O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra resolveu na súa reunión do 23.7.2025 aprobar o deslindamento parcial entre as comunidades de montes veciñais en man común (CMVMC) de Belesar e A Ramallosa (Baiona), con base nos seguintes feitos e consideracións técnicas.
Antecedentes e consideracións técnicas:
Primeiro. O 30.9.2022 o presidente da CMVMC de Belesar presenta solicitude de deslindamento entre a CMVMC de Belesar e a CMVMC da Ramallosa, ambas no concello de Baiona.
Os montes veciñais en man común (en diante, MVMC) afectados por este deslindamento son:
– MVMC de Montes de Belesar (ID: 2459) da CMVMC de Belesar.
– MVMC da Ramallosa (ID: 2461) da CMVMC da Ramallosa.
Segundo. Consta no expediente a seguinte documentación do deslindamento consonte o artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia (LMG):
– Acta do apeo do deslindamento do 15.9.2022.
– Acta de conciliación número 8/2023 entre as comunidades no Xulgado de Paz de Baiona do 27.3.2023.
– Certificado do 2.10.2023 da secretaria da CMVMC de Belesar coa conformidade do presidente da aprobación na Asemblea Xeral do 17.9.2022.
– Certificado do 28.9.2022 da secretaria da CMVMC da Ramallosa coa conformidade do presidente da aprobación na Asemblea Xeral do 25.9.2022.
– Memoria descritiva co plano de deslindamento e cartografía en formato dixital no datum ETRS89/UTM zona 29N EPSG: 25829, asinada o 20.10.2023 polo enxeñeiro técnico forestal colexiado número 292 do COETF de Galicia. Posteriormente achéganse os planos que complementan a memoria asinados o 21.3.2024 e unha aclaración desta do 3.4.2025.
– Informes de validación gráfica catastral con CSV: ZEXZWH11DZSY4FRG.
Terceiro. A liña de deslindamento proposta ten unha lonxitude de 1.803 metros e está composta polos seguintes puntos:
Punto P01- x: 514.171,960 y: 4.660.852,610
Punto P02- x: 514.114,960 y: 4.660.822,750
Punto P03- x: 513.994,000 y: 4.660.583,00
Punto P04- x: 513.841,230 y: 4.660.438,840
Punto P05- x: 513 762,880 y: 4.660.383,10
Punto P06- x: 513.572,610 y: 4.660.305,11
Punto P07- x: 513.567,140 y: 4.660.287,43
Punto P08- x: 513.425,553 y: 4.659.860,07
Punto P09- x: 513.425,553 y: 4.659.860,07
Punto P10- x: 513.366,033 y: 4.659.688,528
Punto P11- x: 513.219,489 y: 4.659.417,823
O punto P08 e o punto P09 presentan coordenadas repetidas.
Revisada a cartografía das resolucións de clasificación de ambos os MVMC detéctase que existe linde entre ambos e considérase que o deslindamento non afecta terceiros propietarios.
O deslindamento entre ambos os montes veciñais está formado por un único tramo.
O punto P11 é coincidente co punto P08 do expediente DC22128 (deslindamento entre a CMVMC de Belesar e a CMVMC de Baíña), polo que no dito punto converxen o monte veciñal da CMVMC de Belesar, da CMVMC de Baíña e da CMVMC da Ramallosa.
A liña do deslindamento produce modificacións na cartografía dos esbozos de clasificación da CMVMC de Belesar e a CMVMC da Ramallosa. Ambas as comunidades presentan uns axustes apoiándose na cartografía catastral para pechar o punto inicial e final do deslindamento coa cartografía existente.
O Servizo de Montes considera que a solicitude se axusta ao establecido no artigo 53 da LMG, polo que propón a aprobación polo Xurado do deslindamento segundo a liña presentada.
Cuarto. O artigo 53 da LMG establece que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, logo do exame da documentación presentada, ditará resolución que será publicada no Diario Oficial de Galicia e notificada ás comunidades interesadas.
Á vista do exposto, este xurado
RESOLVE:
Aprobar o deslindamento parcial entre as CMVMC de Belesar e A Ramallosa (Baiona), nos termos antes indicados.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición ante o Xurado Provincial de Clasificación de MVMC de Pontevedra no prazo dun mes, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da LPAC, ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo no prazo de dous meses, de acordo cos artigos 8 e 46 da LXCA.
Pontevedra, 8 de setembro de 2025
Antonio Crespo Iglesias
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra
