DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Mércores, 26 de novembro de 2025 Páx. 60974

III. Outras disposicións

Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

DECRETO 107/2025, do 11 de novembro, polo que se aproba o cambio de titularidade a prol do Concello de Tomiño dun treito intermedio da estrada PO-552 de 1.030 metros de lonxitude, xunto co seu dominio público viario (DPV).

O artigo 9.4 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia (LEG), dispón que os cambios de titularidade das estradas ou treitos delas, cando non se trate de travesías urbanas ou treitos delas que estean incluídos no inventario de travesías da súa Administración titular, deberán ser aprobados por decreto da Xunta de Galicia, por proposta da consellería competente en materia de estradas e logo do acordo entre as administracións afectadas.

O artigo 9.7 da LEG recolle que os cambios de titularidade poderán abranguer estradas, treitos delas, elementos funcionais e/ou espazos da zona de dominio público adxacente.

O artigo 18.11 do Regulamento xeral de estradas de Galicia (RXEG) dispón que os cambios de titularidade de treitos de estradas a favor de administracións de menor ámbito territorial só se levarán a cabo cando se trate de treitos terminais ou non impliquen a interrupción de ningún dos itinerarios de que forma parte sen que exista unha alternativa viaria, existente ou planificada, para todos eles, que proporcione un nivel de servizo cando menos equivalente.

O Concello de Tomiño solicita á Axencia Galega de Infraestruturas o cambio de titularidade dun treito da estrada PO-552, que discorre pola parroquia de Goián (tramo entre a avenida Ordóñez (p.q. 56+690) e a glorieta da PO-553 (p.q. 57+740).

A estrada PO-552 percorre o concello de Tomiño desde o p.q. 55+550 ata o p.q. 70+040, conectando dous nós do sistema urbano intermedio establecido polas directrices de ordenación do territorio (DOT): A Guarda (subcabeceira do sistema urbano intermedio) e Tui (cabeceira do sistema urbano intermedio).

Desde o punto quilométrico 48+490 ao punto quilométrico 57+740, a estrada PO-552 ten categoría funcional de rede local. O CG-4.2, con clasificación técnica de vía para automóbiles e categoría funcional de rede estruturante, actúa como alternativa viaria á PO-552, proporcionando un maior nivel de servizo. Ademais, entre o p.q. 55+860 e o p.q. 57+200, a estrada PO-552 discorre por solo clasificado como urbano polo instrumento de planeamento vixente no Concello de Tomiño (núcleo urbano de Goián), presentando un marcado carácter local e urbano.

A Axencia Galega de Infraestruturas, de acordo cos informes emitidos polos servizos competentes, formula a proposta favorable á transferencia de titularidade do treito que se define no artigo 1, corrixindo o p.q. inicial solicitado polo Concello de Tomiño ao p.q. 56+680 e establecendo o p.q. final no 57+710, de xeito que quede fóra da transferencia o illote central do ramal de entrada á rotonda co CG-4.2 e coa PO-553.

De conformidade co anteriormente exposto, por proposta da conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día once de novembro de dous mil vinte e cinco,

DISPOÑO:

Artigo 1

Aprobar o cambio de titularidade a prol do Concello de Tomiño dun treito intermedio da estrada PO-552, xunto co seu dominio público viario, conforme os seguintes datos:

Estrada

Denominación

Inicio

Coordenadas UTM (ETRS89 fuso29)

Final

Coordenadas UTM (ETRS89 fuso29 )

Lonx. (m)

PO-552

Goián (avda. Ordóñez) -

Rotonda CG-4.2/PO-552

p.q 56+680 (Int. Av.

Ordóñez)

X = 518.596

Y = 4.643.949

p.q. 57+710

(Rotonda PO-553)

X = 519.304

Y = 4.644.667

1.030

Modificar, en aplicación do artigo 10.6.a) da LEG, o Catálogo da Rede autonómica de Estradas de Galicia, aprobado polo Decreto 100/2021, do 24 de xuño, suprimindo este treito da estrada PO-552 do Catálogo, que queda reflectido cos seguintes datos:

Clave

Denominación

Treito

P.Q.i

P.Q.f

Lonxitude treito (km)

Lonxitude total (km)

Categoría funcional

Clase de estrada

Provincia

PO-552

Vigo (avda. do Alcalde

Portanet)-Tui (N-551)

Vigo (Avda.do Alcalde Portanet)-Sabarís (AG-57)

0+000

14+230

14,23

70,18

Estruturante

Estrada

convencional

Pontevedra

PO-552

Vigo (avda. do Alcalde

Portanet)-Tui (N-551)

Sabarís (AG-57)- A Ponte (AG-57)

14+230

18+760

4,53

70,18

Local

Estrada

convencional

Pontevedra

PO-552

Vigo (avda. do Alcalde

Portanet)-Tui (N-551)

A Ponte (AG-57)- A Guarda (CG-4.2)

18+760

48+490

29,73

70,18

Complementaria

Estrada

convencional

Pontevedra

PO-552

Vigo (avda. do Alcalde

Portanet)-Tui (N-551)

A Guarda (CG-4.2)- Goián oeste (avda. Ordóñez)

48+490

56+680

8,19

70,18

Local

Estrada

convencional

Pontevedra

PO-552

Vigo (avda. do Alcalde

Portanet)-Tui (N-551)

Goián leste-Goián (PO-553)

57+710

57+740

0,03

70,18

Local

Estrada

convencional

Pontevedra

PO-552

Vigo (avda. do Alcalde

Portanet)-Tui (N-551)

Goián (PO-553)- Tui (N-551)

57+740

71+210

13,47

70,18

Estruturante

Estrada

convencional

Pontevedra

O documento do Catálogo e as súas modificacións poden consultarse na páxina web da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

https://vivendaeinfraestruturas.xunta.gal/estradas/rede-autonomica/raega

Artigo 2

En aplicación dos números 4 e 6 do artigo 10 da LEG, o Concello de Tomiño deberá modificar o seu catálogo de estradas para incluír o cambio de titularidade a que se refire este decreto.

Artigo 3

De acordo co establecido no artigo 9.6 da LEG, o cambio de titularidade será efectivo o día seguinte ao da publicación deste decreto no Diario Oficial de Galicia. A entrega dos bens formalizarase no prazo dos tres meses seguintes a esta publicación mediante a sinatura da correspondente acta de entrega.

Esta acta de entrega e os seus planos poderán consultarse na páxina web da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

https://vivendaeinfraestruturas.xunta.gal/estradas/rede-autonomica/raega

Artigo 4

Correspóndenlle ao Concello de Tomiño, a partir da formalización da entrega, todas as actividades de xestión, mantemento, conservación e explotación do treito transferido, así como o exercicio das funcións de disciplina viaria e calquera outra que puidese corresponderlle como nova Administración titular das estradas.

Disposición derradeira

Este decreto producirá efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, once de novembro de dous mil vinte e cinco

Alfonso Rueda Valenzuela
Presidente

María Martínez Allegue
Conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas