DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Mércores, 9 de xullo de 2025 Páx. 38265

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

EXTRACTO da Orde do 8 de xullo de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para o período 2025-2027 e se procede á primeira convocatoria de subvencións en réxime de concorrencia non competitiva para o financiamento de accións formativas do Sistema de formación profesional dos graos A, B e C, para persoas traballadoras desempregadas, para os anos 2025-2026 (código de procedemento TR301K).

BDNS (Identif.): 844676.

De conformidade co previsto na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións:

https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/844676

Primeiro. Obxecto, finalidade e ámbito de aplicación

1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e as condicións polas que se rexerán, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, as convocatorias públicas para a execución das accións formativas do Sistema de formación profesional dos graos A, B e C, para persoas traballadoras desempregadas xestionadas pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración (procedemento TR301K), a través dos seus departamentos territoriais.

2. As subvencións que se concedan ao abeiro do disposto nesta orde de bases reguladoras terán como finalidade o financiamento das especialidades formativas relacionadas no anexo III de cada convocatoria, e estarán dirixidas á adquisición e mellora de competencias profesionais con impacto no mercado laboral conducentes a unha formación total ou parcial incluída nun certificado profesional.

3. As bases reguladoras terán vixencia temporal para o período 2025-2027. Coa publicación desta orde realízase a súa primeira convocatoria para os anos 2025-2026.

Segundo. Entidades beneficiarias

Poderán solicitar e obter a condición de beneficiarias das subvencións reguladas nestas bases as entidades e centros de formación que, con anterioridade á data de presentación da solicitude, estean acreditados para impartiren no ámbito da Comunidade Autónoma as ofertas formativas do Sistema de formación profesional dos graos A, B e C para as cales soliciten subvención, xa sexa na modalidade presencial ou virtual, entendida esta última como modalidade de teleformación.

As entidades deberán dispor, no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia, das instalacións debidamente acreditadas que permitan a impartición das actividades presenciais das accións formativas solicitadas.

As entidades que soliciten impartir a formación na modalidade virtual deberán contar con autorización previa para a impartición destas ofertas na modalidade presencial.

Caso de contar coa autorización para impartir a oferta presencial, deberá garantirse que se dispón dos espazos e recursos necesarios para a súa realización ou, de ser o caso, deberá formalizarse un convenio ou acordo público cun centro de formación profesional localizado na Comunidade Autónoma de Galicia que, estando acreditado na data de presentación da solicitude para impartir as referidas ofertas na modalidade presencial, garanta a realización das actividades de carácter presencial durante todo o tempo de duración da acción formativa, incluídas as probas finais de cada módulo profesional. Os ditos centros non se poderán modificar durante o desenvolvemento da acción formativa.

Terceiro. Destinatarios da formación

Ademais das persoas traballadoras desempregadas, poderán participar nas accións formativas da primeira convocatoria as persoas traballadoras ocupadas, ata un límite do 30 % do número de persoas participantes na acción formativa.

Cuarto. Accións formativas

A acción formativa está constituída polo contido específico da especialidade formativa a impartir e polos módulos formativos transversais a que se refire a orde de bases.

Quinto. Determinación da subvención

O réxime de concesión e xustificación da subvención será a través de módulos económicos, segundo o previsto no Regulamento da Lei de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

O anexo III da convocatoria incluirá a contía dos módulos económicos específicos establecidos como límite máximo a solicitar para cada especialidade formativa e de acordo co disposto no artigo 3 e no anexo I da Orde EFP/942/2022.

Para os efectos do previsto nesta orde, enténdese por módulo económico o custo por participante e hora de formación que poderá ser obxecto de financiamento público.

Sexto. Financiamento da primeira convocatoria

Destínase a esta primeira convocatoria un crédito por importe total de 50.000.000,00 €, distribuído en dúas anualidades, que se imputará con cargo ás aplicacións orzamentarias que a seguir se relacionan, ou aquelas que as substitúan de conformidade coa normativa orzamentaria aplicable, con código de proxecto 2021 00149. Esta aplicación está financiada con fondos finalistas transferidos polo Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes.

Aplicación orzamentaria

Entidades que financia

Anualidade 2025

Anualidade 2026

Importe total

14.03.323A.460.1

Entidades locais

1.701.000,00 €

1.134.000,00 €

2.835.000,00 €

14.03.323A.471.0

Empresas

22.089.000,00 €

14.726.000,00 €

36.815.000,00 €

14.03.323A.481.0

Entidades sen ánimo de lucro

6.210.000,00 €

4.140.000,00 €

10.350.000,00 €

Total

30.000.000,00 €

20.000.000,00 €

50.000.000,00 €

Sétimo Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes, contado desde o día da entrada en vigor da orde establecido na disposición derradeira segunda, estará aberto ata o día 30 de novembro de 2025 ou, de ser o caso, ata que se esgote o crédito orzamentario dispoñible.

Oitavo. Forma e lugar de presentación das solicitudes

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario electrónico normalizado dispoñible na aplicación SIFO, anexo I, accesible a través da sede electrónica da Xunta de Galicia no enderezo https://sede.xunta.gal ou na ligazón directa https://emprego.xunta.es/sifo-solicitudes

Noveno. Prazos de execución e xustificación da primeira convocatoria

Na solicitude, as entidades deberán indicar a data prevista de inicio da acción formativa. En todo caso, as accións formativas deberán comezar no prazo máximo de 3 meses contados desde a data de notificación da resolución de concesión, e requirirán a validación previa do persoal técnico da unidade administrativa competente, a través da aplicación informática SIFO.

A data límite para o remate das accións formativas será o 31 de agosto de 2026.

A xustificación das accións formativas do expediente deberá realizarse a través da aplicación informática SIFO e coa data límite para a presentación da xustificación final do 15 de setembro de 2026.

Santiago de Compostela, 8 de xullo de 2025

José González Vázquez
Conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración