Advertido erro na devandita disposición, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 16, do luns 26 de xaneiro de 2026, cómpre facer a seguinte corrección:
Na páxina 7186, no texto do artigo 26.2, onde di:
«2. No caso de que as actividades subvencionadas do artigo 6.1.c) non rematasen co mesmo número de alumnos/as que o inicial, realizarase unha redución proporcional da subvención total concedida (custos directos e indirectos), salvo que o abandono sexa debido a unha causa médica ou laboral debidamente xustificada».
Debe dicir:
«2. No caso de que as actividades subvencionadas do artigo 6.1.c), d), e), f), g), h) e i) non rematasen co mesmo número de alumnos/as que o inicial, realizarase unha redución proporcional da subvención total concedida (custos directos e indirectos), salvo que o abandono sexa debido a unha causa médica ou laboral debidamente xustificada».
