DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Luns, 29 de setembro de 2025 Páx. 51383

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 8 de setembro de 2025, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se publica a resolución que aproba o deslindamento parcial realizado entre as comunidades de montes veciñais en man común (CMVMC) de Laxos e Cardecide (Cuntis) con propietarios particulares (expediente DP22001).

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra resolveu, na súa reunión do 23.7.2025, aprobar o deslindamento parcial entre a comunidade de montes veciñais en man común (CMVMC) de Laxos e Cardecide (Cuntis) con propietarios particulares, con base nos seguintes feitos e consideracións técnicas.

Antecedentes e consideracións técnicas:

Primeiro. O 18.4.2022 ten entrada no rexistro electrónico da Xunta de Galicia, unha proposta de deslindamento da CMVMC de Laxos e Cardecide, no concello de Cuntis, e propiedades particulares. A dita solicitude deu lugar á apertura do expediente DP22001.

Segundo. O 18.8.2024 o Servizo de Montes emite un informe favorable ao deslindamento provisional.

Terceiro. O 17.10.2022 publícase no Diario Oficial de Galicia número 197 o anuncio do 27 de setembro, sobre o inicio do procedemento de deslindamento con predios particulares da CMVMC de Laxos e Cardecide. Nesa mesma data enviouse para a súa publicación na web da Consellería do Medio Rural e ao Concello de Cuntis para a súa publicación no seu taboleiro.

Cuarto. O 2.8.2024 recíbese un certificado do Concello de Cuntis sobre a exposición do anuncio deste deslindamento durante máis de 30 días, desde o 19.10.2022 ao 21.11.2022, no taboleiro de anuncios da casa do concello.

Quinto. O 15.2.2025 recíbese un certificado da comunidade da non existencia de alegacións transcorrido o mes de publicación e un certificado de ratificación da liña de deslindamento da solicitude, aínda que a documentación presentada nesta data constata unha considerable redución da liña conciliada respecto da proposta na solicitude, de 10.570 m a 657,12 m.

O deslindamento realizase con 4 parcelas catastrais que forman parte de 3 encravados do monte veciñal en man común (en diante, MVMC) de Laxos e Cardecide (ID 2632).

Parcela catastral

Conciliado

36015A06000603

Tito Rodríguez Miranda

36015A06000628

Pablo Aboy Castro

36015A06000629

Miguel Ángel Carmuega Torres

36015A06000630

Miguel Ángel Carmuega Torres

Sexto. No rexistro de MVMC consta que o xurado de MVMC aprobou os seguintes expedientes sobre o MVMC de Laxos e Cardecide:

– O 5.12.2014, a revisión de esbozo do monte (DOG núm. 21, do 2.2.2015).

– O 30.6.2015, o deslindamento coa CMVMC de Xinzo (DOG núm. 163, do 27.8.2015).

– O 30.6.2015, o deslindamento coa CMVMC de Pazo (DOG núm. 159, do 21.8.2015).

Sétimo. O procedemento de deslindamento con particulares esta recollido no artigo 54 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia (LMG).

No expediente consta a seguinte documentación:

– Informe técnico de marzo de 2022 de toda a superficie proposta no deslindamento e 4 informes técnicos de marzo de 2023 por cada unha das parcelas catastrais conciliadas, coas fotografías dos piquetes do levantamento topográfico, asinado polo enxeñeiro técnico forestal co número de colexiado 833 do COETFOGA.

– Certificado do secretario do 4.4.2022 de aprobación da liña proposta do deslindamento nas asembleas xerais do 30.6.2013 e do 30.7.2017, xunto co certificado de non alegacións e ratificación da liña.

– Acta de apeo do 29.1.2023 con Tito Rodríguez Miranda (36015A06000603) e con Pablo Aboy Castro (36015A06000628) e do 4.3.2023 con Miguel Ángel Carmuega Torres (36015A06000629 e 36015A06000630).

– Papeleta de conciliación do 7.2.2025 cos 3 conciliados e unha acta de conciliación no Xulgado de Paz de Cuntis do 27.2.2025, co número 5/2025 con Miguel Ángel Carmuega Torres (36015A06000629 e 36015A06000630), co número 6/2025 con Tito Rodríguez Miranda (36015A06000603) e co número 7/2025 con Pablo Aboy Castro (36015A06000628).

– Informe de validación gráfica (IVG) con CSV: ZMF0VH81Z2V4NTF8.

Oitavo. A liña de deslindamento parcial do MVMC de Laxos e Cardecide con ID 2632 no seu lindeiro, coas propiedades particulares de Tito Rodríguez Miranda (36015A06000603), Pablo Aboy Castro (36015A06000628) e Miguel Ángel Carmuega Torres (36015A06000629 e 36015A06000630), ten unha lonxitude de 657,12 m e consta das seguintes coordenadas en UTM (ETRS89):

– Con Tito Rodríguez Miranda (36015A06000603), cunha lonxitude de 186,60 m, piquetes do 1 ao 17 en liña recta.

Piquetes

x

y

1

536764,007

4719662,949

2

536780,477

4719669,406

3

536790,575

4719674,610

4

536805,891

4719667,498

5

536803,895

4719662,867

6

536800,275

4719642,269

7

536808,962

4719639,607

8

536812,426

4719644,991

9

536818,239

4719641,552

10

536808,671

4719625,832

11

536796,618

4719631,010

12

536774,660

4719632,867

13

536770,562

4719637,011

14

536775,658

4719648,479

15

536768,462

4719651,268

16

536766,437

4719653,827

17

536765,194

4719656,975

– Con Pablo Aboy Castro (36015A06000628), cunha lonxitude de 253,73 m, piquetes do 1 ao 9 en liña recta.

Piquetes

x

y

1

536819,179

4719840,404

2

536873,811

4719853,922

3

536904,624

4719841,883

4

536889,856

4719790,066

5

536865,186

4719798,923

6

536858,363

4719801,496

7

536853,570

4719805,950

8

536846,764

4719805,506

9

536829,037

4719797,464

– Con Miguel Ángel Carmuega Torres, propietario das seguintes parcelas:

– Parcela 36015A06000630, liña de deslindamento cunha lonxitude de 58,65 m. Piquetes do 1 ao 3 con 4 puntos intermedios para trazar a liña desta parcela.

Parcela catastral

Piquetes

x

y

36015A06000630

1

536951,101

4719699,113

PI.1

536938,947

4719697,691

PI.2

536930,323

4719697,790

PI.3

536918,598

4719699,673

PI.4

536911,347

4719701,404

2

536899,624

4719705,025

3

536900,956

4719711,046

– Parcela 36015A06000629, liña de deslindamento cunha lonxitude de 158,14 m. Piquetes do 1 ao 4 con 16 puntos intermedios para trazar a sinuosidade desta parcela catastral.

Parcela catastral

Piquetes

x

y

36015A06000629

1

536900,956

4719711,046

PI.1

536902,330

4719717,988

PI.2

536904,987

4719730,819

PI.3

536908,225

4719741,023

PI.4

536910,609

4719749,351

PI.5

536913,986

4719764,634

PI.6

536916,659

4719775,021

PI.7

536920,375

4719784,029

PI.8

536921,341

4719791,768

2

536923,075

4719802,310

PI.9

536929,942

4719800,631

PI.10

536936,886

4719797,928

PI.11

536943,903

4719795,264

PI.12

536952,489

4719792,515

PI.13

536959,666

4719790,065

PI.14

536967,229

4719787,477

PI.15

536971,780

4719786,338

3

536975,858

4719785,621

PI.16

536977,536

4719779,644

4

536977,660

4719777,382

Noveno. O 20.3.2025 o Servizo de Montes, á vista da información antes relacionada e da memoria presentada, informa favorablemente o deslindamento parcial entre a CMVMC de Laxos e Cardecide e os particulares Tito Rodríguez Miranda (36015A06000603), Pablo Aboy Castro (36015A06000628) e Miguel Ángel Carmuega Torres (36015A06000629 e 36015A06000630), segundo os datos reflectidos no punto oitavo.

Décimo. O artigo 54.3 da LMG establece que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra ditará resolución que aproba o deslindamento e notificaraselles ás persoas interesadas. A dita resolución será publicada no Diario Oficial de Galicia.

Á vista do exposto, este xurado

RESOLVE:

Aprobar o deslindamento realizado entre a CMVMC de Laxos e Cardecide e os particulares Tito Rodríguez Miranda, Pablo Aboy Castro e Miguel Ángel Carmuega Torres, nos termos antes indicados.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer un recurso de reposición perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra no prazo dun mes de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 LPAC; ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo perante o xulgado do contencioso-administrativo no prazo de dous meses de acordo cos artigos 8 e 46 da LXCA.

Pontevedra, 8 de setembro de 2025

Antonio Crespo Iglesias
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra