094

Concello de Vimianzo

Anexo IV: no punto 3.6 deberase recoller a desagregación dos contratados por cada actividade (deberanse aclarar os contratados para Entroido e Semana Santa).

SI436A-2025-00000108

Concello de Xunqueira de Ambía

1. Anexo IV: cubrirase o punto 2.1. con todas as actividades desenvolvidas.

2. Anexo IV: no punto 3.6 deberase recoller a desagregación dos contratados por cada actividade (deberanse aclarar os contratados para Semana Santa).

SI436A-2025-00000170

Concello do Rosal

Anexo II: asinado pola persoa secretaria do Concello.

b) Programa de promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e tratamento da violencia de xénero (SI435A).

Nº de expediente

Entidade local
(por orde alfabética)

Documentación requirida

SI435A-2025-071

Concello da Cañiza agrupado con Covelo

1. Convenio de colaboración.

2. Anexo III.

Punto 2.1. Deberán revisar o número de horas das actividades e o número de horas dos módulos obrigatorios correspondentes a algunhas actividades, xa que teñen unha duración superior á das actividades. Os módulos deben ter unha duración inferior ás actividades.

Deberán revisar o contido dos módulos obrigatorios e optativos propostos, xa que algúns deles non se axustan ao establecido no artigo 7.

Para poder incluír menores como participantes nunha actividade o «Tipo de acción» tería que ser a número «4. Accións de atención directa a fillos/as de mulleres vítimas de violencia de xénero, vítimas de explotación sexual-laboral ou de mulleres lactantes sen apoios» e o «Principal colectivo destinatario», «1. Vítimas de violencia de xénero ou de violencia doméstica», «2. Vítimas de explotación sexual-laboral en redes de prostitución ou de trata de persoas» ou «13. Embarazadas ou lactantes sen apoio familiar».

Punto 2.2. O número de horas do persoal debe coincidir co número de horas das actuacións ou actividades.

SI435A-2025-040

Concello da Guarda

Anexo III.

Punto 2.1. O número de horas dos módulos (624 e 204) ten que ser inferior ao número de horas das actividades (208 e 68).

SI435A-2025-036

Concello da Illa de Arousa

Anexo III.

Punto 2.1. Para poder incluír menores como participantes nunha actividade o «Tipo de acción» tería que ser a número «4. Accións de atención directa a fillos/as de mulleres vítimas de violencia de xénero, vítimas de explotación sexual-laboral ou de mulleres lactantes sen apoios» e o «Principal colectivo destinatario», «1. Vítimas de violencia de xénero ou de violencia doméstica», «2. Vítimas de explotación sexual-laboral en redes de prostitución ou de trata de persoas» ou «13. Embarazadas ou lactantes sen apoio familiar».

Deberán cubrir un cadro por cada actividade ou actuación singularizada e independente e, de ser o caso, revisar as horas imputadas ao módulo obrigatorio.

Segundo a actividade proposta, os módulos non poden ter as mesmas horas que a actividade.

Punto 2.2. Deberán revisar os gastos imputados e modificalos se for preciso, xa que os gastos de persoal que desenvolvan funcións de preparación, xestión, coordinación ou dirección non son subvencionables (art. 9.2.1.a). De ser preciso, deberán modificar, ademais, o importe da subvención solicitada.

O número de horas do persoal debe coincidir co número de horas das actuacións ou actividades.

SI435A-2025-035

Concello da Mezquita

Anexo III.

Punto 2.1. Deberán cubrir un cadro por cada actividade ou actuación singularizada e independente.

Punto 2.2. O número de horas do persoal debe coincidir co número de horas das actuacións ou actividades. Así mesmo, deberán indicar as actividades do programa en que participa o persoal.

SI435A-2025-034

Concello da Veiga

Anexo III.

Punto 2.1. Deberán revisar o número de horas dos módulos obrigatorios correspondentes a algunhas das actividades, xa que non acadan o mínimo do 10 % exixido (art. 7.1).

En canto ás actividades «Empoderamento feminino a través do coñecemento da historia» e «Empoderamento feminino a través da literatura», os módulos non poden ter as mesmas horas que as actividades.

Punto 2.2. Deberán revisar os gastos imputados e modificalos se for preciso, xa que os gastos de persoal que desenvolvan funcións de preparación, xestión, coordinación ou dirección non son subvencionables (art. 9.2.1.a). De ser preciso, deberán modificar, ademais, o importe da subvención solicitada.

SI435A-2025-044

Concello das Pontes de García Rodríguez

1. Anexo I.2. Asinado pola persoa que exerce a representación legal do concello (alcaldía) e en que deberán constar os seus datos persoais no cadro de representación (A representación do concello só pode delegarse nos membros da Comisión de Goberno ou nos/nas tenentes de alcaldía, non no persoal do concello).

2. Anexo III. Deberase acreditar a representación por calquera medio válido en dereito.

SI435A-2025-029

Concello de Ames

1. Anexo I.2. Deberán cubrir a contía solicitada.

2. Anexo II. Deberán cubrir a contía solicitada e designar unha persoa para as funcións de coordinación e comunicación para aspectos relacionados coa tramitación do expediente.

3. Anexo III.

Punto 2.1. Deberán cubrir un cadro por cada actividade ou actuación singularizada e independente.

Deberán cubrir o tipo de acción e a xustificación da relación entre os contidos e o tipo de acción ou actuación.

Deberán revisar o número de horas dos módulos obrigatorios correspondentes a cada unha das actividades, xa que non acadan o mínimo do 10 % exixido.

Punto 2.2. Deberán desagregar os custos directos de persoal.

SI435A-2025-065

Concello de Amoeiro agrupado con Coles

Anexos I.2 e II. O importe da subvención solicitada non pode ser superior ao total dos custos directos de persoal.

SI435A-2025-078

Concello de Arteixo

Anexo III.

Punto 2.1. Deberán revisar o número de horas do módulo obrigatorio, xa que non acada o mínimo do 10 % exixido (art. 7.1).

SI435A-2025-077

Concello de Arzúa agrupado con Boimorto e Santiso

Anexo III.

Punto 2.1. Deberán concretar que actividades van realizar na actuación «Tecendo Redes» e, de ser o caso, cubrir un cadro por cada actividade ou actuación singularizada e independente.

SI435A-2025-082

Concello de Avión

1. Anexo II. Deberán cubrir os datos da persoa secretaria da entidade.

2. Anexo III. Punto 2.1. Deberán revisar o número de horas dos módulos obrigatorios correspondentes a cada unha das actividades, xa que non acadan o mínimo do 10 % exixido (art. 7.1).

Actividade «Defensa persoal feminina»: o número de horas dos módulos (60) ten que ser inferior ao número de horas da actividade (10).

SI435A-2025-041

Concello de Baiona

Anexo III.

Punto 2.1. Deberán concretar que actividades van realizar.

Punto 2.2. Deberán cubrir os puntos relativos aos medios persoais e, se é o caso, desagregar os seus custos.

SI435A-2025-025

Concello de Bande

Anexo III.

Punto 2.1. Deberán revisar o número de horas dos módulos obrigatorios correspondentes a cada unha das actividades, xa que non acadan o mínimo do 10 % exixido (art. 7.1).

SI435A-2025-070

Concello de Barbadás agrupado con A Pobra de Trives e Ramirás

Anexo III.

Punto 2.1. Deberán cubrir o número de persoas menores de idade participantes na actividade «Asesoramento a fillos e fillas de vítimas de violencia de xénero».

Punto 2.2. A suma das horas do persoal debe coincidir coa suma das horas das actividades.

SI435A-2025-030

Concello de Betanzos

Anexo III.

Punto 1. Deberán revisar o número total de actividades e, de ser o caso, cubrir un cadro por cada actividade ou actuación singularizada e independente.

Punto 2.1. Deberán concretar que actividades van realizar.

SI435A-2025-012

Concello de Boborás

Anexo III.

Punto 2.1. Deberán revisar o número de horas dos módulos obrigatorios correspondentes a cada unha das actividades, xa que non acadan o mínimo do 10 % exixido (art. 7.1).

SI435A-2025-055

Concello de Cabanas

1. Anexo I.2. Asinado pola persoa que exerce a representación legal do concello (alcaldía) e no cal deberán constar os seus datos persoais no cadro de representación (A representación do concello só pode delegarse nos membros da Comisión de Goberno ou nos/nas tenentes de alcaldía, non no persoal do concello).

2. Anexo III.

Punto 2.1. Deberán concretar en que consiste a actividade «Obradoiro de benestar persoal» e revisar as horas imputadas aos módulos, que non poden ter as mesmas que a actividade.

SI435A-2025-068

Concello de Caldas de Reis

Anexo III.

Punto 2.1. Deberán cubrir a denominación da/s actuacións ou actividades que se desenvolverán e un cadro por cada actividade ou actuación singularizada e independente.

Deberán concretar que actividades van realizar.

As datas non están dentro do período subvencionable.

Punto 2.2. A suma das horas do persoal debe coincidir coa suma das horas das actividades.

Deberán cubrir as actividades do programa en que participa o persoal.

Deberán cubrir os custos directos de persoal e desagregalos, de ser o caso.

SI435A-2025-051

Concello de Calvos de Randín

1. Anexo I.2. Deberán cubrir a contía solicitada.

2. Anexo II. Certificación sobre o acordo de solicitar a subvención.

3. Anexo II bis. Certificación relativa aos concellos agrupados ou asociados.

4. Convenio de colaboración.

5. Memoria de aforro de custos.

6. Anexo III.

Punto 2.1. Deberán revisar o número de horas das actividades e o número de horas dos módulos obrigatorios correspondentes a algunhas actividades, xa que teñen unha duración superior á das actividades. Os módulos deben ter unha duración inferior ás actividades.

Deben revisar o contido dos módulos obrigatorios e optativos propostos, xa que algúns deles non se axustan ao establecido no artigo 7.

Para poder incluír menores como participantes nunha actividade o «tipo de acción» tería que ser a número «4. Accións de atención directa a fillos/as de mulleres vítimas de violencia de xénero, vítimas de explotación sexual-laboral ou de mulleres lactantes sen apoios» e o «Principal colectivo destinatario», 1. Vítimas de violencia de xénero ou de violencia doméstica», «2. Vítimas de explotación sexual-laboral en redes de prostitución ou de trata de persoas» ou «13. Embarazadas ou lactantes sen apoio familiar».

Punto 2.2. O número de horas do persoal debe coincidir co número de horas das actuacións ou actividades.

SI435A-2025-047

Concello de Cambados

Anexo III.

Punto 1. Deberán revisar o número total de participantes.

Punto 2.1. Deberán revisar a xustificación da relación entre os contidos e o tipo de acción. Debe adecuarse ao recollido no artigo 7 e tendo en conta que as actuacións estarán dirixidas específica e exclusivamente a mulleres en situación de especial vulnerabilidade. Do contrario, será considerada unha actividade non subvencionable.

Segundo a actividade proposta, os módulos non poden ter as mesmas horas que a actividade.

Punto 2.2. O número de horas do persoal debe coincidir co número de horas das actuacións ou actividades.

SI435A-2025-014

Concello de Cangas

Anexo III.

Punto 2.1. Deberán revisar o número de horas do módulo obrigatorio correspondente á actividade, xa que non acada o mínimo do 10 % exixido (art. 7.1).

SI435A-2025-013

Concello de Carballeda de Avia

Anexo I.2. Deberán cubrir a contía solicitada.

SI435A-2025-066

Concello de Castro Caldelas agrupado con Montederramo

Anexo III.

Punto 2.1. Deberán revisar o número de horas das actividades e o número de horas dos módulos obrigatorios correspondentes a algunhas actividades, xa que teñen unha duración superior á das actividades. Os módulos deben ter unha duración inferior ás actividades.

Deberán revisar o contido dos módulos obrigatorios e optativos propostos, xa que algúns deles non se axustan ao establecido no artigo 7.

Para poder incluír menores como participantes nunha actividade o «Tipo de acción» tería que ser a número «4. Accións de atención directa a fillos/as de mulleres vítimas de violencia de xénero, vítimas de explotación sexual-laboral ou de mulleres lactantes sen apoios» e o «Principal colectivo destinatario», «1. Vítimas de violencia de xénero ou de violencia doméstica», «2. Vítimas de explotación sexual-laboral en redes de prostitución ou de trata de persoas» ou «13. Embarazadas ou lactantes sen apoio familiar».

Punto 2.2. O número de horas do persoal debe coincidir co número de horas das actuacións ou actividades.

SI435A-2025-028

Concello de Celanova

Anexo III.

Punto 2.1. Deberán concretar que actividades van realizar.

Deberán revisar o número de horas do módulo obrigatorio da actividade, xa que non acada o mínimo do 10 % exixido (art. 7.1).

Punto 2.2. O número de horas do persoal debe coincidir co número de horas das actuacións ou actividades.

SI435A-2025-020

Concello de Cenlle

Anexo III.

Punto 2.1. Deberán revisar o número de horas dos módulos obrigatorios correspondentes a cada unha das actividades, xa que non acadan o mínimo do 10 % exixido (art. 7.1).

Punto 2.2. Os custos de persoal da psicóloga e do monitor/a non coinciden co total.

SI435A-2025-026

Concello de Coirós agrupado con Aranga, Oza – Cesuras e Irixoa

1. Anexo I. Deberán marcar correctamente os datos da xestión da subvención solicitada.

2. Anexo II bis. Deberán reflectir a porcentaxe de subvención que se aplicará a cada unha das entidades que forman parte da agrupación.

3. Anexo III. Memoria descritiva da actuación.

4. Memoria de aforro de custos respecto da realización do programa ou actividade de forma individualizada.

5. O convenio de colaboración debe estar asinado por todos os concellos.

SI435A-2025-075

Concello de Cuntis

1. Anexos I.2 e II. O importe da subvención solicitada non pode ser superior ao total dos custos directos de persoal.

2. Anexo III. Punto 2.1. Segundo as actividades propostas, os módulos non poden ter as mesmas horas que as actividades.

Actividade «Mergullémonos»: deberán concretar que actividades van realizar.

SI435A-2025-050

Concello de Curtis

Anexo III.

Punto 2.1. Segundo a actividade proposta, os módulos non poden ter as mesmas horas que a actividade.

Punto 2.2. Deberán cubrir os medios persoais e a desagregación dos custos directos de persoal.

SI435A-2025-056

Concello de Dodro

Anexo III.

Punto 2.1. Deberán revisar o número de horas do módulo obrigatorio dalgunha das actividades, xa que non acadan o mínimo do 10 % exixido (art. 7.1).

Segundo a actividade proposta «Xestión do estrés», o módulo non pode ter as mesmas horas que a actividade.

SI435A-2025-038

Concello de Fene

Anexo III.

Punto 1. Deberán revisar o número total de actividades e, de ser o caso, cubrir un cadro por cada actividade ou actuación singularizada e independente.

Punto 2.1. Deberán concretar que actividades van realizar na actuación «Talleres de autocoñecemento, autoestima e empoderamento».

Punto 2.1. Segundo as actividades propostas, os módulos non poden ter as mesmas horas que as actividades.

Punto 2.1. Deben aclarar as datas da actividade «asesoramento xurídico especializado». O período subvencionable está comprendido entre o 1.10.2024 e o 30.9.2025.

Deben revisar, ademais, o número de persoas participantes.

Nesta mesma actividade deberán cubrir o cadro «xustificación da relación entre os contidos e o tipo de acción ou actuación».

Punto 2.2. Deberán revisar os gastos imputados e modificalos se for preciso, xa que os gastos de persoal que desenvolvan funcións de preparación, xestión, coordinación ou dirección non son subvencionables (art. 9.2.1.a). De ser preciso, deberán modificar, ademais, o importe da subvención solicitada.

SI435A-2025-067

Concello de Gondomar

Anexo III.

Punto 2.1. Deberán revisar o número de horas dos módulos obrigatorios correspondentes a cada unha das actividades, xa que non acadan o mínimo do 10 % exixido (art. 7.1).

SI435A-2025-053

Concello de Guitiriz

1. Anexo II. Certificación sobre o acordo de solicitar a subvención.

2. Anexo III. Punto 2.1. Deberán revisar o número de horas do módulo obrigatorio correspondente á actividade, xa que non acada o mínimo do 10 % exixido (art. 7.1).

Punto 2.2. Deberán reaxustar o importe dos custos directos de persoal, xa que o importe máximo é de 30.000 euros (art. 7.5).

SI435A-2025-015

Concello de Lobios

Anexo III.

Punto 2.1. Deberán revisar o número de horas dos módulos obrigatorios correspondentes a cada unha das actividades, xa que non acadan o mínimo do 10 % exixido (art. 7.1).

SI435A-2025-076

Concello de Maceda

Anexo III.

Punto 2.1. Deberán revisar o número de horas dos módulos obrigatorios dalgunhas das actividades, xa que non acadan o mínimo do 10 % exixido (art. 7.1).

Actividade «Espazo medrando xuntas: os cafés do espazo»: para poder incluír menores como participantes nunha actividade o «Tipo de acción» tería que ser a número «4. Accións de atención directa a fillos/as de mulleres vítimas de violencia de xénero, vítimas de explotación sexual-laboral ou de mulleres lactantes sen apoios» e o «Principal colectivo destinatario», «1. Vítimas de violencia de xénero ou de violencia doméstica», «2. Vítimas de explotación sexual-laboral en redes de prostitución ou de trata de persoas» ou «13. Embarazadas ou lactantes sen apoio familiar».

Punto 2.2. Deben desagregar os custos de persoal. Así mesmo, o número de horas do persoal debe coincidir co número de horas das actuacións ou actividades.

SI435A-2025-081

Concello de Manzaneda agrupado con Chandrexa de Queixa

Anexo III.

Punto 2.1. Segundo as actividades propostas, os módulos non poden ter as mesmas horas que a actividade.

SI435A-2025-045

Concello de Maside

Anexo III.

Punto 2.1. Deberán revisar o número de horas dos módulos obrigatorios correspondentes a cada unha das actividades, xa que non acadan o mínimo do 10 % exixido (art. 7.1).

Deberán cubrir un cadro por cada actividade ou actuación singularizada e independente.

SI435A-2025-009

Concello de Monforte de Lemos

1. Anexo II. Deberán cubrir os datos da persoa secretaria da entidade.

2. Anexo III. Punto 2.2. Deberán revisar os gastos imputados e modificalos se for preciso, xa que os gastos de persoal que desenvolvan funcións de preparación, xestión, coordinación ou dirección non son subvencionables (art. 9.2.1.a). De ser preciso, deberán modificar, ademais, o importe da subvención solicitada.

SI435A-2025-080

Concello de Mos

1. Anexo II. Certificación sobre o acordo de solicitar a subvención.

2. Anexo III. Punto 2.2. O número de horas do persoal debe coincidir co número de horas das actuacións ou actividades.

SI435A-2025-042

Concello de Mugardos

1. Acreditación de ter remitidas as contas do exercicio orzamentario 2023 ao Consello de Contas de Galicia.

2. Anexo III. Punto 2.2. O número de horas do persoal debe coincidir co número de horas das actuacións ou actividades.

SI435A-2025-027

Concello de Muíños

1. Anexo I.2. Deberán cubrir a contía solicitada.

2. Anexo III. Punto 2.1. «Taller medrando xuntas»: deberán concretar que actividade van realizar e, de ser o caso, revisar as horas que imputan ao módulo obrigatorio.

Punto 2.2. Deberán revisar os gastos imputados e modificalos se for preciso, xa que os gastos de persoal que desenvolvan funcións de preparación, xestión, coordinación ou dirección non son subvencionables (art. 9.2.1.a). De ser preciso, deberán modificar, ademais, o importe da subvención solicitada. Así mesmo, deberán concretar as funcións do persoal. O número de horas do persoal debe coincidir co número de horas das actuacións ou actividades.

SI435A-2025-069

Concello de Ortigueira

Anexo III.

Punto 2.2. Deberán cubrir os datos das persoas contratadas ou, na súa falta, dos postos de traballo, a actividade en que vai participar, as súas funcións e o número de horas dedicadas ao programa.

SI435A-2025-048

Concello de Piñor

1. Anexo I.2. Deberán cubrir a contía solicitada.

2. Anexo III. Punto 2.1. Deberán concretar que actividades van realizar.

Deberán revisar o número de horas dos módulos obrigatorios correspondentes a cada unha das actividades, xa que non acadan o mínimo do 10 % exixido (art. 7.1).

SI435A-2025-005

Concello de Ponteareas

1. Anexos I.2 e II. A contía solicitada non pode ser superior ao total de custos directos de persoal.

2. Anexo III. Punto 2.1. Deberán concretar que actividades van realizar e, de ser o caso, deberán cubrir un cadro por cada actividade ou actuación singularizada e independente.

Punto 2.1. Deberán revisar o número de horas do módulo obrigatorio da actividade, xa que non acada o mínimo do 10 % exixido (art. 7.1).

Punto 2.2. O número de horas do persoal debe coincidir co número de horas das actuacións ou actividades.

SI435A-2025-043

Concello de Portas

Anexo III.

Punto 2.1. Deberán concretar que actividades van realizar e, de ser o caso, cubrir un cadro por cada actividade ou actuación singularizada e independente.

Punto 2.1. Deberán revisar o número de horas dos módulos obrigatorios correspondentes a cada unha das actividades, xa que non acadan o mínimo do 10 % exixido (art. 7.1).

Punto 2.2. O número de horas do persoal debe coincidir co número de horas das actuacións ou actividades.

SI435A-2025-057

Concello de Redondela

Anexo III.

Punto 2.1. Deberán cubrir un cadro por cada actividade ou actuación singularizada e independente.

SI435A-2025-021

Concello de Ribadavia

1. Anexo II. Deberán cubrir correctamente os datos da persoa secretaria da entidade.

2. Anexo III. Punto 2.1. Deberán concretar que actividades van realizar na actuación «Obradoiros de apoderamento e autoestima» e, de ser o caso, deberán cubrir un cadro por cada actividade ou actuación singularizada e independente.

Punto 2.1. Deberán revisar o número de horas dos módulos obrigatorios correspondentes a cada unha das actividades, xa que non acadan o mínimo do 10 % exixido (art. 7.1).

Punto 2.2. Deberán indicar en que actividade participa cada unha das persoas contratadas.

SI435A-2025-033

Concello de Ribadeo

Anexo III.

A actuación «Pioneiras de ciencias en Lugo» non é subvencionable, polo que deberán eliminala e modificar os gastos imputados, o número de participantes e o número de actividades. Deberán modificar, ademais, o importe da subvención solicitada.

Punto 2.1. Deben revisar as datas da actividade. O período subvencionable está comprendido entre o 1.10.2024 e o 30.9.2025.

Deben revisar o número de participantes menores. Para poder incluír menores como participantes nunha actividade o «Tipo de acción» tería que ser a número «4. Accións de atención directa a fillos/as de mulleres vítimas de violencia de xénero, vítimas de explotación sexual-laboral ou de mulleres lactantes sen apoios» e o «Principal colectivo destinatario», «1. Vítimas de violencia de xénero ou de violencia doméstica», «2. Vítimas de explotación sexual-laboral en redes de prostitución ou de trata de persoas» ou «13. Embarazadas ou lactantes sen apoio familiar».

Punto 2.2. O número de horas do persoal debe coincidir co número de horas das actuacións ou actividades.

SI435A-2025-060

Concello de Ribadumia

Anexo III.

Punto 1. Deberán revisar o número total de actividades e, de ser o caso, cubrir un cadro por cada actividade ou actuación singularizada e independente.

Punto 2.1. Deberán concretar que actividades van realizar.

Punto 2.1. Deberán revisar o número de horas dos módulos obrigatorios correspondentes a cada unha das actividades, xa que non acadan o mínimo do 10 % exixido (art. 7.1).

Punto 2.2. Deberán indicar o posto de traballo do persoal contratado.

SI435A-2025-064

Concello de Salvaterra de Miño agrupado con Salceda de Caselas e As Neves

1. Anexos I.2 e II. A contía solicitada non pode ser superior ao total de custos directos de persoal.

2. Anexo III.

Punto 1. Deberán revisar o número total de actividades e, de ser o caso, cubrir un cadro por cada actividade ou actuación singularizada e independente.

