DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 22 de xuño de 2026 Páx. 35598

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

RESOLUCIÓN do 12 de maio de 2026, da Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, pola que se outorgan a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción ás instalacións relativas ao proxecto do parque eólico Montelora e das súas infraestruturas de evacuación, sito nos concellos de Láncara, Baralla, Castroverde e Baleira (Lugo) e promovido por Naturgy Renovables, S.L.U. (expediente IN408A 2017/009).

Examinado o expediente iniciado pola solicitude de Gas Natural Fenosa Renovables, S.L.U., en relación coas autorizacións administrativas previa e de construcción do parque eólico Montelora e as súas infraestruturas de evacuación, constan os seguintes

Antecedentes de feito:

Primeiro. O 26.10.2017, Gas Natural Fenosa Renovables, S.L.U., en diante, a promotora, presentou ante a Dirección Xeral de Enerxía e Minas, unha solicitude de autorización de instalación de produción de enerxía eléctrica e das súas infraestruturas de evacuación para o proxecto denominado parque eólico de Montelora e da súa infraestrutura eléctrica de evacuación.

Segundo. O 22.1.2019, a promotora presentou unha solicitude de modificación substancial do parque eólico Montelora e das súas infraestruturas de evacuación e o 15.1.2020 a Dirección Xeral de Enerxía e Minas notificoulle o cumprimento dos requisitos da solicitude de modificación substancial.

Terceiro. O 4.11.2019, a Dirección Xeral de Enerxía e Minas emitiu, con base na comunicación do cambio de razón social de Gas Natural Fenosa Renovables, S.L.U., a favor de Naturgy Renovables, S.L.U., mantendo o mesmo NIF B84160423, a toma de razón de subrogación de dereitos e obrigas con respecto a varios parques e liñas de evacuación, entre eles, o parque eólico Montelora e a súa infraestrutura de evacuación asociada, asumidos por Naturgy Renovables, S.L.U.

Cuarto. O 31.5.2023, a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais solicitou o informe ao que fai referencia o artigo 33.7 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, á Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo.

Quinto. O 19.6.2023, a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo emitiu o informe de referencia do artigo 33 da Lei 8/2009, onde se indica que «analizada a posición dos 8 aeroxeneradores... se conclúe que todos eles cumpren a distancia mínima de 500 m ás delimitacións do solo de núcleo rural, urbano e urbanizable acorde á disposición adicional quinta da Lei 8/2009».

Sexto. O 3.10.2023, a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais remitiulle a documentación técnica do proxecto do parque eólico Montelora á Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación de Lugo, para a continuación da tramitación de acordo co indicado no artigo 33.9 da Lei 8/2009.

Sétimo. Mediante Acordo do 23 de outubro de 2024, do Departamento Territorial de Lugo, da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e o estudo de impacto ambiental do proxecto de execución parque eólico de Montelora e da súa infraestrutura eléctrica de evacuación, nos concellos de Láncara, Baralla, Castroverde e Baleira (Lugo), (expediente IN408A 2017/009).

O dito acordo publicouse no Diario Oficial de Galicia núm. 215, do 7 de novembro de 2024. Así mesmo, foi remitido para a exposición ao público no taboleiro de anuncios dos concellos afectados (Baralla, Láncara, Baleira e Castroverde), e expúxose nas dependencias do Departamento Territorial de Lugo, da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático. O dito acordo tamén estivo exposto no portal web da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.

Durante o trámite de información pública, así como durante a tramitación do expediente, presentáronse alegacións, as cales foron remitidas e contestadas pola promotora.

Oitavo. O 6.11.2024, a promotora presentou unha addenda do estudo de impacto ambiental, a cal presenta corrixida e asinada o 17.1.2025, polo que o departamento territorial acordou someter de novo o proxecto a información pública incluíndo a dita addenda.

Noveno. Mediante Acordo do 20 de xaneiro de 2025, do Departamento Territorial de Lugo, da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e o estudo de impacto ambiental e a addenda do estudo de impacto ambiental, do proxecto de execución parque eólico de Montelora e da súa infraestrutura eléctrica de evacuación, nos concellos de Láncara, Baralla, Castroverde e Baleira (Lugo), (expediente IN408A 2017/009).

O dito acordo publicouse no Diario Oficial de Galicia núm. 21, do 31 de xaneiro de 2025. Así mesmo, foi remitido para a exposición ao público no taboleiro de anuncios dos concellos afectados (Baralla, Láncara, Baleira e Castroverde), e expúxose nas dependencias do Departamento Territorial de Lugo, da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático. O dito acordo tamén estivo exposto no portal web da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.

Durante o trámite de información pública, así como durante a tramitación do expediente, presentáronse alegacións, as cales foron remitidas e contestadas pola promotora.

Décimo. Durante a tramitación do procedemento, e de acordo co establecido no artigo 33 da Lei 8/2009, o Departamento Territorial de Lugo remitiulles, para a emisión dos correspondentes condicionados técnicos, as separatas do proxecto de execución do parque eólico aos seguintes organismos e empresas de servizo público: Axencia Galega de Infraestruturas, concellos de Baleira, Baralla, Castroverde e Láncara, Confederación Hidrográfica Miño-Sil, Deputación Provincial de Lugo, Telefónica de España S.A.U., UFD, Secretaría de Estado de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, Retegal, S.A. e Cellnex Telecom, S.A. (Retevisión).

A continuación relaciónanse os organismos que emitiron os correspondentes condicionados técnicos:

Axencia Galega de Infraestruturas, Concello de Castroverde, Confederación Hidrográfica Miño-Sil, Deputación Provincial de Lugo, Telefónica, UFD, Retegal, S.A. e Cellnex Telecom, S.A.

A promotora prestou a súa conformidade ou deu resposta aos condicionados emitidos.

Para o resto de organismos que non contestaron, e de acordo co establecido no artigo 33 da Lei 8/2009, o prazo para a emisión dos condicionados técnicos do proxecto de execución será de trinta días desde a recepción da solicitude. De non recibirse estes condicionados en prazo, entenderase a conformidade co proxecto, e continuarase a tramitación do procedemento.

Décimo primeiro. O 11.4.2025, o Departamento Territorial de Lugo da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, remitiu o expediente a esta dirección xeral para continuar coa tramitación do procedemento de acordo co establecido no artigo 33.16 da Lei 8/2009, do 22 de decembro.

Décimo segundo. Cuberta a tramitación ambiental, o 25.4.2025, a Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade formulou a declaración de impacto ambiental (DIA) relativa ao parque eólico, que se fixo pública polo Anuncio do 25 de abril de 2025, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, polo que se fai pública a declaración de impacto ambiental do proxecto do parque eólico Montelora, nos concellos de Baleira, Baralla, Castroverde e Láncara (expediente 2018/0076) (DOG núm. 89, do 12 de maio).

Con respecto ao estudo de impacto ambiental, solicitáronse informes aos seguintes organismos: Axencia Turismo de Galicia, Concello de Baleira, Concello de Baralla, Concello de Castroverde, Concello de Láncara, Confederación Hidrográfica Miño-Sil, Dirección Xeral de Defensa do Monte, Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, Dirección Xeral de Patrimonio Natural, Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, Dirección Xeral de Saúde Publica, Instituto de Estudos do Territorio, Federación Ecoloxista Galega, Sociedade Galega de Historia Natural e Sociedade Galega de Ornitoloxía.

Décimo terceiro. O 29.4.2025 esta dirección xeral requiriulle á promotora a documentación técnica refundida resultante dos diversos condicionados técnicos e alegacións realizados polos distintos organismos que emitiron informes durante o proceso de información pública.

Décimo cuarto. O 22.5.2025 e o 23.5.2025 Naturgy Renovables, S.L.U., deu resposta ao requirimento mencionado no antecedente do feito anterior e achegou a documentación técnica refundida: Modificado nº 1 do Proxecto oficial de execución do parque eólico Montelora e da súa infraestrutura eléctrica de evacuación (maio 2025) con sinaturas e visado electrónico do 20.5.2025 e as separatas correspondentes.

Este proxecto modificado recolle as indicacións establecidas nos informes emitidos durante o trámite de información pública, o que supón as seguintes modificacións respecto do proxecto inicial:

• Redución do número de aeroxeradores, pasando de 8 a 5 unidades.

• Aumento da potencia unitaria de 3,45 MW a 5 MW por cada aeroxerador.

• Redución da potencia total do parque eólico de 27,6 MW a 25 MW.

• Redución de altura de punta de pa nos aeroxeradores L9-06 e L9-08.

• Desprazamento dos apoios 69, 70, 71 e 72 da LAT aérea 132 kV de evacuación.

• Inclusión dos accesos dos apoios de toda a liña aérea.

Décimo quinto. O 28.5.2025 a Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático remitiu as separatas achegadas pola promotora o 22.5.2025 aos seguintes organismos:

Axencia Galega de Infraestruturas, concellos de Baleira, Baralla, Castroverde e Láncara, Confederación Hidrográfica Miño-Sil, Deputación Provincial de Lugo, Telefónica de España, S.A.U., UFD, Secretaría de Estado de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, Retegal, S.A. e Cellnex Telecom, S.A. (Retevisión).

A continuación, relaciónanse os organismos que emitiron os correspondentes condicionados técnicos:

Axencia Galega de Infraestruturas, Concello de Castroverde, Confederación Hidrográfica Miño-Sil, Deputación Provincial de Lugo, Telefónica de España, S.A.U., UFD, Retegal, S.A.

Para o resto de organismos que non contestaron, e de acordo co establecido no artigo 33 da Lei 8/2009, o prazo para a emisión dos condicionados técnicos do proxecto de execución será de trinta días desde a recepción da solicitude. De non recibirse estes condicionados en prazo, entenderase a conformidade co proxecto, e continuarase a tramitación do procedemento.

Décimo sexto. O 4.6.2025 esta dirección xeral remitiu a documentación refundida ao Departamento Territorial de Lugo para a emisión do informe sobre o cumprimento da normativa de instalacións industriais e eléctricas do proxecto de execución denominado Modificado nº 1 do proxecto oficial de execución do parque eólico Montelora e da súa infraestrutura eléctrica de evacuación (maio 2025) con sinaturas e visado electrónico do 20.5.2025.

Décimo sétimo. O 3.7.2025, a Dirección Xeral de Urbanismo emitiu informe de referencia do artigo 33.7 da Lei 8/2009, onde se indica: «Logo da análise da posición dos 5 aeroxeneradores segundo o arquivo shp facilitado, coincidentes coas coordenadas indicadas no punto 7.1 da memoria do proxecto, e comprobado o planeamento vixente dos concellos afectados (Normas subsidiarias de planeamento de Baralla do 18.6.1986 e Plan xeral de ordenación municipal de Láncara do 22.3.2013), conclúese que todos eles cumpren a distancia mínima de 500 m coas diferentes delimitacións do solo de núcleo rural, urbano e urbanizable».

Décimo oitavo. O 7.7.2025, o Departamento Territorial de Lugo remitiu informe técnico de data 4.7.2025 sobre o proxecto de execución Modificado nº 1 do proxecto oficial de execución do parque eólico Montelora e da súa infraestrutura eléctrica de evacuación (maio 2025), con sinaturas e visado electrónico do 20.5.2025, concluíndo que «De acordo co anterior a que subscribe informa favorablemente o Modificado nº 1 do proxecto oficial de execución do parque eólico Montelora e a súa infraestrutura de evacuación, maio 2025», asinado o 20.5.2025 polo graduado en Enxeñaría Industrial Arturo Oliveras Sanz e o enxeñeiro industrial Ricardo Lago Alonso e visado na mesma data polo Collegi D’Enginyers Técnics Industrials de Tarragona, referencia AE065052-R01, respecto do cumprimento da normativa analizada e co alcance establecido, para a obtención das autorizacións administrativa previa e de construción, sen prexuízo de terceiros e con independencia das autorizacións, permisos e licenzas que sexan necesarias para a execución da obra por parte doutros órganos da Administración».

