
O 20 de agosto de 2025 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 31 de xullo de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras de axudas para o fortalecemento e a ampliación das capacidades dos centros tecnolóxicos galegos mediante o apoio á creación e a mellora de infraestruturas tecnolóxicas e de investigación cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025.
A dita resolución foi modificada pola Resolución da directora da Axencia Galega de Innovación do 23 de setembro de 2025 (DOG número 186, do 26 de setembro), pola cal se amplía o prazo de presentación de solicitudes ata o día 13 de outubro do 2025.
Conforme o artigo 7 das bases reguladoras, relativo ao financiamento, as subvencións financiaranse con cargo ao capítulo VII do orzamento da Axencia Galega de Innovación, coa seguinte aplicación orzamentaria:
|
Aplicación orzamentaria |
2025 |
2026 |
2027 |
2028 |
Total |
|
07.A2.561A.781.0 2023.00003 |
500.000 € |
2.800.000 € |
3.675.000 € |
2.775.000 € |
9.750.000 € |
O número 2 do artigo 10 establece que para a anualidade 2025 só se admitirán os gastos realizados dentro do período comprendido entre a data de presentación da solicitude de subvención e a data límite de execución do gasto establecida no artigo 28 desta resolución.
No punto 5 do artigo 24 das bases reguladoras, sobre a resolución e notificación, indícase que:
«O prazo máximo para resolver e notificarlle a resolución á persoa interesada será de tres meses, contados a partir do día seguinte ao da finalización do prazo de presentación de solicitudes.
Se transcorrese o prazo máximo para resolver sen ditarse resolución expresa, as persoas interesadas poderán entender desestimadas as súas solicitudes por silencio administrativo».
O artigo 28 das bases reguladoras, relativo á xustificación da subvención, establece os seguintes prazos para ter dereito ao pagamento da axuda: o prazo de execución da anualidade 2025, isto é, o prazo de emisión das facturas (realización de gastos) e realización de pagamentos é desde a data de presentación da solicitude ata o 31 de decembro de 2025. O prazo de xustificación da anualidade 2025, isto é, o prazo para a presentación da documentación é o 31 de xaneiro de 2026.
A ampliación do prazo de presentación de solicitudes, a dificultade no estudo e a análise da documentación achegada nalgúns dos proxectos presentados, xunto coa coincidencia do peche de exercicio para emitir documentos contables de compromiso de gasto, imposibilitan resolver a convocatoria antes do prazo de execución da primeira anualidade 2025.
Polo tanto, modifícanse os prazos de execución e xustificación das anualidades e anúlase o crédito correspondente á anualidade 2025, que se transfiere á anualidade 2026.
Consecuentemente con todo o anterior, a directora da Axencia Galega de Innovación, no exercicio das facultades que lle confire o artigo 17.3 do Decreto 50/2012, do 12 de xaneiro, polo que se crea a Axencia Galega de Innovación,
RESOLVE:
Primeiro. Modificación da Resolución do 31 de xullo de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o fortalecemento e a ampliación das capacidades dos centros tecnolóxicos galegos mediante o apoio á creación e a mellora de infraestruturas tecnolóxicas e de investigación, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento IN607E).
Un. Modifícase o número 1 do artigo 7. Financiamento e concorrencia, que queda redactado nos seguintes termos:
«1. As subvencións financiaranse con cargo ao capítulo VII do orzamento da Axencia Galega de Innovación, coa aplicación orzamentaria indicada na táboa seguinte:
|
Aplicación orzamentaria |
2026 |
2027 |
2028 |
Total |
|
|
07.A2.561A.781.0 2023.00003 |
3.300.000 € |
3.675.000 € |
2.775.000 € |
9.750.000 € |
». |
Dous. Modifícase o número 2 do artigo 10. Gastos subvencionables, que queda redactado nos seguintes termos:
«2. Para a anualidade 2026 só se admitirán os gastos realizados dentro do período comprendido entre a data de presentación da solicitude de subvención, e que non sexan anteriores ao último trimestre do ano 2025, e a data límite de execución de gasto establecida no artigo 28 desta resolución.
Para o resto de anualidades, admitiranse os gastos realizados dentro do período comprendido entre a data límite de execución de gasto da anualidade anterior e a data límite de execución de gasto da anualidade corrente».
Tres. Modifícase o número 5 do artigo 24. Resolución e notificación, nos seguintes termos:
«5. O prazo máximo para resolver e notificarlle a resolución á persoa interesada será o 31 de marzo de 2026».
Catro. Modifícase o número 2 do artigo 28. Xustificación da subvención, que queda redactado nos seguintes termos:
«2. Prazos de execución e de xustificación:
a) Prazos de execución:
Períodos de emisión das facturas (realización de gastos) e realización de pagamentos dos gastos executados:
|
Emisión das facturas (realización de gastos) e realización de pagamentos dos gastos executados |
||
|
Anualidade 2026 |
Desde |
Data da presentación da solicitude e que non sexan anteriores ao último trimestre do ano 2025 |
|
Ata |
31 de decembro de 2026 |
|
|
Anualidade 2027 |
Desde |
1 de xaneiro de 2027 |
|
Ata |
31 de outubro de 2027 |
|
|
Anualidade 2028 |
Desde |
1 de novembro de 2027 |
|
Ata |
30 de setembro de 2028 |
b) Prazos de xustificación (presentación da documentación):
|
Presentación da documentación xustificativa |
||
|
Anualidade 2026 |
Ata |
31 de xaneiro de 2027 |
|
Anualidade 2027 |
Ata |
30 de novembro de 2027 |
|
Anualidade 2028 |
Ata |
15 de outubro de 2028 |
En todo caso, considerarase gasto realizado o que foi efectivamente pagado con anterioridade á finalización do prazo de execución».
Disposición derradeira única. Entrada en vigor
Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 8 de xaneiro de 2026
Carmen Cotelo Queijo
Directora da Axencia Galega de Innovación
