No Diario Oficial de Galicia número 30, do 13 de febreiro de 2025, publícase a Orde do 20 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as subvencións ás asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia para financiar actividades de promoción da igualdade e de prevención da violencia de xénero, financiadas en desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero e para o desenvolvemento das actuacións do Plan Corresponsables, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (códigos de procedemento SI449B e SI436C).
A través da dita orde convócanse as subvencións destinadas ás asociacións de nais e pais de alumnado (ANPA) e ás federacións ou confederacións de ANPA dos centros educativos sustentados con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para as seguintes liñas de actuación: a) Actividades de promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e rexeitamento da violencia contra as mulleres (SI449B) e b) Actuacións orientadas a facilitar a corresponsabilidade nas familias con menores a cargo de ata 16 anos inclusive, mediante a creación de servizos de coidado profesional e a creación de emprego de calidade no ámbito dos coidados, así como accións de formación e sensibilización en corresponsabilidade e coidados destinados ao desenvolvemento do Plan Corresponsables (SI436C).
O prazo e a forma de presentación das solicitudes están regulados no artigo 5 da Orde do 20 de decembro de 2024. Así mesmo, no artigo 6 determínase a documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento.
Unha vez revisadas as solicitudes presentadas ao abeiro da dita orde no procedemento SI449B pola unidade administrativa tramitadora e encargada da instrución do procedemento, identificáronse aquelas que non reúnen a documentación necesaria, ben por non tela presentado, ben por conter erros, ou ben por non ser suficiente para a determinación do cumprimento dos requisitos exixidos, procedendo á emisión do requirimento da correspondente emenda no prazo de dez días hábiles desde a súa notificación ao abeiro do disposto no artigo 10.1.
O parágrafo segundo do dito artigo 10.1 da Orde do 20 de decembro de 2024 dispón que, por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva, de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o requirimento de emenda das solicitudes se publicarán no Diario Oficial de Galicia, a cal producirá os mesmos efectos da notificación.
Polo exposto,
RESOLVO:
1. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do requirimento de emenda das solicitudes presentadas no procedemento SI449B ao abeiro da Orde do 20 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as subvencións ás asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia para financiar actividades de promoción da igualdade e de prevención da violencia de xénero, financiadas en desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero e para o desenvolvemento das actuacións do Plan Corresponsables, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (códigos de procedemento SI449B e SI436C), emitidos o 14 de abril de 2025, por non estar debidamente cubertas e/ou non achegar a documentación preceptiva exixida segundo o establecido nas bases reguladoras e que figura no anexo desta resolución (anexo: requirimento de emenda de documentación-SI449B 2025).
2. Facer indicación expresa a todas as entidades solicitantes que figuran no anexo desta resolución de que son requiridas para que no prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos conforme se establece nesta resolución, coa advertencia de que, de non o facer, se lles terá por desistidas da súa solicitude, de acordo co previsto no artigo 20.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de que se dite a oportuna resolución ao abeiro do artigo 21 da dita lei.
3. Informar ás persoas interesadas de que, de acordo co establecido no artigo 10 das bases reguladoras, a presentación da documentación requirida debe ser realizada electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Na sede electrónica da Xunta de Galicia están dispoñibles os modelos normalizados dos anexos relativos ao procedemento SI449B
https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=SI449B&ano=2025&numpub=1&lang=gl
4. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de emenda de documentación das solicitudes, poderán dirixirse ás unidades de igualdade dos departamentos territoriais da Consellería de Política Social e Igualdade a través dos teléfonos indicados no artigo 23 da convocatoria (Ourense: 988 38 67 99), ou presencialmente.
Ourense, 15 de abril de 2025
Santiago Álvarez González
Director territorial de Ourense
ANEXO
Requirimento de emenda de documentación (SI449B 2025)
Asunto: requirimento de emenda de solicitudes relacionadas a continuación por non estar debidamente cubertas e/ou non achegar a documentación preceptiva exixida segundo o establecido nas bases reguladoras.
Data do requirimento: 14 de abril de 2025.
Efectos: no prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, cómpre emendar o erro ou achegar os documentos preceptivos que figuran na relación, coa advertencia de que, de non o facer, se lles terá por desistidas da súa solicitude, de acordo co previsto no artigo 20.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de que se dite a oportuna resolución ao abeiro do artigo 21 da dita lei.
Órgano instrutor: unidade de Igualdade do Departamento Territorial de Ourense da Consellería de Política Social e Igualdade.
