DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Venres, 7 de novembro de 2025 Páx. 57893

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 17 de outubro de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Laxe (expediente IN407A 2023/187-1).

Expediente: IN407A 2023/187-1.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Proxecto: Pechamento Villas e repotenciación CT Laxe III (15XDA4).

Concello: Laxe.

Feitos:

1. O día 5.4.2023, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da instalación de distribución eléctrica mencionada. Co obxecto de anelar os centros de transformación CT edificio Plaza (15XSP7) e CT edificio Marina (15XBCL) situados no núcleo do concello de Laxe, proxéctase o desmantelamento do centro de transformación CT Laxe III (15XDA4, expediente 50.042) e a instalación dun novo centro de transformación de 250 kVA de potencia sito na rúa Campo, así como o desmantelamento dun tramo aéreo da liña de distribución de media tensión LMT CBA804, procedente da subestación Cabana, e a instalación dunha liña subterránea de media tensión que fará o anel destes centros de transformación.

Ao abeiro dos artigos 123 e 143 do Real decreto 1955/2000, presentan o proxecto de execución denominado Pechamento Villas e repotenciación CT Laxe III (15XDA4), asinado o día 20.10.2022 por Victoriano González Lemos, enxeñeiro técnico industrial eléctrico, número de colexiado 2.980 de Vigo; e a relación de bens e dereitos afectados de necesaria ocupación para a construción da instalación proxectada.

2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante un acordo do 9.5.2025 publicado nos seguintes medios:

• Portal de transparencia e Goberno aberto da Consellería de Economía e Industria.

• DOG: 3.6.2025.

• BOP: 15.5.2025.

• Xornal La Voz de Galicia: 27.5.2025.

• Taboleiro de anuncios do Concello: segundo certificado municipal do 18.7.2025.

3. Durante o período en que o proxecto se someteu ao trámite de información pública non se presentou ningunha alegación, reclamación nin suxestión relacionada coa documentación obxecto de publicación.

4. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, solicitouse o informe preceptivo ás distintas entidades afectadas: Concello de Laxe, Servizo do Patrimonio Cultural e Augas de Galicia. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos informes emitidos no prazo outorgado para ese efecto.

5. O día 10.10.2025 emitiuse o informe técnico.

Consideracións legais e técnicas:

1. O director territorial é competente para resolver este expediente, ao abeiro do disposto no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro), e no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG núm. 101, do 27 de maio).

2. Lexislación de aplicación:

• Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalación eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 19 de marzo).

• Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño).

• Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 14 de outubro).

• Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

• Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

3. Características técnicas.

As instalacións obxecto deste expediente están situadas no concello de Laxe, e as súas características técnicas son as seguintes:

– LMTS (actuación 1) a 20 kV, de 717 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al, coa orixe no CT edificio Plaza (15XSP7) existente e remate no CTC proxectado.

– LMTS (actuación 2) a 20 kV, de 1.068 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al, coa orixe no empalme para realizar no PAR proxectado na LMT CBA804, procedente da subestación Cabana, situado fronte do CT edificio Plaza (15XSP7) e remate no CT edificio Marina (15XBCL).

– LMTS (actuación 3) a 20 kV, de 377 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al, coa orixe no CTC proxectado e remate no CT edificio Marina 15XBCL.

– Desmontaxe do tramo LMTA 1.162 m, condutor LA-30 e LA-56 (expediente 50.042) da CBA804, procedente da subestación Cabana. Substitución do apoio nº 9H69XJ1A//79 tipo HV-400/15 por tipo C-3000/14. Desmontaxe dos apoios que van desde o nº 80 ao nº 88, incluídos, xunto cos apoios 87-1 e 84-1-CT. Retensado dos vans adxacentes.

– Desmontaxe do tramo LMTS de 256 m, condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×240) da LMT CBA804 (IN407A 04/474).

– CT compacto prefabricado de manobra exterior telecontrolado, para instalar nun predio da rúa Campo, cunha potencia de 250 kVA, relación de transformación de 20.000/400-230 V e configuración 2L+1P.

– Desmantelamento do CTI Laxe III (15XDA4, expediente 50.042) instalado no apoio nº 9H9DGXSQ//84-1-CT para desmontar.

4. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos deste departamento territorial.

Consonte con todo o sinalado,

RESOLVO:

A) Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da dita instalación de distribución eléctrica. A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

B) As instalacións deberán obter a autorización de explotación antes do 1 de xaneiro de 2026, segundo o indicado no artigo 13.9.a) do Regulamento (UE) 2024/573 do Parlamento Europeo e do Consello, do 7 de febreiro de 2024, agás se xustifique algunha das excepcións indicadas no antedito artigo 13.

C) Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante este departamento territorial unha solicitude á cal xuntará a seguinte documentación:

• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.

• Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.

• Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.

D) Esta autorización outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.

O incumprimento das condicións e requisitos establecidos nesta resolución ou a variación substancial dos presupostos que determinaron o seu outorgamento poderán dar lugar á súa revogación, logo de audiencia á persoa interesada, segundo o establecido no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da dita Lei 39/2015, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren axeitado.

Mediante este documento notifícaselles ás pesoas interesadas esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015.

A Coruña, 17 de outubro de 2025

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados. Termo municipal de Laxe

parcela

Lugar e referencia catastral

Cultivo

Titulares

Afección de solo en pleno dominio

Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica

Apoio nº

m2

ml aér.

ml sot.

m2 aér.

m2 sot.

1

Rúa Campo 12

957801MH9895N0001GK

Rústico, agrario, labor ou labradío secaño

Nieves Sacedón Cabanas

Gumersindo Sacedón Suárez

Manuel Sacedón Suárez

Centro de transformación e acceso

17,45

Abreviacións:

ml aér.: lonxitude da servidume aérea en metros lineais.

ml sot.: lonxitude da servidume soterrada en metros lineais.

m2 aér.: superficie de servidume aérea en m2.

m2 sot.: superficie de servidume soterrada.