-
eServizos
- Administración electrónica
-
Chave365
- Que é e como funciona?
- Como xestiono a miña alta en Chave365?
- Onde solicito Chave365 de forma presencial?
- Como modifico a miña clave de acceso?
- Como recupero ou renovo a miña clave de acceso?
- Como renovo o meu usuario de Chave365?
- Como xestiono a baixa do meu usuario en Chave365?
- Outras preguntas frecuentes
- Sistema de notificacións electrónicas de Galicia Notifica.gal
- Nodo de interoperabilidade de Galicia - PasaXe!
- Catálogos dos sistemas dixitais
- Servizos no mapa
- Portais A...Z
- Aplicacións móbiles
- Canle axudas
- Sede electrónica
- Toponimia oficial
XuntaEu
XuntaEu é a aplicación móbil que dá acceso aos principais servizos de administración dixital da Xunta de Galicia.
XuntaEu é unha app pensada para axudarche a relacionarte coa administración electrónica da Xunta de Galicia. Permite, entre outros servizos, xestionar o teu usuario de Chave365 (cambiar clave de acceso, renovala, modificar o teléfono móbil ou dárse de baixa), consultar expedientes e presentacións igual que na sede electrónica, consultar as túas notificacións electrónicas, outorgar apoderamentos, realizar o pago de taxas etc. Tamén se pode empregar para comprobar a validez dos documentos asinados electronicamente (CVE) ou consultar os teus certificados ou tarxetas para que os teñas sempre a man.
Esta aplicación ofrece tamén a posibilidade de consultar todos os documentos que o/a cidadán teña presentado en relación cos seus trámites (xa fose como interesado/a ou representante) a través do rexistro electrónico da Xunta de Galicia ou, presencialmente, nas Oficinas de atención á cidadanía e de rexistro.
XuntaEu tamén che axudará a manter os teus datos actualizados e seguros e avisarate de novidades, citas previas...
Para acceder a XuntaEu é necesario dispoñer de Chave365, do DNIe ou dun certificado electrónico.