BDNS (Identif.): 881789.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións:
https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/881789
https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/881772
Primeiro. Beneficiarias
1. Poderán ser persoas beneficiarias das subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nestas bases, as persoas físicas e as sociedades patrimoniais de tenza de valores inmobiliarios ou de arrendamento de inmobles, titulares de calquera dereito sobre un inmoble de carácter residencial, ou as comunidades e mancomunidades de veciños, sempre que as actuacións subvencionables descritas no artigo 4 se realicen en vivendas ou edificios do sector residencial sitas na Comunidade Autónoma de Galicia. Así mesmo, as agrupacións de persoas físicas, privadas sen personalidade, non poderán disolverse ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 35 e 63 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
2. Non poderán ter a condición de beneficiarias as persoas ou as entidades en que concorra algunha das circunstancias previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Segundo. Obxecto e normativa de aplicación
O obxecto destas bases é apoiar proxectos promovidos polos particulares e as súas agrupacións e asociacións con fins de aforro enerxético e fomento do uso das enerxías renovables. Os proxectos limitaranse a instalacións para a xeración de enerxía térmica mediante equipamentos que utilicen biomasa como combustible, e outras instalacións de enerxías renovables que utilicen como fonte de enerxía a xeotermia, a hidrotermia, a aerotermia ou a enerxía solar térmica.
2. Estas subvencións destinadas a proxectos de enerxías renovables de uso térmico en ámbitos non urbanos convócanse en réxime de concorrencia competitiva.
3. As solicitudes presentaranse a través das entidades colaboradoras.
Poderán ser entidades colaboradoras as entidades privadas con personalidade xurídica, validamente constituídas, así como os empresarios individuais sempre que, en ambos os dous casos, teñan o seu domicilio social ou algún centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia.
As entidades colaboradoras estarán dadas de alta na Consellería de Economía e Industria para a xestión de subvencións para proxectos de enerxías renovables para uso térmico como empresas de instalacións térmicas en edificios (procedemento IN609E).
Terceiro. Bases reguladoras e convocatoria
Resolución do 16 de decembro de 2025, da Axencia Instituto Enerxético de Galicia (Inega), pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións en réxime de concorrencia competitiva, para proxectos de enerxías renovables de uso térmico no sector residencial, en ámbitos non urbanos, así como a selección das entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á convocatoria, mediante tramitación anticipada de gasto, para o ano 2026, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 en Galicia (códigos de procedemento IN421H e IN421P).
Cuarto. Financiamento
1. As subvencións que se concedan financiaranse con cargo aos orzamentos do Inega para o exercicio 2026. A dotación máxima para financiar estas subvencións ascende a 2.100.000 € e redistribuirase tendo en conta as solicitudes rexistradas conforme o establecido no artigo 31 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia entre as seguintes partidas: 09.A3.733A.770.5, 09.A3.733A.770.6, 09.A3.733A.780.1, 09.A3.733A.780.2, 09.A3.733A.780.3, 09.A3.733A.781.1 e 09.A3.733A.781.6.
Código proxecto contable: 2024/00011.
A distribución dos fondos será a que a seguir se indica:
|
Tipoloxia de proxectos |
Importe (€) |
|
Biomasa |
600.000 |
|
Aerotermia |
800.000 |
|
Xeotermia e hidrotermia |
670.000 |
|
Solar térmica |
30.000 |
|
Total |
2.100.000 |
Este crédito está confinanciado nun 60 % polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco da intervención 6872 do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 (Subintervención 68720_4-Renovables. Eficiencia Enerxética), nun 28 % por fondos propios da Comunidade Autónoma nun 12 % por fondos finalistas do Estado.
Sexto. Forma e prazo de presentación das solicitudes
1. O prazo de presentación de solicitudes de adhesión das entidades colaboradoras comezará a partir do primeiro día hábil seguinte ao da publicación no DOG da presente resolución e rematará o 23 de febreiro de 2026 e para solicitar a súa adhesión a entidade colaboradora terá que cubrir e confirmar o formulario de adhesión (anexo II).
2. O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará o 9 de febreiro de 2026 ás 9.00 horas (inicio do período subvencionable) e rematará o 13 de marzo de 2026. A entidade colaboradora terá que cubrir e confirmar o formulario de solicitude de axuda (anexo IV).
3. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos para os dous procedementos, a través do formulario normalizado accesible desde a sede electrónica da xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), ou ben desde a páxina web do Inega (http://www.inega.gal) de acordo co establecido no artigo 14 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (LPACAP).
Santiago de Compostela, 16 de decembro de 2025
Pablo Fernández Vila
Director do Instituto Enerxético de Galicia
