DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Xoves, 4 de decembro de 2025 Páx. 62409

III. Outras disposicións

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ORDE do 24 de novembro de 2025 pola que se describen as distincións que a Xunta de Galicia lles poderá outorgar ao persoal dos corpos de policía local e ao persoal vixilante municipal, así como a aquelas persoas ou entidades públicas e privadas que destaquen pola súa conduta a prol das policías locais e das súas competencias.

A Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais, establece no seu artigo 74 que os membros dos corpos de policía local de Galicia poden ser distinguidos ou recompensados de acordo co que se determine regulamentariamente.

O Decreto 15/2023, do 12 de xaneiro, polo se desenvolve regulamentariamente a dita lei, introduciu no capítulo III do título VIII algunhas novas distincións que non estaban previstas no anterior Decreto 243/2008, do 16 de outubro, como os distintivos de permanencia ao cumprir os 15 e 35 anos de servizos efectivos, así como a encomenda de dedicación ao servizo para o persoal policial que, tendo 35 anos cumpridos de servizo efectivo, fose distinguido coa placa individual ou coa medalla ao mérito da policía local. Ademais, no Decreto 15/2023, do 12 de xaneiro, ampliouse o ámbito de concesión deste réxime de distincións e recompensas non só ao persoal dos corpos de policías locais, senón tamén ao persoal vixilante municipal.

No artigo 107 do citado Decreto 15/2023, do 12 de xaneiro, indícase que a descrición das distincións, xunto cos pasadores, insignias de lapela e diplomas acreditativos se establecerá por unha orde da consellería competente en materia de coordinación de policías locais.

Na súa virtude, en uso das facultades outorgadas pola disposición derradeira terceira do Decreto 15/2023, do 12 de xaneiro, e logo do informe preceptivo da Comisión de Coordinación de policías locais de Galicia, na súa sesión do 17 de setembro de 2025, ao abeiro do disposto no artigo 17.1 a) da Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais,

DISPOÑO:

Artigo único

1. Apróbanse as descricións técnicas, os deseños e os diplomas das seguintes distincións:

a) Placa colectiva ao mérito da policía local.

b) Placa individual ao mérito da policía local.

c) Medalla ao mérito da policía local.

d) Distintivos de permanencia.

e) Encomenda de dedicación ao servizo.

f) Felicitacións públicas.

2. Estas descricións figuran como anexos a esta orde, relacionados do seguinte xeito:

Anexo I. Placa colectiva ao mérito da policía local e diploma correspondente.

Anexo II. Placa individual ao mérito da policía local, medalla, pasador, insignia de lapela e diploma correspondente.

Anexo III. Medalla ao mérito da policía local, pasador, insignia de lapela e diploma correspondente.

Anexo IV. Distintivos de permanencia, pasadores, insignias de lapela e diploma correspondente.

Anexo V. Encomenda de dedicación ao servizo, pasador, insignia de lapela e diploma correspondente.

Anexo VI. Diploma que acredita a concesión de felicitacións públicas.

Disposición adicional primeira. Uso e exhibición das distincións previstas nesta orde

1. A exhibición das medallas descritas nesta orde queda reservada para o seu uso coa uniformidade de gala nos actos propios convocados pola Academia Galega de Seguridade Pública, para os actos do día da festividade da Policía Local de Galicia, e en todos os actos solemnes propios de cada concello en que así o determinen.

2. Nos restantes actos en que non proceda o uso de medallas coa uniformidade de gala, usaranse os pasadores das distincións.

3. Nos actos organizados por outras forzas e corpos de seguridade ou das Forzas Armadas, axustarase ás súas normas específicas.

4. Na uniformidade de traballo unicamente poderán usarse os pasadores das distincións e só para os actos indicados nos puntos anteriores.

5. O lugar de colocación das distincións será o dianteiro superior esquerdo da peza superior dos uniformes de traballo e de gala.

6. Cando se acuda a un acto no cal se vaia recibir unha distinción, non se exhibirá ningunha outra no uniforme como sinal de respecto e cortesía coa que se vaia impor.

7. A orde de precedencia para a exhibición das distincións recibidas polas policías locais de Galicia será o seguinte:

a) Distincións propias de cada concello.

b) Distincións concedidas pola Xunta de Galicia especificamente para as policías locais, coa seguinte orde:

1º. Encomenda de dedicación ao servizo.

2º. Placa individual ao mérito da policía local.

3º. Medalla ao mérito da policía local.

4º. Distintivo de 35 anos de permanencia.

5º. Distintivo de 25 anos de permanencia.

6º. Distintivo de 15 anos de permanencia.

c) Outras distincións concedidas pola Xunta de Galicia.

d) Distincións concedidas por outros concellos de Galicia.

e) Distincións concedidas polos corpos policiais de ámbito autonómico ou nacional, ou polas Forzas Armadas.

f) Distincións concedidas por entidades e organismos do resto das administracións públicas de ámbito local, autonómico ou estatal.

g) Distincións concedidas por institucións públicas e privadas, españolas ou estranxeiras, de recoñecido prestixio ou utilidade social.

Disposición adicional segunda. Uso das distincións anteriores

As distincións concedidas en virtude do disposto no Decreto 243/2008, do 16 de outubro, e no Decreto 15/2023, do 12 de xaneiro, cos deseños que figuran na Orde do 4 de novembro de 2009, seguirán vixentes tras a publicación desta orde, pero soamente se exhibirán nos termos sinalados na disposición adicional primeira.

Disposición derrogatoria

Queda derrogada a Orde do 4 de novembro de 2009 pola que se desenvolve o artigo 95 do Decreto 243/2008, do 16 de outubro, sobre a descrición das distincións dos policías locais de Galicia, sen prexuízo do establecido na disposición adicional segunda desta orde.

Disposición derradeira. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2025

Diego Calvo Pouso
Conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANEXO I

Placa colectiva ao mérito da policía local e diploma correspondente

1. Placa.

Consistirá nunha base de madeira de color escuro de 250 mm de alto e 400 mm de ancho, sobre a cal se fixará unha lámina de metal prateado coas lendas e motivos que figuran no deseño anexo. No seu reverso contará cun sistema de fixación para poder suspendela en vertical e outro para poder presentala nunha superficie plana.

missing image file

2. Diploma.

O diploma é a certificación da concesión da distinción. Realizarase en papel tipo pergamiño, en cor branca, de 297 mm de ancho por 210 mm de alto, reberetado en todo o seu contorno por unha franxa gris (C:0 M:0 Y:0 K:70) de 4 mm de ancho, a unha distancia de 10 mm do extremo do pergamiño. No anverso, unha franxa de cor azul (C:70 M:15 Y:0 K:0) e de 35 mm de ancho que ocupará a diagonal interior de esquerda a dereita. Na parte superior, centrada, figurará a imaxe logotipada do escudo de Galicia na súa cor azul corporativa (C:100 M:35 Y:0 K:0). O texto literal é o que aparece no deseño. Irá selado e asinado pola persoa titular da consellería competente en materia de coordinación de policías locais.

missing image file

ANEXO II

Placa individual ao mérito da policía local, pasador,
insignia de lapela e diploma correspondente

1. Medalla.

Consistirá nunha peza ovalada de 16 mm de ancho por 21 mm de alto, de metal dourado, que representa a imaxe logotipada do escudo de Galicia, rodeada por unha bordura de esmalte branco de 5 mm de grosor. Baixo esta peza, un filacterio de esmalte branco cargado coa lenda «POLICÍA LOCAL». Todo este conxunto, rodeado por un tetradecágono, tamén de metal dourado e de 35 mm de alto por 40 mm de ancho. Leva unha bóla con argola soldada á súa parte superior, do mesmo metal, para o paso da súa cinta. O total da medalla, con inclusión da argola, será de 50 mm de alto.

A cinta da que vai suspendida a medalla será de 30 mm de ancho por 45 mm de alto, de cor azul (C:70 M:15 Y:0 K:0), con dúas franxas lonxitudinais de 4 mm de ancho, de cor branca, situadas, respectivamente, a 5 mm de cada un dos bordos da cinta, segundo o deseño anexo.

2. Pasador.

Estará constituído pola cinta coas cores descritas, de 30 mm de ancho por 10 mm de alto, montada sobre un soporte de metal dourado e enmarcada por dúas barras laterais do dito metal. Na súa parte posterior levará un sistema de suxeición axeitado para poder fixalo ao uniforme.

3. Insignia de lapela.

Para o seu uso na lapela, de tipo insignia, levará unha reprodución da medalla anteriormente descrita, sen cinta, que conforma un conxunto de 14 mm de ancho por 16 mm de alto. Levará un sistema de suxeición que permita o seu emprego tanto sobre o ollal como sobre o tecido.

missing image file

4. Diploma.

O diploma é a certificación da concesión da distinción. Realizarase en papel tipo pergamiño, en cor branca, de 297 mm de ancho por 210 mm de alto, reberetado en todo o seu contorno por unha franxa gris (C:0 M:0 Y:0 K:70) de 4 mm de ancho, a unha distancia de 10 mm do extremo do pergamiño. No anverso, unha franxa de cor azul clara (C:70 M:15 Y:0 K:0) e de 35 mm de ancho, que ocupará a diagonal interior de esquerda a dereita. Na parte superior, centrada, figurará a imaxe logotipada do escudo de Galicia na súa cor corporativa (C:100 M:35 Y:0 K:0). O texto literal é o que aparece no deseño. Irá selado e asinado pola persoa titular da consellería competente en materia de coordinación de policías locais.

missing image file

ANEXO III

Medalla ao mérito da policía local, pasador,
insignia de lapela e diploma correspondente

1. Medalla.

Consistirá nunha peza ovalada de 16 mm de ancho por 21 mm de alto, de metal prateado, que representa a imaxe logotipada do escudo de Galicia, rodeada por unha bordura de esmalte branco de 5 mm de grosor. Baixo esta peza, un filacterio de esmalte branco cargado coa lenda «POLICÍA LOCAL». Todo este conxunto, rodeado por un tetradecágono, tamén de metal prateado e de 35 mm de alto por 40 mm de ancho. Leva unha bóla con argola soldada á súa parte superior, do mesmo metal, para o paso da súa cinta. O total da medalla, con inclusión da argola, será de 50 mm de alto.

A cinta da cal vai suspendida a medalla será de 30 mm de ancho por 45 mm de alto, de cor azul (C:70 M:15 Y:0 K:0), con dúas franxas lonxitudinais de 4 mm de ancho, de cor amarela (C:0 M:10 Y:95 K0), situadas, respectivamente, a 5 mm de cada un dos bordos da cinta, segundo o deseño anexo.

2. Pasador.

Estará constituído pola cinta coas cores descritas, de 30 mm de ancho por 10 mm de alto, montada sobre un soporte de metal dourado e enmarcada por dúas barras laterais do dito metal. Na súa parte posterior levará un sistema de suxeición axeitado para poder fixalo ao uniforme.

3. Insignia de lapela.

Para o seu uso na lapela, de tipo insignia, levará unha reprodución da medalla anteriormente descrita, sen cinta, que conforma un conxunto de 14 mm de ancho por 16 mm de alto. Levará un sistema de suxeición que permita o seu emprego tanto sobre o ollal como sobre o tecido.

missing image file

4. Diploma.

O diploma é a certificación da concesión da distinción. Realizarase en papel tipo pergamiño, en cor branca, de 297 mm de ancho por 210 mm de alto, reberetado en todo o seu contorno por unha franxa gris (C:0 M:0 Y:0 K:70) de 4 mm de ancho, a unha distancia de 10 mm do extremo do pergamiño. No anverso, unha franxa de cor azul (C:70 M:15 Y:0 K:0) e de 35 mm de ancho que ocupará a diagonal interior de esquerda a dereita. Na parte superior, centrada, figurará a imaxe logotipada do escudo de Galicia na súa cor azul corporativa (C:100 M:35 Y:0 K:0). O texto literal é o que aparece no deseño. Irá selado e asinado pola persoa titular da consellería competente en materia de coordinación de policías locais.

missing image file

ANEXO IV

Distintivos de permanencia, pasador, insignia de lapela
e diploma correspondente

A) Distintivo de 15 anos de permanencia.

