O 7 de abril de 2025 publícase no Diario Oficial de Galicia núm. 67 a Orde do 25 de marzo de 2025 pola que se regula o procedemento de concesión dos Premios Galicia de Acción Voluntaria 2025 e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento BS508D).
De conformidade co artigo 15 da citada orde, o órgano competente para resolver será a persoa titular da dirección xeral competente en materia de voluntariado, por delegación da persoa titular da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude.
Así mesmo, o seu artigo 18 establece que se publicarán no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os actos administrativos e a correspondente resolución deste procedemento. Esta publicación producirá os efectos de notificación.
Por todo o exposto,
RESOLVO:
Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 7 de xullo de 2025, de concesión dos Premios Galicia de Acción Voluntaria, ao abeiro da Orde do 25 de marzo de 2025 pola que se regula o procedemento de concesión dos Premios Galicia de Acción Voluntaria 2025 e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento BS508D), que se incorpora como anexo.
Segundo. Comunicar que a Resolución do 7 de xullo de 2025 esgota a vía administrativa e contra ela pode interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Non obstante, poderá interpoñerse potestativamente recurso de reposición, ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, de acordo co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 8 de xullo de 2025
Lara del Carmen Meneses Álvarez
Directora xeral de Xuventude
ANEXO
Resolución do 7 de xullo de 2025 dos Premios Galicia de Acción Voluntaria, ditada no procedemento BS508D, ao abeiro da Orde do 25 de marzo de 2025 pola que se regula o procedemento de concesión dos Premios Galicia de Acción Voluntaria 2025 e se procede á súa convocatoria para o ano 2025.
A Orde da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, do 25 de marzo de 2025, pola que se regula o procedemento de concesión dos Premios Galicia Acción Voluntaria 2025 e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (DOG núm. 67, do 7 de abril), establece as bases reguladoras que rexen a concesión dos indicados Premios Galicia de Acción Voluntaria.
O artigo 2 da orde sinala que os Premios Galicia de Acción Voluntaria constan de 3 modalidades:
a) Premio persoa voluntaria do ano na modalidade individual, para as persoas físicas.
b) Premio entidade de acción voluntaria do ano na modalidade colectiva, para as entidades de acción voluntaria inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia.
c) Premio mellor proxecto de acción voluntaria que corresponderá a aqueles proxectos elaborados por entidades de acción voluntaria inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia, vinculados a áreas de especial interese e que supoñan unha innovación social para a nosa Comunidade Autónoma.
Outorgarase un premio en cada unha das modalidades establecidas, cuxa dotación económica será de 4.000 euros por modalidade, de conformidade co artigo 3 da orde de convocatoria.
Consonte o establecido nos artigos 7 e 8 da orde de convocatoria presentáronse un total de 16 solicitudes de participación, distribuídas do seguinte xeito:
• Na modalidade individual para persoas físicas: 3 solicitudes.
• Na modalidade colectiva para entidades de acción voluntaria: 6 solicitudes.
• Na modalidade de mellor proxecto de acción voluntaria do ano: 7 solicitudes.
O artigo 13 da orde de convocatoria prevé a constitución dun xurado para o exame e a valoración dos expedientes, designado para o efecto mediante a resolución da persoa titular da dirección xeral con competencias en materia de voluntariado, que será quen desempeñe a súa presidencia.
O artigo 12 da orde sinala que o órgano instrutor do procedemento será o órgano competente en materia de voluntariado e participación da dirección xeral con competencias en materia de voluntariado. De acordo co citado artigo, unha vez completos os expedientes, o Servizo de Voluntariado e Participación, como órgano instrutor do procedemento, remitiu ao xurado as candidaturas en cada unha das modalidades para a súa valoración, conforme os criterios recollidos no artigo 14.
O día 25 de xuño de 2025, o xurado emitiu o informe proposta das candidaturas premiadas para cada unha das modalidades, de acordo co prescrito no artigo 14 da orde reguladora.
Con base no anterior e conforme o sinalado no artigo 15 da orde, á vista do expediente e do informe co resultado da valoración do xurado, o día 25 de xuño de 2025 o Servizo de Voluntariado e Participación, como órgano instrutor do procedemento, propuxo que se resolvese a quinta convocatoria dos Premios Galicia de Acción Voluntaria 2025 nos termos propostos polo xurado.
Á vista do exposto, tendo en conta as dispoñibilidades orzamentarias e atribuída a competencia para resolver, por delegación do conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, segundo o disposto no artigo 15 e na disposición derradeira segunda da orde de convocatoria,
RESOLVO:
Primeiro. Conceder os premios da quinta convocatoria dos Premios Galicia de Acción Voluntaria ás seguintes candidaturas, dado que obtiveron en cada modalidade a maior puntuación por parte do xurado, consonte os criterios recollidos no artigo 14 da orde de convocatoria:
• Premio persoa voluntaria do ano na modalidade individual para as persoas físicas, cunha puntuación de 65 puntos e dotado de 4.000 euros, para María Goretti Paz González, co NIF **3849***, dada a súa traxectoria e participación en diferentes áreas de actuación acreditadas no ámbito do voluntariado.
• Premio entidade de acción voluntaria do ano, na modalidade colectiva, cunha puntuación de 65 puntos e dotado de 4.000 euros, á Asociación Socio Cultural Boanoite, con CIF G70180161, pola súa labor de acompañamento, visibilización e dignificación das persoas en situación de senfogarismo e vulnerabilidade.
• Premio ao mellor proxecto de acción voluntaria do ano, cunha puntuación de 50 puntos e dotado de 4.000 euros, á Fundación Abrente, con CIF G70397849, polo seu proxecto Voluntariado para a inclusión, cuxo enfoque está centrado en mellorar a autonomía e o empoderamento persoal das persoas con diversidade funcional.
Segundo. As persoas físicas e xurídicas premiadas deberán cumprir coas obrigas previstas no artigo 17 da Orde do 25 de marzo de 2025.
Terceiro. A presente resolución esgota a vía administrativa e contra ela pode interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa notificación.
Non obstante, poderá interpoñerse potestativamente recurso de reposición, ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, de acordo co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Cuarto. A publicación desta resolución producirá os efectos de notificación, nos termos establecidos no artigo 18 da Orde do 25 de marzo de 2025 e no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 7 de xullo de 2025. O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude. P.D. (Artigo 15.2 e disposición derradeira segunda da Orde do 25.3.2025; DOG núm. 67, do 7 de abril). Lara del Carmen Meneses Álvarez, directora xeral de Xuventude.
