DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Xoves, 24 de abril de 2025 Páx. 23528

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

ORDE do 9 de abril de 2025 pola que se autoriza a apertura e o funcionamento do centro autorizado Danza Ponteareas, de Ponteareas, para impartir as ensinanzas de grao elemental de danza.

A titular do centro autorizado de danza «Danza Ponteareas», de Ponteareas (Pontevedra), solicita a autorización de apertura e o funcionamento para impartir as ensinanzas de grao elemental de danza.

Logo da tramitación do expediente de acordo co disposto no Decreto 253/1995, do 29 de setembro, de autorización a centros docentes privados para impartir ensinanzas artísticas, coa Orde do 5 de decembro de 1995, que o desenvolve, e co Decreto 196/2007, do 20 de setembro, no que se establece a ordenación do grao elemental das ensinanzas de réxime especial de danza (DOG núm. 205, do 23 de outubro), e por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo 1. Autorización do centro

Autorizar a apertura e o funcionamento do centro docente de ensinanzas de réxime especial que se sinala a seguir:

Denominación xenérica: centro autorizado de ensinanzas artísticas de danza (CEDA).

Denominación específica: Danza Ponteareas.

Código do centro: 36025293.

Titular: Ángeles Domínguez González.

Domicilio: rúa Gavilán, nº 2, baixo.

Localidade: Ponteareas.

Concello: Ponteareas.

Provincia: Pontevedra.

Composición resultante:

Ensinanzas elementais de danza: 80 postos escolares.

Artigo 2. Inicio da actividade

Antes da posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, o Departamento Territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional de Pontevedra, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no devandito centro, así como o equipamento axeitado.

Artigo 3. Inscrición no rexistro

Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 4. Modificación da autorización

O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teñan que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 9 de abril de 2025

Román Rodríguez González
Conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades
e Formación Profesional