-
Xunta de Galicia
- A Xunta de Galicia
- O Presidente
- Conselleiros/as do Goberno Galego
- Todos os presidentes da Xunta de Galicia
-
O Estatuto de Autonomía de Galicia
- Estatuto de Autonomía de Galicia - Título Preliminar
- Estatuto de Autonomía de Galicia - Título I: Do Poder Galego
- Estatuto de Autonomía de Galicia - Título II: Das Competencias de Galicia
- Estatuto de Autonomía de Galicia - Título III: Da Administración Pública Galega
- Estatuto de Autonomía de Galicia - Título IV: Da Economía e Facenda
- Estatuto de Autonomía de Galicia - Título V: Da Reforma
- Estatuto de Autonomía de Galicia - Disposicións Adicionais
- Estatuto de Autonomía de Galicia - Disposicións Transitorias

ESTATUTO DE AUTONOMÍA DE GALICIA
Título V: Da Reforma
ARTIGO 56
- A reforma do Estatuto farase conforme o seguinte procedemento:
-
a) A iniciativa da reforma corresponderalle á Xunta, ó Parlamento galego, por proposta dunha quinta parte dos seus membros, ou ás Cortes Xerais.
b) A proposta de reforma requirirá, en todo caso, a aprobación do Parlamento Galego por maioría de dous tercios, a aprobación das Cortes Xerais mediante lei orgánica e, finalmente, o referendo positivo dos electores.
-
- Se a proposta de reforma non é aprobada polo Parlamento galego ou polas Cortes Xerais, ou non é confirmada mediante referendo polo corpo electoral, non poderá ser sometida novamente a debate e votación do Parlamento mentres non transcorra un ano.
- A aprobación da reforma polas Cortes Xerais, mediante lei orgánica, incluirá a autorización do Estado para que a Comunidade Autónoma galega convoque o referendo a que se refire o parágrafo b) do apartado l deste artigo.
ARTIGO 57
A pesar do disposto no artigo anterior, cando a reforma teña por obxecto a simple alteración da organización dos poderes da Comunidade Autónoma e non afecte ás relacións da Comunidade autónoma co Estado, poderase proceder da seguinte maneira:
a) Elaboración do proxecto de reforma polo Parlamento de Galicia.
b) Consulta ás Cortes Xerais.
c) Se no prazo de trinta días, posteriores á recepción da consulta prevista no apartado precedente, as Cortes Xerais non se declarasen afectadas pola reforma, convocarase, debidamente autorizado, un referendo sobre o texto proposto.
d) Requirirase finalmente a aprobación das Cortes Xerais mediante lei orgánica.
e) Se no prazo sinalado na letra c) as Cortes se declarasen afectadas pola reforma esta terá que segui-lo procedemento previsto no artigo anterior, dándose por cumpridos os trámites do apartado a) do número 1 do mencionado artigo.