No Diario Oficial de Galicia número 66, do 4 de abril de 2025, publícase a Orde do 24 de marzo de 2025, da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, coas bases reguladoras das subvencións para entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no programa Voluntariado sénior e a súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento BS508C).
De conformidade co artigo 14 da antedita orde, a resolución do procedemento de axuda, logo da fiscalización da proposta facendo uso das competencias conferidas no artigo 7.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, correspóndelle á directora xeral de Xuventude, por delegación da persoa titular da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude.
Así mesmo, o artigo 15 da mesma orde establece que se publicará no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, entre outras, a correspondente resolución deste procedemento. Esta publicación producirá os efectos de notificación.
No artigo 6.6 da orde establécese que, unha vez distribuído e esgotado o crédito, aquelas solicitudes que non obtivesen axuda, aínda que teñan cincuenta ou máis puntos, entrarán nunha lista de reserva por se algunha das concedidas renuncia.
Con data do 21 de xullo de 2025 ditouse a resolución de concesión de subvencións respecto das axudas convocadas ao abeiro da Orde do 24 de marzo de 2025, publicada no Diario Oficial de Galicia número 144, do 30 de xullo.
Debido á renuncia á subvención concedida dunha entidade de acción voluntaria e a súa aceptación, liberouse crédito comprometido na aplicación orzamentaria 13.05.312F.481.0 na cantidade de 2.400,00 €.
Como consecuencia do exposto e ao abeiro do establecido no referido artigo 6, ditouse unha nova resolución o 26 de agosto de 2025 pola que se concede a subvención á primeira entidade de acción voluntaria relacionada na lista de reserva do anexo III da Resolución do 21 de xullo de 2025.
Por todo o exposto,
RESOLVO:
Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 26 de agosto de 2025, de concesión complementaria para o procedemento BS508C de axudas para entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no programa Voluntariado sénior, como anexo desta resolución.
Segundo. Comunicar que a Resolución do 26 de agosto de 2025 esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Terceiro. Notificada a resolución polo órgano competente, as entidades beneficiarias disporán dun prazo de 10 días computado a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia para a súa aceptación, transcorrido o cal sen que se producise manifestación expresa se entenderá tacitamente aceptada.
Santiago de Compostela, 27 de agosto de 2025
Lara del Carmen Meneses Álvarez
Directora xeral de Xuventude
ANEXO
Resolución do 26 agosto de 2025 ditada no procedemento BS508C de concesión de axudas para entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no programa Voluntariado sénior
Con data do 21 de xullo de 2025 ditouse a primeira resolución de concesión de subvencións respecto das axudas convocadas ao abeiro da Orde do 24 de marzo de 2025 pola que se regulan as bases que rexerán as subvencións para entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no programa Voluntariado sénior e se procede á súa convocatoria para o ano 2025. A resolución publicouse no Diario Oficial de Galicia o 30 de xullo de 2025 (DOG núm. 144).
O artigo 6.6 da orde de convocatoria establece que: «Unha vez distribuído e esgotado o crédito, aquelas solicitudes que non obtivesen axuda, aínda que teñan cincuenta ou máis puntos, entrarán nunha lista de reserva, por se algunha das concedidas renuncia».
O artigo 12.2 regula a Comisión de Valoración que valorará e seleccionará as solicitudes consonte cos criterios establecidos no artigo 13 e emitirá un informe no cal se concrete o resultado da avaliación efectuada, consonte o establecido no artigo 14.1. O 30 de xuño de 2025 a Comisión de Avaliación procedeu ao estudo e avaliación dos proxectos presentados.
Emitido o informe coa valoración dos proxectos presentados, o Servizo de Voluntariado e Participación, órgano instrutor do procedemento, emite de conformidade co disposto no artigo 14 da orde de convocatoria a proposta de Resolución o 11 de xullo de 2025. Estableceuse unha lista de reserva de acordo co artigo 6.6 da orde de convocatoria.
A contía global da convocatoria recollida no artigo 5 das bases da convocatoria é de 97.600,00 € dos que 42.600,00 € corresponden a entidades locais con cargo a aplicación orzamentaria 13.05.312F.460.0 e 55.000,00 corresponden a entidades de acción voluntaria na aplicación 13.05.312F.481.0.
Debido á renuncia á subvención de entidades de acción voluntaria, liberouse crédito comprometido na aplicación orzamentaria 13.05.312F.481.0 na cantidade de 2.400,00 €.
Polo anterior,
RESOLVO:
Primeiro. Aceptar a seguinte renuncia da lista de entidades beneficiarias:
|
Orde prelación |
Expediente |
Solicitante |
NIF |
Puntos |
Orzamento concedido |
|
14 |
2025/016 |
Asociación de Colaboración y Promoción del Sordo, Acopros |
G15048762 |
54,75 |
2.400,00 € |
Segundo. Conceder á seguinte entidade da lista de reserva a subvención convocada pola Orde do 24 de marzo de 2025 con cargo á aplicación orzamentaria 13.05.312F.481.0 (entidades de acción voluntaria):
|
Orde prelación |
Expediente |
Solicitante |
NIF |
Puntos |
Orzamento concedido |
|
1 |
2025/002 |
Asociación Xuvenil Amencer |
G32025405 |
51,14 |
2.400,00 € |
Terceiro. As axudas concedidas condicionaranse ao cumprimento de todas as obrigas establecidas na Orde do 24 de marzo de 2025 e, especialmente, ás establecidas no artigo 20.
A xustificación das subvencións realizarase de acordo co establecido no artigo 17 da convocatoria.
Así mesmo, o pagamento das axudas realizaranse de acordo co previsto no artigo 19 da mesma convocatoria.
Cuarto. Establecer a lista de reserva que se recolle no anexo III, de acordo co artigo 6.6.
Quinto. Esta resolución que finaliza o procedemento esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 26 de agosto de 2025. O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude. P.D. (Artigo 14 e disposición adicional segunda da Orde do 24.3.2025). Lara del Carmen Meneses Álvarez. Directora xeral de Xuventude.
