-
eServizos
- Administración electrónica
-
Chave365
- Que é e como funciona?
- Como xestiono a miña alta en Chave365?
- Onde solicito Chave365 de forma presencial?
- Como modifico a miña clave de acceso?
- Como recupero ou renovo a miña clave de acceso?
- Como renovo o meu usuario de Chave365?
- Como xestiono a baixa do meu usuario en Chave365?
- Outras preguntas frecuentes
- Sistema de notificacións electrónicas de Galicia Notifica.gal
- Nodo de interoperabilidade de Galicia - PasaXe!
- Catálogos dos sistemas dixitais
- Servizos no mapa
- Portais A...Z
- Aplicacións móbiles
- Canle axudas
- Sede electrónica
- Toponimia oficial
Non piques – Non peques
Esta aplicación permite coñecer cales son os peixes e mariscos máis habituais en Galicia, cal é a mellor época do ano para o seu consumo e como identificar, de forma moi sinxela, os tamaños mínimos legais para o seu consumo.
"Non piques, non peques" é unha aplicación móbil que, ao igual que a campaña do mesmo nome, xorde co obxecto de fomentar o respecto ás tallas mínimas establecidas pola Lei e ás especies ovadas ou que aínda non chegaron á súa madurez e para que se cumpran os períodos de veda nos que non se poden consumir.
Dispoñible tanto en galego como en castelán, permite seleccionar varias especies entre as seguintes categorías: bivalvos, cefalópodos, crustáceos, equinodermos, gasterópodos e peixes; e coñecer, para cada unha desas especies:
- Cal é a mellor época do ano para comprala e consumila
- Identificar de forma sinxela e rápida cales son os tamaños mínimos legais para o seu consumo (indicando a medida estándar da súa talla mínima pero tamén comparando esa medida con obxectos que resulten facilmente recoñecibles; por exemplo, "aproximadamente a talla dunha botella de auga de medio litro", "aproximadamente o tamaño dunha folla de papel A4", "aproximadamente a talla dun bolígrafo"...
- Coñecer de forma visual e amena cales son os pescados e mariscos máis habituais en Galicia
A aplicación incorpora tamén información gráfica sobre cal é a forma máis apropiada para tomar as medidas de determinadas especies de peixes, bivalvos, crustáceos...