Unha vida viquinga

A aplicación móbil "Unha vida viquinga" facilita a visita á exposición homónima no Museo Centro Gaiás.

A exposición "Unha vida viquinga" achega á Cidade da Cultura unha visión máis ampla e diversa dun pobo que agocha moito máis ca unha historia de conquistas e violencia. 

Trátase dunha das maiores exposicións realizadas en España sobre cultura viquinga e abrangue arredor de 120 pezas históricas e arqueolóxicas procedentes de destacadas institucións museísticas de Suecia, Dinamarca, Francia e España, entre elas catro Museos Nacionais e unha Biblioteca Nacional.

Para facilitar a visita a esta exposición, a súa app homónima aproveita a funcionalidade de xeolocalización dos dispositivos móbiles determinando en que punto está a persoa visitante dentro da sala. En función disto, mostraralle información sobre as obras expostas ou os puntos de interese máis próximos.

Descarga