DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Venres, 16 de xaneiro de 2026 Páx. 4279

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 2025 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para a iniciativa Industria Innova, dirixidas ao impulso de proxectos de desenvolvemento da innovación no sector industrial galego, orientados a mellorar a súa capacidade mediante o impulso de proxectos de investigación industrial, desenvolvemento experimental e a innovación de procesos e organización, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, e se convocan para os anos 2026, 2027 e 2028 en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento IG530B).

O Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (en diante, Igape), na súa xuntanza do día 24 de novembro de 2025, acordou, por unanimidade dos membros asistentes, aprobar as bases reguladoras das axudas para a iniciativa Industria Innova, dirixidas ao impulso de proxectos de desenvolvemento da innovación no sector industrial galego, orientados a mellorar a súa capacidade mediante o impulso de proxectos de investigación industrial, desenvolvemento experimental e a innovación de procesos e organización, e facultou a persoa titular da dirección xeral para a súa convocatoria, a aprobación dos créditos e a publicación no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude, e de conformidade coas facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Primeiro. Publicar as bases reguladoras das axudas do Igape para a iniciativa Industria Innova, dirixidas ao impulso de proxectos de desenvolvemento da innovación no sector industrial galego, orientados a mellorar a súa capacidade mediante o impulso de proxectos de investigación industrial, desenvolvemento experimental e a innovación de procesos e organización, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, e convocalas para os anos 2026, 2027 e 2028 en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento IG530B).

Segundo. A convocatoria de axudas ten unha dotación de 30.000.000 €, cofinanciada pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, cunha taxa de cofinanciamento do 60 % do gasto elixible, computándose como cofinanciamento nacional o investimento privado elixible das persoas beneficiarias polo 40 % restante.

En particular:

Obxectivo político OP1: unha Europa máis competitiva e intelixente, promovendo unha transformación económica innovadora e intelixente e unha conectividade rexional ás tecnoloxías da información e da comunicación.

Prioridade P1A: transición dixital e intelixente.

Obxectivo específico 1.1: desenvolver e mellorar as capacidades de investigación e innovación e asimilar tecnoloxías avanzadas.

Tipo de acción (CPSO) 1.1.3: proxectos de I+D centrados en tecnoloxías industriais innovadoras para apoiar as empresas na súa transición industrial en liña coas prioridades europeas en materia de dixitalización e pacto verde.

Subtipo de acción (CPSO) 1.1.3.1: Iniciativa fábrica intelixente e sustentable, orientada a proxectos de investigación industrial, desenvolvemento experimental e innovación.

Respecto aos tipos de intervención, neste tipo de acción prevese o seguinte, coa súa correspondente previsión da axuda Feder:

010. Actividades de investigación e innovación en pemes, incluída a creación de redes.

011. Actividades de investigación e innovación en grandes empresas, incluída a creación de redes.

028. Transferencia de tecnoloxía e cooperación entre empresas, centros de investigación e o sector da ensinanza superior.

Os indicadores de realización son os seguintes:

RCO01 Empresas apoiadas (empresas).

RCO02 Empresas apoiadas a través de subvencións (empresas).

RC007 Organizacións de investigación que participan en proxectos conxuntos de investigación (institucións de investigación).

O indicador de resultado é o seguinte:

RCR02 Investimentos privados que acompañan o apoio público (euros).

Terceiro. Esta convocatoria tramítase de conformidade co disposto no artigo 25 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (en diante, Decreto 11/2009), no cal se establece a tramitación anticipada de expedientes de gasto, condicionando a concesión destas axudas á existencia de crédito adecuado e suficiente no momento da resolución de concesión.

Cuarto. O prazo de presentación das solicitudes da axuda comezará a computar a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e será de dous meses contados desde as 9.00 horas do día de inicio do prazo e ata as 14.00 horas do día en que se cumpra o citado prazo de dous meses.

Quinto. Créditos

Os créditos dispoñibles para concesións aboaranse con cargo á seguinte aplicación orzamentaria e polos seguintes importes e distribución plurianual:

Partida orzamentaria

Ano 2026

Ano 2027

Ano 2028

Total

09.A1.561A.770.06

6.875.000 €

16.250.0000 €

6.875.000 €

30.000.000,00 €

Os proxectos que pertenzan ao ámbito estratéxico de sector automoción galego terán unha reserva do 50 % do crédito no ámbito desta convocatoria.

Esta reserva de crédito responde ao importante desafío que afronta a industria da automoción galega, identificado no Plan director de automoción 2025-2027, co propósito de garantir que o sector manteña a súa competitividade nun contexto de transformación acelerada.

A través desta liña de apoio preténdese mitigar os impactos máis inmediatos derivados deste proceso e proporcionar ao sector un soporte sólido na súa transición cara a unha mobilidade sustentable. Así mesmo, esta axuda busca impulsar a promoción e o avance tecnolóxico da cadea de valor, mediante o deseño e execución de proxectos de I+D+i que reforcen a capacidade innovadora e estratéxica das empresas.

A persoa titular da Dirección Xeral do Igape poderá ampliar o crédito, logo de declaración da súa dispoñibilidade, como consecuencia das circunstancias establecidas no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (en diante, Decreto 11/2009), mediante resolución publicada para o efecto.

No relativo aos créditos, estes poderán redistribuírse na concesión en función das solicitudes recibidas co obxectivo de maximizar a execución do orzamento, feito que se fará constar de xeito expreso na resolución de concesión.

Sexto. Prazos

O prazo máximo para resolver e publicar a resolución será de cinco meses desde a publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia e, transcorrido este, poderase entender rexeitada por silencio administrativo a solicitude de concesión da axuda.

O prazo de execución dos proxectos de I+D+i non poderá superar o 30 de setembro de 2028.

Os prazos de execución por anualidades son os seguintes:

Ano 2026

Desde

Data de presentación da solicitude

Ata

31 de decembro de 2026

Ano 2027

Desde

1 de xaneiro de 2027

Ata

30 de novembro de 2027

Ano 2028

Desde

1 de decembro de 2027

Ata

30 de setembro de 2028

As entidades beneficiarias das axudas deberán presentar a documentación xustificativa nas seguintes datas límite:

Ano 2026

Ata

31 de xaneiro de 2027

Ano 2027

Ata

30 de novembro de 2027

Ano 2028

Ata

31 de outubro de 2028

Os gastos relativos ao mes de decembro de 2027 imputaranse á anualidade 2028.

As entidades solicitantes poderán solicitar pagamentos anticipados e deberán facer constar se optan por esta modalidade de pagamento na solicitude da subvención, marcando para iso a casa habilitada para ese efecto no formulario de solicitude da axuda, segundo as seguintes porcentaxes.

– Primeira anualidade: ata o 100 % da subvención concedida desta anualidade.

– Anualidades sucesivas: ata o 50 % da subvención concedida en cada anualidade.

Sétimo. De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, transmitiranse á Base de datos nacional de subvencións a información requirida por esta, o texto da convocatoria para a súa publicación na citada base e o seu extracto no Diario Oficial de Galicia. A cesión de datos de carácter persoal que se lle debe efectuar á Intervención Xeral da Administración do Estado, para os efectos de publicar as subvencións concedidas na Base de datos nacional de subvencións, non requirirá o consentimento da entidade beneficiaria.

Oitavo. Os requisitos das letras c), e), f), h), i), k), l), m) e n) do artigo 20.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (en diante, Lei 9/2007), indícanse nas bases anexas desta resolución.

Santiago de Compostela, 30 de decembro de 2025

Covadonga Toca Carús
Directora xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

Bases reguladoras das axudas para a iniciativa Industria Innova, dirixidas ao impulso de proxectos de desenvolvemento da innovación no sector industrial galego, orientados a mellorar a súa capacidade mediante o impulso de proxectos de investigación industrial, desenvolvemento experimental e a innovación de procesos e organización

A Constitución española, no seu artigo 44.2, obriga os poderes públicos a promover a ciencia e a investigación científica e técnica en beneficio do interese xeral. Ademais, establece no artigo 149.1.15 que o fomento e a coordinación da investigación científica e técnica son competencia exclusiva do Estado. Pola súa banda, o Estatuto de autonomía de Galicia recolle no artigo 27.19 que lle corresponde á Comunidade Autónoma galega a competencia do fomento da cultura e da investigación en Galicia, sen prexuízo do establecido no artigo 149.2 da Constitución.

A Lei 5/2013, do 30 de maio, de fomento da investigación e da innovación de Galicia, no seu artigo 1 establece como obxectivo xeral o fomento da investigación científica e a innovación tecnolóxica para promover o desenvolvemento económico, social e produtivo de Galicia. Esta lei, no capítulo III, crea o Plan galego de investigación e innovación como unha ferramenta encamiñada ao logro deste obxectivo.

A Consellería de Economía e Industria, no recente Decreto 140/2024, do 20 de maio, onde se define a súa estrutura orgánica, establece entre as súas funcións a promoción e dinamización da economía, o impulso e a coordinación da política económica e industrial, así como o apoio xeral ao sector empresarial, fomentando a mellora da competitividade das empresas, incidindo no desenvolvemento tecnolóxico e na innovación, na transformación dixital, na sustentabilidade e na internacionalización.

O Igape, como ente de dereito público é responsable, conforme a súa lei de creación, de definir a iniciativa e os programas de promoción e fomento do desenvolvemento rexional en colaboración coas distintas administracións e con outros entes públicos de promoción para contribuír á dinamización da economía de Galicia, impulsando a capacidade de innovación, a explotación das vantaxes propias e dos factores endóxenos, a atracción de investimentos, a competitividade da economía e o conxunto de actuacións de asesoramento, promoción, información e apoio que exixa o cumprimento dos seus obxectivos. Pola súa vez focalizará, entre outras competencias, o fomento e promoción da innovación empresarial no sistema produtivo rexional como resposta directa para impulsar o crecemento e a competitividade empresarial.

A Resolución do 28 de maio de 2024, do Igape, pola que se crea unha nova área de innovación empresarial dentro da súa estrutura organizativa, introduce a misión de promocionar, avanzar e incrementar o sistema de innovación galego no tecido produtivo e na empresa, coordinando e colaborando na mellora da innovación do sistema económico galego a través da transferencia ao tecido produtivo dos resultados da investigación e desenvolvemento, co obxectivo de incrementar a capacidade competitiva da empresa galega.

O 8 de abril de 2022, o Consello da Xunta de Galicia adoptou o acordo mediante o cal se aproba a Estratexia de especialización intelixente (RIS3) de Galicia 2021-2027, que define o marco para as políticas de investigación e innovación na Comunidade Autónoma para este período. Como instrumento de planificación operativa para a súa implementación entre 2025 e 2027, o Consello da Xunta aprobou, o 3 de febreiro de 2025, o Plan galego de investigación e innovación 2025-2027.

A RIS3, no período 2021-2027, aborda a través da I+D+i 3 grandes retos da economía e da sociedade galega. Para darlles resposta, a estratexia, por unha banda, orienta as capacidades e os esforzos de investigación e innovación en Galicia cara a tres prioridades temáticas transversais e, pola outra, reforza e impulsa o ecosistema galego de innovación a través de cinco obxectivos estratéxicos arredor dos cales articula os instrumentos e as actuacións que se van desenvolver integrados nos correspondentes programas.

Neste contexto, o segundo reto da RIS3 consiste en desenvolver un modelo industrial sustentado na competitividade e no coñecemento, incrementando a intensidade tecnolóxica da estrutura industrial de Galicia a través das tecnoloxías facilitadoras esenciais e da evolución das cadeas de valor. Desta forma, preténdese fomentar a innovación nos modelos produtivos dos principais sectores industriais galegos para conseguir unha mellora da súa produtividade de forma sustentable como garantía da súa competitividade a nivel internacional. En relación con este reto, as dúas prioridades para avanzar no necesario proceso de transformación industrial son a sustentabilidade e a dixitalización das cadeas de valor, non só na xeración de novos produtos, senón tamén na mellora dos procesos produtivos. Nesta liña, a RIS3 impulsa a fabricación avanzada e intelixente nas cadeas de valor galegas como un ámbito de priorización concreto, así como a economía circular, a simbiose industrial e a descarbonización das cadeas de valor.

En consecuencia, esta convocatoria enmárcase na RIS3 de Galicia 2021-2027 respondendo ao reto 2 (Un modelo industrial sustentado na competitividade e no coñecemento) a través das prioridades 1 (sustentabilidade) e 2 (dixitalización), incidindo concretamente nos ámbitos de priorización: biotecnoloxía agraria, mariña, industrial e ecolóxica; descarbonización das cadeas de valor; economía circular e simbiose industrial, eficiencia enerxética en procesos produtivos, en construción e en mobilidade, así como na fabricación avanzada e intelixente. Ten como obxectivo estratéxico completar e consolidar as cadeas de valor (obxectivo estratéxico 3), polo que se integra no programa Completa e transfire da RIS3 de Galicia 2021-2027 e no programa Colaboración estratéxica do Plan galego de investigación e innovación 2025-2027.

A estas bases reguladoras aplícaselles o principio de «non causar un prexuízo significativo no ambiente» (DNSH, polas súas siglas en inglés), isto é, que ningunha das actuacións promovidas nestas bases incide negativamente en ningún dos seis obxectivos ambientais recollidos no artigo 17 do Regulamento (UE) núm. 2020/852: mitigación do cambio climático, adaptación ao cambio climático, uso sustentable e protección dos recursos hídricos e mariños, transición cara a unha economía circular, prevención e control da contaminación, e protección e recuperación da biodiversidade e dos ecosistemas.

O procedemento de concesión destas axudas tramitarase en réxime de concorrencia competitiva e axustarase ao establecido no Regulamento (UE) núm. 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado da Unión.

Para acadar estes obxectivos poderanse publicar diferentes convocatorias en concorrencia competitiva, que serán publicadas no Diario Oficial de Galicia mediante resolución da persoa titular da Dirección Xeral do Igape. As convocatorias incluirán o procedemento de tramitación, o prazo de presentación de solicitudes e os créditos asignados.

Artigo 1. Obxecto da convocatoria

1. Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases reguladoras polas que se rexerá a concesión de axudas do Igape ao abeiro da convocatoria da iniciativa Industria Innova, un programa de apoio ao desenvolvemento da innovación das empresas galegas orientado a mellorar a súa capacidade mediante o impulso de proxectos de investigación industrial, desenvolvemento experimental e da innovación de procesos e organización.

2. Así mesmo, por medio desta resolución convócanse as devanditas axudas para os anos 2026, 2027 e 2028 en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva (código de procedemento IG530B); as axudas concedidas no marco desta resolución axustaranse ao establecido no Regulamento (UE) núm. 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado da Unión.

Artigo 2. Actividades subvencionables

1. Son actividades subvencionables a investigación industrial, o desenvolvemento experimental, a innovación organizativa e a innovación en materia de procesos, entendendo como tales as definicións do Regulamento UE núm. 651/2014 (RXEC).

2. A cualificación da actividade subvencionable para cada entidade participante no proxecto corresponderá coa que sexa predominante. Neste sentido, considerarase predominante cando máis da metade dos custos subvencionables no proxecto sexan clasificados nese tipo de categoría, sempre respectando, á hora de fixar a axuda, as intensidades máximas recollidas no artigo 5 destas bases.

Artigo 3. Características dos proxectos

1. Só se financiarán as actividades desenvolvidas na Comunidade Autónoma galega, de xeito que todas as empresas e organismos participantes nun proxecto deberán ter na Comunidade un centro de traballo permanente legalmente constituído onde realicen as actividades descritas na memoria técnica do proxecto.

2. Os proxectos de I+D+i deberán enmarcarse nalgún dos ámbitos de prioridade da RIS3 e deberán estar centrados no impulso dun modelo industrial innovador que favoreza unha transición industrial adecuada, apoiando o desenvolvemento de cadeas de valor estratéxicas no marco da RIS3, en liña coas prioridades europeas en materia de dixitalización e transición verde.

