-
eServizos
- Administración electrónica
-
Chave365
- Que é e como funciona?
- Como xestiono a miña alta en Chave365?
- Onde solicito Chave365 de forma presencial?
- Como modifico a miña clave de acceso?
- Como recupero ou renovo a miña clave de acceso?
- Como renovo o meu usuario de Chave365?
- Como xestiono a baixa do meu usuario en Chave365?
- Outras preguntas frecuentes
- Sistema de notificacións electrónicas de Galicia Notifica.gal
- Nodo de interoperabilidade de Galicia - PasaXe!
- Catálogos dos sistemas dixitais
- Servizos no mapa
- Portais A...Z
- Aplicacións móbiles
- Canle axudas
- Sede electrónica
- Toponimia oficial
DOG
A aplicación da Xunta de Galicia para a consulta da información do Diario Oficial de Galicia. Todas as publicacións do DOG dispoñibles no móbil, con novas opcións de localizar e organizar a información de interese para cada persoa usuaria.
A aplicación do DOG no móbil actualízase de xeito constante coa reutilización da información procedente da edición electrónica do Diario Oficial de Galicia que se publica no portal https://www.xunta.gal. Está dispoñible para os sistemas operativos Android e iOS, tanto en galego como en castelán.
A aplicación permite consultar a información dispoñible no Diario Oficial do mesmo xeito que se faría a través da web, coas opcións de:
- consultar o último diario dispoñible
- realizar unha busca para unha data concreta
- acceder ao contido directamente na aplicación e descargalo en formato pdf
Pero, ademais, o DOG para dispositivos móbiles abre unha serie de posibilidades novas ás persoas usuarias:
- filtrar os artigos por seccións (disposicións xerais, autoridades e persoal, anuncios...)
- filtrar os artigos por rangos (lei, decreto, orde, resolución...)
- seleccionar os artigos por área temática (ensino e formación; medio ambiente; ciencia e tecnoloxía; economía, empresa e emprego...)
- seleccionar os artigos por colectivo ao que van dirixidos (autónomos/as, desempregados/as, empresas, emigrantes, pais e nais...)
- engadir ou eliminar artigos nunha lista de favoritos