Décimo noveno. O 9.7.2025, a Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático remitiu os informes recibidos polos organismos reflectidos nos antecedentes de feito décimo quinto e décimo sétimo á promotora para a súa conformidade ou resposta aos condicionados emitidos.

Vixésimo. O 11.7.2025, a promotora presentou por rexistro a súa conformidade cos informes emitidos polos diferentes organismos, que lle foron remitidos o 9.7.2025.

Vixésimo primeiro. O 21.10.2025, a promotora presentou a autorización emitida o 9.10.2025 pola Axencia Estatal de Seguridade Aérea (AESA) para o parque eólico.

Vixésimo segundo. O 7.4.2026, a promotora presentou a documentación acreditativa da existencia dun acordo vinculante para as partes en relación co uso compartido das infraestruturas de evacuación do parque eólico, subscrito por todos os titulares de instalacións con permisos de acceso e de conexión outorgados na mesma posición de liña de chegada á subestación da rede de transporte.

Vixésimo terceiro. O parque eólico conta cos dereitos de acceso e conexión á rede para unha potencia de 27,6 MW, segundo o informe do xestor da rede do 26.9.2022. Non obstante, conta con 5 aeroxeradores de 5 MW de potencia nominal unitaria resultando unha potencia total instalada de 25 MW.

Aos antecedentes de feito descritos sonlle de aplicación os seguintes

Fundamentos de dereito.

Primeiro. A Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático é competente para resolver este expediente con fundamento no Decreto 137/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático (modificado, entre outros, polo Decreto 106/2025, do 11 de novembro) e na Lei 8/2009, do 22 de decembro pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental.

Segundo. No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites de procedemento establecidos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental; na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais normas vixentes de aplicación.

Terceiro. En relación coas alegacións presentadas durante a tramitación do expediente, visto o seu contido, as respostas efectuadas pola promotora e o resto de documentación que consta no expediente, cómpre manifestar o seguinte:

1. No que respecta ás alegacións de carácter ambiental, cómpre indicar que estas cuestións foron tidas en conta na declaración de impacto ambiental emitida pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático o 25.4.2025, en que se recollen as condicións desde un punto de vista ambiental nas que se pode desenvolver o proxecto, así como as medidas preventivas, correctoras e compensatorias necesarias e a necesidade dun plan de vixilancia ambiental.

Durante o trámite de avaliación de impacto ambiental ao que o proxecto foi sometido, recibíronse informes dos seguintes organismos: Augas de Galicia (Confederación Hidrográfica de Miño-Sil), Axencia Turismo de Galicia, Dirección Xeral de Defensa do Monte, Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, Dirección Xeral de Patrimonio Natural, Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, Dirección Xeral de Saúde Publica e Instituto de Estudos do Territorio, a Sociedade Galega de Historia Natural e o Concello de Castroverde.

En relación coas alegacións que non son de carácter ambiental, é necesario indicar o seguinte:

2. No que respecta ao incumprimento das distancias mínimas exixidas pola Lei 8/2009, o proxecto que se autoriza mediante este acordo conta con informe da Dirección Xeral do Territorio e Urbanismo do 3.7.2025. Neste informe indícase que «... a solicitude de autorización administrativa das instalacións de produción de enerxía eléctrica e a súa infraestrutura de evacuación foi admitida a trámite con anterioridade á entrada en vigor da Lei 18/2021, do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas. Por conseguinte, resulta de aplicación a disposición transitoria sétima da Lei 8/2009, do 22 de decembro, engadida polo artigo 39 da antedita lei, polo que a distancia mínima respecto das delimitacións de solo urbano, de núcleo rural e urbanizable delimitado será de 500 m».

Logo da análise da posición dos 5 aeroxeneradores... conclúese que todos eles cumpren a distancia mínima de 500 m coas diferentes delimitacións do solo de núcleo rural, urbano e urbanizable.

3. En relación a que o estudo de impacto ambiental debera avaliar os impactos acumulativos e sinérxicos cos outros parques eólicos (autorizados ou proxectados), así como das restantes infraestruturas asociadas (tendidos eléctricos, subestacións, pistas de acceso, etc.), cómpre indicar que o estudo de impacto ambiental do parque Montelora e a súa liña de evacuación inclúe un estudo dos efectos acumulativos (aditivos ou sinérxicos) con parques eólicos e outras infraestruturas enerxéticas, en tramitación e existentes no momento da súa elaboración, situadas na súa contorna nun raio de 20 km.

Cómpre indicar que a consideración separada dos parques eólicos non impide ter en conta os efectos acumulativos destes, sinérxicos ou aditivos, desde o punto de vista do impacto ambiental, polo que se evita así que a tramitación separada implique unha menor atención ao seu impacto ambiental, e que se recolle na elaboración do estudo do impacto ambiental de acordo co indicado no artigo 35 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

No caso do parque eólico Montelora, o estudo de impacto ambiental inclúe un estudo dos efectos acumulativos (aditivos ou sinérxicos) con parques eólicos e liñas de evacuación situados na súa contorna. Para a análise destes efectos establecéronse dous ámbitos de estudo, definidos respectivamente polos raios de 5 e 20 km arredor dos aeroxeradores do parque eólico. Desta forma, incluíronse no estudo dos efectos acumulativos os seguintes parques eólicos:

• En funcionamento: montes de Abella modificado, serra do Páramo e serra do Punago-A Vacariza.

• En obras: Oribio, serra da Lagoa e serra do Punago.

• Con autorización: Chao do Marco, Monteiro, Reboiro, Restelo, serra de Piñeira, serra do Colmo e serra do Furco.

• En tramitación: Navallos e montes de Abella.

• Arquivado: Latrisa.

4. No que respecta ao desenvolvemento anárquico e á marxe da avaliación ambiental estratéxica do sector eólico en Galicia, así como aos cruzamentos e paralelismos con outras instalacións eléctricas e ao incumprimento do Plan sectorial eólico de Galicia, cómpre indicar que a poligonal deste parque eólico se atopa dentro da área de desenvolvemento eólico (ADE), que é un espazo territorial comprendido dentro do Plan sectorial eólico de Galicia. Asemade, tal e como se establece no artigo 33 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, as solicitudes de autorización administrativa previa e de construción estudaranse e tramitaranse en estrita orde temporal da súa data de presentación.

5. No que respecta á validez e á aplicación do Plan sectorial eólico de Galicia, cómpre subliñar que este segue vixente e resulta plenamente aplicable. A Lei 8/2009, do 22 de decembro, ampara a plena vixencia e aplicabilidade do plan preexistente en tanto non se aprobe o novo previsto, ao establecer na súa disposición transitoria terceira que «mentres non se aprobe un novo plan sectorial eólico de Galicia se entenderá aplicable o actualmente vixente en todo aquilo que non se opoña ao establecido nesta lei».

Á marxe do anterior, cómpre lembrar que na tramitación de cada procedemento de autorización de parques eólicos a Administración observa a normativa ambiental en vigor, incorporando aos expedientes os informes e as actuacións legalmente exixibles.

Así mesmo, en relación coa necesidade de someter o Plan sectorial eólico de Galicia ao trámite de avaliación ambiental estratéxica, cómpre manifestar que este plan foi aprobado definitivamente polo Consello da Xunta de Galicia o 1 de outubro de 1997, publicándose o acordo no DOG do 15 de decembro.

Posteriormente, publicouse no DOG do 3 de xaneiro de 2003 o acordo do Consello da Xunta de Galicia do 5 de decembro de 2002, polo que se aproba definitivamente a modificación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal do Plan eólico de Galicia.

En ambos os casos cumpriuse co disposto no procedemento de aprobación, segundo o establecido na Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, e no Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal.

Cómpre ter en conta que coa aprobación da primeira Lei de avaliación ambiental estratéxica, Lei 9/2006, do 28 de abril, sobre avaliación dos efectos de determinados plans e programas no ambiente, todos os plans tramitados polas administracións públicas deben someterse a avaliación ambiental. Non obstante, a propia lei recollía unha moratoria para os plans que estaban nese ano nun estado moi avanzado de tramitación. Logo, este procedemento ambiental soamente obriga os plans que iniciaron a súa tramitación a partir do ano 2006 e non pode aplicarse con efectos retroactivos.

6. No que respecta á complexidade técnica-xurídica do procedemento e á feble posición dos particulares afectados ao respecto dos seus dereitos de participación nel, cómpre indicar que o procedemento de tramitación da autorizacións administrativas previa e de construción está definido na Lei 8/2009, do 22 de decembro, así como o obriga de realizar o trámite de información pública do proxecto, onde calquera persoa, entidade ou organismo poderá presentar cantas alegacións considere oportunas ou solicitar o exame do expediente e da documentación técnica.

7. No que respecta á inadecuación do proxecto á zonificación ambiental, cómpre manifestar que a clasificación de sensibilidade ambiental desenvolvida polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico é un recurso para axudar na toma de decisións estratéxicas sobre a localización das infraestruturas de produción de enerxía a partir de fontes renovables, que implican un importante uso de territorio e poden xerar impactos ambientais significativos. Como tal recurso ou ferramenta, segundo recolle o resumo executivo elaborado polo ministerio, no seu punto de obxectivos, o modelo de zonificación «non exime do pertinente procedemento de avaliación ambiental ao que se deberá someter cada instalación, se é o caso, sendo unha aproximación metodolóxica orientativa que pretende servir de instrumento, para que, desde un enfoque estratéxico e a unha escala xeral e integradora, se coñezan desde fases temperás os condicionantes ambientais asociados ás localizacións dos proxectos. Así mesmo, esta ferramenta sempre se deberá complementar coas regulacións establecidas naqueles instrumentos de planificación e ordenación aprobados polas comunidades autónomas no ámbito das súas competencias».

A memoria da Zonificación ambiental para a implantación de enerxías renovables: eólica e fotovoltaica, no punto 3.2. Definición de indicadores, describe o proceso mediante o que se establece a zonificación: «Por outro lado, analizouse a planificación enerxética das comunidades autónomas, xa que en moitas delas se levaron a cabo estudos de zonificación para orientar o desenvolvemento das enerxías renovables nos seus respectivos territorios. A dita planificación non foi integrada neste modelo debido a que a heteroxeneidade de criterios empregada nas diferentes comunidades autónomas dificulta a súa presentación e a súa operación de xeito conxunto a nivel estatal».

Porén, esta planificación enerxética supón un complemento determinante a este modelo de zonificación estatal, que permite considerar as restricións establecidas a nivel autonómico e serviu de referencia á hora de seleccionar e valorar os indicadores deste modelo.

Por outra banda, débese ter en conta que nas avaliacións de impacto ambiental que se efectúen para cada proxecto en concreto se realizará procedementos de consulta e de participación das administracións autonómicas e estatais con competencias en ambiente, avaliación ambiental, medio natural, enerxía, patrimonio cultural, etc., que asegurarán a integración destes criterios con maior nivel de detalle.

Se temos en consideración que a zonificación de sensibilidade ambiental proposta polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico é unha ferramenta, un recurso para axudar na toma das decisións relativas á avaliación ambiental dos proxectos de implantación de parques eólicos, recurso que, como se describiu antes, é orientativo; que a definición dos indicadores que establecen a zonificación teñen en conta, sen integralas plenamente, as regulacións de zonificación establecidas nas comunidades autónomas; que a súa definición é posterior ou coetánea coa elaboración da documentación ambiental dos proxectos e que estes contaron cunha tramitación de avaliación ambiental que considerou todos os factores que esta ferramenta emprega para a súa elaboración, enténdese que a avaliación realizada polo órgano ambiental, de acordo co establecido na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, é máis precisa na aplicación de criterios de sensibilidade ambiental que unha ferramenta xeral creada a nivel de todo o territorio nacional.

Polo tanto, en canto á idoneidade da localización do parque eólico, debemos remitirnos ao ditame do órgano ambiental na formulación da declaración de impacto ambiental.

