DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Luns, 9 de xuño de 2025 Páx. 32126

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

EXTRACTO da Orde do 2 de xuño de 2025 pola que se amplía a dotación orzamentaria para a concesión das axudas convocadas pola Orde do 30 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e catástrofes en montes veciñais en man común e agrupacións forestais de xestión conxunta, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da política agraria común (PEPAC) 2023-2027 e se convocan para o ano 2025 (código de procedemento MR651A).

BDNS (Identif.): 810374.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da ampliación de crédito da orde de convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións:

https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatorias/810374

Primeiro. Ampliación da dotación orzamentaria

Un. Amplíase a dotación orzamentaria determinada na Orde do 30 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e catástrofes en montes veciñais en man común e agrupacións forestais de xestión conxunta, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da política agraria común, e se convocan para o ano 2025 (DOG núm. 16, do 24 de xaneiro), na aplicación orzamentaria 15.02.551B.770.0 (CP 2024 00115) por importe de 500.000,00 € na anualidade 2025 e por importe de 1.000.000,00 € na anualidade 2026.

Dous. Unha vez efectuada esta ampliación, a dotación orzamentaria total é de 5.400.000,00 € (3.000.00,00 € para a anualidade 2025 e 2.400.000,00 € para a anualidade 2026).

Segundo. Prazo de solicitudes

A ampliación prevista no artigo 1 desta orde non afecta o prazo de presentación de solicitudes establecido na Orde do 30 de decembro de 2024.

Santiago de Compostela, 2 de xuño de 2025

Mª José Gómez Rodríguez
Conselleira do Medio Rural