Relación de solicitudes suxeitas a emenda de documentación:
|
Nº expte. |
ANPA |
Documentación requirida |
|
SI449B-2025-00000002-03 |
ANPA do IES Castro Baronceli |
Anexo III.1 Deberase cumprir o artigo 24.1: como mínimo unha actividade de difusión estará dirixida directamente ás familias |
|
SI449B-2025-00000009-03 |
APA Airiña Colexio EGB Padre Feijóo de Allariz |
Anexo I.1 Cubrir o número de conta bancaria da ANPA |
|
SI449B-2025-00000011-03 |
ANPA Colexio Público Bibei de Viana do Bolo |
Anexos III.1 Punto 1: debidamente cuberto Deberase cumprir o artigo 24.1: como mínimo unha actividade de difusión estará dirixida directamente ás familias Punto 2: debidamente cuberto |
|
SI449B-2025-00000017-03 |
APA Colexio Maristas Santa María de Ourense |
Anexo II.1 debidamente cuberto e asinado (convocatoria 2025) |
|
SI449B-2025-00000019-03 |
Asociación de nais e pais do CEIP das Vendas da Barreira |
Anexo III.1 Punto 1: debidamente cuberto Deberase cumprir o artigo 24.1: como mínimo unha actividade de difusión estará dirixida directamente ás familias Punto 2: debidamente cuberto |
|
SI449B-2025-00000020-03 |
Federación ANPAS de colexios privados e concertados de Ourense |
Anexo II.1 A data do acordo da Xunta Directiva debe estar dentro do prazo de solicitude da subvención |
|
SI449B-2025-00000021-03 |
APA do grupo escolar de Seixalvo |
Anexo II.1 debidamente asinado Anexo III.1 Deberase cumprir o artigo 24.1: como mínimo, unha actividade de difusión estará dirixida directamente ás familias |
|
SI449B-2025-00000027-03 |
Asociación de familias de alumnas e alumnos Vilanova |
Anexo III.1 Deberase cumprir o artigo 24.1: como mínimo, unha actividade de difusión estará dirixida directamente ás familias |
|
SI449B-2025-00000028-03 |
ANPA do CEIP de Oímbra |
Anexo III.1 Revisar as datas na relación de actividades |
|
SI449B-2025-00000033-03 |
APA Xosé Manuel Folla Respiño |
Anexo III.1 Deberase cumprir o artigo 24.1: como mínimo, unha actividade de difusión estará dirixida directamente ás familias |
|
SI449B-2025-00000034-03 |
ANPA do CEIP A Burga |
Anexo III.1: Punto 2: cubrir o número de horas |
|
SI449B-2025-00000040-03 |
Asociación de nais e pais de alumnos/as CEIP Lansbricae |
Anexo II.1 debidamente cuberto e asinado (procedemento SI449B) Anexo III.1: Cubrir coherentemente o punto 1 e 2 Deberase cumprir o artigo 24.1: como mínimo, unha actividade de difusión estará dirixida directamente ás familias |
|
SI449B-2025-00000041-03 |
ANPA Pía da Casca do CEIP As Mercedes |
Anexo I.1 Cubrir o custo total da actuación Anexo III.1 Deberase cumprir o artigo 24.1: como mínimo, unha actividade de difusión estará dirixida directamente ás familias |
|
SI449B-2025-00000042-03 |
APA do CPI Laureano Prieto A Gudiña |
Anexo III.1 Punto 2: cubrir o número de horas |
|
SI449B-2025-00000044-03 |
AFA Limiar Manuel Sueiro |
Anexo I.1 O importe máximo da subvención a solicitar son 3.000 euros Anexo II.1 Cubrir o número de familias do centro educativo Anexo III.1 Deberase cumprir o artigo 24.1: como mínimo, unha actividade de difusión estará dirixida directamente ás familias |
|
SI449B-2025-00000045-03 |
ANPA CEIP Plurilingüe Ribadavia |
Anexo III.1 Punto 2: a data fin de realización ten que estar dentro do período subvencionable Deberase cumprir o artigo 24.1: como mínimo, unha actividade de difusión estará dirixida directamente ás familias |
|
SI449B-2025-00000046-03 |
APA CEIP Curros Enríquez de Celanova |
Anexo III.1 Deberase cumprir o artigo 24.1: como mínimo, unha actividade de difusión estará dirixida directamente ás familias |
|
SI449B-2025-00000048-03 |
APA Rosalía de Castro-Xinzo de Limia |
Anexo II.1 debidamente asinado Anexo III.1 Punto 2: debidamente cuberto Deberase cumprir o artigo 24.1: como mínimo, unha actividade de difusión estará dirixida directamente ás familias |
|
SI449B-2025-00000049-03 |
APA Os Rosais do CEIP Amadeo Rodríguez Barroso |
Anexo I.1 debidamente cuberto e asinado Anexo II.1 A data do acordo da Xunta Directiva debe estar dentro do prazo de solicitude da subvención Indicar o enderezo da páxina web Anexo III.1 Deberase cumprir o artigo 24.1: como mínimo, unha actividade de difusión estará dirixida directamente ás familias |
