Xestión de explotacións agrarias en Galicia

App para facer seguimento das actividades dunha explotación. 

Esta aplicación móbil conta con Sistema de Información Xeográfica (SIX) integrado, GPS e sincronización coa plataforma de Xestión de explotacións agrarias de Galicia (Xeaga), o que permite ter o control total das actuacións no campo dende calquera lugar.

Estas son as súas principais características:

  • Creación de actuacións variadas in situ sen conexión a Internet: analítica, pastoreo, poda, rega, fertilización, estado fitosanitario, estado fenolóxico, sementeira, esparexemento, sega, vendima, comercialización e venda directa, tratamento fitosanitario... A información almacenarase no dispositivo e sincronizarase con Xeaga mediante a funcionalidade "Sincronizar cando se recupere a conexión", de xeito que se pode traballar sen interrupcións en zonas sen cobertura. 
  • Visualización nun mapa interactivo dos elementos da explotación: recintos, DGC, cultivos, unidades de produción e actuacións. Facilítase a identificación das áreas nas que se crearon ou se están executando actuacións, así como consultar o detalle de cada un dos elementos.
  • Control do estado das actuacións: pode facerse un seguimento claro delas asignándolles os estados de "Borrador", "Finalizadas" e "Pendentes de validación".
  • Uso individualizado: cada usuario/a debe autenticarse como cidadán/á coa súa conta Chave365 para garantir a seguridade da información e o acceso personalizado ás actuacións e ao control da explotación agraria.

Descarga