Punto 2.1. Para poder incluír menores como participantes nunha actividade o «Tipo de acción» tería que ser a número «4. Accións de atención directa a fillos/as de mulleres vítimas de violencia de xénero, vítimas de explotación sexual-laboral ou de mulleres lactantes sen apoios» e o «Principal colectivo destinatario», «1. Vítimas de violencia de xénero ou de violencia doméstica», «2. Vítimas de explotación sexual-laboral en redes de prostitución ou de trata de persoas» ou «13. Embarazadas ou lactantes sen apoio familiar».

Deberán revisar o número de horas de algunhas das actividades, xa que non coincide coa descrición dos contidos.

Punto 2.2: o número de horas do persoal debe coincidir co número de horas das actuacións ou actividades.

SI435A-2025-062

Concello de San Amaro agrupado con O Irixo

Anexo III.

Punto 2.1. Deberán concretar que actividades van realizar.

Deberán revisar o número de horas dos módulos obrigatorios dalgunhas das actividades, xa que non acadan o mínimo do 10 % exixido (art. 7.1).

Segundo as actividades propostas, os módulos non poden ter as mesmas horas que a actividade.

Nas actividades «Escola de autocoidado» e «Xogos pola igualdade» deberán revisar a xustificación da relación entre os contidos e o tipo de acción. Debe adecuarse ao recollido no artigo 7 e tendo en conta que as actuacións estarán dirixidas específica e exclusivamente a mulleres en situación de especial vulnerabilidade. Do contrario, deberán eliminalas e modificar os gastos imputados, o número de participantes e o número de actividades, así como o importe da subvención solicitada.

Punto 2.2: o número de horas do persoal debe coincidir co número de horas das actuacións ou actividades.

SI435A-2025-063

Concello de San Cibrao das Viñas

Anexo III.

Punto 2.1. Para poder incluír menores como participantes nunha actividade o «Tipo de acción» tería que ser a número «4. Accións de atención directa a fillos/as de mulleres vítimas de violencia de xénero, vítimas de explotación sexual-laboral ou de mulleres lactantes sen apoios» e o «Principal colectivo destinatario», «1. Vítimas de violencia de xénero ou de violencia doméstica», «2. Vítimas de explotación sexual-laboral en redes de prostitución ou de trata de persoas» ou «13. Embarazadas ou lactantes sen apoio familiar».

As datas de realización do obradoiro «Taller de elaboración de produtos naturais-Aprendendo xuntas» non están dentro do período subvencionable.

Deberán revisar o número de horas dos módulos obrigatorios dalgunhas das actividades, xa que non acadan o mínimo do 10 % exixido (art. 7.1).

Deberán cubrir un cadro por cada actividade ou actuación singularizada e independente («Empoderamento da muller»).

Punto 2.2. Medios persoais e desagregación dos custos directos de persoal debidamente cuberto.

SI435A-2025-006

Concello de San Xoán de Río agrupado con Larouco

Anexo III.

Punto 2.1. Deberán revisar o número de horas dos módulos obrigatorios correspondentes a cada unha das actividades, xa que non acadan o mínimo do 10 % exixido (art. 7.1).

SI435A-2025-039

Concello de Silleda

1. Anexos I.2. e II. Non coinciden as contías da subvención solicitada.

2. Anexo II. Deberá estar asinado pola persoa secretaria da entidade solicitante.

3. Anexo III.

Punto 1. Deberán revisar o número total de actividades e, de ser o caso, cubrir un cadro por cada actividade ou actuación singularizada e independente.

Punto 2.1. Deberán encadrar o módulo obrigatorio da actividade «Autoestima e autocoidado» nalgún dos tres tipos indicados no artigo 7.1.

Punto 2.2. O número de horas do persoal debe coincidir co número de horas das actuacións ou actividades.

SI435A-2025-008

Concello de Sobrado

Anexo III.

Punto 2.1. Deberán revisar o número de horas dos módulos obrigatorios dalgunhas das actividades, xa que non acadan o mínimo do 10 % exixido (art. 7.1).

SI435A-2025-046

Concello de Teo

1. Anexos I.2 e III asinados pola persoa que exerce a representación legal do concello (alcaldía) e en que deberán constar os seus datos persoais no cadro de representación (a Resolución da Alcaldía do 4 de marzo de 2025 só faculta para o acto de presentación da solicitude; a representación do concello só pode delegarse nos membros da Comisión de Goberno ou nos/nas tenentes de alcaldía, non no persoal do concello).

2. Anexo III.

Punto 2.1. Para poder incluír menores como participantes nunha actividade o «Tipo de acción» tería que ser a número «4. Accións de atención directa a fillos/as de mulleres vítimas de violencia de xénero, vítimas de explotación sexual-laboral ou de mulleres lactantes sen apoios».

Deberán revisar o número de horas dos módulos obrigatorios correspondentes a dúas das actividades, xa que non acadan o mínimo do 10 % exixido (art. 7.1).

Punto 2.2. Deberán revisar os gastos imputados e modificalos se for preciso, xa que os gastos de persoal que desenvolvan funcións de preparación, xestión, coordinación ou dirección non son subvencionables (art. 9.2.1.a). De ser preciso, deberán modificar, ademais, o importe da subvención solicitada.

O número de horas do persoal debe coincidir co número de horas das actuacións ou actividades.

SI435A-2025-079

Concello de Tomiño

Anexo III.

Punto 2.1. Actividade «Programa de atención, apoio e acompañamento psicolóxico individual e especializado»: o número de horas dos módulos (705) ten que ser inferior ao número de horas da actividade (235).

SI435A-2025-061

Concello de Tui

Anexo III.

Punto 2.1. Segundo as actividades propostas «RRSS e xestións online» e «Planificación financeira para a xubilación», os módulos non poden ter as mesmas horas que as actividades.

Deberán cubrir un cadro por cada actividade ou actuación singularizada e independente: «servizo de información e asesoramento xurídico, psicolóxico e laboral». Así mesmo, falta a descrición dun dos módulos optativos.

Deberán concretar en que consisten as actividades pertencentes ao bloque de emprego e inserción laboral e a actividade «Escola de calor».

Punto 2.2. A suma das horas do persoal debe coincidir coa suma das horas das actividades.

Deberán cubrir as actividades do programa en que participa o persoal.

SI435A-2025-049

Concello de Valdoviño

Anexo III.

Punto 1. Deberán revisar o número total de actividades e, de ser o caso, cubrir un cadro por cada actividade ou actuación singularizada e independente.

Punto 2.1. Deberán concretar que actividades van realizar.

Segundo as actividades propostas, os módulos non poden ter as mesmas horas que as actividades.

Deberán cubrir o cadro «xustificación da relación entre os contidos e o tipo de acción ou actuación».

Punto 2.2. Deberán indicar o posto de traballo do persoal contratado.

Deberán revisar os gastos imputados e modificalos se for preciso, xa que os gastos de persoal que desenvolvan funcións de preparación, xestión, coordinación ou dirección non son subvencionables (art. 9.2.1.a). De ser preciso, deberán modificar, ademais, o importe da subvención solicitada.

O número de horas do persoal debe coincidir co número de horas das actuacións ou actividades.

SI435A-2025-024

Concello de Verea

Anexo III.

Punto 2.1. Deberán revisar o número de horas dos módulos obrigatorios correspondentes a cada unha das actividades, xa que non acadan o mínimo do 10 % exixido (art. 7.1).

SI435A-2025-003

Concello de Viana do Bolo

Anexo III.

Punto 2.1. Deberán concretar que actividades van realizar.

Deberán revisar o número de participantes. Para poder incluír menores como participantes nunha actividade o «Tipo de acción» tería que ser a número «4. Accións de atención directa a fillos/as de mulleres vítimas de violencia de xénero, vítimas de explotación sexual-laboral ou de mulleres lactantes sen apoios» e o «Principal colectivo destinatario», «1. Vítimas de violencia de xénero ou de violencia doméstica», «2. Vítimas de explotación sexual-laboral en redes de prostitución ou de trata de persoas» ou «13. Embarazadas ou lactantes sen apoio familiar».

Punto 2.2. Deberase indicar a denominación do posto de traballo de cada persoa contratada para o desenvolvemento da actividade.

SI435A-2025-016

Concello de Vigo

1. Anexos I.2 e II. Non coinciden as contías da subvención solicitada.

2. Anexo III.

Punto 2.1. Faltan as datas de realización.

Punto 2.2. Deben cubrir, segundo proceda, os custos salariais e de cotas á Seguridade Social a cargo da entidade solicitante respecto do persoal propio ou os custos de persoal para o caso de contratación externa, correspondentes a cada unha das persoas –ou, na súa falta, ao posto de traballo– que van participar na realización da medida.

SI435A-2025-019

Concello de Vilalba

Anexo III.

Punto 2.1. Deberán cubrir un cadro por cada actividade ou actuación singularizada e independente.

SI435A-2025-054

Concello de Vilar de Santos

Anexo III. Debidamente asinado.

Punto 2.1. Deberán concretar que actividades van realizar.

Deberán revisar o número de horas dos módulos obrigatorios correspondentes a unha das actividades, xa que non acadan o mínimo do 10 % exixido (art. 7.1).

Punto 2.2. O número de horas do persoal debe coincidir co número de horas das actuacións ou actividades.

SI435A-2025-022

Concello de Vilasantar

Anexo III.

Punto 2.1. Para poder incluír menores como participantes nunha actividade o «Tipo de acción» tería que ser a número «4. Accións de atención directa a fillos/as de mulleres vítimas de violencia de xénero, vítimas de explotación sexual-laboral ou de mulleres lactantes sen apoios» e o «Principal colectivo destinatario», «1. Vítimas de violencia de xénero ou de violencia doméstica», «2. Vítimas de explotación sexual-laboral en redes de prostitución ou de trata de persoas» ou «13. Embarazadas ou lactantes sen apoio familiar».

Así mesmo, deberán cubrir o número de horas do módulo obrigatorio da actividade «Taller de autoestima».

Punto 2.2. Deberán indicar as funcións do persoal.

SI435A-2025-052

Concello de Xinzo de Limia

Anexo III.

Punto 2.1. Deberán cubrir un cadro por cada actividade ou actuación singularizada e independente, así como concretar as citadas actividades ou actuacións.

Deberán revisar o número de horas dos módulos obrigatorios correspondentes ás actividades, xa que non acadan o mínimo do 10 % exixido (art. 7.1).

Punto 2.2. Deberán desagregar os custos directos de persoal.

SI435A-2025-073

Concello de Xunqueira de Ambía agrupado con Sandiás, Vilar de Barrio e Rairiz de Veiga

1. A memoria de aforro de custos está sen asinar.

2. Anexo III.

Punto 2.1. Actividade «Asesoramento a fillos e fillas de vítimas de violencia de xénero»: deberán cubrir o número de persoas menores de idade participantes. Así mesmo, o módulo non pode ter as mesmas horas que a actividade.

Actividade «Formación artes e historia»: falta o módulo obrigatorio.

Punto 2.2. Deberán cubrir correctamente as epígrafes da persoa contratada para o desenvolvemento da actividade e as súas funcións.

O número de horas do persoal debe coincidir co número de horas das actuacións ou actividades.

SI435A-2025-017

Concello do Porriño

Anexo III.

Punto 2.1. Nas actuacións ou actividades «Crenzas erróneas que distorsionan a realidade» e «Dar sentido ás nosas vidas», deberán concretar que actividades van realizar.

SI435A-2025-058

Concello do Valadouro

Anexo III.

Punto 2.2. Deberán cubrir os puntos relativos aos medios persoais e, se é o caso, desagregar os seus custos.

SI435A-2025-011

Mancomunidade Intermunicipal Voluntaria Conso-Frieiras

Anexo III.

Punto 2.1. Deberán cubrir un cadro por cada actividade ou actuación singularizada e independente.

Punto 2.2. Deberán revisar os gastos imputados e modificalos se for preciso, xa que os gastos de persoal que desenvolvan funcións de preparación, xestión, coordinación ou dirección non son subvencionables (art. 9.2.1.a). De ser preciso, deberán modificar, ademais, o importe da subvención solicitada.

O número de horas do persoal debe coincidir co número de horas das actuacións ou actividades.

SI435A-2025-007

Mancomunidade Intermunicipal Voluntaria Terra de Celanova

Anexo III.

Punto 2.1. Deberán revisar o número de horas dos módulos obrigatorios dalgunhas das actividades, xa que non acadan o mínimo do 10 % exixido (art. 7.1).

SI435A-2025-023

Mancomunidade de Municipios Comarca de Verín

Anexo III.

Punto 2.2. Deberán revisar os gastos imputados e modificalos se for preciso, xa que os gastos de persoal que desenvolvan funcións de preparación, xestión, coordinación ou dirección non son subvencionables (art. 9.2.1.a). De ser preciso, deberán modificar, ademais, o importe da subvención solicitada.

SI435A-2025-059

Mancomunidade Voluntaria de Municipios da Comarca de Ordes

1. Anexo III.

Punto 2.1. Deberán concretar que actividades van realizar.

Punto 2.2. O número de horas do persoal debe coincidir co número de horas das actuacións ou actividades.

c) Programa de apoio aos centros de información á muller (SI427B).

Nº de expediente

Entidade local
(por orde alfabética)

Documentación requirida

SI427B 2025/43

Concello da Guarda

Anexos V.2: a suma das contías solicitadas por períodos non coincide coas contías indicadas no anexo II.

SI427B 2025/31

Concello da Laracha

Anexo I.3: deberán presentar un anexo de solicitude asinado polo representante legal do concello.

SI427B 2025/80

Concello da Pobra de Trives

Acreditación da representatividade da concelleira de Igualdade para actuar en nome do concello.

SI427B 2025/58

Concello das Pontes de García Rodríguez

1. Anexo I.3: deberán presentar un anexo de solicitude asinado polo representante legal do concello.

2. Anexo V.1: está asinado pola concelleira de Benestar Social, pero non acreditan a representatividade desta concelleira para actuar en nome do concello.

SI427B 2025/54

Concello de Ares

Anexos V.2: a suma das contías solicitadas por períodos non coincide coas contías indicadas no anexo II.

SI427B 2025/78

Concello de Arteixo

Anexo V.2 correspondente ao posto de axente de igualdade: no presentado non figura o nome/razón social nin o NIF.

SI427B 2025/81

Concello de Avión

Aclaración sobre a vinculación ao CIM do posto de axente de dinamización: segundo o indicado no anexo V.2, este posto está ocupado mediante unha relación laboral indefinida, pero na aplicación CIM non figura este persoal (pola contra, si figura un axente de igualdade).

SI427B 2025/84

Concello de Bueu

Anexos V.2: a suma das contías solicitadas por períodos non coinciden coas que constan no anexo II.

SI427B 2025/79

Concello de Burela

1. Anexos V.2 correspondentes aos postos de dirección e asesoramento xurídico: son editables.

2. Anexo V.2 correspondente ao posto de atención psicolóxica: é editable e os datos persoais non coinciden cos da persoa que figura na aplicación CIM.

SI427B 2025/76

Concello de Caldas de Reis

1. Anexo II bis (non presentado).

2. Memoria de aforro de custos (non presentada).

SI427B 2025/46

Concello de Cee

1. Anexo II: no presentado a data do acordo é anterior á publicación da vixente convocatoria.

2. Memoria de aforro de custos: deberán presentar unha memoria asinada pola representante legal do concello.

3. Aclaración sobre o número estimado de mulleres atendidas no período subvencionable, xa que este dato non consta no anexo V.1.

SI427B 2025/36

Concello de Coirós

Memoria de aforro de custos: deberán presentar unha memoria asinada pola representante legal do concello.

SI427B 2025/59

Concello de Culleredo

1. Acreditación de que remitiu as contas do exercicio 2023 ao Consello de Contas de Galicia.

2. Acreditación da representatividade da concelleira de Cohesión Social, Recursos Humanos e Réxime Interior para actuar en nome do concello.

3. Anexos V.1 e V.2: a contía das cotizacións sociais do 1º período e a contía das retribucións íntegras do 2º período non son coincidentes.

SI427B 2025/33

Concello de Marín

Aclaración sobre a cobertura do posto de asesoramento xurídico: na convocatoria do ano 2024 indicaron que este posto estaba cuberto mediante unha contratación externa, pero nesta convocatoria indican que está cuberto mediante unha relación laboral indefinida, polo que deberán aclarar esta discrepancia.

SI427B 2025/50

Concello de Melide

Aclaración sobre o número estimado de mulleres atendidas no período subvencionable, xa que este dato non consta no anexo V.1.

SI427B 2025/47

Concello de Mondoñedo

Anexo II bis: no presentado non están cubertos todos os datos do anexo.

SI427B 2025/83

Concello de Mos

Anexo II (non presentado).

SI427B 2025/72

Concello de Muros

Anexo V.2 (ficha número 3): o obxecto do contrato non responde a ningún dos postos de traballo subvencionables ao abeiro do programa de apoio aos CIM.

SI427B 2025/67

Concello de Negreira

Anexo II: no presentado en lugar de constar os datos persoais da persoa secretaria da entidade local figuran os do alcalde.

SI427B 2025/65

Concello de Ortigueira

1. Anexo II (non presentado).

2. Anexo II bis (non presentado).

3. Convenio/s de colaboración (non presentado/s).

4. Anexo V.2 correspondente ao posto de atención psicolóxica (non presentado).

SI427B 2025/70

Concello de Ourense

Anexo V.1: no punto 2 (medios persoais adscritos ao CIM) o dato do tipo de vinculación non é correcto (indican o número da nota aclaratoria, pero non o tipo de vinculación concreto).

SI427B 2025/23

Concello de Padrón

Memoria de aforro de custos: non está referida á actual convocatoria e está asinada por unha concelleira da cal non acreditan que poida actuar en nome do concello.

SI427B 2025/74

Concello de Palas de Rei

1. Acreditación de que o Concello de Portomarín ten remitidas as contas do exercicio 2023 ao Consello de Contas de Galicia. No caso de que non se acredite este dato, manterase a validez da solicitude sempre que se comunique por escrito a exclusión do concello afectado polo incumprimento.

2. Anexo V.1: no punto 2 (medios persoais adscritos ao CIM) non se relacionan todos os postos de traballo para os cales solicita a axuda.

3. Anexos V.2 correspondentes aos postos de atención psicolóxica e axente de igualdade: non consta o nome/razón social nin o NIF.

4. Anexos V.2 correspondentes aos postos de dirección e asesoramento xurídico: a suma das contías solicitadas no 2º período non coincide coa contía que figura no anexo II.

SI427B 2025/15

Concello de Ponteareas

Anexos V.2: a suma das contías solicitadas por períodos dos postos de dirección, asesoramento xurídico e atención psicolóxica non coincide coas contías indicadas no anexo II. Tamén deberán revisar os orzamentos, xa que non coinciden coas contías indicadas no punto 3.1 do anexo V.1.

SI427B 2025/82

Concello de Pontevedra

1. Anexo I.3: deberán presentar un anexo de solicitude asinado pola persoa representante legal do concello.

2. O anexo V.1 está asinado pola concelleira delegada de Promoción da Igualdade, do Benestar, da Saúde e da Economía, polo que para que este anexo teña validez é necesario que acrediten a representatividade desta concelleira para actuar en nome do concello.

3. Anexos V.2: a suma das contías solicitadas por períodos non coinciden coas que constan no anexo II.

SI427B 2025/30

Concello de Ribadeo

1. Anexo II bis: é editable e non é posible validar a sinatura electrónica.

2. Anexo V.1: no punto 2 (medios persoais adscritos ao CIM) non relacionan todos os postos para os cales solicitan a axuda.

3. Anexo V.2 correspondente ao posto de atención psicolóxica: é editable, non constan os datos do nome/razón social, do NIF e non marcan se se trata ou non dun contrato menor de servizos.

4. Aclaración sobre a cobertura do posto de atención psicolóxica: na convocatoria do ano 2024 indicaron que este posto estaba ocupado por unha persoa, que é a que figura actualmente na aplicación CIM, cunha relación laboral fixa, pero para esta convocatoria están acudindo a unha contratación mercantil, polo que deberán aclarar esta discrepancia.

SI427B 2025/75

Concello de Santa Comba

Anexo II: no presentado en lugar de constar os datos persoais da persoa secretaria da entidade local figuran os do alcalde.

SI427B 2025/32

Concello de Soutomaior

1. Anexo V.2 correspondente á axente de igualdade: o obxecto do contrato non responde aos postos de traballo subvencionados ao abeiro do programa de apoio aos CIM. Ademais, a suma do orzamento non é correcta.

2. Aclaración sobre a cobertura do posto de asesoramento xurídico: na convocatoria do ano 2024 indicaron que este posto estaba cuberto mediante unha contratación externa (e así figura na aplicación CIM), pero nesta convocatoria indican que está cuberto mediante unha relación laboral indefinida, polo que deberán aclarar esta discrepancia.

SI427B 2025/62

Concello de Teo

Anexo I.3: deberán presentar un anexo de solicitude asinado pola representante legal do concello.

SI427B 2025/71

Concello de Vilagarcía de Arousa

Aclaración sobre a xornada de traballo dedicada ao CIM do posto de atención psicolóxica: no anexo V.2 indican que a súa dedicación é a xornada completa, pero segundo os datos que figuran na aplicación CIM, o servizo só se presta 15 horas á semana.

SI427B 2025/35

Concello de Vilalba

1. Anexo V.2 correspondente ao posto de atención psicolóxica: o dato da denominación do posto non é correcto (no seu lugar, poñen un DNI).

2. Aclaración sobre a xornada de traballo dedicada ao CIM do posto de atención psicolóxica: no anexo V.2 indican que a súa dedicación é a xornada completa, pero segundo os datos que figuran na aplicación CIM, o servizo só se presta 12 horas á semana.

3. Aclaración sobre a cobertura do posto de axente de igualdade: no anexo V.2 indican que está pendente de selección, pero na aplicación CIM figura que este posto está ocupado por unha funcionaria (A.P.D.).

SI427B 2025/37

Concello de Zas

Anexo V.1: no punto 2 (medios persoais adscritos ao CIM) o dato do tipo de vinculación non é correcto (indican o número da nota aclaratoria, pero non o tipo de vinculación concreto).

SI427B 2025/39

Concello do Grove

1. Anexo I.3: deberán presentar un anexo de solicitude asinado polo representante legal do concello no cal, ademais, conste a contía solicitada.

2. Anexos V.2 e V.1: os datos relativos aos custos do primeiro período non son coincidentes.

SI427B 2025/42

Concello do Pereiro de Aguiar

Aclaración sobre o número estimado de mulleres atendidas no período subvencionable, xa que este dato non consta no anexo V.1.

SI427B 2025/34

Concello do Porriño

1. Anexos V.2 correspondentes aos postos de dirección/asesoramento xurídico e de atención psicolóxica: existe unha discrepancia entre o anexo V.1, en que indican que se trata dunha relación laboral indefinida, e nos anexos V.2, en que indican que dita relación é laboral fixa.

2. Aclaración sobre a xornada de traballo dedicada ao CIM do posto de atención psicolóxica: no anexo V.2 indican que a súa dedicación é a xornada completa pero, segundo os datos que figuran na aplicación CIM, o servizo só se presta 15 horas á semana.

SI427B 2025/25

Mancomunidade do Salnés

Anexo II: o presentado non está asinado pola persoa secretaria da Mancomunidade.

SI427B 2025/41

Mancomunidade Intermunicipal Voluntaria Santa Águeda

1. Aclaración sobre a contía solicitada, xa que a que consta no anexo I.3 non coincide coa suma das contías solicitadas indicadas nos anexos V.2.

2. Anexo II (non presentado).

3. Anexo V.1: no presentado non indican o número estimado de mulleres atendidas, non marcan se imputan o gasto á subvención do posto de atención psicolóxica e do posto de axente de igualdade e o importe das retribucións íntegras do 2º período non coincide coa suma dos importes que figuran nos anexos V.2.