DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Martes, 30 de decembro de 2025 Páx. 66584

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social e Igualdade

ORDE do 26 de decembro de 2025 pola que se fai público o incremento do crédito previsto na Orde do 16 de xuño de 2025, pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas e do imposto de sociedades, xestionado por esta consellería (código de procedemento BS623D).

Con data do 30 de xuño de 2025 publicouse no Diario Oficial de Galicia número 123 a Orde do 16 de xuño de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas e do imposto de sociedades, xestionado por esta consellería (código de procedemento BS623D).

O financiamento da convocatoria atópase distribuído nas correspondentes aplicacións orzamentarias de cada centro directivo, de acordo co seguinte detalle:

Liñas de actuación

Aplicación

Importe €

Liña I. Actuacións no ámbito da familia, infancia e dinamización demográfica

08.02.312B.481.1

2.333.015,00

Liña II. Actuacións de inclusión social

08.03.313C.481.6

9.053.585,20

Liña III. Actuacións de promoción da autonomía persoal e apoio de persoas con discapacidade

08.04.312E.481.1

6.582.966,00

Liña IV. Proxectos de investimento e adecuación de centros e unidades de atención destinados a persoas con discapacidade

08.04.312E.781.0

4.390.120,00

Liña V. Proxectos de investimento destinados á inclusión social

08.03.313C.781.0

2.242.233,75

Liña VI. Actuacións de promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e loita contra a violencia de xénero

08.07.313B.481.2

1.344.018,51

Liña VII. Actuacións de promoción da autonomía persoal e apoio de persoas maiores

08.05.312E.481.1

4.528.610,00

Liña VIII. Proxectos de investimento e adecuación de centros e unidades de atención destinados a persoas maiores ou a persoas dependentes

08.05.312E.781.1

2.131.111,00

Liña IX. Proxectos de investimento e adecuación de centros destinados á infancia do sistema de protección e reforma xuvenil

08.02.312B.781.0

676.091,04

Total

33.281.750,50

No seu artigo 2.2, segundo o disposto no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, está prevista a ampliación excepcional da contía máxima dos créditos dispoñibles cando o aumento veña derivado dunha xeración, ampliación ou incorporación de crédito ou existan remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo.

Debido a que o crédito previsto na citada orde non resulta suficiente para atender todas as solicitudes cuxo obxecto é susceptible de subvención, e dado que existe crédito dispoñible nas aplicacións orzamentarias con cargo ás cales se financia a convocatoria e se cumpren os requisitos establecidos nos citados artigos, considérase oportuno incrementalo co obxecto de repartir entre as entidades de iniciativa social que concorran á convocatoria de axudas a totalidade dos fondos recadados para este fin, de acordo coas puntuacións obtidas por cada unha delas.

Por todo o exposto e no uso das facultades que me foron conferidas,

RESOLVO:

Artigo único. Incremento do crédito

Increméntase o crédito destinado ao financiamento das axudas previstas na Orde do 16 de xuño de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas e do imposto de sociedades, xestionado por esta consellería (código de procedemento BS623D).

O importe total do citado incremento é dun millón oitocentos dezaseis mil cincocentos catro euros con corenta e seis céntimos (1.816.504,46 €), consignado nas aplicacións orzamentarias seguintes en función das liñas de actuación subvencionables relacionadas no artigo 5 da Orde do 16 de xuño de 2025:

Liñas de actuación

Aplicación

Importe da ampliación

Liña II. Actuacións de inclusión social

08.03.313C.481.6

792.298,14 €

Liña IV. Proxectos de investimento e adecuación de centros e unidades de atención destinados a persoas con discapacidade

08.04.312E.781.1

593.382,88 €

Liña VI. Actuacións de promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e loita contra a violencia de xénero

08.07.313B.481.2

70.690,23 €

Liña VII. Actuacións de promoción da autonomía persoal e apoio de persoas maiores

08.05.312E.481.1

244.900,00 €

Liña VIII. Proxectos de investimento e adecuación de centros e unidades de atención destinados a persoas maiores ou a persoas dependentes

08.05.312E.781.1

115.233,21 €

Total

1.816.504,46 €

Do importe consignado na aplicación 08.03.313C.481.6, que financia as actuacións comprendidas na liña II, destinarase unha contía de 95.000 € ás actuacións de tipoloxía II.2. Actuacións dirixidas a persoas sen fogar e en exclusión residencial grave; e unha contía de 697.298,14 € ao resto de programas dirixidos á inclusión social previstos nesta liña, sen incluír as actuacións de tipoloxía II.1.

A publicación desta orde non supón a apertura dun novo prazo de presentación de solicitudes.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de decembro de 2025

Fabiola García Martínez
Conselleira de Política Social e Igualdade