BDNS (Identif.): 866223.
De acordo co disposto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria, cuxo texto completo se pode atopar na Base de datos nacional de subvencións:
https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/866223
Primeiro. Persoas beneficiarias
A axuda indicada no artigo 3 da Orde só se concederá a aquelas persoas solicitantes que cumpran os requisitos de:
a) Ser elaboradoras de viño tinto amparado nas DO Ribeiro e DO Monterrei.
b) Que asuman as obrigas establecidas nos artigos 4 e 5 desta orde.
c) Que compren ou comprasen uva amparada polas DO Ribeiro e DO Monterrei a persoas viticultoras na campaña vitivinícola 2025/2026 e;
d) Cumpran, ademais, algún destes requisitos:
1º. Ter comprado uva de variedade tinta amparada polas DO Ribeiro e DO Monterrei na campaña vitícola 2024/2025 a persoas viticultoras.
2º. Ter utilizado uvas de variedade tinta amparada polas DO Ribeiro e DO Monterrei dos seus propios viñedos na campaña vitícola 2024/2025, actuando como persoas viticultoras.
Segundo. Obxecto
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e convocar no ano 2025, na Comunidade Autónoma de Galicia, as axudas para a destilación voluntaria de viño amparado polas DO Ribeiro e DO Monterrei.
Terceiro. Bases reguladoras e convocatoria
Orde do 5 de novembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións destinadas á destilación voluntaria de viño en época de crise e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento MR446B).
Cuarto. Contía
1. As subvencións outórganse con cargo á aplicación orzamentaria 15.80.713F.779.0 proxecto contable 2024 00001 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2025.
2. As axudas reguladas financiaranse con fondos propios da Comunidade Autónoma de Galicia.
3. A axuda financeira para a destilación voluntaria de crise será de 66,00 €/hl de viño tinto destilado para a DO Ribeiro e 96,5 €/hl de viño tinto destilado para a DO Monterrei.
4. Importe máximo destinado ao pagamento das axudas ascenderá a seiscentos sesenta e tres mil cincocentos oitenta e nove euros con corenta e sete céntimos (663.589,47 €) que poderá incrementarse cando concorran as causas establecidas no punto 5 do artigo 2 da orde.
Quinto. Prazo de presentación da solicitude
O prazo de presentación da solicitude será dun mes e iniciarase desde o día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 5 de novembro de 2025
María José Gómez Rodríguez
Conselleira do Medio Rural
