DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Venres, 19 de xuño de 2026 Páx. 35231

III. Outras disposicións

Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

DECRETO 64/2026, do 8 de xuño, polo que se aproba o cambio de titularidade, a prol do Concello de Oza Cesuras, de varios treitos antigos da estrada AC-840, xunto co seu dominio público viario.

O artigo 9.4 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia (LEG), dispón que os cambios de titularidade das estradas ou treitos delas, cando non se trate de travesías urbanas ou treitos delas que estean incluídos no inventario de travesías da súa Administración titular, deberán ser aprobados por decreto da Xunta de Galicia, por proposta da consellería competente en materia de estradas e logo do acordo entre as administracións afectadas.

O artigo 9.7 da LEG recolle que os cambios de titularidade poderán abranguer estradas, treitos delas, elementos funcionais e/ou espazos da zona de dominio público adxacente.

O artigo 18.11 do Regulamento xeral de estradas de Galicia (RXEG) dispón que os cambios de titularidade de treitos de estradas a favor de administracións de menor ámbito territorial só se levarán a cabo cando se trate de treitos terminais ou non impliquen a interrupción de ningún dos itinerarios dos que forma parte sen que exista unha alternativa viaria, existente ou planificada, para todos eles, que proporcione un nivel de servizo cando menos equivalente.

A Axencia Galega de Infraestruturas propúxolle ao Concello de Oza Cesuras o cambio de titularidade ao seu favor de varios treitos antigos da estrada de titularidade autonómica AC-840. O Concello de Oza Cesuras, no Pleno levado a cabo o 11 de novembro de 2025, deu a súa conformidade ao cambio de titularidade proposto.

A Axencia Galega de Infraestruturas, de acordo cos informes emitidos polos servizos competentes, formula a proposta favorable á transferencia de titularidade dos treitos definidos no artigo 1. Estes treitos antigos da estrada AC-840 non son soporte da mobilidade interurbana e a súa función principal é dar servizo aos predios estremeiros, cun carácter estritamente local, polo que carecen de funcionalidade dentro da Rede autonómica de estradas de Galicia.

De conformidade co anteriormente exposto, por proposta da conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día oito de xuño de dous mil vinte e seis,

DISPOÑO:

Artigo 1

Aprobar o cambio de titularidade a prol do Concello de Oza Cesuras dos seguintes treitos antigos da estrada AC-840 da Rede autonómica de estradas de Galicia, xunto co seu dominio público viario:

Transferencia

p.q. inicio de conexión

Coordenadas UTM (ETRS89 fuso29N)

p.q. final de conexión

Coordenadas UTM (ETRS89 fuso29N)

1

Treito antigo da AC-840

p.q. 11+000 ME

AC-840

X = 567.111

Y = 4.782.717

p.q. 11+300 ME AC-840

X = 567.165

Y = 4.782.432

2

Treito antigo da AC-840

p.q. 12+100 MD

AC-840

X = 567.037

Y = 4.781.678

p.q. 12+190 MD AC-840

X = 567.083

Y = 4.781.619

3

Treito antigo da AC-840

p.q. 13+030 ME

AC-840

X = 567.001

Y = 4.780.872

p.q. 13+300 ME AC-840

X = 567.012

Y = 4.780.637

4

Treito antigo da AC-840

p.q. 13+570 MD

AC-840

(sen acceso)

X = 566.881

Y = 4.780.413

p.q. 13+840 MD AC-840

X = 566.706

Y = 4.780.249

5

Treito antigo da AC-840

p.q. 14+350 MD

AC-840

(sen acceso)

X = 566.499

Y = 4.779.839

p.q. 14+500 MD AC-840

X = 566.398

Y = 4.779.754

6

Treito antigo da AC-840

p.q. 14+720 ME

AC-840

X = 566.353

Y = 4.779.522

p.q. 14+750 ME AC-840

(sen acceso)

X = 566.338

Y = 4.779.498

7

Treito antigo da AC-840

p.q. 15+150 ME

AC-840

(sen acceso)

X = 566.277

Y = 4.779.222

p.q. 15+240 ME AC-840

X = 566.357

Y = 4.779.176

8

Treito antigo da AC-840

p.q. 16+750 MD

AC-840

X = 567.585

Y = 4.778.512

p.q. 16+850 MD AC-840

X = 567.609

Y = 4.778.422

9

Treito antigo da AC-840

p.q. 18+040 MD

AC-840

X = 568.522

Y = 4.777.836

p.q. 18+290 MD AC-840

X = 568.575

Y = 4.777.635

10

Treito antigo da AC-840

p.q. 18+470 MD

AC-840

(sen accceso)

X = 568.461

Y = 4.777.494

p.q. 18+540 MD AC-840

X = 568.467

Y = 4.777.429

11

Treito antigo da AC-840

p.q. 18+740 MD

AC-840

X = 568.572

Y = 4.777.231

p.q. 19+460 MD AC-840

X = 568.768

Y = 4.776.626

12

Treito antigo da AC-840

p.q. 19+490 ME

AC-840

X = 568.805

Y = 4.776.630

p.q. 19+630 ME AC-840

X = 568.889

Y = 4.776.531

13

Treito antigo da AC-840

PQ 19+770 ME AC-840

X = 568.999

Y = 4.776.447

p.q. 19+920 ME AC-840

(sen acceso)

X = 569.084

Y = 4.776.301

Artigo 2

De acordo co establecido no artigo 9.6 da LEG, o cambio de titularidade será efectivo o día seguinte ao da publicación deste decreto no Diario Oficial de Galicia. A entrega dos bens formalizarase no prazo dos tres meses seguintes a esta publicación, mediante a sinatura da correspondente acta de entrega.

Esta acta de entrega e os seus planos poderán consultarse na páxina web da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

https://vivendaeinfraestruturas.xunta.gal/estradas/rede-autonomica/raega

Artigo 3

Correspóndelle ao Concello de Oza Cesuras, a partir da formalización da entrega, todas as actividades de xestión, mantemento, conservación e explotación dos treitos antigos transferidos, así como o exercicio das funcións de disciplina viaria e calquera outra que puidese corresponderlle como nova Administración titular.

Disposición derradeira

Este decreto producirá efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, oito de xuño de dous mil vinte e seis

Alfonso Rueda Valenzuela
Presidente

María Martínez Allegue
Conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas