DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Luns, 29 de setembro de 2025 Páx. 51392

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 8 de setembro de 2025, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se publica a resolución que aproba o deslindamento parcial realizado entre as comunidades de montes veciñais en man común (CMVMC) de Belesar e Bahiña (Baiona) (expediente DC22128).

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra resolveu na súa reunión do 23.7.2025 aprobar o deslindamento parcial entre as comunidades de montes veciñais en man común (CMVMC) de Belesar e Bahiña (Baiona), con base nos seguintes feitos e consideracións técnicas.

Antecedentes e consideracións técnicas:

Primeiro. O 30.9.2022, o presidente da CMVMC de Belesar presenta solicitude de deslindamento entre a CMVMC de Belesar e a CMVMC de Bahiña, ambas no concello de Baiona.

Os montes veciñais en man común (en diante, MVMC) afectados por este deslindamento son:

– MVMC de Montes de Belesar (ID: 2459) da CMVMC de Belesar.

– MVMC de Montes de Bahiña (ID: 2456) da CMVMC de Bahiña.

Segundo. Consta no expediente a seguinte documentación do deslindamento consonte o artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia (LMG):

– Acta do apeo do deslindamento do 8.9.2022.

– Acta de conciliación núm. 7/2023 entre as comunidades no Xulgado de Paz de Baiona do 27.3.2023.

– Certificado do 7.10.2022 do secretario da CMVMC de Bahiña coa conformidade do presidente da aprobación na Asemblea Xeral do 1.10.2022.

– Certificado do 2.10.2023 do secretario da CMVMC de Belesar coa conformidade do presidente da aprobación na Asemblea Xeral do 17.9.2022.

– Memoria descritiva co plano de deslindamento e cartografía en formato dixital no datum ETRS89/UTM zona 29N EPSG: 25829. Asinado o 22.10.2023 polo enxeñeiro técnico forestal colexiado núm. 292 do COETF de Galicia e os planos relacionados asociados memoria asinados o 1.3.2024.

– Informes de validación gráfica catastral con CSV:EW0F3H89J6JWPSSX.

Terceiro. A liña de deslindamento proposta ten unha lonxitude de 1.024 metros e está composta polos seguintes puntos:

Punto P01- x: 513.300,525 y: 4.658.445,246

Punto P02- x: 513.297,726 y: 4.658.543,161

Punto P03- x: 513.200,529 y: 4.658.747,495

Punto P04- x: 513.129,498 y: 4.658.829,884

Punto P05- x: 513.140,265 y: 4.658.967,556

Punto P06- x: 513.190,01 y: 4.659.118,42

Punto P07- x: 513.221,361 y: 4.659.237,998

Punto P08- x: 513.219,489 y: 4.659.417,823

Punto S01- x: 513.252,652 y: 4.658.637,917

Punto S02- x: 513.248,514 y: 4.658.646,617

Revisada a cartografía das resolucións de clasificación de ambos os MVMC detéctase que existe colindancia entre ambos e considérase que o deslindamento non afecta terceiros propietarios.

No tramo entre o punto S01 e S02 respéctase o dominio da estrada EP2202, polo que neste tramo non existe colindancia entre ambos os montes.

O deslindamento está formada por dous tramos:

– Tramo 1: do punto P08 ao punto S02.

– Tramo 2: do punto S01 ao punto P01.

O punto P01 é practicamente coincidente co punto 01 do expediente DC22018 (deslindamento entre a CMVMC de Belesar e a CMVMC de Mougás), polo que no dito punto converxen a CMVMC de Belesar, a CMVMC de Mougás e a CMVMC de Bahiña.

O punto P08 é coincidente co punto P11 do expediente DC22129 (deslindamento entre a CMVMC de Belesar e a CMVMC de Ramallosa), polo que no dito punto converxen a CMVMC de Belesar, a CMVMC de Ramallosa e a CMVMC de Bahiña.

A liña do deslindamento produce modificacións na cartografía dos esbozos de clasificación das seguintes comunidades:

– CMVMC de Bahiña: presenta un axuste para pechar o punto inicial e final coa cartografía existe.

– CMVMC de Belesar: axústase no punto P08 ao deslindamento DC22129 e no punto P01 ao deslindamento DC22018.

O Servizo de Montes considera que a solicitude se axusta ao establecido no artigo 53 da LMG, polo que propón a aprobación polo Xurado do deslindamento segundo a liña presentada.

Cuarto. O artigo 53 da LMG establece que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, logo do exame da documentación presentada, ditará resolución que será publicada no Diario Oficial de Galicia e notificada ás comunidades interesadas.

Á vista do exposto, este xurado

RESOLVE:

Aprobar o deslindamento parcial entre as CMVMC de Belesar e Bahiña (Baiona), nos termos antes indicados.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición ante o Xurado Provincial de Clasificación de MVMC de Pontevedra no prazo dun mes de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 LPAC; ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo no prazo de dous meses de acordo cos artigos 8 e 46 da LXCA.

Pontevedra, 8 de setembro de 2025

Antonio Crespo Iglesias
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra