O 5 de maio de 2025 publicouse no Diario Oficial de Galicia número 84 a Orde do 30 de abril de 2025 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas do programa Galicia Investiga Igualdade para o apoio á etapa predoutoral nas universidades do Sistema universitario de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2025 (código de procedemento SI455A).
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2025 das axudas para a posta en marcha do programa Galicia Investiga Igualdade, da Consellería de Política Social e Igualdade, en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva. O obxecto deste programa é apoiar a etapa predoutoral e outorgarlles axudas ás universidades públicas do Sistema universitario de Galicia que contraten persoas tituladas superiores para a súa formación nos seus centros como doutoras e doutores en calquera das áreas de coñecemento e que leven a cabo proxectos de investigación en materia de igualdade e xénero.
As subvencións obxecto desta convocatoria impútanse á aplicación orzamentaria 08.07.313B.444.0, proxecto de gasto 2025 00056, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025, por un importe total dun millón cento noventa e catro mil euros (1.194.000,00 euros), coa seguinte distribución por anos:
|
2025 |
2026 |
2027 |
2028 |
2029 |
Total |
|
30.500,00 |
256.000,00 |
316.500,00 |
267.250,00 |
323.750,00 |
1.194.000,00 |
Durante a fase de instrución das solicitudes recibidas na Dirección Xeral de Promoción da Igualdade, e unha vez feitas as emendas e comprobado o cumprimento dos requisitos establecidos, estas foron remitidas á Comisión de Selección, órgano creado no artigo 11.1.
O órgano instrutor, tras a baremación e á vista do informe realizado pola Comisión de Selección, formulou a proposta de resolución que, como establece o artigo 12.1, elevou ao órgano competente, a Dirección Xeral de Promoción da Igualdade, que, en virtude da competencia delegada na disposición adicional segunda para resolver os procedementos de concesión, emitiu a correspondente resolución o 22 de xullo de 2025.
Segundo o artigo 12.2, a resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia e no portal web de Igualdade (https://igualdade.xunta.gal/), e mediante ela entenderanse notificadas, para todos os efectos, as persoas solicitantes, de conformidade co artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Polo exposto,
RESOLVO:
Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 22 de xullo de 2025, ditada ao abeiro da Orde do 30 de abril de 2025 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas do programa Galicia Investiga Igualdade para o apoio á etapa predoutoral nas universidades do Sistema universitario de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2025 (código de procedemento SI455A), e que se xunta con esta resolución no anexo.
Segundo. Comunicar que a Resolución do 22 de xullo de 2025 pon fin á vía administrativa e que contra ela poderá interporse o recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que ditou a resolución, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou directamente o recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Non se pode interpor o recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición interposto.
Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2025
María Quintiana Pérez
Directora xeral de Promoción da Igualdade
ANEXO
Resolución do 22 de xullo de 2025 que pon fin ao procedemento de concesión das subvencións convocadas mediante a Orde do 30 de abril de 2025 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas do programa Galicia Investiga Igualdade para o apoio á etapa predoutoral nas universidades do Sistema universitario de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2025 (código de procedemento SI455A)
Antecedentes:
Primeiro. O 5 de maio de 2025 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Orde do 30 de abril de 2025 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas do programa Galicia Investiga Igualdade para o apoio á etapa predoutoral nas universidades do Sistema universitario de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2025 (código de procedemento SI455A).
Segundo. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2025 das axudas para a posta en marcha do programa Galicia Investiga Igualdade, da Consellería de Política Social e Igualdade, en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva. O obxecto deste programa é apoiar a etapa predoutoral e outorgarlles axudas ás universidades públicas do Sistema universitario de Galicia (en diante, SUG) que contraten persoas tituladas superiores para a súa formación nos seus centros como doutoras e doutores en calquera das áreas de coñecemento e que leven a cabo proxectos de investigación en materia de igualdade e xénero.
Terceiro. No artigo 2.1 da orde de convocatoria determínase que entidades poden ser beneficiarias e no artigo 2.4 os requisitos que deben cumprir as persoas candidatas a estas axudas.
Cuarto. De acordo co establecido no artigo 9 da convocatoria, unha vez analizadas as solicitudes, publicáronse as listas provisionais de solicitudes admitidas e excluídas e as entidades solicitantes tiveron un prazo de dez días hábiles para formular reclamacións co fin de emendar erros e a falta de documentos das persoas interesadas ante a Dirección Xeral de Promoción da Igualdade. Unha vez que se recibiu e se examinou esta documentación, o 4 de xullo de 2025 publicouse a lista definitiva de solicitudes admitidas e excluídas.
Quinto. As solicitudes admitidas foron valoradas seguindo os criterios de valoración establecidos no artigo 10. O resultado desta avaliación entregóuselle á Comisión de Selección definida no artigo 11 da orde de convocatoria, quen na súa reunión do día 17 de xullo de 2025 elaborou un informe para o órgano instrutor no cal figuran as entidades beneficiarias, xunto coa prelación das persoas candidatas a seren destinatarias das axudas, e a lista de agarda para posibles substitucións.
Sexto. De acordo co establecido no artigo 12.2, as resolucións que procedan ao abeiro desta orde ditaraas a persoa titular da Dirección Xeral de Promoción da Igualdade, quen actuará por delegación da persoa titular da Consellería de Política Social e Igualdade, logo da proposta do órgano instrutor e, no caso de que o seu contido sexa a concesión da subvención, tras a súa fiscalización pola Intervención delegada.
Sétimo. Segundo o artigo 12.2, a resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia e no portal web de Igualdade (https://igualdade.xunta.gal/), e mediante ela entenderanse notificadas, para todos os efectos, as persoas solicitantes, de conformidade co artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Por todo o anterior, tras o informe de baremación e a proposta emitida polo órgano instrutor, unha vez fiscalizado o gasto de conformidade pola Intervención Delegada, a directora xeral de Promoción da igualdade, en virtude da competencia delegada na disposición adicional segunda para resolver os procedementos de concesión,
RESOLVE:
Primeiro. Conceder as axudas de apoio á etapa predoutoral do programa Galicia Investiga Igualdade convocadas pola Orde do 30 de abril de 2025 ás universidades do Sistema universitario de Galicia que contraten as persoas seleccionadas que se relacionan no anexo I desta resolución, no cal se reflicte tamén a zona de estadía concedida.
Segundo. Establecer unha lista de espera para determinar posibles substitucións, que se inclúe no anexo II desta resolución, na cal figuran por orde decrecente de puntuación as solicitudes que non acadaron a puntuación suficiente para seren adxudicatarias da axuda.
Terceiro. As axudas concedidas financiaranse con cargo á aplicación orzamentaria 08.07.313B.444.0, proxecto de gasto 2025 00056, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025 e anos sucesivos, de acordo coa seguinte distribución:
|
Universidade |
Nº de axudas |
Anualidade 2025 |
Anualidade 2026 |
Anualidade 2027 |
Anualidade 2028 |
Anualidade 2029 |
Total |
|
A Coruña |
3 |
9.150,00 |
76.800,00 |
86.950,00 |
80.175,00 |
97.125,00 |
350.200,00 |
|
Santiago |
4 |
12.200,00 |
102.400,00 |
118.600,00 |
106.900,00 |
129.500,00 |
469.600,00 |
|
Vigo |
3 |
9.150,00 |
76.800,00 |
92.950,00 |
80.175,00 |
97.125,00 |
356.200,00 |
|
Totais |
10 |
30.500,00 |
256.000,00 |
298.500,00 |
267.250,00 |
323.750,00 |
1.176.000,00 |
Cuarto. Informar as entidades e persoas beneficiarias que figuran no anexo I desta resolución do seguinte:
1. As universidades beneficiarias deberán remitirlle á Dirección Xeral de Promoción da Igualdade un escrito de aceptación da axuda no prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia, e vincularán as persoas seleccionadas e as entidades beneficiarias mediante a formalización do correspondente contrato.
2. A data de comezo dos contratos será o día 1 de setembro de 2025. A duración do contrato que asinen as universidades coas persoas seleccionadas non poderá ser inferior a un ano nin exceder os catro, de conformidade co artigo 21.c) da Lei 14/2011, do 1 de xuño, da ciencia, a tecnoloxía e a innovación. Se se concerta un contrato de duración inferior a catro anos, poderá prorrogarse sucesivamente sen que, en ningún caso, as prórrogas poidan ter unha duración inferior a un ano. Sen prexuízo do anterior, no suposto de que a persoa investigadora xa estivese contratada baixo esta modalidade e o tempo que reste ata o máximo de catro anos sexa inferior a un ano, poderá concertarse o contrato ou a súa prórroga polo tempo que falte ata os catro anos.
3. Nos contratos deberá facerse referencia expresa:
a) Ao seu financiamento con cargo ás axudas do programa Galicia Investiga Igualdade da Consellería de Política Social e Igualdade para o apoio á etapa predoutoral.
b) Á data de incorporación efectiva da persoa contratada ao seu posto de traballo.
c) Á retribución bruta anual, ao lugar de prestación do servizo e á duración do contrato, que deberá ser con dedicación a tempo completo.
A non formalización do contrato dentro do prazo previsto considerarase unha renuncia tácita á axuda.
4. No caso de que a persoa contratada obteña o título de doutoramento, poderá acceder, dentro do contrato predoutoral, a un período de orientación posdoutoral por un período máximo de doce (12) meses, nos termos establecidos no artigo 13.1.
5. As estadías de tres meses de duración no estranxeiro deberán axustarse aos termos establecidos no artigo 13.2.
6. De acordo co establecido no artigo 17.2, os contratos que se formalicen con cargo a estas axudas serán incompatibles con outras axudas ou subvencións que teñan a mesma finalidade e, en xeral, coa percepción de calquera contía que teña natureza salarial. Non obstante, a persoa contratada poderá recibir bolsas que se convoquen para cubrir algunha das accións formativas que vaia realizar segundo o seu proxecto (asistencia a reunións, congresos, seminarios e cursos de especialización ou estadías noutros centros para aprender ou intercambiar técnicas de investigación).
7. As entidades beneficiarias e contratantes das persoas seleccionadas serán as encargadas de presentar as xustificacións correspondentes e serán as perceptoras dos fondos para o pagamento dos contratos, nos termos e prazos establecidos no artigo 16.
8. As entidades contratantes deberán cumprir coas obrigas establecidas no artigo 21.1. Así mesmo, as persoas contratadas mediante estas axudas teñen as obrigas e os dereitos establecidos no artigo 21.2.
9. No artigo 19 («Resolución, reintegros e sancións») establécense os criterios de gradación dos posibles incumprimentos que determinan, de ser o caso, a perda do dereito ao cobramento da subvención, a minoración da cantidade concedida ou, de ser o caso, o reintegro total ou parcial da axuda percibida.
Quinto. Notificarlles ás persoas interesadas esta resolución, de acordo co disposto no artigo 40 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Esta resolución esgota a vía administrativa e contra ela poderá interporse recurso potestativo de reposición ante a directora xeral de Promoción da Igualdade no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente un recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contado desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Non se poderá interpor o recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición interposto.
Santiago de Compostela, 22 de xullo de 2025
A conselleira de Política Social e Igualdade
P.D. (Disposición adicional segunda da Orde do 30.4.2025;
DOG núm. 84, do 5 de maio)
María Quintiana Pérez
Directora xeral de Promoción da Igualdade
ANEXO I
Concesións
Universidade da Coruña
|
Nº de expediente |
Persoa candidata |
NIF da persoa candidata |
Zona de estadía |
Rama de coñecemento |
Puntuación total |
|
SI455A-2025-00000030-00 |
María Isabel Rodríguez Doldán |
****3849* |
1 |
Ciencias Sociais e Xurídicas |
80,1712 |
|
SI455A-2025-00000025-00 |
Cristina Varela Pombo |
****4728* |
2 |
Ciencias |
58,8678 |
|
SI455A-2025-00000029-00 |
Rebeca Rodríguez Raposo |
****3216* |
2 |
Ciencias Sociais e Xurídicas |
72,2783 |
Universidade de Santiago de Compostela
|
Nº de expediente |
Persoa candidata |
NIF da persoa candidata |
Zona de estadía |
Rama de coñecemento |
Puntuación total |
|
SI455A-2025-00000017-00 |
Ángela Villamuelas Castro |
****9622* |
2 |
Artes e Humanidades |
78,7776 |
|
SI455A-2025-00000015-00 |
Claudia Miragaya Rico |
****6048* |
2 |
Artes e Humanidades |
76,8350 |
|
SI455A-2025-00000001-00 |
Cristian David López Ushakov |
****7802* |
2 |
Artes e Humanidades |
73,6781 |
|
SI455A-2025-00000009-00 |
Noelia Martínez Souto |
****0416* |
2 |
Ciencias Sociais e Xurídicas |
72,4516 |
Universidade de Vigo
|
Nº de expediente |
Persoa candidata |
NIF da persoa candidata |
Zona de estadía |
Rama de coñecemento |
Puntuación total |
|
SI455A-2025-00000007-00 |
Alba Zels Garrido |
****1757* |
3 |
Artes e Humanidades |
80,1915 |
|
SI455A-2025-00000021-00 |
Irune Fernández Rodríguez |
****5528* |
2 |
Enxeñaría e Arquitectura |
48,8255 |
|
SI455A-2025-00000020-00 |
Marinha Paradelo Veiga |
****0263* |
3 |
Artes e Humanidades |
75,4995 |
ANEXO II
Lista de espera
|
Orde da lista espera |
Nº de expediente |
Entidade |
Persoa candidata |
NIF da persoa candidata |
Zona de estadía |
Rama de coñecemento |
Puntuación total |
|
1 |
SI455A-2025-00000026-00 |
USC |
Elena Gutiérrez Díaz |
****2095* |
3 |
Ciencias Sociais e Xurídicas |
72,0190 |
|
2 |
SI455A-2025-00000005-00 |
Uvigo |
Jorge Domínguez Pavón |
****3883* |
2 |
Ciencias Sociais e Xurídicas |
71,0587 |
|
3 |
SI455A-2025-00000006-00 |
Uvigo |
Aldara Vázquez Estévez |
****8727* |
2 |
Artes e Humanidades |
70,9160 |
|
4 |
SI455A-2025-00000018-00 |
Uvigo |
Jennifer Rodríguez Gómez |
****8597* |
1 |
Ciencias Sociais e Xurídicas |
69,5981 |
|
5 |
SI455A-2025-00000004-00 |
USC |
Miguel Alcalde Silveira |
****6268* |
2 |
Artes e Humanidades |
69,3690 |
|
6 |
SI455A-2025-00000019-00 |
Uvigo |
Branca Trigo Cabaleiro |
****8517* |
3 |
Artes e Humanidades |
69,1384 |
|
7 |
SI455A-2025-00000013-00 |
USC |
Lorena Miranda Iglesias |
****6443* |
3 |
Ciencias Sociais e Xurídicas |
68,0209 |
|
8 |
SI455A-2025-00000016-00 |
USC |
Carolina Morales Morales |
****5674* |
3 |
Ciencias Sociais e Xurídicas |
64,8209 |
|
9 |
SI455A-2025-00000008-00 |
USC |
José Manuel Llopis Piquero |
****5170* |
2 |
Artes e Humanidades |
64,4458 |
|
10 |
SI455A-2025-00000011-00 |
USC |
Claudia Pena Expósito |
****2586* |
2 |
Ciencias Sociais e Xurídicas |
54,3374 |
|
11 |
SI455A-2025-00000024-00 |
Uvigo |
Belén Portas Núñez |
****8066* |
3 |
Ciencias Sociais e Xurídicas |
54,1560 |
|
12 |
SI455A-2025-00000003-00 |
USC |
Iris Iglesias Segade |
****4256* |
1 |
Artes e Humanidades |
51,8960 |