3. Os proxectos que pertenzan ao ámbito estratéxico de sector automoción galego terán unha reserva do 50 % do crédito no ámbito desta convocatoria.

4. Os proxectos deberán ter un orzamento subvencionable mínimo de 2.000.000 euros e máximo de 25.000.000 euros, dividido nas distintas actividades que realice cada un dos integrantes da agrupación. Exixirase unha participación mínima por cada membro da agrupación de 200.000 euros, de ser o caso.

5. A duración dos proxectos será de tres anualidades e estenderase ata o 30 de setembro de 2028.

6. As axudas obxecto desta convocatoria teñen un efecto incentivador, polo que a solicitude debe presentarse antes do comezo do proxecto.

De acordo co artigo 6 do Regulamento (UE) núm. 651/2014, prodúcese un efecto incentivador cando as axudas cambian o comportamento dunha empresa de tal maneira que esta emprenda actividades complementarias que non realizaría ou que, sen as axudas, realizaría dunha maneira limitada ou diferente. Con todo, as axudas non deben subvencionar os custos dunha actividade nos cales a empresa incorrería de todos os xeitos, nin deben compensar o risco empresarial normal dunha actividade económica.

Sen prexuízo do establecido nos parágrafos anteriores, os estudos de viabilidade previos, realizados pola entidade beneficiaria, non incluídos na solicitude de axuda non se terán en conta para a determinación da data de inicio da actividade.

A data de inicio do proxecto presentado non debe entenderse unicamente como unha data a partir da cal se poden imputar gastos, senón realmente como a data de comezo das actividades do proxecto.

Non será subvencionable ningún gasto executado con anterioridade á presentación da solicitude. No caso de detectarse que calquera actividade do proxecto se iniciou antes da dita data, a totalidade do proxecto será inadmisible.

7. En cumprimento do artigo 9.4 do Regulamento (UE) núm. 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021, polo que se establecen disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo Plus, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo de Transición Xusta e ao Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura, así como as normas financeiras para os ditos fondos e para o Fondo de Asilo, Migración e Integración, o Fondo de Seguridade Interior e o Instrumento de apoio financeiro á xestión de fronteiras e á política de visados, todos os proxectos financiados ao abeiro destas bases reguladoras deben respectar o principio de non causar un prexuízo significativo ao ambiente (principio DNSH, polas súas siglas en inglés, Do no significant harm).

En atención ao considerando 10 do Regulamento (UE) núm. 2021/1060 (RDC), o principio de non causar un prexuízo significativo ao ambiente debe interpretarse no sentido do artigo 17 do Regulamento (UE) 2020/852, relativo ao establecemento dun marco para facilitar os investimentos sustentables, que fixan os obxectivos ambientais que se van protexer:

a) Mitigación do cambio climático.

b) Adaptación ao cambio climático.

c) Uso sustentable e protección dos recursos hídricos e mariños.

d) Transición cara a unha economía circular.

e) Prevención e control da contaminación.

f) Protección e recuperación da biodiversidade e dos ecosistemas.

8. Os proxectos financiados ao abeiro destas bases reguladoras deben respectar o cumprimento dos principios horizontais recollidos no artigo 9 do Regulamento (UE) núm. 2021/1060 (RDC), en especial os relativos á materia ambiental, de igualdade e de accesibilidade a persoas con discapacidade que poidan resultar de aplicación.

Artigo 4. Entidades beneficiarias

1. Poderán ser entidades beneficiarias destas axudas:

a) Pemes e grandes empresas do ámbito industrial que dispoñan dun centro de traballo permanente legalmente constituído en Galicia, que poidan liderar proxectos empresariais de I+D+i de carácter estratéxico que cumpran as características recollidas no artigo 5.

b) As agrupacións de pemes e grandes empresas que realicen proxectos de I+D+i en colaboración.

c) Agrupacións dunha empresa ou empresas do sector industrial, e un ou varios centros tecnolóxicos e/ou centros de apoio á innovación tecnolóxica de ámbito autonómico inscritos no rexistro de centros creado polo Real decreto 2093/2008, do 19 de decembro, e que conten cun centro de traballo permanente legalmente constituído en Galicia.

De acordo co artigo 5.2.a) do Regulamento UE 2021/1058, relativo ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e Fondo de Cohesión, só serán admisibles os proxectos presentados por grandes empresas se cooperan con unha ou varias pemes, e estas deberán asumir, no seu conxunto, un mínimo do 5 % total dos custos subvencionables do proxecto. Os organismos de investigación non terán a consideración de pemes para estes efectos.

2. Non poderán acceder á condición de entidades beneficiarias as entidades en que concorra algunha das prohibicións recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, nin tampouco as empresas en crise, nin aquelas que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión previa da Comisión Europea que declarase unha axuda ilegal e incompatible co mercado común. O Igape utilizará os medios que considere oportunos para a súa verificación e requiriralle á entidade solicitante, se for necesario, os documentos oportunos.

Tampouco poderán obter a condición de entidade beneficiaria as empresas que non cumpran os requisitos establecidos no artigo 13 da Lei xeral de subvencións. En particular, non poderán obter a condición de beneficiarias aquelas entidades que incumpran os prazos de pagamento a que se refire o artigo 13.3.bis da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

3. No caso das agrupacións de empresas sen personalidade xurídica das previstas no artigo 8.3 da Lei 9/2007,do 13 de xuño, deberán facerse constar expresamente, tanto na solicitude como na resolución de concesión, os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe de subvención que se aplicará por cada un deles, que terán igualmente a consideración de entidades beneficiarias. En todo caso, deberá nomearse un líder, tal e como recolle o punto 4 deste artigo.

4. As agrupacións rexeranse polo documento contractual que as regule. O funcionamento interno da agrupación responderá a criterios de autonomía de xestión e deberá incluír de forma expresa quen é o líder ou representante da agrupación. O líder será o representante único da agrupación, único interlocutor coa Administración en todo o procedemento, e con poderes bastantes para cumprir as obrigas que, como entidade beneficiaria, lle corresponden á agrupación.

O documento contractual de regulación da agrupación deberá prever, como mínimo, o seguinte:

a) Distribución das actividades, do orzamento total e o achegado por cada un dos membros da agrupación.

b) Acordo de representación da agrupación e elección do seu representante ante a Administración para os efectos de interlocución con ela.

c) Xestión da agrupación, plan de continxencias e distribución de responsabilidades ante posibles dificultades.

d) Termos en que se poida dar a baixa na participación no consorcio ou a súa extinción.

e) Autorización ao Igape para recadar os datos doutras administracións que sexan necesarios para a tramitación da solicitude, que se cubrirá no anexo IV das bases reguladoras.

Con todo, o orzamento e as actividades quedarán suxeitos ao establecido na resolución de concesión da axuda.

A agrupación de empresas non se poderá disolver ata que transcorra o prazo de prescrición previsto no artigo 35 da Lei 9/2007.

Artigo 5. Intensidade das axudas e concorrencia con outras axudas ou subvencións públicas

1. As axudas concederanse en forma de subvencións. A contía máxima da axuda que pode ser concedida aos proxectos seleccionados determinarase sobre o investimento subvencionable de cada entidade beneficiaria e será conforme os límites de intensidade previstos nos artigos 25 e 29 do Regulamento UE núm. 651/2014 (RXEC) e de acordo coas seguintes táboas:

Proxectos individuais:

Categoría predominante do proxecto

Pequena empresa

Mediana empresa

Grande empresa

Investigación industrial

60 %

60 %

50 %

Desenvolvemento experimental

45 %

35 %

25 %

Innovación organizativa ou en materia de procesos

50 %

50 %

Proxectos en colaboración:

Categoría predominante do proxecto

Pequena empresa

Mediana empresa

Grande empresa

Investigación industrial con colaboración efectiva entre empresas; como mínimo unha delas debe ser peme e ningunha empresa pode asumir por si soa máis do 70 % dos custos subvencionables

60 %

60 %

60 %

Desenvolvemento experimental con colaboración efectiva entre empresas; como mínimo unha delas debe ser peme e ningunha empresa pode asumir por si soa máis do 70 % dos custos subvencionables

60 %

50 %

40 %

Innovación organizativa ou en materia de procesos. No caso de grandes empresas; só cando colaboran de xeito efectivo cunha ou varias pemes, as cales deberán asumir como mínimo o 30 % dos custos subvencionables totais do proxecto

50 %

50 %

15 %

2. As axudas concedidas polo Igape ao abeiro desta convocatoria serán incompatibles coa percepción doutras axudas, outros ingresos ou outros recursos, para a mesma finalidade ou os mesmos custos, procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, nacional ou internacional.

Artigo 6. Custos subvencionables

1. Terán a consideración de custos subvencionables aqueles custos que, de xeito indubidable, respondan á natureza da actividade subvencionada e resulten estritamente necesarios para o desenvolvemento de cada proxecto, con base na descrición achegada na memoria técnica. En ningún caso o custo de adquisición dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor de mercado.

2. As categorías de gastos descritas nesta convocatoria son subvencionables conforme a Orde HFP/1414/2023, do 27 de decembro, do Ministerio de Facenda e Función Pública, pola que se aproban as normas sobre os gastos subvencionables dos programas financiados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Fondo de Transición Xusta para o período 2021-2027.

3. Para a anualidade 2026, só se admitirán os custos realizados dentro do período comprendido entre a data de presentación da solicitude de subvención e a data límite de execución de gasto, establecida no artigo 26 destas bases. Para estes efectos, no caso de proxectos en colaboración, considérase data de presentación a que corresponde á solicitude do líder da agrupación.

4. Conforme o artigo 25 do Regulamento UE núm. 651/2014 (RGEC), son custos subvencionables os seguintes:

a) Custos directos: os custos directos son os que están directa e inequivocamente vinculados á actividade subvencionada e sobre os cales é posible demostrar a súa vinculación coa dita actividade. Consideraranse custos directos subvencionables os seguintes:

1º. Custos de persoal.

2º. Custos de equipamento e material instrumental de nova adquisición.

3º. Materiais, subministracións e produtos similares.

4º. Adquisición de patentes.

5º. Subcontratacións (inclúe servizos tecnolóxicos externos).

6º. Outros custos:

– O custo derivado do informe realizado polo/a auditor/a.

– O custo derivado do informe de valoración do cumprimento do principio de non causar un prexuízo significativo ao ambiente (DNSH).

– O custo derivado da contratación externa do plan de comunicación e difusión do proxecto, previsto no artigo 16.1.c) desta convocatoria.

b) Custos indirectos: son aqueles que non están vinculados ou non se poden vincular directamente á actividade subvencionada por ter carácter estrutural, pero resultan necesarios para a súa realización, nos cales se inclúen os gastos administrativos (tales como xestión administrativa e contable), gastos de supervisión e control de calidade, subministracións (tales como auga, electricidade, calefacción e teléfono), seguros, seguridade ou gastos de limpeza. En aplicación da opción prevista no artigo 54 do Regulamento (UE) núm. 2021/1060, o custo imputable por este concepto será o importe resultante de aplicar unha porcentaxe do 15 % aos custos directos de persoal subvencionables.

Non se consideran subvencionables o imposto sobre o valor engadido, así como os impostos de natureza similar que sexan recuperables conforme a normativa nacional.

5. Non serán elixibles ningún dos investimentos excluídos no artigo 7 do Regulamento (UE) 2021/1058 e, en particular, os activos materiais que impliquen a combustión de combustibles fósiles, segundo o recollido na letra h) do citado artigo.

Artigo 7. Custos de persoal

1. Poderanse subvencionar:

a) Os custos de persoal propio no tempo imputado exclusivamente ao desenvolvemento de actividades de I+D+i do plan de traballo do proxecto.

b) Os custos de persoal de nova contratación que se incorpore á entidade para a realización do proxecto e que se deberá dedicar de maneira exclusiva a este. Só se admitirá persoal de nova contratación cuxos contratos se encadren nos grupos de cotización 1, 2 e 3, e que respecten a correspondencia coas titulacións/categorías profesionais establecidas no artigo 7.3.e).

É requisito do persoal de nova contratación que no momento da contratación non teña nin tivese vinculación laboral coa empresa nos tres meses anteriores á data de inicio do contrato.

Só serán subvencionables as horas de traballo efectivo dedicadas ás actividades do proxecto. En consecuencia, non se consideran subvencionables as horas en que o persoal non estea dedicado ao proxecto, é dicir, períodos vacacionais, festivos oficiais establecidos no calendario, permisos, incapacidades temporais, expedientes de regulación temporal de emprego (ERTE), excedencias e resto de situacións incompatibles coa realización de actividades laborais.

Deberán xustificarse as horas efectivas dedicadas ao proxecto de conformidade coas tarefas que se describen na memoria técnica. Non será suficiente unha xustificación xenérica que non permita valorar a adecuación, pertinencia e verificabilidade do tempo imputado.

Tanto no suposto do persoal propio como no de persoal de nova contratación, só serán subvencionables os custos de persoal relativos aos salarios fixados nun contrato de traballo, nun acordo laboral ou na lei (agás os custos de viaxes e as indemnizacións ou axudas de custo) e a parte proporcional do custo da Seguridade Social por conta da empresa.

No caso de persoal propio, deberán xustificarse os motivos da porcentaxe de imputación do tempo de dedicación ao proxecto sobre a base dos fitos ou traballos concretos que se van desenvolver no proxecto. Non será suficiente unha xustificación xenérica que non permita valorar a adecuación, pertinencia e verificabilidade do tempo imputado.

O custo de persoal propio poderá ser, como máximo, o 80 % do custo subvencionable total do proxecto ou, no caso de proxectos en colaboración, do orzamento de cada entidade.

2. Só no caso de pemes poderán subvencionarse os custos de persoal directivo e xerencial que realice tarefas de I+D+i no proxecto cunha dedicación máxima mensual do 30 %. Para estes efectos, só terá a consideración de persoal directivo o persoal de alta dirección definido no artigo 1 do RD 1382/1985.

Na memoria técnica que se achegue coa solicitude xustificaranse detalladamente as funcións ou tarefas concretas de investigación que desenvolverá este persoal nas diferentes fases e actividades recollidas no plan de traballo do proxecto. Estas funcións deberán ser compatibles co seu labor directivo ou xerencial.

3. Non se considerarán subvencionables:

a) Os gastos relacionados con aquelas persoas traballadoras que non estean dadas de alta nun centro de traballo da Comunidade Autónoma de Galicia onde se desenvolve o proxecto.

b) Os gastos de persoal que non teña relación contractual laboral coa entidade beneficiaria da subvención, agás que se trate de socios que traballen baixo o réxime de autónomos, cunha dedicación máxima mensual do 30 %.

c) Os custos de persoal administrativo relacionados con tarefas de xestión e tramitación do financiamento solicitado.

d) As contratacións en formación, as de prácticas, as de bolseiros/as e as contratacións a tempo parcial.

e) As contratacións en grupos de cotización inferiores aos correspondentes ás titulacións/categorías profesionais que establece a Seguridade Social ao regular as bases de cotización por continxencias comúns e que se indican a continuación:

Titulación/categoría profesional

Grupo de cotización

Enxeñeiros, licenciados, persoal de alta dirección

1

Enxeñeiros técnicos, peritos e axudantes titulados, diplomados

2

Xefes administrativos e de taller (técnicos especialistas)

3

Axudantes non titulados

4

Oficiais administrativos

5

Subalternos

6

Auxiliares administrativos

7

Oficiais de primeira e segunda

8

Resto de oficiais

9

Peóns

10

Traballadores menores de 18 anos

11

f) Os custos de persoal directivo e xerencial que realice labores de I+D+i no caso de grandes empresas.

g) As horas do persoal imputadas con anterioridade ao inicio das actividades do proxecto (efecto incentivador).

h) Os custos de viaxes, indemnizacións ou axudas de custo non teñen natureza de gastos de persoal.

