DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Luns, 30 de xuño de 2025 Páx. 36313

III. Outras disposicións

Axencia Instituto Enerxético de Galicia

EXTRACTO da Resolución do 26 de xuño de 2025 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao programa estatal de incentivos á mobilidade eléctrica (MOVES III_2025) (códigos de procedementos IN421Q e IN421R).

BDNS (Identif.): 842818.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeneral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións:

https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/842818

https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/842792

https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/842794

https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/842795

https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/842796

https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/842800

Os códigos asignados pola BDNS corresponden a un mesmo texto de convocatoria.

Primeiro. Beneficiarios

Para o Programa de incentivos 1 poderán ser beneficiarios os suxeitos que se enumeran no artigo 11.1 do Real decreto 266/2021 sempre que teñan a súa residencia fiscal ou un establecemento permanente no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia ou ben adquiran o vehículo nun concesionario ou punto de venda situado en Galicia. Para o Programa de incentivos 2 serán beneficiarios os suxeitos que se enumeran no artigo 11.1 do Real decreto 266/2021 cando a actuación subvencionada se desenvolva no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo. Finalidade

1. A presente resolución ten por obxecto aprobar a convocatoria de axudas correspondente a anualidade 2025 do programa estatal de incentivos á mobilidade eléctrica (MOVES III_2025) regulado polo Real Decreto-lei 3/2025, de 1 de abril, que establece as actuacións subvencionables recollidas no artigo 13 do Real Decreto 266/2021, de 13 de abril, e esténdese retroactivamente ás solicitudes presentadas desde o 1 de xaneiro de 2025. Igualmente, establécense os procedementos de adhesión das entidades colaboradoras (código IN421Q) e de presentación de solicitudes (código IN421R), reactivando para MOVES III_2025 a estrutura de adhesión prevista na Resolución do Inega de 26 de xullo de 2021 agás as excepcións expresamente previstas nesta resolución.

2. Convócanse axudas para as seguintes actuacións subvencionables no marco do MOVES III_2025:

Programa de incentivos 1: Adquisición de vehículos eléctricos “enchufables” e de pila de combustible (en adiante Adquisición de vehículos eléctricos).

Programa de incentivos 2: Implantación de infraestrutura de recarga de vehículos eléctricos.

Terceiro. Bases reguladoras

1. As axudas obxecto de esta convocatoria estarán sometidas ó disposto no Real Decreto lei 3/2025, de 1 de abril, polo que se establece o programa de incentivos ligados á mobilidade eléctrica (MOVES III) para o ano 2025 (en adiante MOVES III_2025).

2. A presente convocatoria rexerase polo establecido na Resolución da dirección do Inega de 26 de xullo de 2021 (códigos de procedemento IN421Q e IN421R) agás naqueles aspectos que se dispoñan expresamente de forma distinta na presente resolución.

Cuarto. Importe

1. As subvencións previstas nesta convocatoria financiaranse con cargo ós orzamentos do Inega, distribuídos plurianualmente segundo a táboa seguinte. O importe total asignado a esta convocatoria ascende a 19.636.965,35 €.

Importe 2025 (€)

Importe 2026 (€)

TOTAL (€)

9.000.000,00

10.636.965,35

19.636.965,35

O orzamento por partida e anualidade redistribuírase tendo en conta as solicitudes rexistradas conforme ao establecido no artigo 31 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia entre as seguintes partidas: 09.A3.733A.703.1, 09.A3.733A.745.4, 09.A3.733A.744.2, 09.A3.733A.762.1, 09.A3.733A.772.1 e 09.A3.733A.782.1.

2. O crédito máximo segundo a tipoloxía de proxecto será o seguinte:

Tipo de actuación

Orzamento total (€)

Programa de incentivos 1: Adquisición de vehículos eléctricos (60 %)

11.782.179,21

Programa de incentivos 2: Implantación de infraestrutura de recarga de vehículos eléctricos (40 %)

7.854.786,14

Total

19.636.965,35

3. A concesión das axudas queda condicionada ao efectivo financiamento por parte do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico, no marco do Plan MOVES III para o ano 2025.

Quinto. Contía da axuda

A contía das axudas para cada unha das actuacións subvencionables está recollida no anexo III do Real Decreto 266/2021, de 13 de abril, polo que se regula o programa de incentivos ligados á mobilidade eléctrica (MOVES III).

Sexto. Prazo de presentación de solicitudes de adhesión –IN421Q– e de solicitudes de axuda –IN421R–

As entidades colaboradoras actualmente adheridas ao MOVES III consideraranse automaticamente integradas no MOVES III_2025, sen necesidade de presentar nova solicitude.

O prazo de presentación de solicitudes de adhesión das entidades colaboradoras (código de procedemento IN421Q) comezará o día hábil seguinte á publicación no DOG da presente convocatoria e finalizará o 31 de decembro de 2025, data na que remata a vixencia do MOVES III_2025 en Galicia.

O prazo de presentación de solicitudes de axuda (código de procedemento IN421R) comezará o oitavo (8º) día natural seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, ás 9.00 horas e rematará o 31 de decembro de 2025. Sen prexuízo do anterior, e en cumprimento do disposto no artigo 2 do Real decreto lei 3/2025, consideraranse válidas e tidas por presentadas no marco do MOVES III_2025 aquelas solicitudes rexistradas na aplicación informática do MOVES III a partir do 1 de xaneiro de 2025.

Sétimo. Prazos de execución e xustificación das actuación

O prazo máximo de xustificación das actuacións finaliza o 31 de decembro de 2026.

Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2025

Pablo Fernández Vila
Director da Axencia Instituto Enerxético de Galicia