DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Venres, 9 de maio de 2025 Páx. 26549

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 11 de abril de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Ferrol (expediente IN407A 2023/062-1).

Expediente: IN407A 2023/062-1.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Proxecto: Modificado ao proxecto para LMT, CT, RBT Paredón.

Concello: Ferrol.

Feitos:

1. O día 14.2.2023, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da instalación de distribución eléctrica mencionada, co obxecto de mellorar a calidade da subministración e resolver as reclamacións por caídas de tensión no lugar de Paredón.

Ao abeiro dos artigos 123 e 143 do Real decreto 1955/2000, presentan o proxecto de execución denominado Modificado ao proyecto para LMT, CT, RBT Paredón, que inclúe memoria, planos e presuposto, e que comprende os seguintes documentos:

– Modificado do proxecto para LMT, CT, RBT Paredón, asinado o 17.1.2024 por Victoriano González Lemos, enxeñeiro técnico industrial eléctrico, núm. de colexiado 2.980 de Vigo.

– Anexo ao modificado, asinado o 5.3.2025 por Victoriano González Lemos, enxeñeiro técnico industrial eléctrico, núm. de colexiado 2.980 de Vigo.

2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante un acordo publicado nos seguintes medios:

– Portal de transparencia e Goberno aberto da Consellería de Economía e Industria.

– DOG: 22.5.2023.

– BOP: 2.5.2023.

– Xornal La Voz de Galicia: 16.5.2023.

– Taboleiro de anuncios do concello: segundo certificado municipal do 27.4.2023.

3. Durante o período en que o proxecto se someteu ao trámite de información pública non se presentou ningunha alegación, reclamación nin suxestión relacionada coa documentación obxecto de publicación.

4. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, solicitouse o informe preceptivo ás distintas entidades afectadas: Concello de Ferrol e AESA.

A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos informes emitidos no prazo outorgado para ese efecto.

5. O día 31.3.2025 emitiuse o informe técnico.

Consideracións legais e técnicas:

1. O director territorial é competente para resolver este expediente, ao abeiro do disposto no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro), e no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG núm. 101, do 27 de maio).

2. Lexislación de aplicación.

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalación eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 19 de marzo).

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño).

– Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 14 de outubro).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

3. Características técnicas.

As instalacións obxecto deste expediente están situadas no concello de Ferrol e as súas características técnicas son as seguintes:

– Modificación, sen alterar a súa actual traza, do treito da liña SMR-729 rexistrado no expediente IN407A 2016/2121-1, de 160,5 metros de lonxitude en condutor tipo LA-180, comprendido entre os seus apoios nº D11 (matrícula AOEPCSW4) metálico tipo A-AL-3A/14-DC-CAIII e nº D13 (matrícula AOGAH9ON) metálico tipo A-AL-2×3A/14-DC-CAIII, consistente en:

– Substitución, respectando o seu actual emprazamento, do actual apoio nº D12 (matrícula AOFEJJKD) metálico tipo 3A/14-DC, polo novo apoio metálico de celosía tipo A-AL-C-3000/16-E30/120-CAIII en que se proxecta a instalación de dous (2) pasos aéreo-soterrados (PA/S) dotados do seu respectivo xogo de pararraios autoválvulas.

– Centro de transformación prefabricado de formigón, compacto de manobra exterior, de 250 kVA de potencia, relación de transformación 15/0,4-0,23 kV e configuración de celas 2L+1P, telecontrolado e dotado de equipamento de telexestión e cadro de baixa tensión (CBT) con catro (4) saídas, para instalar na parcela con referencia catastral 15037A002001610000PU sita no Camiño do Paredón (concello de Ferrol).

– Liña eléctrica de media tensión soterrada, a 15 kV, de 2×346 metros de lonxitude en condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3(1×240 mm² Al), coa orixe e remate nos pasos aéreo-soterrados (PA/S) para instalar no novo apoio metálico, tras entrar e saír no novo CT proxectado.

– Retensado do condutor tipo LA-180 (condutor existente) nos vans da liña SMR-729 anterior e posterior ao novo apoio metálico proxectado, de 77,9 e 82,6 metros de lonxitude, respectivamente.

4. Na visita de campo realizada para examinar o lugar da instalación non se apreciou, nos predios sometidos a expropiación, ningunha das limitacións á constitución da servidume que sinala o artigo 58.a) da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

5. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos deste departamento territorial.

Consonte con todo o sinalado,

RESOLVO:

A) Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da dita instalación de distribución eléctrica.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

B) A instalación executarase no prazo de dous anos, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. En todo caso, deberán respectarse os prazos establecidos no artigo 13.9 do Regulamento (UE) 2024/573 do Parlamento Europeo e do Consello, do 7 de febreiro de 2024, sobre os gases fluorados de efecto invernadoiro, polo que se modifica a Directiva (UE) 2019/1937, e se derroga o Regulamento (UE) nº 517/2014 (DOUE nº 573, do 20 de febreiro), sobre prohibicións para a posta en funcionamento de aparellaxe eléctrica que empregue gases fluorados de efecto invernadoiro, ou cuxo funcionamento dependa deles, nun medio illante ou de rotura.

C) Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante este departamento territorial unha solicitude á cal xuntará a seguinte documentación:

– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.

– Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.

– Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.

D) Esta autorización outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.

O incumprimento das condicións e requisitos establecidos nesta resolución ou a variación substancial dos presupostos que determinaron o seu outorgamento poderán dar lugar á súa revogación, logo de audiencia ao interesado, segundo o establecido no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da dita Lei 39/2015, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren axeitado.

Mediante este documento notifícaselles aos interesados esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015.

A Coruña, 9 de abril de 2025

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados. Termo municipal de Ferrol. Modificado LMT, CT, RBT Paredón

Nº parcela

Lugar e datos
catastrais

Cultivo

Propietario/a

Afección de solo
en pleno dominio

Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica

Centro de transformación

ml aér.

ml sot.

m² aér.

m² sot.

1

Monte Garrote

Ref. catastral:

Polígono: 2

Parcela: 161

Rústico

Agrario

José Ignacio, Ramón e Alejandra Mosquera Niebla

Centro de transformación máis acceso

31.31

Abreviacións:

ml aér.: lonxitude da servidume aérea en metros lineais.

m² aér.: superficie de servidume aérea en m².

ml sot.: lonxitude da servidume soterrada en metros lineais.

m² sot.: superficie de servidume soterrada.