4. Calquera modificación no cadro de persoal propio deberá ser motivada e xustificada. Para a súa realización, se a titulación e o grupo de cotización son idénticos, só será necesaria unha comunicación ao Igape; no resto de supostos será necesario obter a autorización previa do Igape.

O custo do novo persoal só será admisible desde a data de solicitude da modificación ou, de ser o caso, da data de comunicación. Excepcionalmente, a modificación de persoal poderá ter efecto retroactivo naqueles supostos en que afecte o período comprendido entre o inicio das actividades do proxecto e a data de resolución de concesión da axuda, logo de valorar as circunstancias concretas que motivan a dita solicitude.

No caso de persoal de nova contratación, non será necesario obter a autorización previa do Igape para contratar persoal adicional sempre que o novo perfil sexa equivalente ao inicialmente concedido.

Artigo 8. Custos de equipamento e material instrumental de nova adquisición

1. Os custos de equipamento e material instrumental de nova adquisición serán subvencionables na medida e durante o período en que se utilicen para o proxecto.

No caso de que o instrumental de nova adquisición e o material non se utilicen en toda a súa vida útil para o proxecto, unicamente se considerarán subvencionables os custos de amortización correspondentes á duración do proxecto, calculados de acordo cos principios contables xeralmente aceptados. Para estes efectos, deberase xustificar na memoria técnica do proxecto a vida útil do equipamento ou material.

Non serán subvencionables os custos de depreciación de activos que se adquirisen con axuda de subvencións públicas.

2. A compra de novas licenzas e as renovacións de licenzas de software están dentro da categoría de material inventariable e considéranse gastos subvencionables se son de uso específico para o proxecto e non de uso xeral.

3. Admitiranse gastos de leasing, sempre que cumpran os seguintes requisitos:

a) Deberá existir un compromiso oficial por escrito de adquisición do activo ao finalizar o contrato de leasing.

b) Soamente serán subvencionables os custos na medida e durante o período que se dediquen ao proxecto.

c) As cotas de arrendamento subvencionables deberán ser constantes ou crecentes e comezar posteriormente á data de presentación da solicitude da subvención. Só se poderán imputar as cotas pagadas dentro do período de execución de cada anualidade.

d) Non serán gastos subvencionables a marxe do arrendador, os custos de refinanciamento dos xuros, os gastos xerais e os gastos de seguro.

Artigo 9. Materiais, subministracións e produtos similares

Serán subvencionables os custos de materiais, subministracións e produtos similares, de natureza consumible que deriven directamente do proxecto. Deberanse describir de forma detallada e concisa na epígrafe correspondente da memoria técnica.

Os gastos de material de oficina e consumibles informáticos non se financiarán neste concepto, xa que se consideran incluídos dentro da porcentaxe de custos indirectos.

Artigo 10. Adquisición de patentes

As patentes deberán ser adquiridas ou obtidas por licenza de fontes externas á entidade solicitante, sempre e cando a operación se realice en condicións de plena competencia e sen ningún elemento de colusión.

Artigo 11. Subcontratacións (inclúe servizos tecnolóxicos externos)

1. Considéranse subcontratacións as actuacións contratadas a terceiros que supoñan a execución dunha parte da actividade que constitúe o obxecto da subvención. A subcontratación deberá estar debidamente xustificada e motivada na memoria técnica.

Dentro deste artigo inclúense os servizos tecnolóxicos externos, que son aquelas actividades distintas á investigación prestadas por terceiros de forma puntual, tales como análises e ensaios de laboratorio, enxeñaría para a montaxe e operación, estudos e actividades complementarias, consultorías, asistencias técnicas e servizos equivalentes. Os servizos tecnolóxicos externos deberán ser necesarios para o desenvolvemento das actividades do proxecto e deberán estar debidamente xustificados na memoria técnica da solicitude.

Quedan expresamente excluídos os custos correspondentes a calquera forma de consultoría asociada á xestión e tramitación do financiamento solicitado.

O alugueiro de licenzas de software de uso específico para o proxecto, e non de uso xeral, considerarase un servizo tecnolóxico externo. Soamente serán subvencionables os custos na medida e durante o período en que se dediquen ao proxecto, o que se deberá indicar na memoria técnica.

2. As entidades beneficiarias das axudas reguladas nestas bases poderán subcontratar, como máximo, ata o 65 % do importe da actividade subvencionada.

Non está permitida a subcontratación entre empresas da mesma agrupación.

3. Na fase de solicitude deberase especificar o provedor que realizará estes servizos e declarar que non existe vinculación coa entidade beneficiaria, así como presentar, cando corresponda, un mínimo de tres ofertas.

4. Cando a actividade concertada con terceiros exceda o 20 por cento do importe da subvención e o dito importe sexa superior a 60.000 euros, a subcontratación estará sometida ao cumprimento dos seguintes requisitos:

a) Que o contrato se realice por escrito.

b) Que a súa realización sexa autorizada previamente polo Igape.

5. En ningún caso a entidade beneficiaria poderá subcontratar con:

a) Persoas ou entidades incursas nalgunha das prohibicións que se recollen no artigo 10 da Lei 9/2007.

b) Persoas ou entidades que percibisen outras subvencións para a realización da actividade obxecto da contratación.

c) Intermediarios ou asesores en que os pagamentos se definan como unha porcentaxe do custo total da operación, agás que o dito pagamento estea xustificado con referencia ao valor de mercado do traballo realizado ou dos servizos prestados.

d) Persoas ou entidades solicitantes da axuda na mesma convocatoria e programa que non obtivesen subvención por non reuniren os requisitos ou non acadaren a valoración suficiente.

e) Persoas ou entidades en que concorran algunhas das circunstancias detalladas no artigo 43.2 do Decreto 11/2009.

6. A entidade beneficiaria da axuda deberá prever mecanismos para asegurar que os subcontratistas cumpran co principio DNSH «non causar un prexuízo significativo ao ambiente» no sentido do artigo 17 do Regulamento (UE) 2020/852.

Neste sentido, a entidade beneficiaria da axuda exixiralles aos subcontratistas unha declaración responsable de cumprir co principio de non ocasionar un prexuízo significativo ao ambiente.

Tamén lles deberá exixir un compromiso por escrito para conceder os dereitos e o acceso necesarios para que o ordenador competente, a Fiscalía Europea, a OLAF, o Tribunal de Contas e, cando proceda, as autoridades nacionais e autonómicas competentes exerzan plenamente as súas respectivas competencias.

Artigo 12. Outros custos

1. O informe do auditor axustarase ao disposto na Orde EHA/1434/2007 e, no caso dun proxecto en colaboración, deberá ser realizado por un mesmo auditor inscrito no Rexistro Oficial de Auditores de Contas. A súa designación corresponderá ao representante da agrupación.

O informe do auditor axustarase ás instrucións que se detallan no anexo II e comprobará a existencia da documentación e dos requisitos descritos no artigo 27 destas bases.

Así mesmo, o auditor deberá comprobar que as entidades beneficiarias cumpren cos prazos de pagamento a provedores, de conformidade co previsto no artigo 13.3.bis da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

Naqueles casos en que a entidade beneficiaria estea obrigada a auditar as súas contas anuais por un auditor sometido á Lei 22/2015, do 20 de xullo, de auditoría de contas, a revisión levaraa a cabo o mesmo auditor, ou outro, sempre que estea inscrito no Rexistro Oficial de Auditores de Contas.

O custo derivado do informe do auditor inscrito no Rexistro Oficial de Auditores de Contas non poderá superar os 1.500 euros por entidade beneficiaria e por anualidade.

2. Será subvencionable o custo derivado da obtención dun informe de valoración do cumprimento do principio de non causar un prexuízo significativo ao ambiente (DNSH) mediante unha entidade acreditada pola ENAC. O informe debe estar referido a todo o proxecto, incluíndo tanto a parte executada directamente polas entidades beneficiarias como a parte subcontratada. Este custo será elixible para o líder do consorcio, cun límite de 2.000 euros por proxecto.

3. Tamén será subvencionable o custo derivado da contratación externa da execución do plan de comunicación e difusión. O límite máximo será de 5.000 euros por entidade beneficiaria no total do proxecto.

Artigo 13. Participación na agrupación de empresas vinculadas

Cando nun proxecto interveñan empresas vinculadas, conforme o descrito no artigo 3.3 do anexo I do Regulamento (UE) núm. 651/2014 e o artigo 43.2 do Decreto 11/2009, só poderán facelo como membros da agrupación.

Se empresas vinculadas participan como entidades subcontratadas, como provedores, como prestadores de servizos, ou dalgún outro xeito, a súa actividade non será subvencionable.

Artigo 14. Ofertas

1. Conforme o disposto no artigo 29.3 da Lei de subvencións de Galicia, cando o importe do gasto subvencionable iguale ou supere as contías establecidas na Lei de contratos do sector público para o contrato menor, a entidade beneficiaria deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación do compromiso para a prestación do servizo ou a entrega do ben, agás que polas especiais características dos gastos non exista no mercado suficiente número de entidades que os presten ou subministren. Esta excepción deberá xustificarse. A elección entre as ofertas presentadas realizarase de conformidade con criterios de eficiencia e economía, e achegarase unha memoria xustificativa cando a elección non recaia na proposta económica máis vantaxosa.

Conforme o establecido na disposición adicional 54ª da Lei de contratos do sector público, terán a consideración de contratos menores os contratos de subministracións e de servizos dirixidos a proxectos de investigación de valor estimado inferior ou igual a 50.000 euros, sempre que non se destinen a servizos xerais ou de infraestrutura.

Non exime da obriga da solicitude de tres ofertas o feito de contar con provedores homologados, o feito de que se trate de provedores habituais ou a proximidade do provedor á entidade solicitante.

2. As tres ofertas ou orzamentos de provedores deberán reunir, como mínimo, os seguintes requisitos:

a) Comparabilidade: deberán referirse á mesma tipoloxía de elemento obxecto de investimento, con prestacións similares e conter conceptos análogos e comparables e co detalle suficiente para a súa comparación.

b) Non vinculación: os provedores das tres ofertas non poderán ser vinculados entre si nin coa empresa solicitante. Para estes efectos, enténdese que existe vinculación cando se dean as circunstancias previstas no artigo 27.7 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, e o artigo 43.2 do decreto que desenvolve a citada lei; así mesmo, tomarase en consideración a definición de empresas asociadas ou de empresas vinculadas establecida nos números 2 e 3, respectivamente, do artigo 3 do anexo I do Regulamento (UE) 651/2014.

c) Identificación do ofertante e do destinatario: deberán conter a razón social, o domicilio e o número ou código de identificación fiscal. Excepcionalmente, poderán admitirse ofertas ou orzamentos en que se omita algún dos elementos identificativos do emisor ou do destinatario cando, ao criterio dos servizos técnicos do Igape, se considere que están clara e inequivocamente identificados o ofertante e o destinatario.

d) Data: todas as ofertas deberán mostrar unha data de emisión.

Non serán admisibles as ofertas emitidas por provedores que non teñan a capacidade para a subministración do ben ou servizo ou que semellen de compracencia (contido e formato idénticos ou extremadamente similares entre ofertas, erros idénticos ou aparencia non habitual, entre outros).

Con carácter xeral, para cada elemento será subvencionable o importe correspondente á oferta de menor prezo de entre as comparables. Excepcionalmente, cando a persoa solicitante non escolla a oferta de menor prezo, considerarase subvencionable o importe da oferta elixida, logo da sucinta motivación de que se trata da oferta economicamente máis vantaxosa tras a valoración de diferentes criterios técnicos adicionais ao prezo.

3. Con carácter xeral, os provedores non poderán estar asociados nin vinculados coa persoa solicitante ou cos seus órganos directivos ou xestores, entendéndose que existe vinculación cando se dean as circunstancias previstas no artigo 27.7 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, e o artigo 43.2 do decreto que desenvolve a citada lei; así mesmo, tomarase en consideración a definición de empresas asociadas ou de empresas vinculadas establecida nos números 2 e 3, respectivamente, do artigo 3 do anexo I do Regulamento (UE) 651/2014.

4. Cando a entidade beneficiaria da subvención sexa unha empresa, os gastos subvencionables en que incorrese nas súas operacións comerciais deberán ter sido aboados nos prazos de pagamento previstos na normativa sectorial que lle sexa de aplicación ou, na súa falta, nos establecidos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais, e as súas modificacións posteriores.

Artigo 15. Forma e lugar de presentación das solicitudes

1. Para presentar a solicitude, a persoa solicitante deberá cubrir previamente un formulario electrónico descritivo das circunstancias da persoa solicitante e do proxecto para o cal solicita a subvención, a través da aplicación establecida no enderezo da internet https://spiga-sede.igape.es. Deberá cubrir necesariamente todos os campos establecidos como obrigatorios.

2. No devandito formulario, a persoa representante deberá realizar as seguintes declaracións relativas á entidade solicitante no caso de proxectos individuais, e a todas as entidades participantes, no caso de proxectos en colaboración:

a) Que asumirá a aplicación de medidas antifraude eficaces e proporcionadas no seu ámbito de xestión, así como a obriga de comunicarlle ao órgano xestor os casos de sospeita de fraude.

b) Que cumprirá a normativa comunitaria, estatal e autonómica de aplicación, en particular, a normativa en materia de subvencións, así como a normativa vixente sobre accesibilidade de persoas con discapacidade.

c) Que non pode ser considerada unha empresa en crise conforme o disposto no artigo 2.18 do Regulamento (UE) 651/2014, do 17 de xuño, da Comisión Europea.

d) Que ten capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir os obxectivos do proxecto para o cal se solicita a axuda.

e) No caso de pemes, que cumpren cos criterios de definición de peme, segundo a definición establecida pola Comisión Europea no Regulamento (UE) 651/2014 (DOUE L 187, do 26 de xuño), polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado.

O Igape realizará as comprobacións documentais necesarias para garantir que as empresas para as cales se propón a concesión da axuda teñen a condición de peme.

f) Que a solicitude de axuda é anterior ao inicio do proxecto para o cal se solicita (efecto incentivador).

g) Que manterá un sistema de contabilidade separada ou un código contable axeitado en relación con todas as transaccións relacionadas cos investimentos subvencionados, sen prexuízo das normas xerais da contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os investimentos financiados con fondos Feder.

h) Que conservará os libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable á entidade beneficiaria en cada caso, así como a documentación xustificativa da realización e aboamento dos gastos e investimentos subvencionables, durante un prazo de cinco anos a partir do 31 de decembro do ano en que o Igape lle efectúe o último pagamento á entidade beneficiaria.

i) Que ten implantado un plan de igualdade, con identificación do código do localizador no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos, de ser o caso. Deberá manter o dito plan de igualdade durante o período de execución do proxecto.

j) Que achegará unha contribución financeira aos investimentos, exenta de calquera tipo de apoio público, de polo menos un 25 % dos custos, ben sexa mediante os seus recursos propios ou ben mediante financiamento externo.

k) Que os provedores non están asociados nin vinculados coa persoa solicitante ou cos seus órganos directivos ou xestores; enténdese que existe vinculación cando se dean as circunstancias previstas no artigo 27.7 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, e no artigo 43.2 do decreto que desenvolve a citada lei. Así mesmo, tomarase en consideración a definición de empresas asociadas ou de empresas vinculadas establecida nos números 2 e 3, respectivamente, do artigo 3 do anexo I do Regulamento (UE) núm. 651/2014.

l) Que cumpre co principio de non causar un prexuízo significativo ao ambiente (DNSH, polas súas siglas en inglés), establecido no artigo 9.4 do Regulamento (UE) núm. 2021/1060 (RDC), isto é, que as actuacións promovidas non causen prexuízos significativos nalgúns dos seis obxectivos ambientais recollidos no artigo 17 do Regulamento (UE) núm. 2020/852.

m) Que non está suxeita a unha orde de recuperación de axudas a consecuencia dunha decisión da Comisión Europea que declarase a axuda ilegal e incompatible co mercado común.

n) Declaración das axudas concorrentes para a mesma actuación, solicitadas ou concedidas para a mesma finalidade ou proxecto, ou para as mesmas partidas de gasto, procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, nacional ou internacional.

o) Declaración responsable de que os datos contidos na solicitude e na documentación complementaria son certos, e que acepta as condicións e as obrigas recollidas nestas bases.

p) Declaración responsable de que non está incursa en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións (en diante, Lei 38/2003).

q) Declaración responsable de que non está incursa en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Deberase comunicar calquera variación das circunstancias recollidas na dita declaración no momento en que se produza.

r) Declaración responsable de que está ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións, conforme o artigo 10.2.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o artigo 9 do Regulamento de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, e de reembolso de préstamos ou anticipos concedidos con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma.

s) Declaración responsable de que desenvolverá en Galicia as actividades que ten asignadas no plan de traballo do proxecto para o cal solicita a axuda.

t) Compromiso por escrito de que permitirá someterse ás actuacións de comprobación e/ou de control financeiro que poidan realizar os órganos de control a nivel autonómico, estatal ou comunitario, en particular o Igape, a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, a Intervención Xeral da Administración do Estado, o Tribunal de Contas, o Consello de Contas ou, en xeral, as verificacións previstas no artigo 74 do Regulamento (UE) núm. 2021/1060 (RDC) que realicen o organismo intermedio, a autoridade de xestión, e de ser o caso, os órganos de control da Comisión Europea e do Tribunal de Contas Europeo e outras instancias de control, como a Oficina de Loita contra a Fraude ou a Fiscalía Europea, achegando canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores. Para tal fin, garantirase que todos os documentos xustificativos da operación se conserven durante un prazo de (5) anos a partir do 31 de decembro do ano en que se efectúe o último pagamento á entidade beneficiaria, de acordo co artigo 82 do Regulamento (UE) núm. 2021/1060 (RDC).

u) No caso de proxectos en colaboración, que non realizará ningunha subcontratación con outra/s entidade/s que sexa/n membro/s da agrupación.

4. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I), que se obterá de xeito obrigatorio na aplicación informática https://spiga-sede.igape.es, tamén accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.

5. Para poder presentar a solicitude por medios electrónicos, as persoas solicitantes deberán reunir os seguintes requisitos:

a) As solicitudes subscribiranse directamente polas persoas interesadas ou por persoa que acredite a súa representación por calquera medio válido en dereito.

b) Ter en vigor un certificado dixital dos validados pola plataforma @firma da Administración Xeral do Estado (http://administracionelectronica.gob.es/PAe/aFirma-Anexo-PSC).

Unha vez asinado o formulario de solicitude, mediante certificado dixital, procederase á anotación dunha entrada no Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia. No momento da presentación o rexistro expedirá, empregando as características da aplicación telemática, un recibo en que quedará constancia do feito da presentación.

Artigo 16. Documentación complementaria

1. As persoas interesadas deberán achegar xunto coa solicitude a seguinte documentación:

a) Documentación xurídico-administrativa:

1º As tres ofertas que, se é o caso, en aplicación do artigo 29.3 da Lei de subvencións de Galicia, deban ter solicitado, de acordo co establecido no artigo 14 destas bases reguladoras.

2º No caso de entidades non inscritas no Rexistro Mercantil, escritura ou documento xuridicamente válido de constitución, estatutos debidamente inscritos no rexistro competente, modificacións posteriores destes, e acreditación da representación coa que se actúa, no caso de non atoparse inscritas no Rexistro Xeral de Apoderamentos de Galicia (REAG).

3º Se é o caso, o documento de constitución da agrupación, segundo o establecido no artigo 4.3 das bases reguladoras.

4º Contrato/s de subcontratación subscrito con organismo/s e/ou empresa/s asinados por ambas as partes nos supostos en que o importe da subcontratación supere os 60.000 euros e que o dito importe exceda o 20 % da axuda concedida.

5º Declaración do imposto de sociedades do último exercicio pechado. Achegaranse, igualmente, as contas anuais e imposto de sociedades de todas as entidades vinculadas e/ou asociadas que deban ser tidas en conta para os efectos de determinar a consideración de peme.

No caso de persoas físicas que posúan máis do 50 % na participación da empresa solicitante, deberá achegar unha declaración responsable de non dispor de máis do 50 % en capital ou dereitos de voto noutra sociedade que opere no mesmo mercado ou mercado contiguo. No caso de dispor de máis dese 50 % noutra sociedade, deberá achegar o imposto de sociedades (modelo 200) das empresas vinculadas que se terán en conta.

6º As contas anuais correspondentes ao último exercicio pechado para o que se cumpriu o prazo de aprobación legalmente establecido, ou de depósito, no caso de obriga de depósito no Rexistro Mercantil, xunto co informe de auditoría no caso de que a empresa estea obrigada a someter as súas contas a auditoría. Así mesmo, no caso de que a solicitante estea integrada nun grupo de sociedades que consolide contas, anexará as contas anuais consolidadas. Anexaranse, igualmente, as contas anuais de tódalas entidades que deban ser tidas en conta para os efectos de determinar a consideración ou non de peme da persoa solicitante, salvo que estas estean integradas nas contas consolidadas que, se é o caso, fosen presentadas.

7º Para subvencións de importe superior a 30.000 €, as entidades beneficiarias deben cumprir coa normativa en materia de prazos a provedores, o que se acreditará polos seguintes medios de proba:

1º. As persoas físicas e xurídicas que, de acordo coa normativa contable, poidan presentar conta de perdas e ganancias abreviada, mediante unha certificación subscrita pola persoa física ou, no caso de persoas xurídicas, polo órgano de administración ou equivalente, con poder de representación suficiente, en que afirmen alcanzar o nivel de cumprimento dos prazos de pagamento previstos na citada Lei 3/2004, do 29 de decembro. Poderán tamén acreditar a dita circunstancia por algúns dos medios de proba previstos no punto 2º e con suxeición á súa regulación.

2º. As persoas xurídicas que, de acordo coa normativa contable, non poidan presentar conta de perdas e ganancias abreviada, mediante:

i. Certificación emitida por un auditor rexistrado no Rexistro Oficial de Auditores de Contas, que conteña unha transcrición desagregada da información en materia de pagamentos descrita na memoria das últimas contas anuais auditadas, cando delas se desprenda que se alcanza o nivel de cumprimento dos prazos de pagamento establecidos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, determinado neste punto, con base na información requirida pola disposición adicional terceira da Lei 15/2010, do 5 de xullo, de modificación da Lei 3/2004, do 29 de decembro.

Esta certificación será válida ata que resulten auditadas as contas anuais do exercicio seguinte.

ii. No caso de que non sexa posible emitir a certificación do auditor a que se refire o número anterior, informe de procedementos acordados, elaborado por un auditor rexistrado no Rexistro Oficial de Auditores de Contas, que, con base na revisión dunha mostra representativa das facturas pendentes de pagamento a provedores da sociedade nunha data de referencia, conclúa sen a detección de excepcións ao cumprimento dos prazos de pagamento da Lei 3/2004, do 29 de decembro, ou no caso de que se detectasen, estas non impidan alcanzar o nivel de cumprimento requirido no punto segundo da letra d) da disposición derradeira sexta da Lei 18/2022, do 28 de setembro, de creación e crecemento de empresas.

Ademais, no caso de proxectos en colaboración:

8º A empresa líder da agrupación presentará o acordo regulador da agrupación asinado por todos os membros. Neste documento contractual deben establecerse os dereitos e as obrigas que asume cada membro da agrupación, co contido mínimo sinalado no artigo 4 destas bases.

9º Anexo de declaración responsable do cumprimento do principio DNSH (anexo III).

10º Acreditación sobre o cumprimento dos prazos de pagamento a provedores, de conformidade co previsto no artigo 13.3.bis da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións:

1º. As persoas físicas e xurídicas que, de acordo coa normativa contable, poidan presentar conta de perdas e ganancias abreviada, mediante unha certificación subscrita pola persoa física ou, no caso de persoas xurídicas, polo órgano de administración ou equivalente, con poder de representación suficiente, en que afirmen alcanzar o nivel de cumprimento dos prazos de pagamento previstos na citada Lei 3/2004, do 29 de decembro. Poderán tamén acreditar a dita circunstancia por algúns dos medios de proba previstos no punto 2º e con suxeición á súa regulación.

2º. As persoas xurídicas que, de acordo coa normativa contable, non poidan presentar conta de perdas e ganancias abreviada, mediante:

i. Certificación emitida por un auditor rexistrado no Rexistro Oficial de Auditores de Contas que conteña unha transcrición desagregada da información en materia de pagamentos descrita na memoria das últimas contas anuais auditadas, cando delas se desprenda que se alcanza o nivel de cumprimento dos prazos de pagamento establecidos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, determinado neste punto, con base na información requirida pola disposición adicional terceira da Lei 15/2010, do 5 de xullo, de modificación da Lei 3/2004, do 29 de decembro.

Esta certificación será válida ata que resulten auditadas as contas anuais do exercicio seguinte.

ii. No caso de que non sexa posible emitir a certificación de auditor a que se refire o número anterior, informe de procedementos acordados, elaborado por un auditor rexistrado no Rexistro Oficial de Auditores de Contas, que, con base na revisión dunha mostra representativa das facturas pendentes de pagamento a provedores da sociedade nunha data de referencia, conclúa sen a detección de excepcións ao cumprimento dos prazos de pagamento da Lei 3/2004, do 29 de decembro, ou no caso de que se detectasen, estas non impidan alcanzar o nivel de cumprimento requirido no punto segundo da letra d) da disposición derradeira sexta da Lei 18/2022, do 28 de setembro, de creación e crecemento de empresas.

b) Documentación técnica:

1º Memoria técnica do proxecto, que deberá presentar o líder e asinada por este.

Nesta memoria establecerase un cronograma do plan de traballo, en que se indiquen os distintos paquetes de traballo de execución do proxecto, coa relación das actividades que se desenvolverán ao longo do proxecto e unha descrición destas. Así mesmo, deberán describirse, para cada entidade, no caso dos proxectos colectivos da agrupación, os distintos conceptos de gasto para a execución do proxecto, segundo a tipoloxía dos custos subvencionables establecidos nesta convocatoria.

En relación co persoal dedicado ao proxecto, será necesario describir as actividades do cronograma en que participará e as tarefas que desenvolverá, e indicar as horas efectivas da súa xornada laboral dedicadas ao proxecto. En particular, deberase identificar o persoal propio da empresa, e indicarase o perfil do persoal de nova contratación.

Deberanse describir de forma detallada e concisa os materiais, subministracións e produtos similares, de natureza consumible, que deriven directamente do proxecto.

No que se refire aos custos de equipamento, deberá xustificarse a vida útil do equipamento e material instrumental de nova adquisición e o procedemento seguido para calcular os custos de amortización.

Así mesmo, de ser o caso, deberanse especificar as actividades que se van subcontratar, así como as principais funcións que se desenvolverán no proxecto.

Deberán xustificarse os servizos tecnolóxicos externos empregados, de ser o caso, e a súa necesidade para o desenvolvemento das actividades do proxecto.

Tamén se deberán indicar, de ser o caso, os custos subvencionables relativos ao alugueiro de licenzas de software de uso específico para o proxecto, na medida e durante o período que se dediquen ao proxecto.

2º Currículos redactados en formato libre de todos os membros do equipo humano asignado ao proxecto e, no caso dos proxectos en colaboración, de cada membro da agrupación.

c) Plan de comunicación e difusión do proxecto.

As entidades beneficiarias deberán realizar un plan de comunicación e difusión dos resultados do proxecto para compartir os resultados non suxeitos a confidencialidade co ecosistema de I+D+i, coa sociedade e coas administracións, e maximizar así o seu impacto. Este plan deberá presentalo o líder do proxecto e incluirá as actividades que debe realizar cada entidade beneficiaria en cada unha das anualidades.

Este plan de comunicación debe describir os obxectivos previstos, as actividades de comunicación propostas, os indicadores para medir os resultados destas e o público a que van dirixidas.

As accións de comunicación deben estenderse ao longo de toda a vida do proxecto, estar estratexicamente planificadas, con obxectivos claros e medibles, e ser proporcionais á escala do proxecto. Cómpre xustificar por que cada medida elixida é a máis adecuada para o público obxectivo a que vai dirixida.

O plan de comunicación e difusión debe incluír, como contido mínimo, a realización de tres eventos de difusión do proxecto: un evento de difusión ao comezo do proxecto, nun prazo máximo de dous (2) meses despois da data de concesión da subvención, para explicar os seus obxectivos; outro, na metade da súa execución, e un terceiro no momento da súa finalización para expoñer os resultados non suxeitos a confidencialidade. Este último realizarase, como máximo, tres (3) meses despois da finalización do proxecto e deberá xerar un impacto medible a través da súa divulgación nos medios de comunicación e nas redes sociais. O plan de comunicación centrarase prioritariamente nas fases intermedia e final, en que se poderán divulgar avances e resultados finais. Nos tres eventos poñerase de manifesto o apoio da Unión Europea e do Igape ás actuacións do proxecto, mencionando expresamente estes apoios e amosando os logotipos de ambas as entidades en todos os materiais empregados.

As actividades de comunicación e difusión poden consistir na realización ou participación en eventos, xornadas; publicación en plataformas, web e redes sociais; elaboración de folletos, carteis ou vídeos; boletíns periódicos/novas e comunicados de prensa, entre outras. Así mesmo, ao finalizar as actividades do proxecto deberá elaborarse un microvídeo, dun mínimo de dous minutos de duración, para difundir os resultados do proxecto a través das redes sociais.

As actividades de difusión e comunicación que impliquen formación non serán subvencionables, así como as axudas de custo e viaxes.

Ao tratarse de subvencións cofinanciadas con fondos da Unión Europea, todas as actividades do plan deberán respectar o disposto no artigo 50 e no anexo IX do Regulamento (UE) núm. 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño, e no documento «O uso do emblema europeo no contexto dos programas da UE 2021-2027».

De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderáselle solicitar novamente á persoa interesada que os achegue.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o cal poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

Artigo 17. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI/NIE da persoa representante.

b) NIF da entidade solicitante ou, se é o caso, da entidade partícipe da agrupación.

c) NIF da entidade representante.

d) Imposto de actividades económicas (IAE) da entidade solicitante ou, se é o caso, da entidade partícipe da agrupación. 

e) Certificado de estar ao día nas obrigas tributarias coa AEAT da entidade solicitante ou, se é o caso, da entidade partícipe da agrupación. 

f) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social da entidade solicitante ou, se é o caso, da entidade partícipe da agrupación. 

g) Certificado de estar ao día no pagamento coa Consellería de Facenda e Administración Pública da entidade solicitante ou, se é o caso, da entidade partícipe da agrupación. 

h) Consulta de concesións ampliado da entidade solicitante ou, se é o caso, da entidade partícipe da agrupación. 

i) Consulta de axudas do Estado da entidade solicitante ou, se é o caso, da entidade partícipe da agrupación.

j) Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas da entidade solicitante ou, se é o caso, da entidade partícipe da agrupación. 

k) Documentación depositada no Rexistro Mercantil, da entidade solicitante ou, se é o caso, da entidade partícipe da agrupación. 

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de solicitude (anexo I) ou no de comprobación de datos de terceiras persoas (anexo IV) e achegar os ditos documentos.

Cando o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.

Artigo 18. Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser realizados electronicamente accedendo a través do enderezo da internet https://spiga-sede.igape.es

Artigo 19. Órganos competentes

A competencia para instruír o procedemento de concesión da subvención correspóndelle á Área de Innovación Empresarial do Igape e a competencia para ditar a resolución que poña fin ao procedemento na vía administrativa correspóndelle á persoa titular da Dirección Xeral do Igape, por delegación do Consello de Dirección do Igape.

Os proxectos serán avaliados por un órgano avaliador composto polos seguintes membros de entre o persoal da Área de Innovación Empresarial:

a) A persoa titular da dirección da Área de Innovación Empresarial, ou persoa en quen delegue, que actuará como presidente/a.

b) A persoa titular da Subdirección de Innovación Empresarial, ou persoa en quen delegue, que actuará como secretario/a con voz e voto.

c) Un técnico da Área de Innovación, que actuará como secretario/a, con voz e sen voto.

Axustará o seu funcionamento ás disposicións sobre órganos colexiados, contidas na Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

Artigo 20. Criterios de valoración

1. A valoración de cada proxecto presentado que reúna os requisitos realizarase sobre un total de 100 puntos, que se outorgarán atendendo a aspectos técnicos e económico-financeiros e á potencialidade para xerar valor económico coa explotación dos seus resultados, segundo os criterios de valoración que se indican a continuación coas súas puntuacións máximas:

Bloque

Descrición ampliada

Puntuación máxima

A. Grao de innovación tecnolóxica do proxecto

Avalía o nivel de excelencia técnica e a novidade da tecnoloxía empregada, así como o seu grao de validación e impacto potencial.

33

1. Grao de innovación

Analízase o grao de innovación do proxecto en relación co estado da arte e o nivel de validación tecnolóxica ou organizativa acadado.

15

a) Proxectos de investigación industrial e desenvolvemento experimental

Proxectos en que a tecnoloxía empregada foi probada, validada e certificada completamente nun contorno real. Pode implicar a existencia dun primeiro sistema/prototipo comercial sempre que se trate do produto comercial final e a súa fabricación resulte demasiado onerosa para o seu uso exclusivo con fins de demostración e validación.

0-5

Proxectos en que a tecnoloxía empregada foi validada nun contorno relevante, operacional ou de simulación, sexa o sistema completo, un prototipo deste ou no nivel de compoñentes.

6-10

Proxectos en que a tecnoloxía empregada foi unicamente validada no nivel de sistema ou compoñente nun contorno de laboratorio ou existe unha proba de concepto experimental validada.

11-15

b) Proxectos de innovación

Proxectos que inclúan a implantación dunha innovación organizativa ou en materia de procesos que foi probada, validada e certificada completamente nun contorno real no mesmo sector de actividade da entidade beneficiaria.

0-5

Proxectos que inclúan a implantación dunha innovación organizativa ou en materia de procesos que foi probada, validada e certificada completamente nun contorno real distinto ao sector de actividade da entidade beneficiaria.

6-10

Proxectos que inclúan a implantación dunha innovación organizativa ou en materia de procesos que non foi probada, validada e certificada completamente nun contorno real.

11-15

c) Obxectivos técnicos

Valorarase a adecuación dos obxectivos á finalidade do proxecto, ademais do seu encaixe para a consecución de medidas que favorezan o impulso da economía circular, a simbiose industrial (utilización de subprodutos ou residuos dunha empresa por outra) e a descarbonización das cadeas de valor. Teranse en conta o grao de concreción e a claridade expositiva.

5

d) Credibilidade da proposta

Examínase o rigor técnico, o estudo do estado da arte, resultados previos e análise de puntos críticos e factores de risco.

5

e) Mellora de procesos

Mide o potencial da tecnoloxía proposta para mellorar a eficiencia, flexibilidade e xeración de novos produtos ou funcionalidades.

3

f) Sustentabilidade

Avalía a capacidade do proxecto para fomentar a eficiencia enerxética, reciclaxe industrial e optimización de recursos.

5

B. Calidade e eficiencia da implementación

Avalía a calidade do plan de traballo, a súa coherencia interna e a capacidade da entidade para executar o proxecto con eficiencia.

30

a) Plan de traballo

Coherencia: analízase a consistencia interna do proxecto, verificando que a metodoloxía, o plan de traballo, o cronograma e os entregables están ben definidos e son compatibles cos obxectivos xerais e específicos do proxecto.

3

Eficacia: avalíase a axeitada asignación de recursos humanos, materiais e financeiros a cada tarefa planificada, así como a xustificación das partidas orzamentarias. Nos proxectos en colaboración, valórase tamén a distribución equilibrada do orzamento entre os socios segundo o seu papel técnico.

3

Industria sustentable: examínase se as actividades do proxecto contribúen á sustentabilidade industrial, fomentando a eficiencia enerxética, a reciclaxe, a optimización de recursos e a mobilidade sustentable. Premia os proxectos con accións concretas que reduzan o impacto ambiental e melloren a circularidade.

4

b) Capacidade técnica e económica 

Capacidade técnica das entidades solicitantes: avalíase a experiencia previa das entidades participantes na execución de proxectos de I+D+i, tanto individuais como en colaboración. Analízanse as súas infraestruturas, medios técnicos, áreas de especialización e resultados conseguidos en proxectos anteriores. Tamén se ten en conta a capacidade de transferencia de coñecemento e de xestión de proxectos complexos.

10

Capacidade do equipo humano participante: valorarase a adecuación técnica dos perfís do persoal propio ou de nova contratación da entidade ou entidades participantes no proxecto para desenvolver o plan de traballo incluído nel.

10

C. Impacto socioeconómico do proxecto

Mide o impacto económico, social e ambiental do proxecto sobre o tecido industrial galego.

37

a) Explotación e orientación ao mercado

Eficiencia da estratexia de comercialización e protección IP
Mercado potencial e apertura de novos mercados
Impacto modelo empresarial de explotación.

25

b) Contribución á competitividade do modelo produtivo de Galicia

Efecto de arrastre do proxecto: incorporación dos resultados tecnolóxicos do proxecto a cadeas de valor estratéxicas para Galicia, mellorando a competitividade a nivel internacional.

5

c) Desenvolvemento de procesos de innovación aberta

Incorporación de startups no proxecto de I+D+i (subcontratación/socio) Consideraranse startups, de acordo coa definición contida no artigo 3 da Lei 28/2022, do 21 de decembro, de fomento do ecosistema das empresas emerxentes, toda persoa xurídica, incluídas as empresas de base tecnolóxica creadas ao abeiro da Lei 14/2011, do 1 de xuño, da ciencia, a tecnoloxía e a innovación, de recente creación: que non transcorresen máis de cinco anos desde a data de inscrición no Rexistro Mercantil, ou rexistro de cooperativas competente, da escritura pública de constitución, con carácter xeral, ou de sete no caso de empresas de biotecnoloxía, enerxía e industriais, e que reúna as condición especificadas nese artigo respecto da innovación e escalabilidade.

5

d) Concello emprendedor

Para cada socio da agrupación que desenvolva as súas actividades do proxecto nun concello emprendedor outorgarase 0,5 puntos, ata un máximo de 2 puntos.

Considérase concello emprendedor aquel que voluntariamente se una á iniciativa galega de concellos emprendedores promovida pola Administración autonómica, co obxecto de favorecer a implantación e o funcionamento das iniciativas empresariais en Galicia, con plenas garantías de sustentatibilidade económica e con redución das barreiras normativas e administrativas, en aplicación da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.

A relación de concellos emprendedores pode consultarse neste enderezo:

https://galiciaempresa.xunta.gal/concellos-emprendedores

2

2. Os proxectos poderán ser avaliados por asesores/as externos/as que sexan especialistas na materia a que o proxecto se refira.

3. Será requisito necesario para que un proxecto poida ser subvencionado que acade un mínimo de 60 puntos.

4. En caso de coincidir a puntuación de varias solicitudes, utilizarase como criterio de desempate o de maior puntuación sucesivamente nos criterios A, B, e C por esa orde. No suposto de que persista o empate, co fin de promover a incorporación do principio transversal de igualdade enunciado no artigo 9 do Regulamento (UE) núm. 2021/1060, decidirase a favor do proxecto en que a maioría das empresas participantes implantasen un plan de igualdade, identificado no formulario electrónico de solicitude polo seu localizador no Rexistro de convenios e acordos colectivos de traballo, de acordo co establecido no artigo 11 do Real decreto 901/2020, do 13 de outubro, polo que se regulan os plans de igualdade e o seu rexistro. En último termo, o criterio de desempate atenderá á orde de presentación da solicitude pola entidade líder de cada proxecto.

Artigo 21. Instrución do procedemento

1. Unha vez recibidas as solicitudes, de conformidade co establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, se a solicitude ou o formulario non reúne algún dos requisitos exixidos nestas bases reguladoras, requirirase a persoa interesada para que, nun prazo de dez días hábiles, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos. Neste requirimento farase indicación expresa de que, se así non o fixese, se considerará que desiste da súa petición, logo da correspondente resolución.

Dado o réxime de concesión en concorrencia competitiva, a ausencia de memoria técnica ou a presentación dunha memoria técnica ilexible non será emendable, e o expediente avaliarase utilizando unicamente coa información achegada no formulario de solicitude.

2. As solicitudes serán avaliadas polo órgano avaliador, quen elaborará unha relación ordenada de toda as solicitudes, con indicación da puntuación outorgada a cada unha delas, en aplicación dos criterios de avaliación, desempate e puntuación mínima establecidos no artigo 20 destas bases.

Artigo 22. Resolución, publicación e notificacións

1. A Área de Innovación Empresarial do Igape ditará a proposta de resolución con base neste procedemento a partir da relación de solicitudes puntuadas. A continuación, elevaraa á persoa titular da Dirección Xeral do Igape, quen emitirá a resolución de concesión das subvencións, por delegación do Consello de Dirección do Igape.

2. A resolución de concesión da subvención comprenderá a identificación da entidade beneficiaria e a contía da subvención, a indicación das obrigas que lle corresponden á entidade beneficiaria, os requisitos específicos relativos aos produtos ou servizos que deban obterse con ela, o plan financeiro e o calendario de execución, con indicación do método que se aplica para determinar os custos da operación, así como os demais requisitos previstos na normativa comunitaria para a selección da operación que debe conter o Documento polo que se establecen as condicións de axuda (DECA).

Tamén incluirá a comunicación de que a aceptación da axuda implica a aceptación da inclusión das entidades beneficiarias na lista de operacións, que se publicará no portal da Dirección Xeral de Fondos Comunitarios do Ministerio de Facenda, co contido previsto no número 3 do artigo 49 do Regulamento (UE) 2021/1060.

3. A aceptación da resolución de concesión da axuda (DECA) deberá facerse de maneira expresa a través da sinatura do documento que para tal fin o Igape porá á disposición da persoa beneficiaria na sala de sinaturas da Xunta (https://saladesinaturas.xunta.gal). O dito documento deberá ser asinado polo representante legal nun prazo de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da posta á disposición para a súa sinatura. A falta desa aceptación expresa terá como consecuencia a perda do dereito á obtención da axuda.

4. Na resolución denegatoria da axuda farase constar o motivo da denegación.

5. No caso de que a entidade beneficiaria sexa unha agrupación das definidas no artigo 4 entidades beneficiarias, ditarase unha resolución individual para cada entidade participante, onde constarán as mencións do punto anterior referidas ao seu proxecto concreto, segundo se definiu no propio documento da agrupación e no seu formulario específico.

6. O anuncio da publicación do texto completo da resolución definitiva no enderezo https://spiga-sede.igape.es será publicado no Diario Oficial de Galicia, de acordo co artigo 45 da Lei 39/2015.

7. O prazo máximo para resolver e publicar a resolución será o establecido na resolución de convocatoria; transcorrido este, poderase entender desestimada por silencio administrativo a solicitude de concesión da axuda.

8. As entidades que resulten beneficiarias deberán presentar, no prazo de tres meses contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución de concesión da axuda, un informe de avaliación positivo do cumprimento do principio de non causar un prexuízo significativo ao ambiente (DNSH) realizado por unha entidade acreditada por ENAC. No caso de non presentar o devandito informe no prazo indicado, revogarase a axuda concedida.

Para os proxectos en colaboración só se requirirá un informe de cumprimento do principio de DNSH por proxecto e correspóndelle ao líder a súa presentación.

9. As notificacións das resolucións e actos administrativos do procedemento que non sexan obxecto de publicación efectuaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas realizaranse a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal. Este sistema remitiralles ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación efectuada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

De conformidade co artigo 47 da Lei /2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e polas entidades instrumentais do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderán de oficio crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar que as persoas interesadas cumpran a súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

As notificacións por medios electrónicos entenderanse efectuadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido e rexeitadas cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

Se o envío da notificación electrónica non for posible por problemas técnicos, efectuarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 23. Réxime de recursos

As resolucións ditadas ao abeiro destas bases porán fin á vía administrativa e contra elas poderán interporse os seguintes recursos, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Potestativamente, recurso previo de reposición, que resolverá a persoa titular da Dirección Xeral do Igape, por delegación do Consello de Dirección do Igape, no prazo dun mes desde o día seguinte ao da súa publicación, ou en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que, de acordo co establecido nestas bases reguladoras, se produza o acto presunto.

b) Recurso contencioso-administrativo, ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, ou no prazo de seis meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

Artigo 24. Modificación da resolución

1. Unha vez ditada a resolución de concesión, observarase o establecido no artigo 35 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei de subvencións. Admitiranse modificacións dentro dos límites xerais establecidos nestas bases sempre e cando estes cambios non alteren o baremo ou desvirtúen o proxecto. Concretamente, non se admitirán modificacións que amplíen o prazo de execución do proxecto máis alá das datas límite establecidas na resolución de convocatoria nin daquelas que supoñan unha maior subvención para o proxecto.

2. A entidade beneficiaria deberá solicitar a modificación tramitando o formulario sinalado no artigo 15 (presentación de solicitudes) e presentando a súa instancia dirixida á Dirección Xeral do Instituto Galego de Promoción Económica. A solicitude de modificación deberá presentala cunha antelación mínima dun mes á finalización do prazo de execución do proxecto establecido na resolución de concesión.

O acto polo que se acorde ou se denegue a modificación da resolución ditarao, por delegación do Consello de Dirección do Igape, a persoa titular da Dirección Xeral do Igape, logo da instrución do correspondente expediente.

3. As actuacións subvencionadas deben executarse no tempo e na forma que se determinen nas resolucións de concesión. Con todo, cando xurdan circunstancias concretas que alteren as condicións técnicas ou económicas tidas en conta para a concesión da axuda, estas poderán dar lugar á modificación da resolución de concesión por instancia da entidade beneficiaria, sempre que se cumpran os seguintes requisitos:

a) Que a modificación sexa autorizada polo órgano concedente.

b) Que a modificación non afecte os obxectivos perseguidos coa axuda, os seus aspectos fundamentais ou que fosen determinantes para a concesión da axuda, os requisitos que determinan a condición da entidade beneficiaria, nin dane dereitos de terceiros.

c) Que as modificacións obedezan a causas sobrevidas que non se puideron prever no momento da solicitude. Os novos elementos e circunstancias que motiven a modificación, de concorreren na concesión inicial, non poderían supoñer a denegación da subvención, nin poderán ser tidos en conta requisitos ou circunstancias que, debendo concorrer no momento en que se ditou a resolución, tivesen lugar con posterioridade a ela.

4. Con todo, en relación coa determinación da entidade beneficiaria, poderase autorizar o cambio dunha entidade da agrupación por outra debido á súa situación de insolvencia ou doutras circunstancias económicas que lle impidan afrontar o proxecto, sempre que se motiven suficientemente estas circunstancias, que a nova entidade cumpra os requisitos establecidos para ser beneficiaria e os demais establecidos na convocatoria e se comprometa a manter a actividade obxecto da axuda. A autorización requirirá un informe técnico en que se constate a idoneidade da nova entidade beneficiaria para garantir a viabilidade do proxecto e que, polo menos, teña unhas condicións equivalentes ao membro da agrupación substituído. Para realizar este informe técnico deberán aplicarse os mesmos criterios que se tiveron en conta para avaliar inicialmente a solicitude.

5. En concreto, deberá solicitarse calquera modificación relativa ao seu cronograma e ás actividades de desenvolvemento do proxecto, descritos na memoria técnica, con carácter previo á súa realización.

6. En ningún caso se admitirán solicitudes de modificación posteriores á data prevista de finalización do proxecto.

7. Para os efectos de facilitar a xestión do orzamento adxudicado, cada entidade beneficiaria poderá solicitar unha redistribución entre as anualidades concedidas, modificando cada anualidade cun límite do 40 % do custo total concedido por entidade beneficiaria, variando proporcionalmente calquera das anualidades orzadas e que non estean xustificadas. O prazo para solicitar esta redistribución de anualidades finaliza tres meses antes do remate do período de execución da primeira anualidade afectada, excepto para o ano 2026. O prazo para solicitar esta redistribución de anualidades remata o 30 de xuño da anualidade afectada.

O prazo anterior poderá ampliarse ata a data límite de execución da anualidade afectada cando se produzan no proxecto causas sobrevidas que imposibiliten a execución do custo concedido para esa anualidade. Tales circunstancias deben estar motivadas e acreditadas, para a súa valoración e, se for o caso, autorización polo Igape.

8. Na solicitude de modificación expresaranse os motivos das modificacións que se propoñen, xunto coa xustificación da imposibilidade de cumprir as condicións expostas na resolución de concesión, e o seu impacto nas horas de traballo efectivas declaradas na solicitude. Esta solicitude de modificación deberá ser formulada polo líder da agrupación, e deberá xustificarse nos mesmos termos e co mesmo nivel de detalle que os indicados na fase de solicitude. O órgano concedente avaliará a xustificación e pertinencia da modificación solicitada e a súa adecuación ao plan de traballo.

Artigo 25. Obrigas das entidades beneficiarias

Son obrigas das entidades beneficiarias:

a) Executar o proxecto que fundamenta a concesión das subvencións no prazo establecido na resolución de concesión e manter, de ser o caso, o investimento no centro de traballo en Galicia durante os 3 anos seguintes ao remate do prazo de execución do proxecto.

b) Xustificar ante o Igape o cumprimento dos requisitos e condicións da subvención, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou gozo da subvención.

c) Someterse ás actuacións de comprobación e/ou de control financeiro que poidan realizar os distintos órganos de control a nivel autonómico, estatal ou comunitario, en particular o Igape, a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, a Intervención Xeral da Administración do Estado, o Tribunal de Contas ou, en xeral, as verificacións previstas no artigo 74 do Regulamento (UE) núm. 2021/1060 (RDC) que realicen o organismo intermedio, a autoridade de xestión e, de ser o caso, os órganos de control da Comisión Europea e do Tribunal de Contas Europeo e outras instancias de control, como a Oficina de Loita contra a Fraude ou a Fiscalía Europea, achegando canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores. Para tal fin, garantirase que todos os documentos xustificativos da operación se conserven durante un prazo de (5) anos a partir do 31 de decembro do ano en que se efectúe o último pagamento á persoa beneficiaria, de acordo co artigo 82 do Regulamento (UE) núm. 2021/1060 (RDC).

d) Comunicarlle ao Igape a solicitude e/ou obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos concorrentes que financien as actividades subvencionadas, así como a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da subvención. Esta comunicación deberá efectuarse no momento en que se coñeza e, en todo caso, coa solicitude de cobramento da subvención.

e) Cumprir os requisitos de comunicación do financiamento público do proxecto polo Igape, a Xunta de Galicia e a Unión Europea, segundo o establecido no anexo V destas bases, durante a realización do proxecto.

f) Comprometerse a aplicar o principio de «non causar prexuízo significativo ao ambiente» (DNSH, polas súas siglas en inglés), establecido no artigo 9.4 do Regulamento (UE) núm. 2021/1060 (RDC), isto é, que as actuacións promovidas non causen prexuízos significativos nalgún dos seis obxectivos ambientais recollidos no artigo 17 do Regulamento (UE) núm. 2020/852.

g) Facilitar cantos datos resulten necesarios para a valoración da convocatoria no marco da avaliación da RIS3 Galicia ou doutros mecanismos relacionados coa medición da I+D+i, entre outros, as enquisas do INE. Tendo en conta que a localización do proxecto ten que ser Galicia, os datos asignados aos citados instrumentos de avaliación deberán estar consignados á Comunidade Autónoma de Galicia.

h) Facilitar os datos do titular real dos perceptores do financiamento da Unión no caso de que, requirida a dita información ás autoridades competentes, non se poida dispor dela.

i) Efectuar o reintegro dos fondos percibidos, total ou parcialmente, no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión ou nos supostos previstos no título II da Lei 9/2007.

j) No caso de non ser quen de realizar o proxecto para o cal se concedeu a axuda, comunicar a renuncia ao expediente solicitado no momento en que se produza a certeza da non execución.

k) Solicitarlle ao Igape autorización previa para realizar modificacións no desenvolvemento dos proxectos aprobados. A realización de modificacións non autorizadas no orzamento subvencionable supoñerá a inadmisión das cantidades desviadas.

l) Dar publicidade á axuda recibida nos contratos de subcontratación e no equipamento e material instrumental, mencionando expresamente a súa orixe e o cofinanciamento con fondos estruturais da Unión Europea. Ademais, deberán publicar a concesión da axuda na súa páxina web e mantela actualizada. Na web deberán figurar, como mínimo, as entidades beneficiarias, os obxectivos e os principais avances do proxecto, que se deberán divulgar ano a ano. Concretamente, na documentación, nos carteis ou nas publicacións que se elaboren para a súa difusión pública, deberá figurar o logotipo da Xunta de Galicia, respectando o Manual de identidade corporativa (https://www.xunta.gal/identidade-corporativa/descarga-do-manual) e a frase «Subvencionado polo Igape da Xunta de Galicia» e cofinanciado pola Unión Europea.

m) Cumprir co plan de comunicación e difusión establecido no artigo 16.1.c) destas bases.

n) Manter un sistema de contabilidade separada ou un código contable adecuado en relación con todas as transaccións relacionadas cos gastos subvencionables, sen prexuízo das normas xerais de contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os conceptos financiados con fondos Feder.

o) Destinar os bens ao fin concreto para o cal se concedeu a subvención, que non poderá ser inferior a cinco anos en caso de bens susceptibles de se inscribiren nun rexistro público ou a tres anos para o resto de bens. No caso de bens inscritibles nun rexistro público, deberá facerse constar na escritura esta circunstancia, así como o importe da subvención concedida, e estas cuestións deberán ser obxecto de inscrición no rexistro público correspondente. Esta condición non impedirá a substitución de instalacións ou equipamentos que queden obsoletos, dentro do prazo indicado, debido á rápida evolución da tecnoloxía, sempre que a actividade económica se manteña en Galicia durante ese período.

p) Informar do nivel do logro de indicadores asociados á actuación que lles sexan de aplicación, ao mesmo tempo que presentan a xustificación de gastos. Estes indicadores son:

– Indicador de resultado:

RCR02 Investimentos privados que acompañan o apoio público (euros).

– Indicadores de realización:

RC001 Empresas apoiadas.

RC002 Empresas apoiadas a través de subvencións.

q) Facilitar cantos datos resulten necesarios para a avaliación da iniciativa Industria Innova no marco da avaliación da RIS3 Galicia ou doutros instrumentos relacionados coa medición da I+D+i, entre outros as enquisas do INE. Tendo en conta que a localización do proxecto ten que ser Galicia, os datos asignados aos citados instrumentos de avaliación deberán estar rexistrados na Comunidade Autónoma de Galicia.

No marco do Plan de avaliación da RIS3 Galicia, desenvolverase un seguimento específico das axudas concedidas. Este seguimento estará baseado na recompilación de información acerca dos resultados económicos e científico-técnicos obtidos polas entidades beneficiarias, así como o seu nivel de satisfacción co apoio recibido. Para tales efectos, e por indicación do Igape, durante a execución e ao finalizar o proxecto (ex post), as entidades beneficiarias deberán proporcionar información relativa a unha serie de indicadores, entre os cales se incluirán indicadores xerais e específicos de I+D+i.

r) No caso de proxectos seleccionados, por aplicación do criterio de desempate relativo á implantación dun plan de igualdade, este deberá manterse vixente durante o período de execución do proxecto e, posteriormente, durante o período de mantemento dos investimentos previstos no artigo 34.m) desta resolución.

s) Aceptar de maneira expresa a resolución de concesión (DECA), segundo o indicado no artigo 22.3 destas bases reguladoras.

t) Todo isto sen prexuízo das demais obrigas que resulten do artigo 11 da Lei 9/2007.

u) No caso de entidades beneficiarias incluídas no ámbito de aplicación do artigo 3 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, deberán someterse á normativa de contratación pública no que proceda, atendendo á súa natureza xurídica.

Artigo 26. Xustificación da subvención

1. A entidade beneficiaria (no caso de proxectos en colaboración, cada entidade) deberá presentar a xustificación e solicitude de cobramento a través da aplicación informática https://spiga-sede.igape.es, tamén accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

A xustificación económica materializarase a través da presentación do correspondente informe realizado por un auditor, segundo o indicado nos artigos 12 e 27 destas bases e segundo o descrito no artigo 74 do Regulamento da Lei 38/2003, de subvencións, RD 887/2006 e no artigo 50 o Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

2. Considerarase gasto realizado o que foi efectivamente pagado con anterioridade á finalización do prazo de execución. Exceptúanse desta regra xeral os gastos cuxos pagamentos se deban efectuar nun momento posterior por se axustaren aos calendarios de recadación, como os ingresos á conta do IRPF ou cotas de seguros sociais liquidables con posterioridade á data de execución. A entidade subvencionada quedará obrigada a presentar os documentos acreditativos do seu pagamento antes de finalizar o mes en que á entidade beneficiaria lle corresponde liquidar eses gastos.

3. Documentación xustificativa: debe presentarse a documentación económica xustificativa do custo das actividades e a documentación técnica.

4. Se, transcorrido o prazo establecido para a xustificación da subvención, as entidades beneficiarias non presentan a documentación xustificativa segundo o indicado, o Igape requiriraas para que a presenten no prazo improrrogable de dez días, advertíndoas de que a falta de presentación da xustificación no prazo indicado comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención e as demais responsabilidades establecidas na Lei 9/2007.

5. En todos os casos, as entidades beneficiarias deberán estar ao día nas súas obrigas coa Facenda pública, coa Comunidade Autónoma de Galicia e coa Seguridade Social. No caso de que a entidade beneficiaria se opoña á consulta ou non preste o consentimento expreso, deberá achegar as certificacións xunto co resto da documentación xustificativa.

6. Advírtese que calquera discrepancia entre a documentación xustificativa e as declaracións da solicitude de axuda poderá ser motivo do inicio dun expediente de incumprimento que, se é o caso, poderá supor a modificación ou revogación da concesión e o reintegro, de ser o caso, das cantidades previamente aboadas.

Artigo 27. Documentación xustificativa económica

1. Conforme o artigo 12 desta convocatoria (outros custos), a xustificación económica realizarase a través do informe dun auditor. Este informe deberá axustarse ás instrucións incluídas no anexo II, verificando a existencia da documentación correspondente e revisando, ademais, o cumprimento dos requisitos que se exixen en cada concepto de gasto.

2. Deberá presentarse un resumo global de execución e unha memoria económica abreviada para a totalidade do proxecto, así como o resto de documentación que se sinala a continuación. No caso de proxectos en colaboración, este resumo global será responsabilidade do líder da agrupación e o resto de documentación xustificativa deberá presentala cada un dos socios do proxecto:

a) Declaración do conxunto das axudas solicitadas ou concedidas, para a mesma finalidade ou proxecto, ou para as mesmas partidas de gasto, procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, nacional ou internacional.

b) Certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia, conforme as entidades beneficiarias están ao día nas súas obrigas tributarias, no caso de que se opoñan á súa consulta por parte do órgano xestor.

c) Un resumo da execución do proxecto, no cal consten o concepto subvencionable, o provedor, o importe (IVE excluído) e a data de cada un dos xustificantes presentados agrupados por partida e por concepto de gasto.

d) Se for o caso, indicación por concepto subvencionable das cantidades inicialmente orzadas e as súas desviacións de forma xustificada, seguindo o modelo do informe técnico dispoñible na páxina web do Igape.

e) Documentación xustificativa do investimento: documentos acreditativos dos gastos, consistentes en facturas ou documentos de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico mercantil ou con eficacia administrativa, segundo o establecido no artigo 28.3 da Lei 9/2007 e no artigo 48 do Decreto 11/2009. As facturas ou documentos contables xustificativos do gasto deberán incluír, ademais de todos os requisitos exixidos pola normativa de facturación, unha descrición suficiente dos conceptos facturados que permita unha análise de coherencia coa documentación técnica.

f) Documentación xustificativa do pagamento: os pagamentos xustificaranse con copia de transferencias bancarias, certificacións bancarias ou extractos bancarios, ou documentos obtidos a través da banca electrónica. Nestes documentos deberán estar claramente identificados o receptor e o emisor do pagamento, que deberán ser o emisor da factura e a entidade beneficiaria da axuda, respectivamente, o número e o importe total da factura satisfeito. De non estar acreditado o pagamento íntegro mediante estes documentos, o gasto non será subvencionable.

En ningún caso se admitirán os pagamentos xustificados mediante recibo do provedor nin os pagamentos por caixa ou en efectivo.

No caso de que no documento de pagamento non se faga referencia ás facturas, deberá ir acompañado da documentación complementaria que permita verificar a correspondencia entre gasto e pagamento. Non se aceptarán documentos de pagamento que non permitan identificar claramente as facturas vinculadas ao proxecto.

No caso de que un xustificante de pagamento inclúa varias facturas, xuntarase unha relación detallada delas en que se poida apreciar que o pagamento se corresponde coas ditas facturas. En caso de facturas pagadas conxuntamente con outras non referidas ao proxecto, será necesario presentar o correspondente extracto bancario acompañado da orde de pagamento da entidade, selada polo banco, coa relación detallada das facturas.

No suposto de pagamentos realizados mediante confirming ou cesión de pagamentos a provedores, a entidade beneficiaria deberá presentar o xustificante de pagamento á entidade financeira mediante cargo na súa conta bancaria e o xustificante de pagamento da entidade financeira ao provedor. Ambos os xustificantes deberán estar efectivamente pagados dentro do período de execución do proxecto ou, en todo caso, dentro do prazo de xustificación da anualidade afectada.

A data das facturas dos gastos xustificados debe atoparse sempre dentro do período establecido de execución do proxecto. A única excepción admisible é a factura do auditor polo seu traballo de revisión da conta xustificativa de gastos, que poderá ser posterior, pero sempre dentro do prazo de xustificación de gastos da anualidade afectada.

Non serán subvencionables partes de gastos que non estean íntegra e correctamente xustificados de acordo co establecido nos parágrafos anteriores.

g) Para a xustificación do custo de persoal destinado ao proxecto, deberá dispoñerse de:

1º. Certificación emitida polo responsable de persoal, co visto e prace da Xerencia ou Dirección da entidade, que consistirá nunha relación detallada por traballador/a do persoal dedicado ao proxecto, que deberá incluír os seguintes datos: DNI/NIE, nome, apelidos, posto na entidade, salarios fixados nun contrato de traballo, nun acordo laboral ou na lei (agás os custos de viaxes e indemnizacións ou axudas de custo), data de pagamento das nóminas, importe da Seguridade Social con cargo á entidade, data de pagamento da Seguridade Social e custo total imputado, grupo de cotización polo que está contratado, titulación e dedicación ao proxecto. Declaración da dedicación do persoal ao proxecto, no cal deben figurar as actividades en que participa mensualmente o/a traballador/a coa súa sinatura e a sinatura do/da xefe/a técnico/a do proxecto, conforme o modelo dispoñible na páxina web do Igape.

2º. Xustificación da comunicación por escrito ao persoal traballador de que parte do seu salario está cofinanciado pola Unión Europea.

3º. Informe de vida laboral referido á data de finalización do prazo de execución, e que comprenda toda a anualidade. No caso de persoal autónomo, certificado de vida laboral referido á data de finalización do prazo de execución.

Para o persoal de nova contratación, deberá achegarse a copia do contrato en que se poidan verificar que o/a traballador/a se dedica exclusivamente ao proxecto e o resto dos requisitos exixidos nesta convocatoria, xunto coa certificación da súa titulación académica e o currículum vitae.

4º. Copia das nóminas do persoal dedicado ás actividades do proxecto e copia auténtica dos xustificantes bancarios do seu pagamento. Nos xustificantes de pagamento das nóminas deberán vir detallados os seus receptores e as cantidades percibidas por cada un deles. Cando a documentación xustificativa deste gasto conste dun xustificante bancario da remesa total mensual, deberá achegarse a orde de transferencia en que se detallen os traballadores incluídos.

5º. Modelos 111 de retencións e ingresos de IRPF e os seus xustificantes bancarios de pagamento.

6º. Relación nominal de traballadores (RNT) e recibo de liquidación de cotizacións (RLC), así como os xustificantes bancarios de pagamento.

No caso de traballadores autónomos socios da empresa, deberase achegar o certificado de retencións ou ingresos á conta do IRPF, as nóminas e, se for o caso, as correspondentes facturas e documentos de pagamento. Unicamente será subvencionable o custo de Seguridade Social deste persoal cando se acredite que o importe é aboado pola empresa.

7º. Informe de datos para a cotización-traballadores por conta allea da Seguridade Social (IDC) relativo ao período de execución de cada anualidade.

8º. Declaración responsable da non participación do persoal dedicado ao proxecto, financiado con cargo ás axudas desta convocatoria, noutras actividades/proxectos financiados con axudas procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado ou, en caso contrario, declaración responsable de non superar, conxuntamente coa dedicación ao proxecto, a porcentaxe do 100 %.

En ningún caso se admitirán pagamentos xustificados por caixa ou en efectivo.

h) Copia das tres ofertas que deba ter solicitado a entidade beneficiaria, de acordo co establecido no artigo 14 das bases reguladoras, no caso de non as ter achegado coa solicitude de axuda.

i) Declaración asinada polo/a representante legal, na cal se detalle o cadro de amortización de cada equipamento incluído no seu orzamento, calculado sobre a base de boas prácticas contables, así como un informe técnico sobre o período de amortización. En todo caso, esta documentación deberá ir acompañada dos estados contables da entidade e dos correspondentes documentos xustificativos do gasto e do pagamento da compra. O Igape poderá comprobar a veracidade destes datos accedendo, en calquera momento, aos documentos contables da empresa.

j) No caso de leasing, será necesario presentar o contrato, as facturas e os documentos de pagamento das cotas correspondentes ao período de execución do proxecto.

k) En caso de subcontratacións, deberá achegarse a seguinte documentación:

1º. Factura emitida pola entidade subcontratada á entidade beneficiaria, en que se especifique claramente o título do proxecto financiado. No caso de seren varias facturas, todas elas deberán especificar o título do proxecto.

2º. Xustificante bancario de pagamento da factura da subcontratación.

3º. Memoria técnica realizada polo/a subcontratista, datada e asinada, en que se describan os servizos e as actividades realizadas no proxecto, coa desagregación dos custos e os medios persoais e materiais empregados na súa realización.

4º. A documentación que deberán achegar os/as subcontratistas segundo o indicado no artigo 11.4 e 11.6 destas bases.

Artigo 28. Documentación xustificativa técnica

1. A documentación xustificativa técnica para o proxecto constará de:

a) Informe técnico normalizado segundo o modelo dispoñible na páxina web de Igape. Este informe incluirá unha epígrafe relativa ás actividades do plan de comunicación e difusión do proxecto.

b) Memoria libre sobre a evolución do proxecto, en que deberá incluírse a xustificación do cumprimento das normas de publicidade.

Documentación xustificativa (documentación gráfica, fotografías ou calquera outro soporte probatorio) do cumprimento das obrigas de publicidade, conforme o Regulamento (UE) núm. 2021/1060.

c) No momento da finalización do proxecto, xunto coa documentación xustificativa da última anualidade, deberá cubrirse a epígrafe relativa aos indicadores de seguimento do proxecto no informe técnico dispoñible na páxina web do Igape.

2. Sen prexuízo da documentación anteriormente indicada, poderáselle requirir á entidade beneficiaria que anexe cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para a tramitación e resolución do procedemento.

3. Se, transcorrido o prazo establecido para a xustificación da subvención, as entidades beneficiarias non presentan a documentación xustificativa segundo o indicado, o Igape requiriraas para que a presenten no prazo improrrogable de dez días, advertíndoas de que a falta de presentación da xustificación no prazo indicado comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención e as demais responsabilidades establecidas na Lei 9/2007.

4. En todos os casos, as entidades beneficiarias deberán estar ao día nas súas obrigas coa Facenda pública, coa Comunidade Autónoma de Galicia e coa Seguridade Social. No caso de que a entidade beneficiaria se opoña á consulta ou non preste o consentimento expreso, deberá achegar as certificacións xunto co resto da documentación xustificativa.

5. Advírtese que calquera discrepancia entre a documentación xustificativa e as declaracións da solicitude de axuda poderá ser motivo do inicio dun expediente de incumprimento que, se é o caso, poderá supor a modificación ou revogación da concesión e o reintegro, de ser o caso, das cantidades previamente aboadas.

Artigo 29. Pagamento

1. Poderán realizarse pagamentos anticipados e á conta das subvencións recollidas nestas bases.

Estes pagamentos están exentos da presentación de garantías, de acordo co establecido no artigo 67.4 do Decreto 11/2009, conforme a autorización do Consello da Xunta de Galicia.

2. Pagamentos anticipados.

As entidades beneficiarias poderán solicitar o pagamento anticipado segundo as seguintes porcentaxes:

– Primeira anualidade: ata o 100 % da subvención concedida desta anualidade.

– Anualidades sucesivas: ata o 50 % da subvención concedida en cada anualidade.

En ningún caso o importe da totalidade dos anticipos concedidos poderá superar o 80 % da subvención total concedida.

No caso de que a xustificación dunha anualidade sexa insuficiente e dea lugar a unha minoración da subvención, o importe minorado detraerase do importe da seguinte anualidade.

A concesión destes anticipos realizarase mediante resolución motivada, de acordo co artigo 63 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

A entidade solicitante deberá facer constar se opta por esta modalidade de pagamento na solicitude da subvención.

3. Pagamentos á conta: faranse efectivos, para cada anualidade, unha vez presentada e comprobada a correcta xustificación da execución do proxecto sen necesidade de entregar ningún tipo de garantías.

A suma dos pagamentos anticipados e á conta non poderá superar o 80 % da subvención total concedida.

4. Antes do pagamento final da subvención, o Igape comprobará, de acordo co establecido no artigo 30 da Lei 9/2007, a adecuada xustificación da subvención, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión da subvención.

5. O Igape poderá solicitar un novo informe que acredite que se respecta o principio de «non causar un prexuízo significativo ao ambiente» no sentido do artigo 17 do Regulamento (UE) núm. 2020/852, co fin de verificar que se respectou este principio durante a execución da actividade financiada.

O aboamento da axuda realizarase unha vez que o Igape considere xustificada a realización e o pagamento do proxecto e o cumprimento das condicións dentro do prazo establecido na resolución de concesión.

Os órganos competentes do Igape poderán solicitar as aclaracións ou informes relativos á xustificación do proxecto que consideren convenientes. Unha vez transcorrido o prazo concedido para o efecto sen que a entidade beneficiaria os presentase, o Igape iniciará o correspondente procedemento de incumprimento.

O réxime de pagamento deberá cumprir o establecido no artigo 31 da Lei 9/2007 e no título IV do seu regulamento.

Artigo 30. Perda do dereito ao cobramento da subvención

1. Producirase a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención no suposto de falta de xustificación do cumprimento do proxecto, das condicións impostas na resolución de concesión, das obrigas contidas nestas bases reguladoras, de concorrencia das causas establecidas no artigo 33 da Lei 9/2007, ou na restante normativa aplicable, o que dará lugar, se é o caso, á obriga de reintegrar total ou parcialmente a subvención percibida, así como os xuros de demora correspondentes.

2. O procedemento para declarar a procedencia da perda do dereito de cobramento da subvención e para facer efectivo o reintegro a que se refire o punto anterior será o establecido no título II da Lei 9/2007.

3. Procederá a perda total do dereito ao cobramento da axuda concedida, sen prexuízo da incoación do oportuno expediente sancionador, nos seguintes casos:

a) Obter a subvención sen reunir as condicións requiridas.

b) Non xustificar ante o Igape o cumprimento dos requisitos e condicións da subvención, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou desfrute da subvención.

c) Non permitir someterse ás actuacións de comprobación e/ou de control financeiro que poidan realizar os distintos órganos de control a nivel autonómico, estatal ou comunitario, en particular o Igape, a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, a Intervención Xeral da Administración do Estado, o Tribunal de Contas, o Consello de Contas ou, en xeral, as verificacións previstas no artigo 74 do Regulamento (UE) núm. 2021/1060 (RDC) que realicen o organismo intermedio, a autoridade de xestión, e de ser o caso, os órganos de control da Comisión Europea e do Tribunal de Contas Europeo e outras instancias de control como a Oficina de Loita contra a Fraude ou a Fiscalía Europea, achegando canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores. Para tal fin, garantirase que todos os documentos xustificativos da operación se conserven durante un prazo de cinco (5) anos a partir do 31 de decembro do ano en que se efectúe o último pagamento á entidade beneficiaria, de acordo co artigo 82 do Regulamento (UE) núm. 2021/1060 (RDC).

d) Non acreditar estar ao día nas obrigas fiscais, coa Seguridade Social e coa Comunidade Autónoma.

e) Cando, como consecuencia de incumprimento parcial, o investimento subvencionable sexa inferior ao 50 % do concedido.

f) Non lle comunicar ao Igape a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da subvención.

g) A percepción doutras subvencións públicas, incompatibles coa totalidade da subvención prevista nestas bases, suporá a perda ou, se é o caso, o reintegro, do 100 % da subvención concedida.

h) Non lle dar publicidade ao financiamento do proxecto, de acordo co establecido no anexo V destas bases.

i) En proxectos en colaboración, que o líder da agrupación non achegue a memoria técnica a que se refire o artigo 16.1.b) 1º destas bases. Esta causa de reintegro afectará o proxecto no seu conxunto e todas as entidades beneficiarias.

j) En proxectos en colaboración, que non chegue a participar o 50 % das empresas iniciais da agrupación e o mínimo de dúas. Enténdese por participación unha xustificación de execución que non dea lugar a un incumprimento total. Esta causa de reintegro afectará o proxecto no seu conxunto e todas as entidades beneficiarias.

k) Non dispoñer de libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable en cada caso.

4. Perda parcial: sempre que se cumpran os requisitos ou condicións esenciais tomadas en conta na concesión da axuda, o Igape poderá apreciar un incumprimento parcial e deberá resolver sobre o seu alcance, aplicando a mesma ponderación que tivese a condición incumprida na resolución de concesión e, se é o caso, establecendo a obriga de reintegro co seguinte criterio:

a) No caso de condicións referentes á contía ou conceptos da base subvencionable, o alcance do incumprimento determinarase proporcionalmente aos conceptos subvencionables deixados de efectuar ou aplicados a outros distintos dos considerados subvencionables e, se é o caso, deberán reintegrarse as cantidades percibidas na dita proporción. En particular, unha execución por baixo do 50 % da base subvencionable aprobada considerarase un incumprimento total.

b) Non manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable axeitado en relación con todas as transaccións relacionadas cos gastos subvencionables, sen prexuízo das normas xerais de contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os gastos financiados co Feder suporá a perda ou, se é o caso, o reintegro dun 2 % da subvención concedida.

5. No período de mantemento dos investimentos, nos casos en que se aplique o artigo 25.a) e 25.q) destas bases reguladoras, procederá a incoación dun procedemento de reintegro no suposto de non manter os investimentos ou os arrendamentos obxecto da subvención durante o período establecido, o que suporá o reintegro da subvención correspondente ao activo non mantido, de forma proporcional ao período en que se incumprise este requisito.

Adicionalmente, non manter a publicidade do financiamento do proxecto, de acordo co establecido no artigo 25 destas bases, ou o plan de igualdade, suporá o reintegro dun máximo do 3 % da subvención concedida.

6. Cada entidade participante no proxecto é a responsable da execución e xustificación da subvención individual concedida. O incumprimento total ou parcial da parte dunha entidade non afectará nin será causa de incumprimento para as restantes entidades participantes, excepto nos supostos previstos nas letras i) e j) do número 3 anterior.

7. Devolución voluntaria da subvención.

De acordo co establecido no artigo 64 do Decreto 11/2009, as entidades beneficiarias poderán realizar, sen o requirimento previo da Administración, a devolución total ou parcial da subvención concedida, mediante o seu ingreso na conta ES83 2080 0388 2731 1000 0584, en concepto de devolución voluntaria da subvención.

En todo caso, a entidade beneficiaria deberá presentar ante o órgano concedente unha copia xustificativa da devolución voluntaria realizada, na cal consten a data do ingreso, o seu importe e o número do expediente e denominación da subvención concedida.

Artigo 31. Réxime sancionador

Ás entidades beneficiarias das subvencións reguladas nestas bases seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto no título IV da Lei 9/2007.

Artigo 32. Fiscalización e control

As entidades beneficiarias destas subvencións someteranse ás actuacións de comprobación e/ou de control que realice o Igape para o seguimento dos proxectos aprobados e ás de control financeiro que correspondan á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, a Intervención Xeral da Administración do Estado, o Tribunal de Contas, o Consello de Contas ou, en xeral, as comprobacións e verificacións que realicen o organismo intermedio, a autoridade de xestión e, de ser o caso, os órganos de control da Comisión Europea e do Tribunal de Contas Europeo ou outras instancias de control, en particular ás verificacións previstas no artigo 74 do Regulamento (UE) núm. 2021/1060 (RDC), as auditorías do organismo de auditoría do programa Galicia Feder 2021-2027 ou das distintas instancias comunitarias de control sobre os fondos europeos, achegando canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

Calquera persoa que teña coñecemento de feitos que poidan ser constitutivos de fraude ou irregularidade en relación con proxectos ou operacións financiados total ou parcialmente con cargo a fondos procedentes da Unión Europea no marco desta convocatoria poderá pór os ditos feitos en coñecemento do Servizo Nacional de Coordinación Antifraude da Intervención Xeral da Administración do Estado, por medios electrónicos a través da canle habilitada para o efecto https://www.igae.pap.hacienda.gob.es/sitios/igae/es-ES/Paginas/denan.aspx

Artigo 33. Comprobación de subvencións

1. O Igape comprobará a axeitada xustificación da subvención, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou o desfrute da subvención.

O prazo para a comprobación material de facturas e xustificantes de investimento será de cinco anos a partir do 31 de decembro do ano en que o Igape lle efectúe o último pagamento á entidade beneficiaria, de acordo co disposto no artigo 82.1 do Regulamento (UE) 2021/1060.

2. Nas subvencións de capital superiores a 60.000 euros, no seu cómputo individual, destinadas a investimentos en activos tanxibles, será de aplicación o establecido no artigo 30 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, e no artigo 60.2 do Decreto 11/2009, que desenvolve a dita lei.

3. Para todo o non previsto nos puntos anteriores será aplicable o disposto no artigo 30 da Lei 9/2007 e nos artigos 57 e seguintes do seu regulamento.

Artigo 34. Transparencia e bo goberno

1. Deberá darse cumprimento das obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrarlle á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, a que estean vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para que aquela cumpra as obrigas previstas no título I da citada lei.

Artigo 35. Remisión normativa

Para todo o non previsto nestas bases aplicarase o previsto na seguinte normativa:

a) Regulamento (UE) 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado (DOUE L 187, do 26 de xuño).

b) Regulamento (UE) 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño, polo que se establecen disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo Plus, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo de Transición Xusta e ao Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura, así como as normas financeiras para os ditos fondos e para o Fondo de Asilo, Migración e Integración, o Fondo de Seguridade Interior e o Instrumento de apoio financeiro á xestión de fronteiras e a política de visados (DOUE L 231, do 30 de xuño).

c) Regulamento (UE) 2021/1058 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño, relativo ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e ao Fondo de Cohesión (DOUE L 231, do 30 de xuño).

d) Normativa comunitaria de desenvolvemento dos citados regulamentos.

e) Orde HFP/1414/2023, do 27 de decembro, pola que se aproban as normas sobre os gastos subvencionables dos programas financiados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Fondo de Transición Xusta para o período 2021-2027.

f) Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

g) Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

h) Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

i) Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

j) Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

k) Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.

l) Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos e polo que se derroga a Directiva 95/46/CE (Regulamento xeral de protección de datos).

m) Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014.

n) Resto da normativa que resulte de aplicación.

Artigo 36. Habilitación para o desenvolvemento

Facúltase a persoa titular da Dirección da Área de Innovación Empresarial para que dite, no ámbito das súas competencias, as resolucións, instrucións, aclaracións ou interpretacións necesarias para o desenvolvemento e cumprimento destas bases reguladoras.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO II

Informe de revisión de memoria económica que realizará o auditor

O obxecto deste informe é tanto a validación da correcta xustificación dos gastos vinculados ao orzamento do proxecto como a verificación do cumprimento doutras condicións requiridas pola normativa aplicable.

O informe de auditoría axustarase ao disposto na Orde EHA/1434/2007, do 17 de maio, e, no caso dun proxecto en colaboración, deberá ser realizado por un mesmo auditor inscrito no Rexistro Oficial de Auditores de Contas, cuxa designación corresponderá ao representante da agrupación.

Ademais, terá en conta as bases reguladoras e as instrucións que se detallan neste anexo.

1. Análise e comprobacións que efectuará o auditor.

O auditor, na súa análise, deberá verificar a memoria económica e ter en conta:

1. As condicións da resolución de concesión.

2. O orzamento susceptible de financiamento establecido na resolución de concesión e, de ser o caso, nas resolucións posteriores que impliquen modificacións autorizadas polo Igape.

3. Que a información económica contida na memoria económica está soportada por unha relación clasificada dos gastos e investimentos da actividade financiada, con identificación do acredor e do documento (factura ou documento de valor probatorio equivalente segundo a normativa nacional e comunitaria aplicable á subvención), o seu importe, a data de emisión e a data de pagamento, tal e como se describe de forma detallada no artigo 16 para cada tipoloxía de gasto. As facturas ou os documentos contables xustificativos do gasto deberán incluír, ademais de todos os requisitos exixidos pola normativa de facturación, unha descrición suficiente dos conceptos facturados que permita unha análise de coherencia coa documentación técnica.

4. Que a entidade dispón de documentos orixinais acreditativos dos gastos xustificados e do seu pagamento e que os ditos documentos foron reflectidos nos rexistros contables, tal e como se indica de forma detallada no artigo 16 para cada tipoloxía de gasto.

5. Que os gastos e investimentos que integran a relación cumpren os requisitos para teren a consideración de gasto susceptible de financiamento.

6. Que todos os pagamentos dos gastos executados están realizados dentro dos prazos establecidos no artigo 25.

7. Verificar que a entidade mantén un sistema de contabilidade separado ou un código contable adecuado que facilite unha pista de auditoría apropiada en relación con todos os gastos correspondentes aos investimentos realizados no proxecto.

8. Verificar, no caso de organismos de investigación, que contan cunha contabilidade separada de actividades económicas e non económicas.

Coa xustificación de cada anualidade, as entidades beneficiarias presentarán un resumo de execución da subvención agrupado por custos directos e indirectos:

A. Custos directos.

Os custos directos son aqueles que están directa e inequivocamente vinculados á actividade subvencionada e cuxo nexo con esta actividade se pode demostrar. Consideraranse custos directos subvencionables os seguintes:

1. Persoal.

O auditor deberá analizar e verificar a existencia da documentación e requisitos detallados no artigo 36 e comprobar:

a) Se o persoal está incluído dentro do orzamento susceptible de financiamento que figura na resolución de concesión ou resolucións posteriores de modificación aprobadas polo Igape.

b) Que o persoal cumpre os requisitos establecidos no artigo 7 da convocatoria para os custos de persoal.

c) As retribucións satisfeitas das persoas que imputaron dedicación de acordo coa documentación xustificativa (nóminas e xustificantes de pagamento e certificado de retencións de IRPF).

d) O custo da Seguridade Social imputable a cada entidade beneficiaria mediante os modelos RNT e RLC de cotización á Seguridade Social e documento de pagamento de todos os meses de actividade do proxecto.

e) Se o persoal está incluído no informe de vida laboral da empresa, se o tipo de contrato é subvencionable e se o grupo de cotización se corresponde co que figura na resolución de concesión.

f) No caso de que se imputen custos de persoal autónomo contratado en concepto de persoal propio, o auditor verificará, ademais:

– Que o dito persoal traballa regularmente na entidade que imputa os gastos e que non se trata dunha contratación esporádica, e que a súa dedicación ao proxecto non supera o establecido no artigo 11 da convocatoria.

– Que se realizaron efectivamente os pagamentos ao persoal autónomo contratado pola contía imputada.

g) No caso de persoal de nova contratación, a dedicación exclusiva ao proxecto, que non tivo vinculación laboral coa empresa nos seis (6) meses anteriores ao inicio do seu contrato e que este fai mención expresa ao cofinanciamento pola Unión Europea, ao acrónimo do proxecto e á convocatoria.

h) A comunicación por escrito ao traballador ou traballadora de que parte do seu salario está cofinanciado pola Unión Europea.

i) Que toda a documentación xustificativa é coherente co calendario de realización do proxecto que figura na resolución de concesión ou as posibles ampliacións de prazo de execución aprobadas polo Igape.

j) Que se cumpre o resto de requisitos e que se conta con toda a documentación xustificativa indicada nesta convocatoria para este concepto subvencionable.

2. Equipamento e material instrumental de nova adquisición.

O auditor deberá analizar e verificar a existencia da documentación e requisitos detallados no artigo 16, comprobando:

a) Se este concepto está incluído dentro do orzamento financiable que figura na resolución de concesión ou resolucións posteriores de modificación aprobadas polo Igape.

b) Se a cota anual de amortización, a data de inicio da amortización e o importe de adquisición de cada equipamento son os reflectidos nos rexistros contables da sociedade e se corresponden co indicado na documentación de solicitude do proxecto.

c) Que os equipamentos que se están a amortizar non recibiron calquera outra axuda pública para a súa adquisición.

d) Que se achegaron un mínimo de tres ofertas para os gastos establecidos no artigo 14 da convocatoria.

e) Que se cumpre o resto de requisitos e se conta con toda a documentación xustificativa indicada na convocatoria para este concepto subvencionable.

3. Materiais, subministracións e produtos similares.

O auditor deberá analizar e verificar a existencia da documentación e requisitos detallados no artigo 16, comprobando:

a) Se este concepto está incluído dentro do orzamento susceptible de financiamento que figura na resolución de concesión ou resolucións posteriores de modificación aprobadas polo Igape.

b) Que as datas das facturas e os documentos acreditativos do pagamento son coherentes co calendario de realización do proxecto que figura na resolución de concesión ou as súas posibles ampliacións de prazo de execución aprobadas polo Igape.

c) Que se achegou un mínimo de tres ofertas para os gastos establecidos no artigo 14 da convocatoria.

d) Que se cumpre o resto de requisitos e que se conta con toda a documentación xustificativa indicada nesta convocatoria para este concepto subvencionable.

4. Adquisición de patentes.

O auditor deberá analizar e verificar a existencia da documentación e requisitos detallados no artigo 16, comprobando:

a) Se este concepto está incluído dentro do orzamento financiable que figura na resolución de concesión ou resolucións posteriores de modificación aprobadas polo Igape.

b) Que as datas das facturas e os documentos acreditativos do pagamento son coherentes co calendario de realización do proxecto que figura na resolución de concesión ou as súas posibles ampliacións de prazo de execución aprobadas polo Igape.

c) Que as patentes foron adquiridas ou obtidas por licenza de fontes externas á entidade solicitante e que a operación se realizou en condicións de plena competencia.

d) Que se achegou un mínimo de tres ofertas para os gastos establecidos no artigo 14 da convocatoria.

e) Que se cumpre o resto de requisitos e que se conta con toda a documentación xustificativa indicada nesta convocatoria para este concepto subvencionable.

5. Subcontratacións.

O auditor deberá analizar e verificar a existencia da documentación e requisitos detallados no artigo 16, comprobando:

a) Se este concepto está incluído dentro do orzamento susceptible de financiamento que figura na resolución de concesión ou resolucións posteriores de modificación aprobadas polo Igape.

b) Que as datas das facturas e os documentos acreditativos do pagamento son coherentes co calendario de realización do proxecto que figura na resolución de concesión ou as súas posibles ampliacións de prazo de execución aprobadas polo Igape.

c) Que se achegou un mínimo de tres ofertas para os gastos establecidos no artigo 14 da convocatoria.

d) A subscrición do contrato entre a entidade beneficiaria e a entidade subcontratista nos casos que establece o artigo 11 das bases reguladoras.

e) Que se achega a documentación que se indica no artigo 11.5 e 11.7 da convocatoria.

f) Que se cumpre o resto de requisitos e que se conta con toda a documentación xustificativa indicada nesta convocatoria para este concepto subvencionable.

6. Outros custos.

– O custo derivado do informe realizado polo auditor.

– O custo derivado do informe de valoración do cumprimento do principio de non causar un prexuízo significativo ao ambiente (DNSH).

– O custo derivado do plan de comunicación e difusión do proxecto.

O auditor deberá analizar e verificar a existencia da documentación e requisitos detallados no artigo 16, para cada un destes custos, comprobando:

a) Se o concepto está incluído no orzamento susceptible de financiamento que figura na resolución de concesión ou resolucións posteriores de modificación aprobadas polo Igape.

b) As datas das facturas e os documentos acreditativos do pagamento deberán ser coherentes co calendario de realización do proxecto que figura na resolución de concesión ou as súas posibles ampliacións de prazo de execución aprobadas polo Igape.

c) Que tanto o custo do informe de auditoría como o custo derivado do informe de valoración do cumprimento do principio DNSH e o custo derivado do plan de comunicación e difusión do proxecto non superan os límites establecidos no artigo 12.

d) Que se cumpre o resto de requisitos e que se conta con toda a documentación xustificativa indicada nesta convocatoria para este concepto subvencionable.

B. Custos de carácter indirecto.

Os custos indirectos son aqueles que non están vinculados ou non se poden vincular directamente á actividade subvencionada por teren carácter estrutural, pero resultan necesarios para a súa realización. Inclúense os gastos administrativos, tales como xestión administrativa e contable, gastos de supervisión e control de calidade; subministracións, tales como auga, electricidade, calefacción e teléfono; seguros; seguridade ou gastos de limpeza.

O auditor, conforme as bases reguladoras, verificará que os custos indirectos se corresponden co importe resultante de aplicar unha porcentaxe do 15 % aos custos de persoal imputados ás actividades do proxecto (artigo 6 das bases reguladoras).

3. Outras obrigas e comprobacións que efectuará o auditor.

a) Deberá comprobar o cumprimento dos prazos de pagamento a provedores, de conformidade co previsto no artigo 13.3.bis da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

b) Deberá conservar copia de toda a documentación utilizada para a análise e verificación dos conceptos incluídos na memoria económica durante o prazo que sexa legalmente exixible.

c) Comprobará, no lugar de desenvolvemento do proxecto, a existencia de indicación visible do financiamento por parte do Igape e que se cumpre o resto de requisitos en materia de publicidade e información recollidos no Regulamento (UE) núm. 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño, e nas bases reguladoras desta convocatoria.

d) Calquera outra que derive da verificación dos requisitos indicados nesta convocatoria e no resto de normativa que lle é de aplicación.

missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO V

Requisitos de comunicación do financiamento público

Axudas Industria Innova susceptibles de seren cofinanciadas
pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027

Responsabilidade da entidade beneficiaria.

Ao tratarse de subvencións cofinanciadas con fondos da Unión Europea, en relación coa publicidade do financiamento, de conformidade co previsto nos artigos 47, 50 e anexo IX do Regulamento (UE) 2021/1060 (RDC), a persoa beneficiaria, durante o período de mantemento do investimento, recoñecerá a axuda dos fondos europeos, a través do Feder, e para iso:

a) No seu sitio web oficial, cando este sitio web exista, e nas súas contas nas redes sociais fará unha breve descrición da operación, de maneira proporcionada en relación co nivel de axuda, cos seus obxectivos e resultados, destacando a axuda financeira da Unión Europea.

Para cumprir con este requisito pode utilizarse a seguinte imaxe:

missing image file

b) Nos documentos e materiais de comunicación destinados ao público e relacionados coa execución da actuación, proporcionará unha declaración que destaque a axuda da Unión Europea de maneira visible.

O formato que se deberá utilizar é o seguinte:

missing image file

c) Para as actuacións cuxo custo total sexa superior a 500.000 euros e que impliquen a adquisición de equipamentos, tan pronto como comecen e durante toda a súa execución, colocará un cartel ou placa permanente nun lugar ben visible para o público.

d) Para as actuacións que non se inclúan na alínea c) anterior, exhibirá nun lugar ben visible para o público polo menos un cartel de tamaño mínimo A3 ou unha pantalla electrónica equivalente con información sobre a actuación onde se destaque a axuda dos fondos europeos.

O formato que se deberá utilizar é o seguinte:

missing image file

Cando varias actuacións se realicen no mesmo lugar só será preciso colocar unha placa ou cartel.

e) Asemade, de acordo co establecido no artigo 50.1.e) do Regulamento (UE) 2021/1060, do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño, ao tratarse dunha liña de axudas recollida no programa Galicia Feder 2021-2027 como de importancia estratéxica, así como para aquelas en que o custo total do proxecto supere o importe de 10.000.000 de euros, o beneficiario organizará unha actividade ou acto de comunicación, en que participarán a Comisión Europea, a autoridade de xestión e o organismo intermedio do programa Galicia Feder 2021-2027, de conformidade coas instrucións que para tal efecto se lle comunicarán.

f) Durante o período de obrigatoriedade de conservación da documentación, a entidade beneficiaria deberá conservar, preferentemente en formato dixital, unha copia de todos os materiais de comunicación e publicidade que elabore no marco da actuación. Este material deberá ser posto ao dispor do organismo intermedio ou das institucións da Unión Europea se así llo solicitan.

g) A entidade beneficiaria deberá respectar, en todo momento, as orientacións recollidas no documento de uso do emblema europeo (https://commission.europa.eu/system/files/2021-05/eu-emblem-rules_es.pdf) e as características técnicas descritas no anexo IX do Regulamento (UE) 2021/1060 (RDC).