GaiasTech

App para consultar e inscribirse en actividades desenvolvidas no Centro GaiásTech.

A aplicación do Centro GaiásTech permite aos usuarios rexistrados consultar e inscribirse nas actividades que se desenvolven no centro: demostracións tecnolóxicas, formación, divulgación e sensibilización, aceleración, sesións temáticas, xornadas, sesións sectoriais e sesións locais.

Tamén permite ás persoas usuarias participar nos foros de discusión enfocados en tecnoloxías disruptivas e innovadoras ou nas propias actividades do centro, así como solicitar os seus servizos de cesión de espazos e equipamento e de apoio ás empresas e entidades na organización de actos ben sexan presenciais ou en liña (deseño de carteis, xestión de inscricións de asistencia, mailings, redes sociais, infraestrutura e soporte técnico…).

Descarga

Ligazóns relacionadas