DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Martes, 24 de marzo de 2026 Páx. 19297

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 2026, da Dirección Xeral de Xuventude, pola que se publica o requirimento de emenda da documentación das solicitudes presentadas ao abeiro da Orde do 30 de decembro de 2025 pola que se regulan as bases que rexerán as subvencións para entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no programa Servizo de voluntariado xuvenil e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento BS320A).

A consellería con competencias en materia de cultura, lingua e xuventude convocou, para o ano 2026, a través da Orde do 30 de decembro de 2025 as subvencións para entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no programa Servizo de voluntariado xuvenil (Diario Oficial de Galicia número 20, do 30 de xaneiro de 2026).

O artigo 7 da orde de convocatoria establece o prazo e a forma de presentación das solicitudes. O prazo de presentación de solicitudes sinalado no citado artigo é dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, no artigo 8 da Orde do 30 de decembro de 2025 determínase a documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento.

Unha vez revisadas as solicitudes presentadas ao abeiro da dita orde de convocatoria polo órgano encargado da instrución, identificáronse aquelas que non reúnen a documentación necesaria, ben por non tela presentado, ben por conter erros ou por non ser suficiente para a determinación do cumprimento dos requisitos exixidos para a súa posterior remisión á comisión encargada da súa valoración.

O artigo 9 da dita orde establece, de conformidade co previsto no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, que se na solicitude se aprecian defectos ou falta de documentación, o órgano instrutor requirirá á entidade solicitante, para que, nun prazo de 10 días hábiles desde o día seguinte ao da notificación do dito requirimento, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fixer, se considerará que desiste da súa petición, logo de resolución, que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21 da referida lei.

Así mesmo, o artigo 15 da orde establece que se publicarán no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os actos administrativos e a correspondente resolución deste procedemento e que esta publicación producirá os efectos de notificación.

Por todo o exposto,

RESOLVO:

1. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do acto de requirimento de emenda de solicitudes ditado polo órgano instrutor do procedemento con data do 11 de marzo de 2026 en que se relacionan as entidades que deben emendar a solicitude e/ou completar a documentación preceptiva exixida segundo o establecido nas bases reguladoras, e que figura como anexo desta resolución.

2. Facer indicación expresa ás entidades solicitantes que se relacionan no requirimento recollido no anexo para que, no prazo de dez (10) días, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos conforme se establece na orde de convocatoria. De non o facer, daranse por desistidas na súa petición, logo de resolución, que será ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

3. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de emenda da documentación das solicitudes, poderán dirixirse á Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a través dos teléfonos 981 95 79 15 ou 881 99 65 30.

Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2026

Lara del Carmen Meneses Álvarez
Directora xeral de Xuventude

ANEXO

Requirimento de emenda de solicitudes

Convocatoria: Orde do 30 de decembro de 2025 pola que se regulan as bases que rexerán as subvencións para entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no programa Servizo de voluntariado xuvenil e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento BS320A).

Acto administrativo: requirimento de emenda da documentación das solicitudes presentadas ao abeiro da Orde do 30 de decembro de 2025.

Data do acto: 11 de marzo de 2026.

Órgano competente: Servizo de Voluntariado e Participación.

Efectos: as entidades solicitantes que a seguir se relacionan terán un prazo máximo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do acto no Diario Oficial de Galicia, para emendar a falta ou achegar os documentos preceptivos. De non o facer, daranse por desistidas na súa petición, logo de resolución, que será ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Relación de expedientes:

Nº expediente

Solicitante

NIF da entidade

Documentación requirida

BS320A 2026/002

Asociación Stop Suicidio Galicia

G56590888

– Anexo I: revisar a data de finalización das actividades segundo o indicado no artigo 2.3; adaptar o número de persoas voluntarias ao indicado no artigo 2.5; adaptar o importe da subvención solicitada ao artigo 6.5; revisar o orzamento conforme o artigo 6.4.

– Proxecto de actividades: cuantificar o número de persoas beneficiarias segundo o artigo 8.1.a; adaptar o número de persoas voluntarias ao indicado no artigo 2.5; adaptar o importe da subvención solicitada ao artigo 6.5; revisar o orzamento conforme o artigo 6.4.

BS320A 2026/005

Club ITF Coirós

G70594684

– Proxecto de actividades: revisar orzamento desagregado de acordo coas cifras indicadas no anexo I (artigo 8.1.a); revisar a data de fin das actividades de acordo coa indicada no anexo I.

BS320A 2026/014

Asociación de Voluntarios para Ayuda a Necesitados, AVAN

G15512502

– Anexo I: adaptar a data de finalización das actividades segundo o indicado no artigo 2.3; adaptar o número de persoas voluntarias ao indicado no artigo 2.5; adaptar o importe da subvención solicitada ao artigo 6.5; revisar o orzamento conforme o artigo 6.4.

– Proxecto de actividades: aclarar o número de persoas beneficiarias en relación co indicado no anexo I; adaptar o número de persoas voluntarias ao indicado no artigo 2.5; adaptar o importe da subvención solicitada ao artigo 6.5; revisar o orzamento conforme o artigo 6.4.

BS320A 2026/041

Asociación Limisi, para a Promoción das Persoas con Diversidade Funcional da Comarca da Limia

G32302671

Anexo I: debidamente cuberto e asinado; aclarar o número de persoas beneficiarias respecto do indicado no proxecto de actividades.

BS320A 2026/051

Concello de Rábade

P2705600A

– Anexo I: adaptar o número de persoas beneficiarias.

– Proxecto de actividades (artigo 8.1.a).

– Certificado da persoa secretaria sobre a existencia de crédito suficiente e adecuado (artigo 8.1.b).

BS320A 2026/060

Federación ASDE-Scouts de Galicia-Exploradores de Galicia

G70305008

– Anexo I: indicar o número de persoas beneficiarias acorde ao proxecto e revisar o orzamento solicitado acorde ao artigo 6.4.

– Proxecto de actividades (artigo 8.1.a): engadir a denominación e obxectivos concretos. Revisar o número de xornadas totais que se van realizar polas persoas voluntarias. No orzamento incluír os ingresos detallando a súa procedencia.