1. Medalla.

Consistirá nunha peza ovalada de 16 mm de ancho por 21 mm de alto, de metal broncíneo, que representa a imaxe logotipada do escudo de Galicia, rodeada por unha bordura de esmalte branco de 5 mm de grosor. Baixo esta peza, un filacterio de esmalte branco cargado coa lenda «POLICÍA LOCAL». Todo este conxunto, orlado por un deseño de placa policial labrada de dezaseis raios, tamén de metal broncíneo e de 38 mm. de ancho por 40 mm de alto. Leva unha bóla con argola soldada á suá parte superior do mesmo metal para o paso da súa cinta. O total da medalla, con inclusión da argola, será de 50 mm de alto.

A cinta da cal vai suspendida a medalla será de 30 mm de ancho por 45 mm de alto, de cor branca, con dúas franxas lonxitudinais de 6 mm de ancho de cor azul (C:70 M:15 Y:0 K:0), situadas, respectivamente, a 8 mm de cada un dos bordos da cinta, segundo o deseño anexo.

2. Pasador.

Estará constituído pola cinta coas cores descritas, de 30 mm de ancho por 10 mm de alto, montada sobre un soporte de metal dourado e enmarcada por dúas barras laterais do dito metal. No centro da cinta levará un óvalo de metal broncíneo de 6 mm de ancho por 8 mm de alto que representa a imaxe logotipada do escudo de Galicia. Na súa parte posterior levará un sistema de suxeición axeitado para poder fixalo ao uniforme.

3. Insignia de lapela.

Para o seu uso na lapela, de tipo insignia, levará unha reprodución da medalla anteriormente descrita, sen cinta, que conforma un conxunto de 15 mm de ancho por 16 mm de alto. Levará un sistema de suxeición que permita o seu emprego tanto sobre o ollal como sobre o tecido.

missing image file

4. Diploma.

O diploma é a certificación da concesión do distintivo. Realizarase en papel tipo pergamiño, en cor branca, de 297 mm de ancho por 210 mm de alto, reberetado en todo o seu contorno por unha franxa gris (C:0 M:0 Y:0 K:70) de 4 mm de ancho, a unha distancia de 10 mm do extremo do pergamiño. No anverso, unha franxa de cor azul (C:70 M:15 Y:0 K:0) e de 35 mm de ancho que ocupará a diagonal interior de esquerda a dereita. Na parte superior, centrada, figurará a imaxe logotipada do escudo de Galicia na súa cor azul corporativa (C:100 M:35 Y:0 K:0). O texto literal é o que aparece no deseño. Irá selado e asinado pola persoa titular do órgano directivo competente en materia de coordinación de policías locais.

missing image file

B) Distintivo de 25 anos de permanencia.

1. Medalla.

Consistirá nunha peza ovalada de 16 mm de ancho por 21 mm de alto, de metal prateado, que representa a imaxe logotipada do escudo de Galicia, rodeada por unha bordura de esmalte branco de 5 mm de grosor. Baixo esta peza, un filacterio de esmalte branco cargado coa lenda «POLICÍA LOCAL». Todo este conxunto, orlado por un deseño de placa policial labrada de dezaseis raios, tamén de metal prateado e de 38 mm de ancho por 40 mm de alto. Leva unha bóla con argola soldada á súa parte superior do mesmo metal para o paso da súa cinta. O total da medalla, con inclusión da argola, será de 50 mm de alto.

A cinta da cal vai suspendida a medalla será de 30 mm de ancho por 45 mm de alto, de cor branca, con dúas franxas lonxitudinais de 6 mm de ancho de cor azul (C:70 M:15 Y:0 K:0), situadas, respectivamente, a 8 mm de cada un dos bordos da cinta, segundo o deseño anexo.

2. Pasador.

Estará constituído pola cinta coas cores descritas, de 30 mm de ancho por 10 mm de alto, montada sobre un soporte de metal dourado e enmarcada por dúas barras laterais do dito metal. No centro da cinta levará un óvalo de metal prateado de 6 mm de ancho por 8 mm de alto, que representa a imaxe logotipada do escudo de Galicia. Na súa parte posterior levará un sistema de suxeición axeitado para poder fixalo ao uniforme.

3. Insignia de lapela.

Para o seu uso na lapela, de tipo insignia, levará unha reprodución da medalla anteriormente descrita, sen cinta, que conforma un conxunto de 15 mm de ancho por 16 mm de alto. Levará un sistema de suxeición que permita o seu emprego tanto sobre o ollal como sobre o tecido.

missing image file

4. Diploma.

O diploma é a certificación da concesión do distintivo. Realizarase en papel tipo pergamiño, en cor branca, de 297 mm de ancho por 210 mm de alto, reberetado en todo o seu contorno por unha franxa gris (C:0 M:0 Y:0 K:70) de 4 mm de ancho, a unha distancia de 10 mm do extremo do pergamiño. No anverso, unha franxa de cor azul (C:70 M:15 Y:0 K:0) e de 35 mm de ancho que ocupará a diagonal interior de esquerda a dereita. Na parte superior, centrada, figurará a imaxe logotipada do escudo de Galicia na súa cor azul corporativa (C:100 M:35 Y:0 K:0). O texto literal é o que aparece no deseño. Irá selado e asinado pola persoa titular do órgano directivo competente en materia de coordinación de policías locais.

missing image file

C) Distintivo de 35 anos de permanencia.

1. Medalla.

Consistirá nunha peza ovalada de 16 mm de ancho por 21 mm de alto, de metal dourado, que representa a imaxe logotipada do escudo de Galicia, rodeada por unha bordura de esmalte branco de 5 mm de grosor. Baixo esta peza, un filacterio de esmalte branco cargado coa lenda «POLICÍA LOCAL». Todo este conxunto, orlado por un deseño de placa policial labrada de dezaseis raios, tamén de metal dourado e de 38 mm de ancho por 40 mm de alto. Leva unha bóla con argola soldada á súa parte superior, do mesmo metal, para o paso da súa cinta. O total da medalla, con inclusión da argola, será de 50 mm de alto.

A cinta da cal vai suspendida a medalla será de 30 mm de ancho por 45 mm de alto, de cor branca, con dúas franxas lonxitudinais de 6 mm de ancho de cor azul (C:70 M:15 Y:0 K:0), situadas, respectivamente, a 8 mm de cada un dos bordos da cinta, segundo o deseño anexo.

2. Pasador.

Estará constituído pola cinta coas cores descritas, de 30 mm de ancho por 10 mm de alto, montada sobre un soporte de metal dourado e enmarcada por dúas barras laterais do dito metal. No centro da cinta levará un óvalo de metal dourado de 6 mm de ancho por 8 mm de alto, que representa a imaxe logotipada do escudo de Galicia. Na súa parte posterior levará un sistema de suxeición axeitado para poder fixalo ao uniforme.

3. Insignia de lapela.

Para o seu uso na lapela, de tipo insignia, levará unha reprodución da medalla anteriormente descrita, sen cinta, que conforma un conxunto de 15 mm de ancho por 16 mm de alto. Levará un sistema de suxeición que permita o seu emprego tanto sobre o ollal como sobre o tecido.

missing image file

4. Diploma.

O diploma é a certificación da concesión do distintivo. Realizarase en papel tipo pergamiño, en cor branca, de 297 mm de ancho por 210 mm de alto, reberetado en todo o seu contorno por unha franxa gris (C:0 M:0 Y:0 K:70) de 4 mm de ancho, a unha distancia de 10 mm do extremo do pergamiño. No anverso, unha franxa de cor azul (C:70 M:15 Y:0 K:0) e de 35 mm de ancho que ocupará a diagonal interior de esquerda a dereita. Na parte superior, centrada, figurará a imaxe logotipada do escudo de Galicia na súa cor azul corporativa (C:100 M:35 Y:0 K:0). O texto literal é o que aparece no deseño. Irá selado e asinado pola persoa titular do órgano directivo competente en materia de coordinación de policías locais.

missing image file

ANEXO V

Encomenda de dedicación ao servizo policial

1. Medalla.

Consistirá nunha peza ovalada de 16 mm de ancho por 21 mm de alto, de metal dourado, que representa a imaxe logotipada do escudo de Galicia, rodeada por unha bordura de esmalte branco de 5 mm de grosor. Baixo esta peza, un filacterio de esmalte branco cargado coa lenda «POLICÍA LOCAL». Todo o conxunto colado nunha cruz de prata de brazos iguais e simétricos de 40 mm ancho por 40 mm de alto. Leva unha bóla con argola soldada á súa parte superior, do mesmo metal, para o paso da súa cinta. O total da medalla, con inclusión da argola, será de 50 mm de alto.

A cinta da cal vai suspendida a medalla será de 30 mm de ancho por 45 mm de alto, de cor branca, con dúas franxas lonxitudinais de 4 mm de ancho, de cor azul (C:70 M:15 Y:0 K:0), situadas, respectivamente, a 5 mm de cada un dos bordos da cinta, segundo o deseño anexo.

2. Pasador.

Estará constituído pola cinta coas cores descritas, de 30 mm de ancho por 10 mm de alto, montada sobre un soporte de metal dourado e enmarcada por dúas barras laterais do dito metal. Na súa parte posterior levará un sistema de suxeición axeitado para poder fixalo ao uniforme.

3. Insignia de lapela.

Para o seu uso na lapela, de tipo insignia, levará unha reprodución da medalla anteriormente descrita, sen cinta, que conforma un conxunto de 16 mm de ancho por 16 mm de alto. Levará un sistema de suxeición que permita o seu emprego tanto sobre o ollal como sobre o tecido.

missing image file

4. Diploma.

O diploma é a certificación da concesión da distinción. Realizarase en papel tipo pergamiño, en cor branca, de 297 mm de ancho por 210 mm de alto, reberetado en todo o seu contorno por unha franxa gris (C:0 M:0 Y:0 K:70) de 4 mm de ancho, a unha distancia de 10 mm do extremo do pergamiño. No anverso, unha franxa de cor azul (C:70 M:15 Y:0 K:0) e de 35 mm de ancho que ocupará a diagonal interior de esquerda a dereita. Na parte superior, centrada, figurará a imaxe logotipada do escudo de Galicia na súa cor azul corporativa (C:100 M:35 Y:0 K:0). O texto literal é o que aparece no deseño. Irá selado e asinado pola persoa titular do órgano directivo competente en materia de coordinación de policías locais.

missing image file

ANEXO VI

Diploma que acredita a concesión de felicitacións públicas

O diploma é a certificación da concesión da felicitación. Realizarase en papel tipo pergamiño, en cor branca, de 297 mm de ancho por 210 mm de alto, reberetado en todo o seu contorno por unha franxa gris (C:0 M:0 Y:0 K:70) de 4 mm de ancho, a unha distancia de 10 mm do extremo do pergamiño. No anverso, unha franxa de cor azul (C:70 M:15 Y:0 K:0) e de 35 mm de ancho que ocupará a diagonal interior de esquerda a dereita. Na parte superior, centrada, figurará a imaxe logotipada do escudo de Galicia na súa cor azul corporativa (C:100 M:35 Y:0 K:0). O texto literal é o que aparece no deseño. Irá selado e asinado pola persoa titular do órgano directivo competente en materia de coordinación de policías locais.

missing image file