BDNS (Identif.): 916568.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións:
https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/916568
Primeiro. Persoas beneficiarias
Poderán obter a condición de persoas beneficiarias destas subvencións as persoas físicas (autónomas) e as persoas xurídicas privadas que, desenvolvendo a súa actividade habitual en Galicia ou nun territorio membro da Unión Europea ou asociado ao Espazo Económico Europeo, teñan a consideración de xestoras dunha sala de exhibición cinematográfica de carácter comercial situada na Comunidade Autónoma de Galicia e cumpran os requisitos establecidos nas bases reguladoras.
Segundo. Finalidade
Estas axudas teñen como finalidade contribuír á permanencia e consolidación dos espazos cinematográficos como lugares de exhibición do audiovisual, recoñecendo a súa importancia como espazos culturais representativos, socializadores e integradores, particularmente das salas situadas en poboacións de carácter rural.
Terceiro. Bases reguladoras
Resolución do 22 de xuño de 2026 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para o desenvolvemento de actividades en salas cinematográficas de carácter comercial situadas en Galicia e se convocan para o ano 2026 (código de procedemento CT207C).
Cuarto. Importe
O crédito destinado ao financiamento destas axudas é de 480.654,76 euros con cargo á aplicación orzamentaria 13.A1.432B.770 do orzamento do ano 2026 da Axencia Galega das Industrias Culturais, co código de proxecto 2026 00003, procedente de fondos do Estado.
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes, que comezará a computarse o primeiro día hábil transcorridos 10 días naturais contados desde o seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia, ás 9.00 horas, e rematará ás 20.00 horas do último día do prazo.
Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.
Santiago de Compostela, 22 de xuño de 2026
José López Campos
Presidente do Consello Reitor da Axencia Galega das Industrias Culturais
