
O 12 de agosto de 2025 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 29 de xullo de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o programa Nexos para fomentar a cooperación entre as pemes e os demais axentes do Sistema rexional de innovación, a través do apoio a proxectos colaborativos de investigación, desenvolvemento e innovación orientados ao mercado e aliñados cos retos e prioridades identificados na RIS3 Galicia 2021-2027, cofinanciadas pola Unión Europea nun 60 % no marco do programa de Galicia Feder 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento IN852A).
A dita resolución foi modificada pola Resolución da directora da Axencia Galega de Innovación do 29 de xullo de 2025 (DOG núm. 155, do 14 de agosto), pola que se corrixen os prazos de execución da convocatoria.
Conforme o artigo 6 das bases reguladoras, relativo ao financiamento, as subvencións financiaranse, con cargo ao capítulo VII do orzamento da Axencia Galega de Innovación, na seguinte aplicación orzamentaria:
|
Aplicación orzamentaria |
2025 |
2026 |
2027 |
2028 |
Total |
|
07.A2.561A.770.0 (CP: 2023-00002) |
520.000 € |
7.400.000 € |
12.400.000 € |
7.680.000 € |
28.000.000 € |
O punto 5 do artigo 8 establece que para a anualidade 2025 só se admitirán aqueles custos que fosen realizados dentro do período comprendido entre a data de presentación de solicitude de subvención e a data límite de execución establecida no artigo 33.2.a).
No punto 5 do artigo 29 das bases reguladoras, sobre a resolución e notificación, indícase que:
«O prazo máximo para resolver e notificar a resolución á persoa interesada será de tres meses, contados a partir do día seguinte ao da finalización do prazo de presentación de solicitudes.
Se transcorrese o prazo máximo para resolver sen ditarse resolución expresa, as persoas interesadas poderán entender desestimadas as súas solicitudes por silencio administrativo».
O artigo 33 das bases reguladoras, relativo á xustificación da subvención establece os seguintes prazos para ter dereito ao pagamento da axuda: o prazo de execución da anualidade 2025, isto é, o período de execución dos gastos subvencionables, é desde a data de presentación da solicitude ata o 31 de decembro de 2025. O prazo de xustificación da anualidade 2025, isto é, o prazo para a presentación da documentación é o 31 de xaneiro de 2026.
O elevado número de proxectos presentados (44) e de entidades participantes (145), a dificultade no estudo e análise da documentación achegada nalgúns deles, e a recente publicación da orde do peche de exercicio para o ano 2025, que impide emitir documentos contables de compromiso de gasto (DOG núm. 239, do 11 de decembro de 2025), imposibilitan resolver a convocatoria antes do prazo de execución da primeira anualidade 2025.
Polo tanto, modifícanse os prazos de execución e xustificación das anualidades e anúlase o crédito correspondente á anualidade 2025, transferíndoo á anualidade 2026.
Consecuentemente con todo o anterior, a directora da Axencia Galega de Innovación, no exercicio das facultades que lle confire o artigo 17.3 do Decreto 50/2012, do 12 de xaneiro, polo que se crea a Axencia Galega de Innovación,
RESOLVE:
Primeiro. Modificación da Resolución do 29 de xullo de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o programa Nexos para fomentar a cooperación entre as pemes e os demais axentes do Sistema rexional de innovación, a través do apoio a proxectos colaborativos de investigación, desenvolvemento e innovación orientados ao mercado e aliñados cos retos e prioridades identificados na RIS3 Galicia 2021-2027, cofinanciadas pola Unión Europea nun 60 % no marco do programa de Galicia Feder 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento IN852A).
Un. Modifícase o punto 1 do artigo 6, Financiamento, que queda redactado nos seguintes termos:
«1. As subvencións financiaranse con cargo ao capítulo VII do orzamento da Axencia Galega de Innovación, na aplicación orzamentaria sinalada neste artigo:
|
Aplicación orzamentaria |
2026 |
2027 |
2028 |
Total |
|
|
07.A2.561A.770.0 (CP:2023-00002) |
7.920.000€ |
12.400.000 € |
7.680.000 € |
28.000.000 € |
». |
Dous. Modifícase o punto 5 do artigo 8, Custos subvencionables, que queda redactado nos seguintes termos:
«5. Para a anualidade 2026 só se admitirán aqueles custos que fosen realizados dentro do período comprendido entre a data de presentación de solicitude de subvención e que non sexan anteriores ao último trimestre do ano 2025 e a data límite de execución establecida no artigo 33.2.a) desta resolución. Para estes efectos, considérase como data de presentación a que corresponde á solicitude do líder da agrupación.
Para o resto das anualidades, admitiranse os custos realizados dentro do período comprendido entre a data límite de execución da anualidade anterior e a data límite de execución da anualidade corrente».
Tres. Modifícase o punto 5 do artigo 29.
Resolución e notificación, que queda redactada nos seguintes termos:
«O prazo máximo para resolver e notificarlle a resolución ao interesado será o 31 de marzo de 2026».
Catro. Modifícase o punto 2 do artigo 33.
Xustificación da subvención, que queda redactado nos seguintes termos:
«2. Prazos de execución e de xustificación:
a) Prazos de execución:
Períodos de execución dos gastos subvencionables:
|
Anualidade 2026 |
Desde |
Data da presentación da solicitude e que non sexan anteriores ao último trimestre do ano 2025 |
|
Ata |
31 de outubro de 2026 |
|
|
Anualidade 2027 |
Desde |
1 de novembro de 2026 |
|
Ata |
31 de outubro de 2027 |
|
|
Anualidade 2028 |
Desde |
1 de novembro de 2027 |
|
Ata |
30 de setembro de 2028 |
b) Prazos de xustificación (presentación da documentación):
|
Presentación da documentación xustificativa |
|||
|
Anualidade 2026 |
Ata |
31 de xaneiro de 2027 |
|
|
Anualidade 2027 |
Ata |
30 de novembro de 2027 |
|
|
Anualidade 2028 |
Ata |
15 de outubro de 2028 |
». |
Disposición derradeira única. Entrada en vigor
Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 8 de xaneiro de 2026
Carmen Cotelo Queijo
Directora da Axencia Galega de Innovación
