-
eServizos
- Administración electrónica
-
Chave365
- Que é e como funciona?
- Como xestiono a miña alta en Chave365?
- Onde solicito Chave365 de forma presencial?
- Como modifico a miña clave de acceso?
- Como recupero ou renovo a miña clave de acceso?
- Como renovo o meu usuario de Chave365?
- Como xestiono a baixa do meu usuario en Chave365?
- Outras preguntas frecuentes
- Sistema de notificacións electrónicas de Galicia Notifica.gal
- Nodo de interoperabilidade de Galicia - PasaXe!
- Catálogos dos sistemas dixitais
- Servizos no mapa
- Portais A...Z
- Aplicacións móbiles
- Canle axudas
- Sede electrónica
- Toponimia oficial
Camiño de Santiago en Galicia
Unha app que nace co fin de ser a guía de peto que acompañe ao peregrino na súa viaxe. Forma parte do proxecto Smart Camiño.
A app achega información sobre todas as rutas do Camiño de Santiago desde a súa entrada en Galicia: Camiño Francés, Camiño de Fisterra-Muxía, Camiño do Sueste-Vía da Prata, Camiño Portugués, Camiño Primitivo, Camiño do Norte, Ruta do Mar de Arousa e Río Ulla, e Camiño de Inverno.
O/a usuario/a disporá en tempo real da información sobre:
- Trazados oficiais das rutas. Ademais, para os/as usuarios/as rexistrados/as permitirá acceder ás rutas personalizadas no portal.
- Rede oficial de albergues coas súas características, horarios, localización, teléfono e fotos.
- Eventos (festas, concertos, obradoiros...).
- Todos os recursos turísticos.
- Onde comer, onde aloxarse, que visitar...
- Alertas de ofertas publicadas por establecementos turísticos.
- Condicións meteorolóxicas proporcionadas por MeteoGalicia.
- Datos de contacto e dirección dos centros de saúde e emerxencias.
A realidade aumentada permitirá, a través da cámara do móbil, visualizar todos os puntos de interese situados nas proximidades.
A opción "O meu diario" permite gardar os momentos máis importantes do Camiño (notas de texto/fotos), para posteriormente crear o seu propio libro dixital a través da funcionalidade do portal "A miña experiencia".
A aplicación está dispoñible nos idiomas galego, español e inglés. Ademais, a maior parte das súas funcións están dispoñibles sen necesidade de cobertura no móbil.