8. No que respecta ao carácter mercantil do proxecto eólico e á súa escasa ou nula incidencia positiva na loita contra o cambio climático, cómpre indicar que a Comunidade Autónoma de Galicia se atopa vinculada polo Plan nacional integrado de enerxía e clima 2023-2030 (PNIEC), co que se busca acadar unha maior subministración a partir de fontes de enerxía renovables, diminuíndo a dependencia enerxética de combustibles fósiles que supoñen un detrimento para o desenvolvemento da economía para as familias e as empresas.

Polo que dentro da execución do (PNIEC) do Ministerio para a Transición Ecológica e o Reto Demográfico, búscase transformar o sistema enerxético cara a unha maior autosuficiencia enerxética sobre a base de aproveitar, dunha maneira eficiente, o potencial renovable existente no noso país, particularmente o solar e o eólico. Esta transformación incidirá de maneira positiva na seguridade enerxética nacional ao diminuír de maneira significativa a dependencia dunhas importacións de combustibles fósiles que supoñen unha elevada factura económica e que está sometida a factores xeopolíticos e a unha volatilidade elevada nos prezos.

Segundo un informe da Axencia Internacional das Enerxías Renovables, publicado en xuño 2023, o mundo necesita triplicar a capacidade mundial de enerxía renovable ata algo máis de 11.000GW en 2030 para manter a posibilidade de limitar o quecemento global a 1,5 ºC. Este foi un dos temas tratados no 18ª Cume de Xefes do Estado e Goberno do G20 en Nova Delhi, onde se acordou, entre outras cousas, que «se perseguirán e se fomentarán os esforzos para triplicar a capacidade de enerxía renovable a nivel mundial mediante obxectivos e políticas existentes, así como para demostrar unha ambición similar con respecto a outras tecnoloxías cero e de baixas emisións, incluíndo a redución e as tecnoloxías de eliminación, en consonancia coas circunstancias nacionais para 2030». Tamén observamos o Plan de acción voluntaria para o fomento das enerxías renovables para acelerar o universal acceso á enerxía (G20 New Delhi Leaders’ Declaration, 9-10 setembro 2023).

Neste sentido, o 12 de setembro de 2023 aprobouse a Directiva sobre fontes de enerxía renovables do Parlamento Europeo, na que se poden atopar diferentes puntos en favor das enerxías renovables:

Os Estados membros deberán adiantar o obxectivo da cota de enerxías renovables na combinación enerxética. O obxectivo global da Unión en materia de enerxía é que o 42,5 % desta sexa de orixe renovable no ano 2030, ata alcanzar a neutralidade climática como moi tarde no ano 2050, descarbonizando a industria da Unión.

Necesítase unha maior racionalización dos procedementos administrativos de concesión de autorizacións co obxecto de eliminar a carga administrativa innecesaria para efectos de establecer proxectos de enerxías renovables e de infraestrutura de rede relacionados.

Nesta liña, o capítulo IX sección primeira da Lei 10/2023, do 28 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, establece, nunha norma de carácter legal o papel esencial da enerxía renovable e a necesidade de seguir fomentando o despregamento deste tipo de proxectos, co fin de cumprir os obxectivos de redución das emisións netas de gases de efecto invernadoiro e de neutralidade climática da Unión Europea; contribuír a enerxía renovable á redución da contaminación e á protección, restauración e mellora do estado do ambiente, detendo e revertendo a perda de biodiversidade; e fomentar os beneficios socioeconómicos das enerxías renovables en Galicia, mediante a creación de novos postos de traballo, o fomento das industrias locais, e a súa contribución á redución dos prezos da enerxía e á consecución dun prezo xusto e accesible para os cidadáns e as empresas. Deste modo, declárase de interese público superior a planificación, a construción e a explotación dos parques eólicos de competencia autonómica, así como das súas infraestruturas de evacuación, de conformidade co establecido no Regulamento (UE) 2022/2577 do Consello, do 22 de decembro de 2022, polo que se establece un marco para acelerar o despregamento de enerxías renovables.

9. En relación á grave afectación ás explotacións agrogandeiras e forestais, así como a montes veciñais en man común, é necesario indicar que non están previstas afeccións aos usos actuais máis alá das propias zonas de implantación das infraestruturas definidas no proxecto de execución. En todo caso, no que respecta ás compensacións polas afeccións xeradas polo proxecto, no caso de que non se chegase a un acordo entre a promotora eólica e os afectados durante o procedemento expropiatorio, de ser o caso, fixaranse as compensacións correspondentes de acordo coa lexislación aplicable.

10. En canto á alegación achegada pola empresa SPK Albatros, S.L. en que manifesta que esta sociedade está promovendo un parque eólico que se solapa co proxecto do parque eólico Montelora, obxecto desta autorización, promovido por Naturgy Renovables, S.L.U., cómpre indicar que a tramitación do dito parque foi arquivada o 22.1.2026 pola Resolución do 22 de enero de 2026, da Dirección Xeral de Política Enerxética e Minas, polo que se acepta a desistencia formulada por SPK Albatros, S.L. da solicitude de autorización administrativa previa para o parque eólico Montelora, de 54,4 MW de potencia instalada, e a súa infraestrutura de evacuación, nos termos municipais de Baleira, Barralla y Láncara, en la provincia de Lugo, acordando o arquivamento do expediente Peol-940.

11. En canto ao fraccionamento, a Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, define o fraccionamento de proxectos como o «mecanismo artificioso de división dun proxecto co obxectivo de evitar a avaliación de impacto ambiental ordinaria, no caso de que a suma das magnitudes supere os limiares establecidos no anexo I. O pretendido fraccionamento tería como fin último eludir a avaliación ambiental ordinaria. Porén, no caso de parques eólicos próximos entre si, non é posible (mediante o fraccionamento) evitar o seu sometemento ao procedemento ordinario de avaliación ambiental, pola obriga de considerar os efectos sinérxicos ou acumulativos con outros parques xa construídos e/ou avaliados. Así, no ámbito dos parques eólicos, o referido anexo I establece que estarán sometidas á avaliación ambiental ordinaria, entre outras, as «instalacións para a utilización da forza do vento para a produción de enerxía (parques eólicos) que teñan 50 ou máis aeroxeradores, ou que teñan máis de 30 MW ou que se atopen a menos de 2 km doutro parque eólico en funcionamento, en construción, con autorización administrativa ou con declaración de impacto ambiental». Polo tanto, no caso das instalacións de aproveitamento eólico, o fraccionamento que se alega de adverso non produce os efectos denunciados (evitar que o proxecto teña que ser sometido a unha avaliación ambiental ordinaria). Por outra banda, a Lei 21/2013 obriga a que os estudos de impacto ambiental que presenten os promotores deban considerar os efectos sinérxicos ou acumulativos derivados da existencia doutros parques eólicos ou outro tipo de instalacións nas proximidades. Polo tanto, ese suposto «toramento» dos proxectos non evita que a avaliación ambiental deba ter en conta o efecto derivado da proximidade doutras instalacións e infraestruturas. Pola súa parte, a Lei 8/2009 define parque eólico como a instalación de produción de electricidade a partir de enerxía eólica, constituída por un ou varios aeroxeradores interconectados electricamente con liñas propias, que comparten unha mesma estrutura de accesos e de control, con medición de enerxía propia, así como coa obra civil necesaria.

De acordo co exposto, non existe fragmentación artificiosa tendo en conta a normativa, a xurisprudencia aplicable e que en ningún caso se eludiron maiores exixencias ambientais (SSTS 316/25 e 317/25, do 21 de marzo).

12. No que respecta ao incumprimento da desición do TSXG do 12.3.2025, sobre involucrar unha empresa privada na elaboración do EIA, que anula o uso de ECA en avaliación ambientais, vulnerando o Estatuto básico do empregado público e a Lei do réxime xurídico do sector público, cómpre dicir que o procedemento para obter as autorizacións administrativas previa e de construción deste parque e as súas infraestruturas de evacuación foi tramitado na Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, e a declaración de impacto ambiental foi formulada pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, ambas as direccións pertencentes á Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático da Xunta de Galicia.

Cuarto. A continuación, recóllese a información exixida nas letras a) e b) do artigo 42.2 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, a respecto da declaración de impacto ambiental (DIA) das instalacións do parque eólico Montelora, formulada pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental, e Sostibilidade o 25.4.2025:

a) A Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade resolveu: «formular a declaración de impacto ambiental do proxecto parque eólico Montelora, nos concellos de Láncara, Baralla, Baleira e Castroverde (Lugo), promovido por Naturgy Renovables, S.L.U., en cumprimento do disposto no artigo 41 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, concluíndo que o proxecto é ambientalmente viable, sempre que se cumpran, ademais do recollido no estudo de impacto ambiental e a restante documentación avaliada, o condicionado e o programa de vixilancia ambiental que figuran ao longo deste documento e que prevalecerán sobre todo o anterior».

b) A DIA que nos ocupa refírese ás instalacións do parque eólico Montelora.

Nas epígrafes 5 e 6 da DIA recóllense as condicións que complementan, matizan ou subliñan as incluídas no estudo de impacto ambiental e a restante documentación avaliada, distribuídas nos seguintes ámbitos:

5. Condicións ambientais.

5.1. Condicións particulares.

5.2. Condicións xerais.

5.2.1. Protección da atmosfera.

5.2.2. Protección das augas e leitos fluviais.

5.2.3. Protección do solo e infraestruturas.

5.2.4. Xestión de residuos.

5.2.5. Protección da fauna, vexetación e hábitats naturais.

5.2.6. Integración paisaxística e restauración.

5.3. Outras condicións.

6. Programa de vixilancia e seguimento ambiental.

6.1. Aspectos xerais.

6.2. Aspectos específicos.

6.3. Informes do programa de vixilancia.

De acordo con todo o que antecede,

RESOLVO:

Primeiro. Outorgar a autorización administrativa previa ás instalacións do parque eólico Montelora e das súas infraestruturas de evacuación, sitos nos concellos de Láncara, Baralla, Castroverde e Baleira (Lugo) e promovido por Naturgy Renovables, S.L.U., para unha potencia de 25 MW.

Segundo. Outorgar a autorización administrativa de construción ao proxecto de execución das instalacións do parque eólico Montelora e das súas infraestruturas de evacuación, composto polo documento Modificado nº 1 del proxecto oficial de execución do parque eólico Montelora e a súa infraestrutura de evacuación (maio de 2025), asinado o 20.5.2025 polo graduado en Enxeñaría Industrial Arturo Oliveras Sanz e o enxeñeiro industrial Ricardo Lago Alonso e visado na mesma data polo Colegi D’Enginyers Técnics Industrials de Tarragona, con referencia AE065052-R01.

As características principais recollidas no proxecto son as seguintes:

Solicitante: Naturgy Renovables, S.L.U. (NIF B84160423).

Enderezo social: avenida de América, nº 38, 28028 Madrid.

Denominación: parque eólico Montelora e as súas infraestruturas de evacuación.

Potencia instalada: 25 MW.

Potencia autorizada/evacuable: 25 MW.

Produción neta: 53.156 MWh/ano.

Horas equivalentes netas: 2.126 h.

Concellos afectados: Baralla, Láncara, Castroverde e Baleira (Lugo).

Orzamento de execución material (sen IVE): 16.958.648,00 €.

Coordenadas perimétricas da poligonal do parque eólico, ás que se circunscriben as autorizacións:

Vértice da

poligonal

Coordenadas UTM

(Fuso 29 ETRS89)

X

Y

P1

640.550,00

4.747.000,00

P2

644.800,00

4.747.000,00

P3

644.800,00

4.742.800,00

P4

640.550,00

4.742.800,00

Coordenadas dos aeroxeradores do parque eólico:

Aeroxerador

Coordenadas UTM

(Fuso 29 ETRS89)

X

Y

Concello

L9-03

642.685,00

4.743.859,00

Láncara

L9-04

642.478,00

4.744.218,00

Láncara

L9-05

642.244,00

4.744.528,00

Láncara

L9-06

641.561,00

4.745.637,00

Láncara

L9-08

641.263,00

4.746.441,00

Baralla

Coordenadas dos vértices do valado da subestación Montelora:

SE

Coordenadas UTM

(Fuso 29 ETRS89)

X

Y

A

641.701,92

4.745.298,53

B

641.686,10

4.745.318,33

C

641.697,74

4.745.327,63

D

641.673,53

4.745.357,95

E

641.692,11

4.745.372,79

F

641.732,14

4.745.322,66

P

641.685,99

4.745.356,90

Coordenadas dos vértices da envolvente da subestación Montelora:

SE

Coordenadas UTM

(Fuso 29 ETRS89)

X

Y

G

641.700,98

4.745.295,60

H

641.660,11

4.745.350,34

I

641.692,58

4.745.375,03

J

641.734,78

4.745.322,61

Coordenadas da torre meteorolóxica:

Torre met.

Coordenadas UTM

(Fuso 29 ETRS89)

X

Y

TM

642.016,00

4.744.863,00

Localización dos apoios da liña (coordenadas UTM, ETRS 89, fuso 29):

Nº de apoio

X

Y

1

641.670,08

4.745.380,85

2

641.718,60

4.745.412,28

3

641.787,15

4.745.456,67

4

641.870,16

4.745.734,07

5

641.767,25

4.745.973,64

6

641.595,62

4.746.373,21

7

641.436,82

4.746.742,89

8

641.295,42

4.746.899,96

9

641.127,90

4.747.086,05

10

641.109,86

4.747.316,81

11

641.091,96

4.747.545,74

12

641.022,06

4.747.708,44

13

640.942,16

4.747.894,47

14

640.685,96

4.748.253,74

15

640.610,75

4.748.359,20

16

640.528,23

4.748.474,92

17

640.423,68

4.748.700,52

18

640.324,20

4.748.915,18

19

640.227,21

4.749.124,47

20

640.131,97

4.749.329,98

21

640.017,44

4.749.577,13

22

639.988,57

4.749.749,41

23

639.946,66

4.749.999,52

24

639.856,18

4.750.172,63

25

639.766,76

4.750.343,72

26

639.655,91

4.750.555,79

27

639.570,73

4.750.718,76

28

639.416,07

4.751.014,65

29

639.313,81

4.751.210,29

30

639.228,15

4.751.374,16

31

639.139,67

4.751.543,43

32

639.057,53

4.751.700,62

33

639.026,14

4.751.896,69

34

638.997,23

4.752.077,30

35

638.964,89

4.752.279,30

36

638.931,67

4.752.486,84

37

638.883,28

4.752.789,09

38

638.948,73

4.752.965,22

39

639.015,34

4.753.144,46

40

639.085,42

4.753.333,40

41

639.187,27

4.753.607,16

42

639.279,62

4.753.855,71

43

639.341,26

4.754.021,59

44

639.475,73

4.754.383,46

45

639.556,95

4.754.602,04

46

639.657,84

4.754.873,57

47

639.735,39

4.755.082,26

48

639.815,12

4.755.296,85

49

639.916,69

4.755.570,17

50

639.989,84

4.755.767,04

51

640.097,64

4.756.057,15

52

640.188,33

4.756.301,21

53

640.176,82

4.756.560,30

54

640.165,51

4.756.814,98

55

640.154,20

4.757.069,67

56

640.144,56

4.757.286,74

57

640.131,27

4.757.585,87

58

640.372,32

4.757.853,91

59

640.418,16

4.758.141,30

60

640.464,04

4.758.428,96

61

640.499,61

4.758.651,98

62

640.520,20

4.758.781,06

63

640.648,32

4.759.002,41

64

640.782,30

4.759.233,90

65

640.899,29

4.759.436,03

66

641.019,30

4.759.643,38

67

641.125,05

4.759.826,08

68

641.229,76

4.760.031,96

69

641.390,30

4.760.347,70

70

641.569,38

4.760.781,92

71

641.733,21

4.760.943,23

72

641.872,23

4.761.132,97

73

641.899,70

4.761.329,65

74

641.846,90

4.761.340,07

Características técnicas principais das instalacións que forman o parque eólico:

• Cinco aeroxeradores de potencia nominal unitaria de 5 MW, cun diámetro de rotor de 138 m e altura de buxa 154 m nos aeroxeradores L9-03, L9-04 e L9-05 e altura de buxa 81 m nos aeroxeradores L9-06 e L9-08).

• Cinco centros de transformación, instalados no interior da torre de cada un dos aeroxeradores, formados por transformadores de 5.300 kVA de potencia aparente e relación de transformación 0,65/30 kV, cabinas e cables de 30 kV.

• Rede colectora soterrada de 30 kV, formada por dous circuítos con condutores de tipo RHZ1-2OL 18/30 kV 3×(1×240) e 3×(1×400) mm² para a interconexión dos centros de transformación dos aeroxeradores coa subestación do parque, co obxecto de evacuar a enerxía xerada. Condutores de fibra óptica e condutores da rede de terras.

• Unha estación anemométrica.

Características técnicas principais da infraestrutura de evacuación:

• Subestación PE Montelora 30/132 kV tipo GIS/HIS, constituída por:

– Un parque de intemperie en que se instalará unha posición liña transformador en 132 kV con tecnoloxía HIS.

– Un transformador de potencia 132/30 kV, 28/33 MVA, ONAN/ONAF.

– Un edificio prefabricado, que aloxará as celas de MT e elementos auxiliares.

• Ampliación de dúas posicións de liña de 132 kV na subestación PE serra do Punago-A Vacariza 30/132 kV mediante a construción dun novo embarrado e a instalación de dúas novas posicións de liña con tecnoloxía HIS.

• Liña aérea de 132 kV, coa súa orixe no apoio núm. 1, onde conectará co pórtico da SET do PE Montelora e final no apoio núm. 74, onde conectará co pórtico da SET existente do PE Punago-A Vacariza, de 17,57 km de lonxitude, sobre 74 apoios metálicos de celosía e condutor de tipo 147-AL1/34-ST1A (LA-180) e o cable de fibra óptica ,de tipo OPGW24.

• Obra civil necesaria (camiños de acceso, viarios interiores, cimentación e plataformas de montaxe, canalizacións e gabias de cableado).

Esta autorización axustarase ao cumprimento das seguintes condicións:

1. Consonte o disposto no artigo 4 do Decreto 455/1996, do 7 de novembro, de fianzas en materia ambiental, Naturgy Renovables, S.L.U., constituirá, con carácter previo ao inicio das obras, unha fianza para garantir o cumprimento das medidas correctoras e responder da reparación dos posibles danos que se lle poidan causar ao ambiente e do custo da restauración. O punto 5 do punto 5.1 Condicións particulares, do punto 5. Condicións ambientais da declaración de impacto ambiental (DIA) sinala: O importe do aval, que vai fixar o órgano substantivo, será actualizable e unha parte corresponderá á fase de obras e outra á de desmantelamento e abandono de instalacións.

En consecuencia, fíxase o importe da fianza en 296.776,34 euros, dos cales 127.189,86 euros, corresponden á fase de obras e 169.586,48 euros, á fase de desmantelamento.

A dita fianza depositarase na Caixa Xeral de Depósitos, da Consellería de Facenda da Xunta de Galicia, en calquera das formas sinaladas no artigo 11.3 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, sobre réxime de instalación, ampliación e traslado de industrias. A súa devolución efectuarase de acordo co establecido no artigo 6 do Decreto 455/1996, do 7 de novembro, e no mencionado punto 5 do punto 5.1. Condicións particulares do punto 5. Condicións Ambientais da DIA, unha vez depositada a fianza para garantir o deber de restaurar os terreos ocupados na fase de desmantelamento.

2. Para a inscrición da instalación no Rexistro Autonómico creado pola Orde da Consellería de Industria e Comercio do 5 de xuño de 1995 (DOG núm. 135, do 14 de xullo), a promotora efectuará a correspondente solicitude, de acordo co procedemento regulamentariamente establecido.

3. A instalación adaptarase ao procedemento de captación e procesamento de datos de produción de enerxía eléctrica de Galicia regulamentado pola Orde da Consellería de Innovación e Industria, do 23 de xaneiro de 2009, pola que se establece o procedemento para a captación e o procesamento dos datos de produción enerxética das instalacións acollidas ao réxime especial de produción de enerxía eléctrica na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 37, do 23 de febreiro).

4. En canto aos bens e dereitos afectados por este parque eólico e adscritos ás distintas administracións, organismos ou empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral, a promotora cumprirá cos condicionados e informes emitidos por estes, para os que mostrou a súa conformidade.

No caso de que se manifestasen perturbacións ou interferencias nos servizos de telecomunicacións legalmente autorizados, directamente atribuíbles ás instalacións do parque eólico, a promotora deberá adoptar as medidas necesarias para restablecer as condicións previas de calidade dos servizos afectados e para eliminar calquera posible afectación a estes.

5. A promotora deberá dar cumprimento a todas as condicións establecidas na DIA formulada pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade o 25.4.2025, así como ás establecidas no correspondente programa de vixilancia e seguimento ambiental.

De acordo coas condicións establecidas na DIA, a promotora deberá contar, con carácter previo ao inicio das obras, cos informes favorables da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural e da Dirección Xeral de Saúde Pública de acordo cos puntos 5.1.2, 5.1.3 e 5.1.4 do punto 5.1. Condicións particulares do punto 5. Condicións ambientais da DIA.

6. Con anterioridade ao prazo dun mes do inicio das obras, a promotora deberá achegar ao Servizo de Seguimento e Oficina Técnica, da Secretaría Xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético da Consellería de Economía e Industria, o Plan de vixilancia e seguimento ambiental, de acordo coas consideracións establecidas no punto 6 da declaración de impacto ambiental.

7. A promotora deberá comunicar o inicio das obras con anterioridade ao prazo de dez (10) días á Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, e achegará toda a documentación necesaria establecida nas autorizacións administrativas e na DIA.

8. Conxuntamente coa solicitude de autorización de explotación das instalacións, a promotora deberá presentar ante o departamento territorial un certificado de final de obra subscrito por técnico/a facultativo competente, en que conste que a instalación se realizou de acordo coas especificacións contidas no proxecto de execución que por esta resolución se aproba, así como coas prescricións da regulamentación técnica aplicable á materia, de acordo co artigo 132 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

Así mesmo, deberá presentar, ante a Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático un plano as built e outro plano cartográfico en formato shape das instalacións do parque eólico.

9. Unha vez construídas as instalacións autorizadas, e con carácter previo á súa posta en servizo, o Departamento Territorial de Lugo, da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, inspeccionará as obras e as montaxes efectuadas e verificará o cumprimento das condicións establecidas nesta resolución e as demais que sexan de aplicación.

10. De conformidade co artigo 34.2 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, a promotora disporá dun prazo de tres anos, contado desde a notificación da autorización administrativa de construción, para solicitar a correspondente autorización de explotación. En caso de incumprimento, poderá producirse a revogación das mencionadas autorizacións nos termos establecidos no punto 10 do artigo 53 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, ou norma que a substitúa.

11. O parque eólico deberá cumprir cos requisitos que se recollan nos procedementos de operación aprobados polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, que lle resulten de aplicación.

12. De acordo co establecido no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o incumprimento das condicións e dos requisitos establecidos nas autorizacións ou a variación substancial dos presupostos que determinaron o seu outorgamento poderán dar lugar á revogación das autorizacións, logo de audiencia da persoa interesada.

13. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros condicionados técnicos de organismos ou empresas de servizo público ou interese xeral afectados, necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Asemade, a promotora deberá obter os títulos habilitantes municipais de natureza urbanística que se recollen no artigo 40 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental.

14. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia de acordo co establecido no artigo 34.3 da Lei 8/2009, do 22 de decembro. De transcorrer tres meses sen que a promotora aboe as taxas correspondentes a esta publicación no Diario Oficial de Galicia, entenderase paralizado o procedemento por causa imputable á promotora, polo que, de acordo co artigo 95 da Lei 39/2015, acordarase o arquivo das actuacións.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, de conformidade cos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 12 de maio de 2026

Paula Mª Uría Traba
Directora xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático