DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 10 de marzo de 2026 Páx. 17301

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

EXTRACTO da Resolución do 24 de febreiro de 2026, da Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, pola que se denega a solicitude de autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción e se arquiva o expediente instruído do parque eólico Chan do Eixo, situado nos concellos da Cañiza e Covelo (Pontevedra) e promovido por Parque Eólico Chan do Eixo, S.L. (expediente IN661A 2011/6-4).

De conformidade co previsto no artigo 42.4, alíneas a) e b), da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, publícase o extracto da Resolución do 24 de febreiro de 2026, da Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, pola que se denega a solicitude de autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción e se arquiva o expediente instruído do parque eólico Chan do Eixo, situado nos concellos da Cañiza e Covelo (Pontevedra) e promovido por Parque Eólico Chan do Eixo, S.L. (expediente IN661A 2011/6-4).

Primeiro. Contido da resolución e condicións que a acompañan

A dita resolución dispón o seguinte:

1. Denegar a solicitude de autorización administrativa previa e de autorización administrativa de construción para a modificación substancial do parque eólico Chan do Eixo, tras a declaración de impacto ambiental desfavorable formulada pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático o 18.1.2023.

2. Revogar a autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución do parque eólico Chan do Eixo, outorgadas polo Acordo do Consello da Xunta do 2 de outubro de 2014.

3. Arquivar o expediente do parque eólico Chan do Eixo, situado nos concellos da Cañiza e Covelo (Pontevedra) e promovido por Parque Eólico Chan do Eixo, S.L. (expediente IN661A 2011/6-4).

4. Cancelar as garantías depositadas para garantir o cumprimento das obrigas no procedemento de acceso e conexión á rede de transporte do parque eólico Chan do Eixo, na Caixa Xeral de Depósitos da Comunidade Autónoma de Galicia o 26.12.2016, por importe de 120.000,00 € e número de rexistro 1687/2016, o 2.10.2018, por importe de 12.000,00 € e número de rexistro 449/2018, e o 27.3.2020, por importe de 528.000,00 € e número de rexistro 2020/90/252.

Segundo. Principais motivos e consideracións en que se basea a resolución

1. Mediante a Resolución do 20 de decembro de 2010 pola que se aproba a relación de anteproxectos de parques eólicos seleccionados ao abeiro da Orde do 29 de marzo de 2010 para a asignación de 2.325 MW de potencia na modalidade de novos parques eólicos en Galicia, admitiuse a trámite o parque eólico, cunha potencia de 12 MW.

2. O 21.6.2011, a promotora solicitou a autorización administrativa, a aprobación do proxecto de execución e do proxecto sectorial e a declaración, en concreto, de utilidade pública para o parque eólico.

3. O 19.11.2013, a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental formulou a declaración de impacto ambiental relativa ao parque eólico, que se fixo pública pola Resolución do 21 de xaneiro de 2014, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas.

4. Polo Acordo do Consello da Xunta, do 2 de outubro de 2014, autorizáronse as instalacións, aprobouse o proxecto de execución e declarouse a utilidade pública, en concreto, do parque eólico. Este acordo fíxose público mediante a Resolución do 31 de outubro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas.

5. O 26.12.2016, Parque Eólico Chan do Eixo, S.L. depositou unha primeira garantía económica por importe de 120.000,00 € e número de rexistro 1687/2016, para garantir o cumprimento das súas obrigas no procedemento de acceso e conexión á rede de transporte do parque eólico. A promotora depositou unha segunda garantía o 2.10.2018, por importe de 12.000,00€ e número de rexistro 449/2018, e unha terceira o 27.3.2020, por importe de 528.000,00€ e número de rexistro 2020/90/252.

6. O 16.6.2020, Red Eléctrica de España informou sobre a anulación dos permisos de acceso e conexión para a IGRE PE Chan do Eixo, cunha potencia nominal de 12 MW, debido á desistencia voluntaria da promotora, así como a concesión dun novo permiso de acceso para a IGRE PE Chan do Eixo, cunha potencia nominal de 13,2 MW. Asemade, tamén informou que no mesmo nó da rede tiña concedido o permiso de acceso a IGRE PE Chan do Eixo ampliación, cunha potencia nominal de 1,2 MW.

7. O 20.7.2020, a promotora, en resposta ao requirimento efectuado pola Dirección Xeral de Enerxía e Minas, comunicou o seguinte:

«1. Na data 27.3.2020, o parque eólico Chan do Eixo (12 MW) tiña concedidos o permiso de acceso e conexión á rede eléctrica de transporte no nó Fontefría 220 kV. A data de concesión do permiso de acceso era o 6.7.2012 (expediente GRE_192_12).

2. De acordo co previsto na disposición transitoria oitava da Lei 24/2013, do 26 de decembro, na redacción dada polo artigo 19 do RDL 15/2018, vixente na dita data do 27.3.2020, os devanditos permisos caducaban o 30 de marzo de 2020.

3. Co fin de restablecer os permisos de acceso e conexión, condición necesaria para o outorgamento da autorización administrativa do parque eólico Chan do Eixo, determinouse como opción única aquela que supoñía unha renuncia voluntaria aos permisos de acceso e conexión vixentes na data 27.3.2020 e a solicitude dun novo permiso de acceso para a instalación.

[...]».

8. O 8.9.2021, a promotora presentou a solicitude de autorización de instalacións de produción de enerxía eléctrica e as súas infraestruturas de evacuación para unha modificación substancial do parque eólico. Posteriormente, en resposta aos correspondentes requirimentos da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, a promotora achegou sucesivas emendas á documentación presentada o 1.2.2022 e o 4.4.2022, e finalmente foi admitida a trámite a modificación substancial do parque o 28.4.2022.

9. O 25.4.2022, Parque Eólico Chan do Eixo, S.L. achegou un escrito á Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais en que solicitaba a cancelación dos avais con números de rexistro 1687/2016 e 449/2018.

10. O 9.5.2022, a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo emitiu o informe previsto no artigo 33 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, en que se indica que os aeroxeradores cumpren a distancia mínima de 500 m respecto das delimitacións de solo urbano, de núcleo rural e urbanizable.

11. Pola Resolución do 15 de xullo de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, sometéronse a información pública o estudo de impacto ambiental, as solicitudes de autorización administrativa previa e de construción, o proxecto sectorial e a solicitude de declaración de utilidade pública, en concreto, das instalacións do parque eólico Chan do Eixo.

12. Durante a tramitación do procedemento, e de acordo co establecido no artigo 33 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, a xefatura territorial remitiulles, para a emisión dos correspondentes condicionados técnicos, as separatas do proxecto de execución do parque eólico aos seguintes organismos: Axencia Galega de Infraestruturas, Concello da Cañiza, Concello de Covelo, Deputación Provincial de Pontevedra, Dirección Xeral de Telecomunicacións, Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, UFD Distribución Electricidade, S.A., Red Eléctrica de España, Retegal e Retevisión.

13. Durante o trámite de avaliación de impacto ambiental a que o proxecto foi sometido, recibíronse informes dos seguintes organismos: Axencia Turismo de Galicia, Confederación Hidrográfica Miño-Sil, Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, Dirección Xeral de Patrimonio Natural, Dirección Xeral de Saúde Pública, Instituto de Estudos do Territorio, Federación Ecoloxista Galega e Sociedade Galega de Historia Natural.

14. O 18.1.2023, a Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático formulou unha declaración de impacto ambiental desfavorable relativa ao parque eólico Chan do Eixo, que fixo pública mediante o Anuncio do 19 de xaneiro de 2023.

15. O 4.7.2023, a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais notificoulle á promotora o acordo polo que se iniciaban os procedementos de denegación da solicitude de autorización administrativa previa e de autorización administrativa de construción, así como de arquivamento do expediente instruído do parque eólico Chan do Eixo, e abriuse o trámite de audiencia previsto no artigo 82 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

16. O 24.7.2023, a promotora achegou un escrito de alegacións en relación coa tramitación ambiental do expediente, en que, en síntese, se solicitaba a anulación da resolución notificada polo órgano substantivo e a emisión dunha nova declaración de impacto ambiental favorable para o proxecto. Do mesmo xeito, tamén se solicitaba «a devolución das garantías depositadas para facer fronte ás obrigacións derivadas dos permisos de acceso e conexión do parque eólico, por importe de 528.000 euros».

17. O 6.11.2023, a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais trasladou as alegacións á Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, que remitiu un informe en resposta o 7.11.2023.

Neste informe indícase textualmente o seguinte:

«[...]

– O período para a presentación de alegacións na avaliación de impacto ambiental ordinaria restrínxese ao período de información pública establecido no artigo 36 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental; polo tanto, os escritos recibidos atópanse fóra do prazo establecido.

– No caso do referido proxecto, a avaliación de impacto ambiental ordinaria atópase xa finalizada coa formulación da declaración de impacto ambiental (DIA) por parte do órgano ambiental.

– O artigo 41.4 da dita Lei 21/2013, do 9 de decembro, establece que a DIA non será obxecto de recurso sen prexuízo dos que, de ser o caso, procedan en vía administrativa e xudicial fronte ao acto polo que se autoriza o proxecto.

– A avaliación de impacto ambiental ordinaria é un procedemento administrativo instrumental que se integra dentro do procedemento substantivo de autorización dun proxecto cuxa competencia recae no órgano substantivo por razón da materia, neste caso a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais da Consellería de Economía, Industria e Innovación, polo que, unha vez finalizado o trámite, se é o caso, a promotora terá que iniciar unha nova tramitación do expediente.

– De optarse por unha nova tramitación, terase en conta o establecido no punto 4.c) do artigo 39 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental».

Santiago de Compostela, 24 de febreiro de 2026

Paula Mª Uría Traba
Directora xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático